PINGA LECTOR


O QUE PENSAN, DO QUE LEN, OS MOZOS E MOZAS

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CLÁSICOS UNIVERSAIS
Iniciamos hoxe un ciclo que nos levará por algunhas desas lecturas que, escritas hai moito tempo, nunca morren.
Por se acaso tamén incluímos unha, máis recente, e que seguramente aínda moitos de vós non coñecedes
Escollede título nates do día 15 de maio. Aquí, xa sabedes.
Títulos:

A illa do tesouro, R.L. Stevenson
A chamada da selva, Jack London
A pantasma de Canterville, Oscar Wilde
Contos da 1000 e unha noites
Venres ou a vida salvaxe, Michel Tounier
Comentarios (5) - Categoría: 2008-2009 - Publicado o 11-05-2009 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Eu escollo: Contos d#blgtk08#a mil e unha noites.
Comentario por Tamara Álvarez Pedreira (12-05-2009 15:51)
2 Eu elixo: Venres o#blgtk08#u a vida salvaxe.
Comentario por Lucía Varela Relegiel 1 BAC H (12-05-2009 15:52)
3 Gustaríame ler: Venre#blgtk08#s ou a vida salvaxe.
Comentario por Sandra Campos Friera 1º BAC H (12-05-2009 15:54)
4 eu escollo tamén: venr#blgtk08#es ou a vida salvaxe.
Comentario por natalia boo vázquez (17-05-2009 12:49)
5 Venres ou a vida salvaxe
Robinson é o único supervivente do naufraxio do barco Virgine.Acaba perdido nunha illa despoboada na cal intenta construir,inútilmente,unha balsa para fuxir e voltar a súa casa.Resígnase a quedar na illa, á cal pon de nome Esperanza, e constrúe unha casa, cultiva trigo e outros cereais para o futuro, domestica algúns animais salvaxes. Feito isto decide plantar un arrozal para o cal fai un pequeno encoro. Cando están construído todo o necesario, crea unha constitución para a illa, na cal reflexa tódalas normas que se deben seguir. É unha idea absurda pois na illa só están el e máis Tenn, o can que sobreviviu ao accidente. Esta maquinación cobra sentido cando aparece Venres, un indio ao que Robinson salvou cando os seus conxéneres intentaban matalo. Púxolle ese nome porque foi o día en que o atopou. Desde ese momento, Venres pasou a ser o seu criado e a obedecerlle en todo pois sentía que tiña unha débeda co seu salvador. Mentres que Robison buscaba novas ideas para ter unha illa organizada e civilizada á maneira occidental, Venres facía os traballos máis pesados que o gobernador de Esperanza lle mandaba. Certo día, Venres foi ata a cova onde s#blgtk08#e atopaban tódalas reservas alimenticias e de pólvora. O seu propósito era fumar o pouco tabaco que quedaba ás agachadas de Robinson. Cando este ía ata a cova para castigalo, Venres tirou a cachimba no interior da cova e todo voou polos aires. A partir dese momento os dous estiveron ao mesmo nivel, empezaron de cero sendo libres e non un escravo e o outro gobernador. Robinson deixouse levar polas costumes de Venres e deixou aquela absurda organización para unha illa con só dous habitantes. Agora Tenn non estaba, morrera de vello no momento da explosión.
Posteriormente divisaron no horizonte un barco inglés. Cando arrivou á illa, Robinson presentouse ante o capitán e contoulle todo o ocorrido durante eses vinte e oito anos que estivo en Esperanza. Os ocupantes do barco aproveitaron a ocasión para coller todo o que necesitaban da illa. O capitán invitounos a marchar con eles de volta á súa patria. Robinson decidiu quedar na súa illa para sempre ao igual que Venres. Pero este último finalmente preferiu marchar sen saber que o venderían como escravo. Robinson quedou só cun criado do barco, un rapaz duns doce anos que escapou pola noite ata Esperanza buscando a liberdade.
Comentario por Lucía Varela Relegiel 1º BAC H (23-06-2009 16:23)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0