O Blog de Anxélica
Exposición de Susan Philipsz no CGAC
Creación escultórica do son. Con estas palabras pódese definir a obra desta artista escocesa, participante, entre outros, na Manifesta 3 (Ljubljana, 2000) ou na Trienal of British Art (Londres, 2003).
O poder evocador da música transforma e rediseña as salas do CGAC, con salas núas revestidas dun branco puro, como unha noiva a punto de contraer matrimonio, matrimonio co emocional, coa memoria do espectador, co que se xogará durante todo o proceso de recepción artístico. O inmaterial, o invisibel, crea un espazo físico, tanxible a través do cal o receptor discurre perplexo, sen saber a onde o leva o inmaculado espazo, envolto polo poder evocador da música transformada, rediseñando as salas do CGAC.
A extrapolación de diferentes músicas conducidas pola propia voz da artista e traídas a este espazo, xoga coa memoria do visitante (tanto individual como colectiva), creando asociacións co pasado e realizando un xogo emocional que consigue un acercamiento entre a obra e o espectador.
Susan Philipsz condúcenos a través de sete obras a un mundo novo, máxico e indeleble. Cecais non sexa un tema totalmente novedoso, e se atope influída por Kristin Oppenheim, o cual nas súas instalacións minimalistas prescinde do visual para potenciar a súa voz.
Company conduce ao piano agochado, música que soa nunha habitación contigua, coa melodía central do film Don´t Look now de Nicholas Roeg, recreando os temas da ausencia e  anhelo. En The Dead, unha pantalla en negro na que apenas se poden distinguir uns puntos brancos, recorda á nevada do final do filme, levado ao cine por John Huston.
The Glass Track: o son de bocas de vasos frotados cos dedos e con diferentes niveis de auga. En
There is Nothing Left Here
(canción de Bonnie Prince Billy), remite a aquel verán do cal agora “non queda nada” como moi ben versa o título, cuns vacíos na composición que evocan melancolía e falta no espectador.
From the beginning combina tres cancións, levando dende o nacimento á morte de forma cíclica. En Let it Breathe os tubos de órgano crean figuras no espazo invisibels, evocando aquelo que xa non está.
Por último, Follow me, obra situada en Bonaval, co tema Happenings 10 years time ago dos Yard Birds, refláxanse esas voces que desapareceron pero continúan aquí a través do tiempo.
Rematando, o espectador veo todo e non ve nada, realizando unha viaxe ao interior de si mesmo.
P.D.: Xa sei que levo demasiado sen actualizar o blog, pero agora que internet volveu a miña vida intentarei voltar a publicar como antes. Xa levaba moito tempo con esta crítica para colgala, tanto, que xa non está a exposición no CGAC, pero xa vos falerei da nova no próximo post.
Unha aperta!
LA CASA AZUL
Ola a todos!!!!
Dende aquí quero apoiar a candidatura de La Casa Azul para ir a Eurovisión.
Esperando que por primeira vez vaia unha canción e un grupo que sea decente.
Seguramente que todos os coñecedes: son aqueles do "Amo a Laura" que tan boa propaganda lle fixo a MTV.
Se non os coñecedes deixovos un pouco da súa historia e o videoclip da proposta a Eurovisión Unha aperta!
"La Casa Azul é un grupo de pop español creado en 1997 por Guille Milkyway, compositor, produtor e arreglista da banda. A súa música é unah combinación do sunshine pop, o soft pop e o easy listening dos 60, a música disco europea dos 70 (Jackson Five, ABBA) e certas reminiscencias do Jpop, en especial do Shibuya-kei (estilo de Shibuya).
O grupo caracterízase pola súa estética retro, similar aos grupos, e as series de TV, dos 60 tales como The Archies ou a La tribu de los Brady. De feito, segundo recoñece o propio produtor, este proxecto trata de imitar ás bandas como The Archies formadas por caracteres animados, detrás dos que se esconde o xenio-produtor-compositor do grupo.
La Casa Azul está formado por David, Clara, Sergio, Óscar e Virginia, compoñentes que, a pesar de que aparecen en vídeo clips, fotos promocionales e presentacións, non actúan en directo. É Guille Milkyway quen sae a escea cos seus teclados e interpreta e canta as cancións do grupo." (extraído da Wikipedia)
<object width="425" height="355"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/6pLjUsBnQv4"></param><param name="wmode" value="transparent"></param><embed src="http://www.youtube.com/v/6pLjUsBnQv4" type="application/x-shockwave-flash" wmode="transparent" width="425" height="355"></embed></object>
Festival Cans 2008
"A Asociación Cultural Arela abre o prazo de admisión de curtametraxes para a súa selección na V edición do Festival de Cans.
As bases son as seguintes:
1.As curtametraxes que se presenten deben ser producións galegas dos anos 2006, 2007 ou 2008.
2.Admítense curtametraxes de ficción, documentais e de animación feitas en Galicia ou dirixidas por directores/as galegos/as.
3.A duración non superará os 25 minutos.
4.As curtametraxes deben enviarse antes do 15 de marzo de 2008 á seguinte dirección:
Asociación Cultural Arela
Aptdo. de Correos 232
C.P. 36400 O Porriño (Pontevedra)
5.As curtametraxes enviaranse en DVD e acompañaranse dos datos de contacto, unha ficha técnica da curtametraxe e dúas imaxes dixitais en formato JPG: a) un fotograma; b) un cartel.
6.As curtametraxes seleccionadas serán exhibidas no V Festival de Cans, que se desenvolverá do 21 ao 24 de maio de 2008.
BASES PARA A PRESENTACIÓN DE VIDEOCLIPS 08
BASES PARA A PRESENTACIÓN DE VIDEOCLIPS AO
V FESTIVAL DE CANS
A Asociación Cultural Arela abre o prazo de admisión de videoclips para a súa selección na V edición do Festival de Cans.
As bases son as seguintes:
1. Os videoclips que se presenten deben ser de músicos ou grupos galegos, ou de autor/a galego/a, realizados nos anos 2006, 2007 ou 2008.
2. Deben enviarse en soporte DVD antes do 15 de marzo de 2008 á seguinte dirección:
Asociación Cultural Arela
Aptdo. de Correos 232
C.P. 36400 O Porriño (Pontevedra)
3. Os videoclips seleccionados serán exhibidos dentro da programación do V Festival de Cans, que se desenvolverá do 21 ao 24 de maio de 2008.
Asociación Cultural Arela
15 de xaneiro de 2008".
REC de Jaume Balagueró e Paco Plaza
Recuperando a escritura deste blog, decidín falar do último filme que vin no cinema: REC.
Unha reporteira está facendo unha reportaxe sobre o parque de bombeiros de Barcelona. A noite para transcorrer tranquilamente ata que reciben un aviso de que unha señora non abre a porta do seu piso. O que parece ser unha intervención rutinaria mudará de repente, ata chegar ao extremo de quedar pechados no inmoble.
O filme está gravado integramente cunha betacam levada en man, similar, en certo modo, a The Blair Witch Proyect (1999). Se xa neste último filme, en ocasións, nos sentíamos un pouco mareados polos xiros que daba a cámara, no filme en cuestión, inda sufrimos máis cos movementos constantes, chegando nalgún intre a deixar de mirar a pantalla para que os nosos ollos volten a súa órbita orixinal. Todo elo leva a que en soamente uns 80 minutos o espectador acabe totalmente exhausto.
Tamén é certo que nos primeiros 20 minutos o ritmo do filme é bastante lento, tranquilo e sen ningún tipo de sobresalto. É unha presentación do parque de bombeiros, neste caso o de Barcelona, pero que podía ser o de calquera sitio. Todo o contrario aos 45 minutos restantes, na que a acción é constante, os sobresaltos non cesan e o espectador envólvese nunha voráxine de sucesos que non deixan de acontecer un detrás do outro. É a contraposición a primeira parte.
Todo leva a darlle unha gran verosimilitude ao relato. A descrición do parque de bombeiros, os veciños do inmoble onde se realiza a acción, os cales son tratados de forma individual, fan que o filme pase a ser unha especie de documental, iso si, falso. Pero todo elo fai que nos acerquemos perigosamente ao relato e, sen querelo, nos fai partícipes da historia. É como se nos tamén estiveramos dentro.
O tema central é un estraño “virus” que afecta a unha veciña e se irá estendendo pouco a pouco, a toda a coralidade de protagonistas. Non deixa de ser o tema dos zombis, tratado por activa e por pasiva unha e outra vez. Pero a verosimilitude xa mencionada con anterioridade (polo uso da tele-realidade de estar gravando para un programa de noticias, a inexperiencia dos actores, a cercanía, etc) convérteo nun filme cun gran acerto, inda así maltratado polo de sempre: ser español.
Cunha gran cantidade de premios recibidos no festival de Sitges, o filme é unha das grandes revelacións dentro do panorama cinematográfico español, inda máis sendo dun xénero tan maltratado como é o terror. E tamén trátase da volta de Jaume Balagueró , un director que xa nos deu filmes como Darkness ou Frágiles. Unha gran aposta sen dúbida ningunha.
Xa me diredes que vos parece.
Unha aperta a todos e boas festas! Deixovos o trailer e as reaccións do público.
<object width="425" height="355"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/ib5ZSj6ST0U&rel=1"></param><param name="wmode" value="transparent"></param><embed src="http://www.youtube.com/v/ib5ZSj6ST0U&rel=1" type="application/x-shockwave-flash" wmode="transparent" width="425" height="355"></embed></object>
<object width="425" height="355"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/nfgZlMYj_NU&rel=1"></param><param name="wmode" value="transparent"></param><embed src="http://www.youtube.com/v/nfgZlMYj_NU&rel=1" type="application/x-shockwave-flash" wmode="transparent" width="425" height="355"></embed></object>
E xa vai un ano!
E dando unha volta polo que escribin, dinme conta que o día 9 deste mes o blog cumplía un ano!
Quérovos dar as grazas por estar ahí e facer que esto siga cara adiante.
Marcel Duchamp
Ola ola a todos! Xa sei que levo uns días (ou duas semanas)"missing" pero tomeime unhas pseudo-vacacións en Barcelona.
E por aquí de volta e con ganas de crear debate. Imos deixar aparcado o audiovisual para introducirnos un pouco na arte contemporánea.
Estou segura que todos coñecedes máis ou menos, o Dadá. Comezou como un xogo de provocacións por un grupo de intelectuais en Zurich durante a I Guerra Munidal, foi iniciado pola figura de Hugo Ball, sendo o seu principal cabeza Tristán Tzara.
Todos estes datos ao caso, veñen sendo igual. O tema que quero tratar é a consideración do arte contemporáneo como arte, e, coller un movemento como o Dadaísmo que ten como punto referencial a rutura co arte anterior e coas reglas ríxidas aplicadas. Simplemente, a negación da arte.
Por este motivo, quérovos deixar unha imaxe dunha obra de Marcel Duchamp, figura clave do movemento (quizáis non por vontade propia), e que vos me digades que quería afirmar a través delo. Será tal a importancia da súa figura que repercutirá na arte posterior ata os nosos días.
So vos digo que é un ready-made do 1914. Se coñecedes un pouco o artista é moi fácil entender as connotacións que Duchamp lle queria dar. ¿Qué significa para vos? ¿Qué é a arte contemporánea?
Unha aperta e espero discusión...