PINGA LECTOR


O QUE PENSAN, DO QUE LEN, OS MOZOS E MOZAS

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Berlín, primeira parada
Iniciamos esta nova xeira cunha sesión de lectura conxunta. A obra escollida é Berlín, de María Lado. Lectura que efectuaremos desde a plataforma A Regueifa, no pdf que ofrece, á vez que escoitamos, na mesma voz da autora, o audiolibro correspondente.
Mentres non chegue algún tipo de axudas non temos un can e servirémonos o máis que poidamos de internet. Sabemos que se prometeron axudas. Pero a estas alturas do curso xa tememos moito. A estas alturas! Como vas programar actividades para un curso sen saber se poderás levalas adiante????
Comentarios (9) - Categoría: 2008-2009 - Publicado o 23-10-2008 12:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
9 Comentario(s)
1 Pois esta, é unha obra moi boa e ao mesmo tempo bonita que nos quere reflexar os pensamentos e a realidade que María Lado ten na súa mente. Neste gran poema, a autora ten que meterse moi ben no papel e, a pesar de que o que nos narra non é a realidade pura, ela ten que meterse nese papel para contárnolo a nos. Ela, fálanos dese gran #blgtk08#amor que sente polo seu amado Berlín, pero tamén usa moitos termos referidos a rúas de Santiago. A historia que nos narra é preciosa e fai que nos metamos nós mesmos dentro dela. Con ela, transmítenos senimentos de amor, nostalxia,algo de tristeza e un inmenso cariño que sente por Berlín... É unha gran obra ao igual que a súa autora.
Comentario por Tamara Álvarez Pedreira - 1ºBAC C (30-10-2008 16:38)
2 A idea nova para min de ler poesia á vez que escoitas a voz da propia autora, pareceume xenial, e máis se a poeta recítao tan ben. O poema Berlín de María Lado é unha mestura entre a historia idealizada dun amor da poeta cos sentimentos e os seus estados de ánimo. María Lado fai referencia ao lugar onde se coñecen: Berlín, pero sobre todo, fala de Santiago. No pdf pódese observar coma os títulos ou as pa#blgtk08#labras en negriña están vinculadas a esta cidad galega.
Persoalmente gustoume moito: a súa forma de escribir, en primeira persoa, como se estivera contando unha historia certa, pero que non é máis ca imaxinada e idealizada por ela; a forma en que describe as cidades, parece que un mesmo pode estar alí mirándoo; e os adxectivos que emprega, un chisco inusuais, en ocasións.
Pareceume xenial.
Comentario por Ana Sánchez Vázquez - 4ºESO A (04-11-2008 22:26)
3 Foi unha boa idea escoitar á autora lendo os seun propios versos. A música tamén axuda a crear un ambiete nostálxico, por así dicilo.

Outra cousa, as palabras en vermello facendo referencia a Santiago de Compostela;
está ben que destaquen porque se non o texto perde sentido.

#blgtk08# É como meter dúas historias de amor (as que a autora sente polas cidades) nun mesmo conxunto.

A maneira de escribir é bonita, parece que a autora está a falar dun amor verdadeiro e correspondido. A lectura é lixeira e, para ser a primeira vez que leo-escoito este tipo de texto, gustoume bastante.
Comentario por Lucía Casas Quiroga 4º ESO A (20-11-2008 17:42)
4 Foi a primeira vez que escoitei un poema con música.

Resultoume...estupendo! Ademáis da incríbel voz que ten a autora e do ben que entoa os seus versos, a música crea un ambiente que te axuda a introducirte na historia sen#blgtk08# ningún problema. Todo o conxunto quizáis fai una lectura máis amena.

Gustoume a letra e a forma de narrar. Deume moi boa impresión María Lado.

Espero poder escoitar máis poemas narrados desta forma.
Comentario por Sara Méndez Arias 4ºESO B (23-11-2008 23:43)
5 Pareceume moi ben a idea de escoitar o poema de María Lado ó mesmo tempo que o liamos.Gustoume moito.
Ten unha voz i#blgtk08#ncrible e non é difícil tratar de meterse na historia que conta.
Encantoume como recita e o sentimento que lle pon.
Comentario por Noelia Hernández Campos (30-11-2008 13:43)
6 Lín Berlín de María Lado 5veces...e cada vez metíame mais na historia da creación desa cidade máxica de sentimentos,pareceume que a voz de María Lado facía que me rodease todo o que ela describe...rodéanme paisaxes de namorados,bailan palabras fermosas a meu a#blgtk08#rredor...
identifico este poema cunha bolboreta...voa lixeira,póusase,roza a pel.
en canto á músico,penso que crea un ambiente íntimo,guioume polas palabras,grazas a fanny&alexander este é o audiolibro mais interesante que xamais escoitei(e lín)
Comentario por May Baker Fohring (28-01-2009 23:42)
7 Unha poesía-conto ou conto-poesía dunha subxextividade e abstracción incrible que roza a confusión pero acada o punto de misterioso crebacabezas.
Historia de amor apaixoado e idílico, cuxos protagonistas son a autora e o propio conto, o a autora e as palabras do poema ou podería dudar se o mesmo amado é unha configuración axeitada da descomposición de todas as palabras. Pero que importa iso? Cal é o efecto que quere causar a autora? A caso está dir#blgtk08#ixido directamente a un público ou é máis persoal que iso? Eu opino que ten una funcionalidade estética e de causar pracer transmitindo "subliminalmente" as paixóns e sentimentos da autora. Non considero que sexa una sinxela poesía, senón todo o contrario, é una complexidade que toca íntimamente ao lector; trnasmite, comunica, incita a participación activa do que está lendo, e, polo tanto, establece unha comunicación discreta con lector, É maravilloso!
Comentario por Miriam Vázquez Varela (09-02-2009 10:29)
8 É un libro que non entendin moi ben pero gustoume a innovacion que contén.
Trata do amor dunha maneira moi #blgtk08#particular, sen decilo claramente.
Gustoume a forma na que esta escrito, e moi enigmatico.

Comentario por Sandra Campos Friera (17-02-2009 11:30)
9 O xeito de escoitar á autora á mesma que lees un poema coma este crea novas sensacións, méteste más na historia, sobretodo, se é recitado tan ben como o fai Maria Lado. É incribel como te somerxe a súa voz e as súas palabras nos seus sentimentos, na súa mente.
Conta a historia de Berlín, ao que ama, pero non só como persoa, senón tamén#blgtk08# como lugar, pero mézclao con lugares de santiago que veñen posto no texto en negriña.

Gustoume moito a maneira en como escribe, describindo tan ben os espazos da sensación de estar metido completamente na historia, ainda que creo que tamén inflúe moito, non só como escribe, senón como o dí.
Pareceume unha obra estupenda
Comentario por Andrea Díaz Amor (05-03-2009 16:12)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0