PINGA LECTOR


O QUE PENSAN, DO QUE LEN, OS MOZOS E MOZAS

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O país adormecido
A primeira das actividades en que participaron os alumnos do Club de Lectura tivo como centro O país adormentado. Con este motivo visitounos o autor, que fixo as delicias dos lectores e dos que quedaron rabeando por ler a novela.
Velaquí o cuestionario que cumprimentaron os alumnos despois da lectura:
PARA ANTES DE QUE OS ALUMNOS COMECEN A LECTURA de O PAÍS ADORMENTADO.

REALÍZASE COMA UN ENQUISA

1)Atrás quedaba un mundo que durmía e durmía sen parar pagando con desprezo a quen o quixera espertar ( Pax. 7)

Imaxina que o autor non está escribindo sobre algo ficticio senón real. Que tipo de país sería?

A) un país activo, atento ás anovacións e novidades

B)un país que non se decata de nada, que todo lle dá igual

C) un país chamado Pikolín

Se a respota foi A) Esperta rapaz: imaxina e igual atopas a verdade

Se a resposta foi C)Tes humor, non hai dúbida, un humor que che oculta todo o resto

Se a resposta foi B) Parabéns, só quen imaxina se achega ás verdades máis ocultas, que poden estar diante dos nosos ollos mais só as veremos se os mantemos abertos

2)A protagonista central chámase Aurora. Porque cres que terá ese nome?

A)porque llo puxeron os pais

B) é un nome coma outro calquera

C) porque significa comezo dun novo día, de algo diferente

PARA DESPOIS DA LECTURA OU PARA ACOMPAÑAT A LECTURA. SALVO QUE SE ESPECIFIQUE OUTRA COUSA, AS RESPOSTAS PODEN SER ORAIS OU ESCRITAS.

3)Xa se ve nos teus ollo de mirada gris que se vai perdendo a inxenuidade inútil para se virar en decisión e seguranza (8)

Porque é malo ser inxenuo?

Porque é bon ser decidido e estar seguro?

4)Estás no tempo en que xa os pensamentos se enganchan uns nos outros para formar ideas (8)

Pode pensar alguén que está durmido?

5)As xentes que habitaban aqueles lugares vivían de vender neve nas vilas das chairas. Aquilo era máis que suficiente para ter unha vida feliz; a neve era moi desexada e vendÍase moi ben; ben administrada daría para que vivisen dela xeracións e xeracións de fillos daquelas terras. Pero pouco a pouco a xente comezou a querer vender máis e máis neve de cada vez. Viñan homes doutros lugares a mercar a nosa neve para despois revendela eles. Comezaron a venderlles neve ás chairas de máis aló dos confíns de Glearim. A neve para vender era cada vez máis escasa, xa a apañaban antes de deixala caer ao chan e callar. Cortaron as árbores para que as pólas non retivesen nin unha folerpa. O caso é que cada vez nevaba menos. Xa só nevaba algo por riba das nosas aldeas, nos cumios inaccesÍÍbeis dos Montes Nivosos. Cada vez os invernos eran menos fríos e máis curtos e as primaveras e veráns máis quentes e longos. A neve da cima derretías e e baixaba en regatos polas aldeas. (29)

Que se critica neste texto?

Que estilo de vida corresponde á descrición do texto?

6) -Pero desde aquel a -continuou-, xurdiu unha nova circunstancia. Hai un home, un vello moi sabio, e pensamos que sabe o rumbo que He debemos dar a esta loita. Para chegar a esa persoa é preciso saber o seu nome e nós non o coñecemos

-Xa sabemos que os protagonistas van na procura dun novo amencer, dun espertar. Coñeces algo na literatura galega que fale de ?espertar do sono??

-Aquí reivindícase a importancia de algo, de que?

7) Precisamos que a xente vexa necesidade de vivir (42)

- Vivir: ollos abertos / Morrer: ollos pechados, durmir É lóxico isto? Razoa a resposta

-A teu ver, cal é a noticia máis importante dos últimos días? Razoa a resposta.

8) Só serán libres cando eles, de por si, decidan agarrar o vieiro da vida.Cando, sabendo que o camiño da vida remata na morte, queiran emprender a viaxe. (52)

-Comenta isto á luz do visto en 6)

9) Nada está escrito sobre o destino dos pobos (?) Cada un ten que labrar o seu futuro. Ningún pobo precisa que lle escriban o destino, nin sequera a historia (54)

-Cres que outros poden estar escribindo a historia que facemos coa nosa vida, e mentir no que escriben?

-Que destino pode ter un pobo adormentado?

10) Non me preocupa quen mandará senón a loita que imos emprender, que cada quen sexa o capitán alí onde máis o escoiten (57)

-Como cualificarías a persoa que dixo isto?

11)?se atopa ese libro e o destrúe, o esquecemento xa será para sempre, e entón Glearim irá para onde a leven porque xa non se atopará no medio dun camiño que vén de algures, senón no inicio dun camiño que non lle importa a onde conduce porque tampouco sabe de onde vén (60)

-Que simboliza ese libro? Que simbolizan os libros? Que importancia teñen para vida? Que importancia teñen para a liberdade?

12) Veña, érguete e non durmas máis. Xa chegou o día en que somos donos da nosa vida e imos vivila (66, a pausa do primeiro periodo non a hai no texto?e debería habela)

-Cando somos donos da nosa vida? Podemos non selo?

13) Aquilo non era unha vila durmida, era unha cidade morta. (70)

Comentario libre

14) -Creo. Tanto me ten morrer coma non vivir. Ademais mentres nós durmimos o rexedor e os seus fan o que lles peta sen que a ninguén pareza importarlle. Eu se non podo evitar que o fagan, polo menos quero ver o que fan. (72)

Comentario libre

15)?importancia de camiñar por dentro do buraco sen se arredar uns dos outros e seguindo sempre as luces vermellas, só as vermellas (81)

Non é casualidade que as luces sexan vermellas. Que simboliza esa color?

16) ?aínda despois da fuxida do gobernador (?) amosaban unha recalcitrante insistencia en convencer os habitantes da cidade de que seguisen a durmir, que en caso contrario poderían morrer en calquera intre, e mesmo lles dicían que nós eramos os portadores da morte mentres que eles lles ofrecían a vida para sempre (97)

Como cualificas a actitude de quen quere convencerte do que sabes que non é? Por exemplo, como cualificas a quen pretenda convencerte de que o ensino é mellor con aulas de 30-40 alumnos en lugar de 20?, como cualificas a quen queira convencerte de que o ensino é mellor con menos profesores e moitas veces non especializados materia que imparten?

17) ?loita corpo a corpo na que nós eramos máis valentes, porque loitabamos por nós e non estabamos arriscando a vida por defender a ninguén (122-123)

Comentario libre

18) É moito mellor morrer ca non vivir (125)

-Explícao. Como se pode non vivir estando vivo?

19) Valoración final da novela, que aprendiches?, como o aprendiches?


Comentarios (1) - Categoría: ANO 2012-13 - Publicado o 21-02-2013 18:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 1-B)un país que non se decata de nada, que todo lle dá igual)
2-C) porque significa comezo dun novo día, de algo diferente.
3-A)Porque te engañan fácilmente
B)Para non ter temor no que fagas.
4-si,aveces dubidas si estas soñando ou é realidade o que che está acontecendo.
5-A) critica a actitud da xente de Glearin, que non sexa capaz de buscar outras alternativas ante isa situación.
B)A una vida monótona e sumisa.
6)A) Só coñezo, Branca Neves e os 7 ananitos, a bella dorminte...
B)A importancia da fé. A desesperación faite crer en cousas que descoñeces.
7)A)Perder o medo a morrer, significaba para eles non ter que durmir sempre, por eso peramanecer cos ollos abertos e vivir con liberdade.
B)Que tocou a lotería en Monforte, con isto a xente vivierá con menos apuroseconómicos.
8-Que si atopan o vello e pronuncian o seu nome, él guiaraos na sua liberación
9-A) Creo que nadie coñece suficientemente a nosa vida para escribir sobre ela.
B)Ningún, o domir resta vida, e si tés medo a morrer ainda peor.
10-Un auténtico líder, eran moitos os pobos que habían de liberar e il só podía liberar un grupo de xente.
11)Si atopaban tódalas copias dos libros descubrirían o segredo para liberar a Glearín do seu tormento.
12)Si, en ocasions perdemos o rumbo da nosa vida e non somos quen de guiala.
13)S#blgtk08#i, en realidade o temor a espertar por si morrían, convertiu a tódolos habitantes de Glearín en xente sen vida, sin ilusions...
14)Quere demostrar que e meior permanecer despertó para poder loitar contra as inxusticias, ainda que esto conleve ao risco de morrer.
15)Era un laberinto que case nadie lograra atopar a saida e as luces vermellas servían de referencia.
16) una acititude de ignorancia e de resignación, non querer ver a realidade para non ter que loitar contra as inxusticias.
17)Loitaban por un ideal, que era a sua liberdade, enton cando loitas por algo xusto falo con mais convencimento.
18)Pois ven a decir que ter que vivir sometido a un temor constante e meior morrer.
19)Penso que o que quere dar a entender esta novela e o valor de loitar polos teus direitos. A liberdade e un ben moi preciado e cando nos privan dela temos que facer o posibel por recuperala, e se o facemos unidos moito meior.


























































Comentario por DAMIAN MENDEZ ENRIQUEZ (25-01-2014 13:33)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0