PINGA LECTOR


O QUE PENSAN, DO QUE LEN, OS MOZOS E MOZAS

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

INICIO ACTIVIDADES
INICIAMOS AS ACTIVIDADES NO CLUB DE LECTORES DO IES A PINGUELA, DIRIXIDO POR MARÍA XOSÉ VIDAL E XOSÉ M.EYRÉ, ESTÁ INTEGRADO POR 26 ALUMNOS (DE 3ºA, 3ºB e 4º ESO). A PARTIR DE AGORA, PODEDES DEIXAR AQUÍ OS VOSOS COMENTARIOS. SODES TOTALMENTE LIBRES DE OPINAR COMO QUEIRADES, PROCURADE SER XUSTOS E NON ESQUEZADES INDICAR TÍTULO, AUTOR, EDITORIAL E ASINAR O COMENTARIO CO VOSO NOME E CURSO.

OS TRES PRIMEIROS TÍTULOS SON:

AS MAND DO MEDO (XOSÉ MIRANDA)
PEL DE LOBO (XOSÉ MIRANDA)
AIRE NEGRO (AGUSTÍN FDEZ PAZ)
Comentarios (31) - Categoría: o medo - Publicado o 11-12-2007 11:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
31 Comentario(s)
1 O que lin de momento deste libro gustoume bastante, gústame a forma na que esta narrado e a súa trama pare#blgtk08#ce interesante, pero para poder opinar seriamente terei que rematalo.

Isto é unha practica.
Comentario por David Penas 3º (11-12-2007 15:14)
2 Polo momento non puiden ler moito. SEn embargo xa tiven o pracer de ler outro libro do autor, e a súa escritura paréceme excelent#blgtk08#e.
Sen embargo lin a contraportada e paréceme moi interesante, ademáis de que paréceme que o título resulta moi chamativo.
Comentario por Sabrina Rodríguez 3º (11-12-2007 15:14)
3 O libro que comentei foi "P#blgtk08#el de Lobo" de Xosé Miranda
Comentario por Sabrina (11-12-2007 15:15)
4 No outro comentario non puxen cal era o libr#blgtk08#o
Aire Negro de Agustín Fernandez Paz
Comentario por David Penas 3º (11-12-2007 15:15)
5 O libro que comentei foi "P#blgtk08#el de Lobo" de Xosé Miranda
Comentario por Sabrina (11-12-2007 15:16)
6 No outro comentario non puxen cal era o libr#blgtk08#o
Aire Negro de Agustín Fernandez Paz
Comentario por David Penas 3º (11-12-2007 15:17)
7 Aire negro Agustín Fernandez Paz. Eu estoume a reler este libro de trama tan intresante e cun final un pouco esperado,foi un libro que me fixo interesarme pola psiquiatría #blgtk08#e dende logo inspiroume para leer o libro de Arnoia Arnoia.Gustoume moito o medo que che mete no corpo as veces cando a rapaza conta a súa experiencia con ese extraño ser.
Comentario por ariadna lópez 3º b (13-12-2007 16:45)
8 O RELATO QUE MÁIS ME GUSTOU DO LIBRO AS MANS DO MEDO DE XOSÉ MIRANDA FO#blgtk08#I A CADEIRA E A NEVE PORQUE É INQUIETANTE E DEIXA UN FINAL INTRIGANTE
Comentario por Lucía Varela Relegiel 4º ESO (18-12-2007 09:59)
9 Pel de lobo de Xosé Miranda. Editorial: Xerais.

Pareceme moi intrigante a forma na que o autor xoga cas personalidades das duas irmáns facéndoas co#blgtk08#mplementarias unha da outra.
Tal vez o que máis "medo" me deu foi cando o narrador da historia se atopaba nun lugar no que descubriua a tenebrosa verdade.
Comentario por Sandra Campos 4º ESO (18-12-2007 10:05)
10 O DIARIO VERMELLO DE CARLOTA. GUSTOME MOITO PORQUE NO VERÁN LERA O DIARIO VERMELLO DE FLANAGAN E COMO ESAS DÚAS PERSONAXES TEÑEN UNHA RELACIÓN O QUE MÁIS GUSTA E VELO DENDE OS DOUS PUNTOS DE VISTA, O DUNHA MULLER E#blgtk08# O DUN HOME. O TEMA DA SEXUALIDADE HAINO QUE TRATAR DENDE AS DÚAS PERSPECTIVAS. ADEMAIS É INTERESANTE SOBRE TODO PARA OS ADOLESCENTES QUE AS VECES PENSAMOS QUE XA O SABEMOS TODO CANDO AÍNDA TEMOS MOITAS DÚBIDAS.
Comentario por Lucía Varela Relegiel 4º ESO (19-12-2007 09:05)
11 SER OU NON DE XURXO BORRAZÁS. GUSTOUME A MANEIRA DE COMPAXINAR A HISTO#blgtk08#RIA DO ESCRITOR COA DO XURADO E O FINAL DE REFLEXIÓN DO PROTAGONISTA.
Comentario por Lucía Varela Relegiel 4º ESO (19-12-2007 09:05)
12 O QUE É A VIDA DE M. LOURENZO GONZÁLEZ. AGRADOUME MOITO O FIANAL ABERTO NO QUE SE PODÍA ESCOLLER #blgtk08#A POSIBILIDADE DO FINAL FELIZ OU DO FINAL TAL VEZ MÁIS REALISTA. DE AÍ O TÍTULO.

Comentario por Lucía Varela Relegiel 4º ESO (19-12-2007 09:05)
13 ACOMPÁÑOO NO SENTIMENTO DE J. A. XESTEIRA. SON RELATOS CURTOS #blgtk08#QUE TRATAN UN TEMA INTERESANTE QUE SEMPRE CAUSOU CURIOSIDADE.
Comentario por Lucía Varela Relegiel 4º ESO (19-12-2007 09:06)
14 UNHA ROSA É UNHA ROSA DE SUSO DE TORO. É UNHA COMEDIA MOI ENTRETIDA E MOI BEN ARTELLADA#blgtk08#. O QUE MÁIS ME GUSTOU ERAN AS BROMAS DA TÍA ROSA DENDE A ULTRATUMBA E A VINGANZA FINAL.
Comentario por Lucía Varela Relegiel 4º ESO (19-12-2007 09:06)
15 ANAGNÓRISE DE Mª VICTORIA MORENO. É UNHA HISTORIA MOI BEN NARRADA E MANTÉN O FÍO ATA O FINAL. CANDA O PROTAGONISTA O#blgtk08# LECTOR TAMÉN APRENDE. PÓDESE TIRAR UNHA BOA ENSINANZA: FUXIR DOS PROBLEMAS NON FAI QUE DESAPAREZAN. UN BO CONSELLO
Comentario por Lucía Varela Relegiel 4º ESO (19-12-2007 09:06)
16 ¿SOBREVIVES? DE FINA CASALDERREY. O TÍTULO ACAELLE MOI BEN, GUSTOUME BASTANTE. REFLEXA MOI BEN #blgtk08#A SOCIEDADE ACTUAL, XA QUE MOSTRA O AFÁN POR SOBREVIVIR ENTRE TANTA CRUELDADE.

Comentario por Lucía Varela Relegiel 4º ESO (19-12-2007 09:06)
17
¡ASÚSTATE MERCHE! DE FINA CASALDERREY. TEN UNHA BOA TRAMA. A NAI NON QUERE QUE A FILLA COMETA OS SEUS MESMOS ERROS E ISO CONVÉRTEA NUNHA PERSOA DEMASIADO DE#blgtk08#SCONFIADA E FAI QUE SE CERRE MOITO O AMOR SEN TELO DESCUBERTO AÍNDA. PERO COMA TODOS AURIA SEGUIU O SEU CAMIÑO E APRENDEU DOS ERROS QUE ELA MESMA COMETERA.
Comentario por Lucía Varela Relegiel 4º ESO (19-12-2007 09:07)
18 NOITE DE VORACES SOMBRAS DE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ. GUSTOME O DE QUE ATOPARA O ANEL O FINAL, FOI MOI SIMBÓLICO. TMÉN ME GUSTOU O TEMA DA PRESENCIA, O#blgtk08# MISTERIO ATRÁEME BASTANTE, E TAMÉN O DE DESCUBRIR COUSAS OCORRIDAS FAI ANOS E COMO REVIVIR A HISTORIA COMA SE TI MESMO FOSES O PROTAGONISTA.
Comentario por Lucía Varela Relegiel 4º ESO (19-12-2007 09:07)
19 [Aire Negro]. Agustín Fernández Paz
Cun final de algún xeito ?esperado? este libro produciume por momentos medo e intriga. Relata e describe moi ben as sensacións da rapaza, dalgún xeito o lector participa nesas sensacións tamén. En canto ao límite entre a realidade e as cousas que son producto da nosa imaxinación,#blgtk08# o pensamento realista xoganos unha mala pasada ante feitos que non queremos crer, como ben di o libro. Agustín Fernández Paz presenta; as lendas e historias que se poden escoitar en calquera pobo de Galiza, as típicas que che contan as avoas e ti non cres, como algo moi real e que nunca pensamos nelas como tales.
Comentario por *NataLia Boo* (20-12-2007 22:40)
20 O que e a vida. M. Lourenzo Gonzalez. Editorial: Xerais.

Neste libro hai unha parte real e outra fantastica, #blgtk08#relatando sempre cousas da vida e da ficcion. Contando sempre o que lle pasa o protagonista e o que lle gustaria que pasase.
Comentario por Sandra Campos (22-12-2007 20:44)
21 Todo a cen. Jaureguizar. Editorial: Xerais.

Nesta historia conta como un drogodependente xoga co pouco que ten por conseguir algo para calmar o mo#blgtk08#no. En certo modo non valorou a amistade nin o amor. Esta consumido, e o titulo debese a que rouba nun todo a cen e a sua vida e asi de barata e ademais rapida.
Comentario por Sandra Campos (22-12-2007 20:47)
22 Aire Negro. Agustín Fernández Paz. Editorial Xerais.

Cal das dúas situacións de medo produciuche máis inquedanza?

Nesta pregunta non dubido ó responder. O que de verdade me produciu inquedanza no libro foi o terror psicolóxico o que está sometida Laura, aferrándose ao seu nome desesperadamente ata que comeza a recordar #blgtk08#unha historia que parece tan lonxana onde a realidade e a suxestión mestúranse. A besta non me deu nada de medo.Ademais, ó final creo que sería moito mellor que a suposta besta non existise xa que un trauma psícoloxico e a suxestión de saberse perseguido dan moito máis medo, polo menos para min, que espertar dunha aterradora cratura sobrenatural.
Comentario por Lucía Casas Quiroga 3º B (21-01-2008 16:32)
23 O novo diario dun xove maniático.

Na túa opinión,cales son os asuntos máis importantes do libro?

O libro fala de temas moi importantes como o tabaco,as drogas e as relacións sexuais.
Na miña opinión son os temas máis importantes porque eses tres temas pasan na vida real.
O tabaco é moi frecuente nos adolescentes e as drogas tamén o poden ser aunque con menos frecuencia.
Otabaco pode provocar #blgtk08#cancro de pulmóns e podes chegar a morrer.Coas drogas tamén podes morrer porque unha vez que as probas eu creo que xa non saes delas.
As enfermidades das relacións sexuais das que fala o libro tamén poden pasar na vida real e está ben ler este libro porque por unha parte nos acosella dos problemas que pasan a cotío.Coas relacións sexuais podes coller enfermidades como o sida que non ten curación.
Non arruines a túa vida,sé san.
Comentario por Noelia _Hernández Campos 3ºB (21-01-2008 18:08)
24 Título: Pel de lobo
Autor: Xosé Miranda
Editorial: Xerais

Pel de lobo, foi un libro que se me fixo moi ameno de ler. Ó ser curto, quizais, e axudado polo feito de que a historia é entretida, fai que a lectura sexa lixeira e divertida. Ademais, a maneira de relatar de Xosé Miranda, que resulta moi boa, fai máis ameno no acto de lectura.
Tocando a trama, debo poñer como fallo, que me resultou bastante previsible. A identidade das dúas bestas [que resultaron ser as dúas irmás], foi demasiado claro dende o principio.
Aínda así, gustoume a maneira de xogar coas personalidades das dú#blgtk08#as irmás, que de algunha maneira rematan complementándose. A dúbida que se instala no corazón do protagonista por elixir entre as dúas mozas, decantándose finalmente polo doce carácter da moza máis apracible, xa que quizais, a outra irmá rematase sendo demasiado indómita para unha vida normal ó lado de un humano.
E a interpretación das persoas que rodean eses espeluznantes feitos realizouse con mestría, mostrando perfectamente os medos populares que sempre padeceu a xente con respecto o maxestoso lobo.
Resumindo, un bo libro para pasar un agradábel rato, pero que non permanece demasiado tempo na memoria.
Comentario por Sabrina Rodríguez (22-01-2008 15:08)
25 Aire negro
Editorial: Xerais
Autor: Agustín Fernández Paz

Por que crees que o libro ten este título?

A verdade e que non podo relacionar de moitas formas o título do libro co seu contido. Quizás ten que ver co motivo de que#blgtk08# Laura sempre vía a "A Gran Besta" como unha sombra negra. Tamén se pode relacionar co feito do olor fétido que despedía.
Outras cousas que se me ocorreron teñen que ver coa escuridade presente no libro, ou co que Laura vía na súa mente cando no tiña memoria.
Comentario por David Penas 3º (01-02-2008 19:18)
26 título: Aire negro
Editorial: Xerais
Autor: Agustín Fernández Paz

Cales son as portas ao inferno?
Respecto ao libro, depende dende que persoa estés vendo ese inferno, ao igual ocorre coa vida mesma.

Para Laura, a porta ao inferno empezou cando encontrou a casa do seu exprofesor e se decidíu a pasar elí un tempo.

Para o Doutor Montes, a porta foi o f#blgtk08#eito de ir a ese psiquiátrico e ter como pacente a Laura e todo o que eso levou a cabo.

Outras persoas poden ver unha porta ao inferno esa coba da cal, supostamente, saía o mounstro.


Unha porta ao inferno é todo aquela acción ou acto que nos leva a pasar unha tempada horrorosa, ou pode que toda unha vida a partir de ese momento. Polo cal, a porta ao inferno depende da persoa.
Comentario por Andrea Díaz Amor (29-02-2008 21:37)
27 #blgtk08#
Comentario por (01-03-2008 10:13)
28 Título: Pel de lobo
Autor: Xosé Miranda
Editorial: Xerais

-Opinión do libro-
O libro resultoume moi ameno,creo que é moi fácil de leer e Xosé Miranda relata moi ben a historia. A trama argumental gustoume e chega #blgtk08#a producir intriga ou medo no lector. A historia foi do meu agrado, únicamente pódolle poñer unha pega: o evidente que eran as verdadeiras identidades dos lobos. Ademáis o escritor visitounos ao instituto e aclarounos as dubidas que puidéramos ter.
Comentario por Brandán Cerviño 3ºB (02-04-2008 17:35)
29 Pois o meu comentario é do libro "Aire negro",este é un libro que trata unha historia triste e de medo, pero ó mesmo tempo cargada de moito amor. Neste libro fálase moito do inferno e das súas portas... Sempre se dixo que o inferno se atopaba baixo a terra, debaixo de nós... Aquí dise que as portas do inferno se atopan dentro dunha cova oscura e fría, e que a porta é un gran oco que hai no chan e que ten centos de quilómetros de profundidade... Dende o máis fondo deste buraco pódense escoitar os fortes ronquidos e o gran fedor dunha inmensa besta, un gran monstruo, feroz e noxento...pero sobre todo perigoso e capaz de todo.#blgtk08#.. como o que lle sucede a Laura nesta historia cando baixo unha forte tormenta aparece esa criatura grande e onde se podían distinguir moi ben uns ollos ensanguentados e cheos de maldade... Ó longo da historia podíase descubrir que non só existía unha porta, ou... senon... de onde saía o cheirume e os ronquidos ... e incluso a criatura... que se podían cheirar, oír e ver despois de que Carlos taponase a entrada da cova con pedras?

O libro sinceramente gustome moito, é un libro que engancha e que unha vez que comezas a lelo... xa che costa parar... é un libro moi bon e que narra unha fantástica aventura...
Comentario por Tamara Álvarez Pedreira 4º ESO (16-05-2008 18:01)
30 Sobre preguntas como:

-Cal foi a revelación que máis che sorprendeu do libro de "O lume de Santo Antón"?

Pois o verdadeiro significado do lume de Santo Antón. Comecéi o libro coa idea de ler un relato histórico, con algún incendio de grande importancia nun lugar chamado Santo Antón... para sorprenderme de boa maneira, descubrindo que en realidad, é unha enfermidade.
Sorprendeume moito, non mo esperaba.


-Cal foi o personaxe do Hobbit que máis me chamou a atención?

Gandalf. Porque me sorprendeu moito. E non sempre de boa maneira. Quero#blgtk08# dicir... eu xa coñecía a Gandalf, de oídas ou pola película, e podería comentar que tiña unha imaxe mental xa creada. Dicir que o Gandalf que atopei no libro, no é o que eu coñecía. Imaxinábao como ese clásico sabio de barba branca, amable, tranquilo e sempre prestando a súa axuda os máis novos con algún consello... Pois diría que Gandal é en realidad un pouco máis chapuceiro, por expresalo de algunha maneira. Os seus supostos amigos están en problemas, pero el vai o seu ritmo, deixando que corran perigo. Hai momento nos que penso que o fai todo para el, para pasalo ben... e que aos demáis os parta o raio.
Comentario por Sabrina Rodríguez (24-06-2008 00:34)
31 Chegas moi tarde Laura, a a#blgtk08#valiación de Xuño foi onte
Comentario por xmeyre (24-06-2008 11:33)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0