PINGA LECTOR


O QUE PENSAN, DO QUE LEN, OS MOZOS E MOZAS

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

AS OPINIÓNS DE LUCÍA
sobre
AS MANS DO MEDO (AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ)
O DIARIO VERMELLO DE CARLOTA (ANDREU MARTÍ)
SER OU NON (XURXO BORRAZÁS)
ACOMPÁÑOO NO SENTIMENTO (J.A.XESTEIRA)
ANAGNÓRISE (MARÍA VICTORIA MORENO)
SOBREVIVES?(FINA CASALDEREY)
ASÚSTATE, MERCHE(FINA CASALDERREY)
NOITE DE VORACES SOMBRAS(AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ)



O RELATO QUE MÁIS ME GUSTOU DO LIBRO AS MANS DO MEDO DE XOSÉ MIRANDA FOI A CADEIRA E A NEVE PORQUE É INQUIETANTE E DEIXA UN FINAL INTRIGANTE

Comentario por Lucía Varela Relegiel 4º ESO (18-12-2007 09:59)



2.- 0 O DIARIO VERMELLO DE CARLOTA. GUSTOME MOITO PORQUE NO VERÁN LERA O DIARIO VERMELLO DE FLANAGAN E COMO ESAS DÚAS PERSONAXES TEÑEN UNHA RELACIÓN O QUE MÁIS GUSTA E VELO DENDE OS DOUS PUNTOS DE VISTA, O DUNHA MULLER E O DUN HOME. O TEMA DA SEXUALIDADE HAINO QUE TRATAR DENDE AS DÚAS PERSPECTIVAS. ADEMAIS É INTERESANTE SOBRE TODO PARA OS ADOLESCENTES QUE AS VECES PENSAMOS QUE XA O SABEMOS TODO CANDO AÍNDA TEMOS MOITAS DÚBIDAS.

Comentario por Lucía Varela Relegiel 4º ESO (19-12-2007 09:05)


3.- SER OU NON DE XURXO BORRAZÁS. GUSTOUME A MANEIRA DE COMPAXINAR A HISTORIA DO ESCRITOR COA DO XURADO E O FINAL DE REFLEXIÓN DO PROTAGONISTA.

Comentario por Lucía Varela Relegiel 4º ESO (19-12-2007 09:05)


4.- O QUE É A VIDA DE M. LOURENZO GONZÁLEZ. AGRADOUME MOITO O FIANAL ABERTO NO QUE SE PODÍA ESCOLLER A POSIBILIDADE DO FINAL FELIZ OU DO FINAL TAL VEZ MÁIS REALISTA. DE AÍ O TÍTULO.



Comentario por Lucía Varela Relegiel 4º ESO (19-12-2007 09:05)


5.- ACOMPÁÑOO NO SENTIMENTO DE J. A. XESTEIRA. SON RELATOS CURTOS QUE TRATAN UN TEMA INTERESANTE QUE SEMPRE CAUSOU CURIOSIDADE.

Comentario por Lucía Varela Relegiel 4º ESO (19-12-2007 09:06)


6.- UNHA ROSA É UNHA ROSA DE SUSO DE TORO. É UNHA COMEDIA MOI ENTRETIDA E MOI BEN ARTELLADA. O QUE MÁIS ME GUSTOU ERAN AS BROMAS DA TÍA ROSA DENDE A ULTRATUMBA E A VINGANZA FINAL.

Comentario por Lucía Varela Relegiel 4º ESO (19-12-2007 09:06)


7.- ANAGNÓRISE DE Mª VICTORIA MORENO. É UNHA HISTORIA MOI BEN NARRADA E MANTÉN O FÍO ATA O FINAL. CANDA O PROTAGONISTA O LECTOR TAMÉN APRENDE. PÓDESE TIRAR UNHA BOA ENSINANZA: FUXIR DOS PROBLEMAS NON FAI QUE DESAPAREZAN. UN BO CONSELLO

Comentario por Lucía Varela Relegiel 4º ESO (19-12-2007 09:06)


8.- ¿SOBREVIVES? DE FINA CASALDERREY. O TÍTULO ACAELLE MOI BEN, GUSTOUME BASTANTE. REFLEXA MOI BEN A SOCIEDADE ACTUAL, XA QUE MOSTRA O AFÁN POR SOBREVIVIR ENTRE TANTA CRUELDADE.



Comentario por Lucía Varela Relegiel 4º ESO (19-12-2007 09:06)


9.-
¡ASÚSTATE MERCHE! DE FINA CASALDERREY. TEN UNHA BOA TRAMA. A NAI NON QUERE QUE A FILLA COMETA OS SEUS MESMOS ERROS E ISO CONVÉRTEA NUNHA PERSOA DEMASIADO DESCONFIADA E FAI QUE SE CERRE MOITO O AMOR SEN TELO DESCUBERTO AÍNDA. PERO COMA TODOS AURIA SEGUIU O SEU CAMIÑO E APRENDEU DOS ERROS QUE ELA MESMA COMETERA.


Comentario por Lucía Varela Relegiel 4º ESO (19-12-2007 09:07)


1O.-
NOITE DE VORACES SOMBRAS DE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ. GUSTOME O DE QUE ATOPARA O ANEL O FINAL, FOI MOI SIMBÓLICO. TMÉN ME GUSTOU O TEMA DA PRESENCIA, O MISTERIO ATRÁEME BASTANTE, E TAMÉN O DE DESCUBRIR COUSAS OCORRIDAS FAI ANOS E COMO REVIVIR A HISTORIA COMA SE TI MESMO FOSES O PROTAGONISTA.


Comentario por Lucía Varela Relegiel 4º ESO (19-12-2007 09:07)

Comentarios (15) - Categoría: AS OPINIÓNS DE LUCÍA - Publicado o 19-12-2007 15:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
15 Comentario(s)
1 ARIADNA DE XOSÉ MIRANDA. O TEMA DE QUE FOSEN XEMELGAS GUSTOUME AÍNDA QUE AS NOVELAS FUTURISTAS NON ME ATRAIAN MOITO. TAMÉN A FORMA EN QUE SE SENTÍAN DEPENDENTES UNHA DA OUTRA, COMO ADRIANA COIDA DA SÚA FILLA, IRMÁ E CLON, COMO SE PREOCUPA POR ELA ATA CHEGAR A HORRORIZARSE POR UNHA POSIBLE SEPARACIÓN E ISTO DEMÓSTRASE CANDO INTENTA MATALA PENSANDO QUE SE NON FICA CON ELA NON VIVIRÁ CON #blgtk08#MOODY. O SEU ESPÍRITO PROTECTOR TAMÉN SE FAI VER NO SEU TRATO COA ROBOT PRECIOSA. O QUE ME RESULTOU FOI UN POUCO LIANTE A FORMA DE NARRAR OS CAPÍTULOS DO AUTOR, DE MANEIRA QUE UNHA VEZ FALASE UNHA E DESPOIS OUTRA, NECESÍTASE DE BASTANTE CONCENTRACIÓN PARA SABER CAL É CAL EN CADA MOMENTO. SÓ ME QUEDA DICIR QUE NON ME DESAGRADOU, RESULTOME UNHA TEORÍA DE FUTURO BASTANTE CRIBLE E INTERESANTE.
Comentario por Lucia Varela Relegiel (18-01-2008 19:53)
2 A RECORTADA DE AN ALFAYA. ESTOU DACORDO CO DITO QUE DI QUE O HOME É O ÚNICO SER QUE COMETE O MESMO ERRO MÁIS DUNHA VEZ, CORROBÓROO DESPOIS DE LER ESTA NOVELA PORQUE NUNCA PENSEI QUE PUIDERAN SER TANTAS ESAS VECES E MÁIS SENDO CONSCIENTE DISTO ANTES DE FACELO. SÍ, A VIDA É MOI CABRONA SOBRE TODO COA XENTE INOCENTE E INXENUA POR ISO O PROTAGONISTA DESTA NOVELA SE SINTE CONFUNDIDO CON TODO O QUE LLE PASA E MOITAS VECES NON SABE DE QUE MANEIRA VAI ACTUAR NIN POR ONDE O LEVARÁ O DESTINO A PRÓXIMA VEZ, NON SABE SE FACER CASO D#blgtk08#O SEU INSTINTO OU SE EN CAMBIO DEBE DEIXARSE LEVAR POLO QUE TEÑA QUE PASAR. A VIDA E AS CIRCUNSTANCIAS ARREBÁTANLLE A SÚA INOCENCIA, A SÚA LIBERDADE, O SEU AMOR DE TODA A VIDA, OS SEUS PAIS E O DEREITO A CONTINUAR PORQUE CANDO O INTENTA SEMPRE APARECE UN OBSTÁCULO QUE NON SABE SUPERAR PORQUE NON É CAPAZ DE CONTROLAR A SITUACIÓN. A TRAVÉS DESTE TIPO DE SUCESOS QUE LIN E COMPRENDÍN SACO QUE OS OBSTÁCULOS DA VIDA HAI QUE SABER AFRONTALOS DENDE O PRIMEIRO E SABER DISFRUTALA PORQUE PODE NON HABER UNHA SEGUNDA OPORTUNIDADE.
Comentario por Lucia Varela Relegiel (20-01-2008 14:25)
3 A ESMORGA DE EDUARDO BLANCO AMOR, EDITORIAL GALAXIA.

ESTE LIBRO PARECEUME BASTANTE DESCONCERTANTE Ó PRINCIPIO PORQUE NON SABÍA QUE CAMIÑO SEGUIRÍA A HISTORIA. O QUE ME RESULTOU MÁIS PECULIAR FORON AS ANSIAS DOS PROTAGONISTAS POR ANDAR DE FESTA AÍNDA ESTANDO BORRACHOS E CANSOS, PARECÍA O SEU ÚLTIMO DÍA NESTE MUNDO COMA SE FOSEN MORRER POLA MAÑÁ. O QUE TAMÉN ME PARECEU RARO FOI CIBRÁN, QUE S#blgtk08#EMPRE DICÍA QUE POR UN AMIGO O QUE FOSE PERO DESPOIS SOLTÁBAO TODO. SUPOÑO QUE LLE DABA MEDO O CUARTELILLO. PENSO QUE ESTE LIBRO É COMA UNHA ESPECIE DE DENUNCIA DAQUELA ÉPOCA. ALGO TAMÉN A RESALTAR É A MANEIRA DO PROTAGONISTA DE FALAR CO SEU INTERROGADOR, FALA MAL PERO AÍNDA ASÍ PRETENDE QUEDAR BEN DESCULPÁNDOSE UNHA E OUTRA VEZ. EN FIN, NON ESTIVO MAL ESTA HISTORIA REIVINDICATIVA, DESPOIS DE TODO.
Comentario por Lucía Varela Relegiel 4º ESO (26-02-2008 11:33)
4 MECANOSCRITO DA SEGUNDA ORIXE DE MANUEL DO PEDROLO, EDITORIAL GALAXIA.
GUSTOUME BASTANTE A HISTORIA. TEN UNHA TRAMA FUTURISTA CUN TOQUE DE REALISMO FASCINANTE XA QUE NON É ALGO MOI ALONXADO DA REALIDADE. O QUE MÁIS ME CHAMOU A ATENCIÓN FOI O MOITO QUE SE ESFORZARON OS PROTAGONISTAS POR SAÍR ADIANTE E O BEN QUE TOMARON A SITUACIÓN, QUE NON É ALGO QUE SUCEDA TÓDOLOS DÍAS. O SEU ENTUSIASMO E FORZA DE VONTADE AXUDOULLES A SOBREVIVIR. ALGO INTE#blgtk08#RESANTE ERA O SEU AFÁN POR CONSERVALAS MOSTRAS DO INXENIO HUMANO E DA SÚA PRESENZA NUN PLANETA RECENTEMENTE ASOLAGADO. O PEOR DE TODO FOI QUE DÍDAC MORRESE. ERAN COMPAÑEIROS NISTO E ERAN TAMÉN OS ENCARGADOS DE PERPETUALA ESPECIE. A IDEA DE TER QUE REALIZAR ESA TAREFA CO SEU PROPIO FILLO TAMPOUCO ERA MOI ESPERANZADORA XA QUE MENTRES ESPERABA A QUE EL MEDRASE A SÚA ETAPA FÉRTIL REDUCIRÍASE CONSIDERABLEMENTE. EN FIN, FOI UN LIBRO INTERESANTE.
Comentario por Lucía Varela Relegiel 4ºESO (21-04-2008 11:36)
5 OS PAXAROS TAMÉN MIGRAN CARA O SUR. SILVERIO CERRADELO. ED. XERAIS.
ESTE LIBRO GUSTOUME MOITO AÍNDA QUE NON SEXA UNHA HISTORIA MOI PECULIAR NIN QUE DESTAQUE MOITO, PERO DELA PÓDENSE EXTRAER GRAN VARIEDADE DE ENSINANZAS EN BASE ÁS EXPERIENCIAS DO PROTAGONISTA CON EVA E OS SENTIMENTOS QUE A SÚA RELACIÓN CONLEVA E PRODUCE. EXEMPLOS DESTAS ENSINANZAS SON O TEMA DE EVA E AS DROGAS, A PREOCUPACIÓN
DE JORDI POR SE COLLERA ALGUNHA ENFERMIDADE DE TRANSMISIÓN SEXUAL NAS SÚAS ABUNDANTES RELACIÓNS CON ELA?EN CANTO AOS SENTIMENTOS, EL QUÉREA E NON#blgtk08# PENSA EN NINGUÉN QUE NON SEXA ELA PERO DESPOIS PARACE ESTAR CANSO DESE AMBIENTE E DE LOITAR SEN QUE A RAPAZA POÑA NADA DA SÚA PARTE, DEIXÁNDOSE ARRASTRAR POLAS DROGAS.
O TÍTULO SUPOÑO QUE FAI REFERENCIA A EVA E A QUE O AUTOR A IDENTIFICA CUN PAXARO, XA QUE GOZA SENDO LIBRE E NON QUERE ESTAR ATADA A NADA NIN A NINGUÉN.
ESTE É UN LIBRO QUE RECOMENDARÍA NON SÓ POLO QUE SE PODE APRENDER DAS EXPERIENCIAS DAS PERSONAXES SENON PORQUE TEN ALGO ESPECIAL, AÍDA NON SEI O QUE, QUE TE ATRAE E QUE FAI QUE NON PODAS DEIXAR DE LER ATA O FINAL.
Comentario por Lucía Varela Relegiel 4ºESO (27-05-2008 12:46)
6 PEL DE LOBO DE XOSÉ MIRANDA, EDITORIAL XERAIS.
ESTA HISTORIA RESULTOUME MOI INTERESANTE, XA QUE TRATA DE LENDAS E TEMAS QUE SE REMONTAN A OUTRAS ÉPOCAS. O MÁIS INSÓLITO É A RELACIÓN ENTRE XOSÉ, O PROTAGONISTA, E AS DÚAS IRMÁS, ANA E AURORA, DÚAS RAPAZAS TOTALMENTE DISTINTAS TANTO FÍSICA COMA PSICOLOXICAMENTE. GUSTOUME TAMÉN MOITO O FINAL PORQUE TEN UN TOQUE MOI PECULIAR, UN PUNTO INTERMEDIO ENTRE INTRIGA E REVELACIÓN. O AUTOR TEN UNHA MANEIRA DE LEVAR O FÍO DA HISTO#blgtk08#RIA QUE ME ABRAIOU, XA QUE Ó MESMO TEMPO QUE CONTA O QUE LLE OCORRE A XOSÉ VAI POÑENDO AO LECTOR AO TANTO DA SITUACIÓN RELACIONADA COS LOBOS, ISO TAMÉN É DEBIDO A QUE A HISTORIA É CONTADA POLO PROTAGONISTA AOS SEUS NETOS. O MÁIS SORPRENDENTE É QUE SE EXTENDE AO CONTAR O COMEZO DA HISTORIA E SEN EMBARGO EN DÚAS FOLLAS É CAPAZ DE CONTAR O DESENLACE. RESUMINDO, QUE É UN LIBRO MOI INTERESANTE E QUE LLO RECOMENDARÍA A CALQUERA A QUEN LLE GUSTEN AS LENDAS E OS MISTERIOS.
Comentario por Lucía Varela Relegiel 4ºESO (27-05-2008 12:49)
7 FESTINA LENTE DE MARCOS S. CALVEIRO, XERAIS.
TEÑO QUE RECOÑECER QUE ESTE LIBRO AO PRINCIPIO PARECÍAME EMPALAGOSO XA QUE NON SE METÍA DE VEZ NA HISTORIA QUE CONTABA PERO A MEDIDA QUE FUN AVANZANDO NA LECTURA FOIME GUSTANDO E A MIÑA OPINIÓN FINAL É SATISFATORIA AÍNDA QUE SIGO PENSANDO QUE O AUTOR SE CENTRA DEMASIADO EN DESCRIBIR O CONTEXTO HISTÓRICO, QUE N#blgtk08#ON ESTÁ MAL PERO DESCOIDA A NARRACIÓN DOS FEITOS, O CAL ME CHEGA A IRRITAR XA QUE TARDA MOITO EN DESVELAR O MISTERIO. O QUE MÁIS ME GUSTOU FOI A MANEIRA EN QUE CONTA DETERMINADAS SITUACIÓNS MEDIANTE SIMPLES INSINUACIÓNS QUE FAN QUE O LECTOR TEÑA QUE PENSAR NO QUE ACABA DE LER E INTERPRETALO. A VERDADE É QUE NON ESTIVO MAL, COMO DIXEN A MIÑA OPINIÓN FINAL É BOA.
Comentario por Lucía Varela Relegiel 1º BAC H (24-11-2008 11:24)
8 O CLUB DA CALCETA DE MARÍA REIMÓNDEZ, XERAIS.
PARECEUME UN LIBRO MOI INTERESANTE POLO TEMA QUE TRATA, O MACHISMO E COMO O VIVE CADA UNHA DAS PERSONAXES NO SEU DÍA A DÍA. XA TIÑA VISTO A OBRA DE TEATRO PERO TIÑA CURIOSIDADE POR COÑECER A VERSIÓN ORIXINAL, E NON ME DECEPCIONOU.
A PERSONAXE QUE MÁIS ME GUSTOU FOI ANXOS, UNHA INCONFORMISTA COMO DEBERÍ#blgtk08#AMOS DE SELO TÓDALAS MULLERES. GUSTOUME POLA SÚA FORTALEZA, POLA SÚA DECISIÓN E POLA SÚA ACTITUDE LIBERAL. GUSTAR GUSTÁRONME TODAS PERO ELA A QUE MÁIS. EN FIN, QUE ESTA SERÍA, AO MEU PARECER, UNHA LECTURA OBRIGATORIA PARA TÓDALAS MULLERES PARA QUE SE CONCIENCIEN E PARA TÓDOLOS HOMES PARA QUE SE PREPAREN PARA O CAMBIO PORQUE AÍNDA HAI MOITO QUE CAMBIAR.
Comentario por Lucía Varela Relegiel 1º BAC H (24-11-2008 11:24)
9 O XARDÍN DAS PEDRAS FLOTANTES DE M. LOURENZO GONZÁLEZ, XERAIS.
PODO DICIR QUE ESTE LIBRO AO PRIMEIRO ME PARECEU UN TANTO RARO E CON ISO REFÍROME ÁS ACTITUDES DAS PERSONAXES, ENTRE FANTASIOSAS E MACHISTAS, PERO AGORA QUE XA O ACABEI ENTENDINO MELLOR. ENTENDÍN QUE ESE PUNTO FANTASIOSO, APORTADO POR ANABEL, ERA A SÚA MANEIRA DE DAR UNHA EXPLICACIÓN A REALIDADE XA QUE NINGUÉN MÁIS O FACÍA. POR ISO PENSO QUE ELA E SIMÓN ENCAIXAN BEN. TANTO O UN COMA A OUTRA INTENTAN EXPLICAR O PORQUE DOS FEITOS. XA SEXA POR MEDIO DA TEORÍA DAS CAUSAS CAUSANTES E DUN DESTINO MARCADO UO BEN POR MEDIO DE ACONTECEMENTOS MÁXICOS RELACIONADOS CON MEIGAS, CONXUROS E APÓCEMAS. TAMÉN ENTENDÍN QUE O PUNTO MACHISTA É #blgtk08#DEBIDO Á ÉPOCA EN QUE ESTÁ AMBIENTADO O LIBRO E QUE O AUTOR NON PODE CAMBIALO XA QUE SE TEN QUE CINGUIR Ó CONTEXTO. A VERDADE É QUE ME GUSTOU MOITO A HISTORIA E A FORMA DE NARRAR DO AUTOR. AÍNDA QUE O PROTAGONISTA ESTIVESE CONSTANTEMENTE A CUESTIONARSE SE AS COUSAS LLE OCORRERAN REALMENTE, A MIN GUSTOUME E CREO QUE A SÚA HISTORIA CON ANABEL SI FOI VERDADE E SE NON O FOI A MIN GUSTARÍAME SEGUIR PENSANDO QUE SI. O MÁIS BONITO FOI O FINAL XA QUE DESPOIS DE TODO SIMÓN ACADA TÓDALAS SÚAS METAS: RECUPÉRASE, CONSEGUE QUE NADA MENOS QUE UN REISEÑOR SE LLE POUSE NAS MANS, ESTUDA UNHA CARREIRA, PLANEA UN BO FUTURO LABORAL E ACABA SAÍNDO CON LAURA, O SEU PRIMEIRO E CON TODA SEGURIDADE REAL AMOR.
Comentario por Lucía Varela Relegiel 1ºBAC H (09-01-2009 11:23)
10 VELENO TINTO DE RAMÓN CARREDANO COBAS, XERAIS.
ESTE LIBRO RESULTOUME BASTANTE GRACIOSO XA QUE PASEI UNHA TARDE AGRADABLE MENTRES O LÍA, NON É QUE ME PAREZA GRACIOSO O FEITO DE QUE OCORRA UN ASASINATO SENÓN A MANEIRA DE ACTUAR DE FREY SAMUEL. A VERDADE É QUE DESPOIS DE TODO O Q#blgtk08#UE LLE FIXO A PETRA MERECÍA ACABAR ASÍ, FOI UN FINAL BASTANTE CÓMICO. O MÁIS SORPRENDENTE FOI A SÚA MANEIRA DE INVESTIGAR O CRIME E DE ATOPAR O CULPABLE, DEMOSTROU MOITA EFICACIA POLA SÚA PARTE. PERO SEN DÚBIDA FOI O FINAL O QUE MÁIS ME GUSTOU. FOI UNHA LECTURA MOI SIMPÁTICA.
Comentario por Lucía Varela Relegiel 1º BAC H (26-01-2009 10:32)
11 PODEROSA DE SÉRGIO KLEIN, XERAIS.
NON SEI QUE DICIR DESTE LIBRO. PARA PASAR O TEMPO ESTÁ BEN PERO CREO QUE É UNHA LECTURA MÁIS APROPIADA PARA ADOLESCENTES DE TRECE OU CATORCE ANOS. A VERDADE É QUE A VISIÓN QUE TEN DO MUNDO A PROTAGONISTA É BASTANTE INFANTIL, COMO TAMÉN O SON AS SÚAS REACCIÓNS E A MANEIRA DE RESOLVER AS COUSAS, SEMPRE POLO CAMIÑO FÁCIL. AÍNDA ASÍ PÓDESE APRECIAR COMO VAI MADURANDO PROGRESIVAMENTE MENTRES DESCOBRE OS SEUS PODERES E SE DÁ CONTA DAS CONSECUENCIAS QUE OS SEUS DESEXOS PODEN DESENCAD#blgtk08#EAR. NA MIÑA OPINIÓN O FEITO DE QUE A PROTAGONISTA TEÑA ESES PODERES É MÁIS UNHA METÁFORA QUE UNHA ATRIBUCIÓN DO PROPIO AUTOR, CREO QUE INTENTA DEMOSTRAR O QUE PODE OCORRER CANDO ACTUAMOS SEN PENSAR, GUIADOS POR IMPULSOS.
MENOS MAL QUE XOANA DALVA SE DÁ CONTA DAS CONSECUENCIAS DOS SEUS ACTOS ANTES DE CAMBIAR O MUNDO POR COMPLETO. ESTÁ CLARO QUE NON PODEMOS CAMBIAR A HISTORIA COMO FIXO ELA CON XOANA DE ARCO PERO TAMPOUCO PODEMOS ASEGURAR QUE O QUE SEMPRE TIVEMOS POR VERDADEIRO O SEXA REALMENTE.

Comentario por Lucía Varela Relegiel 1º BAC H (26-01-2009 10:33)
12 MADE IN GALIZA DE SÉCHU SENDE, XERAIS.
ESTE LIBRO É MOI INTERESANTE E O PRIMEIRO QUE VOU FACER É RECOMENDARLLO A TÓDOLOS RAPACES E RAPAZAS. NON SEI PORQUE NON O LIN ANTES. GUSTARONME TÓDALAS HISTORIAS PERO A QUE MÁIS FOI A DOS PEXEGOS COAS NOTAS DENTRO. É UNHA FORMA DE COÑE#blgtk08#CERSE MOI ORIXINAL. A PRIMEIRA HISTORIA DA NENA QUE ÍA BOTARSE A FALAR TAMÉN ME GUSTOU. A VERDADE É QUE TODAS REFLICTEN MOI BEN O QUE OCORRE NA SOCIEDADE GALEGA LINGÜÍSTICAMENTE FALANDO. TODOS DEBERÍAMOS LELO PARA CONCIENCIARNOS DA SITUACIÓN NA QUE SE ATOPA O NOSO IDIOMA.
Comentario por Lucía Varela Relegiel 1º BAC H (06-02-2009 11:18)
13 Berlín de María Lado.
Ao principio non entendía o relato e creo que sigo sen entendelo moi ben. Do que me puiden dar conta cando o lin e de que está dedicado a alguén que a #blgtk08#autora quere xa que está escrito con moito amor.
Fala de lugares de encontro para dous amantes e da preparación previa a eses encontros. A parte que máis me gusta é a tres.
Comentario por Lucía Varela Relegiel 1º BAC H (16-02-2009 11:17)
14 Manual da destrución.
Non me identifico moito con este xénero pero gustoume bastante este manual porque penso que é moi acertado para a#blgtk08# sociedade actual e di moitas verdades coas cales estou de acordo. Sobre todo se se critica os problemas e inxustizas do mundo en que vivimos.
Comentario por Lucía Varela Relegiel 1º BAC H (16-02-2009 11:18)
15 Que bonita maneira de dar testemuño da formación litararia propia.
Fixéchesme le#blgtk08#mbrar cando me "mandaron" ler Mecanoscrito da segunda orixe. Que impresión me causara!
Comentario por Al Barda (09-05-2013 22:42)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0