PINGA LECTOR


O QUE PENSAN, DO QUE LEN, OS MOZOS E MOZAS

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

INFANCIA E MOCIDADE NO SÉCULO XX A TRAVÉS DAS LECTURAS
A infancia e a adolescencia na Galiza urbana do século XX: Coruña, no remate do 1º terzo do século.

Máis alá dos habituais lugares recreativos que cada grupo de nenos tiña para ir xogar, na sociedade urbana do século XX un lugar moi concurrido era o cine, onde os nenos ían a ver as películas que se estreaban e onde tamén soñaban con ser actores ou actrices famosos. No caso do libro que eu lin, Memoria de cidades sen luz, o lugar escollido polos dous amigos era a praia onde interpretaban escenas da guerra troiana como se fose un xogo e o cine ao que adoitaban ir era o cine Savoy. As primeiras relacións do protagonista co sexo oposto comezan con María á que lle dá o primeiro bico. A intrusión da rapaza no seu mundo a parte na praia cambiouno todo, o protagonista non fai máis que pensar nela e querer falarlle. Tamén vemos que os seus primeiros encontros sexuais son pagando. Cando supera a etapa da adolescencia e chega á madurez a súa relación coas mulleres segue sendo de moita timidez. Ve a unha rapaza que lle gusta e dedícase a seguila ata que consegue falar con ela. Logo a relación convertese nun amor pasional e intenso. Despois de que fracase esta experiencia, vólvese máis retraído e as súas relacións son case inexistentes. Todo isto posiblemente influenciado polo trauma que lle causou presenciar a morte da súa familia con só cinco anos.
Intentando xeneralizar, pódese dicir que os xoves tímidos de posición acomodada comezan a relacionarse co sexo oposto na infancia mentres xogan e despois ocorren o primeiro bico e as primeiras experiencias sexuais que poden darse cunha amiga ou as máis das veces pagando. Posteriormente, conseguen ter relacións máis serias o cal pode derivar en matrimonio ou en fracaso. Se deriva en fracaso o máis habitual é que o individuo se retraia e se acabe namorando da súa mellor amiga, que o foi dende a infancia, pero sen que a súa relación vaia máis alá da amizade. Se deriva en matrimonio, o máis normal é que pasen toda a súa vida, deica a morte, xuntos.
Lucía Varela Relegiel
O tempo de ocio nos anos sesenta.

En Os bicos de Tina o autor fálanos da forma de vivir da mocidade desta época no campo, a través dunha historia que parece rescatar da súa propia infancia. Máis non fala só e simplemente dos seus recordos, senón que tamén nos deixa entrever o xeito no que a crecente clase social da época, os burgueses, que se asentaron na cidade e olvidaron a vida no pobo; non comprenden e mesmo critican a forma de vivir nos pobos, en contacto coa natureza e con tanta naturalidade.
A través de Tina e Daniel, xunto aos seus amigos, amósanos un grupo de rapaces que viven experiencias fóra da casa, no campo, nos montes, nos eidos dos camiños, indo cara a escola ou nas festas do pobo. Rapaces que, con inocencia, comezan a experimentar co seu propio corpo ou en parella; a sexualidade. Indo moito máis alá do que puidera estar ou non ben visto e facendo o que lles apetecía.
O feito de ir ós niños, acompaña-las vacas ó prado, ir ata a escola xuntosera unha ledicia para o s,mozos e mozas, un punto de encontro; ao igual que a vía de escape para as mulleres, un lugar no que falar entre elas das cousas que lles preocupaban, mesmo dos seus homes, era o lavadoiro.
Tina remata a escola e mándana á cidade, en busca de un futuro supostamente mellor, ao menos en canto ao económico. Como resultado vemos unha Tina cambiada, que xa non vai tanto á vila e á que agora lle importa emborcallarse no barr, unha Tina que fala o castelán e parece non lembrar nada da súa vida anterior.
Isto recórdanos algunhas actitudes provocadas pola emigración; como volvía algunha xente ao pobo, cando en realidade devecían por volver, por orgullo e por non avergoñarse mostrábanse máis distantes e describíanse en ,mellores situacións que ninguén.
Ao cabo do tempo a Tina volve, e volve namorada de todo de novo, do campo, da festa, da súa lingua, da xente..

Natalia Boo Vázquez
Os biosbardos son contos de Eduardo Blanco Amor centralizados na primeira metade do s. XX. Nestes contos fálanos un pouco da vida e historias que lle van ocorrendo a sete rapaces diferentes no período de camiño a adolescencia.
Nestes sete contos non nos fala moito dos métodos que empregaban os rapaces para ligar, excepto un deles, o último, no que o protagonista é un xoven de 17 anos que un día ve unha rapariga da cal se enamora. El pretende conquistala e para iso non fai outra cousa que seguila a todos os lados e pasar por diante dela ata mil veces, pero leva o fracaso de que os seus métodos non funcionan e esa moza, que era estranxeira marcha pronto en tren de volta a súa casa.
No libro hai outra historia a destacar que tamén fala un pouco disto, pero o tema principal é a pederastia. Trátase de un neno que vive na extrema pobreza e para gañar un pouco de alimento facíalle traballos a unha velliña panadeira, e ela, a cambio, dáballe pan duro de días atrás. Ata que un día a anciá comezou a sacar prendas de roupa e a decirlle ao neno: ?que si ráscame aquí?, ?que si tócame acolá?? O peor é cando comeza a tocarlle a el nas coxas. Realmente da noxo, é normal que o neno decida escapar e non volverlle a ver a cara xamais.
O resto das historias tratan de aventuras, a morte dalgunha persoa e sucesos extraños que ocorren? En realidade só hai unha historia relacionada co amor e para iso, remata mal.

Tamara Álvarez Pedreira
Comentarios (0) - Categoría: 2008-2009 - Publicado o 03-06-2009 13:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0