Club de Lectura de Pontevedra
<language>ga</language> 
As flores do mal -  Charles Baudelaire
   <description><![CDATA[Con As flores do mal (1857), Charles Baudelaire situaba a poesía na encrucillada da literatura moderna. Nada do escrito despois se había de ler do mesmo xeito, xa non se podería escribir coma antes. Por primeira vez, a poesía descobre a ruidosa corrente da multitude, asexa a beleza en territorios onde nunca se concibira a súa existencia, conquista a cidade e acariña o escuro mundo da finitude e do perverso. Un alento descoñecido ata daquela percorre os versos dun libro considerado un dos fitos da literatura de todos os tempos.(Presentacion editorial)
Esta tradución de Gonzalo Navaza recibiu o premio á mellor do 2008 da AELG. ]]></description>
Merlin e familia
   <description><![CDATA["Unha vez escribín un libro que se chama Merlín e familia. Era un libro de historias galegas. Pois veu a ocorrerme, despois de publicado o libro, que moita xente da miña terra me contaba a min esas historias, que eu inventara, coma se fosen vellas lendas da nosa terra. Eu encontro que isto é o verdadeiramente importante: que o pobo faga súas unhas invencións propias. Isto paréceme o máximo ao que pode aspirar un escritor, un creador, un inventor." (Cunqueiro, 1960)
Na paxina do Centro Virtual Cervantes podedes atopar moi boas reflexions e traballos sobre a obra de Cunqueiro (Narrativa, poesia, teatro e periodismo) asi como sobre o propio autor. Un destes traballo e Merlin, un personaxe real , de Rosa Castro Prieto.
Outro traballo sobre a obra de Cunqueiro:  O texto transicional: un recordo infantil de A. Cunqueiro (por Jose Doval) (premede en descargar e poderedes ler o texto en pdf)
En 1978 a TVE emitiu no programa "A Fondo" esta entrevista realizada a Cunqueiro. 
Alvaro Cunqueiro
   <description><![CDATA[Nesta ocasion achegaremonos ao autor a través das  súas propias palabras. Aqui vos deixo duas autobiografias, a primeira publicada en 1935 e a segundo ao final da sua vida.
Os dous textos proceden dunha recompilación de entrevistas feitas a este escritor e publicadas por Ramón Nicolás en 1994 ("Entrevistas con A. Cunqueiro" - Editorial Nigra).
Autobiografia da súa infancia e xuventude: (Xosé Filgueira Valverde, “Autógrafos e inéditos de Álvaro Cunqueiro” publicado en Autopoética e poesías no ano 1935.)
"De neno tiven a paixon polos cabalos e polos encaixes. Fun pouco xogantín; mais ben foi mentireiro e contemplativo. Aos oito anos xa lera a Verne e Os miserables de Víctor Hugo. Daquela eu botaba grandes sermóns dende o pino das escadeiras da miña casa e pegaba sober cartóns prigues de papel de barba, dibuxando logo fermosísimas batallas. Fíxenme un descreído, comecei a falar galego a cotío, í-a ler libros, revistas, periódicos, se orde, sen tasa, sen concerto posíbele. Aos quince anos eu era repubricán, ateo, galeguista, barulleiro, bacheler e medía 1’85 m., pesando soio 54 kilos. Medrar tanto vénme de caste; tamén me veñen de caste as mans longas, a facilidade pras linguas i-o amor á caza. Eu desexaría ser cazador e intérprete. Tírame a pintura. Non se me daría por ser un grande mestre, pro gostaríame dibuxar ben. Góstame a soedade; góstame os longos paseos por ista docísima ribiera; a estrada do Carmen polo inverno, que é chea de sol; a estrada de San Lázaro pola primavera, estrada de riquísimo aire; polo vran á beira dos ríos, polas aceas de Xacinto, i-a ría da Cega; no outono a Alameda dos Remedios é unha groria. Prefiro Mondoñedo e Compostela a todo, e gostaríame demorar unha longa tempada nas terras outas, por Meira, pola Fonmiña, pola Graña de Vilarente…" 
Autobiografía: (Margarita Ledo Andión “Entrevista inédita do ano 1973”, publicada no ano 1982 no nº 2 de Coordenadas.)
"Eu nacín en Mondoñedo, un 22 de Nadal de 1911, dunha familia que levaba vivindo aquí, nas terras de Mondoñedo, por parte da miña nai, e nas terras de Miranda, que haxa documento desde o día 16 de febreiro de 1232. De modo que son 700 anos mindoniense. No instituto que entón estaba na calle de San Marcos en Lugo estudei o bachillerato. Un claustro frío, unas paredes húmedas, en fin, e unha biblioteca con unha pequena estufa. Eu lataba muitas clases para ir ler e fixen enseguida amistade con escritores que siguen sendo hoxe os predilectos, por exemplo Dickens. Eu tiña ademais unha aficionada a Dickens que me examinaba: cando saiu Pickwick por primeira vez de viaxe? E eu tiña que contestar: o 20 de xullo de 1827.
En Santiago veu a guerra e non rematei Filosofía e Letras. Recordo a Cotarelo, a Moralejo –que era a millor maneira de non aprender latín-. Recordo todo aquel grupo da miña xeneración.
Traballei en periódicos. Subdirector de La Voz de España, de ABC, de Vértice. Deixeino. Pasei alá unhos anos en Mondoñedo. Casei. Tiven fillos. Despois fun para o Faro de Vigo de director, case 8 anos, e deixeino no momento en que  non o necesitaba económicamente. Vivir vivo en Vigo un pouco por inercia, porque teño alí a maior parte dos meus libros (teño unha biblioteca de 7000 exemplares); o clima; o mar; e hai posibilidade de ir a Mondoñedo os fins de semana. Gústame muito viaxar. América, case toda Europa, conferencias desde os habitantes da lua aos viaxes de Ulises.
Son un home normal, incluso rutinario. Érgome indefectiblemente cedo. Traballo seguido pola mañán. Gústame comer na casa. Son un gran cafetero. Paseo varios kilómetros. Tomo notas, estudio, ando con algún idioma a voltas –agora co grego moderno-. Vou ao correo a botar cartas todos os días. Gústame o teatro (cando estou en Madrid vou pola tarde e pola noite). Pregúntome por qué non me gusta o cine, en especial se a abundancia de elementos técnicos por parte do director é grande sinto unha especie de falsedade, paréceme que estou vendo facer a escena e empezo a bulir no asiento… probablemente eu esté un pouco enfermo de tradición literaria. Algo importante para mí son os amigos, (no meu pobo poido entrar en todas as casas astra a cociña) sin embargo creo que son un pouco solitario, de aí os meus paseos. 
O meu pai e a miña nai eran grandes cociñeiros e eu nunha cociña se facer de todo, desde unha sopa de allo a un plato montado, por exemplo un lomo “siete princesa”. Gústame que as cousas seipan ás cousas. A cociña ten que ser todo o contrario do arte do disfraz e teño unha inclinación excesiva polos afumados: o salmón afumado, a troita afumada, o peixe espada afumado, os chourizos ben afumados, os chourizo de aquí, de Mondoñedo. Aquí faise unha grande matanza con enorme variedade de cousas que sobrepasan ás outras rexións de Galicia: catro ou cinco tipos de morcillas, chanfainas, longanizas… morcillas doces, morcillas con cebola, morcillas picantes… Tamén teño unha gran memoria vinícola e un viño de calidade que bebera unha vez recórdoo e recoñézoo sempre. Nestas cousas teño, verdadeiramente, acertado." 
Mais informacion sobre o autor.
O 28 de febreiro de 1981 morre Álvaro Cunqueiro, un ano antes, nunha homenaxe multitudinaria ofrecida en Vigo, Cunqueiro manifestou:
Si algún día despois de morto se quixera facer de min algunha louvanza, e eu estivera dando erbas á nosa terra, podería decir na miña lápida: «aquí xace alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis». ]]></description>
Merlin e Familia - Cunqueiro
   <description><![CDATA[O libro fundacional da narrativa de Cunqueiro, poboado de personaxes inverosímiles pero absolutamente verdadeiros cos que a invención do seu autor chega a cotas prodixiosas. 
Publicada en 1955, esta é a novela coa que Cunqueiro comezou a súa obra narrativa logo de escribir varios libros de poemas. 
A historia dun Merlín xa vello e refuxiado nas terras da Miranda luguesa chega ao lector a través do relato dunha testemuña directa, o paxe Felipe de Amancia, que lembra os tempos nos que traballou como criado do mago. 
Distribucion das lecturas:
Luns 8 de marzo: ata a paxina 74.
Luns 15: ata o final]]></description>
Un home na escuridade
   <description><![CDATA[No páxina do programa Página2, á que poderedes entrar premendo aquí, poderedes ver unha entrevista a Paul Auster na que fala desta obra (debaixo da breve biografía do o autor pinchade en ver video). Os subtítulos vense un pouquiño borrosos pero merece a pena.
Críticas sobre o libro: recomendable a súa lectura ao ter rematado o libro.
- Paul Auster coleccionable (Por Mili Rodríguez Villouta)  
- Paul Auster ou a guerra en EE.UU  (por I. Ezquerra)
Paul Auster
   <description><![CDATA[Novelista, poeta e guionista, Paul Auster naceu en Newark (Nova Jersey, EE.UU.) en 1947. Tras completar os seus estudos na Universidade de Columbia, onde se licenciou en Literatura Inglesa e Comparada, viviu tres anos en Francia (1971-1974), onde exerceu os oficios máis diversos, realizou traducións de Mallarmé, Sartre e Simeon, entre outros, e escribiu poesía e obras teatrais dun acto. Xa en Nova York, Auster dedicouse á tradución e empezou a publicar críticas, poesías e ensaios en revistas como New York Review of Books e Harper´s Saturday Review. Deuse a coñecer como escritor coa publicación da Invención da soidade (1982), obra autobiográfica, e, sobre todo, coa Triloxía de Nova York (1985-1986), formada por tres contos: A cidade de cristal, Pantasmas e A habitación pechada. A súa seguinte novela foi O país das últimas cousas (1987), á que seguirían outros títulos como O palacio da lúa (1989) e A música do azar (1990), esta última levada ao cine polo director Philip Haas. Paul Auster traballou tamén como guionista en The music of chance (1993) e Smoke (1995), como codirector en Blue in the face (1995) e como director en Lulu on the bridge (1998). 
Autor prolífico e de notable éxito, na súa bibliografía, traducida a trinta e cinco idiomas, cóntanse así mesmo Leviatán (1992), O caderno vermello (1993), Vertixe (1994), Tombuctú (1999), o ensaio autobiográfico Hand to mouth (1997), O libro das ilusións (2002), A noite do Oráculo (2003) e Brooklyn Follies (2005). Ademais, é autor de varios libros de poemas, como Espazos brancos (1980), Fragmentos do frío (1988) e Cimentos (1990), entre outros. En 1994, o seu conto A cidade de cristal foi reeditado nunha versión adaptada por Paul Karasik e ilustrada por David Mazzuscheli. En maio de 2006 comezou a rodar en Portugal a súa segunda longametraxe en solitario, The inner life of Martin Frost. 
Paul Auster recibiu distintos recoñecementos como o Premio Morton Dauwen Zabel da Academia Americana das Artes e as Letras (1990), da que é membro, o Médicis de Francia á mellor novela dun autor estranxeiro (1993) por Leviatán e o Independent Spirit Award ao mellor guión orixinal por Smoke (1995). Con Tombuctú logrou o Premio Literario Arcebispo Juan de San Clemente de Santiago de Compostela (2000). En 2003 obtivo o Premio ao mellor libro do ano do Gremio de Libreiros de Madrid polo Libro das ilusións. Da Orde das Artes e as Letras de Francia (1992), foi nomeado Oficial en 1998 e Comandante en 2005.
No ano 2006 otorgouselle o Premio Príncipe de Asturias das Letras, e no 2009 recibíu en León o Premio Leteo.]]></description>
A elgancia do ourizo (4ª Parte - Paloma)
   <description><![CDATA[Aqui vós deixo os enlaces a algunhas referencias desta cuarta parte da lectura:
- Capítulo 6: a orixe do hábeas corpus
- Capítulo 7: Paloma cando observa as rosas recorda a Pierre de Ronsar, velaquí a súa biografía e algúns dos seus poemas.
E non podían faltar as referencia musicais:
 - Dido e Eneas: a ópera de Purcell, que escoita Renee na casa de Kakuro (Cap.8) Dido e Eneas
- "Ao cruzar o patio, paramos en seco os dous ao tempo: alguén se puxera a tocar o piano e oíase moi ben o que interpretaba. Era algo de Satie....(...) "Canto lle gustaría a Renée este intre!", dixo Kakuro. E quedamos así uns minutos, a escoitar a música..."    (derradeiro pensamento profundo, páx. 423) Erik Satie - Gymnopedie No.1
A elegancia do ourizo (3ª parte - Chuvia de verán)
   <description><![CDATA[No capítulo 9 (páxina 255) da terceira parte da lectura, "Chuvia de verán", faise referencia a unha obra de arte, un Bodegón de Pieter Claesz, velaquí o tedes.
Tamén hai varias referencias musicais, valequí algunhas:
- Melissa, de Julien Clerc (Páx. 250 - Pensamento Profuno nº12)
E non podía ser menos o Confutatis do Requiem de Mozart do capítulo 14, premendo sobre o nome poderedes escoitalo.
Haikus e Tankas do club
A neve cae
os osos ivernarán
todo é tristura
Moncha
Las hojas caen
sobre los corazones
rotos por amor
Haiku de Socorro Fernández
El sol nos roza
el paisaje nos mira
nos sonreimos
tu mano con la mia
bordea nuestra vida
Tanka de Socorro Fernández
Vientos de palabras
los ojos tu sonrisa
lunes al atardecer
Marcos
El sol y la noche oscura
pasaron toda una noche,
hasta el alba,de lectura
Conchita Curto
Un home na escuridade
   <description><![CDATA[A nova novela de Paul Auster enfróntase ás pantasmas da sociedade contemporánea cunha trama que conxuga a historia de August Brill, un crítico literario retirado que padece insomnio, coa duns Estados Unidos sumidos nunha nova guerra civil. August Brill recupérase dun accidente de coche. 
Deitado na cama, cóntase a si mesmo historias para tentar escorrentar lembranzas desagradables: a re­cente morte da súa muller, o arrepiante asasinato do mozo da súa neta. Aos seus setenta e dous anos, este crítico literario retirado imaxina un mundo sen guerra no Iraq e coas Torres Xe­melgas en pé, mentres, como consecuencia das eleccións do ano 2000, algúns estados dos EUA comezan unha guerra entre si.
Distribución das lecturas:
Nesta ocasión, e debido á proxección da película do próximo luns 22 de febreiro, comentaremos todo o libro o lúns 1 de marzo
Boa lectura!]]></description>