CAVE CANEM! CLASICANDO...


CLASICANDO
CAVE CANEM

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Fábula
Repente liberalis stultis gratus est,

El [ generoso] repentinamente ( por sorpresa) agrada a los incautos,

verum peritis inritos tendit dolos.

pero tiende vanos engaños a los expertos ( pierde el tiempo con los expertos).


Eutropio. Libro IV. 10]

Tertium deinde bellum contra Carthaginem suscipitur, sexcentesimo et altero ab urbe condita anno, L. Manlio Censorino et M. Manilio consulibus, anno quinquagesimo primo postquam secundum Punicum transactum erat. Hi profecti Carthaginem oppugnaverunt. Contra eos Hasdrubal, dux Carthaginiensium, dimicabat.
A continuación, declárase a terceira contenda contra Cartago no ano 602 dende a fundación da cidade, cando eran cónsules L. Manlio Censorino e M. Manilio, no ano 51 despois de que acontecera a Segunda [ Guerra Púnica]. Estes loitaron, tras ser enviados a Cartago. Tamén loitaba contra eles Asdrúbal, xeneral cartaxinés.
Comentarios (0) - Categoría: 2º BAC - Publicado o 20-02-2019 11:45
# Ligazón permanente a este artigo
Historiografía. Tito Livio
HISTORIOGRAFÍA. TITO LIVIO.


HISTORIOGRAFÍA.

La Historiografía tiene por objeto la reconstrucción e interpretación de los eventos históricos.
Nace en Grecia como exposición escrita de una investigación crítica del pasado .
Sus fundadores son Herodoto (S V a.C) y Tucídides (S. IV a. C).

En Roma estuvo más orientada a finalidades políticas y a la exaltación patriótica que a la investigación y exposición veraz de los hechos.
Además, para los romanos la historia era “magistra vitae” porque en el pasado podían encontrarse ejemplos de conducta y ella podía ser vehículo adecuado para transmitir y perpetuar valores humanos.

Rasgos de la historiografía romana serían, pues, carácter patrótico, la intencionalidad moral y el compromiso político.

HISTORIOGRAFÍA DE ÉPOCA REPUBLICANA. TITO LIVIO (59 A.c.- 16 D. C.)

Contemporáneo de Augusto, Tito Livio se dedicó al estudio de las letras en el panorama cultural de finales de la República y comienzos del Imperio. Volcó su vida en la tarea de escribir la historia de Roma desde su fundación.

Su obra se titula “Ab urbe condita” , y cuenta la historia de Roma desde los orígenes hasta la muerte de Druso, en el siglo I de nuestra era (9 d.C.) Constaba de 142 libros divididos en 10 grupos, llamados “décadas”. Sólo se conservan los libros del I al X - la primera década.- y los que van del XXI al XLV, en total 35 libros, menos de la cuarta parte de la obra. De haberse conservado entera, la obra de Tito Livio ocuparía 10.000 páginas actuales, la obra de toda una vida.

En parte, la excepcional extensión hace que no se haya conservado entera. Desde muy temprano empezaron a escribirse resúmenes utilizados como manuales de historia. De estos compendios o epítomes son famosos los de Floro (S. II) y Eutropio (S. IV).
Para llevar a cabo su trabajo, Livio encontró tres problemas básicos:

- Carencia de información.
- Imposibilidad de acceder a los archivos públicos y privados.
- Carencia de formación política de tipo práctico.

Elabora así Livio su historia sobre materiales que, en muchas, ocasiones son de segunda mano y obras de autores que no conocemos bien – de donde selecciona o elimina datos a cenveniencia.
Confeccionó una historia que no puede ser muy original y crítica aunque sí completa e imparcial hasta cierto punto.
Dota a su historia de sentido didáctico según la concepción de la historia como “magistra vitae”.
Reflejando su mentalidad nacionalista, elabora la imagen del romano ideal, heroico, trabajador, constante, amante de la tradición, respetuoso con los dioses (presentes por cierto en la propia evolución histórica - fatum- hilos del cual parecen ser movidos por los dioses). A veces los dioses son empleados para explicar determinados acontecimientos. Aun así, sus análisis y explicaciones son escasos.

Estilo.

- Tito Livio no tiene un estilo tan claro como el de César ni tan simple como el de Nepote o complejo como el de Salustio.
- Recibe la influencia retórica en su estilo literario, no es homogéneo.
- Su historia no es fría: está plena del ideal augusteo : mirada al pasado o el renacimiento de los valores para la regeneración de Roma
( por otra parte, necesaria para salir de su truculenta historia).

Livio y la posteridad.

La valoración de esta obra ha pasado por muchas vicisitudes. Su influencia ha excedido el campo de la historiografía para proyectarse sobre el del pensamiento político desde Dante y Maquiavelo a Montesquieu y los protagonistas de la Revolución francesa.
Un análisis más moderno le achaca defectos: poco rigor a la hora de contrastar fuentes, exceso de nacionalismo, frecuentes anacronismos...
El propio autor se adelanta a estas críticas y se queja de la poca fiabilidad de sus fuentes (vid. supra) o de las diferentes versiones que existen sobre un mismo hecho.

Lo que nadie ha discutido, sin embargo, es el enorme valor literario de su obra. Para él su obra tenía una función cívica y él era un ciudadano de su tiempo que difícilmente podía sustraerse al ambiente de exaltación nacional que se vivía en la Roma de Augusto.
Comentarios (0) - Categoría: Nova categoría. Literatura en castelán - Publicado o 20-02-2019 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
EPICA GREGA. Homero e a Ilíada
1.- Características da épica grega.

A épica grega ten a súa orixe nos poemas sobre lendas e xestas guerreiras que os aedos micénicos cantaban de cidade en cidade acompañados por un instrumento de corda. Os poemas homéricos son froito dunha longa tradición oral. Os poemas épicos eran compostos e transmitidos na súa orixe sen axuda da escritura. Para poder cantar ou recitar estes poemas
de memoria os aedos e os rapsodos recorrían a diversas técnicas: emprego da música, de epítetos atribuídos a deuses e heroes, mesmos adxectivos para os mesmos substantivos,repetición de versos enteiros,comparación, etc. Cando os poemas se puxeron por escrito xa en época clásica, conservaron ditas características.

As características principais da épica grega son:

- Lingua arcaizante e artificial. Fundamentalmente dialecto xonio (tamén eolio, xónico e outros desaparecidos). Palabras transformadas ou adaptadas por necesidades métricas.

- Linguaxe formularia. Conxunto de frases feitas e fixas. Versos enteiros repetidos.

- Epítetos fixos para deuses e heroes. Aquiles, o dos pés lixeiros; Héctor, o domador de cabalos; Agamenón, o pastor de homes; Ulises, o rico en tretas; os aqueos son os de fermosas grebas... Zeus é o que amontona nubes; Atenea, a dos
ollos de curuxa; Hera, a dos níveos brazos. Estes epítetos son ornamentais e repítense aínda que non se correspondan ca realidade do momento: as naves sempre son rápidas ou veloces, aínda que estean varadas na praia dende fai anos.

- Uso de tópicos. Símiles e comparacións con animais e a natureza; temas como asembleas, catálogos de tropas, descrición de batallas, de armas...

- Métrica. Hexámetro verso de seis pés formados por unha sílaba longa e dúas breves . As sílabas breves poden ser substituídas por unha longa.

- Invocación á Musa ao comezo do poema e en lugares destacados do poema para que sirva de inspiración ao poeta.

- Escenas típicas: escenas de combate, de preparación de sacrificios, etc. Sempre
descritas do mesmo xeito e con multitude de detalles.

- Digresións que desvían a narración a temas e personaxes alleos ao argumento central.

- Estilo directo nos discursos de heroes e deuses.

- Símiles e comparacións. Compáranse as accións heroicas con elementos do mundo cotián e da natureza. Por exemplo, o avance do exército é comparado cas espigas movidas polo vento ou con bandadas de paxaros. O símil nunca é unha breve alusión a un obxecto, senón que é descritivo: introdúcese unha breve escena no medio da narración.

2. A Ilíada.

- Tema e estrutura:

A Ilíada non narra a guerra de Troia, senón uns dez días do noveno e último ano do enfrontamento entre gregos e troianos. O tema, como se le nos primeiros versos, é a cólera de Aquiles, as súas causas e as súas consecuencias. Homero fainos ver como un episodio a priori menor pode incidir no desenlace dunha xesta tan importante como a guerra de Troia e a definitiva destrución da cidade.

A Ilíada está formada por 24 cantos, rapsodias ou libros (división que fixeron os estudosos alexandrinos no século II a.C.). O contido dos cantos é o seguinte:

Canto I: Apolo fai caer unha peste sobre o campamento grego e esixe a devolución de Criseida ao seu pai (o sacerdote de Apolo, Crises).
Agamenón devolve a súa escrava, pero arrebata a Aquiles a súa, Briseida. Aquiles, furioso, abandona o combate.

Cantos II ao X: vemos combater aos heroes gregos (Menelao, Diomedes, Áíax) contra os troianos (Héctor); pero sofren grandes perdas.

Canto XI: os gregos amosan nerviosismo ante o avance dos troianos. O ancián Néstor roga a Patroclo que convenza a Aquiles de volver á loita. Sen resultados.

Cantos XII ao XVI: Aquiles permite a Patroclo unirse á loita cando os troianos xa están queimando as naves gregas. Ademais préstalle a súa armadura. Patroclo enfróntase a Héctor, que cre loitar contra Aquiles, e morre.

Cantos XVII ao XXII: Aquiles volve, enfurecido e cargado de ira e dor, á batalla. Tetis, súa nai, dálle unha nova armadora forxada por Hefesto. Loita contra Héctor, mátao e ultraxa o seu cadáver atándoo ao eixo do seu carro e arrastrándoo polo chan.

Cantos XXIII e XXIV: Teñen lugar os xogos fúnebres de Patroclo e Príamo acude ao campamento grego a suplicar a devolución do cadáver do seu fillo.
Aquiles ten compaixón del e devólvelle o corpo. O poema remata cos funerais de Héctor.
Podemos facernos a idea de estrutura unitaria e conexa de toda a obra. A cólera de Aquiles ten unha causa clara (canto I) e unhas consecuencias que se desenvolven durante todo o poema e desembocan na morte e funeral de Héctor.
As accións que derivan das decisións vanse encadeando nunha relación lóxica ata o
final. O canto XI marca un punto de inflexión nos acontecementos. Tamén podemos apreciar a unidade da obra en pasaxes nos que de prepara e anticipa ou se retarda un acontecemento. Por exemplo, a despedida de Héctor e Andrómaca (canto VI).


Comentarios (0) - Categoría: GREGO - Publicado o 15-02-2019 22:20
# Ligazón permanente a este artigo
Literatura latina. Tito Livio. Historia.
HISTORIOGRAFÍA. HISTORIADORES DO ALTO IMPERIO.

TITO LIVIO.

HISTORIOGRAFÍA.


Disciplina que ten por obxecto a reconstrución e interpretación dos eventos históricos.
Nace en Grecia como exposición escrita dunha investigación crítica do pasado.
Fundadores: Herodoto (S V a.C) e Tucídides (S. IV a. C).
En Roma estivo máis orientada a finalidades políticas e á exaltación patriótica que á investigación e exposición veraz dos feitos.
Ademais, para os romanos a historia era magistra vitae porque no pasado podían atoparse exemplos de conduta e podía ser vehículo adecuado para transmitir e perpetuar valores humanos.
Trazos da historiografía romana serían pois carácter patriótico, intencionalidade moral e compromiso político.

HISTORIOGRAFÍA DE ÉPOCA REPUBLICANA- ALTO IMPERIO. TITO LIVIO (59 A.c.- 16 D. C.)

Contemporáneo de Augusto, dedicouse ao estudo das letras no panorama cultural de finais da República e comezos do Imperio. A súa vida centrouse na tarefa de escribir a historia de Roma desde a súa fundación.
A súa obra titúlase Ab urbe condita e conta a historia de Roma desde as orixes ate a morte de Druso, no século I de nosa era (9 d.C.)
Constaba de 142 libros divididos en 10 grupos, chamados décadas. Só se conservan os libros do I ao X - a primeira década.- e os que van do XXI ao XLV, en total 35 libros, menos da cuarta parte da obra.
De terse conservado enteira, a obra de Livio ocuparía 10.000 páxinas actuais, a obra de toda unha vida.
En parte, a excepcional extensión fai que non se conserve enteira.
Desde moi cedo empezaron a escribirse resumos utilizados como manuais de historia. Destes compendios ou epítomes son famosos os de Floro (S. II) e Eutropio (S. IV) autor de tradución de 2º de BAC para a selectividade.

Para levar a cabo o seu traballo Livio atopou tres problemas básicos:
- Carencia de información.
- Imposibilidade de acceder aos arquivos públicos e privados.
- Carencia de formación política de tipo práctico.

Elabora así Livio a súa historia sobre materiais que, en moitas, ocasións son de segunda man, obras de autores que non coñecemos ben de onde selecciona ou elimina datos a conveniencia.

Confeccionou unha historia que non pode ser moi orixinal e crítica aínda que si completa e imparcial ata certo punto.
Dota á súa historia de sentido didáctico segundo a concepción da historia como magistra vitae.
Reflectindo a súa mentalidade nacionalista, elabora a imaxe do romano ideal, heroico, traballador, constante, amante da tradición, respectuoso cos deuses (presentes por certo na propia evolución histórica - fatum- fíos do cal parecen ser movidos polos deuses). Ás veces, os deuses son empregados para explicar determinados acontecementos. Aínda así, as súas análises e explicacións son escasas.

Estilo.

Non ten un estilo tan claro como o de César nin tan simple como o de Nepote ou complexo como o de Salustio.
Recibe influencia da retórica no seu estilo literario, non é homoxéneo.
A súa historia non é fría senón chea do ideal augusteo : mirada ao pasado, renacemento dos valores para a rexeración de Roma ( por outra banda, necesaria para saír da súa truculenta historia), patriotismo e nacionalismo...
Livio e a posteridade.
A valoración desta obra pasou por moitas vicisitudes. A súa influencia excedeu o campo da historiografía para proxectarse sobre o do pensamento político desde Dante e Maquiavelo a Montesquieu e os protagonistas da Revolución francesa.
Unha análise máis moderna achácalle defectos: pouco rigor á hora de contrastar fontes, exceso de nacionalismo, frecuentes anacronismos...
O propio autor adiántase a estas críticas e quéixase da pouca fiabilidade das súas fontes (vide. supra) ou das diferentes versións que existen sobre un mesmo feito.

VALOR DA OBRA DE TITO LIVIO.

O que ninguén discutiu é o enorme valor literario da súa obra. Para el a súa obra tiña unha función cívica e el era un cidadán do seu tempo , que dificilmente podía subtraerse ao ambiente de exaltación nacional que se vivía na Roma de Augusto.

Livio non é un historiador "científico". Non podemos consideralo, como Dante, unha fonte segura: o seu moi escaso sentido crítico, a demasía da súa subxectividade e o seu excesivo patriotismo impídennolo. De calquera xeito, poucos historiadores antigos o fixeron mellor e moitos bastante peor. O seu principal mérito consiste en ter posto na práctica, cunha arte superior, a concepción ciceroniana da historia: opus oratorium maxime. Tamén debemos destacar o feito de que logrou encarnar nun pobo e nos seus representantes unha visión moral do mundo conservadora, pero portadora dun ideal de liberdade, de uirtus, de concordia e de grandeza.
Comentarios (0) - Categoría: Literatura Latina - Publicado o 12-02-2019 13:13
# Ligazón permanente a este artigo
ARISTÓFANES III. Cuestións tratadas nas Nubes

O argumento principal desta comedia escrita en torno ao 423 a. C. é a crítica do sistema educativo do momento coa penetración das novas tendencias encarnadas en Sócrates e os Sofistas. O autor fai destes o branco ideal dos seus ataques por ser considerados uns excéntricos e manipuladores expertos en manexar o Argumento Xusto e Inxusto ( á vez que con eles se mostran respectivamente as cuestións relativas ás tendencias tradicionais e ás máis innovadoras).
As consecuencias deste tipo de doctrina serán desastrosas - posto que coas novas tendencias o sistema tradicional de orde e imperio da xustiza e do dereito está destinado a perecer en favor da inxustiza e do emprego da forza.
Pode ser considerado Aristófanes como un reaccionario ante a realidade do seu tempo en tódolos ámbitos pero, concretamente, neste aspecto sobre a educación, non fai máis que mostrar a vivencia dunha época que posteriormente se mostrou contraria a Sócrates, tal que como se desenvolveron os acontecementos coa súa condena e posteriores xuizo e morte.


Comentarios (0) - Categoría: 2º BAC - Publicado o 28-01-2019 11:14
# Ligazón permanente a este artigo
Aristófanes II. AS NUBES.
Argumento.

Un vello ateniense, Estrepsíades, vése agobiado polas débedas contraídas polo seu fillo Fidípides, enganchado ás apostas de cabalos.
Desesperado, pensa na única solución que atopa posível para afastar ao seu fillo deste mundo e encamiñalo na vida - ademais d desfacerse dos acreedores.
Deste xeito, decide levalo ao " Pensadeiro": unha escola poboada de seres extravagantes , raros, que se fan chamar " sofistas" ( clara crítica aos sofistas e Sócrates).
Esta escola está presidida polo maior dos farsantes, que é o filósofo, e todos pasan o día exercitándose no emprego do "Argumento Xusto" e do "inxusto", incansablemente.
Isto é: trata de demostrar que ambos son válidos en función dos propios intereses.
Fidípides négase a ingresar na escola e o pai diríxese a ela onde descubre a Sócrates suspendido no aire nunha cesta...
Móstrase devoto dunhas divinidades en contra da relixión establecida : as Nubes.
Fidípides acaba por ser discípulo de Sócrates, por controlar o argumento xusto e o inxusto e, por tanto, acaba por rebater os argumentos contra a obriga de saldar as débedes. Non só iso: acaba demostrando o xusto e beneficioso que é pegar aos pais.
Estrepsíades termina co caso prendendo lume ao Pensadeiro e a obra finaliza ca intervención do coro das Nubes.
Comentarios (0) - Categoría: GREGO - Publicado o 22-01-2019 11:52
# Ligazón permanente a este artigo
Comedia de Aristófanes
Aristófanes

Existen poucos datos acerca da biografía de Aristófanes. Sabemos que naceu en torno ao 450 a.C.
A súa produción literaria é moi ampla e está relacionada coa internsa vida política que lle tocou vivir.
Conservamos completas once comedias:
Os acarnienses, Os cabaleiros, As nubes, As vespas, A paz, As aves, Lisístrata, As Tesmoforias, As rás, As asembleístas, Pluto.

As comedia de Aristófanes parten da realidade, tratando un tema serio que afecta aos cidadáns (idea crítica), pero tratado dun xeito divertido, desenfadado e tolo (tema cómico). Ao problema o
autor búscalle unha solución enxeñosa e fantasiosa ou absurda. Deste xeito, fai unha crítica satírica da vida e dos problemas contemporáneos.

A lingua empregada por Aristófanes é moi rica; é capaz de introducir nas súas obras calquera estilo ademais do puramente cómico (retórico, xurídico, épico, tráxico, lírico...) Ademais atopamos numerosos recursos como: xogos de palabras, aliteración, creación de novos termos, dialectalismos.... Ademais do humor textual, atopamos nas obras de Aristófanes un humor xestual e visual; moitas veces de carácter obsceno e sexual. Porén, Aristófanes non cae no abuso e ao longo da súa produción cada vez emprega menos este recurso. Cada vez destaca máis o humor intelectual.

Comentarios (0) - Categoría: 2º BAC - Publicado o 18-01-2019 14:02
# Ligazón permanente a este artigo
Fábula para o día 22 de xaneiro
A, 22. [Pastor et capella].

Nihil ita occultum esse quod non reveletur.

Pastor capellae cornu baculo fregerat:

Rogare coepit ne se domino proderet.

«Quamvis indigne laesa, reticebo tamen;

Sed res clamabit ipsa quid deliqueris».
Comentarios (0) - Categoría: 2º BAC - Publicado o 16-01-2019 11:38
# Ligazón permanente a este artigo
Fábula para o martes
V, 9. Taurus et vitulus.

Angusto in aditu taurus luctans cornibus

Cum vix intrare posset ad praesepia,

Monstrabat vitulus quo se pacto plecteret1. ( plecto: torcer. Xirar, virar).

«Tace» inquit «ante hoc novi quam tu natus es».

Qui doctiorem emendat sibi dici putet.
Comentarios (0) - Categoría: 2º BAC - Publicado o 10-01-2019 16:01
# Ligazón permanente a este artigo
Enlaces para acceder á obra de lectura " Ars Amandi" de Ovidio.
Deixovos dous links para que poidades acceder á obra de lectura para este Nadal. Lembrade que tedes exemplares na biblioteca pública.
Felices vacacións.

- Bilio3
- Bibliotecavirtual
Comentarios (0) - Categoría: 1º BAC - Publicado o 21-12-2018 13:41
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal