CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

listados definitivos varias categorías
Según nos informa o Sergas hoxe 17 de setembro PUBLÍCANSE os listados definitivos de: Fisioterapeutas, Grupo Administrativo, Técnicos de Xestión e Técnicos Especialistas de Sistemas e Tecnoloxías da Información, Técnico Especialista en Anatomía Patolóxica, Técnico Especialista en Laboratorio, Técnico Especialista en Radiodiagnóstico e Técnico Especialista en Radioterapia.

FISITERAPEUTAS

GRUPO ADMINISTRATIVO

TÉCNICO DE XESTIÓN DE SISTEMAS E T.I.

TAP

TEL

TER

TECNICO ESPECIALISTA EN RADIOTERAPIA
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 17-09-2007 11:10
Queres comentar ou preguntar algo?
listas de contratación
AVISO IMPORTANTE SOBRE SOLICITUDES


En base ás instrucciois enviadas polo SERGAS. toda persoa que xa esté en listas de contratación, non cambie nin de categoria, nin de opción (pool) e non aporte méritos novos, NON ten que botar instancia, o resto sí ten que facelo. Así ven reflexado nas instruccións do SERGAS, enviadas a sindicatos e Xerencias.

...“Procédese, así mesmo, a abrir o prazo para a incorporación dos novos méritos que queiran presentar aqueles e aquelas aspirantes que xa figuran inscritos en virtude da convocatoria ordinaria, publicada mediante resolución do 8 de novembro de 2004 (DOG nº 223, do 16 de novembro)” nas categorías recollidas do anexo I.


Polo tanto, as persoas quen xa gozan arestora da condición de aspirante por figuraren nas listas de selección temporal vixentes, non teñen que volver a presentar a solicitude requirida na disposición Segunda - 1 da convocatoria para conservar a citada condición. Mais, de pretender estas persoas que se lles valoren novos méritos, isto require a presentación da pertinente solicitude (coa única excepción, de ser o caso, da experiencia laboral no Servizo Galego de Saúde pois, quen só teña servizos prestados neste organismo non ten que anotarse, ao incorporarse a experiencia directamente desde a aplicación de persoal e nóminas dos centros de xestión ao programa LICOT), do mesmo xeito que quen se inscriba por vez primeira.

En tódalas áreas que preguntamos á excepción de Ferrol, parece ser que a maioria do persoal que non ten que facelo, segue igual a botar instancia. O que aparte de ser unha molestia evitablepara a xente que se despraza a a cubrir a instancia e incrementarlle sustancialmente o traballo @s compañeir@s que están a recepcionar a entrega de solicitudes, vai a ralentizar todo o proceso ata que saian publicadas as listas definitivas.

en definitiva si xa estás nas listas de contratación do SERGAS, na mesma categoria a que queres optar e non hai cambios na tua elección de lista especial ou xeral, e non vas a aportar mais méritos que o traballado no SERGAS. entón, NON TES QUE BOTAR INSTANCIA.
en calquera dos outros supostos SÍ, TES QUE BOTALA.


tede en conta que a xente que estivo no paro algún ou todo o tempo sin percibir subsidio de desemprego dende a convocatoria das listas vixentes, SÍ ten que botar instancia, posto que as instrucciois do SERGAS somente afectan ó tempo traballado nel (SERGAS).

Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 13-09-2007 14:06
Queres comentar ou preguntar algo?
prazos de carreira profesional
publicamos a información facilitada polo SERGAS ós sindicatos sobre prazos de carreira profesional.


No día de hoxe, no persoal diplomado sanitario, o servizo de carreira profesional resolveu case a totalidade das resolucións de grao 2 cargadas no aplicativo de carreira polos centros, na maior parte deles, tralo verán, unha vez celebradas as reunións dos comités. Tempo record tendo en conta que o prazo se iniciou a finais de xuño e xullo.

Nestes días van a resolver tamén o grao 1 de todos, tanto de ope extraordinaria como de integrados de coorporacións locais e diputacións. Estes últimos, de reunir os requisitos, os efectos serán con data 1 de xullo de 2006, os mesmos que o resto de diplomados sanitarios anteriores á OPE extraordinaria. Séguese o precedente de persoal licenciado e o comprometido cos sindicatos asinantes do acordo.

As previsións son de que os novos complementos de carreira tanto de licenciados como de diplomados sexan aboados na nómina de setembro. Os atrasos son máis complicados de xerar en nómina con tan pouco tempo, polo que seguramente se aboarán en outubro. De calqueira xeito, conven que obteñades información dos centro.

En canto ao acordo de persoal non sanitario, próximamente se fixará a data de asinamento e tratamento no consello da xunta, tendo en conta que antes do vindeiro luns recibiremos todos infomres preceptivos previos e necesarios para a súa aprobación e publicación. O noso desexo, que impulsamos o máximo posible, é que poidan abrirse os prazos ao mesmo tempo que se publica o acordo no DOG, para poder aboar o complemento neste ano.

Temos previsto convocar mesa sectorial para o vindeiro xoves día 20 no que aclararemos as dúbidas de plantexades sobre os proxectos abertos, e esperamos determinar con vos o calendario de negociación da mesa sectorial.




Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 13-09-2007 11:08
Queres comentar ou preguntar algo?
luis nogueira, campión do mundo
acábanos de chegar a noticia, o noso compañeiro de traballo, Luis Nogueira, acaba de gañar o campionato do mundo de veteranos en lanzamento de xabarina nas probas que se están a cerebrar en Italia cunha marca de 71,01 metros e por si fora pouco, ista marca supón un record mundial na categoria que se presentaba, o segundo lanzou o pao a 63,41 m.

Luis xa fora campion do mundo de veteranos hai 2 anos no mundial de san sebastián.

si é que este home de vello gaiteiro!!!.

a volta das suas vacaciois falaremos con él para que nos diga como foi a experiencia.

parabens CAMPIÓN !!!
Comentarios (0) - Categoría: traballadores "ilustres" da área do barco - Publicado o 12-09-2007 22:24
Queres comentar ou preguntar algo?
piratas en toralla
ollando a web de vieiros, atopamos tamén iste tubo dunha protesta pirata a prol do uso público de toralla (sí a illa esa do "rascacielos" que hai en vigo).
non deixedes de clickar nel que non ten desperdicio.


Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 12-09-2007 20:34
Queres comentar ou preguntar algo?
plus dos altos cargos
hoxe o blog de cig-saude ferrol, recolle un artículo publicado en vieiros, polo que parece que o BNG empézase a replantexar chipar abaixo a cacicada do plus dos altos cargos que asinou xunto con PSOE e PP. Será certo que empezan a recapacitar ante a presión da opinión pública? ou será un simple dar largas o tema a ver si nos esquecemos tod@s?
A xuzgar polo que pon o artigo de vieiros, os que non parecen estar dispostos dar marcha atras son o resto de partidos.
polo interese do documento e xa que parece que se aveciñan mobilizaciois contra desta lei da vergoña deixamos no blog o artigo completo:

Quintana abre a porta á supresión do plus de altos cargos
Logo de que o vicepresidente apuntara este luns a posibilidade de derrogar a norma, Vieiros conversou con responsábeis dos tres partidos, sindicalistas e con Encarna Otero.


A intervención do vicepresidente do Goberno, Anxo Quintana, no programa da TVG Hai Debate botou un pouco máis de luz sobre a posición do BNG respecto á polémica disposición adicional 17ª da Lei da Función Pública, que estabelece un suplemento económico anual para altos cargos unha vez estes deixen a política activa para reingresaren nas súas prazas de funcionarios.

A nacionalista Encarna Otero, directora xeral de Fomento e Calidade da Vivenda, introduciu o debate na cidadanía e no seo do BNG co artigo publicado neste xornal o pasado 1 de agosto, onde expresaba a súa discrepancia e oposición coa citada disposición adicional e chamaba á "desobediencia política no acatamento desta norma e a insubmisión económica como criterio ético para deste xeito contribuír a que Galiza e o seu Goberno sexan mostra de ética rexenerativa".

Este martes, en declaracións a Vieiros, Encarna Otero sinalaba que "ratifico todo o escrito no artigo", e manifestaba a súa ledicia por que "haxa unha posibilidade de modificar a lei". "Cando deixamos de ser cargos públicos volvemos ser cidadáns cos mesmos dereitos e deberes ca o resto", afirmou.

"Non hai nada pechado", sinalou Quintana este luns á noite. "O proxecto de lei de Función Pública que elabora o Goberno non contemplaba esto, que se introduce no Parlamento porque o PP presenta unha emenda pedíndoo. O Goberno quería sacar a lei por consenso e introduce esta emenda. É normal que se poida revisar, o mesmo conselleiro ten dito que en breve se levará ao Parlamento unha nova lei, e sería un bo momento para facelo".

A posición do BNG: Carlos Aymerich

O voceiro parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, confirma as declaracións do vicepresidente na Galega, e expón dúas posibilidades para a modificación da disposición adicional 17ª: unha, xa plantexada polo conselleiro da Presidencia, Méndez Romeu, a través da aprobación dunha nova Lei da Función Pública (a actual, do pasado 17 de xullo foi presentada como lei de medidas urxentes); e outra, "moito máis rápida", introducindo as pertinentes modificacións na Lei de Orzamentos Públicos para 2008 e que ten que ser aprobada antes do vindeiro 31 de decembro.

Segundo Aymerich, o BNG sempre foi contrario á norma que "non estaba no proxecto que chegou ao Parlamento", mais que o PPdeG introduciu como emenda (número 41) transaccionada co PSdeG. "Dentro do pacto de goberno, temos o compromiso de apoiar e outorgar a última palabra aos nosos socios responsábeis de cada área, e aquí foi Presidencia quen a tivo como Medio Rural no caso da Lei do Banco de Terras, por exemplo", afirma o voceiro nacionalista.

A posición do PSdeG: Beatriz Sestayo

Dende o PSdeG sosteñen que a información que está a chegar á cidadanía sobre este tema está a ser "confusa". Beatriz Sestayo, voceira socialista de Administración Pública, di que a maioría dos beneficiarios do sobresoldo xa teñen acadado o nivel 30 (o máis alto dentro da Xunta) polo que, segundo os seus cálculos, "a cantidade media a cobrar é dunhas 14.000 pesetas (84 euros) ao mes; en ningún caso a cifra de 15.000 euros é correcta".

Sestayo quere deixar claro, ademais, que a polémica lei "é unha translación da lexislación básica estatal", que a emenda que introduciu o PPdeG "non tivo oposición por parte de ninguén", e que, sobre todo, "ningún partido nin ningún sindicato se opuxeron nunca" á norma. Unha norma que tivo unha "longa vida parlamentaria, porque tivemos que falar con ao redor de 70 colectivos diferentes para podela consensuar", engade.

Por último considera que as lei non está pechada, aínda que "até o de agora non barallamos a posibilidade de modificala, máis alá do plantexado polo propio conselleiro Méndez Romeu". No entanto, afirma respecto a postura revisionista do BNG que "o que eu ouvín hoxe mesmo (por este martes) no Parlamento non coincide co dito por Quintana".

A posición do PPdeG: Antonio Rodríguez Miranda

O homólogo de Beatriz Sestayo no PPdeG, Antonio Rodríguez Miranda, subliña que "os principais responsábeis da aprobación da norma son os grupos que sustentan o Goberno", o PSdeG e o BNG, e amosa a súa sorpresa polas declaracións de Anxo Quintana.

"Como deputado que é, votou favorabelmente á aprobación da lei. Que o diga un parlamentario de a pé, aínda pode ser, mais que o máximo dirixente do BNG diga agora que se pode modificar non ten lóxica a non ser que fixese unha viaxe astral durante a votación e non lembre o que fixo", sinala Rodríguez Miranda.

Ademais, considera ao igual que o PSdeG que se trata dunha translación da lei estatal, e que en ningún caso a cifra de 15.000 euros é correcta, porque desta cantidade "hai que descontar os complementos de destino que todos os funcionarios teñen dende a lei de 1991". Así, afirma que, por exemplo, aos profesores universitarios que agora son directores xerais xa teñen cubertos estes complementos, e polo tanto non lles repercutirá.

Porén, o voceiro popular incide noutros aspectos da lei que segundo el non se lles está a dar importancia como é que "nos dous últimos anos os gastos en persoal eventual de gabinete (cargos de confianza) aumentasen nun 30%". Por último, defende que a emenda introducida polo PPdeG é de xustiza, xa que o que pretende é "recoñecerlles aos cargos públicos certa cantidade polo seu traballo".

A posición da CIG: Bautista Vega Tato

Bautista Vega Tato, membro da dirección nacional do sindicato CIG e un dos máis destacados opositores á disposición adicional 17ª, coida que dende o PSdeG e o PPdeG estase "a tratar de minimizar a historia". Segundo el, é certo que algúns cargos públicos non van recibir o suplemento de 15.000 euros, "porque xa estaban no anterior Goberno e teñen consolidado o nivel 30".

"Non hai xustificación ningunha para que se suban o soldo xente que xa ten salarios moi altos", di Vega Tato. "Hai necesidades máis importantes no país. É curioso que tomen como referencia o Estado para facer esta lei en Galiza, que non se estaba aplicando, e que en troques non miren para el cando se trata de falar de que temos as pensións máis baixas ou dos problemas de listas de espera", afirma.

Respecto ás declaracións do vicepresidente do Goberno, Vega Tato, que nun artigo enviado aos medios recentemente cargaba duramente contra o novo goberno por esta cuestión, manifestou a súa satisfacción e considerou que "rectificar é de sabios". "O Bloque tense que posicionar e cómpre facelo antes de que entre en vigor a lei, porque despois será moito máis difícil modificala", engadiu.
Comentarios (0) - Categoría: normativa xeral - Publicado o 12-09-2007 20:05
Queres comentar ou preguntar algo?
NOTAS SUMADAS AUX ADMINISTRATIVO E PSX




Abaixo tedes os enlaces ás notas de PSX e AUX. ADMINISTRATIVO sumados os dous exercicios.

Graciñas ós compañeiros da CIG de Vigo que fixeron a maior parte do traballo; agora vamos para a cama que hai que descansar ;-)).
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 12-09-2007 01:10
Queres comentar ou preguntar algo?
notas psx e aux administrativo
hoxe aparece na páxina web do SERGAS as notas provisorias do 1º e 2º exercicio de:
psx
auxiliar administrativo

graciñas a montse por avisarnos, xa que o SERGAS non nos comentou nada, en canto teñamos as notas de galego das 2 categorias cruzaremos, cas listas de contratación como xa fixemos co resto de categorias. De tódolos xeitos ó longo do dia de hoxe intentaremos colgar @s aprobad@s por orden de puntuación.


Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 11-09-2007 11:04
Queres comentar ou preguntar algo?
entregadas 21.000 sinaturas por SOS Courel
hai tempo publicamos un escrito que circulaba por outros blogs que era unha recollida de sinaturas, para que o Courel fose declarado parque natural, hoxe por fín fixéronse entrega de 21.000 sinaturas ante o Rexistro Xeral da Xunta apoiando esta reivindicación. Podedes ver a noticia no blog de SOS COUREL

Lembremos que o 21 de xuño foi autorizada polo Consello da Xunta de Galiza, a canteira a campa santa eufemia.
o pasado 11 de agosto en froxan (corazón do COUREL) celebrouse a festa da revolta, onde mais de 1000 persoas participaron cunha serie de actividades reivindicando a declaración de parque natural.
moitísimos colectivos se mobilizaron contra desta desfeita ecolóxica. Na imaxen o deseño de aduaneiros sen fronteiras.

outros blogs sobre o tema:

fotonatura
vigoblog
altermundo
verdegaia
asturias verde
arredemo
burlanegra.
E un longo etc.

Agora, cas sinaturas entregadas veremos como reaccionan os políticos, si vai prevalecer o interés do capital ou o desenrolo sostido do que tanto se enchen a boca a falar nas campañas políticas.


O COUREL PARQUE NATURAL!!!




Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 10-09-2007 21:03
Queres comentar ou preguntar algo?
maxia solidaria
Comercial gañador de Cannes Lions 2005, de Ponle Corazón, Perú.
campaña contra do cancro.
sin palabras

Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 08-09-2007 17:58
Queres comentar ou preguntar algo?
choque de civilizaciois
navegando pola rede atopamos un tubo sobre o cheque de civilizaciois no blog sempre en galiza, este vídeo é breve pero moi descriptivo.

Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 07-09-2007 15:19
Queres comentar ou preguntar algo?
aclaraciois do SERGAS sobre convocatoria contrataciois
aqui abaixo o SERGAS explica unha serie de cuestiois relacionadas ca convocatoria de contrataciois.
Fíxadevos que no primeiro punto dí que as persoas que xa están inscritas nas listas non teñen que presentar instancia "...Mais, de pretender estas persoas que se lles valoren novos méritos, isto require a presentación da pertinente solicitude (coa única excepción, de ser o caso, da experiencia laboral no Servizo Galego de Saúde pois, quen só teña servizos prestados neste organismo non ten que anotarse, ao incorporarse a experiencia directamente desde a aplicación de persoal e nóminas dos centros de xestión ao programa LICOT), do mesmo xeito que quen se inscriba por vez primeira".

Dúbidas máis destacadas e criterios que se deben seguir en relación coas solicitudes das persoas interesadas en participar no proceso de selección temporal formalizado pola Resolución do 28 de xuño de 2007, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, pola que se formaliza a incorporación de novos méritos polas persoas aspirantes xa inscritas e a selección de novas persoas aspirantes para vinculacións temporais nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde en diversas categorías sanitarias e de xestión e servizos (DOG nº 140, do 19 de xullo de 2007).

1.- Precisión acerca das solicitudes e incorporación de novos méritos.

A resolución ten por obxecto “convocar as novas persoas aspirantes que estivesen interesadas en presentar a súa solicitude de inscrición nas listas que se confeccionen en aplicación do pacto de selección temporal (...)”. “Procédese, así mesmo, a abrir o prazo para a incorporación dos novos méritos que queiran presentar aqueles e aquelas aspirantes que xa figuran inscritos en virtude da convocatoria ordinaria, publicada mediante resolución do 8 de novembro de 2004 (DOG nº 223, do 16 de novembro)” nas categorías recollidas do anexo I.

Polo tanto, as persoas quen xa gozan arestora da condición de aspirante por figuraren nas listas de selección temporal vixentes, non teñen que volver a presentar a solicitude requirida na disposición Segunda - 1 da convocatoria para conservar a citada condición. Mais, de pretender estas persoas que se lles valoren novos méritos, isto require a presentación da pertinente solicitude (coa única excepción, de ser o caso, da experiencia laboral no Servizo Galego de Saúde pois, quen só teña servizos prestados neste organismo non ten que anotarse, ao incorporarse a experiencia directamente desde a aplicación de persoal e nóminas dos centros de xestión ao programa LICOT), do mesmo xeito que quen se inscriba por vez primeira.


2.- Prazo de presentación de solicitudes. De acordo co disposto na disposición segunda, apartado 2 da convocatoria, o prazo de presentación das solicitudes comezará o día 10 de setembro e rematará o 29 de setembro de 2007 (vinte días naturais, estando ambos días incluídos).
As solicitudes que sexan presentadas antes ou despois do citado prazo serán extemporáneas, o cal suporá que, no caso dos aspirantes que pretendan inscribirse por primeira vez, sexan excluídos do proceso de selección; e os que xa figuran admitidos nas listaxes anteriores, non poidan actualizar os seus méritos ou modificar as condicións previamente consignadas.


3.- Compatibilidade de diversas categorías. Como regra xeral, cada aspirante só poderá solicitar unha única categoría e, pola súa vez, unha soa área de xestión.

Malia o anterior, existen grupos de categorías que admiten, porén, a compatibilidade entre varias categorías, sempre que estas pertenzan ao mesmo grupo, do xeito que se indica de seguido e nos propios formularios de solicitude. Os tales grupos son os seguintes:

1. As categorías de ámbito autonómico, recollidas no anexo II, son todas elas compatibles entre si: grupo técnico da función administrativa, técnico/a superior, técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información, psicólogo/a clínico/a , enxeñeiro/a superior, grupo de xestión da función administrativa, logopeda, traballador/a social, enxeñeiro/a técnico/a, técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información (ademais, todas estas categorías son tamén compatibles coas recollidas no anexo VIII).

2. A categoría do anexo III: pinche, é compatible coa categoría de cociñeiro/a, (convocada en xuño de 2006).

3. As categorías do anexo V: lavandeiro/a, pasador/a de ferro, limpador/a, son compatibles entre elas.

4. As categorías do anexo VIII: técnico/a superior en seguridade no traballo, técnico/a superior en hixiene industrial, técnico/a superior en ergonomía e psicosocioloxía aplicada, son compatibles entre si (e, ademais, son tamén compatibles coas categorías de ámbito autonómico, recollidas no anexo II).

5. A categoría do anexo IX: enfermeiro/a especialista en enfermería do traballo, é compatible coa categoría de persoal de enfermería (convocada en xuño de 2006).

Fóra dos supostos mencionados nos cinco grupos anteriores, os aspirantes non poderán solicitar a súa inclusión en máis dunha categoría profesional. Porén, e malia a citada incompatibilidade, aqueles aspirantes das categorías de xestión e servizos que figuren admitidos en varias das categorías de persoal estatutario incluídas no concurso-oposición convocado pola resolución do 8 de agosto de 2006, da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde (DOG nº 156, do 14 de agosto), que teñen aínda pendente a conclusión da fase de oposición do citado proceso selectivo, poderán, con carácter excepcional, e provisionalmente, inscribirse asemade para vinculacións temporais en varias categorías das non incluídas nos cinco grupos salientados. (Exemplo: celador, PSX, grupo auxiliar da función administrativa) durante o prazo de presentación de solicitudes. Posteriormente, cando se publiquen as listaxes provisionais (xa rematada a fase de oposición da oferta de emprego público) e dentro do prazo de presentación de reclamacións contra as citadas listaxes, as persoas interesadas deberán formalizar expresamente a súa opción por unha única categoría de entre as incompatibles (seguindo o exemplo anterior, manifestando a solicitude de inclusión con carácter definitivo só na categoría de celador, ou só na de PSX, ou só na do grupo auxiliar administrativo), a través de escrito dirixido á dirección provincial do SERGAS que corresponda coa provincia da área de xestión solicitada (ou escrito dirixido á División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do SERGAS, nas categorías de ámbito autonómico). Ante a ausencia de elección expresa, o aspirante será adscrito de oficio a unha única categoría, que será a que resulte da aplicación dos criterios establecidos na norma xeral 5.5.1 do Pacto de selección temporal.


4.- Pago de taxas (para a presente convocatoria do 19.7.2007). Só deben aboalas:

a) Quen se inscriba por vez primeira nas listaxes do Servizo Galego de Saúde.
b) Quen, figurando xa como admitido nas listas da convocatoria ordinaria anterior (publicada o 16 de novembro de 2004), varíe as condicións consignadas na solicitude dese ano cunha modificación substancial, entendendo por tal, aquela que implique mudanza de categoría, de listaxe ou de área de xestión.

O concepto de cambio de listaxe implica a entrada ou saída de calquera das listas específicas (pull, áreas especiais, cambio da quenda de acceso –libre a promoción interna-, etc.) ata o de agora vixentes, polo que se trata dunha modificación substancial que necesariamente require o aboamento das taxas.

No suposto de que algún aspirante non pagase as taxas, malia ter solicitado o cambio de lista (ao igual que o de categoría ou área), non será excluído, senón que a consecuencia será, con base no apartado 1.3 de la disposición segunda da convocatoria do 19.7.2007, que o aspirante se manterá como admitido na lista, mais sen variar as condicións consignadas na solicitude anterior (xa que logo, na mesma categoría, lista e área de xestión nas que xa estaba), variación que para ser efectiva requiriría o imprescindible aboamento das taxas.


5.- Devolución das taxas. Só procede no suposto establecido no último parágrafo da disposición Novena da convocatoria, isto é “no caso de erro ou discrepancia co importe autoliquidado”, suposto no que se establecerá unha exclusión provisional, que poderá ser emendada no prazo de reclamacións contra as listaxes provisionais de admitidos e excluídos. De non solicitarse esta emenda (o que produciría o efecto da exclusión definitiva), e aínda que non se explicita no texto da convocatoria de xullo, é de aplicación a regra xeral a calquera proceso selectivo en virtude da cal os aspirantes excluídos disporán do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da data de resolución pola que se publiquen as listaxes definitivas, para solicitar a devolución das taxas aboadas en concepto de inscrición.

En consecuencia, cómpre aclarar algunhas dúbidas xa manifestadas por algún centro ao fío do disposto no último parágrafo da disposición Segunda - 1 da convocatoria, respecto da posibilidade (indicada máis arriba) da que gozan os aspirantes das categorías de xestión e servizos para, con carácter excepcional, e provisionalmente, inscribirse para vinculacións temporais en varias categorías das declaradas incompatibles entre si, sendo unha delas aquela na que xa estaba inscrito na convocatoria de novembro de 2004. Nestes supostos pode acontecer que a citada persoa, no prazo de presentación de reclamacións contra as listas provisionais, opte finalmente, ou sexa adscrita de oficio, á mesma categoría na que xa figuraba na anterior convocatoria (deixándose sen efecto a inclusión provisional respecto da/s outra/s categoría/s). Ante esta posibilidade, algún interesado xa ten expresado cuestións tales como se é factible diferir o aboamento das taxas ao prazo de presentación das reclamacións contra as listas provisionais, só no caso de que finalmente se materialice o cambio de categoría respecto da anterior convocatoria (co que quedaría exento do pago no momento inicial, é dicir, no prazo de presentación de solicitudes); ou ben, no caso ter aboado as taxas no prazo e, posteriormente resultar admitido definitivamente na mesma categoría na que xa viña sendo incluído, se cabería solicitar a devolución das ditas taxas (ao quedar sen efecto a solicitude respecto da/s outra/s categoría/s cubertas na instancia).

Nestes supostos procede, sen máis, o aboamento das reiteradas taxas no prazo de presentación das solicitudes, con independencia de a cál das categorías se reconduza finalmente a participación destas persoas, pois o certo é que as súas solicitudes van determinar, de xeito adicional ao expediente anterior dos interesados, que se leven a efecto as tarefas de baremación, xa que logo, a actividade administrativa que, en definitiva, constitúe o feito impoñible gravado pola taxa en cuestión. En conclusión, non é posible nestes casos solicitar a devolución das taxas e, do mesmo xeito, calquera aboamento posterior ao prazo de presentación de instancias sería extemporáneo e, polo tanto, causa de exclusión.


6.- CNP.
Trátase do Código Numérico Persoal, propio de todo o persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. Só o ten que cubrir aquel aspirante que o coñeza (introduciuse nos formularios seguindo indicacións da Asesoría Xurídica, por ser de obrigado cumprimento para determinados trámites e procedementos relacionados coa actividade asistencial, sobre todo, por parte do persoal licenciado sanitario, mais a súa cumprimentación non é obrigatoria para os efectos da selección temporal).


7.- Presentación de documentación compulsada. Carecerán de validez as compulsas practicadas por persoas ou entidades alleas á condición de Administración Pública (caso dos colexios profesionais), de conformidade co Real Decreto 772/1999, do 7 de maio (BOE núm. 122, do 22 de maio), polo que se regula a presentación de solicitudes, escritos e comunicacións ante a Administración Xeral do Estado, a expedición de copias de documentos e devolución de orixinais e o réxime das oficinas de rexistro. O citado Real Decreto configúrase como desenvolvemento dos artigos 35 c), 38, 46 e 70.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común; e constitúe a norma de referencia para resolver este tipo de cuestións, ben que de xeito supletorio, toda vez que non existe na nosa Comunidade Autónoma normativa específica sobre as citadas materias.


8.- Exames aprobados da última oferta pública de emprego do Servizo Galego de Saúde (formalizada no DOG nº 156, do 14 de agosto de 2006). Nas categorías que consonte a convocatoria deberon realizar dous exercicios que, neste ano, se celebraron o mesmo día, en unidade de acto, aos aspirantes que teñan aprobado o 2º deles (parte práctica), pero non así o 1º (parte teórica), dado o seu carácter eliminatorio e sucesivo, non se lles outorgará puntuación ningunha por este apartado do baremo; toda vez que é a primeira parte a que da acceso á valoración da segunda, mais non á inversa. De tal xeito que os aspirantes que teñan superado os dous exercicios recibirán 18 puntos neste apartado, os que teñan aprobado o primeiro, pero non o segundo, 9 puntos; e non recibirán puntuación ningunha tanto quen só teña aprobado o segundo exercicio, como ningún dos dous.
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 07-09-2007 11:03
Queres comentar ou preguntar algo?
Avaliacion de riscos da Centraliña Feita
Despois de varios escritos, pedindo esta avaliación, (o primeiro escrito do 2003), por fin está feita.

Reformarase o local da Centraliña, e as traballadoras terán unha sala independiente dos aparellos, con mais espacio para o seu traballo.

Tamén se modificará a sala de celadores lindante ca centraliña.
Comentarios (0) - Categoría: SAÚDE LABORAL - Publicado o 06-09-2007 08:59
Queres comentar ou preguntar algo?
dubida
hai un tempo, alguén plantexou a idea de que colgásemos os chamamentos que se iban producindo nesta e no resto das áreas, como fan @s compañeir@s de Vigo cas duas áreas de Pontevedra.
Ata agora se plantexara hai tempo na mesa provincial de Ourense, que se pasaran listados diarios dos chamamentos que se producían, ó que contestaron que llo estaban decindo ó persoal que chamaba e que si se pasaban ós sindicatos eles xa non dirían nada mais @s traballador@s.
a pregunta é; pensades que tal como se está facendo vos é mais doado consultar como se moven as listas, ou cecais sería mellor presionar tanto a nivel provincial como a nivel central para que se nos faciliten e podelas publicitar e informar delas dende as secciois sindicais?
esperamos as vosas respostas para deste xeito plantexarlle ó SERGAS ou non esta posibilidade.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 05-09-2007 21:59
Queres comentar ou preguntar algo?
manual para apuntarse nas listas de contratación do sergas
A que categoria boto a instancia?

Tes que ter en conta para isto os puntos cos que contas das distintas categorias as que podes acceder pola tua titulación,. Ten en conta que a OPE que puntua é a do SERGAS que está en curso. Para ver a resolución do Pacto e o baremo, preme aquí.

As categorias que se convocan as podes consultar na resolución da convocatoria.

como norma xeral somente podrás botar para unha sola categoria e unha sola área sanitaria, nembargantes hai excepciois, como a de cociñeir@ que é compatible con pinche de cociña, pasadora de ferro con lavandeira, limpadora, ou enfermeir@ especialista en enfemaria do traballo que é compatible ca categoria de enfermeir@, o resto de compatibilidades podedes velas no punto 1.6-b da resolución da convocatoria.

tede en conta tamen que as seguintes categorias electricistas, PSX e auxiliares administrativo ou técnic@ especialista de sistemas e tecnoloxias da información requiren unha proba práctica que podedes consultar si estades ou non exenta dela no punto 2 da resolución do pacto.

Que é iso do pool, convenme apuntar nel?:

Algunhas categorias como celador, ATS, auxiliar de enfermeria etc, contan cun listado especial para cubrir contratos de ata 5 dias seguidos con un tope de 10 dias a traballar ó mes, pola permanecia no pool dan 2 puntos por ano, pero unha vez dentro non poderás salir ata a convocatoria das seguintes listas de contratación. Este persoal poderá ser chamado tamén para contratos superiores a 4 meses si acaso lle correspondera por lista.
Se acaso estiveses interesad@ nel, pregunta cando recollas a instancia si na categoria que vas botar hai esa opción.
Esta opción vai ben para a xente que ten poucos puntos de experiencia, posto que en pouco tempo adquiren puntos neste apartado.
As prazas de pool en cada área son limitadas, somente por cruzar a casilla non estarás dentro, se por exemplo hai 10 efectivos de pool nunha área, tes que estar entre os 10 primeiros en puntuación da xente que optou por ise apartado.

Onde podo recoller e botar a instancia?

Nas Direcciois Provinciais do SERGAS e nos centros de xestión, como hospitais e xerencias de Atención Primaria ou na páxina web do SERGAS, podes conseguir a instancia.
unha vez cuberta podes presentala nas oficinas de rexistro da Xunta de Galiza, nos rexistros provinciais do SERGAS, nos rexistros dos hospitais así como nas Xerencias de atención primaria.

abono de taxas

ten que abonar taxas toda persoa que se presente por primeira vez as listas de contratación do SERGAS ou quen modifique sustancialmente as condiciois presentadas anteiormente (por exemplo cambio de categoria).
están exentos de abonalas ainda que se presenten por primeira vez : quén acredite unha invalidez igual ou superior o 33%, tamén quen sexa membro de familia numerosa clasificada na categoria especial, en caso de que a familia numerosa non teña esta clasificación terán un desconto do 50%.
a taxa a abonar son 16,32€ (a ver se non como se financian os 15.000€ dos altos cargos da Xunta ;)).

que documentación presento?

a solicitude, xunto ca titulación esixida mais unha copia compulsada do D.N.I. e copia compulsada de tódolos méritos que metades (cursos, experiencia, galego, etc), agás os que xa fosen presentados na anterior convocatoria sempre e cando fose na mesma categoria.

para acreditar os puntos por desemprego ou ben asinades no espacio reservado para elo na instancia unha declaración xurada consentindo que o SERGAS solicite a vosa vida laboral ou ben presentades un certificado acreditativo expedido pola Tesouraria Xeral da Seguridade Social dos 3 derradeiros anos.
para acreditar os servizos prestados necesitaredes presentar certificado asinado pola Dirección da empresa onde estiverades traballando, onde conste toda a información necesaria para a baremación (coidadiño que o certificado de vida laboral non serve a estes efectos).

non será necesario que acreditedes ter pasado os exames de OPE posto que o tribunal o comprobará de oficio, así como todo aquel que figure nas listas vixentes do SERGAS, non terán que aportar certificado do tempo traballado no SERGAS, posto que este tema xa está informatizado.

todo isto e mais está na convocatoria, pero son tantas as preguntas recibidas sobre o tema que pensamos que sería bon facer un post aclarando as dúbidas do persoal e resumíndoas nun solo artigo.

se tedes algunha dúbida mais intentarémosvola aclarar, ah carallo!! lembrade que a instancia podedes botala a partires do día 10 de setembro e rematará o 29 de setembro( ámbolos dous incluídos ), sorte a tod@s.
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 04-09-2007 18:34
Queres comentar ou preguntar algo?
seleccion cursos FEGAS
INFORMACIÓN SOBRE BAREMACIÓN RELATIVA OS CURSOS:

“ACTUACIÓN DO PROFESIONAL SANITARIO ANTE UN CASO DE MALOS TRATOS”

Dado o elevado nº de solicitudes para a realización deste curso; a Comisión Paritaria encargada de realizar a selección seguindo os criterios recollidos no Plan de Formación Continua do Persoal das Institucións Sanitarias do SERGAS para o ano 2007, decidiu en reunión celebrada o día 23 de setembro aplicar os seguintes criterios de selección e na orden que se indica :

1.- Ser destinatario preferente ( Profesionais Sanitarios e Traballadores Sociais de ambos os dous niveis asistenciais)

2.- Una vez aplicado o criterio anterior, selecionouse os aspirantes que realicen tarefas máis directamente relacionadas co contido do curso,na orden seguinte:

2.1: Traballadores sociais, psicologos , psiquiatras e persoal de enfermería da unidade.
2.2.-Persoal sanitario de urgencias hospitalarias e extrahospitalarias, persoal sanitario de atención primaria.
2.3.- Matronas
2.4.- Persoal sanitario de hospitalización e reanimación
2.5.- Resto de persoal sanitario


“SAUDE MENTAL :TRASTORNOS DA PERSONALIDADE.PSICOXERIATRÍA

Dado o elevado nº de solicitudes para a realización deste curso ; a Comisión Paritaria encargada de realizar a selección seguindo os criterios recollidos no Plan de Formación Continua do Persoal das Institucións Sanitarias do SERGAS para o ano 2007, decidiu en reunión celebrada o día 23 de setembro aplicar os seguintes criterios de selección e na orden que se indica :

1.- Ser destinatario preferente ( Persoal sanitario de ambos os dous niveis asistenciais en contacto con doentes psicoxeriatricos)

2.- Una vez aplicado o criterio anterior( tendo en conta os servizos que esten máis relacionados con ese tipo de doentes : mediciña interna, plantas de hospitalización, urxencias hospitalarias e extrahospitalarias, atención primaria etc), pasouse a aplicar o criterio de antiguedade

2.1.- Propietarios
2.2.- Interinos ou con vinculo igual o superior o ano.
2.3.- Eventuais


“FORMACIÓN PARA MANIPULACIÓN DE ALIMENTOS DE ALTO RISCO (NIVEL II)

Dado o escaso nº de solicitudes admitíronse todas

O Barco, a 31 de agosto de 2007

A Comisión Paritaria


para descargar a Copia do listado provisional Actuación do profesional sanitario, preme aqui

para descargar a Copia de Llistado provisional Formación para manipuladores de alimentos, preme aquí

para descargar a Copia de Llistado provisional Saude Mental Trastornos da Personalidade, preme aqui
Comentarios (0) - Categoría: formación - Publicado o 03-09-2007 13:01
Queres comentar ou preguntar algo?
e ti, tes un blog?
na marxen esquerda do blog temos unha serie de enlaces aparte dos propios da páxina, da CIG e do SERGAS e SACYL, son páxinas que por algún motivo nos resultan interesantes, as poñemos neste artigo para así ir ircorporando mais e que sexan visualmente mais apetecibles de picar, se tes un blog, unha páxina web ou consideras que hai algunha páxina que polo seu interese estaría ben que enlazásemos, pona nos comentarios e nós miraremos se a enlazamos aquí.
(picando sobre a foto ábrese o enlace)


Enfermería galega integral: un moi interesante blog sobre a enfermaria e a saúdeo refraneiro: un blog onde beber do refraneiro e a fala de toda a xeografía galegaAnxo Rei: páxina web deste cantautor valdeorrés


Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 03-09-2007 11:36
Queres comentar ou preguntar algo?
CIG-Saúde O Barco na Intranet do HCV
Xa podedes consultar a nosa páxina accedendo desde a Intranet do HCV coa vosa clave persoal: Se pinchades nas ligazóns da esquerda da pantalla, onde pón INTERNET e despois escolledes ORGANIZACIÓNS SINDICAIS no menú despregable que vos sae atoparedes a CIG-Saúde Barco.

Deste xeito podedes consultar todas as novidades ainda que non dispoñades de internet na casa, se sodes persoal HCV basta con que accedades á Intranet coa vosa clave.
Comentarios (0) - Categoría: HCV - Publicado o 03-09-2007 01:57
Queres comentar ou preguntar algo?
pregunta pregunta
debido a que xa resulta incómodo polo número de preguntas-respostas que hai neste apartado, abrimos un en branco.
Para consultar preguntas-respostas anteriores, preme aqui, e a partires de agora podedes facer as vosas preguntas ou suxerencias nos comentarios deste post.
Comentarios (0) - Categoría: AS TUAS PREGUNTAS AIKI - Publicado o 03-09-2007 01:48
Queres comentar ou preguntar algo?
[1] 2
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis