PINGA LECTOR


O QUE PENSAN, DO QUE LEN, OS MOZOS E MOZAS

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

INFANCIA E MOCIDADE NO SÉCULO XX A TRAVÉS DAS LECTURAS
A infancia e a adolescencia na Galiza urbana do século XX: Coruña, no remate do 1º terzo do século.

Máis alá dos habituais lugares recreativos que cada grupo de nenos tiña para ir xogar, na sociedade urbana do século XX un lugar moi concurrido era o cine, onde os nenos ían a ver as películas que se estreaban e onde tamén soñaban con ser actores ou actrices famosos. No caso do libro que eu lin, Memoria de cidades sen luz, o lugar escollido polos dous amigos era a praia onde interpretaban escenas da guerra troiana como se fose un xogo e o cine ao que adoitaban ir era o cine Savoy. As primeiras relacións do protagonista co sexo oposto comezan con María á que lle dá o primeiro bico. A intrusión da rapaza no seu mundo a parte na praia cambiouno todo, o protagonista non fai máis que pensar nela e querer falarlle. Tamén vemos que os seus primeiros encontros sexuais son pagando. Cando supera a etapa da adolescencia e chega á madurez a súa relación coas mulleres segue sendo de moita timidez. Ve a unha rapaza que lle gusta e dedícase a seguila ata que consegue falar con ela. Logo a relación convertese nun amor pasional e intenso. Despois de que fracase esta experiencia, vólvese máis retraído e as súas relacións son case inexistentes. Todo isto posiblemente influenciado polo trauma que lle causou presenciar a morte da súa familia con só cinco anos.
Intentando xeneralizar, pódese dicir que os xoves tímidos de posición acomodada comezan a relacionarse co sexo oposto na infancia mentres xogan e despois ocorren o primeiro bico e as primeiras experiencias sexuais que poden darse cunha amiga ou as máis das veces pagando. Posteriormente, conseguen ter relacións máis serias o cal pode derivar en matrimonio ou en fracaso. Se deriva en fracaso o máis habitual é que o individuo se retraia e se acabe namorando da súa mellor amiga, que o foi dende a infancia, pero sen que a súa relación vaia máis alá da amizade. Se deriva en matrimonio, o máis normal é que pasen toda a súa vida, deica a morte, xuntos.
Lucía Varela Relegiel
O tempo de ocio nos anos sesenta.

En Os bicos de Tina o autor fálanos da forma de vivir da mocidade desta época no campo, a través dunha historia que parece rescatar da súa propia infancia. Máis non fala só e simplemente dos seus recordos, senón que tamén nos deixa entrever o xeito no que a crecente clase social da época, os burgueses, que se asentaron na cidade e olvidaron a vida no pobo; non comprenden e mesmo critican a forma de vivir nos pobos, en contacto coa natureza e con tanta naturalidade.
A través de Tina e Daniel, xunto aos seus amigos, amósanos un grupo de rapaces que viven experiencias fóra da casa, no campo, nos montes, nos eidos dos camiños, indo cara a escola ou nas festas do pobo. Rapaces que, con inocencia, comezan a experimentar co seu propio corpo ou en parella; a sexualidade. Indo moito máis alá do que puidera estar ou non ben visto e facendo o que lles apetecía.
O feito de ir ós niños, acompaña-las vacas ó prado, ir ata a escola xuntosera unha ledicia para o s,mozos e mozas, un punto de encontro; ao igual que a vía de escape para as mulleres, un lugar no que falar entre elas das cousas que lles preocupaban, mesmo dos seus homes, era o lavadoiro.
Tina remata a escola e mándana á cidade, en busca de un futuro supostamente mellor, ao menos en canto ao económico. Como resultado vemos unha Tina cambiada, que xa non vai tanto á vila e á que agora lle importa emborcallarse no barr, unha Tina que fala o castelán e parece non lembrar nada da súa vida anterior.
Isto recórdanos algunhas actitudes provocadas pola emigración; como volvía algunha xente ao pobo, cando en realidade devecían por volver, por orgullo e por non avergoñarse mostrábanse máis distantes e describíanse en ,mellores situacións que ninguén.
Ao cabo do tempo a Tina volve, e volve namorada de todo de novo, do campo, da festa, da súa lingua, da xente..

Natalia Boo Vázquez
Os biosbardos son contos de Eduardo Blanco Amor centralizados na primeira metade do s. XX. Nestes contos fálanos un pouco da vida e historias que lle van ocorrendo a sete rapaces diferentes no período de camiño a adolescencia.
Nestes sete contos non nos fala moito dos métodos que empregaban os rapaces para ligar, excepto un deles, o último, no que o protagonista é un xoven de 17 anos que un día ve unha rapariga da cal se enamora. El pretende conquistala e para iso non fai outra cousa que seguila a todos os lados e pasar por diante dela ata mil veces, pero leva o fracaso de que os seus métodos non funcionan e esa moza, que era estranxeira marcha pronto en tren de volta a súa casa.
No libro hai outra historia a destacar que tamén fala un pouco disto, pero o tema principal é a pederastia. Trátase de un neno que vive na extrema pobreza e para gañar un pouco de alimento facíalle traballos a unha velliña panadeira, e ela, a cambio, dáballe pan duro de días atrás. Ata que un día a anciá comezou a sacar prendas de roupa e a decirlle ao neno: ?que si ráscame aquí?, ?que si tócame acolá?? O peor é cando comeza a tocarlle a el nas coxas. Realmente da noxo, é normal que o neno decida escapar e non volverlle a ver a cara xamais.
O resto das historias tratan de aventuras, a morte dalgunha persoa e sucesos extraños que ocorren? En realidade só hai unha historia relacionada co amor e para iso, remata mal.

Tamara Álvarez Pedreira
Comentarios (0) - Categoría: 2008-2009 - Publicado o 03-06-2009 13:27
# Ligazón permanente a este artigo
CLÁSICOS UNIVERSAIS
Iniciamos hoxe un ciclo que nos levará por algunhas desas lecturas que, escritas hai moito tempo, nunca morren.
Por se acaso tamén incluímos unha, máis recente, e que seguramente aínda moitos de vós non coñecedes
Escollede título nates do día 15 de maio. Aquí, xa sabedes.
Títulos:

A illa do tesouro, R.L. Stevenson
A chamada da selva, Jack London
A pantasma de Canterville, Oscar Wilde
Contos da 1000 e unha noites
Venres ou a vida salvaxe, Michel Tounier
Comentarios (5) - Categoría: 2008-2009 - Publicado o 11-05-2009 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
fin período de elección
A dái de hoxe queda rematado o período de escolla de lecturas
Comentarios (0) - Categoría: 2008-2009 - Publicado o 20-04-2009 12:03
# Ligazón permanente a este artigo
INFANCIA E MOCIDADE DO SÉCULO XX
O formativo é un aspecto da lectura que non queremos perder de vista. Con ese obxectivo, desde as próximas lecturas poderemos establecer un esquema da evolución da infancia e mocidade no século XX.
Escollede pois, entres estas lecturas
Villardevós, Silvio Santiago,Editorial Galaxia, sitúase temporalmente antes de 1936, fala dunha zona rural, léxico anterior a 1982
Memoria de cidades sen luz, Inma López Silva, novela na que se conta unha vida, temporalmente situase despois de 1928, fala dunha zona urbana. Iso é so unha parte da novela, claro, pero está esparexida por toda ela.
Memorias dun neno labrego, Neira Vilas, corresponde a un tempo que podemos situar xusto despois de 1936, os exemplares da biblioteca non están actualizados á normativa actual.
Os biosbardos, son contos de Blanco Amor, correspóndense cunha sociedade nas fronteira entre rural e urbana, valen para exemplificar a 1ª metade do s. XX.
Os bicos de Tina, novela actual, Afonso Eiré, A Nosa Terra, lembra a infancia e mocidade dos anos 60.
Fisteus era un mundo, de Lupe Gómez, A Nosa Terra, ilustra os anos 70
Escollede entres eses títulos. E deixade aquí a vosa elección
Comentarios (8) - Categoría: 2008-2009 - Publicado o 25-03-2009 12:58
# Ligazón permanente a este artigo
Retranca, 15
Deixade aquí os vosos comentarios da Retranca, número 15, procedemento igual que para o número 14
Comentarios (9) - Categoría: 2008-2009 - Publicado o 02-03-2009 12:22
# Ligazón permanente a este artigo
Retraca 14
Deixade aquí os vosos comentarios da Retranca (número 14; seleccionade o que máis graza vos fai, describídeo e indicade porque vos causou graza
Comentarios (2) - Categoría: 2008-2009 - Publicado o 02-03-2009 12:21
# Ligazón permanente a este artigo
Manual de destrucción
Espazo para deixardes as vosas opinión sobre o libro de Samuel L Paris
Comentarios (7) - Categoría: 2008-2009 - Publicado o 10-02-2009 12:34
# Ligazón permanente a este artigo
medrando
Neste curso incorpóranse ao Pinga Lector, alumnos de 2º e 3º ESO.
En 2ºA: Pablo Casas, Luís Llan, Manuel Álvarez Pedreira, Andrea Loureiro, Patricia López, Brais Verao, Iria Fuentes, Mishell Carolina Quito. En 2ºB; Cintia Carneiro, Ainhoa Pérez, Irimia Cerviño, Javier Pagazaurtundúa, Janira Seijas, Jesús Vilamañe, Hugo González, Diego Arias Pérez
De 3º: Patricia González, Jacob Saá, Nerea Enríquez, Iván Sánchez, Javier Méndez, Alberto Gómez Arias, Mercedes Illanes, Raquel Rodríguez.
É dicir, 24 alumnos novos, que xuntado aos 29 xa existentes di que somos 53!!!!!!
A organización do Pinga Lector vai sufrir modificacións. No que corresponde á sección de 4º e 1º bacharelato, a metodoloxía vai continuar como deica agora. En 2º e 3º ESO, coa coordinación de María Xosé Vidal, o método de traballo vai ser diferente. Sobre todo en 2º, onde non existirá lectura única, todas as lecturas serán diferentes, cada alumno escribirá un resumo e opinión da lectura, despois, a partir deses resumos, que deberán compartir entre eles na posta en común (todos coñecerán a opinión de todos) escollerán a segunda lectura, e así sucesivamente, unha vez por avaliación. Deste labor iremos informando puntualmente. Cabe a posibilidade de que os alumnos de 3º se incorporen ao Pinga Lector dos www, tamén.
ENGADIDO: dúas incorporación máis, desde 3º ESO; Leticia Sáez e Sarai Salgado tamén expresaron o seu desexo de unirse a nós.
Comentarios (0) - Categoría: 2008-2009 - Publicado o 05-11-2008 13:19
# Ligazón permanente a este artigo
Berlín, primeira parada
Iniciamos esta nova xeira cunha sesión de lectura conxunta. A obra escollida é Berlín, de María Lado. Lectura que efectuaremos desde a plataforma A Regueifa, no pdf que ofrece, á vez que escoitamos, na mesma voz da autora, o audiolibro correspondente.
Mentres non chegue algún tipo de axudas non temos un can e servirémonos o máis que poidamos de internet. Sabemos que se prometeron axudas. Pero a estas alturas do curso xa tememos moito. A estas alturas! Como vas programar actividades para un curso sen saber se poderás levalas adiante????
Comentarios (9) - Categoría: 2008-2009 - Publicado o 23-10-2008 12:15
# Ligazón permanente a este artigo
XA ESTAMOS AQUÍ DE NOVO
Temos o vezo. E imos seguir dando que falar. Cousa moi importante para o libro, para a lectura, a súa dimensión social.
Quen somos? Somos David, Noelia, Sara, Sabrina, Eva, Xabier, Adrián e Manuel (4ºB), con Xan, Brandán, Horacio, Ana, Andrea, Lucía, Ariadna, Silvia, Judith, Serxio e Tamara López (4º A), con Miriam, Natalia e Tamara (1º Bac. ciencias), con Sandra, Lucía (Varela), Artemia, Alba e Xesús (1º Bac. letras).
É dicir, 29 alumn@s de catro cursos. O coordinador será Xosé M. Eyré
E aínda estamos na teima de incorporar ao PINGA LECTOR aos alumn@s que queiran de 3º ESO, estes baixo a coordinación de María Xosé Vidal.

BENVIDOS A TODOS E BOAS LECTURAS
Comentarios (0) - Categoría: 2008-2009 - Publicado o 14-10-2008 14:33
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0