PINGA LECTOR


O QUE PENSAN, DO QUE LEN, OS MOZOS E MOZAS

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Despois da medianoite
Espazo para as vosas opinións desta novela de Salma
Comentarios (1) - Categoría: Ano 2011-12 - Publicado o 23-02-2012 18:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 DESPOIS DA MEDIA NOITE
E UN CASOIRO BEN MAL AMAÑADO

Semellanzas e diferenzas

Despois da media noite : Conta na voz de Rabia, como se vive na India, e como ve ela esa vida, a súa vida e o seu futuro.
Nárranos as vidas das mulleres, que se teñen que dobregar ante os homes da casa, xa sexa o pai ou o marido.
Este libro nárranos como as mulleres viven nas casas, como se dividen as familia, as castas baixas e as altas, as celebracións e as festas, e como o paso de nena a muller se produce a moi corta idade e as mulleres que xa o son se teñen que quedar na casa, hasta casar nuns casoiros que son decididos polos pais e logo ter fillos e crialos.
Esta historia nárrase nun pobo da India, dónde se mostran as tradicións relixiosas, como o é o Ramadán, a vida nese pobo e a vida da familia de Rabia, que é una caste alta.
Nesta novela relátasenos o casoiro de Wahida, os preparatorios antes do casoiro, que este é idea do pai sin contar nin coa nai nin coa filla , e que normalmente estes casoiros celébranse entre membros da familia. Ela por suposto non quere casar, o seu marido é o fillo da súa tía (irmá do pai).
Esta non ten opción, todos a obrigan a casar e como a súa forza e tan pequena ten que casar. Ao casar ten que mudar de casa, vai para a casa dos sogros e vivir alí. Isto todo contado entre Rabia que ten o seu punto de vista infantil e tradicional pois ela sempre viviu con esas costumes e esta a favor do casoiro mentres que Wahida nos mostra o seu punto de vista, no que non está a favor pois ela non vivía na India antes.
Principalmente neste relato cóntasenos como as mulleres se teñen que dobregar ante os homes, teñen que facer todo baixo o consentimento dos homes e non poden negarse ante isto . Tamén nos mostra que os estudos son para os homes , xa que para as mulleres non lles sirve para nada.
Sempre nos mostra que as mulleres son inferiores aos homes, que esta relixión é así e non hai forma en que as mulleres poidan erradicar isto.
Aquí as mulleres e a liberdade non son compatibles, só poden gozar de ela os homes.

Un casoiro ben mal amañado: Neste relato cóntase a historia dende o punto de vista dun rapaz, Manjit (Manny) que tamén seus pais son da India pero tiveron que emigrar a Reino Unido, alí nace Manny e alí e dónde se cría.
Si que coñece a cultura da India polos pais pero el xa se sente máis inglés que puxabi (cultura da India) e sabe falar neste idioma pero sempre fala inglés.
Este xa ten a súa vida alí, ten moza que como é inglesa e non coma el pois ten que agochala e dicir os pais non se poden enterar e tamén ten amigos coma Adri que é o seu mellor amigo, pero que este como é negro os pais de Manny non lle gusta que el estea con Adrián.
Na casa trátano mo#blgtk08#i mal , golpéano para que según eles se converta nun verdadeiro home puxabi.
Tampouco queren que estude polo que hai uns anos deixou de estudar, os pais tamén se opoñían pos non entendía o sentido de estudar.
Como na outra novela tamén se lle organiza un casoiro, iso si ideado polo pai con una moza que tamén e da India e que o pai non lle deixa coñecer.
El négase e os pais lévano a India e déixano alí, neste viaxe coñecerá e poñerase en contacto coa India rural, coñecerá as costume do pobo e coñecerá a súa familia paterna, tamén se encontrará coa familia de caste inferior a súa familia e que por iso ten que traballar para a súa familia.
Alí encontraras eco seu tío Jag, este tamén é a ovella negra da familia, non quixo casar e por iso o expulsaron da familia.
Este demostraralle que nesta vida hai que loitar moi forte polo que se quere .Ten noiva en Australia e una filla, Mía, de tres aniños. Estudou aínda que se opuxeron e agora ten un bo traballo.
Tamén lle ensinara que se ten que abrir o mundo e labrar o seu futuro, estudar e intentar lograr o que sempre quixo custe o que custe.
Este axúdao a escapar de alí , e buscar a maneira así a vida que tanto quere. Por suposto no casa e por primeira vez vivirá súa vida como el quere, non como lle din os pais.
Este relato móstranos como Manny decide a súa liberdade antes ca súa familia, dáse de conta que el merécea como todos. Móstranos principalmente que somos nos quen decidimos o camiño das nosas vidas e que temos que loitar polo que se quere, por duro que sexa sempre estaremos nós mesmos antes ca familia, aínda que isto sexa duro merece a pena loitar pola liberdade e conseguilo.
Principal semellanza: ambas familias deciden as parexas aos fillos, sen importar a opinión destes, só queren que a familia continúe custe o que custe. Ambos casoiros non se desexan pos os propios protagonistas do casoiro(Wahida e Manny) non se criaron na India e tampouco están de acordo coa cultura do lugar, non lle parece normal que teñan que ser obrigados a casar con persoas que nin coñecen. Tamén as familias van contra os estudos parécelle que os estudos son a perda do tempo, é como si as familias non quixesen que estes avanzasen.

Principal diferenza: Manny decide a liberdade antes ca familia, pero Wahida quedará co seu home, criará o seu futuro fillo e será una muller inferior ao marido como debe ser, esta é a única opción de vida que ten. A principal diferenza e que Manny non casa e Wahida si.
Son diferentes novelas pero que teñen un mesmo punto de vista ante a cultura da India e tamén á hora en que os pais deciden polos fillos, pero un elixirá vivir a súa vida e a outra decidirá vivir a vida que lle fixeron para ela.

Dous mundos diferentes nos que modifican os pensamentos dos protagonistas.
Comentario por Sandra Piñeiro Pedreira (23-02-2012 20:57)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0