|
|
|
|
OPE 2008: prazas de facultativo |
|
estas son as pras de FEAs que se van a convocar para a próxima OPE.
MEDICO/A DE FAMILIA______________________602
ODONTÓLOGO/A ATENCIÓN PRIMARIA__________24
PEDIATRA ATENCIÓN PRIMARIA_______________25
FARMACÉUTICO/A ATENCIÓN PRIMARIA_________ 3
MEDICO/A COORDINADOR/A 061_______________2
ALERGOLOXÍA______________________________3
ANÁLISES CLÍNICAS_________________________4
ANATOMÍA PATOLÓXICA______________________5
ANESTESIOLOXÍA E REANIMACIÓN_____________36
ANXIOLOXÍA E CIRURXIÁ VASCULAR____________1
APARELLO DIXESTIVO_______________________4
CARDIOLOXÍA_____________________________12
CIRURXIÁ CARDIOVASCULAR__________________1
CIRURXIÁ ORAL E MAXILOFACIAL_______________2
CIRURXÍA ORTOPÉDICA E TRAUMATOLOXÍA______23
CIRURXÍA PEDIÁTRICA________________________1
CIRURXÍA PLÁSTICA, ESTÉTICA E REPARADORA____2
CIRURXIÁ TORÁCICA_________________________3
CIRURXÍA XERAL E DO APARELLO DIXESTIVO_____16
DERMATOLOXÍA MÉDICO-CIRURXICA E VENER._____2
ENDOCRINOLOXÍA E NUTRICIÓN_________________3
FARMACIA HOSPITALARIA______________________5
HEMATOLOXÍA E HEMOTERAPIA_________________5
MEDICINA DO TRABALLO______________________3
MEDICINA FÍSICA E REHABILITACIÓN_____________5
MEDICINA INTENSIVA_________________________9
MEDICINA INTERNA__________________________25
MEDICINA PREVENTIVA E SAÚDE PÚBLICA_________1
MÉDICO/A URXENCIAS HOSPITALARIAS__________43
MICROBIOLOXÍA E PARASITOLOXÍA______________3
NEFROLOXÍA________________________________4
NEUROFISIOLOXÍA CLÍNICA____________________3
NEUROLOXÍA_______________________________12
OBSTETRICIA E XINECOLOXÍA_________________20
OFTALMOLOXÍA____________________________16
ONCOLOXÍA MÉDICA_________________________6
ONCOLOXÍA RADIOTERAPICA__________________1
OTORRINOLARINGOLOXÍA_____________________7
PEDIATRÍA E AS SÚAS AREAS ESPECIFICAS______18
PNEUMOLOXÍA______________________________3
PSICOLOXÍA CLÍNICA_________________________4
PSIQUIATRÍA_______________________________14
RADIODIAGNÓSTICO_________________________11
RADIOFÍSICA HOSPITALARIA___________________2
REUMATOLOXÍA_____________________________4
UROLOXÍA__________________________________3
XERIATRÍA__________________________________1
TOTAL 1002 |
|
|
|
resolucións do Consello da Xunta |
|
O Consello da Xunta de onte aprobou as seguintes resolucións:
1º Aprobación do decreto polo que se regula a receita electrónica. (noticia en La Región)
2º Aprobación da Oferta de Emprego Público para licenciados sanitarios, con 1.002 prazas. (noticia en Galicia Hoxe)
3º Aprobación da integración do Medtec no Servizo Galego de Saúde, creando a nova empresa pública Galaria. (noticia en Faro de Vigo)
A noticia en La Voz. |
|
|
|
instruccións SERGAS vinculacións temporais FEAS |
|
LISTAXES DE VINCULACIÓNS TEMPORAIS DE FACULTATIVOS ESPECIALISTAS DE ÁREA
De conformidade co establecido nos acordos adoptados no seo da Comisión de seguimento do Plan de provisión de facultativos especialistas de área das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, publicados por Resolución desta División do 26 de maio de 2008 (D.O.G. Nº 109, do 6 de xuño), elaboráronse as listaxes, por provincia e especialidade, de vinculacións temporais de facultativos especialistas de área.
As listaxes entraron en vigor o día 23 de xullo de 2008, debendo ser utilizadas para calquera vinculación requerida polos nosos centros.
De conformidade co establecido nos devanditos acordos e segundo as nosas instruccións do 22 de xullo de 2008, estas listaxes terían carácter provisional en tanto non rematara o período ordinario de toma de posesión da OPE e do concurso de traslados.
Tendo en conta que esta División ten concedidas prórrogas do prazo de incorporación como consecuencia das situacións ou permisos derivados da normativa sobre igualdade ou conciliación da vida familiar e laboral, nas devanditas instruccións, estableceuse que ata que non se incorporasen todos os adxudicatarios de ambos os dous procesos, as listaxes non serían definitivas de tal xeito que non poderían ser ofertados vínculos estables (no senso establecido no parágrafo terceiro da norma 7.3 do pacto de selección temporal do SERGAS) ata que as listaxes foran definitivas.
Poren o anterior e aínda que existe algún adxudicatario que non se ten incorporado efectivamente ao posto de traballo, convén establecer o carácter definitivo das listaxes para que os centros poidan cubrir, con vínculos estables, as necesidades asistenciais que se produzan.
Por elo, a partires do día 1 de setembro de 2008 as listaxes de vinculacións temporais da facultativos especialistas de área terán carácter definitivo e poderán realizarse, o seu amparo, os vínculos estables que sexan necesarios, previos os trámites e autorizacións que procedan.
Una vez estean vinculados todos os aspirantes das devanditas listaxes o procedemento para a vinculación temporal de facultativos será o establecido no decreto 206/2005, do 22 de xullo.
Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2008
|
|
|
|
The End |
|
Coñece un dos primeiros traballos de Carlos Alberto Alonso, rodado no ano 1996 e estreado no ano 2000 en salas comerciais http://www.asmuxicas.com/theend.htm . Con exteriores do xa desaparecido Cine Goya da Coruña, "The End" combina o terror psicolóxico cunha abondosa dose de humor negro.
Guión orixinal de Jose Luis Ducid
|
|
|
|
señora carmen |
|
Deixámosvos un par de vídeos da Señora Carmen. No primeiro explícannos quén é esta muller, que a bon seguro vos lembrará a algunha avoa desas que dan ganas de apertar e bicar. O segundo vídeo é o dunha das cancións do seu disco "Na flor dos meus anos". Esperamos que vos gusten:
|
|
|
|
Festival do Castro en Pantón |
|
Animamos a xente de todo o país e de fora a que disfruten con nós deste espectáculo e facemos un chamamento especial á xente moza, e a que non o é tanto, das terras de Lemos e de toda a Ribeira Sacra a que enchan de contido este espazo de cultura popular. Queremos que o Festival sexa un apoio máis a que na nosa comarca xurdan novas iniciativas culturais e sociais que dinamicen a vida da nosa mocidade e da nosa xente en xeral. Non temos a exclusividade deste tipo de iniciativas, nen a queremos. Buscamos prender a mecha. Como dicimos na introducción do programa: se Teruel existe por que non iamos existir nós tamén! Vémonos no Castro!
Asi animan desde a Asociación Cultural O Castro a toda a xente a participar no Festival do Castro, que terá lugar esta fin de semana en Ferreira de Pantón. Nós tamén nos sumamos a esa convocatoria, o programa non pode ser mellor:
SÁBADO 23 DE AGOSTO:
11:00h. - Pasarrúas:
Gaiteiros de Samoeiro
Treboada Baixo Minho
11:00h. - Final do I Tornero de birlos
11:30h. - Feira de artesanía
14:30h. - Xantar Popular
16:30h. - Café-concerto:
Festicultores Troupe
18:30h. - Teatro e Circo:
Luscofusco Cabaret
Fredi Circanelo
22:00h. - Concerto presentado por Sobre Rodas:
Festicultores
Quempallou
Loretta Martin
Lamatumba
Tonhito de Poi e a Rasa Loba
|
|
|
|
publicada resolución listas de contratación |
|
Publícase hoxe a resolución pola que se lle dá publicidade ás listas provisorias de contratación e ábrese o prazo para presentar reclamacións, que é, como xa sabíamos, do 1 ao 11 de setembro.
Podedes ver a resolución aqui.
Para aquelas e aqueles de vós que botástedes a solicitude para varias categorías, debedes neste mesmo prazo optar por unha delas. Pegámosvos aqui o parágrafo da resolución onde di como facelo:
Así mesmo, de conformidade co establecido no penúltimo parágrafo da disposición segunda da Resolución do 28 de xuño de 2007, aquelas persoas aspirantes que consonte a dita disposición puideron, con carácter excepcional e transitorio, inscribirse para vinculacións temporais en varias das categorías incompatibles desta convocatoria deberán, dentro do dito prazo de presentación de reclamacións do 1 ao 11 de setembro de 2008, formalizar expresamente a súa opción por unha única categoría de entre as incompatibles, a través de escrito dirixido á dirección provincial do Servizo Galego de Saúde que corresponda coa provincia da área de xestión solicitada (ou escrito dirixido á División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde, nas categorías de ámbito autonómico).
Ante a ausencia de elección expresa formalizada no devandito prazo, a persoa aspirante será adscrita de oficio a unha única categoría, que será a que resulte da aplicación dos criterios establecidos na norma xeral 5.5.1 do pacto de selección temporal.
Para quen non coñeza o pacto, a norma xeral 5.5.1 di o seguinte:
"...A citada exclusión acordarase baixo os seguintes criterios:
...De detectarse duplicidade en categorías incompatibles entre si, optarase por manter ó interesado no listado da categoría en que figurase na anterior convocatoria, deixando sen efectividade a solicitude respecto da outra.
De non figurar nos listados da última convocatoria optarase polo sinalado polo interesado en último lugar."
|
|
|
|
xa hai gañadores do Apologhit 08 |
|
Este sábado anunciouse a decisión do xurado do Apologhit 08, cos gañadores da edición deste ano. Tamén soubemos cal foi o grupo favorito segundo o público.
Aqui volos presentamos. Os gañadores de Apologhit 08 após da decisión do xurado son Boy Elliott and The Plastic Bags coa canción "Planeta19". Os nosos parabéns, sobre todo sabendo que un dos seus compoñentes é orixinario do Barco. Este grupo será o representante galego no eurofestival de linguas minorizadas Liet-Lavlut en Laponia.
E aqui os gañadores do premio do público. Skandalo GZ e o seu "Licor café". |
|
|
|
RELACION POSTOS DE TRABALLO DA CONSELLERIA DO MEDIO RURAL |
|
RELACION POSTOS DE TRABALLO DA CONSELLERIA DO MEDIO RURAL
Enlaces abaixo, por se a alguén lle resulta de interese.
|
|
|
|
17 de agosto, día da Galiza Mártir |
|
Extraido de Avantar, voceiro da Confederación Intersindical Galega:
17 de agosto, Día da Galiza Mártir
A ?Fundación Alexandre Bóveda? fai pública a convocatoria dos actos que organiza con motivo do Día da Galiza Mártir, nos que se quere render tributo ás vítimas galegas da represión, personificadas en grande medida na figura de Alexandre Bóveda por canto representa un sinal de identidade propio e inequívoco do que significou o descabezamento dun pobo que empezaba a dar os seus primeiros pasos polo camiño do seu autogoberno.
A Fundación Alexandre Bóveda quere nesta data lembrar as diferentes dimensións do que representa o día da Galiza Mártir con diversos actos a celebrar en Pontevedra durante todo o día 17. Quere lembrar as consecuencias institucionais para Galiza que tivo o golpe militar nun momento de recente aprobación en referendo do seu estatuto, a crueldade con que foron masacrados os galegos e galegas demócratas de diferentes ideoloxías pero de conviccións antifascistas e, por último, o que representou Alexandre Bóveda desde o punto de vista humano, intelectual e político e a vixencia dos seus proxectos e ideas no momento actual. Para isto a Fundación Alexandre Bóveda presenta o seguinte programa de actos:
? 13:00 h. HOMENAXE INSTITUCIONAL A ALEXANDRE BÓVEDA.
o No monumento a Alexandre Bóveda na Caeira en Poio. Intervirán:
-Anxo Quintana (Vicepresidente da Xunta de Galiza)
-Luciano Sobral (Alcalde de Poio)
-Fernando Quintela (Presidente da Fundación Alexandre Bóveda)
- Xosé Luís Bóveda (Vicepresidente da Fundación A. Bóveda e fillo de A. Bóveda)
? 14:00 h. XANTAR DE ENTREGA DO III PREMIO DIA DE GALIZA MARTIR Á RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA A TERESA ALVAJAR
o No Pazo de Cultura, Rúa Alexandre Bóveda, Pontevedra.
? 18:30 H. CERIMONIA DE ANIVERSARIO NA CAPELA DE SAN AMARO (PONTEVEDRA)
? 19:00 H. ACTO CÍVICO DIANTE DO SARTEGO DE A. BÓVEDA
o No Cemiterio de San Amaro (Pontevedra)
- Cesáreo Sánchez (Presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega)
? 20:30 H. LEMBRANZA POLÍTICA NO MONUMENTO A ALEXANDRE BÓVEDA
o Na Praza de Curros Enríquez diante do monumento a Bóveda (Pontevedra)
- Bieito Lobeira (Deputado e coordinador do grupo parlamentar do BNG)
- Miguel A. Lores (Alcalde de Pontevedra)
|
|
|
|
contratación: chamamentos |
|
informanos a responsable da nosa Central que unha vez posta en contacto co SERGAS estes respostan que xa diron instrucciois para empregar os listados provisorios para facer as contrataciois en caso de esgotamento de listas.
parece ser que nas direcciois provinciais alegan que non teñen o aplicativo para usalas, cousa que desminten no SERGAS, hoxe voltaron a mandarlles as instrucciois e as instrucciois do novo aplicativo.
polo tanto, AS DIRECCIOIS PROVINCIAIS TEÑEN QUE UTILIZAR AS LISTAS PROVISORIAS EN CASO DE ESGOTAMENTO DAS VIXENTES.
dende CIG-Saúde Barco aconsellamos a todo o persoal que esté arriba nas listas provisorias, que en caso de que se producira algún contrato na sua área de saúde que fose adxudicado por criterio de idade ou expediente académico, dende o dia seguinte á publicación das listas provisorias, presenten unha reclamación solicitando a mesa que sexa revocado ese contrato e lles sexa adxudicado.
esperamos que as direcciois provinciais cumpran dunha vez por todas as instrucciois que lles foron remitidas dende o SERGAS. |
|
|
|
A CONTA ATRAS |
|
PRESENTACIÓN DA NOVELA GRÁFICA 'A CONTA ATRÁS'
Volve o Prestige: agora en banda deseñada
A obra, de Sergi San Julián e Carlos Portela e prologada por Manuel Rivas, preséntase este mércores na Coruña.
Transcorreu un ano desde a marea negra. Otero, conselleiro do goberno autonómico, presenta aos medios de comunicación unha campaña propagandística que anuncia a limpeza total das praias e a recuperación do sector pesqueiro. A campaña é, en realidade, un exercicio de manipulación informativa no que interveñen políticos e xornalistas... Así comeza A Conta Atrás, unha novela gráfica inspirada no desastre do Prestige, editada en galego e castelán por Faktoría K.
A novela emprega o flash-back como mecanismo narrativo, de xeito que vai afondando nos acontementos pasados, cos que o lector vai construíndo e explicando o momento presente co que se abre o libro, "esta estrutura serve para a análise de causas dos comportamentos humanos". A Conta Atrás ten dúas partes, a segunda das cales presentarase aínda nuns meses, mantendo até aquel momento a incerteza da historia. Estará listo no 2009, para o Salón do cómic de Barcelona, ou se non para a vindeira edición de Viñetas desde o Atlántico. Segue, pois o vieiros aberto por novelas gráficas de éxito mundial, como Maus ou Persépolis, dividias en varios volumes, rompendo a tiranía das 48 páxinas, herdeira da escaseza de papel durante a II Guerra Mundial.
O libro vén apadriñado por Manuel Rivas, que escribiu o prólogo e estará presente na presentación, e ademais inclúe unha entrevista ao guionista e ao ilustrador realizada por Álvaro Pons, crítico especializado en cómic. A presentación da novela terá lugar este mércores, 13 de agosto, ás sete e media da tarde, na Fundación Caixa Galicia, na Coruña, dentro dos actos de Viñetas desde o Atlántico. Segundo Carlos Portela, guionista do libro, "trátase dunha historia sobre como se perciben as cousas e como as cousas cambian segundo o punto de vista". Interesoulle tratar a catástrofe porque nese tipo de situacións, cando colles varias persoas nunha situación límite, "ves a parte máis animal do ser humano, a parte máis heroica e a máis mesquiña".
O guionista do libro, Carlos Portela, é subdirector do Salón de Cómic da Coruña e analista de banda deseñada desde 1983, data na que fundou o fanzine Interlinea. Entre as súas obras destaca a segunda etapa de Gorka, onde colaborou con Sergi San Julián. San Julián, pola súa banda, está considerado un dos mellores expoñentes actuais da ilustración de cómic, e dende 2004 a súa traxectoria artística está ligada ao mercado francés. É creador de personaxes como Gorka e debuxante da colección Fanhunter. Así mesmo, traballou para diversos xornais e revistas realizando tiras políticas. Ademais da colaboración en Gorka, Portela e San Julián coincidiron no colectivo H2oil, no que numerosos creadores de banda deseñada realizaron obras sobre a catástrofe do Prestige.
noticia extraida de vieiros |
|
|
|
moncho reboiras |
|
artigo extraido de galizacig do ano 2002
O 12 de agosto de 1975 en Ferrol segábase dun xeito noxento e tráxico a vida dun mozo nacionalista que arelaba unha Galiza ceibe das gazoupas do franquismo. Moncho Reboiras Noia foi asasinado pola policía no numero 27 da rúa da Terra, despois de percorrer máis de 250 metros por tellados e rúas procurando fuxir do cerco sobre a casa na que vivía. Ao día seguinte dicía un veciño ás preguntas dun xornalista ?ouvin tres rafagas de metralleta sobre as tres e cuarto da mañá...?.
Reboiras tivo un papel salientábel nos primeiros pasos do que se chamou a ?Fronte Obreira da Unión do Povo Galego? e deulle pulo en distintos pontos de Galiza ás ?Unións de Traballadores? (os xérmolos sindicais). Era unha persoa animosa, traballador infatigábel, que puña toda a súa vida a disposición do traballo político e social. Nunha publicación realizada co gallo do 2º aniversario da súa morte dicíase:
?Moncho foi un rapaz, como tantos outros do noso povo, que na loita cotián sempre firme, foise entregando intensamente á tarefa de afundirse cada día máis coas masas, de estender o marxismo-leninismo como única posibilidade de entender a Revolución Galega e de derrotar ao imperialismo colonialista e de ir construíndo os instrumentos políticos necesarios pra levar adiante a Liberación Nacional e Social de Galiza e a conquista do socialismo...?.
E engade, agora xa sobre a persoalidade de Moncho.
?Xosé Ramón Reboiras Noia naceu o 19 de xaneiro de 1950 en Imo, concello de Dodro nunha familia labrega que como tantas outras da nosa Patria tivo que se trasladar á cidade en percura de mellores condicións de vida. En Vigo e mentres o pai traballaba embarcado, Moncho estudaba bacharelato e atendía o bar que a súa familia puxera cos seus aforros, cun breve período de traballo como pinche na construcción cando tiña 15 anos...?. Titularíase na Escola de Enxeñería Técnica. Fai un cursiño de especialización en Barreras, onde perde a beca pola súa participación nos sucesos de 1972, e posteriormente traballa nunha auxiliar en Astano, en Ferrol, e en Intelsa na Coruña.
A primeira reunión da Fronte Obreira da UPG faríase na primaveira de 1973 en Ponte Vea, na estrada que une Santiago de Compostela e a vila de A Estrada. Participaron menos dunha ducia de persoas, a maioría de Vigo (varios da Citroën) e de A Coruña. Entre estes últimos o mesmo Reboiras que daquela vivía e traballaba en A Coruña como electricista.
A primeira reunión da Fronte Obreira da UPG faríase na primaveira de 1973 en Ponte Vea, na estrada que une Santiago de Compostela e a vila de A Estrada. Participaron menos dunha ducia de persoas, a maioría de Vigo (varios da Citroën) e de A Coruña. Entre estes últimos o mesmo Reboiras que daquela vivía e traballaba en A Coruña como electricista.
A Fronte Obreira fora engrosada a aquela altura coa integración na UPG de Galicia Socialista, unha organización política con base principalmente entre os traballadores da Citroën en Vigo, e con algúns cadros de Organización Obreira, unha escisión do Partido Comunista. Aínda que a maioría destes últimos, fuxidos e algún detido despois da represión da folga xeral de setembro de 1972 en Vigo, incorporaríanse nos anos 1974 e 1975 a medida que foron saíndo de prisión (como Anxo García Méndez) ou retornando do exilio.
Estes ?xermolos? colleron distintos nomes, segundo o boletín que lles servía para darse a coñecer, como: Adiante en Vigo, Xerme en Coruña, Obradoiro en Compostela, etc. No ano 1975 darían lugar ao nacemento da Unión de Traballadores do Ensino de Galiza (UTEG) e ao Sindicato Obreiro Galego.
Andando o tempo, e servindo esta estructura como eixo do nacente sindicalismo galego, chegariamos ao que hoxe é a Confederación Intersindical Galega. Nesta angueira houbo integracións, unificacións e fusións. En 1977 fundouse a Intersindical Nacional Galega (ING), en 1980 a unificación coa Central de Traballadores Galegos (CTG) daría orixe á Intersindical Nacional de Traballadores Galegos (INTG), en 1982 a fusión coa Confederación Sindical Galega (CSG) consolidaría definitivamente ao sindicalismo nacionalista. A esta converxencia de forzas e arelas, nas que cada sindicato aportou militancia e experiencia, sumáronse varios sindicatos de sector: transporte, hostalería, sanidade, alimentación...
A seguinte é unha estrofa dun poema adicado a este mozo, nacionalista exemplar, militante sobranceiro.
Onte foi Vigo, Compostela e o Ferrol,
ferro, libro e martelo,
estudantes e obreiros,
a forza liberadora de tanta porcallada,
de tanto irracionalismo
de tanto medo
que nos deron unha espranza azul
e limpa como o seu ollar,
como as súas maus traballadoras
das que naceu a palabra
galega e popular que aínda
sementa liberdade nos camiños.
|
|
|
|
instrucciois do SERGAS sobre incorporación e ceses |
|
Como teñen surxido varias preguntas sobre a forma de incorporación nos servizos e o cese de persoal a causa da OPE, deixámosvos as instrucciois de RR.HH. do SERGAS sobre este asunto.
Lembrade que aparte destas instrucciois, o capítulo V do decreto de provisión é o que regula os criterios de incorporación e cesamento do persoal.
INSTRUCCIÓNS DA DIVISIÓN DE RECURSOS HUMANOS E DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE EN RELACIÓN COA INCORPORACIÓN E CESAMENTO DE PERSOAL COMO CONSECUENCIA DOS CONCURSOS DE TRASLADOS E OS PROCESOS SELECTIVOS.
Co fin de acadar un tratamento uniforme nas incorporacións e cesamentos do persoal que se deban producir nos centros de xestión do organismo como consecuencia da resolución dos procesos de mobilidade voluntaria (concurso de traslados) e dos procesos selectivos, así como de clarexar outros efectos derivados dos mesmos, este centro directivo, partindo do establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, considera necesario ditar as presentes
I N S T R U C I Ó N S
1.- CONCURSO DE TRASLADOS:
A.- PRAZOS DE CESAMENTO DO PERSOAL DXUDICATARIO :
Primeiro.- Co fin de coordinar os cesamentos en todos os centros de xestión, o centro de orixe cesará, de oficio, ao persoal que tendo participado no concurso obtivera destino noutro centro o último día hábil do prazo establecido para o cesamento.
Segundo.- En relación co persoal que participou no concurso desde a situación de excedencia por coidado de familiares ou calquera outra situación administrativa que lle dea dereito á reserva de praza e obtivo novo destino, en ningún caso permitirase que se incorpore o seu centro de orixe, debendo este expedir unha dilixencia na que se faga constar a perda do dereito de reserva (non procede o seu cesamento xa que o interesado non está en situación de activo). Dita dilixencia, que deberá ser expedida igualmente o último día hábil do prazo de cesamento, será remitida ao centro de destino con carácter inmediato. Nesa mesma data procederase ao cesamento do substituto, no caso de que o houbese.
Terceiro.- Cando deba cesarse a un adxudicatario, que por encontrarse en comisión de servizos noutro centro teña un substituto na súa praza de orixe, o cesamento do substituto producirase o mesmo día en que deba cesar o titular da praza.
Cuarto.- No suposto de que o interesado se encontre disfrutando de permiso, licenza, vacacións, incapacidade temporal ou maternidade o cesamento deberá quedar diferido ata que o interesado se incorpore á súa praza de orixe. Ao día seguinte da incorporación o centro formalizará o seu cesamento e enviará a baixa ao centro de destino. Nesa mesma data cesará o substituto, no caso de que o houbese.
Quinto.- Non obstante o anterior, a División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, por necesidades do servizo debidamente acreditadas, e previo informe dos centros afectados, poderá ampliar o prazo de cesamento ata un máximo de tres meses.
B.- PRAZOS DE TOMA DE POSESIÓN DO PERSOAL ADXUDICATARIO:
Primeiro.- A toma de posesión da nova praza deberá efectuarse, a opción do interesado, dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel no que se formalizou o cesamento se as prazas son da mesma área de saúde, no prazo de quince días hábiles se as prazas son de distinta área de saúde, ou no prazo dun mes se a praza desempeñada corresponde a outro servizo de saúde.
Non obstante o anterior, a alta no centro de xestión de destino terá efectos administrativos do día seguinte ó do cesamento, se ben para os efectos económicos deberá terse en conta o establecido no apartado D segundo destas instrucións.
Segundo.- Non disporán de prazo posesorio algún aqueles adxudicatarios do concurso que xa viñesen ocupando praza no mesmo centro de destino en virtude de comisión de servizos ou reingreso provisional.
Terceiro.- En relación co persoal en comisión de servizos os prazos posesorios entenderanse sempre referidos á praza efectivamente desempeñada con independencia do centro no que teña a praza en propiedade.
Cuarto.- Cando o adxudicatario da praza desexe manterse na situación administrativa que lle dea dereito a reserva de praza (excedencia por coidado de familiares, servizos especiais, etc), deberá manifestalo no momento da toma de posesión no centro de xestión de destino. Debe terse en conta que a pesar de estar na citada situación administrativa e aínda que pretenda manterse nela, a súa participación no concurso de traslados obrígalle a cumprimentar os trámites administrativos derivados do mesmo, e en concreto, a tomar posesión, dentro do prazo dun mes, da praza obtida no concurso, o que necesariamente non implica a súa incorporación efectiva ó desempeño da mesma.
Igualmente, nese intre, deberá solicitar á Dirección Provincial respectiva ou á División de Recursos Humanos, segundo corresponda, a declaración da situación administrativa correspondente, que ditará a resolución con efectos desa mesma data e nas condicións e cos límites legalmente establecidos.
Neste suposto, no que o interesado solicita continuar na situación administrativa que lle dea dereito á reserva de praza, o centro de xestión de destino, con efectos do día seguinte a aquel no que o centro de xestión de orixe expedira a dilixencia de perda do dereito de reserva, procederá a darlle de alta aos efectos administrativos.
A incorporación efectiva do interesado á praza determinará, de ser necesario, a aplicación dos criterios de cesamento.
Quinto.- No caso de que a adxudicación da praza supoña o reingreso ó servizo activo, o prazo de toma de posesión será dun mes (obviamente non retribuído).
Sexto.- Se así o permiten as necesidades do servizo, e a pedimento do interesado, o prazo de toma de posesión poderá ser prorrogado pola División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional.
C.- CRITERIOS DE INCORPORACIÓN E CESAMENTO:
Primeiro.- Tal e como se realizou nos anteriores procesos procesos selectivos e de provisión e seguindo as instrucións desta División do 11 de novembro de 2005, en relación cos cesamentos que deban de producirse no ámbito da atención primaria, e tendo en conta que as prazas deste nivel asistencial foron ofertadas por centro, o cesamento igualmente deberá realizarse por centro.
Segundo.- O persoal en situación de reingreso provisional que, debendo participar no concurso de traslados, non obteña praza nel deberá ser cesado, sempre que sexa necesario, xa que de conformidade co establecido no artigo 38 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, a praza terá a consideración de vacante. O cesamento deste persoal producirase coa efectiva incorporación á praza do adxudicatario da mesma. No caso de que existan vacantes suficientes no centro para permitir a incorporación de todo o persoal propietario, non se producirá o cesamento daquel.
O persoal en situación de reingreso provisional que non cumpriu coa súa obriga de participar no concurso de traslados, con independencia de que a praza que ocupa fose ou non adxudicada no concurso, deberá ser declarado na situación de excedencia voluntaria pola respectiva Dirección Provincial con efectos do día seguinte ó que se publique no D.O.G. a resolución pola que se abren os prazos posesorios do concurso de traslados. Por tal motivo o centro de orixe procederá a expedir a dilixencia de cesamento con efectos do primeiro día hábil de prazo de cese e comunicar tal incidencia, de xeito inmediato, á Dirección Provincial respectiva.
O persoal que o seu reingreso lle foi concedido con posterioridade a data de publicación da convocatoria do concurso de traslados, e que polo tanto non acadou praza no mesmo, non debe ser cesado, sempre que exista praza vacante.
D.- OUTROS EFECTOS DERIVADOS DO CONCURSO :
Primeiro.- Os destinos adxudicados son irrenunciables polo que, cando un concursante non tome posesión da praza adxudicada no prazo establecido ou, no seu caso, no da prórroga concedida, estarase ó disposto no apartado 5º do artigo 30 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo.
Neste suposto, o centro de xestión de destino, de xeito inmediato, procederá a comunicar tal incidencia á Dirección Provincial correspondente ós efectos oportunos.
Segundo.- Excepto cando a resolución do concurso implique o reingreso ó servizo activo (incluída a excedencia por coidado de familiares), o prazo de toma de posesión e, no seu caso, o da prórroga, será retribuído, percibíndose os correspondentes haberes con arrello ás normas establecidas na orde pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas de persoal ó servizo da Administración Autonómica.
- Con carácter singular para o proceso de cesamentos e tomas de posesión derivados da resolución do concurso de traslados citado, o aboamento de salarios correspondentes ó prazo posesorio do persoal que se traslada con orixe e destino en institucións sanitarias dependentes do Servizo Galego de Saúde axustarase ó establecido na devandita orde para tal suposto.
De acordo co anterior, o centro de orixe aboará os haberes do persoal adxudicatario ata o último día do mes do cesamento. Nesa mesma data procederá a formalizar a súa baixa tanto na Seguridade Social coma na nómina remitindo a correspondente certificación de haberes o centro de destino. Na citada certificación incluirase a liquidación da parte proporcional da paga extra e deberá igualmente reseñarse se disfrutou dalgún permiso, vacacións, días de libre disposición ou calquera outra consideración que se entenda necesaria.
- Con respecto ó persoal que en virtude da resolución do citado concurso de traslados obteña praza nunha institución sanitaria do Servizo Galego de Saúde proveniente dunha institución sanitaria allea a este organismo, as remuneracións correspondentes ao prazo posesorio faranse efectivas integramente polo centro de destino, con referencia e efectos económicos do día seguinte do cesamento na institución de orixe.
Terceiro.- Os centros de orixe deberán remitir ós centros de destino copia cotexada dos documentos que obren no expediente dos interesados que poidan ter relevancia administrativa.
2.- CONCURSO-OPOSICIÓN :
Primeiro.- Para a incorporación do persoal de novo ingreso que superou o concurso-oposición deberán seguirse os mesmos criterios de incorporación e cesamento establecidos no apartado C primeiro do punto 1º destas instrucións.
Segundo.- O prazo para a toma de posesión deste persoal será dun mes (non retribuído) a contar desde ó día seguinte o da publicación no D.O.G. da resolución pola que se abra o prazo posesorio.
Non obstante o anterior, en casos de forza maior, e a instancia do interesado, o órgano convocante poderá prorrogar o citado prazo.
Non poderán tomar posesión da praza as persoas que se atopen en situación de incapacidade temporal nin en incapacidade permanente, posto que a toma de posesión implica a efectiva incorporación o desempeño da praza.
Non obstante o anterior, e para o caso concreto da maternidade, e de conformidade cos pronunciamentos xurisprudenciais máis recentes, o centro de xestión , con efectos do primeiro día hábil do prazo de toma de posesión, deberá expedir dilixencia de toma de posesión, aos únicos efectos administrativos.
Terceiro.- O persoal que viña prestando servizos con anterioridade a toma de posesión da praza adxudicada como consecuencia do concurso-oposición, deberá cesar no correspondente centro, a lo menos, o día anterior ó da dita toma de posesión. Neste suposto o centro de orixe deberá efectuar, con cargo ós seus respectivos orzamentos, as correspondentes liquidacións de haberes, nas que se incluirá a parte proporcional da paga extra así como das vacacións nos termos nos que proceda.
Cuarto.- Respecto ao persoal que teña superado o proceso selectivo en varias categorías, unicamente poderá tomar posesión nunha delas (aquela que desexe o interesado). No mesmo acto de toma de posesión o interesado deberá solicitar á Dirección Provincial correspondente a declaración de excedencia voluntaria por prestar servizos no sector público na outra categoría, acompañando á solicitude unha copia da dilixencia de toma de posesión. A Dirección Provincial ditará a correspondente resolución con efectos da data na que tomou posesión da praza da categoría pola que optou.
O persoal que teña superado o proceso selectivo nunha categoría que preste servizos temporais noutra categoría estatutaria distinta ou como persoal laboral temporal ou funcionario interino, xa sexa na mesma ou distinta categoría, poderá solicitar a declaración de excedencia voluntaria por prestar servizos no sector público na categoría na que aprobou.
Para a declaración de calquera outra excedencia ou situación administrativa estarase ás instrucións desta División do 30 de setembro de 2005.
Quinto.- O persoal propietario que pola superación deste concurso-oposición acade nomeamento en propiedade noutra categoría distinta, poderá optar, dentro do prazo de toma de posesión, por ser declarado unha delas en excedencia voluntaria por prestar servizos no sector público.
De acordo coas instrucións desta División do 30 de setembro de 2005, a excedencia voluntaria por prestar servizos no sector público autorizarase tanto se o persoal fixo presta servizos noutra categoría estatutaria, xa sexa como persoal fixo xa sexa como persoal temporal, como se presta servizos baixo outro réxime xurídico distinto ao estatutario (laboral ou funcionario), xa sexa como persoal fixo ou como persoal temporal.
Para a declaración de calquera outra excedencia ou situación administrativa estarase ás instrucións desta División do 30 de setembro de 2005.
Sexto.- Por último, respecto ó persoal que se encontre desfrutando dunha excedencia por coidado de familiares concedida con anterioridade a superación deste proceso selectivo, e pretenda manterse nesta situación ó tomar posesión da súa praza en propiedade, deberá solicitar a Dirección Provincial correspondente a declaración dunha nova excedencia nas condicións e nos límites legalmente previstos.
3.- UBICACIÓN DO PERSOAL NAS UNIDADES OU SERVICIOS ORGANIZATIVOS:
Primeiro.- A ubicación do novo persoal nas unidades ou servicios organizativos dos centros de destino, tanto os adxudicatarios do concurso de traslados como os aprobados no concurso-oposición, poderá ter carácter provisional, a lo menos ata que se esgoten os distintos prazos posesorios, con respecto ós regulamentos internos de organización do traballo dos distintos centros así como, no seu caso, ós acordos acadados cos órganos de representación do persoal correspondentes.
Segundo.- Os centros de xestión, no seo da Comisión de Centro, poderán promover os procedementos para a ubicación deste persoal atendendo a criterios obxectivos e co estricto respecto as funcións propias de cada categoría.
Terceiro.- Os profesionais que se atopen prestando servizos no centro continuarán provisionalmente prestando servizos no mesmo posto que viñan desempeñando.
Cando non teña que procederse ao cesamento de persoal temporal a regra xeral para a ubicación provisional será a elección de destino pola orde de puntuación no concurso de traslados ou no proceso selectivo, segundo corresponda, polo que os centros deberán citar a todo o persoal que debe tomar posesión no mesmo, para que elixan pola devandita orde.
Cuarto.- Nas Xerencias de Atención Primaria, ó terse ofertadas as prazas por localidade, centro e quenda a incorporación producirase no centro e quenda adxudicada ao interesado. Cando existan varios postos de traballo no mesmo centro e quenda, os interesados elixirán pola orde de puntuación no concurso de traslados ou do proceso selectivo, segundo corresponda.
4.- OUTRAS NORMAS EN RELACIÓN COS CESAMENTOS DO PERSOAL TEMPORAL:
Primeiro.- En relación coa situación do persoal temporal substituto dun titular con dereito a reserva de praza, de producirse a perda dese dereito de reserva do titular por mor do proceso selectivo, aplicaranse as Instrucións de 22 de setembro de 2000 sobre xestión das listas de vinculacións temporais.
Xa que logo:
1º.- O persoal temporal substituto cesará no nomeamento que viña desenvolvendo no momento en que o titular substituído perda o dereito á reserva da súa praza, praza que, polo tanto, pasará a ser vacante para os efectos da incorporación do persoal propietario como consecuencia do concurso de traslados ou da OPE.
2º.- Ao persoal temporal substituto que cese por aplicación do punto anterior, de ter sido chamado no seu momento para unha vinculación de longa duración (nomeamentos de duración igual ou superior a un ano), pola súa orde de preferencia nas listas vixentes naquel intre, corresponderalle o nomeamento de interinidade na devandita praza vacante de conformidade coas mencionadas instrucións de 22 de setembro de 2000.
3º.- Unha vez vinculados como interinos en vacante serán tidos en conta para os ceses de acordo co disposto no artigo 39 do Decreto 206/2005, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.
Segundo.- Polo que se refire ao cesamento do persoal temporal de categorías nas que non existen listaxes vixentes de aspirantes á vinculacións temporais, segundo o artigo 39.2 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, o cesamento producirase por orde crecente de menor a maior antigüidade na praza desempeñada, debendo entenderse por praza desempeñada, no suposto de existir varios nomeamentos sucesivos, como sinónimo de vinculacións desempeñadas polo mesmo profesional sen solución de continuidade, na mesma especialidade e centro e realizando, xa que logo, a mesma actividade, por teren eses nomeamentos concatenados a súa orixe na idéntica causa da vinculación inicial.
Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2008
O DIRECTOR XERAL DA DIVISIÓN DE RECURSOS HUMANOS E DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL
Asdo.: Antonio José Fernández Paniagua.
|
|
|
|
publicada baremación definitiva DUE |
|
Hoxe por fin sae en DOG a resolución que publica a baremación definitiva de DUE, asi como o listado de seleccionad@s.
Podedes consultar aqui a resolución e aqui o pdf coas listas.
Agora ábrese o prazo dun mes, a partir de mañá, para que presentedes fotocopia compulsada da titulación esixida. No caso de promoción interna, tamén certificado de ser propietario da praza anterior. E no caso de acceder pola quenda de discapacidade, documentación que o acredite.
Noraboa ás/aos seleccionadas/os. |
|
|
|
a lingua na sanidade galega |
|
Noticia extraida de Vieiros:
"Desolador" escenario para a lingua no sistema sanitario
Bieito Lobeira (BNG) propón o respecto ao galego na atención sanitaria e que o coñecemento da lingua teña carácter eliminatorio nas futuras ofertas públicas de emprego.
Os nacionalistas reclaman a posta en marcha dun Plano de Formación Lingüística para os sanitarios, nunha proposición non de lei que veñen de presentar no Parlamento. O obxectivo é afondar no respecto aos dereitos dos pacientes a expresarse na súa lingua ao tempo que avanzar na mellora da calidade do noso sistema sanitario. Isto é así porque o grupo de idade que acode de xeito máis frecuente ao médico é o dos maiores de 65 anos, un colectivo que emprega sempre ou habitualmente o galego no 91% dos casos.
Plano de Formación Lingüística
Bieito Lobeira aposta pola elaboración dunha normativa que garanta os dereitos lingüísticos dos pacientes e que estableza unhas obrigas para o persoal sanitario, así como que estableza cláusulas para que o galego sexa a lingua a empregar nos contratos do Sergas con outras entidades. Esta normativa prevé a posta en marcha dunha campaña de explicación social para os usuarios do sistema sanitario, así como a planificación de accións para incorporar o galego ás aulas das facultades de medicina e de farmacia.
Os nacionalistas tamén solicitan a inclusión da materia de coñecemento da lingua como proba de carácter eliminatorio nas ofertas públicas de emprego, con contidos que garantan o dominio tanto oral como escrito da lingua. Asemade, instan a fixar garantías para que todas as aplicacións informáticas, receitas ou circulares sexan realizadas en galego, así como para que os programas de logopedia da fala de adapten ao idioma de uso habitual do paciente.
Xa noutro eido, tamén apuntan á necesidade de promover o galego no ámbito das farmacias: piden o establecemento de programas coa industria para posibilitar que prospectos e cartonaxe vendidos en Galiza inclúan unha versión en galego e tamén que se promovan campañas para que a nosa lingua sexa utilizada nas boticas.
A nova noutros medios:
xornal.com
el pais
xornal galicia
la voz de galicia
gznacion.com |
|
|
|
corrección de erros listas de contratación |
|
Avisamosvos dun erro que cometemos onte en varias respostas a preguntas vosas:
Os méritos que se bareman para as listas de contratación son os que tivérades ata o 18 de xullo de 2007, e non ata o 29 de setembro como vos respostamos onte de forma incorrecta nos comentarios.
Na propia resolución indica claramente: Os méritos valorables serán unicamente os causados ata o día inmediatamente anterior á data de publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e deberán ser acreditados no prazo de presentación de solicitudes
Polo tanto, tanto os méritos de experiencia profesional, como os de formación, como o desemprego valóranse ata o día 18 de xullo de 2007, que foi o día anterior á publicación da resolución no DOG.
As nosas desculpas polo erro. Nós tamén metemos a zoca algunhas veces!
Graciñas a kora por advertirnos do erro.
NOTA: Posto que xa nos chegou por varias vías comentámosvos que parece ser que o prazo de reclamacións non se abrirá ata o 1 de setembro. Estade atent@s ao blog para saber cando se publica a resolución.. |
|
|
|
preguntas frecuentes listas de contratación |
|
Copiamos aqui o apartado de preguntas frecuentes sobre os listados de contratación que aparece na web do SERGAS e que pode orientarvos sobre algunhas cousas:
Preguntas máis comúns sobre as listaxes provisionais de selección temporal do Servizo Galego de Saúde, correspondentes á convocatoria de 2007 (DOG do 19 de xullo).
¿Onde podo consultar as listas de selección temporal?
As listas publícanse nos taboleiros de anuncios das direccións provinciais do Servizo Galego de Saúde e das xerencias de atención primaria, hospitais e complexos hospitalarios; así como tamén na páxina web da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde (accedendo ao cadro Espazo PROFESIONAL >> Emprego público >> Listados de contratación, marcando finalmente o nome da categoría/s do seu interese).
¿Que podo facer se non estou de acordo coa puntuación que teño asignada, ou se figuro na relación de aspirantes excluídos?
Ten a posibilidade de presentar unha reclamación contra a lista provisional, dirixida á dirección provincial do Servizo Galego de Saúde que corresponda coa provincia da área de xestión solicitada ou, no caso de ser unha categoría de ámbito autonómico, á dirección provincial que vostede indicara na súa solicitude de inclusión nas listas (lémbrase que as áreas de xestión das correspondentes provincias figuran no modelo de solicitude empregado). Nesa reclamación deberá expoñer os motivos dela, podendo xuntarlle a documentación que estime conveniente para fundamentala, ou para corrixir o erro que segundo vostede se puidese ter cometido.
¿Onde podo presentar unha reclamación contra as listas provisionais?
As reclamacións poden presentarse nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, nos rexistros das direccións provinciais do Servizo Galego de Saúde, nos rexistros dos centros hospitalarios e das xerencias de atención primaria do Servizo Galego de Saúde, así como tamén nas oficinas de correos e nas demais dependencias ás que se refire o artigo 38 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; indicando sempre a dirección provincial do Servizo Galego de Saúde á que corresponda a súa recepción e revisión.
¿Que prazo teño para presentar unha reclamación contra as listaxes, e a partir de qué data podo facelo?
Con carácter xeral, o prazo para formular as reclamacións contra as listas ante as direccións provinciais do Servizo Galego de Saúde é de 10 días hábiles, pero deberá estar pendente do que indique ao respecto o correspondente anuncio de publicación das listas no Diario Oficial de Galicia. Nese anuncio indicaranse expresamente as datas de comezo e remate do dito prazo de reclamacións, con independencia de que as listaxes se publiquen con anterioridade nos taboleiros de anuncios dos centros e nesta web; pois estas publicacións previas teñen tan só un carácter informativo, iniciándose o período de reclamacións sempre a partir da data indicada no Diario Oficial de Galicia e non antes.
¿Se presento unha reclamación, cando e como me contestan?
As reclamacións enténdense estimadas ou desestimadas coa resolución pola que se publican as listas definitivas, do xeito establecido para as provisionais (con publicación no DOG, ademais de nos taboleiros de anuncios das oficinas administrativas e nesta web). Coa citada publicación se dará resposta ás reclamacións contra as listaxes provisorias, iniciándose o prazo dun mes, que se indicará na propia resolución, para presentar un recurso administrativo contra as listas definitivas, no suposto de que os aspirantes entendesen que a súa puntuación nelas (ou a súa exclusión, de ser o caso) aínda non fose a correcta. |
|
|
|
listas provisionais de contratación! |
|
Non o vades crer, pero acaban de publicarse as listas de contratación provisionais polas que tanto tempo levábamos agardando. Despois de case un ano, non era sen tempo!!!
Podedes consultalas aqui, buscando a vosa categoría.
Como poderedes comprobar, mudou o xeito de presentalas, podendo consultar o que se vos baremou por apartados.
Para reclamacións, segundo o pacto vixente, ábrese un prazo de dez días hábiles a partir do día seguinte á publicación da resolución, que supoñemos que non tardará en publicarse. |
|
|
|
ISAAC |
|
Noticia extraida de Vieiros.
'Isaac', seleccionado para o Festival Europeo de Cine e Televisión 'Memorimage'
O certame internacional celébrase en Reus (Cataluña) e está especializado en documentais e filmes que axudan a construír a historia.
Isaac, o documental de Xosé Abad sobre a figura de Isaac Díaz Pardo, continúa a súa andaina de festival en festival. Agora viaxará a Cataluña, ao prestixioso Festival Europeo de Cine e Televisión Memorimage que se celebra en Reus. O documental, dirixido por Xosé Abad e con guion de de Carlos Vázquez, amosa en 55 minutos a personalidade, biografía e pensamento do intelectual galeguista, mais tamén incorpora, a través das palabras de Díaz Pardo, temas de actualidade e reflaxións sobre o país e o mundo como a economía galega, a guerra civil e a represión franquista ou a Guerra do Irak.
No documental interveñen persoeiros como o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, Xesús Alonso Montero, catedrático da USC e militante do PC, Avelino Pousa Antelo, presidente da Fundación Castelao, os escritores Xabier Seoane e Manuel Rivas, os músicos Benedicto García e Xurxo Souto, o editor Sabino Torres ou o historiador Ramón Villares. O filme está coproducido por EAF Produccións e CRTVG, coa colaboración e da Consellería de Cultura.
Memorimage ten como subtítulo 'Filmes de hoxe con imaxes de onte', e centra a súa programación nos documentais e filmes históricos.
|
|
|
|
|
|
|
|
|