PINGA LECTOR


O QUE PENSAN, DO QUE LEN, OS MOZOS E MOZAS

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Inicio actividades 2009-10
Este ano contaremos con dúas secións.
Na sección A, os alumnos de 1º Bacharelato: Ana Sánchez, Lucía Casas, Andrea Díaz, Ánxela Nogueiro, Tania Arias, Laura LLano, Ariadna, Alba, Horacio, Silvia. E tamén Sara, David, Sabrina, Manuel, Sandra, Noelia Mondelo, Eva, Sandra Hidalgo, Silvia Illanes, Andrea Callejo,Sandra Moreiras, Lorena Rey, Ramon Suárez, Ana Fernández.
Na sección B, alumnos de 3º ESO: Paulo Casas, Hugo González, Ainhoa, Manuel Álvarez, Diego Arias, Ana Rodríguez, Miguel Álvarez, Andrea Loureiro.
Comentarios (2) - Categoría: 2009-10 - Publicado o 23-11-2009 12:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 #blgtk08#
Comentario por maria vidal (18-12-2009 10:33)
2 A REPÚBLICA:
É un dos diálogos de Platón que se sitúa na súa etapa de madurez. Nela expón con amplitude a súa teoría das ideas e aparecen os mitos máis coñecidos, entre os que destacan o mito da caverna e o de Er. Na República Platón expón o seu pensamento mediante diálogos que se dividen en dez libros. En cada un deles trata diferentes temas. En xeral, en todo o diálogo hai un Sócrates platonizado. A persoa é Sócrates pero con ideas de Platón. Onde aparece o verdadeiro é na época de xuventude.
No libro I, cada interlocutor fala da súa idea de xutiza, e é no libro II cando, poñéndose na persoa de Sócrates, Platón conclúe en que xustiza é facer cada un o que lle corresponde. Neste libro, o II, tamén trata o tema dos deuses, e di que non se pode mostrar nada malo sobre eles.
No libro III, fala das distintas clases sociais e das tarefas que debe desempeñar cada persoa.
No IV, entre as partes do Estado debe haber un equilibrio, ao igual que nas partes da alma.
No libro V, fala do lugar que ocupan as mulleres e os nenos, curiosamente defende a igualdade de dereitos entre elas e os homes.
No libro VI, expón a teoría do coñecemento como dialéctica, a través do símil da liña, a ascensión dende o mundo sensible ata o intelixible, #blgtk08#ata chegar a acadar a idea de Ben.
O libro VII trata do mito da caverna, que podemos comparar coa teoría do coñecemento como dialéctica.
No libro VIII expón as distintas formas de goberno, entre as que destaca a Aristocracia por ser o goberno dos mellores, dos filósofos.
Nos libros IX e X fálanos de novo da xustiza, da inmortalidade da alma e da transmigración desta que está relacionado co mito de Er.

É interesante o tema da muller na obra; a pesar de que nesa época,na maioría dos casos non as recoñecían, Platón consideraba que elas podían superar aos homes intelectualmente, sen embargo, na forza non. Posteriormente, vemos que Aristóteles pensaba todo o contrario; non defendía o dereito das mulleres nin a igualdade entre ambos sexos.
Por outro lado tamén é interesante o papel dos gobernates. Platón consideraba que non debían ter posesións, xa que a riqueza impedíalles gobernar ben. Na actualidade, se ocorrese iso, axudariamos a que os que gobernan se implicasen máis coa sociedade e non se centraran tanto en conseguir honores propios.

Foi unha lectura que axuda a entender a filosofía platónica, aínda que non foi moi fácil de comprender polo seu dificultoso vocabulario. Aínda así foi unha experiencia positiva.
Comentario por TELMA, LUCIA E TAMARA (18-12-2009 12:10)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0