CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

Carcamáns
"Carcamáns", do director Marcos Nine, tenta transmitir, coas imaxes e os testimonios dos afectados pola marea negra do Prestige, a épica e o valor que os mariñeiros da illa de Arousa demostraron nos tres días cruciales da crisis, aqueles días nos que loitaron coas suas propias mans para extraer o fuel do mar.



flocos.tv
Comentarios (0) - Categoría: curtas - Publicado o 28-08-2009 13:14
Queres comentar ou preguntar algo?
Mesa Sectorial
O SERGAS convoca unha reunión de mesa sectorial o vindeiro 4 de setembro ás 12.00h. co seguinte orde do día:


1. Gripe A: Información situación actual e plans de resposta.

2. Xestión eficiente da actividade cirúrxica e diagnóstica dos centros.

3. Plan de traballo da Mesa Sectorial.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 28-08-2009 11:14
Queres comentar ou preguntar algo?
monforte: a nova dirección toma posesión e vanse de vacaciois
fonte: avantar

A CIG amosa publicamente o seu desacordo cos métodos de traballo dos novos responsábeis do Hospital comarcal de Monforte

Sen reunións até o momento e marchan de vacacións xusto despois de tomar posesión dos seus cargos

A CIG fixo público o seu desacordo "polas formas e métodos de traballo" que veñen apuntando os novos responsábeis do hospital comarcal de Monforte. A central sindical nacionalista informou de que non mantivo con estes novos xerentes nin unha só reunión e denuncia que o xerente e a dirección de enfermeria marcharan de vacación nada máis tomar posesión dos seus cargos.

"Non entendemos as prisas para nomealos para que, en realidade marcharan de vacacións", anotan desde a CIG. Asi, manifesta a súa "enorme sorpresa" polo feito de que o novo xerente e a nova directora de enfermería "marcharan de vacacións antes de tomar contacto coa realidad asistencial que teñen que xestionar".

Necesidade de coñecer o centro

Nese sentido, para esta central sindical o prioritario debería ter sido coñecer a problemática do centro sanitario, "tanto na súa vertente interna como externa".

A presenza do novo xerente á fronte do hospital sería importante nestes momentos "para resolver as carencias do servizo de admisión, xa que ten dúas prazas sen cubrir".

A solución de Sanidade, engade, "foi mandar un médico de Lugo a días alternos para tentar resolver os problemas de moi difícil solución".

Situación de desgoberno

A CIG, por último, remata subliñando que o hospital de Monforte vive unha situación de "desgobeerno" da que saen perxudicados especialmente "os e as administrativas, que están sobrecargadas de traballo e facendo funcións que non son da súa competencia, e os e as usuarias, que non ven resoltos os seus problemas".
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 26-08-2009 01:02
Queres comentar ou preguntar algo?
A política e a fe segundo Pilar Farjas
fonte: vieiros

Este venres a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, explicará aos asistentes á Semana de Teoloxía e Pastoral da Coruña como se vive o compromiso político desde a fe. A súa comunicación forma parte do programa da semana que organiza a Fundación Hogar de Santa Margarita, desde o xoves 27 ao domingo 30 de agosto.

O tema central das xornadas é o do profetismo. Ademais da intervención da conselleira, no programa figuran conferencias como ?A profecía na Igrexa ao longo do tempo?, ?Dimensión profética da Igrexa? ou ?Militancia cristiá e compromiso sociopolítico?.

Pilar Farjas está a dar mostras nos seus primeiros meses como conselleira dunha gran afinidade cos postulados da xerarquía eclesiástica en relación a temas vinculados á súa área, como o aborto e os métodos anticonceptivos. En maio o secretario xeral do PSdeG, Manuel Vázquez criticouna por participar nun acto de homenaxe en Madrid ao Arcebispo Antonio María Rouco Varela.

Medidas regresivas

A titular de Sanidade manifestou nos seus primeiros meses á fronte da Consellaría a súa oposición ao anteproxecto de Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva e Interrupción Voluntaria do Embarazo que promove o goberno español, sinalando que "adoece de transparencia ou calidade democrática" e de "criterio xurídico o médico". Tamén declarou que "onde debe radicar a verdadeira liberdade da muller é en poder sacar adiante un embarazo". Farjas asinou o primeiro convenio da Xunta coa Universidade Pontificia de Salamanca e avogou por subir ata os 18 anos a idade mínima para consumir alcol.

O Sergas deixou de promover o parto natural alegando que a alta demanda dispararía o prezo do servizo, e anunciou a necesidade da receita médica para conseguir a pílula poscoital, a chamada ?do día despois?. Ao mesmo tempo, o PPdeG impulsa no Parlamento unha Iniciativa Lexislativa Popular promovida polo grupo antiabortista ?Red Madre? que propón dotar con cargos públicos a unha rede asistencial para mulleres embarazadas xestionada por ese grupo.
Comentarios (0) - Categoría: acoplamentos Internos HCV - Publicado o 25-08-2009 15:00
Queres comentar ou preguntar algo?
aclaraciois sobre LDs
Estannos a entrar moitas preguntas sobre o disfrute de LDs por parte do persoal eventual, polo que entendemos que cecais cumpra aclarar o disfrute neste concepto.
Os permisos por LD veñen regulados no acordo de concertación social no seu punto 4.

O punto 4.1 dí textualmente:

O persoal incluído no ámbito de aplicación deste acordo terá dereito a desfrutar 9 días ó ano de permiso retribuído por asuntos propios, cando a prestación de servicios abarque os doce meses do ano natural. Nos supostos de que a prestación de servicios sexa inferior, os días de libre disposición calcularanse de xeito proporcional, a razón de 1 día por cada período de 40 días naturais de servicio ininterrompido, redondeándose por exceso a fracción que se puidera producir.

Isto quere decir que ten dereito todo o persoal que traballe durante todo o ano ou parte del para o SERGAS e que corresponde 1 LD por cada 40 dias calculándose por exceso (unha persoa que teña 41 dias de traballo ten dereito a 2 LDs).
Pero coidado, isto non significa que conleve reducción de xornada que tamén ben definida no Acordo de Concertación e marca un determinado número de horas a realizar en base ós días de contrato e de noites, no acordo tedes fórmulas para o cálculo da xornada que vos corresponde na que xa van deducidas as vacaciois e os LDs é decir o resultado daravos as horas efectivas a realizar (os días de asuntos propios ?enfermidade dun familiar, fallecemento, etc,? compútanse como xornada realizada).
Alguna vez temos visto que se lle plantexa ó persoal que non pidan LDs posto que a xornada que realizan xa se axusta á establecida, é opción do persoal aceptar isto sen mais ou exercer o seu dereito de disfrutar os LDs que lle coresponda cando lle interese a él e non á Xerencia de turno.
Comentarios (0) - Categoría: normativa xeral - Publicado o 25-08-2009 13:24
Queres comentar ou preguntar algo?
sobre os rumores de retraso da OPE
Postos en contacto hoxe co Sergas, e ante os rumores de atraso na OPE, por mor da Gripe A, informannos de que eles a día de hoxe seguen a traballar coas datas de exame que van dende o primeiro fin de semana de outubro hasta mediados de novembro. Polo tanto calquera outra previsión nestes momentos non deixan de ser rumores.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 25-08-2009 12:37
Queres comentar ou preguntar algo?
2010: toca conxelación
Parece ser que o 2010 vai tocar conxelación a todo o persoal da administración pública; é curioso ver como múltiples medios de comunicación que puxeron a voz no ceo cando se falou de reterlle mais as rentas mais altas (mais de 60.000? ó ano) agora aplaudirían a conxelacón de soldos dos funcionarios, ( compre lembrar que moitos deles non chegan ós 1000? mensuais).

Ó governo da Xunta faltoulle tempo para aplaudir a medida; deixamos abaixo a noticia recollida en vieiros.


A Xunta non descarta conxelar o salario dos funcionarios en 2010

Logo de que se filtrase que o goberno español valora aplicar esta medida, a conselleira de Traballo recoñeceu que estaría xustificada polo actual contexto económico.

As reaccións non paran dende que o diario madrileño El País publicase este sábado que o executivo estatal quere conxelar o salario de todos os seus funcionarios en 2010. No noso país, a conselleira de Traballo, Beatriz Mato, sinalou que ve razonábel unha decisión deste tipo debido ao contexto de crise económica. Aínda que Mato non quixo falar abertamente da conxelación dos soldos públicos en Galiza, si que que subliñou que o Goberno traballa en ?políticas de austeridade? e sabe da ?soliedariedade dos traballadores da Administración pública?.

Tamén esta mesma mañá o ministro de Fomento, Xosé Blanco, deixou máis aberta a posibilidade. En declaracións a Europa Press, e preguntado polas informacións anteriores, Blanco avogou por ?niveis de contención? nos salarios dos funcionarios de cara 2010, aínda que matizou que iso non debería significar ?unha perda de poder adquisitivo?.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 24-08-2009 14:52
Queres comentar ou preguntar algo?
represión sindical en POVISA
Concentración diante de Povisa pola readmisión da membro do Comité de Empresa e da CIG, Consuelo Martínez

Traballadoras e traballadores do hospital, compañeiros e compañeiras da CIG arrouparon á enfermeira

Traballadoras e traballadores do Hospital Povisa de Vigo e compañeiros e compañeiras das distintas federacións da CIG da comarca de Vigo concentráronse o xoves 20 de agosto desde as tres da tarde e até as tres e media diante deste centro sanitario para protestar contra o despedimento e reclamar a readmisión da enfermeira Consuelo Martínez, delegada da CIG, a membro do comité de empresa e quen exerceu de portavoz do comité de folga no paro mantido polo persoal no mes de maio. Mobilizáronse deste xeito contra a represión sindical e pola liberdade neste centro de traballo.

Ao longo de máis de trinta minutos que durou esta mobilización diante do hospital Povisa o berro máis escoitado foi o de "liberdade sindical". E é que estamos diante dun caso de represión sindical, onde a protagonista é parte do Comité de empresa, que foi despedida no período vacacional da maioría do persoal de Povisa, no mes de xullo, e asi o explica a protagonista: "Povisa pretende acabar co movemento sindical na empresa. Este despido ten como obxectivo enviar unha mensaxe ao resto das traballadoras e traballadores do centro hospitalario: que ninguén se atreva a mobilizarse. Anuncia ademais que se recorrerá á man dura como resposta a calquera conflito". Con esta contundencia informa Consuelo Martínez das razóns do seu despedimento como enfermeira de Povisa.

Solidariedade con Chelo

"Chelo somos todos/as" foi outra das consignas lanzadas nesta concentración e dirixida á dirección de Povisa, para que "saiba que a nosa compañeira ten todo o noso apoio e que continuaremos non só con estas concentracións, senón que cando volva o persoal das vacacións as mobilizacións serán máis contudentes", sinalaban traballadoras deste centro médico na mobilización.

Xuizo probábel a principios de outubro

Martínez, pola súa banda, xa presentou a demanda correspondente na asesoría da CIG para reclamar a readmisión dno seu posto de traballo, e agarda que o xuízo se celebre a finais de setembro ou principios de outubro.

As mobilizacións no mes de agosto continuarán todos os xoves ás 15 da tarde con concentracións diante do hospital Povisa.

fonte: avantar
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 22-08-2009 21:57
Queres comentar ou preguntar algo?
Segadores, Xulio Nogueira, 2003
Documental que recupera as vivencias e a vida cotiá dos valdeorreses que ían segar a Castela e á Rioxa nos anos cuarenta e cincuenta. En paralelo ás entrevistas cos protagonistas reconstrúense escenas da sega tradicional, rodadas nos seus escenarios naturais.



flocos.tv
Comentarios (0) - Categoría: curtas - Publicado o 21-08-2009 14:06
Queres comentar ou preguntar algo?
A TDT deixará O Bierzo sen televisión en galego
A TDT deixará O Bierzo sen televisión en galego

O colectivo cultural Fala Ceibe solicita o acordo entre Xunta de Galicia e Junta de Castilla y León para facilitar a recepción do sinal da canle pública galega.

Unha reclamación que se inscribe no propio deber da Junta de Castilla y León de apoiar a lingua galega, que tal e como recolle o Estatuto desa comunidade autónoma, estabelece que "gozará de respecto e protección da lingua galega nos lugares nos que habitualmente se utilice". Citan tamén a obriga legal de "non discriminación e respecto da diversidade dos distintos colectivos étnicos, culturais e relixiosos presentes en Castela e León", en "referencia implícita á minoría lingüística galego-berciana.

Xa que logo, para a asociación Fala Ceibe é fundamental para a protección e fomento do idioma galego na comarca que os veciños poidan recibir a canle audiovisual pública de Galiza. Lembran que a situación actual, coa inminencia da desaparición da televisión analóxica, impedirá ver as emisións da Galega no Bierzo. "Até o de agora puidemos fozar do único medio de comunicación televisivo que serviu para fomentar e prestixiar o noso idioma propio", subliñan, destacando o éxito de programas como o Xabarín entre os cativos ou o Luar entre os maiores, ademais do amplo seguimento dos telexornais e os partidos de fútbol.

Fala Ceibe propón que Xunta e Junta asinen un convenio de colaboración para que o sinal da TVG dixital se poida ver no Bierzo despois do apagamento tecnolóxico. Recordan que o real decreto en elaboración para a televisión dixital terrestre fai posíbel isto a través do chamado "terceiro múltiplex". Con todo, esa posibilidade esixe necesariamente do acordo entre as administracións implicadas para o regulamento das emisións e o mantemento das instalacións necesarias. Advirten desde o colectivo de que acordos deste tipo xa foron impulsados en Cataluña e Valencia (para a visión compartida de TV3 e Canal 9) ou en Euskadi e Nafarroa (coa ETB).

fonte: vieiros
Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 21-08-2009 12:31
Queres comentar ou preguntar algo?
cidade da cultura
Xan Carlos Ansia: ?O Audi de Touriño vale o mesmo que catro baldosas da Cidade da Cultura?

?O bipartito tivo complexos á hora de parar o Gaiás cando o PP nunca os ten e agora tira con todo o deles?, asegura o portavoz da plataforma "Cultura si; Mausoleo non"

Dende hai uns anos, as posturas contrarias tanto á construción como aos usos dados á Cidade da Cultura teñen o seu principal altofalante na plataforma ?Cultura si; Mausoleo non?, da que Xan Carlos Ansia é o seu voceiro.

A Cidade da Cultura ou a polémica de nunca acabar?

Semella que non acaba nunca pero nós estamos onde sempre. Seguimos denunciando o proxecto, ese despilfarro sen xustificación que o PP ideou e o bipartito non se atreveu ben a paralizar ou ben a redefinir para reconvertelo en algo coherente e así continuamos, co mamotreto dando gastos, feito un burato sen fondo que vai a peor. Cada vez enterámonos de máis cousas e poucas positivas. Cada vez é máis evidente o que nós pensamos respecto a que certas actuacións deberían ter algunha repercusión legal. Un proxecto xa de por si caro pero que custaba 100 millóns de euros agora conta cun presuposto que ascende a 500. Isto á forza ten que ser constitutivo de delito.

O proxecto do Gaiás foi unha mala idea de partida ou estivo mal xestionada e iso converteuna no problema que agora semella que é?

Foi unha mala idea de partida, innecesaria posto que nin os galegos nin os composteláns tiñamos esa prioridade, hai outras necesidades culturais en Galicia, hai unha rede social escasa, castros abandonados, igrexas románicas deixadas á súa sorte, ese é o patrimonio que deberíamos poñer en valor en vez de erguer un mamotreto sen sentido. Se as autoridades queren fomentar a cultura aí teñen o patrimonio abandonado, en cada vila todos coñecemos algo que merece a pena coidar, en Compostela mesmo contamos con algún castelo sen escavar. O patrimonio leva anos aí, hai que poñelo en valor, cuidalo e conservalo, esa é a necesidade cultural básica.

O proxecto naceu dun Goberno popular pero curiosamente quen tirou réditos políticos dos problemas da Cidade da Cultura foi o PP.

Nós dixemos que bipartito foi covarde cando gobernou por non tirar abaixo o proxecto, o PP non ten eses complexos para tirar todo o deles abaixo, eólicas, galescolas... A nosa iniciativa cidadá naceu cando chegan aqueles dos que esperamos o contrario do PP pero continúan coa súa obra. O PP cometeu un pecado orixinal, pero os outros participaron del. Houbo unha comisión, unha denuncia xudicial da que saberemos cando interese politicamente, non cando ten que ser porque dentro de 20 anos de nada valerá xulgar a Fraga ou a Pérez Varela. É agora cando queremos saber que se fai cos cartos, que foi desas fundacións, para que serviron aqueles comités de sabios que custaron cartos pero semella que para pouco máis achegaron. E outras cousas, iso que dixeron de facer un teleférico, logo a pinacoteca... todo isto é inxustificable. Semella que os políticos perderon o sentido común. Pensar que só o manteñemento vai custar 60 millóns de euros anuais é moi forte.

Pero os responsables do proxecto foron os que se beneficiaron das súas críticas...

Eu persoalmente levo no nacionalismo dende os quince anos, pero o Bloque abandonou unha das liñas basicas polas que chegou á Xunta. Eu creo que o bipartito perdeu por facer en certos ámbitos o mesmo que os anteriores... algúns votantes sentímonos defraudados. Agora, xa se verá como o BNG tarda ben pouco en volver a posicionarse en contra da Cidade da Cultura.

É viable falar agora de poñer fin ás obras, que xa están algo avanzadas?

Hai dous edificios sen iniciar...ós dicimos que por que pecharse en que sexan para pinacotecas ou non sei que? hai edificios en Santiago que naceron para unha cousa e agora son outra: igrexas que funcionan como museos ou facultades, o mesmo Parlamento foi antes un hospital... porque hai que obstinarse co Palacio da Ópera ou tal museo? hai que aproveitalo o mellor posible, incluso agora para que se vexa como está, non se pode nin ver, nin os xubilados poden disfrutar destas obras, o Gaiás leva nove anos na clandestinidade. E non valen demagoxias agora coa austeridade, porque o famoso Audi de Touriño vale o mesmo que catro baldosas destas que van poñer alí.

E unha cuestión que afecta a toda Galicia, a máis cidades que a Compostela?

Compete a toda Galicia. En Ourense ou en Vigo hai edificios históricos no centro que caen a cachos. Non pode ir todo o orzamento da Consellería de Cultura nun só proxecto nin se poden afundir cartos no Porto exterior da Coruña ou no Gaiás e que logo non haxa mascarillas para a Gripe A.

fonte: xornal.com
Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 21-08-2009 12:26
Queres comentar ou preguntar algo?
Gregorio Marañón
Remítennos un correo que pasamos a publicar polo seu interese para o persoal da sanidade pública, xunto a él chega un adxunto que é un esrito remitido á dirección do gregorio marañón por parte do persoal de enfermaria (enfermeir@s e auxiliares), que podedes descargar picando no vínculo.

Ante o terrible suceso acaecido no Hospital Gregorio Marañón, só quédanos o acompañar no sentimento ao pai do neno falecido e recordar a todos que nun Estado Democrático e de Dereito
non se presupón a culpabilidade a ninguén sen probas.
Sábenos moi mal que o Sr. Xerente, D. Antonio Barba, en rolda de prensa, convértase en xuíz e parte contra unha enfermeira, que din cometeu un erro.
E se é así, Quen ten a culpa? Os títulos xeneralistas que dan as Universidades? A falta da aplicación da Lei de Especialidades para Enfermería? Os políticos de quenda que non
saben gerenciar a Sanidade Madrileña ? Os Xerentes e Directores que non defenden nos seus contratos de Xestión a falta no capítulo 1 para cubrir as necesidades reais de Recursos Humanos dos Centros Sanitarios? Os Mandos intermedios que deixan sos aos recentemente terminados en postos de traballo que a súa condición de Xeneralistas (iso din do título) non lles permite?

Respeto para a profesional que nestes momentos está pasando o peor momento da súa vida, e que unha investigación de luz ao sucedido, incluídos aspectos ergonómicos e psicosociais.

O noso respeto ao pai do neno, ao que acompañamos na súa intensa dor, e que este luctuoso acontecemento non se converta en moeda de cambio política.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 19-08-2009 11:25
Queres comentar ou preguntar algo?
Sempre Xonxa en Petín
Documental realizado no marco dun obradoiro, cos rapaces e rapazas de Petín, como homenaxe ao director Chano Piñeiro, no 10 aniversario do seu pasamento. Conta a experiencia vivida polos veciños de Petín que participaron no filme, combinada con imaxes da película, espazos da rodaxe e testemuñas diversas de persoas implicadas na produción. Tamén participan Uxía Blanco, Manolo González e Mari Luz Montes.
Director:Ignacio Vilar

para velo en alta resolucion na páxina de flocos, preme aquí.

podes acceder a ver a película sempre xonxa da que trata este documental.

Comentarios (0) - Categoría: curtas - Publicado o 18-08-2009 12:50
Queres comentar ou preguntar algo?
solicitude convocatoria de mesa para negociación carreira
COMUNICADO DE PRENSA CO ROGO DA SÚA PUBLICACIÓN.

As organizacións sindicais CCOO, CESM, CSIF, SAE, UGT e CIG-SAÚDE queren denunciar perante a opinión pública a actitude que mantén a Consellaría de Sanidade negando o dereito que teñen os profesionais do sistema sanitario galego ao
recoñecemento profesional.

O Servizo Galego de Saúde é o único servizo de saúde que non ten desenvolvido o réxime ordinario de carreira profesional das/os súas/seus traballadoras/os. O argumento esgrimido é que o actual goberno non pode asumir o custo desta carreira, e de presentar algún texto este sería mais regresivo que o texto presentado pólo anterior goberno e rexeitado pólas organizacións sindicais.

É lamentable que non saibamos cal vai ser a proposta que sobre carreira ordinaria ten pensado presentar o actual equipo da Consellaría de Sanidade. Pero todo parece apuntar que a política de ?Xestión de Aforro?, anunciada tantas veces, na sanidade pública preténdese facer en base a impedir que unha parte das/os traballadoras/es do SERGAS teña dereito a unha carreira profesional ?DIGNA? en consonancia co modelo de carreira extraordinaria dos seus compañeiros e do resto de carreiras negociadas e xa implantadas nos servizos de saúde das CCAA.

Estaba aceptado por todas as partes que compoñen a Mesa Sectorial que a diferenza entre o réxime de carreira extra e o réxime de carreira ordinaria estaría baseado no sistema de avaliación; e non nun sistema de anos e trabas que dificulten que todos as/os profesionais teñan dereito a un recoñecemento do seu desenvolvemento profesional. Esixir si, pagar tamén.

Por todo isto, as organizacións sindicais CCOO, CESM, CSIF, SAE,UGT e CIG-SAÚDE, solicitamos da Consellaría de Sanidade que convoque a Mesa Sectorial para seguir avanzando na negociación do réxime ordinario de carreira: acceso, requisitos...

A dita reunión deberá producirse na 1ª semana do mes de setembro. De non acontecer isto, veriámonos na obriga de retomar as mobilizacións adiadas no seu dia, para darlle un marxe de tempo ao novo goberno.

É responsabilidade da Sra. Conselleira evitar un clima de conflictividade dentro da sanidade pública, recoñecendo o dereito ao desenvolvemento profesional das/dos traballadoras/es.

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2009.
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 17-08-2009 10:44
Queres comentar ou preguntar algo?
novo disco de Os Cuchufellos
Os Cuchufellos, grupo de Manzaneda, concello que pertence á nosa área de saúde, veñen de sacar un novo disco, de nome "Achegaivos Feligreses".

Para comprender cabalmente a musica dos Cuchufellos, a sua técnica compositiva e o seu tono estetico-sentimental, advertirvos que seleccionaron os rasgos proprios das tradicións occitanas de "conditione rusticorum" combinandoas coas cadencias habituais do galego de "arrecendo campesino".

Velaqui as ligazóns dos Cuchufellos, onde poderedes mercar este novo disco.

Web dos Cuchufellos.

Páxina dos Cuchufellos en Myspace.

Nestoutro sitio poderedes escoitar algúns dos temas que compoñen este novo traballo:

Cuchufellos en last.fm

Ou tamén podedes ver este video que vos deixamos aqui:



Por certo, por se queredes velos en directo, o seu próximos concertos o 22 de agosto no Festival do Castro (Ferreira de Pantón) e o día 29 de agosto no Castelo de Cornatel, aqui ao lado no Bierzo.
Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 16-08-2009 10:11
Queres comentar ou preguntar algo?
Tricicle, SIT
Comentarios (0) - Categoría: tou q m parto - Publicado o 15-08-2009 17:43
Queres comentar ou preguntar algo?
Comentarios (0) - Categoría: carrabouxos - Publicado o 14-08-2009 01:32
Queres comentar ou preguntar algo?
cantiga pra unha antroidada
Revisando os clásicos: Fuxan os Ventos - Cantiga pra unha antroidada. Lástima que siga tan en vigor!

Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 13-08-2009 12:17
Queres comentar ou preguntar algo?
carta á Conselleira
Velaqui a carta que CIG-Saúde, de man da súa Secretaria Nacional, Mª Xosé Abuin, acaba de remitirlle á Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas:

Pilar Farjas Abadía.
Conselleira de Sanidade.

A sanidade pública é un dos piares básicos do sistema de benestar; sendo obriga do goberno crear un clima sanitario que transmita seguridade e confianza á poboación asistida e aos profesionais que nela desenvolven o seu traballo.

Como ben sendo práctica habitual, desde a súa toma de posesión, as organizacións sindicais e o conxunto da poboación somos informados mediante titulares de prensa da política sanitaria que este goberno vai aplicar; cun afán claro de desmantelar o sistema sanitario vixente, pero sen ter ningún proxecto de xestión que mellore a eficacia e eficiencia do sistema sanitario.
Como vostede é coñecedora, no ano 2008 aprobouse na Mesa Sectorial de Sanidade un documento de ?Redefinición do Complemento Específico?, que contaba co apoio da nosa organización sindical. O dito documento recolle: ?Fomentar a dedicación exclusiva ao servizo público mediante o dialogo cós profesionais?. Dialogo até o de agora inexistente.
A redefinición do complemento específico debe ter, como unha das súas características, a de poñer tempo de traballo de facultativos a disposición do sistema sanitario público. Este novo tempo de traballo, sobre todo en moitas das especialidades nas que hai déficit de profesionais, é imprescindible para poder atender as cada vez maiores demandas da poboación e a unhas listas de espera claramente excesivas. Paralelamente tamén debe permitir incrementar o tempo útil de actividade de moitas infraestruturas e recursos técnicos hoxe infrautilizadas na sanidade pública. Isto debe significar gañar horas de actividade asistenciais, pero tamén docente e investigadora.
A política sanitaria que vostede pon en practica dista moito de mellorar o actual sistema sanitario, desmantela a actividade en quenda de tarde sen ningunha alternativa nin para os profesionais nin para a poboación.
Desde a CIG-SAÚDE somos conscientes de que hai que mellorar a xestión sanitaria, substituíndo o actual sistema de peonadas por traballo estrutural en quenda de tarde. Pero non podemos admitir que se elimine toda actividade en quenda de tarde sen ter unha alternativa real implantada no sistema sanitario público.
Non sabemos cal vai ser a solución que vai dar a Consellaría de Sanidade á supresión de máis dun 20% de actividade que se realiza en quenda de tarde; non é aceptable que a solución pase por seguer engrosando as listas de espera ou fomentando a concertación con centros privados.
Ante esta situación, que nós consideramos moi preocupante pola repercusión asistencial que ten e o efecto negativo sobre a poboación, unha vez máis reiteramos a necesidade de convocar á Mesa Sectorial de Sanidade para abordar con rigor e seriedade o programa de traballo de tarde nos centros sanitarios do Servizo Galego de Saúde.
Agardando de Vde. convoque a Mesa Sectorial.
Atentamente.

Compostela, 11 de agosto de 2009.
Asdo: Mª Xosé Abuín Alvarez.
Secretaria Nacional de CIG-SAÚDE.


Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 11-08-2009 13:57
Queres comentar ou preguntar algo?
Luis Nogueira revalida o título de campión mundial
O noso compañeiro Luis Nogueira ven de revalidar en Lathi (Finlandia) o título de campión mundial de lanzamento de xabalina na categoría M50 cunha marca de 67.69 m.

Parabéns ao noso campión, haberá que recibilo como se merece cando volva, e haberá que repetir esta foto (que lle fixemos o ano pasado para esta entrevista), esta vez coas dúas medallas.



PARABÉNS, LUIS!!!



Deixámosvos aqui varias ligazóns á noticia:

ClubAdas O Barco

Federación Galega de Atletismo

La opinión A Coruña

E aqui deixámosvos unha ligazón aos resultados d@s atletas galeg@s no campionato.
Comentarios (0) - Categoría: traballadores "ilustres" da área do barco - Publicado o 11-08-2009 10:23
Queres comentar ou preguntar algo?
1 [2]
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0