CAVE CANEM! CLASICANDO...


CLASICANDO
CAVE CANEM

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ARISTÓFANES III. Cuestións tratadas nas Nubes

O argumento principal desta comedia escrita en torno ao 423 a. C. é a crítica do sistema educativo do momento coa penetración das novas tendencias encarnadas en Sócrates e os Sofistas. O autor fai destes o branco ideal dos seus ataques por ser considerados uns excéntricos e manipuladores expertos en manexar o Argumento Xusto e Inxusto ( á vez que con eles se mostran respectivamente as cuestións relativas ás tendencias tradicionais e ás máis innovadoras).
As consecuencias deste tipo de doctrina serán desastrosas - posto que coas novas tendencias o sistema tradicional de orde e imperio da xustiza e do dereito está destinado a perecer en favor da inxustiza e do emprego da forza.
Pode ser considerado Aristófanes como un reaccionario ante a realidade do seu tempo en tódolos ámbitos pero, concretamente, neste aspecto sobre a educación, non fai máis que mostrar a vivencia dunha época que posteriormente se mostrou contraria a Sócrates, tal que como se desenvolveron os acontecementos coa súa condena e posteriores xuizo e morte.


Comentarios (0) - Categoría: 2º BAC - Publicado o 28-01-2019 11:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal