CAVE CANEM! CLASICANDO...


CLASICANDO
CAVE CANEM

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Poesía Lírica Arcaica. Algúns Apuntes.
Alceo de Mitilene(floruit c. 630 a.C.).

aceu en Mitilene, na illa de Lesbos e
pertenceu á aristocracia local. Enfrontouse
a tiranía e foi desterrado varias veces.
Os principais temas que trata son: os
banquetes e a exaltación do viño, que leva
ao esquecemento; a política e a súa
oposición aos tiranos; e os temas sobre
todo o humano, como a morte e o amor.
Debémoslle a metáfora, moi empregada
posteriormente, que compara a marcha
política da cidade a unha nave en alta mar
exposta ás tempestades.
Fai uso do mito, incluso nos textos políticos.
Tamén escribiu himnos aos deuses.


- Safo de Lesbos.

Naceu tamén en Mitilene, entre o 610 e o 630
a.C., nunha familia aristocrática. No mundo
antigo chegou a ser considerada como a
décima musa. Casou cun comerciante rico co
que tivo unha filla, Cleis. Quedou viúva moi
nova e parece que dirixiu unha asociación ou
escola para doncelas ás que instruía en
poesía, música, danza e canto.

Escribiu nove libros de odas, epitalamios, elexías e himnos, pero só nos quedan fragmentos da súa obra. O seu tema fundamental é o amor.
A poesía de Safo é sinxela e poderosa ao mesmo tempo, reflicte unha grande humanidade e profundidade no coñecemento dos sentimentos, especialmente dos femininos.
Escribe en dialecto lesbio e na chamada estrofa sáfica. Os seus poemas son de grande perfección formal. Foi imitada polos poetas latinos Catulo e Ovidio.


- Anacreonte de Teos (c. 520-435 a.C.)

Naceu en Teos, cidade de Xonia. Foi un poeta viaxeiro, traballando na corte de varios tiranos. Viviu case noventa anos.
A súa produción poética ten tres temas centrais: o banquete e o viño, o amor, e as etapas da vida, sobre todo a vellez.
O seu metro é variado, a súa linguaxe clara e realista e as súas imaxes e reflexións serias e profundas.

Comentarios (0) - Categoría: GREGO - Publicado o 08-12-2018 16:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal