PINGA LECTOR


O QUE PENSAN, DO QUE LEN, OS MOZOS E MOZAS

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

nadal
Sección para comentar lecturas recomendadas:

- O ceo dos afogados, Francisco Castro, Xerais.
-A noite de´O Risón, Gonzalo Moure, Xerais
-O único que queda é o amor, Agustín Fdez. Paz, Xerais.
-Así nacen as baleas, Anxos Sumai, Galaxia
Comentarios (28) - Categoría: LECTURAS EN PERÍODOS VACACIONAIS - Publicado o 14-01-2008 14:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
28 Comentario(s)
1 #blgtk08#
Comentario por L (14-01-2008 16:04)
2 Exame do libro - Así nacen as baleas -

1-Que parecido encontras ti entre unha balea e a muller?

Os seres humanos somos semellantes aos animais.Din que o que nos diferenza deles é a capacidade de razonar e desenrolar cousas.Tamén gozamos do privilexio da linguaxe.As baleas son uns seres que representan a estabilidade,a paz,o equilibrio...Todo iso nun mundo hostil onde a loita pola supervivencia é constante e máis difícil aínda cando pensas por dous,por tres...Igual que as baleas coidan ás súas crías transmitíndolles amor e cariño fronte a inmensidade de o océano e numerosos perigos; as mulleres cunha paciencia doce transmiten a sens#blgtk08#ación de que non hai nada que temer.Entón, como pode un ser que supostamente actúa por instinto amar tan intensamente ? Ás veces gústame pensar que o mar está feito de bágoas de baleas.Pero hai persoas que chegan a casa tras un longo día de traballo pensando nos fillos, na cea e en mil cousas máis.Quen senón unha muller pode ter un corazón tan grande como o dunha balea?Un corazón húmido e apaixonado que latexa ó ritmo do amor e das ganas de vivir o día a día.

Ó rematar este exame doume conta de que as veces os conceptos de balea-muller mestúranse e non queda claro a quen me estou referindo.Pois ben,iso é exactamente o que pretendo e quixen facer.
Comentario por Lucía Casas Quiroga (14-01-2008 16:43)
3 Examen do libro -Así nacen as baleas- de Anxos Sumai

¿Crees si temos o destino marcado o nacer?

Na miña opinión creo que iso depende moito da familia coa que pasamos a nosa infancia.No caso do libro claramente vese que intentan marcarlle o futuro a os dous. Mentres que Ramón deberá traballar na ferretería mentres que a Nena educouselle de maneira que no futuro coidara dos seus pais cand#blgtk08#o foran vellos.Persoalmente non estou dacordo con iso , xa que penso que un mesmo debe decidir sobre o seu futuro.

-Satisfacción do libro-
O libro, sinceramente, decepcionoume un pouco. A súa lectura fíxoseme as veces un pouco pesada e algunhas cousas non me quedaron do todo claras , como por exemplo, arelación da Nena con Ánxela. Pero tamén penso que é unha lectura polo menos curiosa.
Comentario por Brandán Cerviño (16-01-2008 16:09)
4 #blgtk08#
Comentario por Brandán Cerviño (16-01-2008 17:33)
5 Examen do libro -Negras Sombras, antoloxía do relato policial-

Comentar e opinar sobre os relatos

-O anxo do segundo andar- de Dashiell Hammett
Unha noite un escritor escoita uns ruidos moi estraños, o que a primeira vista era un ladrón, sería unha fermosa fuxitiva da que o escritor podería sacar moito material para futuras novelas. O estraño é que non foi o único ao que lle pasou isto.
Este relato foi dos que máis me gustou e o seu final e inesperado e curioso.

-Estarei agardando- de Raymond Chandler
Un xerente de hotel volvese a encontrar ca mafia a que pertenceu, a cal buscan a un dos seus clientes. Resulta que a quen buscan é a unha fermosa muller que agarda polo seu home.
Outro relato moi entretido e fácil de leer, xa que en ningún momento chega a aborrecer o lector.

-Un home de palabra- de Damon Runyon
Un home o que chaman O Pés, ten unha reputación moi boa debido a que sempre cumple cas súas débedas. Enamórase dunha muller a que lle merca de todo. Ademáis a última débeda que se lle presenta seralle moi difícil de pagar, tanto que deberá vender o seu cadáver.
Un relato moi divertido, repleto de situacións subrealistas e cheas de humor ácedo.

-O home na rúa- de George Simeon
Un asasinato fai que o inspector Maigret te#blgtk08#ña que seguir a un sospeitoso. O sospeitoso sabe que o siguen polo que pronto se converte nunha competición para ver quen pode máis.
Iste relato e moi interesante debido a relación que chegan a manter os dous protagonistas.

-Os cans, o desexo e a morte.-de Boris Vian
Un taxita atende a unha fermosa cliente a que atropellar cans producelle unha garn atracción sexual. O que o principio é un simple xogo acabarase convertendo nun grave problema para o taxista.
Na miña opinión o relato máis estraño de todo o libro.

-Un día gañado- de Graham Greene
Un home segue na súa viaxe a un señor. Unha noite faranse amigos, e o home intentralle sacar información ao outro.
Iste foi o relato que menos me gustou de todo o libro.

-A prostituta autorizada ou a esposa- de Patricia Highsmith
Unha fermosa muller cásase con un adiñeirado home. Mentres a súa relación dura a muller terá moitos amantes e finalmente provocará un infarto a o seu home para heredar a súa fortuna.
Un relato que me gustou e ten un final un pouco previsible.

-Miña é a vinganza S.A- de Roal Dahl
Dous amigos montan unha empresa na que o cliente poderá elixir "á carta" como vingarse dos seus enemigos.
Sen dúbida o relato que máis me gustou do libro e o máis divertido.
Comentario por Brandán Cerviño (16-01-2008 18:11)
6 O libro: O novo diario dun xove maniático, fala de temas moi importantes como o tabaco, as drogas e as relacións sexuais.Na miña opinión son os temas máis importantes porque pasan na vida real.O ta baco é moi frecuente nos adolescentes e as drogas poden se tamén, aunque con menos frecuencia.Poden cambiala túa vida.
O tabaco provoca enfermidades como o cancro de pulmón e pódese chegar a morrer.Coas drogas tamé#blgtk08#n podes morrer porque unha vez que as prebas, eu creo que xa non saes delas.As enfermidades das relacións sexuais das que fala o libro tamén poden pasar na vida real e está ben ler este libro que por unha parte nos aconsella dos problemas que pasan a cotío.Nas relacións sexuais pódense contaxiar enfermidades que non teñen curación como o sida.Cada ano morre máis xente por esas causas.
Non arruines a túa vida.
Comentario por Noelia Hernández Campos (16-01-2008 19:57)
7 Exame do libro: Cartas de inverno

Foi uunha lectura bastante satisfactoria. Resultoume moi doada de entender e de ler xa que as súas liñas amarraban á miña concentración, facéndome partícipe dos medosos acontecementos que desenlazaron nun inesperado e insatisfactorio final. Agardaba un remate moi diferente, quizáis de conto de fada, no que os dous amigos esc#blgtk08#apaban da maldición da casa embruxada. Pero a pesar do final, pareceume un moi bo libro.
O detalle que máis me gustou foi esa maneira de enganar ó home e tamén os cambios que podían observar na habitación do gravado. Pareceume moi bo o enlace das sinais telefónicas e das mensaxe do fax co faio, onde ían atopar o libro, polo cal quedarían atrapados na casa embruxada.
Comentario por Sara Méndez Arias (16-01-2008 22:12)
8 Exame do libro: A banda sen futuro

Esta narración de Marilar Aleixandre enganoume moito.Ó ler a contraportada pareceume un libro interesante e entretido, pero no#blgtk08#n levaba razón. Resultoume moi longo, repetitivo e monótono.
Destacaría o papel da avoa e de Poch, posto que para min foron os que lle deron a gracia ó relato.
Comentario por Sara Méndez Arias (16-01-2008 22:27)
9 Eiré Re#blgtk08#tirate
Comentario por ñalksjdfkla (22-01-2008 10:21)
10 GRAZAS POLOS BOS DESEXOS, MEU, PARA TI AÍNDA OS TEÑO MELLORES EU.
AGORA,A VER SE ENTENDES QUE ISTO É UN PROXE#blgtk08#CTO SERIO, DE XENTE QUE SABE LER E PARA QUE VALE ISO, NON NECESITAMOS CANTANTES QUE DESAFINEN, DESAPARECE, COVARDE.
Comentario por xmeyre (22-01-2008 12:33)
11 O ÚNICO QUE QUEDA É O AMOR é un libro que narra distintos tipos de historias, pero todas están unidas por un fío invisible que fai que a vida deses personaxes cambie #blgtk08#por completo.Todos os personaxes teñen historias de amor,este fai que as suas vidas cambien os seus pensamentos.Todas as historias teñen decepcións co amor.
Comentario por silvia (22-01-2008 15:15)
12 "O ÚNICO QUE QUEDA É O AMOR"
Agustún Fernandez Paz.
Eu non estou de acordo.Paz non é #blgtk08#unha merda pero cada un dí o que quere e namais.Pois non estou de acordo porque iso non é verdade.
Comentario por Patricia Díaz López 3ºB (22-01-2008 15:15)
13 "Así nacen as baleas" Autor:Anxos SumaiEditorial: Galaxia.Descripción das personaxes: -Felisa: redonda, presumida, de idade avanzada, quere moito á "meniña" e é a aia da familia da protagonista. -Tía Natalia: tía da protagonista, alta, delgada, presumida, moi elegante e xa anda preto dos sesenta anos. -A Nena-a "meniña": é a protagonista da historia, ten 25 anos, apasiónanlle as baleas e de feito ten un traballo relacionado con elas,nunca recibiu o cariño necesario da súa nai e agora está moi confundida. - Nai da protagonista: delgada, presumida, empresaria brillante e triunfadora, adoita tomar decisións drásticas, pensa moi ben as cousas antes de dicilas, nunca lle tivo moito cariño á súa filla e está moi afectada#blgtk08# porque non volveu a ver ao seu marido. -Tío Cándido: tío da protagonista e irmán da nai, xa ten unha idade avanxzada e naceun específicamente para seguir co negocio familiar a ferraxería Cándido, de aí sae o seu nome. -Lucita: carniceira -Ramón: irmán da porotagonista, tiña unha enfermidade que o ía matando pouco a pouco, morreu moi novo, era obeso,robusto, alto,cariñoso, traballador, quería moito á meniña e á súa nai e gustáballe moito ir pola rúa e saudar a toda a xente a pesar de non coñecela. -Ángela: traballaba na Bahía recollendo mostras de medusas para a Universidade de California, moi amiga da protagonista, divertida e simpática. -Kazuo: un xaponés que foi á Bahía para gravar os diferentes sons das baleas.
Comentario por Tamara Álvarez Pedreira 4º ESO (22-01-2008 20:17)
14 "Así nacen as baleas" Anxos Sumai, Galaxia

Pareceume un libro moi interesante e gustoume moito. Conta unha historia bonita e ao mesmo tempo moi triste, especialmente para a protagonista. Creo que se eu me tivese que poñer no lugar da protagonista e ter que decidir entre unha cousa e outra, me volvería tola; xa que ter que decidir entre o que che gusta e o deber é unha loucura; e se aínda por riba sabes que se non elixes o #blgtk08#deber e pola contra elixes o que che gusta, perdes algo que che vai facer moita falta e tamén o cariño que che comeza a dar unha nai, aínda máis.Sinceramente gustoume moito e fíxome entender que a vida, ás veces, ponnos provas moi difíciles de superar e que só serás capaz de pasar se segues os consellos dos demáis e tamén, por unha parte se segues ao teu corazón. Este libro transmite moito sufrimento, pero tamén alegrías, coñecementos...
Comentario por Tamara Álvarez Pedreira 4º ESO (22-01-2008 20:28)
15 Eiré,eu decidinme pola Paixón de Carolina Otero. Xa que a Pensión Eva xa o l#blgtk08#in o ano pasado e Os paxaros tamén emigran ao sur non me ten moi boa pinta.
Comentario por Selene (23-01-2008 13:36)
16 ASÍ NACEN AS BALEAS DE ANXOS SUMAI, EDITORIAL GALAXIA.
ATA QUE PUNTO A PROTAGONISTA PRECISA DECIDIR O SEU DESTINO, O SEU FUTURO?
EU PENSO QUE O NECESITA XA QUE A ASUSTA SEGUIR O EXEMPLO DA NAI QUE XA DENDE PEQUENA TIÑA A LABOR DE CANDO FOSEN SEUS PAIS VELLOS, COIDALOS. ERA UNHA META DISPOSTA PARA ELA DENDE ANTES DE NACER.
AÍNDA QUE NO CASO DA PROTAGONISTA FOI DIFERENTE PORQUE CASO DO SEU IRMÁN MAIOR DESBARÁTAO TODO. DESPOIS DA SÚA MORTE O AMBIENTE NA CASA FARÍASE IRRESPIRABLE E INSOPORTABLE, POR ISO A NAI LLE PEDIU QUE MARCHARA, PERO AÍNDA LEXOS DO FOGAR, DA FAMILIA NON FORA ELA QUEN DECIDIRA IRSE, MARCHOU PORQUE ALGUÉN A OBRIGOU, ALGUÉN DECIDIU POR ELA. LOGO CANDO A NAI SE PUXO MAL REGRESOU POR PETICIÓN DA TÍA E CANDO ESTIVO ALÍ PRACTICA#blgtk08#MENTE A OBRIGARON A ASINAR AQUELES DOCUMENTOS. EU CREO QUE PRECISABA MOITO DE TOMAR AS SÚAS PROPIAS DECISIÓNS PERO AS CIRCUNSTANCIAS NON LLO PERMITÍAN.
O QUE SI ME FIXO REFLEXIONAR FOI A SÚA ORIENTACIÓN SEXUAL E CUESTIONAR O MOTIVO POLO CAL A AUTORA O PUXO ASÍ.
NO FONDO PENSO QUE Á SÚA MANEIRA NAI E FILLA QUERÍANSE, A PESAR DAS DIFERENCIAS, OU POLO MENOS NON SE ODIABAN.
OPINIÓN SOBRE A LECTURA:
A MIN GUSTOUME BASTANTE PORQUE É DESE TIPO DE HISTORIAS ESPECIAIS PERO QUE O MESMO TEMPO PASAN DESAPERCIBIDAS NA SOCIEDADE, SON TEMAS DE FAMILIA, PENSO SIMPLEMENTE QUE É UN RELATO BASTANTE CRIBLE, CONTA COUSAS QUE PODERÍAN ENTRAR DENTRO DA NOSA REALIDADE COTIÁ, NON SEI SE ME ESTOU EXPRESANDO CORRECTAMENTE PERO NA MIÑA OPINIÓN É ASÍ.
Comentario por Lucía Varela Relegiel 4º ESO (24-01-2008 11:28)
17 "o unico que queda e o amor"
eu rematei este libro xa fai tempo no mes de xaneiro.
pareceme un libro a par que alegre triste. polo feito de que a mairande parte das historias que nel se contan rematan mal.
todas as historias neste libro narradas ainda sendo independentes estan unidas por un fio imbisible que e a forza do amor.
a historia que mais me #blgtk08#gustou foi a de unha estraña lucidez porque foi unha narración capad de facerme chorar e pareceme moi orixinal o feito de que estea narrada por un can.
supoño que todas son especiais porque aportan algo mais a sabedoria do amor porque quen queira estudar amor sempre queda en alumno e este libro demostraoo xa que xamais sabes o que a seguinte historia a de espertar en ti.
Comentario por ariadna lópez gonzález 3 eso b (19-02-2008 20:05)
18 OS OLLOS DE K DE ANTÓN RIVEIRO COELLO, EDITORIAL GALAXIA.

GUSTOUME MOITO ESTE LIBRO POLO SEU MISTERIO E POLA CURIOSIDADE QUE ME PRODUCIU. TIÑA MOITAS GANAS DE CHEGAR Ó FINAL PARA PODER SABER QUEN ERA, NESTE CASO, A PSICÓPATA QUE REALIZABA OS CRIMES PARA VINGARSE. TAMÉN ME GUSTOU COMO LEVA O TEMA FICCIÓN-REALIDADE. ISTO FIXO QUE ME CONCENTRASE E ME FIXASE EN CALQUERA PEQUENO DETALLE PARA PODER COMPRENDER O QUE ESTABA LENDO E NON DESPISTARME XA QUE A HISTORIA É BA#blgtk08#STANTE COMPLEXA: UN ESCRITOR QUE ESCRIBE UNHA NOVELA SOBRE UN ESCRITOR QUE ESTÁ ESCRIBINDO UNHA, A CAL CRE QUE NON TEN QUE VER CON EL E Ó FINAL É O PROTAGONISTA DELA. O QUE TAMÉN ME SORPRENDEU FOI O CONCEPTO QUE TIÑA ESTE DA SÚA RELACIÓN COA CAMAREIRA, DE QUE LLE PARECÍA BEN QUE A PARTE DE SER NAI XA A TIVESE CUBERTA, O CAL NON REQUERIRÍA NINGÚNHA APORTACIÓN POLA SÚA PARTE E SÓ TERÍA QUE DEDICARSE Á FACELA FELIZ COMO MULLER, AMANTE E COMPAÑEIRA.



Comentario por Lucía Varela Relegiel 4º ESO (26-02-2008 11:35)
19
AS RULAS DE BAKUNIN DE ANTÓN RIVEIRO COELLO, EDITORIAL GALAXIA.

A HISTORIA CONTADA NESTE LIBRO GUSTOUME MOITO POLO SEU REALISMO E POLA MANEIRA DE NARRAR DO AUTOR, QUE VAI DISTRIBUINDO A NOVELA DE MANEIRA EN QUE AS DISTINTAS ÉPOCAS VAIAN PARALELAS ATA O FINAL. O PASADO- A VIDA DO AVÓ, A MOCIDADE DE CAMILO, A VIDA DA TÍA LOLA, O EXILIO Ó URUGUAI, O TEMPO NO CÁRCERE?- E O PRESENTE- EL E O SEU NETO LÁZARO, A VINGANZA DE CAMILO E ANDRÉS CONTRA DALMIRO FERREI#blgtk08#RO, O QUE LLES FIXO A VIDA IMPOSIBLE NO CÁRCERE-.
DESPOIS DE LER ESTE LIBRO ESTIVEN INVESTIGANDO E AVERIGÜEI QUE BAKUNIN FOI UN PENSADOR REVOLUCIONARIO RUSO. O QUE NON ENTENDÍN BEN FOI O DAS RULAS. TEÑO DÚAS TEORÍAS: QUE AS RULAS SIGNIFIQUEN OS VIAXES DE BAKUNIN E OS RELACIONE COS DO PROTAGONISTA OU QUE SIMBOLICEN A PARELLA, BAKUNIN E OS SEUS PROPÓSITOS DE DIFUNDIR O ANARQUISMO E RELACIONALO CON CAMILO E A SÚA VINGANZA, O SEU PENSAMENTO TAMÉN ANARQUISTA E LIBERAL.
Comentario por Lucía Varela Relegiel 4º ESO (26-02-2008 11:37)
20 OS OLLOS DE K DE ANTÓN RIVEIRO COELLO EDITORIAL GALAXIA



Gustoume polo misterio que se desencadeou na novela, das mortes que lles estaban a ocorrer aos axudantes de Suso , na creación da sua novela.Tamén me gustou pola mezcla da realidade coa ficción .Suso está a escribir unha novela ,contando coa axuda de dous axudantes.A medida que ocorre a historia na ficción sucede tamén na vida real .Todo comeza coa morte de un axudante e os ollos deste aparécenlle nun tarro na po#blgtk08#rta da casa do escritor.Todo isto he escrito por Suso e a sospeita de que Dimitrie e o asasino .Pero este tamén é asesinado ,Suso busca tanto na realidade como no irreal un culpable .Este dase conta de que están intentando asasinalo e que lle votan a el as culpas do sucedido.Pero consegue descubrir o verdadeiro culpable, unha muller que buscaba a vinganza do seu home, que fora asesinado pola muller de Dimitrie .Todo isto ocorre no relato que escribe o escritor e na realidade do seu contorno.
Comentario por Manuel Gonzalez 4 eso (28-02-2008 11:26)
21 A SOMBRA DESCALZA DE AN ALFAYA EDITORIAL XERAIS


Esta novela gustoume polo tema da familia e o que causou a guerra civil nela ,xa que viviron en enganos e traizóns.Elsa é unha rapaza que quere saber sobre o misterio da sua familia e o por que daquela maneira de vida de Rosario.Despois da morte desta Elsa decide pescudar sobre a sua familia.Descobre a vida de sua tía ,Florinda ,que estaba casada por obligación e que se mandaba cartas co seu verdadeiro amor que sufrira a emigraci#blgtk08#ón.Unha carta anúncialle a morte del,despois de que case xa se pudiesen volver xuntar .Pero o que máis quería saber a rapaza era o desprezo que seus avós lle tiñan a Sagrario.Nos últimos momentos de vida do seu avó , sua avoa decídelle contar que soupo o del e o de Sagrario e para evitalo colleu os zapatos dunha morta e deullos a sua irmá para que fose desprezada .Sagrario non fixo nada por evitalo.Cargou coa culpa que non tiña .Pero o home xa estaba morto e non oíu a confesión da sua muller
Comentario por Manuel Gonzalez 4 eso (28-02-2008 11:27)
22 O único que queda é o amor.Agustín Fernández Paz

Por que cres que o autor puxo este título ao libro?

Ben, este libro está formado por varios relatos unidos por un nexo común, o desamor.Os personaxes quedan atrapados no engado dun fermoso sentimento que termina mal;por iso eu creo#blgtk08# que o autor quere reflexar o mal que se sente un cun desengano.Ós protagonistas pásalles iso e séntense moi mal, ou ben o esquecen e déixano coma un episodio da súa vida que logo recordan tenramente. Entón aínda nas situacións desesperadas e, pase o que pase, para ben ou para mal, o único que queda é o amor.
Comentario por Lucía Casas Quiroga 3º ESO B (29-02-2008 16:07)
23 O único que queda é o amor. Agustín
Fernández Paz


Sen dubidalo, este foi o libro que máis me gustou de todos os que levo lido. Abundan os relatos tristes e agonizantes, pero cun aquel tan espléndido... Quizáis sexa o sentimento do amor o que me amarrara a el. Estaba tan ben descrito que nalgúns relatos sentín tristez#blgtk08#a, compaixón e incluso medo. Nunca me atraeran os libros formados por relatos, sen embargo ao ler este non me importou. Enganchábanme de tal maneira os contos, que precisaba chegar ao remate para sorprenderme co final, sempre inesperado. Como soe pasar, houbo contos que me gustaron máis ca outros, aínda así quedo cun recordo abraiante deste libro.
Comentario por Sara Méndez Arias (01-03-2008 00:05)
24 Así nacen as baleas.
Anxos Sumai

Ata que punto as persoas poden inflúir nas nosas decisións?

No libro preséntase unha situación familiar un tanto extraña, unha nai que se sentiu soa e necesitaba sentirse desexada, un irmán discapacitado que actúa como un neno e unha rapaza que tras pasar uns maravillosos anos de liberdade en California se ve encadeada pola súa tía e familia.
Creo que a rapaza se queda para descubrir cousas dunha nai que descoñecía #blgtk08#e non se da conta de que pouco a pouco a están atando para que non se vaia. Algo inxusto, no que os sentimentos xogan un papel manipulador importante. Todo depende da nosa capacidade para rexeitar algo sabendo as consecuencias que ten e aceptar o que nos resulta mellor dentro das nosas posibilidades. Ás veces, incluso na nosa familia temos que replantexarnos se realmente nos aprecian tal e como cremos ou non e se realmente nos aprecian terían que entender a nosa posición ata chegar a un acordo.
Comentario por * Natalia Boo Vázquez * (22-03-2008 14:16)
25 O ceo dos afogados. Francisco Castro.


Por que crees que o autor puxo este título ao libro ?

Ben, neste libro conflúen varios temas da actualidade, como poden ser a contaminación das augas que é o motivo polo que se desencadenan uns determinados feitos. Para min, o ceo dos afogados representa o entorno hostil no que se atopan os golfiños . Un ceo non que aparece tapado polas nubes sen #blgtk08#deixar pasar un raio de sol. Para iso os golfiños teñen que valerse dun rapaz cunha estraña enfermidade que comprende a mensaxe que envían; un grito de socorro que case ninguén entende. Os animais loitan contra un " ceo " que cada día tórnase máis negro para eles e para todos os que somos conscientes da gravidade do que parece unha burrada, botar vertidos tóxicos na auga. O mar non sempre pode limpalo todo, non?
Comentario por Lucía Casas Quiroga 3º ESO B (02-04-2008 16:22)
26 A ESMORGA
De Eduardo Blanco Amor
Editorial Galaxia

Pareceume un pouco complicado de ler polas palabras que contén ,pero que sacaban por o resto da oración.Os feitos deste libro describen a sociedade daquel momento.Aparece un narrador externo á narración ó comezo desta e ó final, e un narrador protagonista que relata os feitos da novela.Cibrán.A relación#blgtk08# entre Cibrán e a súa muller e moi diferente ca dos seus amigos.Coa súa muller non mantén confianza so os une o matrimonio ,o seu deber con ela é mantela .Polo contrario cos seus amigos pasa o maior tempo e con eles ten os seus segredos ,os tres van de copas, con prostitutas, ect.Mantén unha relación fría coa súa muller á que non lle ten porque dar explicacións donde vai .
Comentario por Manuel González Vidal 4ºESO (07-05-2008 09:14)
27 AS RULAS DE BAKUNIN
De Antón Riveiro Coello
Editorial Galaxia


Gustoume moito pola tema da guerra e como loitaban pola vida da familia.Tamén por a estructura da narración que se emprega ,acontecementos no presente e no pasado.Na infancia de Camilo e o resto de vida de este.Creo que o autor púolle este nome a novela (As Rulas de Bakunin.) por o ruso Míjail Alenxán#blgtk08#drovich Bakunin que foi un liberal ,defendía a liberdade e a paz.Estivo encarcelado.Participou en moitas revolucións.Penso que por iso ten que ver moito coa persoaxe de Camilo que viviu algo parecido e que saíu do cárcere grazas a que se aprendeu un libro que era de seu avó Estevo ,unha persoa tamén liberal.Ademais participou tamén en rebelións e loitou pola súa familia no exilio e na súa terra.
Comentario por Manuel González Vidal 4ºESO (07-05-2008 09:15)
28 Ficha :
Título: Así nacen as baleas
Autor: Anxos Sumai
Editorial:Galaxia

Por que se chama así ?

Ramón o irmán da protagonista, un rapaz obeso , sempre desexou ser unha balea e así poder mergullarse na auga a todas horas, sempre dicía que o seu paso polo mundo era un paso para combertirse en balea , un día Ramón estaba mergullandose na piscina ca irmá e de pronto#blgtk08# dixolle : Así nacen as bales. Diu un salto e morreu pegando coa cabeza nas plaquetas da piscina .
Penso que a autora chamoulle así polo paso da vida a morte , pola reencarnación que un ser vivo pode sufrir despois da morte e convertirse noutro ser vivo completamente distinto. Nesta obra eu penso que reflite iso que o desexo que ten un rapaz e que coa reencarnación se tranforme nun ser mariño: unha balea
Comentario por Sandra Piñeiro (18-06-2011 14:56)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0