PINGA LECTOR


O QUE PENSAN, DO QUE LEN, OS MOZOS E MOZAS

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

MAKINARIA
Espazo para as vosas opinión deste libro de Carlos Negro
Comentarios (0) - Categoría: curso 2013-2014 - Publicado o 30-10-2013 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
Flor de area
Espazo para as vosas opinión sobr esta novela de Manuel Lourenzo González
Comentarios (0) - Categoría: curso 2013-2014 - Publicado o 29-10-2013 12:46
# Ligazón permanente a este artigo
Irmán do vento
Espazo para as vosas opinión sobre esta novela de Manuel Lourenzo González
Comentarios (0) - Categoría: curso 2013-2014 - Publicado o 29-10-2013 12:46
# Ligazón permanente a este artigo
Ártico
Espazo para as vosas opinión sobre este título de Xabier Queipo
Comentarios (0) - Categoría: ANO 2012-13 - Publicado o 29-10-2013 12:44
# Ligazón permanente a este artigo
O enigma dos nove sepulcros
Espazo para deixardes as vosas opinións sobre esta novela de María Acosta
Comentarios (1) - Categoría: LECTURAS SOBRE A LINGUA - Publicado o 28-10-2013 13:18
# Ligazón permanente a este artigo
Faneca brava
Espazo para deixardes os comentarios sobre esta novela de Manuel Portas
Comentarios (0) - Categoría: curso 2013-2014 - Publicado o 28-10-2013 13:16
# Ligazón permanente a este artigo
O país adormecido
A primeira das actividades en que participaron os alumnos do Club de Lectura tivo como centro O país adormentado. Con este motivo visitounos o autor, que fixo as delicias dos lectores e dos que quedaron rabeando por ler a novela.
Velaquí o cuestionario que cumprimentaron os alumnos despois da lectura:
PARA ANTES DE QUE OS ALUMNOS COMECEN A LECTURA de O PAÍS ADORMENTADO.

REALÍZASE COMA UN ENQUISA

1)Atrás quedaba un mundo que durmía e durmía sen parar pagando con desprezo a quen o quixera espertar ( Pax. 7)

Imaxina que o autor non está escribindo sobre algo ficticio senón real. Que tipo de país sería?

A) un país activo, atento ás anovacións e novidades

B)un país que non se decata de nada, que todo lle dá igual

C) un país chamado Pikolín

Se a respota foi A) Esperta rapaz: imaxina e igual atopas a verdade

Se a resposta foi C)Tes humor, non hai dúbida, un humor que che oculta todo o resto

Se a resposta foi B) Parabéns, só quen imaxina se achega ás verdades máis ocultas, que poden estar diante dos nosos ollos mais só as veremos se os mantemos abertos

2)A protagonista central chámase Aurora. Porque cres que terá ese nome?

A)porque llo puxeron os pais

B) é un nome coma outro calquera

C) porque significa comezo dun novo día, de algo diferente

PARA DESPOIS DA LECTURA OU PARA ACOMPAÑAT A LECTURA. SALVO QUE SE ESPECIFIQUE OUTRA COUSA, AS RESPOSTAS PODEN SER ORAIS OU ESCRITAS.

3)Xa se ve nos teus ollo de mirada gris que se vai perdendo a inxenuidade inútil para se virar en decisión e seguranza (8)

Porque é malo ser inxenuo?

Porque é bon ser decidido e estar seguro?

4)Estás no tempo en que xa os pensamentos se enganchan uns nos outros para formar ideas (8)

Pode pensar alguén que está durmido?

5)As xentes que habitaban aqueles lugares vivían de vender neve nas vilas das chairas. Aquilo era máis que suficiente para ter unha vida feliz; a neve era moi desexada e vendÍase moi ben; ben administrada daría para que vivisen dela xeracións e xeracións de fillos daquelas terras. Pero pouco a pouco a xente comezou a querer vender máis e máis neve de cada vez. Viñan homes doutros lugares a mercar a nosa neve para despois revendela eles. Comezaron a venderlles neve ás chairas de máis aló dos confíns de Glearim. A neve para vender era cada vez máis escasa, xa a apañaban antes de deixala caer ao chan e callar. Cortaron as árbores para que as pólas non retivesen nin unha folerpa. O caso é que cada vez nevaba menos. Xa só nevaba algo por riba das nosas aldeas, nos cumios inaccesÍÍbeis dos Montes Nivosos. Cada vez os invernos eran menos fríos e máis curtos e as primaveras e veráns máis quentes e longos. A neve da cima derretías e e baixaba en regatos polas aldeas. (29)

Que se critica neste texto?

Que estilo de vida corresponde á descrición do texto?

6) -Pero desde aquel a -continuou-, xurdiu unha nova circunstancia. Hai un home, un vello moi sabio, e pensamos que sabe o rumbo que He debemos dar a esta loita. Para chegar a esa persoa é preciso saber o seu nome e nós non o coñecemos

-Xa sabemos que os protagonistas van na procura dun novo amencer, dun espertar. Coñeces algo na literatura galega que fale de ?espertar do sono??

-Aquí reivindícase a importancia de algo, de que?

7) Precisamos que a xente vexa necesidade de vivir (42)

- Vivir: ollos abertos / Morrer: ollos pechados, durmir É lóxico isto? Razoa a resposta

-A teu ver, cal é a noticia máis importante dos últimos días? Razoa a resposta.

8) Só serán libres cando eles, de por si, decidan agarrar o vieiro da vida.Cando, sabendo que o camiño da vida remata na morte, queiran emprender a viaxe. (52)

-Comenta isto á luz do visto en 6)

9) Nada está escrito sobre o destino dos pobos (?) Cada un ten que labrar o seu futuro. Ningún pobo precisa que lle escriban o destino, nin sequera a historia (54)

-Cres que outros poden estar escribindo a historia que facemos coa nosa vida, e mentir no que escriben?

-Que destino pode ter un pobo adormentado?

10) Non me preocupa quen mandará senón a loita que imos emprender, que cada quen sexa o capitán alí onde máis o escoiten (57)

-Como cualificarías a persoa que dixo isto?

11)?se atopa ese libro e o destrúe, o esquecemento xa será para sempre, e entón Glearim irá para onde a leven porque xa non se atopará no medio dun camiño que vén de algures, senón no inicio dun camiño que non lle importa a onde conduce porque tampouco sabe de onde vén (60)

-Que simboliza ese libro? Que simbolizan os libros? Que importancia teñen para vida? Que importancia teñen para a liberdade?

12) Veña, érguete e non durmas máis. Xa chegou o día en que somos donos da nosa vida e imos vivila (66, a pausa do primeiro periodo non a hai no texto?e debería habela)

-Cando somos donos da nosa vida? Podemos non selo?

13) Aquilo non era unha vila durmida, era unha cidade morta. (70)

Comentario libre

14) -Creo. Tanto me ten morrer coma non vivir. Ademais mentres nós durmimos o rexedor e os seus fan o que lles peta sen que a ninguén pareza importarlle. Eu se non podo evitar que o fagan, polo menos quero ver o que fan. (72)

Comentario libre

15)?importancia de camiñar por dentro do buraco sen se arredar uns dos outros e seguindo sempre as luces vermellas, só as vermellas (81)

Non é casualidade que as luces sexan vermellas. Que simboliza esa color?

16) ?aínda despois da fuxida do gobernador (?) amosaban unha recalcitrante insistencia en convencer os habitantes da cidade de que seguisen a durmir, que en caso contrario poderían morrer en calquera intre, e mesmo lles dicían que nós eramos os portadores da morte mentres que eles lles ofrecían a vida para sempre (97)

Como cualificas a actitude de quen quere convencerte do que sabes que non é? Por exemplo, como cualificas a quen pretenda convencerte de que o ensino é mellor con aulas de 30-40 alumnos en lugar de 20?, como cualificas a quen queira convencerte de que o ensino é mellor con menos profesores e moitas veces non especializados materia que imparten?

17) ?loita corpo a corpo na que nós eramos máis valentes, porque loitabamos por nós e non estabamos arriscando a vida por defender a ninguén (122-123)

Comentario libre

18) É moito mellor morrer ca non vivir (125)

-Explícao. Como se pode non vivir estando vivo?

19) Valoración final da novela, que aprendiches?, como o aprendiches?


Comentarios (1) - Categoría: ANO 2012-13 - Publicado o 21-02-2013 18:43
# Ligazón permanente a este artigo
ESTAMOS DE VOLTA
Con moito atraso abrimos unha nova xeira do Pinga Lector. Non así a actividade do Club de Lectura, que a estas alturas xa leva dúas actividades máis que interesantes e proveitosas. Quen isto escribe agarda que a ditoda tendinite non lle impida a pertinente actualización, que hai moito que contar
Comentarios (0) - Categoría: ANO 2012-13 - Publicado o 21-02-2013 18:35
# Ligazón permanente a este artigo
Comentarios (0) - Categoría: LECTURAS SOBRE A LINGUA - Publicado o 21-02-2013 18:29
# Ligazón permanente a este artigo
Obediencia
Esapazo para as vosas opinións sobre esta novela de Antón Lopo
Comentarios (1) - Categoría: Ano 2011-12 - Publicado o 02-03-2012 12:00
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0