CAVE CANEM! CLASICANDO...


CLASICANDO
CAVE CANEM

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Historia de Roma. As guerras Púnicas.
ROMA E CARTAGO

Cartago era unha antiga colonia Fenicia situada ao Norte de África, perto da actual Túnez.
A comezos do Século III. a.C. convertérase nunha auténtica potencia militar e económica que dominaba as rotas marítimas de todo o Mediterráneo, a súa posesión da metade occidental de Sicilia , de Córcega e de Cerdeña e as súas colonias nas Costas norteafriacanas garantíronlle o completo dominio dos mares e de toda esta parte do orbe.
Tiña, Cartago, no entanto, tres puntos fracos:
- Exército composto por mercenarios versus as tropas romanas que recrutaban cidadáns.
Escasa coherencia xeográfica versus os dominios Itálicos ben delimitados.
Continua ameaza dunha rebelión armada de parte dos libios.
Romanos e Cartaxineses libraron tres e importantes guerras coñecidas como : Guerras Púnicas durante boa parte do Século III e II a. C.

Primeira Guerra Púnica.
Produciuse pola rivalidade do Tirreno e isto leva a Roma a adaptarse a unha nova modalidade de guerra: a naval.
Os combates terrestres teñen como escenario a illa de Sicilia e o norte de África. As victorias e as derrotas sucédense alternativamente para ambos bandos e tras máis de vinte anos de Guerra , 23, dáse a batalla decisiva no mar. A flota romana consegue a vitoria sobre Cartago comandada por Amilcar Barca e Sicilia convértese en provincia romana.

A segunda Guerra Púnica.
Esta campaña foi moito máis perigosa para Roma. O desencadeante das hostilidades foi o ataque por parte de Haníbal, xeneral cartaxinés á cidade Hispana de Sagunto aliada de Roma, no 218 a. C.
Aníbal, provisto de un exército de elefantes marcha rapidamente sobre Italia e sorprende aos romanos no seu propio terreo.
Durante dezaoito anos, Italia será o escenario dos enfrontamentos e Roma verase obrigada a loitar desesperadamente.
As primeiras batallas- Tesino, Trasimeno, Trebia, Cannae- foron desastrosas para os romanos que perderon miles de homes.
E ve cómo cidades aliadas se pasan ao bando dos Cartaxineses- Capua e Siracusa-

A chamada " Terceira Guerra Púnica", desde o 149 ao 146 a. C. consistiu, basicamente, no asedio de Cartago por parte de Rom, chegando á destrución da mesma e declarándoa maldita. Isto supuxo a morte ou escravitude dos seus habitantes e aliados.

Comentarios (0) - Categoría: 1º BAC - Publicado o 23-01-2017 15:59
# Ligazón permanente a este artigo
RESUMOS DE HISTORIA. REPÚBLICA
Roma e o seu legado
Sinopse histórica. A expansión de Roma (509-133 a.C.)


A conquista de Italia (458-265 a.C)

Os romanos explicaron o inicio da súa expansión pola necesidade de protexerse dos ataques dos pobos veciños. Os avances foron lentos e con algunhas derrotas que chegaron a ameazar a supervivencia da propia Roma. O control de Italia non se completou ata o 265 a.C. coa ocupación das colonias da Magna Grecia.


A conquista do Mediterráneo (264-31 a.C.)

A conquista do sur de Italia por Roma ameazaba a hexemonía de Cartago no Mediterráneo, desencadeando pouco despois as Guerras Púnicas (264-146 a.C.). A derrota de Cartago, favorecida pola vitoria de Escipion sobre Aníbal , permitiu a Roma ocupar todo o Mediterráneo central e Occidental incluíndo o sureste de Francia, norte de África, Sicilia, Córcega e España (133 a.C.).


AS GUERRAS PÚNICAS

Desde o s. IV a.C. e como consecuencia da descomposición da civilización grega e do Imperio de Alejandro Magno Cartago mantiña unha posición heXemónica no Mediterráneo que se viu ameazada coa conquista por Roma do sur de Italia.
O dominio da illa de Sicilia foi o desencadenante do conflito que enfrontou a ambas potencias nas tres Guerras Púnicas (264-146 a.C.).
Tras moitos avatares, os romanos derrotaron aos cartaXineses e obtiveron Sicilia.

Durante a Segunda Guerra Púnica (218-201 a.C.), Italia estivo ocupada 10 anos polo xeneral cartaxinés Anibal, incluso Roma viuse asediada e estivo a piques de perecer. Pero Escipión destruíu o poder de Anibal en África, na batalla de Zama (202 a.C.). Trala guerra os cartaxineses cederon Hispania e África a Roma.
Finalmente, na Terceira Guerra Púnica (149-146 a.C.), Cartago foi arrasada e os seus dominios convertidos en ager publicus de Roma.

Expansión de Roma.

Terminada a conquista do Mediterráneo occidental, a expansión polo Mediterráneo oriental únicamente pódese explicar por ambicións imperialistas. Os reinos helenísticos foron conquistados progresivamente: primeiro Macedonia e Grecia (147 a.C.), despois Siria e Asia Menor (129 a.C.) e finalmente Egipto por Octavio (30
a.C.).

A finais do s. I a.C. o Mediterráneo converteuse así nun lago romano, ata o extremo de denominárselle Mare Nostrum.

A crise republicana (133-31 a.C.)
Os principais beneficiarios da expansión territorial romana foron os ricos comerciantes plebeos e sobre todo as grandes familias patricias (optimates) que recibiron inmensos latifundios traballados por escravos.

Con todo, a guerra arruinou aos campesiños pobres que se viron obrigados a emigrar. Roma converteuse nunha gran urbe cunha numerosa plebe empobrecida que sobrevivía grazas aos repartos do Estado, a traballos ocasionales ou á súa actividade como clientes .
Baixo este contexto sucedéronse as guerras sociais, desde o s.II a.C.

Dentro de Roma....
- Intentos de reforma agraria dos irmáns Graco a mediados do s. II a.C.
- Levantamiento dos pobos itálicos polo dereito completo de cidadanía (91-89 a.C.)
- Revolta de escravos de Espartaco (73-71 a.C.).
a incapacidade das institucións republicanas para garantir a paz social xunto coas ambicións persoais precipitaron o fin da República entre ditaduras, triunviratos e guerras civís:
- Guerra Social entre Mario e Sila (90-88 a.C.)
- Ditadura de Sila (82-80 a.C.)
- Sucesión de triunviratos . Asasinato de César.

O Primeiro Triunvirato (59-48 a.C.) entre Pompeio, Craso e César terminou co poder en mans de César logo dunha guerra civil con Pompeio.

Tralo asasinato de César no ano 44 a.C., a.C. formouse o Segundo Triunvirato (43-31 a.C. ) entre Octavio , Lépido e Marco Antonio.


O triunfo de Octavio (31 a.C.) sobre Marco Antonio logo dunha nova guerra civil, permitiulle a liquidación do réxime republicano e o establecemento do Principado co que se inicio o período imperial.













Comentarios (0) - Categoría: 1º BAC - Publicado o 10-01-2017 13:49
# Ligazón permanente a este artigo
Comentarios (0) - Categoría: 1º BAC - Publicado o 15-10-2015 19:10
# Ligazón permanente a este artigo
HISTORIA DE ROMA. SOCIEDADE E CONFLICTOS SOCIAIS NA REPÚBLICA ROMANA.
Primeira presentación dunha serie que aborda a historia de Roma. Ten formato FLASH e un tamaño de 3 MB de descarga. Para acceder á presentación, pinchade aquí.
Comentarios (0) - Categoría: 1º BAC - Publicado o 26-11-2012 17:17
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal