|
|
|
|
| Estrea documental Fronteiras |
|
 Adxúntovos o comunicado de prensa deste documental que se emite mañá pola TVG:
"FRONTEIRAS
ESTREA EN TELEVISIÓN O DÍA DE GALICIA
O MÉRCORES 25 DE XULLO ÁS 16:00 HORAS A TVG EMITIRÁ O DOCUMENTAL FRONTEIRAS, DIRIXIDO POR RUBÉN PARDIÑAS. TRÁTASE DUN PERCORRIDO POLOS LÍMITES XEOGRÁFICOS E CULTURAIS DE GALICIA, E NEL INTERVEÑEN POLÍTICOS COMO XOSÉ MANUEL BEIRAS, MANUEL FRAGA, ESCRITORES COMO XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN E ANXO ANGUEIRA, ASÍ COMO OS VECIÑOS DAS TERRAS ESTREMEIRAS DO EO-NAVIA (ASTURIAS), BIERZO (LEÓN), AS PORTELAS (ZAMORA) E PORTUGAL.
No debate sobre a que comunidade político-cultural deben pertencer as rexións fronteirizas, todo o mundo ten unha opinión: desde as polémicas rifas entre historiadores, filólogos e políticos, ata as posturas máis desdramatizadoras dos propios habitantes destas zonas. Todos eles falan en Fronteiras de como perciben o feito de que as divisións administrativas non coincidan moitas veces coas lindes culturais. O documental é un achegamento á construcción das identidades colectivas a través das comarcas estremeiras de Galicia en Asturias, León, Zamora e Portugal.
O documental, producido por Pasacana Films, patrocinado por AVID Technology e dirixido por Rubén Pardiñas, é un percorrido polas fronteiras socioculturais de Galicia no Eo-Navia (Asturias), O Bierzo (León), As Portelas (Zamora) e Portugal. O proxecto recibiu en 2006 o Premio Xpréssate en Tui´06 ao mellor proxecto de documental no Festival Internacional de Documentais de Tui Play-Doc e estreouse en 2007 no mesmo festival.
O filme inclúe entrevistas aos habitantes de vilas e aldeas como Vilafranca do Bierzo e Ponferrada (León), Ibias e El Franco (Asturias), Hermisende e Lubián (Zamora) ou Castro Laboreiro (Portugal). As opinións sobre a propia identidade resultan do máis variadas en todos estes lugares; hai dende quen explica nun galego impecable que el non ten nada que ver coa cultura galega, ata quen reclama a anexión a Galicia.
Recóllense tamén declaracións de políticos como Xosé Manuel Beiras, Manuel Fraga ou Maurício Castro, e de escritores como Xosé Luís Méndez Ferrín, Anxo Angueira, Lluís Álvarez ou Xavier Frías Conde. Destacados filólogos, como Francisco Fernández Rei, Xosé Lluís García Arias ou Ramón d´Andrés tamén aportan o seu punto de vista, ademais dos presidentes da Real Academia Galega e da Academia de la Llingua Asturiana, Xosé Ramón Barreiro Fernández e Ana Cano. O historiador Justo Beramendi, o politólogo Álvaro Xosé López Mira e o gaiteiro Bieito Romero son algúns outros dos persoeiros que falan en Fronteiras.
O documental reflicte tanto a convivencia cultural como as polémicas que xurden desta situación de “transición”. Así como no Bierzo e nas Portelas o feito cultural galego está máis ou menos asumido, o verdadeiro conflicto se produce en Asturias, onde a Academia de la Llingua Asturiana nega que o que se fala no Eo-Navia sexa galego (nunha rifa que se reproduce no eido da música co conflicto entre gaita galega e asturiana). O documental explica, por exemplo, o cambio de opinión que unha parte importante da filoloxía feita en Asturias experimentou desde os anos 80 con respecto á galeguidade da fala do Eo-Navia.
Fronteiras fai tamén un repaso polo proceso de creación da Comunidade Autónoma de Galicia, e como os seus actuais límites administrativos quedaron fixados polas mesmas fronteiras que no século XIX deixaran fóra territorios como o Bierzo.
Outro asunto espiñento é a especial relación, tanto idiomática como cultural, de Galicia con Portugal. O documental plantexa (de novo a través do testemuño dos habitantes da zona e de especialistas) ata que punto a fronteira do Miño e a raia seca ourensá separan realmente dous países e dous idiomas diferentes.
Fronteiras inclúe temas de grupos como Siniestro Total, Os Resentidos e A Banda de Poi.
Rubén Pardiñas (Vigo, 1976) é Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, e comezou a súa andaina no audiovisual como director artístico. Paralelamente foi desenvolvendo unha sólida traxectoria adicada á crítica de arte contemporánea, eido no que gañou o XII Premi Espais a la Crítica d´Art e o II Premio CajaMadrid de Ensayo.
FICHA TÉCNICA
Guión e dirección Rubén Pardiñas
Produtores Miguel Gavito e Carlos Aguilera
Cámara e montaxe Carlos Aguilera
Son Daviz López
Duración 58´"
|
|
|
|
|
| 23 Comentario(s) |
|
| 1 |
As fronteiras existen, hai xente que vive nelas e con elas. Hai lugares de indefinición antes os dous lados da fronteira e que só se poden identificar como fronteira. É unha maneira de obrar e sentir que ten unha significativa cantid#blgtk08#ade de persoas.
Agora vén o miña xoia de turno co discurso de que non existen as fronteiras... o que non existe é ese discurso de maneira inocente.
[Grazas pola reseña do doc, que me encanta, e tirar o fitro anti-spam] |
|
|
Comentario por turonio (24-07-2007 12:50) |
|
|
| 2 |
Merda, hostias, carallo!! E non o poden emitir outro día tamén como fixeron co de Linguas Cruzadas?? Cádrame mal, mal de carallo :/
Porfa-plis (plea#blgtk08#se), que alguén o grabe e o poña no google vídeos!! Levo rabeando por ver esta documental non sei cantos meses e vana emitir o 25 ás 4 da tarde... manda carallo!! |
|
|
Comentario por Suso (24-07-2007 13:36) |
|
|
| 3 |
Gustoume moito o teu comentario Turonio, tes toda a razón. E en canto a Suso, se podo grabareino.
E xa que escribo esto, unha cousa para a bitácora de Malquemer. A ver se aprendemos a, cando copiamos cousas doutro blogs, poñemos de onde o quitamos e poñemos de quen é. Me refiro a que se copias o que pon este post, asegúrate de poñer que é un comunicado de prens#blgtk08#a e de onde ven, e non o deixes no aire como se fose teu. Aprendamos a facer as cousas ben que non costa nada. E porque mudes a foto para que non me conta (porque xa fixeras o mesmo cunha entrada do festival de Cans, na cal puxeches a mesma foto que tamén tiña eu) polo menos quita a comiña do final porque entón si me dou conta de que é do meu blog.
Unha aperta! |
|
|
Comentario por Anxélica (24-07-2007 20:35) |
|
|
| 4 |
É un tema espiñoso, unha cousa son as fronteiras políticas ou #blgtk08#administrativas... outras fronteiras márcanas os sentimentos. |
|
|
Comentario por vakastolas (24-07-2007 22:49) |
|
|
| 5 |
Pois coma moitas veces, decátome destas cousas tarde de máis, non sabia nada da reportaxe/documental esta, asi que se o gravades pois mirareino de atopar, estaria ben podelo ver, o das fronteiras galegas é algo moi interesante, sobre todo o tem#blgtk08#a do Bierzo...un saúdo
Anxélica, o que ti dis de coller artigos doutros blogues é cousa que polo visto fai moita xente, o normal claro está, é cita-la fonte sempre, eu alomenos menciono de onde tirei a información.
saúdos. |
|
|
Comentario por breogain (25-07-2007 21:04) |
|
|
| 6 |
Moitas gracias polos teus ánimos. De verdade.
Por outra banda, dicir que o documental estivo realmente b#blgtk08#en. Ampliou un pouco os meus coñecementos sobre a situación do galego fora das nosas fronteiras.
Un bico! |
|
|
Comentario por Albertinho (25-07-2007 22:36) |
|
|
| 7 |
P.D. Eu tamén estudiei durante dous anos Historia do Arte en Santiago D.C.
Agora fago a FP Superior de Produció#blgtk08#n Audiovisual, Radio e Espectáculos.
Pasarei a visitar o teu blogue de cando en vez.
Outro bico! |
|
|
Comentario por Albertinho (25-07-2007 22:39) |
|
|
| 8 |
Pois se o grabou, póñame na li#blgtk08#sta de interesados. Un saúdo. |
|
|
Comentario por Doutora Seymour (25-07-2007 23:18) |
|
|
| 9 |
Ola Anxélica.
Sinto que o tomes así, este blog non é un blog creativo, é un blog de intercambio de información, non lle poño o copyright ás noticias e coñezo de moitísimas páxinas que collen de Malmequer información e non me molesta en absoluto que sexa ásí, senón todo o contrario sinto unha gran satisfacción ver que algo deste blog apareza noutro ainda que non o nomeen. Para mín o importante é que cousas interesantes sexan coñecidas por canta máis xente mellor.
Moitas veces poño a procededencia, outras non, por despiste, por non considerar oportuno,...Non teño afán protagonista e ó blog tampouco, así que mirando que neste caso era un comunicado de prensa collín directamente a in#blgtk08#formación, sen máis animo de relevancia que a mera transmisión da noticia que é o importante.
Dende cando un comunicado de prensa hai que pedir permiso para reproducilo?
Outra cousa entendo que é no caso dunha creación propia que iso xa é mérito do escritor e autor, e cando ten acontecido neste blog teñolle pedido permiso ao autor para poder incluila.
Para donos da información xa temos bastante coa Sgae.
Sinto que o tomes así, para o meu xeito de pensar o importante é compartir a información que todos queremos que se coñeza e non o lugar en internet onde esta se expoña. (mentras esta non sexa de propia autoría, claro)
Un saúdo
|
|
|
Comentario por Henrique (26-07-2007 01:24) |
|
|
| 10 |
Póis se grabaches o de Suso, pásame unha copia.#blgtk08#.. (xDDDDD)
Un saúdo!!!!!! |
|
|
Comentario por Mauro (26-07-2007 12:39) |
|
|
| 11 |
Moi bo o docu, flipei bastante cos asturianos, aínda que tamén co presidente da RAG. Como se nota #blgtk08#que lles fode o tema do reintegracionismo!
Eu tamén quería conseguir unha copia, por favor. |
|
|
Comentario por Gael (26-07-2007 13:32) |
|
|
| 12 |
Ao final non o din grabado, pero a ver se o consigo por outros lares, eu xa vos aviso co que haxa.
E, Henrique, pois nada segue copiando os post se así te sintes orgulloso. o tema non é que un comu#blgtk08#nicado de prensa se pode copiar ou non, o problema e cando ti o colgas como se fose teu... non sei se me entendes. A ti dareche igual, pero ao resto do mundo quizáis non. Aprende a citar que non che custa nada. |
|
|
Comentario por Anxélica (26-07-2007 14:21) |
|
|
| 13 |
pois iso, que eu tamén quero miralo, a ver se alguén #blgtk08#o gravou e pode subilo aou emule ou o ares...saúdos. |
|
|
Comentario por breogain (26-07-2007 15:11) |
|
|
| 14 |
Moi boas a todos...Despois de le-los comentarios de Anxélica non podo facer menos que, con todo o respeto, aporta-la miña opinión, e penso que en ningún intre Henrique pretende facer crer que é o autor e creador de tódolos textos que expón, de feito incluso teño comprobado que non se apunta méritos polo traballo,o tempo e o esforzo que invirte cada día sinxelamente pola satisfacción de que todos os que consulta#blgtk08#mos a sús páxina disfrutemos con ela e teñamos acceso á contidos tan interesantes...por iso, meus parabéns e todo o meu apoio a Malmequer. Anxélica, hai moitos xeitos de facer as cousas ben,se eu decido critica-los teus métodos estou certa que atoparía máis dun erro segundo os meus criterios persoais...pero prefiro sempre ollar os demais en positivo; un pouco de tolerancia nunca sobra.
Saudiños, xente!! |
|
|
Comentario por Ana (26-07-2007 15:54) |
|
|
| 15 |
Ana, ti mesma o dis, tolerancia. Polo tanto se eu non a tivera, borraría o teu comentario e listo, non? Ao pedirme tolerancia dou por feito que me consideras "algo" intolerante polo que lle dixen a Henrique, pero, simplemente, é un feito de que hai "maneiras" de facelas cousas e, obviamente, non concordo coa súa. E, que eu saiba,nunca dixen nin que o seu blogue non tivera contidos interesante nen moito menos, asi que, por favor, non fagamos leña do árbol caído nin saquemos as cousas do seu contexto. Eu soamente lle dixen que cando se cita un texto textualmente se mencione de onde se sacou. E, ao meu parecer, é algo que cae de caixón, non? Eu se fago un artigo e poño citas textuais entreco#blgtk08#miño e se saco un idea de algo poño a referencia a pe de páxina. Igual é que se me vai a pinza pero son cousas que, alomenos pra min, caen polo seu propio peso.
E seguro que teño moitísimos erros no que fago, iso que non che quepa dúbida. Pero tamén teño capacidade de autocrítica (ou iso pretendo) e intento pouco a pouco subsanar na medida do posible os erros. E, se me fan unha crítica intento tomala ben e aprender. E, por iso respeto a túa opinión. Nembargantes, tamén me parece que se están a quitar un pouquiño as cousas de quicio.
E, dou por pechado esta pequena discusión porque me parece que non vai a ningures.
Unha aperta blogotequeiros! |
|
|
Comentario por Anxélica (26-07-2007 16:04) |
|
|
| 16 |
Ola de novo Anxélica
Eu tamén dou por rematado esta polémica.
Pidoche unha cousa, pensa na distinción entre un texto creado por un autor (comentario, opinión, reflexión,...) e un texto feito para para soamente informar e dar difusión(programas de festivais, festas, comunicados de prensa,...) eu tento distinguir as dúas situacións porque son moi diferentes, nunha creas e tes todo o dereito do mundo a criticar que alguén se apropie dese traballo, na outra se trasmites esa información colaboras na difusión de algo que o propio autor desexa que se difunda.
http://www.xornal.com/article.php3?sid=2007072410#blgtk08#3221
http://www.ebierzo.com/post/953
Soamente asino os meus artigos, que son poucos porque o resto son para dar a coñecer cousas que considero deben darse publicidade, e no caso de considerar que hai algo de opinión ou creación engado a ligazón ou o nome.
Considero que non debemos darlle máis importancia, e que o importante e neste caso dar a coñecer o documental (como no caso anterior era dar a coñecer o programa do Festival de Cans), polo resto noraboa polo teu blog e que poidamos un día seguir a conversa ao natural e de festa.
Un saúdo a tod@s
Henrique
|
|
|
Comentario por Henrique (26-07-2007 16:52) |
|
|
| 17 |
Agardo logo esa conversa!!#blgtk08#! Unha aperta a ti tamén! |
|
|
Comentario por Anxélica (26-07-2007 16:57) |
|
|
| 18 |
Graciñas, se a das conseguido xa sabes cómo contactar conmigo! ;)
Por certo, vexo que Ana, o terror do blogomillo, tamén se pasou por aquí XDD
Polo meu blo#blgtk08#g fixo un paseíño... e iso que deixei de escribir nel! XD
Jarl... me atacan los liberales!! XDD
http://www.blogoteca.com/sempreengaliza/index.php?cod=16632 |
|
|
Comentario por Suso (27-07-2007 14:32) |
|
|
| 19 |
Eu busco e se o atopo xa te aviso Susiño!
E si, Ana pasou por aquí, pero casou menos estragos que polo teu blogue. Total, a min chamoume finamente "intolerante" por pensar diferente que Henrique. Pero no t#blgtk08#eu...non sei se prefiro "gilipollas" ou "payasos"... tremenda. Pero boeno, non hai que dicir que hai de todo neste mundo.
Por certo, que tal na festa da Fragua? Estivo tan ben como para pasar do Festigal? |
|
|
Comentario por (27-07-2007 20:51) |
|
|
| 20 |
ah, que se me olvidaba (uhi, dinme conta que non puxen antes o meu nome), volve #blgtk08#pronto a escribir no blogue eh! non nos deixes que se está inda moita xente... |
|
|
Comentario por Anxélica (27-07-2007 20:55) |
|
|
| 21 |
A fragua macanuda, o mal é que vou vello pra tanta festa! :/ A miña nai flipou cando me veu o día 25 á tarde limpiño e tranquiliño tomandu unha cervexa nun toldo XDD
Iso sí... a noite do 23 non vale pra contar! XDD
Ó final menos mal que o pasei ben..#blgtk08#. porque me marchou ahí certa rapasa pra Compostela que non sei que iría facer... eu debo ser medio parvo, que vos dou ás mulleres todo por ben feito! XDDD
E pola Capital que tal?? Xa me decatei por Chuza que os da AMI frío non pasaron, pero do demáis non sei nada. |
|
|
Comentario por Suso (27-07-2007 21:40) |
|
|
| 22 |
Mimá tío! Na Capital moi ben, o que pasa é que ultimamente aos do festigal gústaslles rematar a festa demasiado pronto, pero moi ben (a Dj deixoume flipada).
E si, os de AMI triunfando como tódolos apóstolos. Eu baixaba pola zona vella e, de repende, vexo os antidisturbios#blgtk08# con cara de mala hostia diante da sede do Correo Gallego e estaba toda a vitrina chea de pintura vermella. En fin, algo cómico era, porque os pobres que estaban na sede estaban estresados limpando os critais. Entre isto, e tódalas cristaleiras que intentaron romper... o de sempre vamos! |
|
|
Comentario por Anxélica (27-07-2007 21:49) |
|
|
| 23 |
Ola a todos, por se alguén non se enterou que saiba que o video por fin está dispoñibel en Go#blgtk08#ogle Video: http://video.google.es/videoplay?docid=8384521364641041210
Saudos. |
|
|
Comentario por Suevo (07-09-2007 00:31) |
|
|
| Deixanos parte da túa sabiduría: |
|
|
|
| |
| Ligazóns dende outras webs |
|
|
|
|
|
Blog destinado ao encontro de tódolos cinéfilos (e os que non o sexan) que así o queiran. Aquí fálase de cinema, audiovisual galego, arte, patrimonio, e todo o que vos queirades.
|
|

|
| EU VEÑO SENDO... |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|