|
|
|
|
O enigma dos nove sepulcros |
|
Espazo para deixardes as vosas opinións sobre esta novela de María Acosta |
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
O ENIGMA DOS NOVE SEPULCROS / ALICIA NO PAIS DAS MARABILLAS.
(SEMELLANZAS E DIFERENZAS).
Unha vez lido o libro de O Enigma dos Nove Sepulcros e buscado información sobre Alicia no Pais das Marabillas penso que son dous libros que asemellan bastante na sua forma de desenrolo.
Ambo-los dous contos comezan a súa historia con cadanseus personaxes correspondentes da mesma forma, introducíndose en mundos diferentes ; Sen Nome entra no novo mundo a través dun sumidoiro e Alicia mediante escuro oco feito nunha árbore.
Dende este intre, ambas historias convírtense nun ir e devir de personaxes fantasiosos, seres inanimados que cobran vida, un continuo cambio de escenarios, unha sucesión progresiva de xogos, adiviñas e enigmas onde os dous protagonistas de ca#blgtk08#da conto demostran o seu inxenio e sua maneira de comprende-lo mundo.
Un conglomerado de accións onde a ficción e a realidade van unidas; na novela galega aparecen constantemente referencias a Galiza, a acción empeza e remata na Coruña, os escenarios e fotografías descritas pola autora son semellantes os do noso País e hai referencias a zonas xeográficas nosas (Costa da Morte, Ribeira Sacra, ?). A novela inglesa está baseada nunha crítica sobre a educación e a política inglesa.
Podemos dicir que as historias desenvólvense da mesma maneira: ambas personaxes teñen que seguir un camiño, a meta é resolver o Enigma no caso da novela de Maria Acosta. ( Se ben o conto de Alicia non teña un fin por descubrir claramente especificado. )
Hadrián Cortiñas González 4B
|
|
|
Comentario por Hadrián Cortiñas (10-11-2013 20:15) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|