Club de Lectura en Galego - Biblioteca Anxel Casal

Anxos Sumai
Anxos Sumai (Catoira 1960). Documentalista, tradutora e escritora. Nos anos oitenta e noventa colaborou en distintas publicacións periódicas e libros colectivos, realizou guións para cómics (revistas Valium diez e Das capital) e escribiu letras de cancións. Obtivo o premio Novos Valores da Narrativa Galega (1985) e o segundo premio no concurso Modesto R. Figueiredo de Narración Curta (1986).

Desde o ano 2001 desenvolve a súa actividade literaria no portal www.culturagalega.org, coas seccións semanais "Anxos e diaños" (2002), "Anxos da garda" (2003-2005) e "Crítica da memoria pura" (2006). Colaborou na Revista Guía dos Libros Novos coa sección fixa "Hemisferio Oeste" (2003-2004) e durante o ano 2006 foi colaboradora literaria semanal do programa Diario Cultural da Radio Galega.

En 2004 recibiu o Premio da Crítica de Galicia pola obra Anxos da garda. En abril de 2007 recibe o Premio Roberto Blanco Torres de Xornalismo literario e de Opinión polas sección Perigosamentes normais" do Diario Cultural da Radio Galega e "Crítica da memoria pura", publicada en culturagalega.org. No mesmo ano recibe o premio Repsol YPF de Narrativa Breve pola novela Así nacen as baleas, así como o Premio á Autora do Ano da Asociación Galega de Editores.

Actualmente traballa como documentalista no Consello da Cultura Galega.

Bibliografía

Anxos da garda (2003, A Nosa Terra). Narrativa.

Melodía de días usados (2005, Galaxia). Narrativa.

Así nacen as baleas (2007, Galaxia). Traducido ao castelán como Así nacen las ballenas, 2010, Faktoría K. Narrativa.

Perigosamente normais (2008, Universidade de Santiago de Compostela). Ensaio.

Traducións:

Diarios, de Syra Alonso (2000, A Nosa Terra).

Tres tempos e a esperanza, de Mariví Villaverde (2002, A Nosa Terra).

Obras colectivas:

Pano de lona (2005, Arquivo Pacheco).

Fisuras no cotián. Nove narradoras no relato de xénero (2006, Xunta de Galicia).

24 10 06 (2007, Candeia Editora, Santiago de Compostela).

Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz (2008, Xerais).

Cociñando ao pé da letra (2011, Galaxia).

Pensa nao, Anxo Angueira
Pensa nao escribiuna A. Angueira sen se aclimatar a nada. O que narra é froito do somergullo desde cativo na vida aldeá do largacío val de Laíño, nas súas brañas e campías, seguindo a abraiante liña azul do Ulla. Engádase a isto o poder fabulador dun escritor pouco prolixo, pero potente e eficaz, que se alimenta nos vestixios da memoria popular, no que as xentes da aldea de Manselle e a súa comarca lle contaron e nas cartas da emigración. O resultado é este exultante traballo creativo que nos reconcilia enteiramente coa literatura.

A historia de Pensa nao é unha recreación ficcional dos sucesos acontecidos en Sernanselle desde o San Martiño do ano 35 ata xullo do 36. Puntuando a sucesión de acontecementos e o clima «in crescendo» da trama, as cartas de América. A. Angueira narra a distancia inmensa entre dúas cartas que describen as xornadas positivas e o estremecemento e dramatismo dos días negativos que de súpeto estourou na comarca ao igual que en toda Galicia. A novela é unha verdadeira inmersión na vida da aldea, nos seus días e traballos, nos seus fermentos de modernidade, nas tensións políticas que xorden inevitablemente entre os defensores da República e os falanxistas e un clero belixerante. O traballo da chapacuña, a collida dos enxamios, as mallas e regas, as vidras e restrebas... Con ducias de personaxes, algúns memorables, que fan de Pensa nao unha biografía colectiva que relata o mundo rural desde dentro e cun estilo moi distinto ao do costumismo ou ao do socialrealismo. Somergullo nas grandes e fermosas paisaxes míticas do Ulla pola banda de Laíño. Novela de mestura bravía e salvaxe de terra e auga. Romance de fondas resonancias sociais, recuperación da memoria e da identidade, comprometido coa realidade e coa verdade, a prol do progreso e da convivencia. En Pensa Nao agóchase unha fascinante historia de amor contada con todos os bríos da nosa lingua.

F. MARTÍNEZ BOUZAS, crítico literario.

A poderosa fabulación de Anxo Angueira en Pensa nao, La Voz de Galicia.

Anxo Angueira Viturro
Anxo Angueira Viturro ( Manselle,  1961) é doutor en Filoloxía Galega e profesor. Sempre vencellado a súa vila natal, viviu dous anos da súa infancia en Asados ata que se trasladou a Padrón onde realizou os estudos de Bacharelato. Foi Bernardino Graña, o seu mestre, quen lle inculcou o amor pola lingua do país e lle deu as primeiras leccións de literatura. Gañou algúns premios en concursos literarios, de poesía e narrativa, organizados no propio instituto. Despois destes primeiros anos de formación e concienciación, ingresa na Universidade de Santiago de Compostela, onde realiza estudos de Filoloxía Hispánica coa especialidade en Lingua Galega. Na época universitaria seguiu residindo en Padrón, onde traballaba. Na actualidade, traballa como profesor de lingua e literatura galegas no I.E.S. do Meixoeiro e na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.

Publicou diferentes ensaios e artigos de investigación literaria. Participou na fundación e na elaboración do manifesto das Redes Escarlata e colaborou en O Xornal, publicación da C.U.T., e na revista A Trabe de Ouro. Foi coordinador do premio de poesía Eusebio Lourenzo Baleirón. En 1992 foi gañador do premio do certame poético Ruta do Mar de Arousa e río Ulla con “O mar e o río do regreso”. En 1994 recibiu un accésit do premio de poesía Camiño de Santiago polo poema “O valo de Manselle”. En 1996 obtivo o premio Café Dublín polo libro de relatos Bágoas de facer illas.

No ámbito da investigación ten estudos sobre as obras de Rosalía de Castro ou Fernández Morales, Guía de Lectura de Con pólvora e magnolias de X. L. Méndez Ferrín, De Rosalía a Dieste. 33 Anos das Letras, unha edición crítica de Poesía enteira de Heriberto Bens, e a introdución e antoloxía de La poésie galicienne de 1936 à 1990 (Bélxica).

Durante o ano 2008 participou no espectáculo Rosalía 21, unha revisitación en clave de jazz da poesía de Rosalía de Castro, xunto o pianista Abe Rábade e a cantante Guadi Galego.

Bibliografía

Bágoas de facer illas, 1997, Xerais. Narrativa.

Pensa Nao, 1999, Xerais. Narrativa.

A morte de A., 2003, Xerais. Narrativa.

Val de Ramirás, 1989, Sociedade de Cultura Valle-Inclán.  Poesía.

O valo de Manselle, 1996, Xerais. Poesía.

Libro da Vertixe, 1997, Deputación de Lugo. Poesía.

Fóra do sagrado, 2007, Xerais. Poesía.

De Rosalía a Dieste. 33 anos das letras, 1995, Xerais. Ensaio.

Terra de Iria. Viaxe ó país de Rosalía de Castro, 2003, AELG-Xunta de Galicia. Ensaio.

A espiral no espello, 2009, Xerais. Ensaio.

Marcelino Fernández Mallo
Nado na Coruña no ano 1961. Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Nacional de Educación a Distancia e MBA polo IMD, Escola de Negocios de Lausana, desenvolveu a meirande parte da súa carreira profesional no sector financeiro galego. Sendo home de ciencias, Marcelino Fernández Mallo leva escrito máis dun cento de artigos e colabora en diversas publicacións galegas e españolas. Conferenciante habitual no triángulo norte da península, a súa presenza é frecuente en medios de comunicación como a Radio Galega, Xornal de Galicia ou Vieiros.

Publicou en 1998 o ensaio De la Peseta al Euro. Estreouse na fición co libro Cabilia (2005), publicado en Primera Persona, un conxunto de relatos que foi saudado pola crítica como “unha bomba atómica” (Cartafol de libros, Xuño 2005). En 2008, e da man de Ézaro Ediciones, publicou A trenza, unha novela cun salientable fondo social, cuxo carácter se confirmou por ser destinado un 8% das vendas acadadas para a ONG galega “Implicadas no Desenvolvemento”. A súa segunda novela, Klásicos, publicada no 2010 por Morgante (selo de Rinoceronte) é un thriller psicolóxico con altas doses de retranca e crítica social.

Pomerania, meu amor, de Heidi Kühn-Bode
Pomerania, meu amor (Espiral Maior),  é a primeira e única creación literaria de Heidi Kühn-Bode destinada ao público adulto, un libro no que o amor e a guerra se entrelazan nun cadro cheo de cores que teñen como fondo a II Guerra Mundial.

Pomerania, meu amor, foi publicada no ano 2005 pero concibida moito tempo antes, case unha década. Segundo manifestou a autora nunhas declaracións feitas ao xornal La Opinión, este libro fecha un vello anhelo: “No ano 88 morreu meu pai e non puiden soportalo, decidín escribir esta novela por el, porque o vía constantemente en sonos. Un ano despois, meu irmán caeu en coma e entón entrou tamén el na historia”.

Kühn-Bode presentou Pomerania, meu amor aos premios Novela Feminino Lumen  e  estivo seleccionada entre os finalistas. O escritor e editor Miguel Anxo Fernán Vello, empurrouna entón para que fixese a versión en galego desta historia dunha saga familiar, a da propia Kühn-Bode, na II Guerra Mundial. Kühn-Bode foi un chanzo máis alá: atreveuse a bosquexar a historia doutra saga, a do seu marido galego, recollendo algunhas historias de vida acontecidas na Galicia do ano 36. Case trescentas páxinas, trinta e catro capítulos, arredor de oitenta personaxes, unha mistura de xéneros literarios e espazos míticos como Besaravia ou Galicia, son algunhas das claves para interpretar esta obra sinfónica. Sinfónica pola súa diversidade temática, pola  heteroxeneidade de fíos narrativos, pola multiplicidade de rexistros e de escenarios (Europa, América e Galicia), polos cambios do ritmo narrativo... Unha obra heteroxénea, ecléctica, que goza dunha unidade harmónica, na que por riba de todo destaca a intuición poética de  Kühn-Bode e o anhelo da liberdade que logra vencer á morte, onde a memoria é o talismán.

Heidi Kühn-Bode
Heidi Kühn-Bode, nada en Alemaña (Eching, Bavaria, 1945) é filóloga, escritora, profesora e traductora (preferentemente de lírica galega). A súa familia, orixinaria de Pomerania (na actual Polonia), tivo que fuxir a Baviera ao final da II Guerra Mundial perante o avance dos rusos. Kühn-Bode criouse nunha cidade nova feita para refuxiados, Espelkamp, en Westfalia. Aos 21 anos aceptou a oferta dunha empresa de Bilbao para traballar como traductora de alemán, inglés e español. Despois de catro meses, trasladouse a Madrid para traballar no Instituto de Estudos Hispánicos, facendo traduccións para os corresponsais alemáns alí destinados. Este contacto co xornalismo permitiulle publicar no semanario alemán Der Spiegel o seu testemuño da represión franquista na universidade. Naquel Madrid do 68, debaixo dun cabalo dos grises, coñeceu ao seu marido galego, e un ano despois mudáronse para a cidade da Coruña.

En Galicia, Kühn-Bode sempre tratou de defender as súas causas e foi moi activa en distintos movementos sociais. En 1985, na radio co programa Alemán con Flick e Flock, manifestouse en contra do ingreso na OTAN; nos últimos anos, como membro da Asociación Alemá da Lingua, avoga pola loita social e institucional contra o dominio avasalador do inglés e propón, a carón doutros estudosos, un intercambio cultural que dea relevancia ás linguas europeas: "Eu quero levar Galiza ás grandes feiras de literatura de Alemaña", expón. Como exemplo pon a propia actividade da asociación alemá, que conta con máis de 30.000 socios e entrega cada ano dous tipos de premio: un recoñece ao máximo defensor do idioma alemán e outro sanciona a quen máis o castiga.

Dedicada tamén á investigación literaria, Kühn-Bode agora está mergullada por completo na literatura e quere publicar en español e alemán, ademais de en galego, lamentando: "É penoso que non se traduza e se exporte máis o que se escribe aquí". Tamén está a revisar e actualizar as súas traduccións ao alemán de poesías de Miguel Anxo Fernán-Vello, Luz Pozo Garza, Marica Campo, Yolanda Castaño, Xulio Valcárcel, Estíbaliz (Espinosa), María Xosé Queizán, Manuel María, María do Cebreiro e Fran Alonso entre outros poetas.
<div

Bibliografía:

Falou un queixo (2009). Xénero:  Literatura Infanto-Xuvenil.

Fideliño o carteiro (1991). Xénero:  Novela Xuvenil.

Os mundiños (2003). Xénero:  Teatro Infanto-Xuvenil. Gañador do Premio Estornela de Teatro infantil, no que Kühn-Bode pretende reivindicar unha maior presencia do teatro nas aulas, como un elemento máis de carácter lúdico e formativo.

Pomerania, meu amor (2005). Xénero: Narrativa.

Teatro para conquistas (2003). Xogos infantís no escenario. Xénero:  Teatro (Infanto-Xuvenil.

Tres mulleres do seu tempo (2009). Xénero: Literatura Infanto-Xuvenil.

Sol de inverno, de Rosa Aneiros
Sol de Inverno, é unha novela de 300 páxinas, comprometida, densa e cun pouso de lirismo que debuxa o periplo vital dunha personaxe: Inverno, que lle valeu a Rosa Aneiros a edición número 26 do Premio Xerais de novela.  Para o xurado do Premio Xerais 2009, Sol de Inverno constrúe un mundo simbólico e máxico polo que deambulan seres entrañables para crear un relato de pulso vagoroso, que reborda nun potente río de historias. Para a súa autora "Sol de Inverno non é unha novela histórica, senón a historia de como Inverno procura recuperar o paraíso perdido da súa infancia no territorio de Antes". Ademais de Inverno, "o motor da novela", polo libro circulan ao mesmo tempo personaxes inventados e reais. Rafael Dieste e Carmen Muñoz nas Misións Pedagóxicas da República ou o propio Castelao fan aparición no traballo de Aneiros. "Para escribilo utilicei moita documentación, ás veces cheguei a pensar que se me ía das mans", confesou Aneiros nunha entrevista que lle concedeu ao xornal El Pais días despois de acadar o premio.

A memoria do exilio, as súas voces e as súas feridas, que Inverno debe lamber unha e outra vez, marcan o pulso desta novela que destaca pola rebeldía dos personaxes na defensa dos ideais e da xustiza. Os diarios da xornalista e escritora republicana Silvia Mistral, a quen está dedicado Sol de Inverno ou de Elixio Vilaverde foron materia prima desta obra.

Rosa Aneiros
Rosa Aneiros (Meirás- Valdoviño, 1976) é xornalista e investigadora da Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega.

Colaboradora habitual en distintos medios de comunicación impresos e dixitais, entre eles culturagalega.org (sección "Agardando as lagarteiras"), Diario de Pontevedra, El Progreso, Galicia Hoxe, El Ideal Gallego, Diario de Ferrol (a través da axencia AGN), Compostelán, El País Semanal, Cerna, Faneka brava, Grial, Fadamorgana ou Casa da gramática.

En 1999 presentou a súa primeira novela  Eu de maior quero ser (Editorial Sotelo Blanco) á que seguiron Corazóns amolecidos en salitre (Laviovento, 2002), Resistencia (Xerais, 2003), O xardín da media lúa (Galaxia, 2004), o volume recompilatorio de artigos literarios Agardando as lagarteiras (culturagalega.org , 2003) e Veu visitarme o mar (xerais,2004).

Ten publicados relatos nos volumes colectivos Narradoras (Edicións Xerais de Galicia, 2000); Relatos (Librería Cartabón de Vigo,1999), Relatos gañadores do Pedrón de Ouro 1998-1999-2000 (Edicións do Castro, 2001), Seis ferroláns (Edicións Embora, 2003), Alma de beiramar perdida (A Nosa Terra, 2003), Botella ao mar (AGAV,2003) e Narradio (Xerais, 2003).

Conta no seu haber con recoñecementos como o Modesto Rodríguez Figueiredo (Pedrón de Ouro, 1998); o Manuel Lueiro Rey (1996); o Manuel Murguía (2001), o Carvalho Calero (2001) e o Premio Arcebispo Juan de San Clemente (2003).

Suso de Toro
Suso de Toro (Santiago de Compostela, 1956) é quizais, o máis heterodoxo dos escritores galegos e un dos máis internacionais.

É licenciado en Xeografía e Historia na especialidade de Arte Moderna e Contemporánea. Profesor e locutor de radio, comezou a escribir en 1982, fascinado pola revolución punki. A súa obra e a súa persoa están intrinsecamente ligadas a Galicia; publicou en galego máis de vinte libros de narrativa, teatro e ensaio. Foi premiado entre outros co Premio da Crítica de Galicia (1988), co da Crítica Española (1993 e 2000), co Premio Branco Amor de Novela e co Premio Nacional de Narrativa (2003).

A súa produción literaria está escrita en galego, aínda que algúns dos seus libros foron traducidos ao castelán .

É, xunto con Manuel Rivas, o principal representante da xeración máis nova da literatura galega. Recibiu o Premio da Universidade de Santiago polo libro Caixón desastre, e o Premio da Crítica en 1987 polo libro Polaroid. En 1994, foi galardoado de novo co Premio Crítica de Narrativa en Galego pola súa obra Tic-Tac, conxunto de relatos breves sobre o sexo, a infancia e o tempo, obra pola que tamén recibiría en 1995 o Premio Arcebispo Juan de San Clemente. No seu libro, A sombra cazadora (1995), traducido ao castelán por el directamente, sitúase na tradición da literatura utópica, na senda do conto infantil.

En 1996 coordina a obra colectiva Berra liberdade a beneficio de Amnistía Internacional; a obra recolle poemas e relatos de 18 escritores galegos, entre os que se encontra o propio Suso de Toro. Dese mesmo ano é a súa novela Eterno retorno.

En 1997 participa na Antoloxía de contos contemporáneos españois, destinada a dar a coñecer a variedade cultural española en Polonia. Este mesmo ano publica o seu último libro Parado na tormenta.

En abril de 1998 presenta a súa novela Calzados Lola, mestura unha intriga moderna coa maxia do mundo galego.

En xuño de 1998 dirixe o Primeiro Encontro de Escritores no Finis Terrae "Trasatlántico", organizado pola Universidade de Santiago, e cuxos fins son crear unha "lanzadeira" da cultura iberoamericana fronte ao dominio anglosaxón e reafirmar o seu espazo cultural.

No 2000 publica a novela Non volvas, coa que en marzo de 2001, gaña por segunda vez o Premio da Crítica Española. No 2003 obtivo o Premio Nacional de Narrativa, pola súa obra Trece badaladas(2002).

Publicou a comedia de teatro, Unha rosa é unha rosa (1996), escrita para a compañía Teatro do Noroeste, e o libro de viaxe, A frecha amarela (1998). Tamén é autor dos ensaios:Camilo Nogueira e outras voces (1991), Unha pouca cinza (1992), Parado na tormenta (1996) e O pobo da néboa (2000).

En xaneiro de 2003 presentou o libro Nunca mais Galiza a intemperie, unha crónica do primeiro mes da catástrofe orixinada polo petroleiro "Prestige" nas costas galegas.

A aparición na primavera de 2006 de Home sen nome sitúa ao autor noutra dimensión: a dos autores imprescindibles e decisivos para a configuración dunha literatura.

Os once, Pierre Michon
Abranguendo o tema dende unha exquisita erudición histórica que lle permite, como a Borges, toda clase de ironías, Michon inventa en Os once (Les Onze, 2009) un pintor, os seus antepasados, a súa familia, e un cadro memorable pintado por ese pintor que leva o título de 'Os once' e que se atopa no Louvre. O cadro mostra aos once "reis" da baralla do terror e do período máis atroz da Revolución Francesa, entre eles Saint-Just e Robespierre. A través dese cadro inventado, Michon achéganos diferentes realidades, móstranos a vida e a morte que se deslizan tras el, o abismo que separou e separa as clases sociais, e con cada nova perspectiva, a narración gaña en variedade e intensidade. Afastado de modas e grupos literarios, cun estilo envolvente, cunha cadencia propia, Michon soubo construir un corpus literario persoal de gran beleza que o converte nun dos escritores esenciais da literatura francesa actual.