CAVE CANEM! CLASICANDO...


CLASICANDO
CAVE CANEM

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Aristófanes II. AS NUBES.
Argumento.

Un vello ateniense, Estrepsíades, vése agobiado polas débedas contraídas polo seu fillo Fidípides, enganchado ás apostas de cabalos.
Desesperado, pensa na única solución que atopa posível para afastar ao seu fillo deste mundo e encamiñalo na vida - ademais de desfacerse dos acreedores.
Deste xeito, decide levalo ao " Pensadeiro": unha escola poboada de seres extravagantes e raros, que se fan chamar " sofistas" ( clara crítica aos sofistas e Sócrates).
Esta escola está presidida polo maior dos farsantes, que é o filósofo; todos pasan o día exercitándose no emprego do "Argumento Xusto" e do " Argumento inxusto", incansablemente.
Isto é: tratan de demostrar que ambos son válidos en función dos propios intereses.
Fidípides négase a ingresar na escola e o pai diríxese a ela onde descubre a Sócrates suspendido no aire nunha cesta...
Móstrase devoto dunhas divinidades en contra da relixión establecida : as Nubes.
Fidípides acaba por ser discípulo de Sócrates, por controlar o argumento xusto e o inxusto e, por tanto, acaba por rebater os argumentos contra a obriga de saldar as débedas. Non só iso: acaba demostrando o xusto e beneficioso que é pegar aos pais.
Estrepsíades termina co caso prendendo lume ao Pensadeiro e a obra finaliza ca intervención do coro das Nubes.
Comentarios (0) - Categoría: GREGO - Publicado o 22-01-2019 11:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0