CAVE CANEM! CLASICANDO...


CLASICANDO
CAVE CANEM

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Comedia de Aristófanes
Aristófanes

Existen poucos datos acerca da biografía de Aristófanes. Sabemos que naceu en torno ao 450 a.C.
A súa produción literaria é moi ampla e está relacionada coa internsa vida política que lle tocou vivir.
Conservamos completas once comedias:
Os acarnienses, Os cabaleiros, As nubes, As vespas, A paz, As aves, Lisístrata, As Tesmoforias, As rás, As asembleístas, Pluto.

As comedia de Aristófanes parten da realidade, tratando un tema serio que afecta aos cidadáns (idea crítica), pero tratado dun xeito divertido, desenfadado e tolo (tema cómico). Ao problema o
autor búscalle unha solución enxeñosa e fantasiosa ou absurda. Deste xeito, fai unha crítica satírica da vida e dos problemas contemporáneos.

A lingua empregada por Aristófanes é moi rica; é capaz de introducir nas súas obras calquera estilo ademais do puramente cómico (retórico, xurídico, épico, tráxico, lírico...) Ademais atopamos numerosos recursos como: xogos de palabras, aliteración, creación de novos termos, dialectalismos.... Ademais do humor textual, atopamos nas obras de Aristófanes un humor xestual e visual; moitas veces de carácter obsceno e sexual. Porén, Aristófanes non cae no abuso e ao longo da súa produción cada vez emprega menos este recurso. Cada vez destaca máis o humor intelectual.

Comentarios (0) - Categoría: 2º BAC - Publicado o 18-01-2019 14:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal