PINGA LECTOR


O QUE PENSAN, DO QUE LEN, OS MOZOS E MOZAS

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

INFANCIA E MOCIDADE DO SÉCULO XX
O formativo é un aspecto da lectura que non queremos perder de vista. Con ese obxectivo, desde as próximas lecturas poderemos establecer un esquema da evolución da infancia e mocidade no século XX.
Escollede pois, entres estas lecturas
Villardevós, Silvio Santiago,Editorial Galaxia, sitúase temporalmente antes de 1936, fala dunha zona rural, léxico anterior a 1982
Memoria de cidades sen luz, Inma López Silva, novela na que se conta unha vida, temporalmente situase despois de 1928, fala dunha zona urbana. Iso é so unha parte da novela, claro, pero está esparexida por toda ela.
Memorias dun neno labrego, Neira Vilas, corresponde a un tempo que podemos situar xusto despois de 1936, os exemplares da biblioteca non están actualizados á normativa actual.
Os biosbardos, son contos de Blanco Amor, correspóndense cunha sociedade nas fronteira entre rural e urbana, valen para exemplificar a 1ª metade do s. XX.
Os bicos de Tina, novela actual, Afonso Eiré, A Nosa Terra, lembra a infancia e mocidade dos anos 60.
Fisteus era un mundo, de Lupe Gómez, A Nosa Terra, ilustra os anos 70
Escollede entres eses títulos. E deixade aquí a vosa elección
Comentarios (8) - Categoría: 2008-2009 - Publicado o 25-03-2009 12:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
8 Comentario(s)
1 Elixo: Memoria de#blgtk08# cidades sen luz
Comentario por Lucía Varela Relegiel 1º Bac H (03-04-2009 11:27)
2 Elixo: Memorias d#blgtk08#un neno labrego.
Comentario por Albe Mirás Varela 1º Bac H (03-04-2009 11:28)
3 Elixo: Os bi#blgtk08#cos de Tina
Comentario por natalia boo vázquez (17-04-2009 08:52)
4 Elixo: os #blgtk08#biosbardos
Comentario por Tamara Álvarez Pedreira (17-04-2009 19:02)
5 Eu elexin Memorias dun neno labrego e xa rematei de lelo.
Gústanme as esperanzas que ten Balbino, un neno pobre que traballa arreo para poder cambiar o seu futuro.
É persistente e sabe que para conseguir algo ten que esforzarse. Isto demostrao por exemplo cando se ergue as tres da mañán pra poder ir á escola e ver a profesora que tanto lle gusta.
Perdeu un amigo, o can, pero gañou outro, o rapaz que marchou a América e lle mandou unha postal den#blgtk08#de alá despois de pasar moitas tardes de contos.
O capítulo que menos me gustou foi o que relataba como o neno lle tiraba ó fillo do Señor unha pedra e que despois o pai lle pegase diante do Señor para compensar o dano que fixera. Pareceume un castigo inxusto e demasiado duro, pero naqueles tempos, as cousas incluso eran peores.
A pesar de que os exemplares da biblioteca non están actualizados á normativa actual, non me resultou difícil de ler.
Comentario por Sandra Campos Friera 1º BAC H (24-04-2009 18:18)
6 Elixo Os Bicos de Tina, gústame m#blgtk08#oito a época na que está situado.
Comentario por Lucía Casas Quiroga (29-04-2009 17:12)
7 unha cousa, cal era o título do libro que me recomendaras ler? era como unha historia coma a d#blgtk08#os bicos de tina pero contada por unha muller. Eque non me lembro do título :S
un saudo
Comentario por natalia boo (17-05-2009 12:51)
8 Boas! Eu elexín "os biosbardos" un conxunto de sete contos de Eduardo Blanco Amor fascinantes e moi propios do século en que se enmarcan. O libro gustoume moito e non tiven ningún problema para entendelo, pero non me acaba de gustar de todo que as historias queden colgadas no aire... pois tiña moita curiosidade por saber cómo remmataba cada unha delas...
O conto que menos me gustou de todos foi o de O NOXO, xa que non me parece normal a actitude de pederastia que acaba collendo a velliña cara ó neno, que si tócame aquí que si ráscame aco#blgtk08#lá... e menos aínda cando comeza a tocarlle ela ó neno... realmente da noxo... e paréceme normal que él escapara correndo e non volvera a vela xamáis. Por outro lado, unha historia bonita é a do final, pero da pena que remate así, coa partida da moza.... quedaría moito mellor se por fin ela se fixara nel despois de todas as voltas que deu por namorala e por atopala. En sí gustáronme todas as historias, pero encantaríanme se tivesen cada unha o seu final e non o deixaran colgando no aire... pois así déixanche unha gran intriga.... un saúdo.
Comentario por Tamara Álvarez Pedreira . 1º BAC ciencias (18-05-2009 20:05)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0