|
|
|
|
| NOVA PAXINA WEB CIG-SAÚDE OURENSE |
|
A PARTIR DE HOXE, DÍA 8 DE ABRIL DE 2010, A PÁXINA WEB DE CIG-SAÚDE OURENSE PASA Á SEGUINTE DIRECCIÓN: www.cig-saude.org/OURENSE/
Desculpade as molestias. |
|
|
|
|
| CONTRA O PECHE DAS CAMAS DE PIÑOR |
|
Hoxe pola maña concentráronse na porta principal do Chou uns 100 compañeiros e compañeiras para protestar pola pretensión da xerencia de pechar Piñor durante o verán, demandando unha clara resposta do futuro do Hospital unha vez pasen estes meses. A xerencia di estar moi contrariada pola actitude dos traballadores/as neste tema. Pois é fácil de entender: non nos fiamos, e debería preguntarse a xerente por qué, do cumplimento do dito nas comision de centro, menos do dito pola dirección ós traballadores nunha asamblea con eles.
Os traballadores cantinuarán, continuaremos, coas mobilizacións: maña, mércores, a partir das 19 horas recolleremos firmas e informaremos os cidadáns e cidadás da situación na rua do Paseo.
CONTAMOS CON TODOS E TODAS |
|
|
|
|
| CONTRA O PECHE VERANIEGO DE PIÑOR |
|
A tendencia economicista, máis aló da preocupación pola calidade asistencial, parece estar detrás d as preocupantes noticias do peche, durante o verán, do hospital de Piñor. As declaracións da Xerencia do CHOU non contribúen ao optimismo por varias razóns: as cifras que publica a prensa de hoxe non coinciden coas facilitadas aos sindicatos na reunión mantida o día 25 e dicir que «Esta actuación posibilitará reagrupar toda a hospitalización nunha área próxima, evitando vos traslados intercentros desde Piñor».
Na mencionada reunión díxosenos que o número de camas a pechar é de 87 camas non 77 como se publica hoxe. Dicir que se evitan os traslados intercentros, cando se realizan todo o ano, tampouco nos deixa moi tranquilos: si lles sae rendible? Quen nos garante que o resto do ano vólvase abrir o centro?.
Que pena que os nosos xestores só fíxense en canto aforran aínda á conta da calidade da asistencia, calidade amplamente contrastada no día a día dos que traballamos en Piñor
A continuación deixámosvos algunhas ligazóns coa prensa de hoxe para que podais contrastar o que din aos xornalistas fronte ao que din aos representantes dos traballadores
El Pais
La Voz de Galicia
La Región
Faro de Vigo |
|
|
|
|
| Vº CONGRESO CIG-SAUDE EN OURENSE |
|
 AO LONGO DO PRÓXIMO FIN DE SEMAN, 13 E 14 DE MARZO, DESENVOLVÉSESE EN OURENSE O Vº CONGRESO NACIONAL DE CIG-SAUDE. O ACTUAL MOMENTO DE INCERTEZA E PERSPECTIVAS POUCO PROMETEDORAS, FAN DESTE CONGRESO UNHA OCASION UNICA PARA O DEBATE SOBRE O FUTURO DA SANIDADE PÚBLICA GALEGA, DEBATE AO QUE INVITAMOSVOS A TODOS A TRAVÉS DESTE FORO. SOBRE AS CONCLUSIÓNS MÁIS IMPORTANTES QUE PODAMOS EXTRAER INFORMARÉMOSVOS PUNTUALMENTE. |
|
|
|
|
| PUBLICACION LISTAS CONTRATACION PENDENTES |
|
>¡¡¡¡POR FIN!!!!
PUBLICACIÓN LISTAS PENDENTES CONTRATACIÓNS ( Persoal médico, Sanitario non facultativo e cociñeiros )
VENRES 12 DE MARZO
Confirmado co Sergas no día de hoXE |
|
|
|
|
| POSICIONAMENTO CIG SOBRE A CENTRAL DE CHAMADAS |
|

|
|
|
|
|
| NOVAS OPE |
|
Resolucións publicadas onte no DOG (pica aqui para ter accceso a ela)ao respecto da OPE:
-relativa á conclusión da fase de oposición e á apertura do prazo da fase de concurso:
albanel, calefactor/a, carpinteiro/a,
celador/a, costureiro/a, electricista, enfermeiro/a
especialista en obstetricia-xinecoloxía (matrón/a),
enfermeiro/a especialista en saúde mental, enxeñeiro/
a técnico/a, fisioterapeuta, fontaneiro/a, grupo
administrativo da función administrativa, lavandeiro/
a, logopeda, mecánico/a, pasador/a de ferro, perruqueiro/
a, persoal de enfermaría (ATS/DUE), pinche,
técnico/a de xestión de sistemas e t.i., técnico/a en
coidados auxiliares de enfermaría, técnico/a especialista
de sistemas e t.i., técnico/a especialista en anatomía
patolóxica e citoloxía, técnico/a especialista en
hixiene bucodental, técnico/a especialista en imaxe
para o diagnóstico clínico, técnico/a especialista en
laboratorio de diagnóstico clínico, técnico/a especialista
en radioterapia, técnico/a superior de sistemas e
t.i., telefonista, terapeuta ocupacional e traballador/a
social-
realizacióndo segundo exercicio da fase de oposición
das categorías do grupo técnico da
función administrativa, do grupo de xestión
da función administrativa, de cociñeiro,
do grupo auxiliar da función administrativa
e de persoal de servizos xerais.
ASEMESMO PRESENTAMOSVOS RESPOSTA DO SERGAS SOBRE O EXAME DE GALEGO DE AUXILIARES
ADMINISTRATIVOS E PSX:
O exame de galego realizarase a posteriori de realizar o exame de informática, como
calculan que será pouca xente a que teña que realizar o devandito exercicio, publicarán
unha listaxe coas persoas que teñan que realizalo e convocarannas un día en Compostela.
|
|
|
|
|
| MANIFESTO HOSPITAL CRUZ BERMELLA VIGO |
|

|
|
|
|
|
| CONTRA A PRIVATIZACION DA SANIDADE PUBLICA |
|

|
|
|
|
|
| PREVISIONS DE PROXIMAS PUBLICACIONS RELATIVAS A OPE 08 |
|
Previsions de próximas publicación relativas a OPE 08
DOG del 12 de febrero:
facultativo/a especialista de área de análises clínicas,
facultativo/a especialista de área de aparello dixestivo,
facultativo/a especialista de área de farmacia hospitalaria,
facultativo/a especialista de área de medicina física e rehabilitación,
facultativo/a especialista de área de microbioloxía e parasitoloxía
odontólogo/a de atención primaria
DOG del 19 de febrero:
facultativo/a especialista de área de cirurxía xeral e aparello dixestivo,
facultativo/a especialista de área de nefroloxía,
facultativo/a especialista de área de psiquiatría,
facultativo/a especialista de área de uroloxía
Finales de marzo: Médico de familia
|
|
|
|
|
|
|
|