CAVE CANEM! CLASICANDO...


CLASICANDO
CAVE CANEM

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Preguntas Teóricas. ABAU 2018. O Mito de Edipo.
Edipo era fillo dos reis de Tebas: Laio e Iocasta. Un oráculo dixera que mataría ao seu pai e casaría coa súa nai.
Laio, para evitar o dito polo oráculo, abandonouno no monte Citerón despois de perforarlle os pés ( en grego o seu nome significa “pés inflamados”).

De adulto, xa recollido polo seu pai adoptivo, o rei de Corinto, un oráculo reveloulle a maldición e aconselloulle que abandonara a súa patria . Fuxindo, no camiño, tivo un enfrontameento cun home ao que matou: ao seu pai. Sen saber que chegara á súa patria, adentrouse en Tebas onde a Esfinxe devoraba a todos os que pasaban polos seus dominios despois de plantexarlles enigmas imposibles de responder. Edipo resolveu o seguinte: “ que animal ten catro patas pola mañá, dúas a mediodía e tres pola noite?” A resposta era "o home" ( na infancia, de adulto e de vello). Vence á Esfinxe e libera a Tebas, casa con Iocasta viúva e o Oráculo cúmprese.
Algún tempo despois, unha peste asolou Tebas e Edipo, que intentara averiguar qué criminal a suscitara, descubre que fora el mesmo. Arríncase os ollos, Iocasta suicídase, os seus fillos Eteocles e Polinices expúlsano e vólvese exiliar acompañado pola súa filla Antígona.
Cerca de Atenas, en Colono, o seu rastro desapareceu.
Edipo é a personaxe central da traxedia de Sófocles “ Edipo Rei” considerada obra mestra do escritor e a peza máis importante do teatro grego.
“Edipo en Colono” é a súa continuación así coma “Antígona”.

Empregando o rostro de Edipo ( paradigma do home dobre, o home transmutado) a regra encárnase nel trocándoo totalmente e transformando ao rei divino en chivo expiatorio. Velaquí o sentido tráxico do mito de Edipo.

Recomendamos ver o documental sobre este mito en : RTVE, “Televisión a la carta”, Edipo. Duración: 20 min.
Comentarios (0) - Categoría: GREGO - Publicado o 15-11-2017 13:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal