|
|
|
|
| Crónica de Cans |
|
 Un ano máis pasou e o IV festival de Curtas de Cans nin decepcionou nin deixou indiferente a nadie.
Esta edición poidémola disfrutar do 24 ao 26 de maio e, cando parecia que ía quedar ensombrecida pola choiva, o sol abriuse paso e brindounos uns marabillosos días para poder disfrutar de cheo del, deixando atrás aquelas primeiras palabras que inundaran a miña mente nada máis chegar “Merda, CHOVE”.
Despois de deixar as cousas no Hotel Internacional, dirixímonos ata o bar Moncho onde, no seu baixo, poidemos ver primeiro, o documental de Victor Coyote So Concertinas. Este documental trata sobre a concertina, un instrumento do norte de Portugal; pouco a pouco vaise texendo unha rede de comentarios e de persoaxes, os cales nos contan a súa relación co instrumento, o cal impoñía un tono propio que modificou e condicionou a forma de cantar. So dicir que a saída Reixa lle soltou a Victor Coyote: “Eres multicultural”. Sen comentarios ao respeto.
Despois, tivemos a estrea de Gritos en el Pasillo de Juanjo Ramirez, o cal veu con todo o seu equipo para presentala (Juanjo, quereste casar comigo???), filme que se pode baixar dende Internet (de forma legal) acudindo a súa páxina www.gritosenelpasillo.es por un moi módico prezo. Recoméndovola sen lugar a dúbidas, porque con ela ides pasar 73 minutos moi divertidos. É unha obra de inxeñería feita con cacahuetes, das productoras Bajo la Lluvia e Perro Verde Films. Un pintor chega a un manicomio para “caducados mentales” e nada é o que parece.
Xa con noite pecha, fúmonos dende o bar Moncho ata o torreiro de Cans, onde tivo ligar a entrega de premios. Os chimpís de plata foron para un veciño de Cans, Paco Candán o artesá que deseñou os premios e para Teté Delgado pola súa colaboración co festival. Como ben sabedes, o premio Pedigree 07 foi para Reixa. Tamén vimos a montaxe fotográfica de Zurzo Lobato “Os Cans de Lobato” sobre a edición anterior.
Despois, comezaron as actuacións: primeiramente Victor Coyote actuou cos Bravos de Sao Vicente (impresionantes, por certo), cun manexo dos tambores impresionante. Despois viñeron The Ellas con Tosar. A festa continuou ata altas horas da madrugada polo Porriño.
O día seguinte tivemos o coloquio na leira con Tristán Ulloa, presentado por Reixa, e tamén se inaugurou a Can Parede, cunhs cans customizados, fotografías que xa vos colguei. Despois tivemos a verbena, e, as 4.30 poidemos empezar xa co visionado das curtas nos diferentes galpóns e cobertizos que estaban dispoñibles: o cuberto de Chelo, a casa de Pato, o cuberto de Antonio, o baixo de Moncho, a casa de Bugarín, a casa do Carreira e o jalpón de Alicia (o jalpón friki).
¿Qué curtas puidemos ver? Dende a xa consagrada A flor máis grande do mundo (a miña debilidade por Etcheverry), Incomunicados de Juan Galiñanes, Premio de Eva Quintas, asi ata 20 e 6 no jalpón friki. Pero noutro post comentareinas máis a miúdo.
Pola noita continuo a festa cos festicultores e a entrega de premios as curtas.
Tódalas fotos atópanse na fotoblogoteca na sección Festival de Cans 2007
E, para rematar, dar as grazas a toda a organización do festival (por ese pase prensa que me brindasteis), en especial a Pato e a Moisés e, por suposto, verémonos o ano vindeiro.
Unha aperta a todos!. |
|
|
|
|
| 11 Comentario(s) |
|
| 1 |
Xa sabía eu que non me ía decepcionar a súa crónica, non falta detalle, incluso aproveita para pedir a man dun bo mozo e casar e facerse unha "muller como Deus manda"...ai... mire #blgtk08#se a traicionou o subconsciente que unhas liñas máis abaixo onde tería que dicir "Tivo lugar" escribe vostede ligar... case me dan ganas de ir tamén o ano que ven.
Un saúdo. |
|
|
Comentario por Doutora Seymour (28-05-2007 20:21) |
|
|
| 2 |
Jajaja, e que me poño moi nerviosa... xa s#blgtk08#abe doutora, o ano vindeiro véñase comigo! |
|
|
Comentario por Anxelica (28-05-2007 20:40) |
|
|
| 3 |
Pois eu era a primeira vez que ía,e a verdade é que quero repetir a experiencia. Aínda que só sexa polas cañas!!!!
A ve#blgtk08#rdade é que paseino moi ben -aínda que me vin tentada a roubar un cacahuete xigante que non paraba de pasar diante das miñas narices-. |
|
|
Comentario por Monica (29-05-2007 02:59) |
|
|
| 4 |
Un cacahuete? Non sei pero c#blgtk08#oido que me soa de algo.... |
|
|
Comentario por Anxelica (29-05-2007 16:42) |
|
|
| 5 |
Non mo podo creer... puxeches unha foto túa! Xa non eres anónima, pero, e dado que xa te coñecía, para min non o eras (isto digoo por#blgtk08#que estou seguro que mo ías dicir). Unha aperta guapísima. Por certo, ¿que fas pidíndolle matrimonio a j. ramirez? ¿que pasa comigo? |
|
|
Comentario por Luís (29-05-2007 16:46) |
|
|
| 6 |
Menuda pillamos o venres. Espérote o ano que ven corazón, que mira que eres guapa (a miña pelirroxa favorita). Iso si, digo o mesmo que Luis, ¿que lle fas pedindo matrimonio a ese #blgtk08#fulano? Eu son moito máis guapo, más rubio e cos ollos azuis. E o mellor: galego. ¿Prefires a un canario? Non mo podo creer... agora entendo porque andabais tan pegadiños os dous. |
|
|
Comentario por Peti (29-05-2007 16:49) |
|
|
| 7 |
boh! sodes do que non hai...#blgtk08# petardos, máis ca petardos! |
|
|
Comentario por Anxelica (29-05-2007 16:49) |
|
|
| 8 |
A verdade é que tes un blog moi xeitoso, é a primeira vez que entro, pero resultame moi aco#blgtk08#lledor, por certo, algún dia quero ir a cans, ten moi boa pinta o asunto!
Un saudo. |
|
|
Comentario por Alberte Fotografando (30-05-2007 17:11) |
|
|
| 9 |
pois me temo que o ano que ven estara cheo petardos o festi#blgtk08#val, e creo que eu mesma tamen. graciñas pola informacion. |
|
|
Comentario por oquetencutenmedo (31-05-2007 01:38) |
|
|
| 10 |
Carallo!! Con reportaxe fotográfica e todo!!
A verdade é que alucinei co moito que se cubríu a nova nos telexornais estatais... e até foron os de CQC! :D
Pois nada... haberá que pensar en i#blgtk08#r o ano que ven, que semella que tamén se vai a ligar e todo! X) Haberá un festival máis completo no mundo??: Chimpibuses, cañas, galiñas, ghalpón friki, o Bar Moncho, cacahuetes xigantes, ligoteo, cans tuneados,... :D |
|
|
Comentario por Suso (01-06-2007 19:11) |
|
|
| 11 |
Que boa pinta e que pena non poder ir...
Moi boa a#blgtk08# reportaxe e as fotos estupendas! :)
Bicos |
|
|
Comentario por Des (03-06-2007 15:01) |
|
|
| Deixanos parte da túa sabiduría: |
|
|
|
| |
| Ligazóns dende outras webs |
|
|
|
|
|
Blog destinado ao encontro de tódolos cinéfilos (e os que non o sexan) que así o queiran. Aquí fálase de cinema, audiovisual galego, arte, patrimonio, e todo o que vos queirades.
|
|

|
| EU VEÑO SENDO... |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|