PINGA LECTOR


O QUE PENSAN, DO QUE LEN, OS MOZOS E MOZAS

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Manual de destrucción
Espazo para deixardes as vosas opinión sobre o libro de Samuel L Paris
Comentarios (7) - Categoría: 2008-2009 - Publicado o 10-02-2009 12:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 Esta lectura pareceume algo dura ó principio..pero a medida que foi pasando o tempo entendín a maneira de expresarse de Samuel L.Paris,e a mín,persoalmente,faime recrear imaxes...é lectura de imaxes,ás veces bonitas,pero a maioría das veces recreo imaxes grotescas,case provocadoras para a nosa sociedade.
Gústame que #blgtk08#rompa ca miña idea de poesía galega,gústame que o autor escriba o que se lle ocurra,e que deixe renda solta a súa imaxinación.
Pareceume algo obsesivo con temas coma o sexo e a relixión,pero supoño que se deberá a psicoloxía do autor...
Espero impaciente que poidamos ler máis literatura transgresora e moderna!
Comentario por May (16-02-2009 19:26)
2 Esta foi a lectura que máis me gustou. Os xogos de palabras continuos poden parecer raros ao principio, pero unha vez que te acostumas resulta unha lectura, nova, innovadora e provocativa.

A crítica e a ironía tamén están moi presentes tratando temas cotiáns como po#blgtk08#de ser a visita a un hospital ou simplemente estar sentado nun bar.

O apartado de ocio paréceme especialmente bo!

é
é
é
é

licor café

Estaría ben ler mais cousas coma esta, se é posible.
Comentario por Lucía Casas Quiroga (16-02-2009 21:45)
3 A lectura de Samuel L. Paris...abraioume. Ó comezo costoume encontrarlle sentido ó tipo de escritura, pero unha vez atopado encantoume.

Criticaba ironicamente aspectos da vida, dende os máis esperados ata os menos ( unha escea cotián). Fíxome rir moito e supoño que conse#blgtk08#guir ese efecto no lector era un dos obxectivos do autor. Un xogo de palabras fascinante! E persoalmente, complicado de realizar.

Gustáronme especialmente as partes de ocio e a de medios de comunicación.

Espero que podamos ler máis cousas do estilo!
Comentario por Sara Méndez Arias (16-02-2009 22:17)
4 Este libro gustoume xa que é moi divertido e tratase dunha nova forma de literatura#blgtk08#.
Gustariame ler mais libros asi e non as tipicas novelas de sempre.
Comentario por Sandra Campos Friera (17-02-2009 11:28)
5 Gustoume este libro xa que trata uns temas moi liberais que nos podemos ver a cotío e oir falar deles.
Aínda que non puiden rematar de lela enteira, disfrutei moito dos primeiros #blgtk08#capitulos.
Ademais de disfrutar puiden rirme un anaco con algún dos temas que trataba e a maneira que tiña de expresalos.

Espero que haxa mais lecturas deste tipo.
Comentario por Tamara Álvarez Pedreira 1º BAC C (17-02-2009 16:18)
6 Increíbles xogos de palabras os que se poden encontrar neste libro. Seguramente foi o que más me gustou del, ainda que tamén teño en conta aspectos cotiais da via, como os critica con ironía.
Hai certas cousas que non logrei comprender do libro, por exemplo, nun momento #blgtk08#pon letras e números ao tuntún pu mezcla francés polo medio.
Pero gustoume moito, teño debilidade polos xogos de palabras, e sobretodo se son tan bos.
Encantada con esta lectura espero que nun futuro leramos máis literatura moderna ou que nos des algúns títulos.
Comentario por Andrea Díaz Amor (05-03-2009 16:37)
7 É unha lectura xenial. Pareceume orixinal, revulsiva, provocadora, incorrecta...e moitos máis adxetivos que podería decir.
Nunca fun un entusiasta da lectura poética, sen embargo neste caso encantoume polo único feito de que non me deixou para nada indiferente.
O autor non amosa pelos na #blgtk08#lingua para tratar todos os temas tabú posibles, opinando sen ningunha restricción.
Por outra parte quedo abraido ca capacidade de enlazar palabras e a facilidade que ten para a rima.
Podese pensar que chega o grotesco, ou ao de mal gusto, pero simplemente rompe cos esquemas tradicionais.
Comentario por Brandán Cerviño (18-06-2009 23:05)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0