PINGA LECTOR


O QUE PENSAN, DO QUE LEN, OS MOZOS E MOZAS

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Os paxaros tamén emigran ao sur
Espazo onde deixardes as vosas opinións sobre esta novela de silverio Cerradelo
Comentarios (5) - Categoría: comentarios da segunda xeira de lecturas - Publicado o 19-02-2008 14:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Os paxaras tamén emigran cara ao sur pareceume un libro sinxelo de ler, que fala do sexo claramente e con un bocavulario comprensible. Está ben que se escriban libros deste #blgtk08#tipo nos que se ama á muller e non se trata coma un obxecto, pero de todos xeitos, segue habendo unha connotación negativa cara ela xa que a introduce no mundo das drogas.
Comentario por (23-02-2008 10:20)
2 Esqueceuseme poñer o nome. O #blgtk08#primeiro comentario era meu.
Comentario por Sandra Campos (23-02-2008 10:22)
3 Título: Os paxaros tamén migran ao sur
Autor: Silverio Cerradelo
Editorial: Xerais

Pregunta: Fala sobre o tratamento do sexo no libro.
Evidentemente o libro xira en torno ao sexo, pero non como medio para conseguir pracer, se non que Jordi, ao longo do libro, vai describindo as relación que mantén coa Eva como un momento de paixón moi intenso, no que os dous se demostran o seu amor.
Na estraña relación que manteñen Jordi e Eva, o sexo ten un papel moi importante, pero non só o acto, tamén eses momentos nos que están espidos na cama tocándose, coñecendo os seus corpos.
Jordi e Eva tratan entre eles o tema do sexo con total naturalidade, a fin de facer deses momentos, os máis #blgtk08#felices e agradables das súas vidas.

Opinión persoal:
Gustoume o libro, ten unha lectura bastante fácil, trata de maneira sorprendente o sexo e conta unha historia, como moitas outras, que pode ser moi certa.
Eva está inmersa no mundo das drogas e da prostitución, pero coñece a Jordi. Entre eles nace algo máis que unha relación sexual, entre eles nace o amor, pero dunha maneira atípica. O amor que nace entre eles leva a Eva a intentar saír dese mundo escuro que a está arrastrando a morte, pero non se ve con forzas a pesar do apoio de Jordi, e decide suicidarse. Sen dúbida unha fin tráxica pero que máis ou menos se vía vendo, xa que a vida que levaba Eva, non a podía levar a outro lugar.
Comentario por Adrián Enríquez Rodríguez 4º Eso (24-04-2008 19:12)
4 Eu lin este libro e non me gustou moito.O que máis me interesou del foi a forma de redatar porque é moi fácil de ler.
Houbo algo que me produciu un pouco de rexeitamento e foi que o #blgtk08#rapaz que era un pouco listo demais,estaba con Eva e case ó mesmo tempo xa andava con outra, e tamén me inquietou outra cousa,o tema das drogas que se basa tamén moito no mundo das drogas.
Comentario por Patricia Díaz López 3º Eso (05-05-2008 16:20)
5 Os paxaros tamén emigran ao sur. Silverio Cerradelo. Editorial Xerais.

Este libro explicanos a historia dun rapaz do delta do Ebro e unha prostituta que vive en Barcelona pero é alemana. Entre estes#blgtk08# dou surxe unha relación de amor e sexo onde o libro nos conta as súas intimidades. Este relato remata dun xeito tráxico trala desexada desintoxicación da muller que decide suicidarse o non poder deixar as drogas.
Comentario por David Rodríguez Iglesias 4º E.S.O (17-06-2008 13:30)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0