Club de Lectura de Pontevedra


Blog do Club de Lectura da Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Este Blog créase coa intención de ofrecer un espazo virtual para a comunicación, o intercambio de ideas e a diversión que procura a lectura colectiva dun libro. En principio, ten como destinatarios aos participantes do Club de Lectura da Biblioteca Pública de Pontevedra, promovido pola Consellería de Cultura, pero estará aberto a toda persoa amante dos libros e da lectura que queira participar deixando as súas impresións. Agardamos a vosa participación!!.


Contacto
clublecturapontevedra@gmail.com
 SECCIÓNS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCA NO BLOG
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Artes escénicas no Culturgal
Recoméndovos que non perdades outras actividades que nos ofrece o Culturgal (aquí tendes o catálogo completo da feira). Se tendes miúdos poderedes encontrar propostas interesantes de aprendizaxe e entretemento na nosa lingua.

E para os adultos hai un bo abano de posibilidades, alén do encontro que teremos nós con Xulia Alonso e das conversas con escritoras e escritores.

Non perdades, por exemplo, esta enxeñosa e trepidante obra de teatro cun vocabulario de tan só dezaseis palabras:

DOMINGO 4, ás 17h00 Mambo. Comedia contemporánea para todas as nacionalidades. No exterior do Patio. (No seu blog podedes facer un curso online de lingua Mambo e probar a vosa habilidade cun videoxogo).

Outras actuacións teatrais interesantes son as de Elefante Elegante, coa obra Calçada da Memória, tamén no domingo, ás 18:30, e Bichakadela con Soños, o venres ás 16:30.
Comentarios (0) - Categoría: RECOMENDACIÓNS - Publicado o 23-11-2011 12:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Culturgal
Como xa temos falado, o Culturgal proponnos unha reunión con Xulia Alonso, no venres día 2 de decembro ás 18h no Pazo da Cultura. Recoméndase estar 15 minutos antes.

Lamentablemente, as outras reunións non poderán celebrarse connosco ao non alcanzarmos a cantidade de persoas necesarias. A elas asistirán outros colectivos, pero ao se tratar de xuntanzas con grupos pechados de antemán, nós non poderemos estar presentes.

De todas as maneiras, poderedes asistir a conversas con máis autoras e autores; tomade nota destas suxestións:

SÁBADO 3

19h00 Conversa de Manuel Jabois con Manuel Rivas e José Luis Cuerda. No Salón.

19h45 Conversa de Manuel Jabois con Domingo Villar e novos autores de novela negra: Xosé Manuel García López e Francisco Varela Losada. No Salón.

DOMINGO 4

12h30 Conversa de Xesús Fraga con Antón Riveiro Coello. No Salón.

13h00 Conversa de Xesús Fraga con María Xosé Queizán. No Salón.

16h30 Fran Alonso: Ninguén. A tecnoloxía e as relacións persoais. No Salón.

Comentarios (0) - Categoría: XUNTANZAS E ACTIVIDADES - Publicado o 23-11-2011 12:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Alessandro Baricco
O turinés Alessandro Baricco (1958-) fixo estudos de filosofía e piano. A seguir especializouse en crítica musical e traballou como xornalista especializado nese campo nos diarios La Repubblica e La Stampa.

Comezou tarde a súa carreira de novelista, con Castelli di rabbia (1991). Logo fundou unha escola de técnicas narrativas en Turín, a Scuola Holden, onde se ensinaba a escribir desde contos e novelas a videoxogos. Seda é a súa cuarta novela.

Tamén ten escrito obras de teatro e en 2003 colaborou co grupo francés de música electrónica Air.

Se queredes saber máis cousas del, tendes máis información na Wikipedia en galego ou na tradución automática ao galego do artigo da Wikipedia italiana (aínda que, como veredes, a tecnoloxía aínda ten que avanzar un pouco).

Neste vídeo do sítio de La Repubblica podedes ver unha entrevista ao escritor (en italiano). E aquí podedes ver o Alessandro Baricco a ler a García Márquez (tamén en italiano).
Comentarios (0) - Categoría: INFORMACIÓN SOBRE OS AUTORES - Publicado o 20-11-2011 17:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Seda, de Alessandro Baricco
Seda é unha historia sobre o comercio. E sobre viaxes, xardíns e culturas encontradas.

Pero sobre todo é unha historia de amor, tecida coa urdime que só a natureza ten. Como os vermes da seda.

Dixo o seu autor, Alessandro Baricco, que todo comezou cando un amigo lle falou, en canto esquiaban, dun antepasado seu que comerciaba con ovos de vermes de seda, para o cal viaxaba ao Xapón unha vez ao ano e o resto do tempo descansaba.

A versión en galego foi feita por María Cristina González Piñeiro e publicada por Rinoceronte Editora, na súa aposta pola narrativa traducida das linguas máis diversas.

Existe tamén unha película de 2007 baseada no libro e dirixida por François Girard.
Comentarios (0) - Categoría: ESTAMOS A LER... - Publicado o 20-11-2011 16:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Máis sobre Castelao
Algunhas de vós tamén lestes outras obras do escritor rianxeiro, que comentamos na derradeira sesión dedicada a Os dous de sempre. Alén diso, lemos un par de capítulos de Retrincos.

A web do Museo de Pontevedra ten unha sección moi interesante dedicada a Castelao.

E a Wikipedia ten un artigo moi completo acerca do autor.
Comentarios (0) - Categoría: INFORMACIÓN SOBRE AS LECTURAS - Publicado o 20-11-2011 15:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Os dous de sempre, de Castelao
Edición orixinal do libroXa limos Os dous de sempre, de Castelao, e con este libro fechamos un ciclo de lecturas ambientadas no rural galego. Puidemos deste xeito constatar as diferenzas existentes entre a historia do Pedriño e o Rañolas e o estilo de Neira Vilas en Memorias.
Comentarios (0) - Categoría: LIBROS LIDOS - Publicado o 20-11-2011 15:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Máis sobre Neira Vilas e Memorias
Podedes encontrar máis libros de Xosé Neira Vilas na Biblioteca, como vimos no último día. Ademais, recoméndovos que visitedes a fundación que leva o seu nome e esta páxina en que se lle rende homenaxe, con documentos gráficos moi interesantes.

Embaixo déixovos ligazóns a vídeos sobre o libro e o autor.
50 aniversario de Memorias dun neno labrego
Eu son... (lectura do libro). IES Pino Manso
Música de A Quenlla con imaxes do libro.
Comentarios (0) - Categoría: INFORMACIÓN SOBRE AS LECTURAS - Publicado o 24-10-2011 00:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Amintiri din copilãrie, de Ion Creangã
Selo moldavo coa imaxe de Ion CreangãDéixovos, como me pedistes, unha ligazón á película romanesa Amintiri din copilãrie (Recordos da infancia, 1964), da directora Elisabeta Bostan baseada no libro homónimo de Ion Creangã (1837-1889), que presenta numerosas semellanzas con Memorias.

Recordos da infancia é un libro que todas as miúdas e miúdos de Romanía e da República de Moldavia coñecen moi ben.

(Lembrádevos de que as ligazóns están abaixo, no pé da foto).
Comentarios (1) - Categoría: INFORMACIÓN SOBRE AS LECTURAS - Publicado o 24-10-2011 00:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Sobre Memorias dun neno labrego
Memórias de um pequeno camponês, traducido por José Viale MoutinhoNesta ligazón de embaixo accederedes a un artigo do suplemento Luces de El País (do 17-12-2010) que conmemorou o quincuaxésimo aniversario da edición de Memorias. Nel, varios escritores e xornalistas falan acerca da obra, unha das máis traducidas da literatura galega.
Comentarios (1) - Categoría: INFORMACIÓN SOBRE AS LECTURAS - Publicado o 23-10-2011 23:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas
É a historia de Balbino. E do mundo que o rodea, que o abafa e couta nas súas ansias de trascendelo. A lectura, que Balbino menciona aquí e alá ao longo do libro, constitúe para el unha vía de escape á realidade cotiá e unha maneira de viaxar sen saír do seu pequeno mundo. Para o autor, o fondo de lecturas de Balbino convértese na excusa perfecta para permitirse a escrita coidada, contada en primeira persoa.

Nestas dúas sesións analisamos entre todas e todos as circunstancias históricas, así como as propias da biografía do autor, en que se publicou o libro, e como aquelas determinaron algunhas características da obriña. Vimos tamén o carácter universal deste libro.

Tamén analisamos algúns artificios que Neira Vilas empregou na confección das historias e debullamos lentamente o conto "Pachín" e toda a simboloxía encerrada nel.

Pero ante todo puxemos de manifesto os vínculos que establecemos con Memorias dun neno labrego desde as nosas vivencias persoais, o cal foi moi enriquecedor e emocionante.
Comentarios (0) - Categoría: LIBROS LIDOS - Publicado o 23-10-2011 23:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal



Contador gratis