CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

lobos sucios
lobos sucios é a historia dunha época na que nazis e aliados libraban unha singular batalla na galiza do interior en plena segunda guerra mundial. é a revolución mineira do wolfram (wolf -lobo ram-sucio).

a historia desenvolvese nas terras de casaio no concello de carballeda de Valdeorras, perto da cidade da selva, onde os derradeiros maquis das guerrillas de galiza e león fixeronse fortes frote ó franquismo.

A cinta mostra parte da historia de Valdeorras e se desenrola na serra do eixo no macizo de trevinca, moi perto do teixadal e é protagonizado por netos de presos políticos que foron castigados a traballar nas minas de wollfram, xunto co escritor Manuel Rivas.

Guiados da man dos netos de dous dos protagonistas, un rexente das minas e un traballador que conseguiu escapar para despois converterse en maqui, o verdadeiro fío condutor do filme é, con todo, «o relato dun mineral que transcende a historia e que como todo nesta vida pódese usar para o bo, como xerar enerxía, ou para o malo, como munición», en palabras de Felipe Rodríguez, quen tardou case cinco anos en pór sobre o celuloide o que tiña anteriormente na cabeza. "Basicamente atopámonos".

Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 30-09-2008 21:22
Queres comentar ou preguntar algo?
CIG Valdeorras cambia de local
CIG-Valdeorras cambia de local por mor das obras que se van realizar no edificio sindical

A CIG de Valdeorras vén de informar do cambio de local, a partir do próximo día 6 de outubro, por mor das obras que se van realizar no edificio sindical. A partir desa data trasladarase ao segundo andar do edificio novo do concello do Barco de Valdeorras, fronte á Casa Sindical (Praza do Concello, nº 1, 2º). O teléfono e o fax seguerán a ser os mesmos.

Comentarios (0) - Categoría: CIG Valdeorras - Publicado o 30-09-2008 21:03
Queres comentar ou preguntar algo?
listas deinitivas medicos de familia
despois do comentario que nos deixou onte amaia decindo que o CSIF xa estaba distribuindo as listas definitivas de médicos de familia, puxémonos en contacto co SERGAs que nos dixo que eles non facilitaran tales listas, que foi unha filtración do membro do sindicato CSIF que estaba no tribunal, non vamos a entrar a valorar esta filtración; en todo caso aquí tedes as duas listas a definitiva de baremación e a de elección de destinos.

non teremos as do SERGAS ata dentro dun par de dias.

lembrade que estas listas de momento non teñen carácter oficial.

listas definitivas baremación medicos de familia

listas definitivas eleccion medicos familia
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 30-09-2008 14:36
Queres comentar ou preguntar algo?
seminario
SEMINARIO ?POLÍTICAS PARA A MULLER?

A CORUÑA, 14 e 15 de outubro de 2008
Lugar: Salón de Actos da Fundación Caixanova (Avenida da Marina, s/n)
Directora: Sra. Dna. Purificación Arija Val
Secretaria da Fundación e Directora da Revista Criterios-res publica fulget
Directora Académica: Sra. Dna. María Pilar García Negro
Profesora Titular de Filoloxía Galega e Portuguesa da UDC


INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS: Páx. web: www.fundacionieps.org
E-mail: fundacion@fundacionieps.org
Telf.: 981 927175 (de 08:30 a 14:00 e 16:30 a 20:00, de luns a venres) Fax: 981 927174

Data límite de inscrición: 10 de outubro de 2008
Asistencia libre, Indispensábel previa inscrición, Concederase diploma acreditativo
A asistencia ao Seminario convalidarase por 1 crédito de libre configuración, tramitado ante a Comisión de Estudos da Universidade da Coruña


programa

Día 14 de outubro
16:30.- Sesión de apertura
Sr. D. Anxo M. Quintana González
Vicepresidente da Xunta de Galicia
Sr. D. Javier Losada de Aspiazu
Alcalde de A Coruña
Sr. D. Antonio Campos Romay
Presidente da Fundación I.E.P.S
Sra. Dna. María Pilar García Negro
Directora Académica do Seminario
Sra. Dna. Purificación Arija Val
Directora do Seminario
17:00.- Conferencia inaugural ?Reptos do futuro en Políticas de Igualdade?
Sra. Dna. Carme Adán Villamarín
Secretaria Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia
17:45.- Conferencia
Sra. Dna. Manuela Paiva Fernandes Tavares
Professora do ensino secundário e orientadora de estágios pedagógicos a nível do grupo disciplinar em 1980/84. Formadora de Formadores na área da igualdade de oportunidades em 1990 e na área do Desenvolvimento Pessoal em 1994.
18:30.- Mesa Redonda?Estado presente das respostas en Políticas de Igualdade?
Sr. D. Miguel A. Filgueira Bouza
Maxistrado do Xulgado de Violencia de Xénero
Sr. D. Javier Rey Ozores
Fiscal Coordinador do Área de Violencia de Xénero da Fiscalía Provincial de A Coruña
Sr. D. Raimundo Fernández Legazpi
Xefe do SAF (Servizo de Atención á Familia da Comisaría Provincial de A Coruña)
Alférez D. Jesús R. Viaño Calviño
Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil da Coruña - Responsábel do Servizo EMUME
Presenta e Modera: Sra. Dna. Purificación Arija Val
Directora do Seminario e Directora da Revista Criterios

Día 15 de outubro
16:30.- Conferencia
Sra. Dna. Maria José de Sousa Magalhães
Prof. Asociada da FPCE-UP (Porto). Membro efectivo do CIIE e Investigadora Permanente
17:30.- Mesa Redonda
?Políticas de Igualdade, Traballo e Conciliación?
Sra. Dna. Raquel Castillejo Manzanares
Catedrática de Dereito na USC
Sra. Dna. Margarida Vázquez Veras
Concelleira de Igualdade e de Participación do Concello de A Coruña
Sra. Dna. Mabel Pérez Simal
Responsábel Área da Muller do Sindicato CC.OO. de Galicia
Sr. D. José Juan Santos
Responsábel Políticas para a Muller do Sindicato UXT - A Coruña
Sra. Dna. María Carme López Santamariña
Secretaria Confederal da Muller da CIG
Presenta e Modera: Sra. Dna. Tereixa Novo Arrojo
19:30.- Conferencia?A Liberación paradoxal das mulleres: mitos e realidades?
Sra. Dna. María Pilar García Negro
Prof. Filoloxía Galega e Portuguesa da Universidade da Coruña
20:30.- Acto de Clausura
Presentación das conclusións
Sra. Dna. Carme Adán Villamarín
Secretaria Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia
Sr. D. Antonio Campos Romay
Presidente da Fundación I.E.P.SSra. Dna. Purificación Arija ValDirectora do Seminario
Sra. Dna. María Pilar García Negro
Directora Académica.
Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 30-09-2008 09:57
Queres comentar ou preguntar algo?
contacto coa CIG-Saúde do teu centro de traballo
a falta de resolverse as categorias de medico de familia e pediatras de primaria, parece que a OPE 2006 toca ó seu fin, xa era hora!!

dende a sección sindical de CIG-Saúde Barco queremos dar os parabens a tod@s s afortunad@s que despois de sofrir este longo calvario por fin acadan praza.
Queremos ofrecer tamén o noso apoio a nivel informativo para toda a xente que o demande, ben sexa porque acadou praza noutra área a que traballaba e descoñece a forma de traballo, quendas, etc e para isto deixamosvos os teléfonos de contacto das secciois sindicais de CIG-Saúde de todo o SERGAS, os nosos compañeiros e compañeiras de cada unha delas informaranvos do que lles plantexedes.

Seguiremos insistindo nas categorias que faltan por resolver para que o SERGAS o faga xa sen mais demora, e despois desta experiencia, traballar para correxir na medida do posible a forma de actuar do SERGAS neste tipo de asuntos que deixa moito que desexar.
elección de destino e compañeiras do HCV, tamén estivemos ahí;)

EXECUTIVA NACIONAL CIG-Saúde:

MIGUEL F. CAAVEIRO Nº 10
telefono: 981583200 - 981583934
email: c.compostela@cig-saude.org
executiva@cig-saude.org

CIG-VIGO

Comarca......................986-827943 c.vigo@cig-saude.org
At.Primaria...................986-827942
H.Xeral........................986-816000 ext.16144 h.xeralcies@cig-saude.org
H.Meixoeiro.................986-811704 h.meixoeiro@cig-saude.org

FERROL

Hospital Arquitecto Marcide tlf: 981334566

LUGO

hospital xeral: 982296537
carmen.aira.diaz@sergas.es

MONFORTE

Arturo.insua.meijide@sergas.es
Tfno. 982417885

CORUÑA

Hospital da Coruña: 4ª Planta Hotel de doentes ; tfno:981 17 81 37 :h.canalejo@cig-saude.org
Local sindical Cig-saúde Alfonso Molina: tfno:981 16 98 90 :
c.coruna@cig-saude.org

OURENSE

h.cristal-pinor@cig-saude.org
Teléfono: 988 385844
Ubicación:Complexo Hospitalario de Ourense
4º andar Edific. Admtvo. e de Consultas Rúa Ramón Puga, 52 - 32005 (Ourense)

BURELA

A sección sindical está ubicada no hospital da Costa co Tlf. 982 589970
EMAIL: Pilar.Mendez.Arias@sergas.es

SANTIAGO

H. CLÍNICO 981950449 h.clinico@cig-saude.org
H. CONXO 981951684 h.conxo@cig-saude.org

PONTEVEDRA

telefono: 695556161
email: c.pontevedrachop@cig-saude.org

e por suposto o noso, non dubidedes en acercarvos polo noso local.
O BARCO

telf: 988339112
email: h.obarco@cig-saude.org
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 29-09-2008 14:59
Queres comentar ou preguntar algo?
listados SACYL auxiliares enfermaría
Publicados os listados provisionais de admitid@s e excluid@s da OPE (e Bolsa) do SACYL, da categoría de Auxiliar de enfermaría.

Ábrese prazo para presentar reclamacións desde o 27 de setembro ao 11 de outubro, dirixíndoas a Gerencia de Salud de Área de Valladolid, c/ Alvarez Taladriz s/n, 47007 Valladolid.




Comentarios (0) - Categoría: OPE Sacyl - Publicado o 29-09-2008 13:28
Queres comentar ou preguntar algo?
o SERGAS non sabe onde está o hospital d'O Barco
Agora entendemos porqué somos o hospital esquecido do sistema sanitario galego. Resulta que o SERGAS ainda non sabe onde está o noso centro. No acto de elección de destinos de onte, da categoría de DUE (non sabemos se nas outras tamén, ainda que o supoñemos) os datos que figuraban no panel de prazas dicían que o Hospital Comarcal Valdeorras está situado na área do Barco e no "concello de Ourense", como podedes comprobar na foto de abaixo. Unha vez solicitado destino, as persoas que pediron o HCV recibiron un resgardo no que se dicía que pedían o Hospital Comarcal Valdeorras da "localidade de Ourense", tamén na foto.



xxxxxxxxxx E logo o SERGAS a estas alturas non sabe que o Hospital Comarcal Valdeorras está na localidade de O BARCO, concello de O BARCO???? Agora entendemos porqué este hospital é o grande discriminado do Servizo Galego de Saúde.

Para facilitarlle ao SERGAS o coñecemento do centro no que traballamos, poñemos aqui o mapa onde se ve onde está O Barco, onde está Ourense e onde está o SERGAS. A ver se asi nos van coñecendo un chisco. O Barco existe!!!

Comentarios (0) - Categoría: varias - Publicado o 29-09-2008 13:20
Queres comentar ou preguntar algo?
prazas non cubertas
xa temos información facilitada polo SERGAS das prazas non elexidas e polo tanto que acarrean que corras a lista de aprobad@s con praza. son as seguintes:

ATS

Quedaron sin elixir 13 prazas 6 Burela, 3 no Barco e 4 en Vigo, as están chamando para que vaian a elexir o vindeiro xoves día 2 outubro as 11 horas.

CELADOR

Quedou un destino sin elexir

AUXILIAR ENFERMERÍA

8 DESTINOS sen elexir 7 en Coruña e 1 en Vigo elixen o xoves ás 10 horas

Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 29-09-2008 11:58
Queres comentar ou preguntar algo?
eu quero Rock and Roll
Clip de Ruxe Ruxe feito por rapaces da Facultade de Comunicación de Santiago

Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 27-09-2008 00:30
Queres comentar ou preguntar algo?
selección de persoal temporal, SEAGA
No Diario Oficial de Galiza (DOG), do xoves 25 de setembro de 2008, publícase a convocatoria e bases específicas para a selección de persoal temporal, da empresa pública SEAGA, polo sistema de listas previas por categorías, na categoría de Auxiliar Administrativo.

O prazo para presentar solicitudes é de 10 días hábiles e rematará o próximo 7 de outubro de 2008.

Podedes consultar as bases de convocatoria seguindo este enlace

modelo de solicitudes
Comentarios (0) - Categoría: varias - Publicado o 26-09-2008 10:55
Queres comentar ou preguntar algo?
buratos negros
la región
Comentarios (0) - Categoría: carrabouxos - Publicado o 26-09-2008 00:10
Queres comentar ou preguntar algo?
o xuzgado non da por válido o "acordo da vergoña"
Na sección sindical de CIG-Saúde Barco non acostumbramos a criticar ó resto de sindicatos, as veces ante algunha actuación dalgún deles mordemos a lingua e calamos, solo en casos moi puntuais pola súa gravidade, criticamos posturas deles.
esta é unha desas ocasiois, imos a pegar a noticia que traia hoxe a voz de galicia, sobre unha reclamación de trienios do persoal da fundación valdegodos. os sindicatos UGT e CC.OO non solo non se puxeron ó lado do persoal para reclamar os seus dereitos, senon que asinaron un "acordo" ca empresa no cal renunciaban a reclamar os trienios ata xaneiro do 2009 non sólo os delegados e delegadas destes dous sindicatos, senon que embarcaban tamén no mentado acordo ó resto de persoal da fundación, menos mal que o persoal que acudiu á CIG para reclamar eses trienios gañou a sentenza e o xuiz non diu por válido o acordo da vergoña.

se queres ver o acordo da vendida, preme aquí

se queres ver a sentenza, preme aquí

o artigo en"la voz de galicia"

Un xulgado recoñece a vinte e un traballadores de Valdegodos o seu dereito a cobrar os trienios

A Fundación é condenada a pagar máis de 10.000 euros por este concepto

A Fundación Valdegodos (con sede en Vilamartín de Valdeorras) foi condenada polo Xulgado do social número 2 de Ourense a abonar máis de 10.000 euros a 21 dos seus traballadores en concepto de subida polos trienios. Segundo recolle a sentenza, a Fundación deixou de ingresar este concepto na nómina dos seus empregados en abril do 2007; cantidades que «han de abonárselle a todos os traballadores da empresa, con independencia do carácter temporal ou fixo da relación laboral». O diñeiro refírese ás cantidades dun ano (cifra diferente en cada caso dependendo do cargo e a antigüidade no mesmo), ás que hai que sumar o diñeiro correspondente aos meses que van desde abril á actualidade, máis o 10% «por interese de demora», segundo reza a sentenza.
No seu fallo, a xuíza desestimou a firma dun documento (por parte da comisión paritaria, o pasado mes de abril) no que os sindicatos (naquel momento Comisións Obreiras e UXT eran os únicos con representación na Fundación) aceptaban a proposta da empresa de que no caso dos contratos temporais a antigüidade non comezaría a computarse ata o próximo xaneiro. Un acordo que, recolle a sentenza, «non é vinculante e non exclúe a interpretación das normas do convenio», que recollía o pago dos trienios.
Ante a sentenza cabe interpor recurso na sala dos social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Comentarios (0) - Categoría: fundaciois 3ª idade - Publicado o 24-09-2008 20:26
Queres comentar ou preguntar algo?
ubicación SERGAS
Como moita xente ten problemas para atopar o edificio administrativo de SERGAS, deixámosvos un mapa, para que unha vez situados en san lázaro, saibades chegar.
o SERGAS está situado detrás dun edificio oxidado (debe ser a conselleria de medio ambiente); se vos poñedes fronte a este edificio a entrada ó SERGAS é por un camiño que está á dereita del.
xunto co mapa podedes ver unha foto do edificio oxidado mais outra do SERGAS, a flecha vermella sinala o camiño.
lembrade que está en San Lázaro, perto do campo de futbol e do palacio de congresos, a xente que vai pola autopista Coruña Vigo ten que coller o desvio de san lázaro-aeroporto.
sorte a tod@s na elección.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 23-09-2008 20:01
Queres comentar ou preguntar algo?
COLEXIO HIXIENISTAS DENTAIS
Publicación en DOG dos estatutos do colexio hixienistas dentais
Preme ligazón: DOG

Escrito enviado a conselleira de sanidade por CIG-SAÚDE



Mª José Rubio Vidal
Conselleira de Sanidade
Sán Lázaro. s/n.
Santiago de Compostela.

Colexio de Hixienista Dental.

O DOG nº 179, Martes.16 de setembro de 2008, publica Decreto 201/ 2008, do 24 de xullo, polo que se aproban os estatutos do Colexio Profesional de Hixienista Dentais de Galicia.
O artigo 9º .- O/ a hixienista dental, recolle no punto 2º o seguinte:? Será requisito indispensable para exercer a profesión de hixienista dental no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a in corporación ao Colexio Profesional de Hixienistas Dentais de Galicia cando o domicilio profesional único radique nesta comunidade?.


Desde A CIG-SAUDE queremos amosar o noso desacordo con que a Admón sanitaria continúe a colaborar coa proliferación dos colexios profesionais, obrigando ao persoal á colexiación obrigatoria ao abeiro dunha norma creada na Lei 2/1974,do 13 de febreiro,e modificada posteriormente pola Lei 74/1978, do 26 de decembro. Normas claramente preconstitucionais.

A constitución Española recolle como requisito para acceder ao emprego público os criterios de igualdade, mérito e capacidade. En ningún artigo recolle a obrigatoriedade das/os cidadans a pertencer obrigatoriamente a un órgano en contra da súa vontade, co que ademais non comparte nen os seu obxectivos, nen posiblemente se poida sentir representado por nel.

A si mesmo A Lei 16/1986. Lei Xeral de Sanidade non outorga no entramado do Sistema Nacional de Sáude ningún papel aos colexios profesionais, nin vincula a aistencia sanitaria pública á obrigatoria integración dos profesionais nos respectivos colexios.

Por todos isto rexeitamos que os Hixienistas dentais teñan obrigatoriamente que estar colexiados para traballar no ámbito da Comunidade Autónoma . Desde a CIG-Sáude Preguntámonos se a intención da Administración Galega é continuar regulando a creación de novos colexios profesionais, abocando a todas/os as/os traballadoras/es do sistema sanitario público, con independencia do grupo profesional ao que pertenzamos, a obrigatoriedade de estar colexiados.

Solicitamos que en aras a facultade que ten cada comunidade Autónoma para definir o modelo de colexiación, este sexa voluntario para todas/os as/os traballadores da Sanidade Pública. Isto xa esta regulado en outras comunidades autónomas.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 22-09-2008 14:45
Queres comentar ou preguntar algo?
Irmaus. Celso Emilio Ferreiro. Fuxan os ventos
Fuxan os ventos regresa aos escenarios


Un dos grupos máis influíntes na música galega das últimas décadas actuará no Auditorio de Galicia o 18 e o 19 de outubro.

Case dúas décadas despois da súa última actuación, volve o grupo Fuxan os ventos. E farao mediante o espectáculo Terra de soños. Membros da mítica banda de música tradicional galega subirán ao escenario na compaña dalgúns dos seus mellores amigos para reinterpretar algúns dos seus grandes éxitos, tanto para aqueles que viviron a súa época de efervescencia como para novos públicos que medraron coa música de Fuxan os ventos como trasfondo.

O espectáculo, que se vai presentar no Auditorio de Galicia, en Compostela, o 18 e o 19 de outubro, dentro do ciclo Sons da Diversidade, da Concellaría de Cultura da cidade, contará con arranxos de Xosé Lois Romero, quen tamén dirixirá unha banda que servirá de acompañamento. Colaborarán destacados músicos do panorama galego actual, que lle darán un novo aire ás composicións de Fuxan os ventos, cunha mestura entre a canción popular galega e as novas formas de expresión do novo folc.

Fuxan os ventos volve contactar co público nun momento en que se recoñece e se pon en valor a súa achega á cultura galega contemporánea, despois de ter oito discos editados e unha traxectoria de tres décadas.

O grupo fundouse en 1972 co nome de Folk 72, para participar no Festival musical das San Lucas de Mondoñedo. Xusto despois adoptou a denominación de Fuxan os ventos, que era o título da canción coa que gañaron o festival. O seu primeiro disco, do mesmo nome ca o grupo, publicouse en 1976.

artigo extraido de vieiros


Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 20-09-2008 22:03
Queres comentar ou preguntar algo?
central de chamadas do SERGAS unha nova privatización
O Servizo Galego de Saúde pretende privatizar o sistema de cita previa na Atención Primaria

O servizo de citacións foi concedido, mediante concurso, a unha empresa privada para que monte unha Central de Chamadas que dea resposta ás solicitudes de cita telefónica para o persoal Médico e de Enfermería de Atención Primaria. Para dar estas citas esta empresa privada fará uso dos datos dos pacientes que figuran na tarxeta sanitaria, que están en poder do Sergas.

CIG-Saúde preguntou en repetidas ocasións ao Sergas polo desenvolvemento das centrais de chamadas que recolle o Plan de Mellora de Atención Primaria. A falta de resposta levounos a manifestar a nosa protesta na Acta da ultima reunión da Comisión de Seguimento do Plan de Mellora en abril de 2008.

Diante da publicación no DOG nº 105 do 2 de xuño de 2008 no que o Instituto Galego de Medicina Técnica S.A. convocaba un concurso publico para cubrir o servizo de cita previa no eido da atención primaria da Comunidade Autónoma de Galicia, CIG-Saúde remitiu un escrito aos responsábeis do SERGAS, ao que non deron resposta algunha. No mesmo amosábamos a nosa posición, contraria á privatización deste servizo e solicitábamos que a central de chamadas fora xestionada directamente polo SERGAS con persoal seleccionado das listas de vinculación temporais. (Adxúntase escrito).

CIG-Saúde quere poñer de manifesto diante das traballadoras/es do SERGAS e do conxunto da opinión pública o desacordo co modelo elixido, que supón a privatización dun servizo público e a conseguinte precarización de postos de traballo.

CIG-Saúde quere deixar claro que non se pode utilizar o Plan de Mellora da Atención Primaria como pretexto para privatizar servizos, en aparente contradición coa política da Consellería de Sanidade de reverter ao sistema publico ás fundacións postas en marcha na administración anterior. A utilización do Plan de Mellora para desenvolver estas políticas é unha clara deslealdade coas organizacións que, como CIG-Saúde, asinamos un Plan para a mellora do Servizo Publico, non para a súa liquidación.

Como xa manifestamos en repetidas ocasións CIG-Saúde apoia a creación de centrais de chamadas que permitan descargar unha parte das citas telefónicas das áreas administrativas dos servizos e unidades de atención primaria, pero sempre que se fagan con persoal estatutario integrado no SERGAS.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 19-09-2008 15:26
Queres comentar ou preguntar algo?
OPE medicos de familia e traslados
seguimos intentando que o SERGAS nos de datas definitivas sobre os médicos de familia, o máximo que conseguimos foi este correo do SERGAS que nos reenvian @s comapañeir@s da executiva, tamén falan da incorporación dos traslados:

Según informa o Sergas na categoría de MÉDICOS DE FAMILIA, aínda se ten que reuni-lo tribunal para a semana que vai entrar e contan publicar listas na primeira semana de outubro.

TRASLADOS

A xente se incorporará nas mesmas datas que os da oposición, pero teñen que publicar en DOG unha Resolución co anuncio das mesmas.


Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 19-09-2008 13:02
Queres comentar ou preguntar algo?
listas cruzadas por áreas
elaboramos unhas listas de enfermaria, aux de enf. e celadores ordeadas por orden de chamamento, cruzámolas cas listas de contratación e adxuntamos a área onde están anotados, a área dalgunha xente falta.
son orientativas para ver de onde pode ser a xente, pra nada fiables ó 100% posto que hai xente que ainda estando anotada nunha área pode pedir outra, pero cecais servan para facerse unha idea de como está distribuida a xente dun xeito como xa dixemos orientativo.
a ver se mañá podemos facer as de PSX.

enfermaria

auxiliares de enfarmeria

celadores

picade no vínculo e logo dádelle a "Click here to start download.."

agradecemos a Maria de vigo que nos enviara as listas cruzadas de PSX que colgamos tal como nolas enviou.

PSX

poñemos tamén a lista cruzada de auxiliar administrativo, pero nesta faltan moitísima xente con área cruzada que adxudicar a pesares que cruzamos cas listas de PSX e auxiliar administrativo

auxiliar administrativo

aproveitamos para poñer os datos de PSX que nos enviou nun comentario "kevin cosme", graciñas pola información.

aprobados por area en psx

coruña 33 (45 plazas)= sobran 12
ferrol 18 (10 plazas)= faltan 8
lugo 45 (34 plazas)= faltan 11
Ourense 21 (20 plazas)= falta 1
pontevedra 24 (37 plazas)= sobran 13
vigo 33 (33 plazas)= faltan 3
santiago 38 (38 plazas)= o.k.
descoñecidos 2

tamén agradecemos a Maria Alonso que nos enviou os datos de celadores e nos facilitou as de promoción interna de enfermaria.
os datos de celadores que nos enviou Maria son estes de abaixo.

Candidatos a Celadores aprobados por áreas:
Coruña, 41
Ferrol, 11
Santiago, 57
Lugo, 32
Burela, 9
Monforte, 7
Orense, 21
O Barco, 6
Vigo, 48
Pontevedra, 34
Descoñecidos, 4

Comentado por Maria Alonso (17-09-2008 11:25)
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 18-09-2008 13:30
Queres comentar ou preguntar algo?
publicación en DOG de relación de prazas e datas de elección
Tal como anunciaba o SERGAS onte, sae no DOG de hoxe a resolución que publica as datas de elección de destinos e a relación de prazas.
Podedes consulatala aqui.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 18-09-2008 08:55
Queres comentar ou preguntar algo?
folga en IPISA
16 DE SETEMBRO DE 2008 : Os traballadores/as de Ipisa acuden masivamente á folga polo impago dos seus salarios.

As traballadoras e traballadores de Iberoitaliana de Pizarras (IPISA) secundaron unha xornada de folga en protesta polos continuos retrasos do pagamento dos seus salarios o 16 de setembro, nesta empresa da lousa da bisbarra de Valdeorras. Ás 5,30 h da mañá as/os traballadoras/os de IPISA dos diversos centros e quendas de traballo e de produción que a pizarreira ten en Carballeda de Valdeorras, como se acordara en asemblea do pasado sabado 6 de setembro, concentraronse diante da sede da empresa en a Medua.
A esta hora as traballadoras e traballadores de IPISA empezaron a chegar a Medua, sede de IPISA, a pesares dun forte despositivo da Garda Civil diante da sede central da empresa. Ás 8 horas unianse o groso das/dos compañeiras/os desa quenda a pesares das continuas manobras da patronal para que desistiran da sua atitude, o persoal de IPISA secundou o paro ao 100% .

As 13,30 horas unianse a folga as/os o resto das/os compañeiras/os da quenda de tarde.

Presión da dirección

O director da pizarreira a media mañá mantivo unha conversa cos/as os/as traballadores/as na fabrica, expoñéndolles que desistiran da sua atitude, xa que a moitos traballadores e traballadoras se lle ingresara a paga extra de xullo o sabado, e que a vindeira semana se lles pagaría o mes de agosto.

Ante todo isto, a CIG de Valdeorras avalia que "como sempre a dirección da empresa pretendia dividir aos traballadores, xa que como é habitual no ultimo ano, só paga cando se anuncian mobilizacións, e iso sempre selectivamente a un grupo de traballadores e traballadoras escollidos para dividir e desunir ao persoal (256 traballadoares/as), pero desta vez as traballadoras/es mantivéronse firmes nas súas demandas e solidarios cos compañeiros/as que ainda non cobraron a extra de xullo, e decidiron secundar esta xornada de folga".

Dúas novas xornadas de folga o 24 e 25 de setembro

Tamén se acordou en asemblea, mantida no mesmo centro de traballo que se a empresa non lle paga a extra de xullo a todas e a todos os as compañeiras e compañeiros e o salario do mes de agosto antes do dia 23 de setembro, o 24 e 25 de este mes habera duas novas xornadas de folga. Outro dos motivos para levar adiante este novo paro é se a empresa segue na sua atitude de non afrontar por unha vez todos os problemas que ten co persoal, polo que non se descarta convocar unha folga indefindia.

Sen problemas de liquidez

Desde a CIG de Valdeorras subliñan que "o problema de IPISA non é a falta de liquidez, pois o seu director recoñeceuno diante do comité, que ten a produción vendida para os proximos meses, e que de aquí en diante o mercado como sempre dara un gran pulo despois do inverno, esperando vender toda a produccion. De feito transmitiu ao comité que terian que aumentar a produción de lousa para os vindeiros meses".
Comentarios (0) - Categoría: CIG Valdeorras - Publicado o 17-09-2008 20:11
Queres comentar ou preguntar algo?
1 [2] [3]
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0