|
|
|
|
Retraca 14 |
|
Deixade aquí os vosos comentarios da Retranca (número 14; seleccionade o que máis graza vos fai, describídeo e indicade porque vos causou graza |
|
|
|
Manual de destrucción |
|
Espazo para deixardes as vosas opinión sobre o libro de Samuel L Paris |
|
|
|
medrando |
|
Neste curso incorpóranse ao Pinga Lector, alumnos de 2º e 3º ESO.
En 2ºA: Pablo Casas, Luís Llan, Manuel Álvarez Pedreira, Andrea Loureiro, Patricia López, Brais Verao, Iria Fuentes, Mishell Carolina Quito. En 2ºB; Cintia Carneiro, Ainhoa Pérez, Irimia Cerviño, Javier Pagazaurtundúa, Janira Seijas, Jesús Vilamañe, Hugo González, Diego Arias Pérez
De 3º: Patricia González, Jacob Saá, Nerea Enríquez, Iván Sánchez, Javier Méndez, Alberto Gómez Arias, Mercedes Illanes, Raquel Rodríguez.
É dicir, 24 alumnos novos, que xuntado aos 29 xa existentes di que somos 53!!!!!!
A organización do Pinga Lector vai sufrir modificacións. No que corresponde á sección de 4º e 1º bacharelato, a metodoloxía vai continuar como deica agora. En 2º e 3º ESO, coa coordinación de María Xosé Vidal, o método de traballo vai ser diferente. Sobre todo en 2º, onde non existirá lectura única, todas as lecturas serán diferentes, cada alumno escribirá un resumo e opinión da lectura, despois, a partir deses resumos, que deberán compartir entre eles na posta en común (todos coñecerán a opinión de todos) escollerán a segunda lectura, e así sucesivamente, unha vez por avaliación. Deste labor iremos informando puntualmente. Cabe a posibilidade de que os alumnos de 3º se incorporen ao Pinga Lector dos www, tamén.
ENGADIDO: dúas incorporación máis, desde 3º ESO; Leticia Sáez e Sarai Salgado tamén expresaron o seu desexo de unirse a nós. |
|
|
|
Berlín, primeira parada |
|
Iniciamos esta nova xeira cunha sesión de lectura conxunta. A obra escollida é Berlín, de María Lado. Lectura que efectuaremos desde a plataforma A Regueifa, no pdf que ofrece, á vez que escoitamos, na mesma voz da autora, o audiolibro correspondente.
Mentres non chegue algún tipo de axudas non temos un can e servirémonos o máis que poidamos de internet. Sabemos que se prometeron axudas. Pero a estas alturas do curso xa tememos moito. A estas alturas! Como vas programar actividades para un curso sen saber se poderás levalas adiante???? |
|
|
|
XA ESTAMOS AQUÍ DE NOVO |
|
Temos o vezo. E imos seguir dando que falar. Cousa moi importante para o libro, para a lectura, a súa dimensión social.
Quen somos? Somos David, Noelia, Sara, Sabrina, Eva, Xabier, Adrián e Manuel (4ºB), con Xan, Brandán, Horacio, Ana, Andrea, Lucía, Ariadna, Silvia, Judith, Serxio e Tamara López (4º A), con Miriam, Natalia e Tamara (1º Bac. ciencias), con Sandra, Lucía (Varela), Artemia, Alba e Xesús (1º Bac. letras).
É dicir, 29 alumn@s de catro cursos. O coordinador será Xosé M. Eyré
E aínda estamos na teima de incorporar ao PINGA LECTOR aos alumn@s que queiran de 3º ESO, estes baixo a coordinación de María Xosé Vidal.
BENVIDOS A TODOS E BOAS LECTURAS |
|
|
|
Longa lingua |
|
As vosas opinións sobre esta lectura |
|
|
|
Comedia bífida |
|
As vosas opinións sobre esta peza teatral de Manuel Nüñez Singala |
|
|
|
Made in Galiza |
|
As vosas opinión sobre este libro de relatos de Séchu Sende |
|
|
|
O profesor de vegliota |
|
As vosas opinións sobre esta novela de Manuel Veiga |
|
|
|
Ira |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|