|
|
|
|
xornada técnica sobre a nova lexislación |
|
Perto de 100 delegad@s de Cig-Saúde participamos hoxe nunha Xornada Técnica sobre a aplicación das novas normativas xurdidas nos últimos tempos ao noso ámbito laboral:
* leis de igualdade:
- lei estatal para a igualdade das mulleres e dos homes
- lei galega para a igualdade das mulleres e dos homes
- lei para a igualdade das mulleres de Galiza
* lei de conciliación da vida familiar e laboral
* estatuto básico do empregado público
* lei de modificación da lei da función pública galega
Tras recibir unha interesante disertación sobre estas leis e tras dun intenso debate posterior, aclaramos algunhas cuestións ao respecto dos dereitos que se derivan da aplicación desta nova normativa e tamén saimos convencid@s de que de aqui en diante iremos vendo como a aplicación destas leis vai incorporar dúbidas que irán xurdindo e que veremos como se van resolvendo no día a día. Existen varias contradiccións entre normas e ambigüidades que levarán a diferentes interpretacións e, xa que logo, a posibles conflictos.
Xa veremos o que da de si toda esta morea normativa que vimos de estrear.
|
|
|
|
MANIFESTACIÓN DIA 30 PLANTA DE GAS FORA DA RIA |
|
reproducimos o texto íntegro da convocatoria da manifestación que terá lugar o domingo convocada polo comite cidadan de emerxencia para a ria de ferrol, covocatoria difundida noutros moitos blog como o de CIG-Saúde Ferrol ou made in galiza
A TODA A CIDADANÍA DE GALICIA :
A Planta de Gas instalada na angosta Ría de Ferrol, constitúe unha ameaza para a vida de 100.000 persoas e a riqueza marisqueira da Ría. En solidaridade: Coa veciñanza de Mugardos, pechada no Concello hai máis de dous meses. Coa Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol. Coa poboación de Ferrolterra. Para que non sexa aprobada a Acta de Funcionamento definitivo de REGANOSA Para o seu traslado ó Porto Exterior Para que remate este disparate contra o que vimos loitando desde o ano 2000.
PARTICIPA NA MANIFESTACIÓN CONVOCADA POLO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL O próximo DOMIGO, 30 DE SETEMBRO, ÁS 12 HORAS NO PEIRAO DE FERROL.
DEMANDANDO:
1º Ao Goberno Central que ten competencias para decidir que, en base a eses condicionados non resoltos, non sexa aprobada a acta de funcionamento definitivo de REGANOSA.
2º Á Xunta de Galicia para que renuncie á herdanza envelenada do caso REGANOSA, e así mesmo, reoriente a súa política enerxética para que deixe de ser unha ameaza para a Ría e para a vida de miles de persoas de Ferrol Terra.
3º Ao Concello de Ferrol para que acorde dirixirse ao Tribunal Supremo a fin de que faga firme a sentenza 536/2004 favorable á cidadanía de Ferrol e que anula a falsa tramitación ambiental de REGANOSA.
4º Ao Concello de Mugardos, para que revise as licenzas, permisos e acordos con REGANOSA, que están ameazando a vida e os intereses da veciñanza.
NON FALTES
DIFUNDE A CONVOCATORIA
|
|
|
|
reunión co Xerente do HCV |
|
hoxe a comisión de centro do HCV, mantivo unha reunión ca Direccción para entre outras cousas se nos informara do problema das especialidades no HCV, neste momento un solo anestesista cubre toda a actividade, quedámonos sin urólogo e este servizo está descuberto, a estas alturas non hai cardiólogo e seguimos co problema de falta de pediatras e radiólogos entre outros.
a contestación do Xerente foi que na primeira semana de outubro, incorporaríanse dous anestesistas mais. pero no resto dos problemas plantexados, limitouse a decir que están intentando contactar con estes especialistas pero que non hai, que en uroxia non habia outra que mandar ós pacientes a ser atendidos a Ourense.
Ante esta perspectiva dende a comisión acordouse mandar un escrito ós medios de comunicación denunciando a situación que estamos a padecer, escrito que vos reproducimos a continuación.
DE: Comisión de Centro de Hospital Comarcal Valdeorras.
A: Medios de comunicación.
NOTA DE PRENSA
Desde a Comisión de Centro do Hospital Comarcal Valdeorras queremos amosar a nosa preocupación pola situación actual e futura da sanidade pública na comarca de Valdeorras.
Xa durante os meses de verán asistimos á marcha deste Hospital de 2 médic@s especialistas en Anestesia, quedando reducido o persoal de Anestesia a un só traballador no mes de setembro. Se ben parece que se vai proceder á próxima incorporación de dúas persoas desta especialidade, non deixamos de ver con preocupación a situación que se aveciña:
? Nestes momentos o HCV non conta con servizo de Uroloxía, logo da marcha do único médico desta especialidade que viña desenvolvendo o seu traballo neste hospital, dando a Xerencia como única solución a esta carencia a derivación dos pacientes de Uroloxía ao CHOU.
? A esto hai que engadir as necesidades que xa se viñan tendo de prazas en Pediatría, Cardioloxía e Radioloxía.
? Próximamente, coa resolución da OPE en curso, varios traballadores e traballadoras de distintas especialidades acadarán praza noutros hospitais, coa subseguinte marcha do HCV, e con dúbidas de que outr@s especialistas pasen a ocupar os postos vacantes neste hospital.
Despois de dous anos desde que esta Comisión de Centro conxuntamente coa Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, denunciara con mobilizacións a precaria situación da sanidade na comarca de Valdeorras, con falta de especialistas, falta de servizos básicos e falta de previsión para cubrir estas necesidades, e tras unhas intensas mobilizacións conseguiramos da administración o compromiso de poñer medidas para solventar estas carencias, non temos coñecemento de que se teña habilitado ningunha medida real que solucione o problema de carencias actual e vindeiros deste hospital comarcal e na actualidade o HCV segue nunha situación precaria, que se ben non é tan grave como nalqueles momentos, de non aplicar as medidas necesarias, pode chegar a selo.
Por todo isto, esta Comisión de Centro solicita das administracións correspondentes que habilite as medidas precisas e necesarias para garantir un futuro digno da sanidade en Valdeorras.
CIG UGT CEMSATSE SAE CSIF CCOO
noticia en la región
noticia en la voz de galicia |
|
|
|
concentración contra do plus dos altos cargos |
|
como xa anunciamos estes dias, hoxe levouse a cabo unha concentración contra do plus dos altos cargos, diante de san caetano, nela participamos unhs 700 delegad@s de CIG segun la voz de galicia.
a anécdota da xornada foi a incorporación á manifa dun equipo do programa caiga quien caiga, que darán cobertura a nivel estatal da protesta, ca retranca habitual neles. (parece que emitirán as imaxes da protesta o próximo martes a partires da 10 da noite, para quen esté interesado).
Suso Seixo, Secretario Nacional de CIG, puxo fin ó acto informando ós presentes que de non recoler frutos positivos nas entrevistas cos partidos, levarase a cabo dende a CIG unha recollida de sinaturas para unha iniciativa lexislativa popular, co fin de derogar esta disposición.
fotomontaxe d@s compañeir@s de vigo
|
|
|
|
novas visitas aos centros |
|
Hoxe levouse adiante unha segunda tanda de visitas aos centros de saúde da área. @s nos@s delegados pasáronse por Vilamartin, Rubiá, Sobradelo, A Rúa e O Barco recollendo as impresións e suxerencias d@s traballador@s.
Agora, con esta información e a recollida en visitas anteriores, levaremos á Comisión de Centro de Primaria cando menos un par de puntos que esperamos acaden pronta solución.
Informaremos convenientemente no seu momento. |
|
|
|
contra da cacicada (altos cargos) : concentración en san caetano |
|
Día 26, ás 11:30, concentración na sede da Xunta en San Caetano en Santiago.
comunicado da CIG con respecto á lei dos altos cargos.
O pasado día 17 de setembro entrou en vigor a reforma da Lei da Función Pública Galega, aprobada no Parlamento Galego o día 17 de Xullo, e na cal se introduce un novo beneficio salarial para aqueles funcionarios e funcionarias que ocupen cargos públicos de libre designación ou diferentes cargos de representación institucional.
Mediante esta reforma amplíase en 3.000? o complemento de destino de 11721? ao que xa tiñan dereito a raíz da lei 2/1998, e amplíase tamén o colectivo de beneficiarios da mesma, incorporando a funcionarios que exerceran de alcaldes, deputados, senadores, cargos do poder xudicial e outros cargos de representación institucional, seguindo o modelo do Estatuto Básico do E.P. aprobado a nivel estatal e que xa no seu momento contara coa oposición da CIG.
Entendemos, dende a CIG, que o correcto sería aproveita esta reforma da Lei da Función Pública Galega para revisar á baixa o dereito que lles recoñecía a lei do 98 aos funcionarios públicos a consolidar un complemento de destino de mais de 11.000?, por ocupar un cargo público durante dous anos, en vez de aproveitar a reforma para, xustamente o contrario, incrementarlle dito plus en 3000?. Iso é o que nos entendemos que sería o xusto e racional.
Os funcionarios e funcionarias, cando ocupan un cargo público xa cobra o complemento de destino correspondente ao máximo nivel da Administración, o nivel 30. Teñen tamén establecido por lei a maneira de ir consolidando niveis cando desempeñan funcións de nivel superior ao seu. Non é polo tanto nin xusto, nin proporcionado, nin ético e si é claramente discriminatorio respecto dos outros funcionarios de carreira e todos aqueles cidadáns que non son funcionarios e que ocupan cargos públicos ou de representación institucional, consolidar un complemento salarial desa natureza e cantidade unha vez que dito funcionario ou funcionaria deixe o cargo e ate a súa xubilación
Desde a CIG, entendemos que esta forma de proceder é reflexo dunha visión elitísta da función pública, pola que se prima e se crea un corpo de elite que son os funcionarios que ocupan cargos públicos ou de representación institución co agravante que se fai con un custo importante para o erario público.
Diante deste feito que a CIG considera inxusto, discriminatorio e elitista, decidimos levar adiante diversos actos de protesta e proceder a manter reunión cos tres grupos parlamentarios par que procedan por lei a derrogar esta disposición adicional 17, así como a revisión da lei da Función Publica do 98, no que se refire a consolidación deste complemento.
Días 26, ás 11:30, concentración na sede da Xunta en San Caetano en Santiago.
|
|
|
|
apertura fase concurso |
|
ista é a resolución que abre a fase de concurso en varias categorias. como podedes ver tedes que meter a titulación esixida, perdoade o noso erro ó informarvos de que isa documentación se metería no momento de elexir destino, o "erro" debeuse, que na resolución da convocatoria na disposición oitava que fai referencia á elección de destino, di que é nese momento cando hai que presentar a titulación. Pois parece ser que a piden xa agora, como podedes ver.
debaixo dela o modelo de solicitude e as listas ordenadas alfabéticamente e por puntos.
Resolución do 18 de setembro de 2007, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario deste organismo, relativo á conclusión da fase de oposición e á apertura do prazo da fase de concurso.
O número 1 da base sexta B) da resolución da Secretaria Xeral do Servizo Galego de Saúde do 8 de agosto de 2006 (Diario Oficial de Galicia nº 156, do 14 de agosto), pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, dispón que, rematada na súa totalidade a fase de oposición, o tribunal publicará un acordo no Diario Oficial de Galicia, no que se declarará rematada a fase de oposición e se abrirá un prazo dun mes, contado a partir do seguinte ao da súa publicación, para que estes aspirantes acheguen a documentación acreditativa dos méritos que aleguen.
Ademais, pola Resolución do 17 de setembro de 2007 publicáronse as puntuacións definitivas acadadas polos aspirantes das categorías de ATS, auxiliar de enfermaría, celador e pinche.
Adoptado acordo de finalización da fase de oposición polos respectivos tribunais, procede agora darlle publicidade no Diario Oficial de Galicia, facultándose para iso expresamente esta División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde, polo que
RESOLVO:
Primeiro.-Declarar rematada a fase de oposición nas categorías de ATS, auxiliar de enfermaría, celador e pinche.
Segundo.-Publicar a relación alfabética e a relación pola orde de puntuación alcanzada no conxunto dos exercicios dos aspirantes que superaron a fase de oposición das citadas categorías, nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e na súa páxina web www.sergas.es.
Terceiro.-Abrir o prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, para que estes aspirantes presenten a documentación acreditativa dos méritos que aleguen nos seguintes lugares:
a) Na Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade.
b) Na División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde.
c) Na oficina de Información ao Cidadán da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.
d) Nas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade.
e) Nas direccións provinciais do Servizo Galego de Saúde.
f) Nos servizos de persoal dos centros ou complexos hospitalarios da rede pública do Servizo Galego de Saúde.
g) Nos servizos de persoal das administracións dos centros de xestión de Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde.
h) A través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Cuarto.-Todos os aspirantes que superaran a fase de oposición, deberán achegar no modelo contido no anexo I desta resolución os méritos que aleguen xunto coa fotocopia compulsada do seu DNI, así como a seguinte documentación, pois do contrario quedarían excluídos do proceso selectivo:
a) Fotocopia compulsada do título exixido para o ingreso na correspondente categoría.
b) Os participantes que accedan polas quendas de promoción interna e de discapacitados deberán achegar, ademais da documentación anterior, orixinal ou certificación compulsada acreditativa, segundo os requisitos descritos nos puntos 2 e 3 da base segunda da convocatoria.
Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2007.
Antonio José Fernández Paniagua
Director xeral de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional
o modelo da fase de concurso
listados definitivos por orden alfabético e por puntos:
ats-DUE alfabético
puntos ATS-DUE
Auxiliar de enfermaria alfabetico
auxiliar de enfermaria puntos
matrona alfabetico
matrona puntos
celador alfabetico
celador puntos
pinche alfabético
pinche puntos |
|
|
|
aclaraciois sobre listados definitivos e apertura da fase de concurso |
|
ante algunhas das preguntas que nos está a facer algunha xente, pensamos que cabe aclarar as seguintes cuestiois.
A resolución do SERGAS, que publica os listados definitivos das categorias de: ATS-DUE, matrona, auxiliar de enfermaria, celador e pinche, estima ou desestima as reclamaciois presentadas ante as listas provisorias, en caso de non estar de acordo ca puntuación aparecida nas listas definitivas, cabe facer un recurso de reposición no prazo de un mes, ante a Secretaria Xeral do SERGAS.
mañá, según a información que nos enviou o SERGAS debera sair publicado o acordo que da por rematada a fase de oposición destas categorias, e con elo se abrirá un prazo de un mes para aportar os méritos, se algún aspirante non presentara ningún mérito, o tribunal de oficio daríalle cero puntos na fase de concurso. |
|
|
|
ACTUALIZACIÓN DE PERMISOS |
|
nova táboa actualizada de permisos
Permiso por parto
Duración: 16 semanas ininterrompidas, ampliadas en dúas semanas máis no suposto de discapacidade do fillo e, por cada fillo a partir do segundo, nos supostos de parto múltiple.
Nos casos de parto prematuro e naqueles nos que, por calquera outra causa, o neonato deba permanecer hospitalizado a continuación do parto, este permiso ampliarase en tantos días como o neonato se atope hospitalizado, cun máximo de 13 semanas adicionais.
Condicións de aproveitamento:
o Distribución: O permiso distribuirase a opción da traballadora sempre que 6 semanas sexan inmediatamente posteriores ao parto. No caso de falecemento da nai, o outro proxenitor poderá facer uso da totalidade ou, no seu caso, da parte que reste de permiso.
o Aproveitamento compartido (simultáneo ou sucesivo): Sen prexuízo das 6 semanas inmediatas posteriores ao parto de descanso obrigatorio para a nai, no caso de que ambos proxenitores traballen, a nai, ao iniciar o período de descanso por maternidade, poderá optar por que o outro proxenitor aproveitamento dunha parte determinada e ininterrompida do período de descanso posterior ao parto, ben de forma simultánea ou sucesiva co da nai. O outro proxenitor poderá seguir aproveitando do permiso de maternidade inicialmente cedido, aínda que no momento previsto para a reincorporación da nai ao traballo esta se atope en situación de incapacidade temporal.
Nos casos de aproveitamento simultáneo de períodos de descanso, a suma dos mesmos non poderá exceder das 16 semanas ou das que correspondan no caso de discapacidade do fillo ou de parto múltiple.
o Este permiso poderá aproveitarse a xornada completa ou a tempo parcial, cando as necesidades do servizo o permitan, e nos termos que regulamentariamente se determinen.
Observacións:
Supoñen innovación lexislativa a inclusión de supostos de ampliación de período para o caso de nacemento de discapacitado/prematuro/neonato hospitalizado.
Asemade, denótese que para o caso que aproveitamento compartido a incapacidade temporal da nai chegada a súa reincorporación non obriga á ?reversión? do tempo de permiso restante que estea nese momento aproveitando o pai, é dicir, este seguirá aproveitando da parte do permiso que lle foi cedida con independencia da saúde da nai.
Outra novidade supón a posibilidade da transferencia da licenza por maternidade nos matrimonios de mulleres, é dicir, a cónxuxe que non sexa a nai biolóxica, poderá aproveitar a parte da licenza de maternidade que non corresponda co descanso obrigatorio e que se podería transferir ao pai.
Permiso por adopción ou acollemento tanto preadoptivo como permanente ou simple
Duración: 16 semanas ininterrompidas, ampliadas en dúas semanas máis no suposto de discapacidade do menor adoptado ou acollido e por cada fillo, a partir do segundo, nos supostos de adopción ou acollemento múltiple.
Condicións de aproveitamento:
o Cómputo: á elección do traballador o prazo contará a partir da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou a partir da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción sen que en ningún caso un mesmo menor poda dar dereito a varios períodos de aproveitamento deste permiso.
o Aproveitamento compartido: No caso de que ambos proxenitores traballen, o permiso distribuirase a opción dos interesados, que poderán aproveitalo de xeito simultáneo ou sucesivo, sempre en períodos ininterrompidos.
Nos casos de aproveitamento simultáneo de períodos de descanso, a suma dos mesmos non poderá exceder das 16 semanas ou das que correspondan no caso de adopción ou acollemento múltiple e de discapacidade do menor adoptado ou acollido.
o Este permiso poderá aproveitarse a xornada completa ou a tempo parcial, cando as necesidades de servizo o permitan, e nos termos que regulamentariamente se determine.
Desprazamento internacional previo:
o Este permiso poderase iniciar ate catro semanas antes da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción ou a decisión administrativa ou xudicial de acollemento.
o Cando fóra preciso dito desprazamento dos proxenitores ao país de orixe do adoptado, terase dereito, ademais, a un permiso de ate tres meses de duración, percibindo durante este período exclusivamente as retribucións básicas.
Formación:Durante o aproveitamento deste permiso poderase participar nos cursos de formación que convoque a Administración.
Duración mínima do feito causante: Os supostos de adopción ou acollemento, tanto preadoptivo como permanente ou simple, previstos neste artigo serán os que así se establezan no Código Civil ou nas Leis civís das Comunidades Autónomas que os regulamenten, debendo ter o acollemento simple unha duración non inferior a un ano.
Observacións:
No caso de desprazamento internacional previo permitirase o fraccionamento do período e asemade entenderanse como retribucións básicas: soldo, trienios e respecto das pagas extraordinarias enténdese como básicas as súas compoñentes básicas, é dicir, soldo e trienios.
Permiso por nacemento de fillos prematuros ou que por calquera outra causa deban permanecer hospitalizados
Titulares:
A traballadora ou o traballador (de xeito excluínte, é dicir, se os dous traballan deberán decidir quen aproveita o permiso, se ben, é certo que na maior parte dos supostos a nai estará aproveitando do permiso por parto, en todo caso nas súas seis primeiras semanas indispoñibles)
Condicións de aproveitamento:
2 horas diarias como máximo percibindo as retribucións íntegras.
Este permiso é compatible coa redución de xornada de máximo de dúas horas coa diminución proporcional das súas retribucións
Observacións:
En canto ao permiso de ausentarse xustificadamente (dúas horas retribuídas) establécese un aproveitamento alternativo (traballadora ou traballador) e en ningún caso simultáneo,
Debe entenderse compatible coa redución de xornada de dúas horas non retribuídas, é dicir, podería chegarse ate un total de ausencia do traballo máxima de 4 horas/día.
Permiso por paternidade polo nacemento, adopción ou acollemento, tanto preadoptivo como permanente
Titulares:
1º O pai sempre que estea casado ou sexa parella de feito da nai ou teña recoñecida a garda do fillo-a por resolución xudicial (ditada en proceso de nulidade, separación ou divorcio antes da utilización do permiso)
2º No caso de adopción ou acollida preadoptiva ou permanente poderá ser distribuido entre o pai ou a nai de forma simultánea ou sucesiva en periodos ininterrompidos
3º No caso de matrimonio ou unións de feito de mulleres pode aproveitar deste permiso a que non sexa nai biolóxica.
Duración:
29 días naturais ou 35 se parto/adopción/acollida múltiple a aproveitar polo pai a partir da data de nacemento, da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción
Observacións:
Substitúen aos 3/5 ou máis días do Acordo de Concertación Social
Substitúe ao establecido na lei de igualdade galega
Permiso de lactación
Por lactación dun fillo menor de doce meses terá dereito a unha hora de ausencia do traballo que poderá dividir en dúas fraccións. Este dereito poderá substituírse por unha redución da xornada normal en media hora ao inicio e ao final da xornada ou, nunha hora ao inicio ou ao final da xornada, cunha mesma finalidade. Este dereito poderá ser exercido indistintamente por un ou outro dos proxenitores, no caso de que ambos traballen.
Igualmente a traballadora poderá solicitar a substitución do tempo de lactación por un permiso retribuído que acumule en xornadas completas o tempo correspondente.
Este permiso incrementarase proporcionalmente nos casos de parto múltiple.
Observacións:
Condicións de aproveitamento:
O beneficiario do dereito é o menor de 12 meses
Permiso sustitutivo: poderá sustituirse o tempo de lactación por un permiso retribuído que acumule en xornadas completas o tempo correspondente (4 semanas ininterrompidas), ou ben por crédito horario (150 horas)
Non necesariamente se esixe o aproveitamento acumulado ao permiso por parto/adopción/acollida, mais deberá aproveitarse durante o primeiro ano:
- de vida do acabado de nacer, ou
- contado dende a resolución xudicial ou administrativa de adopción ou acollida.Necesariamente durante o primeiro ano de vida no nacido ou durante o primeiro
Permiso para asistir e/ou acompañar a exames prenatais/técnicas de preparación ao parto / tratamentos de fecundación asistida
Titulares:
a traballadora embarazada para asistencia a exames prenatais e técnica de preparación ao parto
o/a traballador-a que se somete a tratamento de fecundación asistida
cónxuxe ou parella de feito acompañante a eses tratamentos ou a exames prenatais ou técnicas de preparación ao parto
Condicións de aproveitamento:
Polo tempo indispensable para a súa realización, en caso de desprazamento concederanse 2 días, entendéndose que existe o desprazamento sempre que sexa necesario -atendidas as circunstancias do caso concreto- pernoctar fóra do lugar de residencia.
Acreditación da realización no SNS e dentro da xornada de traballo
Aviso previo con 48h antelación, agás imposibilidade obxectiva.
Permiso por falecemento, accidente ou enfermidade grave de familiar
Por falecemento, accidente ou enfermidade grave dun familiar dentro do primeiro grado de consanguinidade ou afinidade, tres días hábiles cando o suceso se produza na mesma área, e cinco días hábiles cando sexa en distinta área.
Cando se trate do falecemento, accidente ou enfermidade grave dun familiar dentro do segundo grado de consanguinidade ou afinidade, o permiso será dous días hábiles cando se produza na mesma área e de catro días hábiles cando sexa en distinta área.
Permiso por accidente ou enfermidade moi grave
Feito causante:accidente ou enfermidade moi grave de:
conxuxe ou parella en análoga relación de afectividade
familiares de primeiro grao
acollidos/acollidas ou familiares conviventes
Duración:máximo de 30 días naturais por cada feito causante, que poderán aproveitarse nun único ou en diversos períodos.
Condicións de aproveitamento:
Este permiso concederase por unha súa vez ( con independencia do seu aproveitamento partido) é dicir, respecto dun mesmo proceso causante ?accidente ou enfermidade moi grave- e sen dar lugar a novos permisos por recaídas sucesivas ou procesos concomitantes inherentes ao proceso principal.
En todo caso, deberá persistir a necesidade
Permiso para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público ou persoal e por deberes relacionados coa conciliación da vida familiar e laboral
Deberase entender deberes directamente relacionados coa conciliación da vida familiar e laboral, e dada a crecente normación de permisos nesta materia tense que entender que deben limitarse a aqueles supostos que non respondan a feitos causantes que se poidan inscribir dentro doutros permisos.
Permiso para acompañar a revisións médicas
Feito causante: acompañar ás revisións médicas de
o Fillos e fillas
o Persoas maiores ao seu cargo
Duración: ausencia polo tempo necesario
Condicións de aproveitamento: aviso previo e xustificación da necesidade de realización dentro da xornada de traballo
Faltas de asistencia xustificadas por razón das violencia de xénero
Titular: a muller traballadora vítima de violencia de xénero
Duración: as faltas de asistencia, totais o parciais, terán a consideración de xustificadas polo tempo e nas condicións en que así o determinen os servizos sociais de atención ou de saúde segundo proceda..
Acreditación:
A regra xeral para acreditar a existencia da situación de violencia de xénero será a presentación da orde de protección a favor da vítima, e excepcionalmente o informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de que a demandante é vítima de violencia de xénero ate que se dite orde de protección
CADRO RESUMO REDUCIÓNS DE XORNADA
A) NON RETRIBUÍDAS
Redución por fillo prematuro/hospitalizado ao nacer
Titulares:
o A traballadora ou o traballador (de xeito excluínte, é dicir, se os dous traballan deberán decidir quen aproveita a redución, se ben, é certo que na maior parte dos supostos a nai estará aproveitando do permiso por parto, en todo caso nas súas seis primeiras semanas indispoñibles)
Condicións de aproveitamento:
o 2 horas diarias como máximo coa correspondente redución de retribucións.
o Esta redución é compatible co permiso xa sinalado máis arriba tamén de dúas horas de duración
Redución por garda legal
Suxeitos causantes:
o Menor de 12 anos sobre o que o titular ten garda legal e coidado directo
o Persoa maior que requira especial dedicación
o Persoa con discapacidade que non desenvolva actividade retribuída
o Familiar ata segundo grao que non se poda valer por si mesmo e non desempeñe actividade retribuída
Condicións de aproveitamento: redución 1/2 ou 1/3 da xornada de traballo coa correspondente redución de retribucións
Redución por causa de violencia de xénero
Titulares: as traballadoras vítimas de violencia sobre a muller
Duración: Non está determinada a porcentaxe de redución nin a súa duración (estremos pendentes de desenvolvemento)
Acreditación:
A regra xeral para acreditar a existencia da situación de violencia de xénero será a presentación da orde de protección a favor da vítima, e excepcionalmente o informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de que a demandante é vítima de violencia de xénero ate que se dite orde de protección
B) RETRIBUÍDAS (en realidade trátase de ausencias xustificadas)
Redución por lactación
Esta redución de xornada recóllese máis arriba como permiso de lactación.
Redución por fillo prematuro/hospitalizado ao nacer
Esta redución de 2 horas xornada recóllese máis arriba como permiso.
Redución por coidado de familiar de primeiro grao
Feito causante: enfermidade moi grave
Condicións de aproveitamento: redución de ata o 50% da xornada laboral
Duración: máximo dun mes, prorrogable ( de forma excepcional e ante a extrema gravidade da enfermidade) ata dous meses
De haber mais dun titular do dereito o tempo de redución poderase ratear de forma sucesiva entre eles
|
|
|
|
listados definitivos |
|
hoxe sairon os listados definitivos de:
ENFERMEIR@S
AUXILIAR DE ENFERMARIA
CELADOR
MATRONA
PINCHE |
|
|
|
parte de accidente laboral |
|
un caso "verídico", parte dun accidente laboral.
|
|
|
|
convocatoria de exames para especialidades de enfermaría |
|
xa temos falado anteriormente do blog enfergal, hoxe dandolle unha ollada vemos que publica un post sobre a convocatoria de exames para o acceso as especialidades de matrona e saude mental.
Como andamos un pouco vagos ou saturados de traballo?, copiamos e pegamos o mentado post, polo interese que poidera ter.
non deixedes de visitar o blog, que esta rapaza estao currando e moi ben. Parabens.
No Boletín Oficial do Estado de hoxe mércores, 19 de setembro de 2007, sae publicada a ORDEN SCO/2706/2007, de 12 de Setembro, pola que se convoca proba selectiva 2007, para o acceso no 2008 a plazas de formación das especialidades de Enfermería Obstétrico-Xinecolóxica (Matrona) e de Enfermaría de Saúde Mental.
Neste enlace, tedes a convocatoria.
As Delegacións provinciais onde podedes presentar as solicitudes, son as seguintes:
A Coruña: Delegación do Goberno-Área Sanidade. C/ Durán Lóriga, 3 - 5ª planta. 15003 A
Coruña.
Lugo: Subdelegación do Goberno- O. Información. C/ Armañá, 10. 27071 Lugo.
Ourense: Subdelegación do Goberno. Parque de San Lázaro, 1. 32071 Ourense.
Pontevedra: Subdelegación do Goberno. Praza de España, s/n. 36071 Pontevedra.
CALENDARIO DAS PROBAS SELECTIVAS 2007/2008
Prazo de presentación de solicitudes: 24setembro - 4 de outubro de 2007, ambos inclusive.
Exhibición de las relaciones provisionales de admitidos: A partir do día 7 de novembro de
2007.
Exhibición de las relaciones definitivas de admitidos: A partir do día 20 de decembro de 2007.
Data do exercicio: Sábado, día 19 de xaneiro de 2008. En Santiago de Compostela.
Exhibición das plantillas de respostas correctas: A partir do día 28 de xaneiro de 2008.
Prazo de reclamacións ás plantillas de respostas correctas: Días 29, 30 e 31 de xaneiro de 2008.
Reunión das Comisións Calificadoras para resolver as reclamacións presentadas:
Días 14 e 15 de febreiro de 2008.
Exhibición das relacións provisionais de resultados: A partir do día 21 de febreiro de
2008.
Exhibición das relacións definitivas de resultados: A partir do día 17 de marzo de 2008.
Actos de asignación de prazas: A partir dp día 3 de abril de 2008. Conforme ao calendario
que aprobará a Dirección Xeral de Recursos Humanos e Servizos Económico-
Presupuestarios.
Plazo posesorio para incorporación: Días 19 e 20 de maio de 2008, ambos inclusive.
Tasas de dereitos de exame: 20,30 ?
Méritos: Expediente académico, experiencia profesional.
En Galicia, ofértanse as dúas prazas de SM en Vigo, e só 12 das 13 prazas acreditadas para matrona. |
|
|
|
cronograma OPE SERGAS |
|
este é o novo cronograma pasado polo SERGAS:
fisioterapeuta, grupo administrativo, técnico de xestión e técnico especialista de sistemas e tecnoloxias da información, TAP, TEL, TER e técnico especialista en radioterapia:
NOTAS DEFINITIVAS:DOG 17-09-07
APERTURA DO CONCURSO: DOG 18-09-07
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE MÉRITOS: 19-09-07 - 19-10-07
ENFERMEIR@S, AUXILIAR DE ENFERMARIA, CELADOR, PINCHE E MATRONA:
NOTAS DEFINITIVAS: DOG 24-09-07
APERTURA DO CONCURSO: DOG 25-09-07
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE MÉRITOS: 26-09-07 - 26-10-07
EXAME DE GALEGO DE PSX, AUXILIAR ADMINISTRATIVO E COCIÑEIR@S:
PREVISIÓN 2ª QUINCENA DE OUTUBRO
SEGUNDO EXAME DOS GRUPOS A e B DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA E INSPECTORES FARMACÉUTICOS DE SAÚDE PÚBLICA PREVEISE PARA OUTUBRO NOVEMBRO.
FACULTATIVOS: DAS QUE HAI PLANTILLA DEFINITIVA PUBLICARANSE AS NOTAS PROVISIONAIS A MEDIADOS DA PRÓXIMA SEMANA; AS RESTANTES PUBLICARANSE A PLANTILLA E AS NOTAS NO MOMENTO EN QUE O TRIBUNAL RESOLBAN AS RECLAMACIOIS: O SERGAS PREVEI ABRIR A FASE DE CONCURSO PARA OS FACULTATIVOS NA SEGUNDA QUINCENA DE OUTUBRO.
 |
|
|
|
Universidade de Santiago : convocatoria prazas |
|
Convocatoria de procesos selectivos na de Compostela, para o ingreso nas seguintes categorias:
? Auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos, pola quenda de acceso libre. Prazas: 25, reservándose ó 5% para discapacitados.
? Auxiliar, quenda de acceso libre. Prazas: 30, reservándose ó 5% para discapacitados.
Prazo presentación solicitudes:
20 días naturais a partir da publicación do anuncio da convocatoria no Boletin Oficial do Estado (BOE)publicado hoxe.
|
|
|
|
CAMPAÑA PARA DERROGAR O PLUS DOS ALTOS CARGOS |
|
Aquí está a primeira das mobilizaciois para tentar derrogar o complemento de destino dos altos cargos da Administración, será unha manifestación de delegados/as o mércores 26 de Setembro de 2007, ás 11:30 horas, diante das dependencias do edificio administrativo de San Caetano (Santiago de Compostela).(evidentemente podese sumar quen quera e poida)
Dende a CIG non se descarta promover unha iniciativa lexislativa popular.
|
|
|
|
fase concurso varias categorias |
|
|
|
|
|
prazas de formación 2008 |
|
Prazas formación para Médicos, Farmacéuticos, Químicos, Biólogos, Bioquímicos, Psicólogos e Radiofísicos Hospitalarios
Prazas formación para Matronas e Enfermeiras Saúde Mental
cadro resume de prazas |
|
|
|
o pazo de meirás |
|
a xunta pretende declarar o pazo de meirás ben de interese cultural, mais se atopan co obstáculo dos descendendes de Franco, que a derradeira vez que lle foi requerida a sua apertura para que inspectores da Xunta viran o estado no que se atopa, alegaron que perderan as chaves.
no primeiro tubo o programa la noria de tele 5, fai unha reportaxe explicando como se levou a cabo a "doazón", por parte d@s galeg@s. no de abaixo un tubo "simpático" sobre o tema que atopamos no blog oquetencutenmedo.
|
|
|
|
reunión mesa Central de contrataciois |
|
O pasado venres houbo reunión no seo da Comisión Central de Seguimento do Pacto de Contrataciois. Algún dos asuntos abordados nela pola CIG, xa foron comentados neste blog a través das vosas preguntas, nalgún deles o SERGAS fai aclaraciois que cecais resulten de interese para vós.
a continuación algunhas das preguntas feitas por CIG-Saúde e as respostas do SERGAS:
Técnicos Dietética e Nutrición: privatización de servicios.
Comentan que non é un asunto deles, xa que son os centros os que marcan as necesidades, e que nesta categoría as expectativas que se abren de contratacións neste momento son pequenas pero que máis vale isto que nada.
(este tema das privatizaciois dos servizos terá que ter pronto unha resposta contundente por parte do persoal, para rematar co afán privatizador dalgúns Xerentes)
Vida Laboral certificados:
Todas aquelas persoas ás que lles varía a situación da vida laboral teñen que facer unha nova solicitude, marcando a casilla de autorización ao Sergas de que poidan solicitarlles dito certificado.
Ausencia de solicitudes:
Informan de que fixeron 90000 e de que serven as da sua páxina web ou unha copia da publicada no DOG, de todos modos van a intentar que a imprenta lles realice outra tirada.
Exclusión definitiva das listas ( CIG-Saúde entrega un escrito por rexistro e na propia Mesa denunciando que as exclusións definitivas das listas non poden ser unha condena eterna e que se terían que adaptar ás sancións por faltas graves e moi graves.
Insiste en que por faltas moi graves non van a admitir a ninguén e que teñen unha sentencia que lles dá a razón.
Imposibilidade de presentar certificado de servicios prestados da empresa privada pola sua desaparición
Que a xente aporte todo o que teña ( vida laboral, nóminas, contratos do inem?etc ) e que logo na comisión de baremación verase si se pode baremar ou non, dependerá do que as probas aportadas poidan demostrar.
Promoción Interna: xente que por 3 días non se pode presentar a estas listas.
A Lei do procedemento administrativo impide ampliar o prazo das convocatorias e ademáis en tódalas convocatorias anteriores a xente xa tivo que esperar á seguinte para poder anotarse por promoción interna.
Calefactores: Carné de Operador de Caldeiras. ( hai xente que non ten este carné e que o exame non é hasta novembro ) pedimos que se admitan nas listas a espera da proba.
O Sergas dí de admitilos pero condicionando que para traballar é un requisito e que si non o teñen non lles poderán ofertar ningunha contratación hasta que presentes dito carné.
con respecto ó tema plantexado de que o SERGAS publicite na sua web os chamamentos que se producen diariamente en tódalas áreas, según @s compañeir@s de CIG presentes na reunión, parece que non presentaron demasiado interese en que así fora, de tódolos xeitos non desistiremos do tema.
|
|
|
|
escrito enviado pola CIG ó SERGAS ante algunhas penalizaciois |
|
Penalizacións nas listas de contratacións temporais
Á vista das interpretacións que o Sergas ven dando aos supostos de exclusión definitiva de aspirantes ás listas de contratación temporal que traen causa na imposición de sancións logo da tramitación dun expediente disciplinario, CIG-Saúde quere deixar constancia da sua absoluta discrepancia no sentido que se explica a continuación.
En concreto, a nosa discrepancia alcanza á interpretación que se dá ao apartado 11.2.4 do vixente Pacto de Contratacións cando o Sergas convirte o concepto da exclusión definitiva das listas en exclusión vitalicia das mesmas. Entendemos que tal interpretación é abusiva, desproporcionada e non axustada a dereito pois si a medida da exclusión ten como causa e ven asociada á incoación dun expediente e á imposición dunha determinada sanción disciplinaria, non pode nos seus efectos ir máis alá do réxime aplicable á sanción a que ven anudada. Non debera xa ir máis alá da duración temporal da sanción mesma, pero moito menos se entende que se quera levar máis alá do periodo establecido para a caducidade das sancións.
O apartado 11.2.4 (como o resto dos apartados do 11.2) non recolle de forma expresa nin habilita siquera para adoptar unha medida de exclusión de por vida das listas de contratacións, e tampouco pode loxicamente quedar ao marxe dunha interpretación á luz das reglas xerais do resto do ordenamento.
Por elo pedimos do Sergas e da Comisión Central do Pacto de Contratacións a publicación dunha interpretación expresa deste apartado 11.2.4 no sentido de que as medidas de exclusión definitiva das listas se entenden aplicables nos mesmos ou equivalentes periodos temporais aplicables ao réxime disciplinario do persoal para a prescrición das faltas e a caducidade das sancións de que traian causa.
En Santiago, a 14 de setembro de 2007 |
|
|
|
|
|
|
|
|