CAVE CANEM! CLASICANDO...


CLASICANDO
CAVE CANEM

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ARISTÓFANES III. Cuestións tratadas nas Nubes

O argumento principal desta comedia escrita en torno ao 423 a. C. é a crítica do sistema educativo do momento coa penetración das novas tendencias encarnadas en Sócrates e os Sofistas. O autor fai destes o branco ideal dos seus ataques por ser considerados uns excéntricos e manipuladores expertos en manexar o Argumento Xusto e Inxusto ( á vez que con eles se mostran respectivamente as cuestións relativas ás tendencias tradicionais e ás máis innovadoras).
As consecuencias deste tipo de doctrina serán desastrosas - posto que coas novas tendencias o sistema tradicional de orde e imperio da xustiza e do dereito está destinado a perecer en favor da inxustiza e do emprego da forza.
Pode ser considerado Aristófanes como un reaccionario ante a realidade do seu tempo en tódolos ámbitos pero, concretamente, neste aspecto sobre a educación, non fai máis que mostrar a vivencia dunha época que posteriormente se mostrou contraria a Sócrates, tal que como se desenvolveron os acontecementos coa súa condena e posteriores xuizo e morte.


Comentarios (0) - Categoría: 2º BAC - Publicado o 28-01-2019 11:14
# Ligazón permanente a este artigo
Aristófanes II. AS NUBES.
Argumento.

Un vello ateniense, Estrepsíades, vése agobiado polas débedas contraídas polo seu fillo Fidípides, enganchado ás apostas de cabalos.
Desesperado, pensa na única solución que atopa posível para afastar ao seu fillo deste mundo e encamiñalo na vida - ademais d desfacerse dos acreedores.
Deste xeito, decide levalo ao " Pensadeiro": unha escola poboada de seres extravagantes , raros, que se fan chamar " sofistas" ( clara crítica aos sofistas e Sócrates).
Esta escola está presidida polo maior dos farsantes, que é o filósofo, e todos pasan o día exercitándose no emprego do "Argumento Xusto" e do "inxusto", incansablemente.
Isto é: trata de demostrar que ambos son válidos en función dos propios intereses.
Fidípides négase a ingresar na escola e o pai diríxese a ela onde descubre a Sócrates suspendido no aire nunha cesta...
Móstrase devoto dunhas divinidades en contra da relixión establecida : as Nubes.
Fidípides acaba por ser discípulo de Sócrates, por controlar o argumento xusto e o inxusto e, por tanto, acaba por rebater os argumentos contra a obriga de saldar as débedes. Non só iso: acaba demostrando o xusto e beneficioso que é pegar aos pais.
Estrepsíades termina co caso prendendo lume ao Pensadeiro e a obra finaliza ca intervención do coro das Nubes.
Comentarios (0) - Categoría: GREGO - Publicado o 22-01-2019 11:52
# Ligazón permanente a este artigo
Comedia de Aristófanes
Aristófanes

Existen poucos datos acerca da biografía de Aristófanes. Sabemos que naceu en torno ao 450 a.C.
A súa produción literaria é moi ampla e está relacionada coa internsa vida política que lle tocou vivir.
Conservamos completas once comedias:
Os acarnienses, Os cabaleiros, As nubes, As vespas, A paz, As aves, Lisístrata, As Tesmoforias, As rás, As asembleístas, Pluto.

As comedia de Aristófanes parten da realidade, tratando un tema serio que afecta aos cidadáns (idea crítica), pero tratado dun xeito divertido, desenfadado e tolo (tema cómico). Ao problema o
autor búscalle unha solución enxeñosa e fantasiosa ou absurda. Deste xeito, fai unha crítica satírica da vida e dos problemas contemporáneos.

A lingua empregada por Aristófanes é moi rica; é capaz de introducir nas súas obras calquera estilo ademais do puramente cómico (retórico, xurídico, épico, tráxico, lírico...) Ademais atopamos numerosos recursos como: xogos de palabras, aliteración, creación de novos termos, dialectalismos.... Ademais do humor textual, atopamos nas obras de Aristófanes un humor xestual e visual; moitas veces de carácter obsceno e sexual. Porén, Aristófanes non cae no abuso e ao longo da súa produción cada vez emprega menos este recurso. Cada vez destaca máis o humor intelectual.

Comentarios (0) - Categoría: 2º BAC - Publicado o 18-01-2019 14:02
# Ligazón permanente a este artigo
Fábula para o día 22 de xaneiro
A, 22. [Pastor et capella].

Nihil ita occultum esse quod non reveletur.

Pastor capellae cornu baculo fregerat:

Rogare coepit ne se domino proderet.

«Quamvis indigne laesa, reticebo tamen;

Sed res clamabit ipsa quid deliqueris».
Comentarios (0) - Categoría: 2º BAC - Publicado o 16-01-2019 11:38
# Ligazón permanente a este artigo
Fábula para o martes
V, 9. Taurus et vitulus.

Angusto in aditu taurus luctans cornibus

Cum vix intrare posset ad praesepia,

Monstrabat vitulus quo se pacto plecteret1. ( plecto: torcer. Xirar, virar).

«Tace» inquit «ante hoc novi quam tu natus es».

Qui doctiorem emendat sibi dici putet.
Comentarios (0) - Categoría: 2º BAC - Publicado o 10-01-2019 16:01
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal