|
|
|
|
IMPORTANTE! SUSPENSIÓN DOS ACORDOS! |
|
MOI IMPORTANTE
URXENTE!!!
- RETRIBUCIÓNS 2010 -
A Consellería de Economía e Facenda, xunto coa Consellería de Sanidade, están convocando ás organizacións sindicais para por de manifesto as medidas dos orzamentos do vindeiro ano. No día de hoxe tocounos a CIG.
Unha das medidas que anunciaron que contemplará a Lei de Orzamentos do 2010 é a aplicación do artigo 38.10 do Estatuto Básico do Empregado Público, que a CIG non asinou no seu día, e que comtempla A SUSPENSIÓN DOS ACORDOS ASINADOS EN ARAS DO INTERESE PÚBLICO, que na Sanidade supón:
* Suspéndese o ACORDO RETRIBUTIVO 2008/2012
* Suspéndese a CARREIRA PROFESIONAL DO PERSOAL DE XESTIÓN E SERVIZOS E SANITARIO DE FORMACIÓN PROFESIONAL.
* Suspéndese o PLAN MELLORA DE ATENCIÓN PRIMARIA
Pero, nese plan de austeridade, casualmente NON SE CONTEMPLA:
*Suspensión do Plus de Altos Cargos
*Supensión de Dietas e Gastos de Representación
*Suspensión de Coches oficiais
*Suspensión da Cidade da Cultura
Desde CIG-Saúde reprochámoslle á Consellería de Sanidade que mentres pretende aplicar medidas que afectan sempre ás mesmas persoas e aos mesmos colectivos, estase negociando á marxe da Mesa Sectorial un acordo retributivo que afectaría a un colectivo moi concreto (facultativos que non están cobrando o complemento específico).
En CIG-Saúde vemos con indignación esta medida e animámosvos a participar nas asembleas e mobilizacións que se convocarán inmediatamente.
ASEMBLEA O BARCO
DÍA: mañá, xoves, 1 de outubro
HORA: 13:00 hs
LUGAR: Salón de Actos do HCV
ACUDE, É IMPORTANTE!!!
|
|
|
|
posición de CIG-Saúde ante os incumprimentos do plan mellora |
|
|
|
|
|
área da Mariña: o PP dá marcha atrás? |
|
Según publica hoxe la voz de galicia na súa edición da Mariña, o PP dá marcha atrás, na integración das áreas de A Mariña e Monforte e incluso integrará nunha xerencia primaria e especializada no entorno da área sanitaria na que están agora.
Hai que lembrar que prácticamente en tódolos concellos da área sanitaria da Mariña leváronse iniciativas en apoio desta área que foron aprobadas por unanimidade.
A ver se toma nota o PP de Valdeorras e deixa de facer a política de confusión que están facendo.
Hoxe temos de novo reunión da plataforma ás 20 horas, veremos tras coñecer esta noticia que é o que fan os "nosos líderes" populares.
Dende CIG-Saúde non entenderíamos que a área de O Barco tivese trato distinto cá da Mariña, cando as peculiaridades dunha e outra son ben similares.
Aquí vos deixamos o artigo mencionado:
O PP di que o hospital de Lugo non xestionará os de Burela e Monforte
O deputado Balseiro afirma que Sanidade integrará asistencia primaria e especializada dentro da área mariñá
Queda por ver como se traduce e, sobre todo, que a Consellería de Sanidade confírmeo, pero todo apunta a que optou por dar marcha atrás e desistir do seu proxecto de crear un área sanitaria de ámbito provincial, o que, entre outras cousas, significaría que o hospital de Lugo xestionaría tamén os de Burela e Monforte, que perderían moita da súa autonomía. Aínda que se nega a recoñecer que Sanidade está rectificando os seus plans iniciais, o deputado popular José Manuel Balseiro comprometeu onte en Viveiro a súa propia palabra e a do PP, «partido que sustenta ou goberno dá Xunta», como aval de que a consellería «non suprimirá a área sanitaria dá Mariña», ao que engadiu que o Hospital dá Costa «non vai depender para nada do de Lugo».
Un anuncio que, reiterou o parlamentario e secretario provincial do PP, «está pactado coa conselleira de Sanidade, Pilar Farjas». Será ela quen, o próximo 14 de outubro, responderá ante o pleno da Cámara autonómica a unha interpelación que Balseiro tramitou con carácter urxente. Él non parece ter ningunha dúbida de como contestará Farjas cando lle pregunte no Parlamento se a Xunta «ten previsto manter á area sanitaria dá Mariña lucense, coñecida tecnicamente como Cervo-Burela».
«Resposta satisfactoria»
«Xa coñecemos a resposta», subliñou Balseiro. E explicouse: «Ninguén pode crer que eu sexa un suicida político ou que non PP sexamos tan temerarios como para preguntar por un tema [ao seu propio goberno] se non tivera a total seguridade dunha resposta satisfactoria».
O deputado popular adiantou a contestación que conta recibir de Pilar Farjas: «Sanidade non só non ten previsto suprimir á area sanitaria dá Mariña, senón que, ademáis, a intención dous responsables autonómicos de saúde é estudar a ampliación do catálogo de servizos e prestacións que a día de hoxe ofértanse non Hospital dá Costa».
Coa vehemencia que lle caracteriza cando parece sentirse seguro do que di, Balseiro insistiu en que o PP «cre e aposta polo Hospital dá Costa, polos seus profesionais e porque manteña a súa autonomía e importancia, porque siga sendo ou centro de referencia para vos veciños dá Mariña».
«Non dependerá de Lugo»
Agora a Xunta define ao hospital situado en Burela como «comarcal» aínda que leva anos equiparándoo a un «xeral básico». Categorías á marxe, o deputado popular reiterou onte en Viveiro que o hospital «non perderá servizos, non eliminaranse consultas e ninguén terá que ir a Lugo para recibir asistencia que agora lle prestan na Mariña». Tampouco, repetiu, «dependerá para nada do de Lugo» e, a maiores, a asistencia primaria será integrada dentro da especializada na área sanitaria mariñá. «Non falamos sen fundamento, senón coa forza e a lexitimidade de ser ou partido máis votado», engadiu.
Aínda que o venres, cando asegurou que A Mariña seguirá sendo área sanitaria, admitía que a xestión ecónomica, de persoal, de obras e de subministracións do Hospital dá Costa centralizaríase no de Lugo, polo que dixo onte Balseiro parece que tampouco será así. E sostén que «tampouco desaparecerá» a área sanitaria de Monforte. |
|
|
|
información exame galego |
|
Esta é información remitida polo SERGAS:
Bos días: nos vindeiros días (este venres ou o luns da semán próxima) esperamos poder publicar na páxina web do organismo o listado de aspirantes das categorías da OPE 2009, QUE TERÁN QUE REALIZAR O EXERCICIO DE COÑECEMENTO DA LINGUA GALEGA.
Disporán dun prazo breve para presentar reclamación, por se poidera existir algún erro.
Por tanto, convén que todos os interesados revisen as listaxes, e no caso de que exista erro, deberán enviarnos por fax (881.54.28.18) a reclamación, engadindo copia do curso de galego corespondente ou da convalidación.
En canto nos digan a data concreta, publicarémola.
|
|
|
|
a 29 e sen cobrar |
|
onde está a nosa paga?
Cándo se cobra akí?
SERGAS PAGA XA!!! |
|
|
|
Curso de "Mecanismos fronte ao estrés" |
|
Ofertamos curso co título "Mecanismos fronte ao Estrés".
DATAS: do 5 ao 9 de outubro
HORARIO: de 4:30 a 8:30 hs
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Academia Gosup - O Barco
Nº DE HORAS: 20
Nº DE PRAZAS: 20
DIRIXIDO A: todas as categorías, persoal que traballara durante o mes de Setembro.
Para máis información diríxete ao noso local no HCV. |
|
|
|
convocada OPE Cantabria varias categorías |
|
Convocouse no BOC do pasado 25 de setembro a OPE das categorías de:
técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías
técnico/a especialista en informática
grupo administrativo/a da función administrativa
grupo auxiliar da función administrativa
calefactor/a
electricista
fontaneiro/a
mecánico/a
telefonista
celador/a
peón
pinche
Podedes ver as convocatorias premendo na categoría correspondente. |
|
|
|
O SERGAS INVITA: ¿QUEN PAGA? |
|
Se tivésemos que mentar a alguén que teña demostrado unha e mil veces a súa implicación na defensa dos dereitos dos traballadores e traballadoras deste país con honradez, coherencia e compromiso, sen ningunha dúbida a persoa que nomearíamos sería Xoan Cons Pinto, que foi ata hai un ano Secretario Nacional de CIG-Saúde e que se incorporou á súa praza no CHUVI de Vigo. Xoan ten unha traxectoria impecable á fronte do sindicalismo da CIG e probablemente sexa unha das cabezas mais ben amobladas do País.
CIG-Saúde O Barco estámoslle moi agradecidos non só pola cantidade de veces que acudiu a O Barco a organizar, dar asembleas e informar ó persoal, senon tamén porque foi unha peza clave na elaboración deste blog á hora de que dende él dísemos resposta a moitas das preguntas que entraban; ademais de aportarnos outra perspectiva dos asuntos que tratamos.
Ante as novas políticas de privatización que está pondo en marcha o Partido Popular e o risco que supoñen estas para a sanidade pública, puxémonos en contacto con Xoan para que elaborara un artigo para o blog que clarificara un pouco esta situación. E este de abaixo é o artigo que nos remitiu, xunto co anexo do fondo.
Graciñas unha vez máis Xoan por estar sempre aí.
O SERGAS INVITA: ¿QUEN PAGA?
Reflexións sobre as novas políticas de búsqueda de financiamento privado para a construcción de novos hospitais.
O xogo da información-desinformación ao que nos ven sometendo este Goberno galego en xeral, e a nosa Consellería de Sanidade en particular, sobre as distintas políticas a aplicar durante o seu mandato ten a todo o mundo perplexo e desorientado sobre o sentido das decisións que vaian adoptar respecto das diferentes parcelas do sistema sanitario.
Sen dar a cara, sen falar nunca claro, de case todo se limitan a decir que se fixo horriblemente mal durante os últimos catro anos (mesmo daquelas cousas e daqueles males que empezaron hai moito máis de catro anos), e sobre case todo se excusan nos malos momentos económicos para amparar e para xustificar unha política que farían de todas as maneiras. Pero claro, ?como estamos en crise??, pois parece que todo pode colar.
Efectivamente, agora que tanto se fala dos problemas para construir e dotar novos hospitais (Vigo, Pontevedra, Lugo, etc), e de buscar financiamento privado para poder abordar esas infraestruturas imprescindibles, quizáis sexa bo recordar duas cousas:
- que este mesmo goberno liderou no seu dia a experimentación sobre novas formas de xestión do sector sanitario, que en Galicia se concretou en tres exemplos inda vivos na nosa memoria recente: as fundacións (parte delas xa restituidas ao Sergas, outras inda non), as empresas públicas (Medtec, hoxe Galaria, inda funcionante), ou a asignación a un centro privado da atención sanitaria dunha área de poboación (Povisa, igualmente en vigor),
- e que as fórmulas de financiamento das que se está a falar non teñen dous anos de vida, non se orixinan nin son producto da crise, senón que son fórmulas que viron a luz hai máis de dez anos, en plena fase expansiva da economía, e que xa dende o ano 2003 forman parte das políticas impulsadas polas institucións da Unión Europea a partir dos conceptos da liberalización dos servizos, da libre competencia, e da consideración do sector público como mero supervisor dos servizos públicos e non xa como proveedor dos mesmos.
Así pois, dende aquel discurso entre autoritario e ramplón co que nos golpean a intelixencia todos os dias, é de rigor recoñecer que este goberno da dereita parece estar conseguindo que se impoña con naturalidade a tese de que o importante é que un hospital se faga, e de onde salgan os cartos ou quen o pague dá igual. Pois lamento (é un decir) discrepar.
Non é intención destas notas abrumar con tecnicismos nin cifras sobre as características dos modelos posibles de participación privada no financiamento dun hospital, e moito menos co relato das múltiples experiencias xa coñecidas (bastante de Europa, USA, Canadá, Australia,?) pero algunha liña básica haberá que dibuxar para saber exactamente de qué estamos falando. Para elo, no esquema anexo poden atoparse os rasgos esenciais dos modelos de PFI coñecidos.
Da revisión das suas características e das suas experiencias, inda sabendo que continúan sufrindo cambios sucesivos en base á técnica do ensaio e o erro, e tomando como referencia de análise a modalidade máis extendida consistente na contratación da obra máis a contratación da xestión de todos os servizos non sanitarios, máis a contratación da explotación de dotacións complementarias (locais comerciais, parkings, cafeterías, máquinas,etc), podería sintetizar a miña visión crítica destes modelos como sigue:
a) Non se xustifican por razóns económicas, pois os datos de todos os estudios independentes apuntan á inexistencia de aforros, ao tempo que advirten do perigo dos incrementos incontrolados de custes a longo plazo dificilmente previsibles con 20 ou 30 anos de anticipación. Asimesmo se apunta sobre unha realidade inda máis preocupante: demostrado o encarecemento dos custes totais do modelo PFI sobre o modelo de investimento ?tradicional?, só hai duas formas de conseguir que parezan máis baratos: ou ben mediante o falseamento das suas estimacións iniciais de custes, ou ben mediante o recorte do tamaño ou dos servizos do novo hospital.
b) Non se xustifican por razóns de celeridade na disposición do hospital, pois como demostran os escasos exemplos existentes é posible conseguir o mesmo obxectivo mediante mecanismos estrictamente públicos. Outra alternativa sería modificar as leis orzamentarias e de contratación pública para facelas máis compatibles coa realidade multidisciplinar, complexa e cambiante do entorno sanitario.
c) Non se xustifican por razóns de eficacia na xestión, pois nesto si temos experiencia contrastada no ámbito do Sergas como para poder negar que unha subcontrata preste mellor servizo per se que os medios propios, ou que un centro privado preste mellor asistencia que un centro público.
d) Non se xustifican por razóns da propiedade do hospital, que con PFI queda condicionada ao que ocurra durante os trinta anos nos que o Sergas permanecería no edificio como ?realquilado? en función das condicións do contrato, e que condena ademáis a xestionar todo o non sanitario con empresas e con persoal subcontratado, prexuzgando así unha importantisima decisión de política sanitaria (a externalización global de servizos) coa excusa da necesidade de financiar a construcción dun hospital.
e) Non se xustifican por razóns da titularidade do servizo público, pois (esto sí é ideolóxico) non creo no papel da Administración Pública (da Consellería-Sergas, neste caso) como mera supervisora dos servizos públicos prestados á poboación, senón que creo na necesidade da sua responsabilidade directa sobre a forma, o alcance, as condicións e os medios da sua prestación. Porque para a garantía duns servizos públicos de calidade, universais e con equidade, a Administración está obrigada a decidir en base ao interés xeral, e as Empresas están obrigadas a decidir en base ao interés dos seus propietarios. Asi de lexítimo, pero así de claro.
En conclusión, e fronte a aquela afirmación antes citada, e hoxe tan extendida, respecto de que o importante é construir o hospital e o de menos é quen pague, eu formulo outra afirmación producto desta análise, no sentido de que a interrogante principal xa non é quen paga ou quen pon os cartos, senón a qué precio. E considero que o precio a pagar por unha IPF típica no sector sanitario é de todo punto inasumible. O reto será propoñer outras fórmulas; algunhas quedaron apuntadas nestas breves reflexións.
Xoán Cons
Setembro de 2009
Características básicas dos modelos de colaboración público-privada no financiamento de obras de infraestructuras e de equipamentos sociais
¿Qué é a PFI?
Baixo a denominación xenérica de PFI (ou PPP, ou CPP, que tanto monta) teñen amparo distintas modalidades de contratación pública, sobre a base sempre de comprometer o adxudicatario a construcción e financiamento dunha infraestructura (estradas, redes ferroviarias, estacións depuradoras, escolas, hospitais, centros penitenciarios, etc), vinculado a tres condicións principais:
- a xestión posterior de todos ou dunha parte dos servizos asociados a esa infraestructura (e principalmente a responsabilidade sobre o seu mantemento integral),
- o pago pola Admón a partir da entrada en funcionamento da infraestrutura dun precio anual pactado,
- e a longa duración do contrato (habitualmente 30 anos no caso dos equipamentos sociais).
¿Quen opta a este tipo de contratos?
Normalmente unha serie de empresas especializadas que se agrupan temporalmente para ese fin; adoitan agruparse empresas constructoras, entidades ou sociedades financeiras, empresas de servizos xerais, empresas de mantemento e/ou enerxía, e sociedades especializadas en dirección de proxectos. Cada unha delas se ocupa da sua parcela, dentro dun proxecto común. As grandes constructoras (ACS, Sacyr, Ferrovial, FCC?) son as que lideran estes procesos, ata o punto de seren as impulsoras de modificacións na Lei de Contratos do Sector Público para ?legalizar? este tipo de contratación. Por estas características se dí tamén que estas fórmulas de contratación fomentan prácticas monopolísticas e expulsan do mercado da contratación pública ás PeMEs e aos Autónomos; a propia Comisión Europea manifesta estar ?preocupada? por este fenómeno.
¿Quen define as necesidades e o plan funcional do hospital a facer?
Inicialmente é a Administración quen define loxicamente as características básicas do servizo ou da necesidade que quere satisfacer, e logo é o grupo de empresas adxudicatario quen define o proxecto concreto e os medios necesarios; eso inclue, por exemplo, definir número de camas, distribución, etc. Este control sobre a fase de proxecto, realizado con criterio económico (menor coste posible), é o que permite que as características e dimensións dos hospitais con financiamento privado nazan sempre recortados respecto dos proxectados con criterio asistencial: menos camas, menos recursos, menos servizos de valor engadido (docencia, investigación, etc)?
¿Cómo se determina o precio?
Este tipo de contratos se pagan mediante un canon, actualizado anualmente e abonado mensualmente, a partir do momento en que o hospital (no noso caso) está operativo. O valor inicial do canon se determina no propio contrato, tendo en conta os seguintes factores: custes de construcción e de dotación material inicial, custes de xestión dos servizos a explotar directamente polo grupo empresarial, custes do financiamento (intereses) disponible polo constructor, custes do beneficio industrial, e custes do Ive; e todo elo estimado para os 30 anos de duración normal do contrato.
¿Cales son os beneficios económicos para a Admón?
Inda é un asunto controvertido saber realmente si esta fórmula de contratación é máis beneficiosa economicamente (en fin, máis barata) para a Admón que a contratación ?ordinaria?. Inda que as Directivas comunitarias e as Leis estatais obrigan a facer unha análise comparativa entre os dous métodos de financiamento (o tradicional e o privado) con carácter previo a optar por unha PFI, a realidade é que non existe un método contrastado nin fiable para realizar tan complexa estimación. Así, os defensores ?ideolóxicos? destas fórmulas din que si hai aforro, e os detractores ?ideolóxicos? din que non. E os datos ¿din algo? Pois a pesar de que o Tesouro británico (gran valedor deste sistema) afirmaba inicialmente que existía un aforro medio do 17%, a experiencia demostrou a inconsistencia de tales estimacións. Cito só dous exemplos de fontes pouco sospeitosas: a Oficina Nacional de Auditoría do propio RU fiscalizou en 2001 121 proxectos e concluiu que poñer a andar un hospital con PFI representaba tan só un aforro global en 30 anos dun 1,7%; e o Goberno autonómico de Madrid estima, no caso do Hospital de Vallecas, un aforro tamén en 30 anos dun 0?7%. Eses son os datos e os cálculos máis optimistas en entornos favorables a esta fórmula de financiamento de hospitais. Que cadaquén tire conclusións.
¿Cales son os beneficios para as empresas?
Mediante este tipo de contratos baixo as modalidades PFI, as empresas consiguen varios obxectivos atractivos: estabilidade no negocio durante un periodo mínimo igual á duración do contrato (falemos de 30 anos); ingresos estables durante ese tempo, a través do pago do canon mensual; rentabilidade dos aforros que podan conseguir mediante a reducción de custes na xestión da construcción e na explotación de servizos complementarios; concesión da xestión de servizos complementarios (limpeza, arquivos, esterilización, centraliña telefónica, parking, cafeterías, transporte, etc) en bloque e por eses 30 anos. Si ademáis no grupo empresarial adxudicatario do contrato participa algunha aseguradora ou empresa sanitaria, influe na definición do plan funcional do hospital a construir. Todo elo, claro, ademáis do beneficio económico directo derivado do marxen industrial recoñecido.
¿Existen limitacións para contratar mediante PFI?
A contratación da construcción e posterior explotación dun hospital mediante as modalidades PFI non ten na práctica limitación. Ten diferentes formas de concretarse, vinculadas sobre todo á propiedade do hospital unha vez transcurridos os 30 anos, e ao número e características dos servizos (sanitarios ou non sanitarios) a xestionar polas empresas. Eses aspectos (e outros tamén relevantes sobre os que non me quero extender aquí) defínense no propio contrato, polo que é moi importante observar con detenimento o contido das condicións de cada concurso.
.
¿Hai algunha outra característica relevante para optar polo sistema PFI?
Pois si. Cando menos unha certamente relevante, porque a modalidade contractual mediante PFI permite escapar das limitacións legais e contables impostas pola normativa orzamentaria, singularmente en dous aspectos moi sustanciais: o gasto asociado a estes contratos non contabiliza como débeda pública, polo cal non se incumple formalmente (anque sí realmente) o límite legal de endebedamento; o gasto asociado a estes contratos pode comprometerse a plazos máis longos que si se tratase como un investimento. Esta maior flexibilidade orzamentaria é precisamente un dos principais argumentos esgrimidos a favor das PFI, fronte á que cabe preguntarse ¿entón para qué tanta normativa orzamentaria e de contratación pública? ¿para qué tanto doble discurso?
¿É certo que tamén existe a vantaxe da maior inmediatez na construcción e posta en funcionamento do hospital?
Para construir, a Admón necesita ir cumplindo en cada paso con formalidades, plazos e burocracias (esixidas pola lei de contratos) que alongan certamente os procesos. Para construir o mesmo, unha empresa só necesita conseguir financiamento e poñerse a elo. Así que o método PFI se inventa unha ficción: facemos parecer que o hospital é da empresa que o construe e non da Admón que o encarga, e así se reducen os plazos de inauguración de forma sustancial. Logo como o hospital é virtualmente da empresa e non da Admón, ésta lle paga un ?aluguer? por usalo durante 30 anos, e ao cabo dese tempo xa veremos de quen é a propiedade. Por esto se dí que a Admón que encarga o hospital é quen invita á sua inauguración, pero quen paga é o que veña detrás (durante 30 ou máis anos).
¿É imprescindible que as empresas concesionarias da obra tamén xestionen determinados servizos?
Non, esa entrega da xestión de determinados servizos é o habitual pero non é imprescindible. A modalidade PFI escollida non ten por qué levar aparellada a cesión privada da definición do proxecto de hospital nin a xestión de ningún dos seus servizos, que son os seus puntos máis críticos, pero a tónica xeral nos máis de 600 PFI realizados na UE nos últimos anos é esa. Pero tamén se podería optar por escoller a constitución dunha empresa pública que asuma a xestión desas partes ?privadas? do contrato, contratando coa empresa privada unicamente a construcción do hospital; con elo conseguimos igualmente acelerar a sua posta a disposición pero sen hipotecar nin a sua dimensión nin a sua xestión futura. Asturias (Oviedo) e Murcia (Cartagena e Mar Menor) son illados exemplos desta versión light das PFI |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
a Xerente do SERGAS segue a confundir á poboación |
|
Publícase hoxe unha entrevista en La Región á Xerente do SERGAS, Rocío Mosquera, na que lle preguntan qué vai pasar coa área de O Barco. A súa resposta non pode ser máis ambigua: por un lado fala de que non se vai modificar o "mapa territorial" (que non é o mesmo que o "mapa sanitario") e polo outro fala de "xestión integrada entre hospitais de primer e de segundo nivel" (que, ao noso parecer, non é outra cousa que a unificación de áreas). Deixámosvos aqui a parte da entrevista na que falan do tema e unha ligazón á entrevista completa:
Estos meses se puso en entredicho si el área sanitaria de Valdeorras iba a seguir con la misma autonomía.
Es una polémica que me resulta peculiar. Nosotros gestionamos sanidad, no política territorial. No hay ningún cambio en el mapa territorial, lo único de lo que hablamos es de una gestión integrada de la atención Primaria y Especializada y entre los hospitales de primer y segundo nivel. No sería eficiente tener todas las especialidades y servicios en hospitales con nivel inferior (en cuanto a población). Hay patologías tan poco frecuentes que si no se atienden en un nivel superior pierdes capacidad asistencial. Nosotros queremos que cada paciente tenga la mejor atención, independientemente de donde viva, lo más cerca de su domicilio dentro de sus necesidades. No vamos a perder recursos, porque sería poco práctico sacar servicios de O Barco, Verín, Burela u otro hospital comarcal que esté funcionando bien. Lo único es que saldrán ganando porque, al tener un hospital de referencia y trabajar conjuntamente con un hospital más grande, los profesionales estarán más preparados, más motivados y trabajarán mejor. Pero es importante que los ciudadanos entiendan que van a disponer de la misma cartera de servicios.
¿Con un gerente para los tres hospitales?
O somos capaces de tener objetivos únicos para todo el área o será muy complicado gestionar esto. En este momento no sé si habrá un gerente o tres porque está sin diseñar el decreto de estructura. Pero cada centro tendrá un directivo, una figura que pelee para que ese hospital trabaje en las mejores condiciones. |
|
|
|
Burela empeza a "coller temperatura" no conflito da área |
|
Hoxe en "la voz de galicia" na súa edición da Mariña hai un amplo reportaxe sobre a problemñatica de área en Burela, alí xase están presentando as primeiras mociois de apoio á área que de momento están sendo aprobadas por unanimidade. Trasladamos ó noso blog o recollidos nas páxinas de "la Voz de Galicia"
Sanidade elude aclarar se suprime a área sanitaria e intégraa en Lugo
Promete que o Hospital dá Costa «verá reforzada a capacidade de xestión, autonomía e carteira de servizos»
Parece complicado saber que ocorrerá coa área sanitaria da Mariña, así como canto e como repercutirá na asistencia o modelo de xestión que a Consellería de Sanidade prevé aplicar na comarca e na provincia. Por unha banda, o PP insiste en que A Mariña «non desaparecerá» como zona sanitaria, aínda que admite que coa «xestión integral dás áreas» centralizarase no hospital de Lugo a dirección de asuntos económicos, de persoal, de obras e de compras de todos os hospitais públicos lucenses. Por outra, a Consellería de Sanidade, que tras o clamor contra a supresión da área sanitaria mariñá e a integración do Hospital dá Costa no de Lugo, onte pronunciouse sen aclarar se a manterá ou a eliminará, aínda que, iso si, anuncia que o centro situado en Burela «verá reforzada a súa capacidade de xestión, autonomía e carteira de servizos».
Sanidade non confirma nin desmente ao parlamentario popular José Manuel Balseiro, quen ratifica as «explicacións pactadas coa conselleira de Sanidade» que ofreceu antonte, cando asegurou que a área sanitaria mariñá «continuará mantendo a súa denominación», aínda que onte foi máis contundente: «Non desaparecerá a área sanitaria dá Mariña lucense. Nunca foi esa a intención de Sanidade».
O deputado Balseiro insiste
E o deputado engade: «Non é certo que vaia a ser necesario trasladar a Lugo a pacientes que están a ser atendidos non Hospital dá Costa, nin para tratamentos cirúrxicos nin para consultas. Non són non van desaparecer ningunha dás especialidades médicas que hoxe ten ou Hospital dá Costa senón que, a maiores, Sanidade está a estudar a amplicación de servizos».
A conselleira de Sanidade e a xerente do Sergas anunciaron en xuño a creación dun área provincial, e a conselleira ratificou esta semana no Parlamento que preparan a «definición dúas plans operativos de cada área sanitaria».
O hospital é «comarcal»
Sen entrar nese asunto nin tampouco nas declaracións do deputado Balseiro, a consellería repetiu onte as vantaxes do «novo sistema de organización» para profesionais e cidadáns. No seu primeiro comunicado sobre o tema, subliña que Sanidade «reforzará ou papel do hospital comarcal de Burela» co obxectivo de «potenciar a axilización dá xestión, eficiencia e operatividade en beneficio dá poboación, reforzando a resposta resolutiva do hospital e dá atención primaria dá área». Define agora ao hospital mariñán como «comarcal», aínda que durante os últimos anos insistiu en que, pola súa carteira de servizos, equipárase a un «xeneral básico».
Como Sanidade cre que que o «esforzo» do que fala «permitirá dotar ó mesmo tempo, un reforzo entre atención primaria e especializada», incide nas críticas de Balseiro: «Neste marco, cómpre considerar que politizar un tema tan importante e de interese xeral coma é ou sanitario, só deriva na creacióno dunha polémica estéril e innecesaria na sociedade»
Balseiro anuncia que a consellería informará aos profesionais «nun seminario»
O parlamentario popular José Manuel Balseiro pon especial énfase cando defende o modelo de xestión sanitaria que prevé implantar Sanidade: «Falamos de mellorar e non de empeorar a asistencia sanitaria, como pretendían facernos ver algúns indocumentados políticos». E aínda que desde a consellería aínda non o fixeron público, o deputado anunciou antonte que os traballadores da sanidade pública na comarca «terán a oportunidade de coñecelo ou 15 de outubro, cando Sanidade lles dea conta deste sistema a través dun seminario que resolva todas as súas dúbidas».
Como proba dos beneficios que, na súa opinión, achega, o modelo «de xestión integral dás áreas sanitarias», Balseiro agrega que se está aplicando en diferentes comunidades autónomas españolas «e está defendido por gobernos de diversa cor política». Cita Andalucía, Aragón, Asturias, Baleares, Cataluña, Estremadura, Canarias, Comunidade de Valencia, A Rioxa e Navarra.
A reacción dos traballadores preocupa a todos
Se finalmente Sanidade mantén o seu proxecto de crear un área sanitaria de ámbito provincial, o director da área sería o xerente do hospital da cidade de Lugo e, entre as súas competencias, estarían case todas as relacionadas cos traballadores do hospital, cando menos.
Por iso a reacción do persoal da sanidade pública preocupa a todos os políticos que están tomando posicións. De feito, o PP incide en que a mobilidade do persoal na provincia sería «voluntaria e pactada», apuntando tamén as vantaxes que, ao seu xuízo, reportaría o futuro modelo de xestión aos profesionais dos centros de saúde e do Hospital dá Costa.
Moi diferente, xusto o contrario, é o parecer da maioría dos preto de 600 empregados do hospital situado en Burela, como fixeron ver os seus representantes sindicais. E o BNG e CIG repiten que, se se suprime a área sanitaria da Mariña, producirase «un empeoramento nas condicións laborais dous traballadores e a conseguinte destrución de emprego».
Burela, Cervo e Mondoñedo piden por unanimidade que se manteña
Aínda que as posicións dos partidos políticos maioritarios sobre o futuro modelo de xestión sanitaria difiren, que Sanidade continúe sen concretar como o aplicará nin as súas consecuencias na comarca dá pé a unha cerimonia da confusión.
Nese contexto non sorprende que as corporacións municipais de Burela, Cervo e Mondoñedo aprobasen antonte, por unanimidade, reivindicar á Xunta que manteña a área sanitaria da Mariña. Fuentes municipais aseguraron que no pleno celebrado polos concelleiros mindonienses mantívose a proposta do bipartito PSOE-BNG que rexe o Concello, apoiada polo PP e polo Partido Galeguista.
Non ocorreu o mesmo en Cervo e en Burela. Os edís cervenses debateron a moción presentada polos nacionalistas, aínda que finalmente todos votaron a favor da emenda introducida polo PP, maioritario na corporación. O mesmo ocorreu no pleno burelense, que antonte á noite se pronunciou deixando constancia de que o Concello de Burela «defende que se manteña a actual área sanitaria do norte lucense, ampliando as competencias que tén na actualidade, así como ou catálogo de servizos que se ofrecen non Hospital dá Costa, integrando tamén dun xeito coordinado ós distintos centros de saúde de primaria». |
|
|
|
"CAMARIÑAS".LUAR NA LUBRE |
|
|
|
|
|
instruccións SERGAS sobre persoal ante a gripe A |
|
Instrución: 10/2009
Asunto: Medidas en materia de persoal como consecuencia da pandemia de Gripe A
Orixe: Xerencia do Servizo Galego de Saúde
Ámbito: Institucións Sanitarias do Servizo Galego de Saúde.
Data: 21 de setembro de 2009
Ante a situación xerada pola pandemia da gripe A é previsible que se presenten problemas para atender á carga asistencial co persoal dispoñible nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, A esta problemática engadiríase, ademais, a incidencia entre dito persoal da propia enfermidade.
Con tales premisas resulta preciso, por unha parte, e en primeiro lugar, adoptar medidas especiais en materia de saúde laboral; por outra, expoñer o elenco de medidas de ordenación de persoal que podería ser preciso adoptar nas institucións, sempre con carácter extraordinario e transitorio, ante unha situación de indispoñibilidade de recursos humanos.
A esa finalidade resposta a presente instrución, coa que se pretende ademais que todos os axentes implicados conten cunhas liñas xerais de actuación previamente tratadas na Mesa Sectorial, públicas e debidamente difundidas; desta forma procúrase evitar incertezas e disparidade de criterios básicos de actuación nas institucións sanitarias.
Con este mesmo ánimo a instrución ratifica a garantía da participación dos órganos de
representación do persoal, e impulsa canais de comunicación e información para que a presente instrución, e as medidas que se adopten consonte ao previsto na mesma, cheguen ao coñecemento de todos os colectivos implicados.
Por todo o anteriormente exposto estímase procedente ditar as seguintes
INSTRUCIÓNS
Primeira.- Obxecto
A presente instrución ten por obxecto:
a) Definir as medidas de protección do persoal das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde fronte á situación de pandemia da gripe A, especialmente daquel persoal que presente factores de risco de sufrir unha gripe complicada.
b) Incorporar o elenco de medidas que, en materia de persoal, poden resultar precisas para garantir que en todas as fases da pandemia se poida dispoñer dos recursos humanos necesarios para facer frente á carga asistencial, así como para evitar un agravamento da situación pandémica como consecuencia do incremento das baixas laborais do persoal das instituciones sanitarias do Servizo Galego de Saúde.
c) Garantir a participación dos órganos de representación do persoal, nos termos previstos na normativa xeral e a propia do Servizo Galego de Saúde.
d) Establecer canais de comunicación e información para que a presente instrución, e
as medidas que se adopten consonte ao previsto na mesma, cheguen de forma rápida e veraz ao coñecemento dos axentes implicados.
Segunda.- Carácter das medidas.
As medidas relacionadas nos puntos 6 a 9 terán carácter excepcional e somente poderán adoptarse vinculadas a unha declaración de medidas especiais en materia de saúde pública.
Con todo, de producirse un problema de imposibilidade de respostar á carga asistencial derivada da incidencia da enfermidade nun ámbito determinado inferior ao de Xerencia da institución sanitaria, o órgano superior de dirección da mesma poderá, previa autorización dos órganos competentes da Conselleria de Sanidade, adoptar as medidas antes relacionadas.
Ditas medidas terán carácter transitorio, e unha vez adoptadas estenderanse durante o tempo que resulte indispensable.
Terceira.- Adopción e impulso das medidas (competencia).
As medidas que incorpora a presente instrución adoptaranse polo órgano que teña atribuida a competencia consonte á normativa vixente.
Cando, pola evolución da situación, se considere preciso impulsar unha medida que exceda do propio ámbito competencial, realizarase unha proposta motivada ao órgano competente.
Cuarta.- Identificación dos recursos dispoñibles e dos recursos adicionais que poidan requirirse nos diferentes ámbitos en función de como evolucione a situación.
Os órganos directivos das institucións sanitarias identificarán os recursos dispoñibles e os recursos adicionais que poidan requirirse nos diferentes ámbitos, unidades e servizos, en función da evolución da situación da pandemia, con especial atención a aqueles servizos ou unidades susceptibles de asumir una maior carga asistencial por razón da pandemia.
Adoptaranse tamén as medidas precisas para a actualización e posta ao dia dos rexistros ou listaxes de persoal (basicamente dos mecanismos para a súa localización en caso de necesidade).
Quinta.- Saúde laboral.
Entre outras medidas adoptaranse con carácter xeral as seguintes:
-Vacinación:
A vacinación será voluntaria.
Recoméndase que o persoal que traballe en unidades onde se atenden pacientes con infección tipo gripe (ITG) estean vacinados da gripe estacional e no seu momento da gripe A (H1 N1).
Apélase á responsabilidade e profesionalidade de todo o persoal do Servizo Galego de Saúde para atender a estas recomendacións precedentes.
-Información e formación:
As/os traballadores sanitarios dedicados á atención destes pacientes deben recibir información e formación sobre o modo de transmisión e un adestramento adecuado sobre as precaucións para a prevención da infección.
Recoméndase revisar e actualizar os plans de formación, incorporando formación específica en prevención da infección, hixiene de mans e utilización correcta dos equipos de protección individual. O persoal que sexa vinculado con carácter temporal durante o período da pandemia,
deberá ser informado, no momento da súa incorporación, das medidas de protección persoaL
-Medidas de protección. Equipos de protección individual (EPI):
Os EPI deberán utilizarse cando existan riscos para a seguridade ou saúde dos traballadores que non puidesen evitarse ou limitarse suficientemente
por medios técnicos de protección colectiva ou mediante medidas, métodos ou procedementos de organización do traballo.
A selección e uso dos EPI realizarase consonte ás recomendacións establecidas polas autoridades sanitarias ao respecto, coas adaptacións pertinentes no caso de que así o determinen de ser necesario os resultados das avaliacións específicas de riscos.
-Traballadores con factores de risco de ter unha gripe complicada:
Estableceranse medidas específicas adicionais para as traballadoras embarazadas e para aqueles/as profesionais con factores de risco de sufrir unha gripe complicada. (Anexo II).
Sexta.- Selección temporal.
Considéranse os sistemas e procedementos de selección de persoal temporal do organismo (Listaxes elaboradas consonte o pacto de selección temporal do 24 de maio de 2004) como instrumento de primeiro nivel, á hora de satisfacer os requirimentos de incorporación de novos efectivos ás institucións sanitarias, coa finalidade de garantir a continuidade asistencial.
Entre outras medidas, poderanse ter en conta -logo do seu tratamento, de ser o caso, na comisión central de seguimento do Pacto de vinculacións temporais- as seguintes:
- Con carácter previo á adopción doutras actuacións, poderanse prorrogar os nomeamentos eventuais arestora en vigor, formalizados para a cobertura dos periodos de vacacións estivais do persoal de cadro (bloques de vacacións -en principio de ata catro meses, entre xuño e setembro-), ata a duración máxima establecida para este tipo de vinculacións (seis meses).
- Co obxecto de priorizar as necesidades e de posibilitar a máis axeitada distribución dos recursos no conxunto dos centros e áreas sanitarias en relación co avance da pandemia, poderase centralizar a xestión das listaxes de selección temporal para as categorías que se determinen.
- Caberá axilizar e simplificar os procesos de incorporación automática de novos aspirantes a nomeamentos temporais, previstos na normativa de aplicación, reducindo os procedementos de baremación á valoración da formación académica destes aspirantes.
- Analizarase o mellor xeito de garantir a operatividade das listaxes especlais nas
Unidades críticas (áreas especiais de UCI-Reanimación, Hemodiálise ...), priorizando
estas listas sobre as listaxes xerais.
- Estudarase a realización de formación específica para as áreas especiais, en
previsión de que non se dispoña de persoal ou aspirantes cos requerimentos precisos.
- Valorarase a suspensión das penalizacións previstas na normativa (agás as motivadas por incumprimentos graves dos aspirantes) durante o tempo necesario.
- Nas categorías nas que exista un maior déficit de profesionais, poderase autorizar a realización de nomeamentos, mediante as listas de promoción interna temporal, das persoas que fosen excluidas destas listaxes por non acreditar no seu momento dous anos en servizo activo como persoal fixo.
Sétima.- Permisos e licenzas.
Poderase motivadamente proceder á denegación, suspensión ou revogación das autorizacións de desfrute de vacacións, licenzas e permisos. Na definición dos criterios para aplicar estas medidas contarase coa participación dos órganos de representación do persoal.
As vacacións que polas causas expresadas non puideran ser desfrutadas polo profesional serán obxecto de desfrute posterior, mesmo fóra do ano natural.
Igualmente, as licenzas e permisos, atendendo á natureza concreta das mesmas, serán obxecto, no seu caso, de posterior desfrute.
O desfrute efectivo das vacaciones, licenzas e permisos concedidos ou que se vaian conceder quedará subordinado á capacidade de resposta ás necesidades asistenciais derivadas da incidencia da enfermidade en cada ámbito determinado.
Oitava.- Xornada de traballo e descansos.
As disposicións relativas a tempo de traballo e rexlme de descansos contidas na sección 1ª do capitulo X do Estatuto Marco, e nas disposicións, acordos e pactos de desenvolvemento, poderán ser suspendidas de conformidade co que establece o
artigo 59 do referido texto normativo.
Novena.- Mobilidade.
As medidas de mobilidade que resulte necesario adoptar como consecuencia da pandemia rexeranse, de entrada, polo principio de voluntariedade. Porén, polo tempo que resulte indispensable, as Xerencias poderán utilizar as facultades de reordenación e mobilidade inherentes ao feito de que o persoal está legalmente adscrito á área sanitaria, con independencia do destino adxudicado nos procesos de selección e
provisión, fixa ou temporal, e do ámbito de prestación que figure no seu nomeamento.
Décima.- Participación dos órganos de representación.
Con independencia do carácter excepcional e transitorio das medidas de ordenación de persoal que poden adoptar as Xerencias, a súa aplicación contará coa participación dos órganos de representación do persoal, nos termos previstos na normativa xeral e a propia do Servizo Galego de Saúde.
Decimoprimeira.- Seguimento e comunicación.
Os órganos directivos das institucións sanitarias establecerán as canles de comunicación e participación precisas para que esta instrución, e as medidas que se adopten na súa aplicación, cheguen a coñecemento de todos os axentes implicados (mandos intermedios, xuntas de área, comisións de centro, comités de seguridade e
saúde, profesionais ... ).
Decimosegunda.- Empresas externas.
Os órganos directivos das institucións sanitarias comunicarán as instrucións precisas para que as empresas que desenvolvan a súa actividade no centro adopten as súas propias medidas para facer fronte á situación de pandemia e garantan a continuidade da súa prestación, con especial atención a aqueles servizos que se consideran esenciais (como é o caso da limpeza). Igualmente, os órganos directivos velarán polo cumprimento das ditas instrucións.
Decimoterceira.- Outras medidas
A presente intrución non exclúe a adopción no futuro, en función de cómo evolucione a situación, doutras medidas en materia de persoal.
Decimocuarta.- Anexos
Como Anexo I da presente instrución figura unha relación dos preceptos máis relevantes que amparan a adopción das medidas previstas. (que non publicamos neste artigo por ser moi ampla)
Como Anexo II incorpórase unha relación de medidas especificas de protección das
traballadoras embarazadas e das/os profesionais con factores de riscos que aumentan a probabilidade de padecer unha gripe complicada.
ANEXO II
PROTECCIÓN DOS TRABALLADORES/AS CON FACTORES DE RISCO QUE AUMENTAN A PROBABILlDADE DE TER UNHA GRIPE COMPLICADA ANTE A EXPOSICiÓN LABORAL AO VIRUS DA GRIPE A(H1 N1)v
Segundo os criterios da Dirección de Saúde Pública e Planificación, os factores de risco que aumentan a probabilidade de ter unha gripe complicada son:
embarazo (especialmente no 2° e 3° trimestre), enfermidades cardiovasculares crónicas (excluíndo a hipertensión), asma moderada-grave persistente (adultos: Ter precisado tratamento nos últimos 3 anos), outras enfermidades respiratorias crónicas (que inclúe displasia broncopulmonar e fibrose quística), diabete mellitus tipo I e tipo II con tratamento farmacolóxíco, insuficiencia renal moderada-grave, hemoglobinopatías e anemias moderadas-graves, asplenia, enfermidade hepática crónica avanzada, enfermidades neuromusculares graves, inmunodepresión (incluida a orixinada polo VIH, fármacos ou receptores de transplantes), obesidade mórbida, ter menos de 18 anos de idade e tratamento crónico con aspirina, para evitar a síndrome de Reye.
Como estes factores poden variar a medida que se teñan máis datos da enfermidade, consulte a web para comprobar a relación actualizada.
RECOMENDACIÓNS XERAIS PARA TRABALLADORES/AS ESPECIALMENTE SENSIBLES
Os/As traballadores/as especialmente sensibles ao risco de exposición laboral ao virus da gripe A(H 1N1)v serán aqueles que teñan algún dos factores de risco que aumentan a probabilidade de ter unha gripe complicada.
Neste casos, considerando a información dispoñible ata o momento así como a inexistencia no momento actual dunha vacina eficaz fronte ao virus da gripe A (H1 N1)v, recoméndase as seguintes medidas:
1. Extremar as medidas hixiénicas xerais e específicas con fins preventivos (medidas de precaucións estándar e de transmisión respiratoria por pingas) en todos os postos de traballo.
A protección das mucosas nasofarínxea e conxuntiva así como a hixiene de mans son os elementos craves para o control da infección e deben ser priorizados.
2. O establecemento e adopción de medidas de contención que reduzan a exposición por parte das xerencias das II.SS. do Servizo Galego de Saúde.
Exemplos: medidas relativas a garantir o cumprimento das medidas hixiénicas - incluíndo as de hixiene respiratoria-; métodos ou procedementos de organización do traballo; medidas seguras de manipulación e transporte de mostras; medidas de protección colectivas ou, no seu defecto, de protección individual; información aos traballadores/as; etc.
3. O uso dos equipos de protección individual (EPI) para a realización de tarefas que impliquen exposición laboral a este risco. Nestes casos seguiranse as recomendación s establecidas polas autoridades sanitarias ao respecto, coas adaptacións pertinentes no caso de que así o determinen de ser necesario os resultados das avaliacións específicas de ríscos.
En todo caso, a protección respiratoria mínima recomendada para estes traballadores/as especialmente sensibles cando sexa necesario o seu uso será FFP2.
4. A restrición de tarefas que supoñan realizar operacións consideradas de especial risco por xerar bioaerosois. As UPPRL elaborarán un listado de postos de traballo que poidan ter este tipo de exposicións.
Operacións consideradas de especial risco por xerar bioaerosois: manobras de reanimación, intubación, toma de mostras respiratorias, ventilación manual, aspiración nasofarínxea, broncoscopia, nebulizacións, indución do esputo, fisioterapia torácica, coidados de traqueotomía ou cirurxía e procedementos post mortem con instrumentos a alta velocidade, entre outras.
5. Cando a adopción das medidas de contención necesarias non resultase posible ou estas non resultasen suficientes, procederase á reasignación de tarefas ou, de non ser posible, á reubicación do persoal con factores de risco que aten da urxencias pediátricas ou que realice actividades de asistencia sanitaria nas consultas de pediatria de Atención Primaria, dado a dificultade de garantir a utilización dos elementos de protección de barreira por parte dos nenas e nenas.
Este cambio de pasto ou de funcións realizarase conforme aos criterios establecidos ao respecto na "Orde do 16 de setembro de 2008 pola que se establece o procedemento para a adaptación de postas e condicións de traballo por razóns de protección da saúde e da maternidade nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde". |
|
|
|
A Mariña tamén se mobiliza |
|
O persoal do Hospital da Costa de Burela, mobilizouse hoxe tamén en defensa da súa área sanitaria.
A área sanitaria da Mariña, xunto coa de O Barco, a de Monforte e a do Salnés, son as que soan mais forte para a súa eliminación e incorporación nas de Lugo, Ourense e Pontevedra.
@s compañeir@s de CIG-Saúde do Hospital da Costa dan así o primeiro paso para mobilizar o resto de forzas sindicais e organizaciois políticas e sociais para nesta área tamén constituir unha Plataforma en defensa da súa área sanitaria.
O dia 2 de outubro pode ser a data de constitución da mentada plataforma.
BENVID@S Á LOITA COMPAÑEIR@S |
|
|
|
reunión comisión de centro do HCV coa dirección |
|
Hoxe a comisión de centro e a dirección do HCV mantivemos unha reunión onde tratamos entre outros estes puntos mais relevantes:
Posto de coordinador auxiliar e técnico. Dende a comisión de Centro plantexouselle á xerencia saber cal era o motivo polo que os novos coordinadores de técnicos e auxiliar de enfermaría aínda non fosen nomeados, a xerenta respondeu que se levaron a cabo varios contactos con RR.HH. posto que había algun aspecto que plantexaba dúbidas, pero que pasarían a nomear ás coordinadoras en breve.
Política de contratacións: preguntouse polas prazas que neste momento estaban en acumulación de tarefas se pensaban ou non consolidalas; a Dirección respondeu que solicitaron a Santiago a consolidación de todas estas prazas que son necesarias para o funcionamento da carteleira, así como algunha máis de uroloxia, anestesia e varias máis de facultativos; están a espera da resposta do SERGAS.
Acordo de Concertación Social: Ante os problemas de interpretación sobre diversos perrmisos e co fin de aclaralos e de ser posible melloralos, acordouse crear un grupo de traballo composto pola dirección e membros designados da comisión de centro.
Control dixital do horario: neste asunto dende a comisión de centro plantexouse que estaba existindo un agravio comparativo entre o persoal, mentres algunha xente como o persoal de enfermaría das plantas, excedia a súa xornada nos relevos noutro persoal observamos unha relaxación no cumprimento horario, pedimos un control dixital deste tema para rematar con esta discriminación e mellorar a actividade dos servizos do centro. A dirección non aceptou a proposta e propuxo intentar concienciar entre todos ó persoal de que debe ser respetuoso coa xornada establecida.
Protocolo de actuación ante a gripe A nos diferentes servizos: Dende a comisión de centro incidimos que non é suficiente con colgar os protocolos da gripe A na web, senon que se debería informar directamente ó persoal sobre os protocolos de actuación; a dirección listou unha serie de reuniois que se levaron a cabo dende xullo e comentaron que intentarían aínda clarificar máis este tema.
Vacacións do persoal a partires de outubro: a Comisión de Centro pide que non se aplique ningunha medida excepcional de suspensión de vacaciois ou permisos a non ser que haxa unha situación límite e en todo caso que se ateñan ó que se negocie na mesa sectorial, posto que o que hai ata o de agora é un borrador, a dirección está dacordo coa postura plantexada, pero advirte ó persoal que poidera ter que interrumpir as vacaciois en caso de que a situación fose complicada.
Curso de atención ó paciente: Dende a comisión de centro plantexamos que sería interesante organizar e ofertar un curso de atención ó usuario e que este debería ser tido en conta á hora de ser baremado nos acoplamentos internos; a Xerencia mostrouse conforme coa idea.
O resto de temas tocados son asuntos que afectan a persoas concretas e que como é obvio non imos a dar conta deles. |
|
|
|
convocatoria automática contrataciois |
|
Anuncio polo que se procede a dar publicidade á resolución da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde, pola que se anuncian os prazos da convocatoria automática prevista para a selección temporal nas categorías de médicos de familia, médicos de urxencias hospitalarias, pediatras, matronas, persoal de enfermaría (ATS/DUE) e cociñeiros nas institucións sanitarias do Sergas.
A citada convocatoria automática para presentación de solicitudes á selección temporal no SERGAS nas categorías de médicos de familia, pediatras, matronas, persoal de enfermaría (ATS/DUE) e cociñeiros está prevista na norma xeral 6.3.1. do Pacto de selección temporal publicado no Diario Oficial de Galicia nº 104 de 1 de xuño de 2004 e a categoría de médico de urxencias hospitalarias na Resolución da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional de data 26 de abril de 2006 (DOG nº 90 de 11 de maio).
O prazo para achegamento de solicitudes está fixado dende o día 1 ata o día 15 de outubro do 2009, ámbolos dous inclusive.
Os modelos normalizados de solicitude estarán a disposición dos interesados nas Direccións Provinciais do Sergas e na páxina web do Sergas (www.sergas.es).
Lembrar que para estas mesmas categorías abrense prazos en marzo, xullo e outubro todos os anos automaticamente. |
|
|
|
concentración e recollida de sinaturas pola área |
|
Esta mañá estivemos ás portas do HCV recollendo sinaturas pola área. A resposta está a ser moi boa, levamos recollidas xa unhas 600 sinaturas.
Ás 13:30 levouse a cabo unha concentración de traballadores e traballadoras diante do Hospital, na que participaron tamén algúns usuarios e usuarias. Ao finalizar a mesa, a asemblea de traballador@s decidiu volverse mobilizar o mércores que ven á mesma hora (13:30).
Lembrámosvos que hoxe ás 20 hs celébrase a reunión da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, de onde, esperamos, saian xa propostas de actividades a levar a cabo para reivindicar a área. Nós, cando menos, propoñeremos algunha.
Seguimos loitando:
SOMOS UNHA ÁREA!!! |
|
|
|
o reintegracionismo |
|
Reproducimos aqui un artigo de Jurjo Agra, lector do noso blog, onde explica qué é e como xurdeu o reintegracionismo. Posto que temos observado no blog comentarios pouco respetuosos con esta opción, pedímoslle a Jurjo que nos escribira un artigo sobre o tema, porque sendo reintegracionista ten recibido múltiples comentarios nalgún artigo pouco respetuosos aos que el ten respostado dun xeito moi correcto e didáctico. Publicámolo coa finalidade de que sexa máis sinxelo comprender o reintegracionismo e pedimos a todas as persoas que len este blog que tenten comprendelo e, inda que non compartan a opción, que sexan respetuosos con ela. Agradecémoslle a Jurjo que se molestara en escribilo e facernólo chegar. Para nós tamén é clarificador.
O que é o Reintegracionismo?
O reintegracionismo é umha corrente que aporta umha opçom de padronizaçom para o galego baseado na história da nossa lingua. Hoje em dia existem duas opçons de padronizaçom para o galego: umha é a ?oficial? ou isolacionista, baseada em umha concepçom que separa o galego do seu diassistema lingüístico próprio e achéga-o ao castelhano ao adoptar a sua grafia; a segunda é a opçom reintegracionista, que pretende a integraçom da nossa lingua no seu diassistema histórico.
O fundamento do reintegracionismo atópa-se na história do galego. Depois de um periodo de gram importáncia e prestigio durante a Idade Media, entre os séculos XVI e XVIII, os conhecidos como Séculos Obscuros, a nossa lingua permanece como umha lingua ágrafa. Esta situaçom nom acontece por causas naturais; moi ao contrário, déve-se à política uniformizadora e centralizadora levada a cabo polos Reis Católicos que na nossa terra fica bem definida em palavras do cronista dos Reis, Alonso de Zurita, quando se refire à ?Doma y castración del Reino de Galicia?, e que nom se limita tam só a persecuçom à lingua, senom que atinge também aos ámbitos político, social e económico.
Já no século XIX, quando se produze o fenómeno conhecido como Rexurdimento, numerosos/as escritores/as (Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Eduardo Pondal...) empregam o galego para as suas produçons literárias, depois de séculos de silêncio. Mas existe um problema, que nom é precisamente menor, e é o seguinte: como se escrebe o galego? Na altura, as pessoas que tinham a sorte de estar alfabetizadas, eram alfabetizadas em castelhano, e por suposto nom existia umha norma ortográfica para a nossa lingua nim estudos sobre o passado do galego, e o portugués ficava demasiado longe. Prodúze-se entom umha situaçom caótica na escrita, posto que cada escritor/a adoptava um jeito de escreber o galego característico e único, adoptando rasgos próprios das variedades dialectais das zonas nas que viviam.
Malia este caos, existia umha característica comum a todos/as eles/as, adoptavam a ortografia do castelhano para representar o galego. Isto nom se deve a que considerassem que era o jeito correcto de escreber o galego, senóm por umha raçom obvia, a sua alfabetizaçom era em castelhano e nom se conhecia suficientemente a tradiçom escrita da nossa lingua. É dizer, à hora de escrever "lenha" que é o jeito correcto da nossa lingua escrebem "leña" porque na norma ortográfica que conhecem, que é a do castelhano, escrebe-se assi, mas é indiscutível que é um erro, posto que nom obedece a ningum fundamento filológico ou histórico, senom ao desconhecemento existente da nossa lingua. E assi acontece com moitos outros exemplos: "ll" quando é "lh", "x" quando é "g" ou "j", terminaçom das palavras em "n" quando é em "m" (p.e. comúm, um...), a desapariçom do "ç"...
Mas esta situaçom caótica na escrita do galego provocou, como é natural, um debate sobre como devia escrever-se a nossa lingua a medida que os estudos e as investigaçons iam aportando luz sobre a lingua galega na Idade Media, antes do seu silenciamento. Praticamente todas as grandes figuras do galeguismo (Castelao, Murguía, Pondal, Viqueira..., etc.) manifestarom a sua opiniom favorável ao achegamento da ortografia galega ao portugués.
Mas nos primeiros anos tras a morte do ditador Franco, nos que se acomete a tarefa de dotar, por fim, a nossa lingua de umha norma para a escrita, a soluçom adoptada foi desafortunada. Ópta-se, obedecendo a supostas raçons prácticas, por "legalizar" um despropósito carente de fundamento histórico. Na altura já se conhecia a tradiçom da nossa lingua, polo que o estabelecimento da normativa ?oficial? actual fai-se incomprensível, carente de rigor histórico e convertiu a nossa lingua numha especie de dialecto do castelhano, afastando a nossa lingua do portugués, com o que comparte a mesma raiz, malia que existam algumhas pequenas diferências lógicas que obedecem ao distanciamento de vários séculos.
Esta postura nom se pode entender mais que tendo em conta a situaçom política do pais. O poder estava em mans dos/as herdeiros/as do franquismo, é dizer os/as mesmos/as que perseguirom o galego defendiam umha norma ortográfica que saca ao galego do seu diassistema histórico e coloca-o numha posiçom subordinada ao castelhano, algo completamente fora de toda raçom histórica.
O galego, como dizia o professor Ricardo Carvalho Calero, ou é galego-portugués ou é galego-castelhano. A segunda opçom nom tem ningúm tipo de justificaçom.
Jurjo Agra. |
|
|
|
prazas de formación |
|
CIG-SAÚDE INFORMA
Publicada no BOE de hoxe, 22 de setembro 2009, a orde do 14 de setembro pola que se convoca a proba selectiva 2009, para o aceso no 2010 a prazas de formación das especialidades de enfermería Obstétrico-xinecolóxica (Matrona), de Enfermería de Saúde Mental e de Enfermería do Traballo.
Orden do 14 de septembro, publicada non BOE de hoxe, 22 de setembro 2009 pola que se aproba a convocatoria de probas selectivas 2009 para o acceso no ano 2010 a prazas de formación sanitaria especializada para Médicos, Farmacéuticos, Químicos, Biólogos, Bioquímicos, Psicólogos e Radiofísicos Hospitalarios.
Podedes ver as dúas convocatorias no BOE de hoxe. |
|
|
|
queremos galego |
|
Presentada a plataforma en prol da lingua QUEREMOS GALEGO
Anuncia a convocatoria dunha manifestación o 18 de outubro e a posta en marcha dunha Iniciativa Lexislativa Popular
O emblemático Café Casino de Santiago de Compostela acolleu o pasado venres o primeiro dos actos públicos da plataforma cívica QUEREMOS GALEGO, nacida no pasado mes de xullo a partir dun proceso de debate e reflexión para articular unha resposta social todo o ampla posíbel fronte ás medidas que o goberno da Xunta está a impulsar contra a nosa cultura. A plataforma conta, até este momento, con máis de 50 organizacións e entidades adheridas, entre elas a CIG.
Presentación nacional en Compostela da Plataforma Queremos Galego.
Na conferencia de imprensa celebrada, Fran Rei, en representación da comisión xestora de QUEREMOS GALEGO, deu conta do proceso de expansión territorial no que neste momento se encontra a plataforma, coa perspectiva de que nos próximos días conclúan os actos constituíntes, previstos nun total de 19 comarcas que abranguen, segundo explicou, ?a práctica totalidade do país?. Será entón cando se coñeza o número de entidades e persoas a título individual que compoñen a plataforma, ?se ben os actos que xa se realizaron están a caracterizarse por unha asistencia que mesmo soborda as previsións?, indicou.
Manifestación nacional o 18 de outubro
A plataforma QUEREMOS GALEGO anunciou a data da gran manifestación en favor da lingua cuxa convocatoria xa adiantara no mes de xullo: será o vindeiro 18 de outubro en Santiago de Compostela e partirá ás 12 da mañá da Alameda. Fran Rei sinalou que é unha convocatoria na que se chama a participar ao conxunto da sociedade galega, ?a esa inmensa maioría de galegas e galegos que queren o seu idioma, que o consideran un dos nosos máis valiosos patrimonios e sinais colectivos, por riba de afiliacións ou mesmo da lingua que empreguen para comunicarse no día a día?. Esa mesma chamada ao conxunto da sociedade ?é válida tamén para que se sumen a esta plataforma e ás súas iniciativas as persoas e entidades que entenden o galego como un elemento a querer e a defender fronte a quen pretende agredir os nosos dereitos?, dixo.
O acto de presentación pública das primeiras iniciativas de QUEREMOS GALEGO contou coa participación dunha vintena de representantes de entidades cidadás que xa fan parte da plataforma (en representación CIG estiveron o secretario xeral Suso Seixo e de Ensino, Anxo Louzao) e tamén coa do polifacético músico e escritor Xurxo Souto, que falou no nome do grupo de persoas que, vinculadas a ámbitos diversos da sociedade, van ir colaborando nas distintas iniciativas que se vaian pondo en marcha desde este proxecto cidadán.
O ex vocalista do mítico grupo Os Diplomáticos de Monte Alto e animador de millenta iniciativas sociais e culturais do máis diverso animou ao conxunto das galegas e dos galegos a recuperar ?o pulso, o poder e a palabra? participando da manifestación do 18 de outubro e a apoiar as iniciativas que a prol do noso idioma propio se promoveren. Dirixiuse moi especialmente ?ás moitas e aos moitos votantes do Partido Popular que queren o galego e rexeitan, con toda certeza, a guerra declarada polo goberno da Xunta contra o noso máis importante valor, contra o elemento que mellor nos une?.
Posta en marcha dunha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP)
Por outra parte, tamén se presentou tamén o texto da iniciativa lexislativa popular pola protección dos dereitos lingüísticos, que desde a plataforma se promove. Trátase dun texto ?moi breve e sinxelo que non reclama imposíbeis?, segundo explicou Fran Rei, ?senón a adopción de medidas legais dirixidas a cumprir todo aquilo que xa está previamente recollido na lexislación?. A ILP será rexistrada nos próximos días no Parlamento de Galiza, que ten un máximo dun mes para decidir sobre a súa admisión a trámite e dar instrución á Xunta electoral central para que inicie o procedemento recollido legalmente.
A plataforma QUEREMOS GALEGO conta con poder levar a iniciativa á rúa e comezar a recollida de apoios o vindeiro mes de novembro, estendéndoa durante 4 meses.
Noticia extraida de Avantar.
|
|
|
|
|
|
|
|
|