|
|
|
|
Contos de medo (TrisTram) |
|
|
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
Título do libro: Contos de Medo
O libro consta de oito historias:
-Cabo do morto de Guy de Maupassant.
Un señor, a punto de morrer, cóntalle a historia do que lle sucedeu cando estaba a ?gardando? o corpo sen vida de Schopenhauer. Conta que pasara realmente medo cando, despois de levar tempo alí, oíron un ruído e veron como algo pasaba por diante deles coma un lóstrego. Foron correndo ata o corpo de Schopenhauer e, quedaron abraiados ao ver que o sorriso que antes mostraba a boca do difunto, estaba agora cun aire de tristeza ou enfado. Tal foi o seu abraio ao decubrir no chan, a dentadura do morto. Vése que cando comezou a podrecer a mandíbula fixo forza e a dentadura saíuselle de boca. O vello cóntalle que nunca pasara tanto medo coma daquela.
·Máis obras de Guy de Maupassant:
-O Horla.
-A morte.
-O horrible.
-Té Verde de Sheridan Le Fanu.
Trata dun cura que bebe moito té e que por culpa diso comeza a ter alucinacións cun mono que o perdegue. Hai veces que o mono se vai pero logo volve aparecer. Ao principio o mono e ?amable? case en se fai notar, mais co paso do tempo comeza a ser máis agresivo. Isto todo, cóntallo mediante cartas un médico a outro médico amigo seu, para ver se atopaba unha solución. Ao final o cura busca axuda no médico mais xa é demasiado tarde e, o sacerdote remata por suicidarse.
·Máis obras de Sheridan Le Fanu.
-O vixilante e outros contos de terror.
-A casa xunto ao cementerio.
-O misterio de Wyvern.
-A cousa maldita de Ambrose G. Bierce.
Están nun xuízo para culpar a un home do asasinato doutro. Este négao todo e di que so veu ao pobo para averiguar máis sobre a cousa maldita. O morto quixo ir con el de caza e, foi atacado por algo imperceptible ao ollo humano, pois era un conxunto de cores imperceptibles ao nosos ollos
·Máis obras de Ambrose G. Bierce.
-A narrativa fantástica de Amborse G. Bierce.
-O diccionario do demo.
-A Máscara da morte vermella de Edgar Allan Poe.
Á morte vermella era como lle chamaban daquela aunha enfermidade que acababa coa xente facendo que sangrara moito por tódolos poros do seu corpo. Un día un rei inglés, tentando non ser collido por aquela enfermidade, mandou construír un piso enteiro, composto de sete cuartos, onde a xente da nobreza se ía hospedar mentres non pasara aquela ?peste?.
Sempre facían, polas noites festas de disfraces. Había un disfraz que ninguén recoñecía, era a máscara da morte vermella, que correu xunto ao rei e infectouno e, así o fixo co resto dos invitados, facendo que quedasen todos infectados.
·Máis obras de Ed#blgtk08#gar Allan Poe.
-Os crímenes de rúa Morgue.
-O enterro prematuro.
-O gato negro.
-A casa do Xuíz de Bram Stoker.
A historia conta a morte dun rapaz que vai a un pobo, lonxe da súa casa, para poder estudiar. Alí encontra unha casa de moi bo prezo, pero que agocha un terrible secreto. Tódalas noites se lle aparecía unha rata e o miraa de maneira estraña. Ao cabo dun tempo déuse conta de que a rata, era o Xuíz, e que viña para matalo. A rata conseguiu o seu obxectivo e, o xove rapaz morreu.
·Máis obras de Bram Stoker.
-Drácula.
-O inmortal mortal de Mary Shelley.
Trata dun home que sen querer tomou o bebedizo da inmortalidade que, descubrera o seu xefe. Casou cunha bela rapaza orfa, que durnate un tempo pertenceu á aristrocacia. Ella comezou a facerse vella e el seguía igual de novo coma sempre. A muller tiña celos do aspecto ten xuvenil que tiña o seu marido e tiveron que ir de pobo en pobo. Ao final ella morreu e, polo seu xove home siguen pasando os anos, sen deixar pegada.
·Máis obras de Mary Shelley.
-Frankenstein.
-O último home.
-A muller do soño de William Wilkie Collins.
Un home ten soños cunha muller que o intenta matar cun coitelo. A historia comeza cando o home a ve por primeira vez na noite do seu aniversario e, esta intenta matalo. Anos despois coinciden na botica cando a muller intenta comprar veleno para suicidarse. El evítao e, comézanse a coñecer. Fixéronse mozos e, íanse casar. O home non lle contou nada á súa nai ata que lle confirmou que se ía casar cunha muller e que quería que a súa nai a coñecera. Ao vela a nai lembrou que era a mesma que o seu fillo lle describira, a muller do soño. O home non o podía crer, mais co paso do tempo déuse conta de verdade e marchou da casa. A muller aparecéuselle outra vez, mais esta vez era de verdade. El conseguíu marchar e agora sempre está a espera de que apareza.
·Máis obras de William Wilkie Collins.
-A dama de branco.
-O relato da aparición da Sra. Veal de Daniel de Foe.
Á Sra. Bargrave aparéceselle a súa amiga a Sra. Veal, o día en que esta morre. A Sra. Bargrave non sabe nada de que está morte e pasa o día falando coa Sra. Bargrave. Cando se entera da súa morte, lles di aos seus familiares que a viu, pero este néganse a crer o que a defunta lle dixo, pois deixoulle dito os seus últimos desexos. Cando a Sra. Bargrave lles di o que lle contou a morta, ninguén a cre e trátana coma unha tola.
·Máis obras de Daniel Defoe.
-Unha verdadeira relación da aparición dunha Señora Tenreira. |
|
|
Comentario por Cintia Carneiro Salvador (28-03-2011 17:21) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|