CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

CULTURA SÍ MAUSOLEO NON
recentemente creouse unha plataforma cidadan para denunciar a obra faraónica que supón a construccción da cidade da cultura de Santiago e reivindicar que se lle dé un uso racional o proxeto. abaixo deixamos a suas reivindicaciois extraidas da páxina web cultura sí mausoleo non, non deixedes de visitala.

Resultan tamén interesantes as declaraciois de Xan Carlos Ansia que é o voceiro do colectivo e compañeiro da nosa central sindical.

Pola eliminación do Proxecto da Cidade da Cultura e a reconversión das obras e edificacións rematadas en instalacións útiles para a sociedade galega.


Pola depuración de responsabilidades penais ante o cúmulo de irregularidades desde o inicio do proxecto.


Pola anulación dos orzamentos destinados ao Proxecto da Cidade da Cultura e a súa inversión en Sanidade,Educación e Servizos Sociais.



O capricho faraónico de Manuel Fraga Iribarne, coñecido como Cidade da Cultura, ubicado no monte Gaiás de Santiago de Compostela, non pode converterse nun saco sen fondo, para o que destinar centos de millóns de euros que van hipotecar os orzamentos galegos nunha infraestrutura valeira de contidos, inútil culturalmente e representativa dunha arquitectura espectáculo que en Galiza supón un derroche dos fondos públicos. Van xa 373,7 millóns de euros invertidos nun complexo que triplicou o seu custe inicial e que vai continuar a ser unha sangría de cartos de todos os galegos e galegas, destinados a unhas obras innecesarias e que non responden a ningún proxecto cultural fiable e crible.


En Santiago de Compostela, a finais do mes de agosto de 2007, cidadáns do común, galegos e galegas conscientes do derroche inxustificado que supón a Cidade de Cultura constituímos a PLATAFORMA CIDADÁN CULTURA SI, MAUSOLEO NON, que ten como únicos e principais fins os seguintes:


1º. ELIMINACIÓN DO PROXECTO DA CIDADE DA CULTURA. DISOLUCIÓN DA FUNDACIÓN CIDADE DA CULTURA E NON EXECUCIÓN DE MAIS OBRAS E INSTALACIÓNS QUE FORMAN PARTE DO PROXECTO INICIAL APROBADO POLO GOBERNO DO PARTIDO POPULAR NA XUNTA DE GALICIA.


2º. ANULACIÓN DOS ORZAMENTOS DESTINADOS Á CIDADE DA CULTURA E RECONVERSIÓN DE TODAS AS CANTIDADES EN CONCEPTOS DE SANIDADE, EDUCACIÓN E SERVIZOS SOCIAIS.


3º.APROVEITAMENTO DAS OBRAS EXECUTADAS E EDIFICIOS REMATADOS PARA ALBERGAR TODAS AS INSTALACIÓNS DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA.AFORRÁNDOSE O PAGO DE ALUGUERES E DESTINANDO OS EDIFICIOS EN PROPIEDADE A OUTROS FINS CULTURAIS E SOCIAIS PARA USO E DISFRUTE DE TODA A CIDADANÍA.


4º.DEPURACIÓN DAS RESPONSABILIDADES PENAIS A QUE HOUBERA LUGAR, POR PARTE DAS AUTORIDADES DOS DISTINTOS GOBERNOS DA XUNTA DE GALICIA, POLO QUE DAMOS TRASLADO Á FISCALÍA ANTICORRUPCIÓN DO INFORME DO CONSELLO DE CONTAS DO ANO 2004, DAS DENUNCIAS APARECIDAS NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN GALEGOS E DAS EFECTUADAS POR ORGANIZACIÓNS SINDICAIS.


5º.RESPONSABILIZAMOS AO GOBERNO BIPARTITO E NOMEADAMENTE Á CONSELLERÍA DE CULTURA DA CONTINUIDADE DUN PROXECTO QUE COMPROMETE O BENESTAR E A CALIDADE DE VIDA CUNHAS INVERSIÓNS QUE DEBERÍAN SER UTILIZADAS EN CREAR BENESTAR E RIQUEZA PARA GALIZA.

* Se queres formar parte ou apoiar a plataforma "Cultura si mausoleo non" envia os teus datos a: culturasimausoleonon@gmail.com . O teu nome e profesión saira publicado na lista de apoio do blog.

Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 31-08-2007 23:38
Queres comentar ou preguntar algo?
NOTA EXPLICATIVA DO ACORDO DE MÉDICO DE URXENCIAS HOSPITALARIAS
ACORDO POLO QUE SE REGULA A XORNADA, RETRIBUCIÓNS E CONDICIÓNS DE TRABALLO DO PERSOAL MÉDICO DE URXENCIAS HOSPITALARIAS DO SERGAS


Aplicación a partires da nómina de xullo das retribucións derivadas do acordo

Logo das xuntanzas mantidas cos centros e coa comisión de seguimento do dito acordo, respostando ao compromiso adquirido, incorporanse as retribucións derivadas do mesmo, na nómina correspondente ao mes de xullo.

O prazo comprometido e a complexidade técnica inherente determinan a aplicación do acordo a partires dos devengos do mes de xullo en dúas fases:

Fase I: Na nómina de xullo incorpóranse os conceptos FIXOS asociados ao posto:

1. Traballo a Quendas (só quendas rotatorias simple e complexa).
2. Atención Urxente (todos os postos).

As gardas realizadas en xuño, nesta nómina, aboaranse como se viña facendo ata agora (?vello modelo?).

Fase II: A partires da nómina de agosto incorporaranse os conceptos retributivos derivados da actividade realizada en xullo:

1. Nocturnidade
2. Festividade
3. Xornada Complementaria

Na nómina de agosto, liquidaranse tamén os vínculos temporais de duración inferior a 30 días que se refiran a devengos do mes de xullo, con base no número de horas efectivamente traballadas (valor hora = garda médica de servizos xerarquizados de presenza física).

Este centro directivo remitíu a todos os hospitais, a semana pasada, uns criterios iniciais orientativos para posta en marcha das retribucións na reiterada nómina do mes de xullo. Nos ditos criterios inclúense:

? O cálculo de prorrata de atención continuada en vacacións para os médicos comprendidos no Acordo.
? A compensación económica nas mesmas condicións que os demais facultativos de Atención Especializada nos casos de incapacidade temporal ou maternidade.

Logo deste arranque, prevese pechar o proceso de regularización de devengos xaneiro-xuño de 2007, nos meses de setembro e outubro. Así mesmo prevese a elaboración dunhas instrucións definitivas relativas á incorporación das retribucións no aplicativo de persoal.


Comentarios (0) - Categoría: normativa xeral - Publicado o 30-08-2007 12:36
Queres comentar ou preguntar algo?
Lei 13/2007 de modificación da Lei 4/1988 da función pública de Galicia
esta é a Lei 13/2007 de modificación da Lei 4/1988 da función pública de Galicia, mais coñecida pola lei de consolidación dos 15.000 ¬ para altos cargos de Galiza ou Lei da vergoña.
Aparte de encher os petos de polítiquill@s con poucos ou nulos escrúpulos morais, tamén regula unha serie de temas como permisos que os adecua a nova normativa estatal que hai, sobre todo en materia de coidado de fillos e acceso de minusválidos os postos de traballo da Administración, entre outra serie de asuntos.


lembremos como reflexaban a noticia @s compañeir@s de CIG-Saúde Ferrol

Touriño avala que los altos cargos consoliden un plus de 15.000 euros
Sostiene que la medida favorecerá la eficiencia de una Administración «ben seleccionada e incentivada»
Justifica el complemento retributivo de los funcionarios que ocuparon puestos políticos en los últimos 26 años
El presidente de la Xunta respaldó ayer la consolidación retributiva que permitirá a todos los funcionarios que desde 1981 han ocupado altos cargos en la Administración autonómica, durante dos años consecutivos o tres alternos, percibir hasta su jubilación, con independencia de la actividad funcionarial que desempeñen al dejar la Xunta, un complemento de destino de 14.721 euros brutos al año. Emilio Pérez Touriño justificó en la necesidad de disponer de un cuerpo directivo en la Administración «eficiente e ben seleccionado e incentivado» el blindaje retributivo para esos cargos políticos, que fue incorporado en la reforma de la Lei da Función Pública a través de una disposición adicional pactada por los tres grupos parlamentarios y que no figuraba en el texto que la Xunta negoció con los sindicatos.
Con tono crispado, Touriño proclamó, en la rueda de prensa posterior a la reunión del Consello de la Xunta, su apuesta por «ter unha boa Administración», por «defender o noso interese público, cun staff directivo eficiente e ben seleccionado e incentivado. Non traballo para a empresa privada nin para outras Administracións. A miña función é defender Galicia e a súa Administración», apuntó a preguntas de los periodistas. El jefe del Ejecutivo, visiblemente molesto con las informaciones publicadas en los últimos días sobre la mejora retributiva para los cargos elegidos a dedo, recordó que tanto la Administración del Estado como otras autonomías ya adoptaron hace años medidas similares, como explicó el miércoles en este periódico. Touriño concretó que, en el caso de la Administración estatal, aprobó por unanimidad la consolidación del complemento de destino de altos cargos en 1991, y que después lo hicieron Cataluña, el País Vasco o Andalucía, entre otras comunidades.
El presidente señaló que los altos cargos públicos gallegos están «na cola de España» en comparación con las condiciones retributivas de los directores generales en el Estado y otras comunidades. Según los datos facilitados por Presidencia, los ingresos brutos de un director general en la Xunta en este ejercicio ascienden a 56.899,88 euros, lo que supone 3.500 euros menos que la media española (60.290,50). Sólo La Rioja (53.904) y Baleares (53.655) están por debajo de Galicia, donde las retribuciones de cargos que elige discrecionalmente el Gobierno de turno son inferiores en más de 15.000 euros brutos al año a las de sus homólogos de las Administraciones de Madrid (88.416) y Cataluña (84.985).
Con las cifras de esos desequilibrios salariales en la mano, Touriño expuso las dificultades de la Xunta para captar a los mejores profesionales: «Probablemente sexa desexable, para ter unha mala Administración, non poder competir. E que cada vez que queremos ter un director xeral aquí sexa un exercicio brutal de competitividade imposible, xa non coa empresa privada, senón con concellos e coas comunidades onde máis se gaña», lamentó el presidente.
Según los sindicatos, la medida, aprobada por iniciativa del PP, beneficiará a más de 2.000 funcionarios elegidos a dedo.

CIG-Administración pedi ó governo galego que derogue a disposición transitoria da Lei Pública de Galiza que establece un sobresoldo de 15.000 euros de por vida para tódolos altos cargos que sexan empregados públicos, presentes, pasados e futuros por inxusta, discriminatoria e improcedente.

@s compañeir@s de CIG-Administración, solicitaron ó Presidente da Xunta que se fagan públicos os nomes das persoas que van a percibir esta "extra" de por vida.


Somente dous altos cargos se opoñen públicamente a este "plus indecente" (Encarna Otero directora xeral de Vivenda e o secretario xeral de Vicepresidencia, Antón Losada) mentres que uns 200 altos cargos do actual governo se mostran partidarios de cobrar, o que van supoñer 30 millóns de euros anuais para os orzamentos públicos galegos.


Hai nada sofrimos unha longa folga pola carreira profesional, onde a cabeza visible da conselleria, sr Paniagua amosou ser un fiel servidor das arcas públicas racaneando un complemento xusto ó persoal e provocando dese xeito un conflicto sin precedentes.

Agora veremos que fai él a Conselleira e o resto de altos cargos ante esta propina que lles da este governo de "esquerdas".

Lembremos que ese complemento é igual ó soldo que cobra moito persoal do SERGAS anualmente (grupo E).

PUBLICADO NA VOZ DE GALICIA:

La CIG pide que se derogue la subida de 15.000 euros para los altos cargos
El sindicato cifra en 3 millones de euros el coste del aumento este año.
Intersindical Galega (CIG) pide al Gobierno gallego que «derogue la disposición transitoria 17 de la Ley de la Función Pública de Galicia, que establece subidas salariales de 15.000 euros anuales para los altos cargos de la Xunta, que sean empleados públicos.
El sindicato, en una nota de prensa hecha pública hoy, indica que entre los doscientos altos cargos actuales de la Xunta que se verán beneficiados con este incremento salarial cuando se reincorporen a sus antiguos puestos de trabajo, están los miembros del Gobierno gallego Anxo Quintana, Ricardo Varela y Alfredo Suárez Canal.

Además esta medida afectará también a los parlamentarios Alberto Núñez Feijóo, Carlos Negreira, José María Sánchez González, Celso Currás, Carlos del Álamo y Juan Caamaño, entre otros.
La aplicación de esta medida, que la CIG califica de «injusta, discriminatoria e improcedente», supondrá un costo de 3 millones de euros para los altos cargos del actual Gobierno gallego, que se eleva a 30 millones al incluir a los 2.000 altos cargos que desarrollaron su función, más de dos años, en la Xunta desde la creación de la Autonomía gallega en el año 1981.
La CIG denuncia «dificultades» para acceder al listado de todos los altos cargos que se verán beneficiados con esta medida, por lo que solicita al presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, y al vicepresidente, Anto Quintana, que, «en un acto de transparencia, hagan pública la lista de todos los altos cargos afectados por disposición».
El sindicato CIG-Administración destaca la actitud adoptada por la directora general de Vivienda, Encarna Otero, que se pronunció en contra de esta resolución, que propicia que los empleados públicos que desempeñaran un puesto de alto cargo en la Xunta en un tiempo superior a los dos años perciban un incremento salarial anual de 15.000 euros, cuando se reincorporen a sus puestos de trabajo.
La CIG denuncia ante el Valedor los sobresueldos de la Xunta
El sindicato CIG presentó una denuncia ante el Valedor do Pobo por los controvertidos sobresueldos aprobados por la Xunta para las personas que desde 1981 ocuparon altos cargos en la Administración autonómica, medida que tendrá un coste de unos 30 millones de euros anuales, según la estimación de la central sindical.
Los nuevos complementos salariales para el personal mejor pagado de la Xunta fueron incluidos en una disposición adicional de la Lei da Función Pública, modificada recientemente, decisión calificada por la CIG de «abusiva, inxusta, discriminatoria e anticonstitucional», pues entiende que con ella se vulnera «de maneira aberrante» el principio de igualdad recogido en la Carta Magna.

«Amigos do xefe»

Y es que la vía de acceso de muchos altos cargos de la Xunta a este puesto es duramente reprobado por la CIG, al alegar que en la mayoría de los casos se trata de personal de confianza o con un determinado carné político que ahora son premiados «polo mérito de ser amigos do xefe». El sindicato va más allá en su denuncia y califica los sobresueldos de expolio
Comentarios (0) - Categoría: normativa xeral - Publicado o 27-08-2007 14:49
Queres comentar ou preguntar algo?
hasta los huesos
Atopamos este corto animado furgando no tubo, cecais un pouco tétrico, pero a animación vale a pena.


Comentarios (0) - Categoría: tou q m parto - Publicado o 25-08-2007 16:14
Queres comentar ou preguntar algo?
pasos para obter as especialidades de enfermaría
Este é un documento no cal se explican os pasos para obter as especialidades de enfermaría, información que foi sacada da páxina web do Ministerio de Educación, neste enlace podédelo ver mais claro, posto que o documento conten táboas e a estrutura do blog non as recoñecede; de tódolos xeitos pegamos a información (traducida ao galego):

ESPECIALIDADES DE ENFERMARÍA
Información Xeral


Co fin de proporcionar unha información que facilite a análise e contido do Real Decreto 450/2005 sobre Especialidades de Enfermaría, preséntanse algúns dos aspectos máis destacados do mesmo. A súa entrada en vigor iníciase o 7 de maio de 2005.

Título de Enfermeiro/a Especialista
O Título de Especialista:
É expedido polo Ministerio de Educación e Ciencia.
Ten carácter oficial e validez en todo o territorio nacional.
É necesario para utilizar de forma precisa a denominación de Enfermeiro/a Especialista e para exerce-la profesión como especialista.
É necesario para ocupar postos de traballo con denominación de Especialista en Centros e establecementos públicos e privados.

O Real Decreto 450/2005 sobre Especialidades de Enfermaría, establece as seguintes Especialidades de Enfermaría:

Enfermaría Obstétrico - Xinecolóxica.
Enfermaría de Saúde Mental.
Enfermaría Xeriátrica.
Enfermaría do Traballo.
Enfermaría de Coidados Médico - Cirúrxicos.
Enfermaría Familiar e Comunitaria.
Enfermaría Pediátrica.

Asimesmo, suprime as antigas especialidades de Axudantes Técnicos Sanitarios e Diplomados de Enfermería, que a continuación se detallan:

Neuroloxía.
Uroloxía e Nefroloxía.
Análises Clínicas.
Radioloxía e Electroloxía.
Enfermaría de Coidados Especiais.
Pediatría e Puericultura.
Asistencia Obstétrica (Matrona).
Enfermaría de Saúde Comunitaria.
Xerencia e Administración de Enfermaría.

Normativa aplicable

O Real Decreto 450/2005, de 22 de abril, sobre Especialidades de Enfermaría, publicado no Boletín Oficial do Estado con data 6 de maio de 2005, establece unha nova ordenación, para poder obte-lo título de Enfermeiro/a Especialista.
(Publicado no BOE o 06-05-2005)


ACCESO ÁS ESPECIALIDADES DE ENFERMARÍA

Enfermeiro Interno Residente
Requisitos:

Título de Diplomado/a en Enfermaría, ou o seu equivalente recoñecido ou homologado en España.
Nacionalidade española ou exerce-lo dereito á libre circulación de traballadores conforme á súa definición no Tratado da Comunidade Europea ou outros tratados ratificados por España, ou ter recoñecido tal dereito por norma legal.

Forma de acceso:

Para acceder á formación de enfermeiro/a especialista a través do sistema de residencia (EIR), hai que superar unha proba de carácter estatal, que convoca anualmente o Ministerio de Sanidade e Consumo.

Formación:

Realízase en unidades docentes acreditadas para a formación especializada.
Os/as enfermeiros/as residentes formalizan co Servicio de Saúde ou entidade responsable, o oportuno contrato de traballo.
Tempo de dedicación completo.
Metodoloxía docente está baseada na autoaprendizaxe titorizada.

Cambio de título de especialista

Poden solicitar cambio de título, os Axudantes Técnicos Sanitarios / Diplomados en Enfermería que posúen un título de especialista de especialidades que foron suprimidas e desexan que se lles emita un novo título de especialista.

Real Decreto 450/2005 - Disposición adicional segunda
Especialidades suprimidas Neuroloxía
Uroloxía e Nefroloxía
Análises Clínicas
Radioloxía e Electroloxía
Coidados Especiais
estas poden solicitar Enfermaría de Coidados Médico - Cirúrxicos

Especialidades suprimidas
Pediatría e Puericultura que pode solicitar Enfermaría Pediátrica
Suprimida psiquiatría que pode solicitar Enfermaría de Saúde Mental.

suprimida Asistencia Obstétrica (Matrona) pode solicitar Enfermaría Obstétrico - Xinecolóxica (Matrona)

Solicitudes ¿a quen hai que dirixilas?

As solicitudes do novo título de Enfermeiro/a Especialista, dirixiranse ó Ministerio de Educación e Ciencia, xunto á documentación requirida.
Lugar de presentación das solicitudes:
No Rexistro da Secretaría de Estado de Universidades e Investigación (C/ Serrano 150 - 28071 Madrid) Horarios Luns a Venres de 09:00 a 14:00 horas.
Nos Rexistros centrais ou periféricos do Ministerio de Educación e Ciencia.
Nos Rexistros das Subdelegacións de Goberno.
Nos consulados de España no estranxeiro.
Aqueles Concellos que suscribiron o convenio de Ventanilla Única coa Administración Xeral do Estado.
Nos Rexistros das Administracións das Comunidades Autónomas.
Por correo certificado, en sobre aberto para que selen a solicitude e tamén a fotocopia da solicitude, que unha vez selada serve de resgardo. A data de selado en Correos é a que se considera como data de rexistro da solicitude no Ministerio de Educación e Ciencia.
Ademais dos lugares indicados, en calquera outro previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992 de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro.

Documentación:

Ó obxecto de facilita-la tramitación, achégase modelo de instancia para a solicitude do novo título. Descargar modelo de instancia
Xunto á solicitude cumprimentada e asinada polo solicitante, hai que aportar:
DNI ou pasaporte en vigor.
Título de Diplomado en Enfermaría ou de Axudante Técnico Sanitario ou título estranxeiro equivalente, recoñecido ou homologado en España.
Título correspondente á especialidade suprimida.
As copias de tódolos documentos aportados deben estar debidamente compulsadas.

Acceso excepcional ó título de Enfermeiro Especialista

Está dirixido ós Axudantes Técnicos Sanitarios / Diplomados/as en Enfermaría, que desexan acceder a algunha das especialidades aprobadas neste Real Decreto e que acrediten un exercicio profesional no campo específico da especialidade solicitada, nalgunha destas situacións.
Real Decreto 450/2005 - Disposición transitoria segunda
Requisitos sobre Experiencia Profesional e Formación.
Exercicio profesional Proba obxectiva
A 4 anos de exercicio profesional nas actividades propias da especialidade Supera-la proba de Avaliación da Competencia.
B 2 anos de exercicio profesional nas actividades propias da especialidade.

Formación mínima de 40 cretos no campo da especialidade ou Título postgrado de carácter universitario, non inferior a 20 cretos ou 200 horas no campo da especialidade
C 3 anos como Profesor de Escolas Universitarias de Enfermaría e adscritas, en áreas de coñecemento relacionadas coa especialidade.

1 ano de actividade asistencial en actividades propias da especialidade
D 2 anos de exercicio profesional nas actividades propias da especialidade de Enfermaría do Traballo

Diploma de Enfermería do Traballo ou Diploma de ATS/DUE de Empresa

Solicitudes ¿a quen hai que dirixilas?

As solicitudes hai que dirixilas unicamente á Secretaría de Estado de Universidades e Investigación do Ministerio de Educación e Ciencia, C/ Serrano nº 150, 28071 Madrid.
Ó obxecto de facilita-la tramitación, achégase modelo de instancia para a solicitude de cambio de título. Descargar modelo de instancia.
Nota importante: A presentación repetida dunha mesma solicitude, só serve para atrasa-lo proceso xeral, polo que se dirixirá exclusivamente ó Ministerio de Educación e Ciencia.

Presentación de solicitudes:

No Rexistro da Secretaría de Estado de Universidades e Investigación.
(C/ Serrano 150 - 28071 Madrid). Horarios: Luns a Venres de 09:00 a 14:00 horas.
Nos Rexistros centrais ou periféricos do Ministerio de Educación e Ciencia.
Nos Rexistros das Subdelegacións de Goberno.
Nos consulados de España no estranxeiro.
Aqueles Concellos que han suscrito o conveño de Ventanilla Única coa Administración Xeral do Estado.
Nos Rexistros das Administracións das Comunidades Autónomas.
Por correo certificado, en sobre aberto para que selen a solicitude e tamén a fotocopia da solicitude, que unha vez selada serve de resgardo. A data de selado en Correos é a que se considera como data de rexistro da solicitude en lle Ministerio de Educación e Ciencia.
Ademais dos lugares indicados, en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992 de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro.

Documentación:

Xunto á solicitude cumprimentada e asinada polo solicitante, hai que aportar:
DNI ou pasaporte en vigor.
Título de Diplomado en Enfermaría ou de Axudante Técnico Sanitario ou título estranxeiro equivalente, recoñecido ou homologado en España.
Certificado acreditativo de exercer as actividades propias da especialidade solicitada.
As copias de tódolos documentos aportadas deben estar debidamente compulsadas.

Prazos de presentación de solicitudes:

I. Enfermeiro/a Especialista en Enfermaría en Saúde Mental:O prazo de presentación de solicitudes ó título de Enfermeiro/a especialista en Saúde Mental, finalizou o día 7 de maio de 2007.

II. Resto de Especialidades:
O prazo de presentación de solicitudes para o resto de Especialidades prolongarase ata pasados seis meses da publicación no Boletín Oficial do Estado da convocatoria da proba anual de carácter estatal, (proba de acceso a través do sistema de Residencia - EIR) na que por primeira vez se oferten prazas de formación na especialidade correspondente.

Tendo en consideración o anteriormente exposto, non resulta posible tramitar as solicitudes ata a aprobación dos programas formativos de cada especialidade polo que é aconsellable non apresurarse na presentación de solicitudes. A partir da aprobación destes programas, poderanse identificar adecuadamente as actividades propias de cada unha das especialidades.

Respecto ás solicitudes xa presentadas, o Ministerio de Educación e Ciencia, unha vez aprobados os correspondentes programas formativos, dirixirase, cando sexa preciso, a cada solicitante que deba completa-la documentación necesaria.

Especialidades que se poden solicitar e obter a través da Disposición Transitoria Segunda:

Todos aqueles enfermeiros/as que reúnan os requisitos descritos no cadro poden solicita-las especialidades nas que exerceron e no seu caso, teñan formación complementaria.
Non obstante, en virtude do establecido no punto 1 desta disposición, só se poderá acceder a un único título de especialista por está vía.
Comisión Mixta
Está formada por funcionarios dos Ministerios de Educación e Ciencia e de Sanidade e Consumo, para proceder á análise das solicitudes presentadas.

Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes, e previa análise das solicitudes aportadas, o Ministerio de Educación e Ciencia publicará unha resolución que referirá a admisión ou exclusión dos solicitantes á proba obxectiva. Dita resolución será notificada ós interesados.
Proba de Avaliación da Competencia
As bases da convocatoria á proba obxectiva, serán publicadas no Boletín Oficial do Estado.

Acceso automático á Especialidade de Enfermaría do Traballo

Está dirixido ós Axudantes Técnicos Sanitarios / Diplomados/as en Enfermaría, que desexan acceder directamente ó título de Especialista en Enfermaría do Traballo e que se atopan en posesión do Diploma de ATS / DUE de Empresa ou de Enfermaría do Traballo, sempre que acrediten que exerceron como mínimo catro anos no correspondente ámbito desta especialidade.
Real Decreto 450/2005 - Disposición transitoria terceira

Prazos de presentación de solicitudes:

O prazo de presentación de solicitudes ó título de Enfermeiro/a especialista en Enfermaría do Traballo, finalizou o día 7 de maio de 2006.

Situación Actual:

A Comisión Nacional da Especialidade de Enfermaría do Traballo estableceu os criterios xerais do ámbito de actuación profesional desta especialidade.
O Ministerio de Educación e Ciencia, realizando a análise administrativa da documentación aportada polos solicitantes, xa iniciou a valoración técnica para poder resolver este procedemento.

Comisións Nacionais de especialidades de Enfermaría

Son órganos técnicos que asesoran ós Ministerios de Educación e Ciencia e de Sanidade e Consumo no campo da correspondente especialidade.
Composición:
As Comisións Nacionais, integradas por enfermeiros/as de recoñecido prestixio, están compostas por:
a. Dous vocais propostos polo Ministerio de Educación e Ciencia
b. Catro vocais propostos pola Comisión de Recursos Humanos do Sistema Nacional de Saúde
c. Dous vocais en representación das Sociedades Científicas de ámbito estatal
d. Un vocal en representación do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enfermaría
e. Dous representantes dos enfermeiros especialistas en formación
Datas de constitución:
Tódalas Comisións Nacionais están constituídas dende o mes de abril de 2007.
Función das Comisións Nacionais
a. Designar, de entre os seus membros, ó Presidente e Vicepresidente
b. Elaborar e propo-lo programa de formación e a súa duración
c. Establece-los criterios para a avaliación das Unidades Docentes e formativas
d. Establece-los criterios para a avaliación dos especialistas en formación
e. Informar sobre programas e criterios relativos á formación continuada dos enfermeiros especialmente no referente á acreditación e a acreditación avanzada de profesionais en áreas funcionais específicas dentro do campo da especialidade.
f. Participar no deseño dos Planes Integrais dentro do ámbito da correspondente especialidade.
g. Establecer criterios de avaliación no suposto de nova especialización.
h. Propo-la creación de áreas de capacitación específica.

Programa formativo de cada especialidade.
Os programas formativos de cada unha das especialidades de Enfermaría, deben especifica-los obxectivos cuantitativos e cualitativos e as competencias profesionais que deben te-los enfermeiros especialistas.
A aprobación dos programas formativos require o seguinte proceso:
I. Elaboración do programa formativo por parte da Comisión Nacional da especialidade correspondente.
II. Informe emitido por:
ou Comisión de Recursos Humanos do Sistema Nacional de Saúde.
ou Ministerio de Educación e Ciencia.
III. Notificación á Comisión Delegada de Enfermería
IV. Proposta da Comisión delegada de Enfermaría ó Consello Nacional de Especialidades en Ciencias da Saúde.
V. Ratificación polo Consello Nacional de Especialidades en Ciencias da Saúde.
VIN. Aprobación polo Ministerio de Sanidade e Consumo.
VII. Publicación no Boletín Oficial do Estado.

Comisión delegada de enfermaría

Composición
a. Os Presidentes das comisións nacionais de especialidades de Enfermaría.
b. Os dous vocais do Consello Nacional de Especialidades en Ciencias da Saúde, designados polas Comisións Nacionais de especialidades de Enfermaría e polo Consello Xeral de Colexios Oficiais de Diplomados en Enfermería.
c. Un representante do Ministerio de Sanidade e Consumo e outro do Ministerio de Educación e Ciencia.
d. Un representante das comunidades autónomas designado pola Comisión de Recursos Humanos do Sistema Nacional de Saúde.

Función:

Informar ou propor sobre as seguintes materias:
a. Requisitos de acreditación das unidades docentes para a formación de enfermeiros especialistas.
b. Propostas de programas de formación de especialidades de Enfermaría.
c. Promoción e difusión das innovacións metodolóxicas no campo da Enfermería especializada.
d. Fomento e promoción da investigación no campo dos estudos das especialidades de Enfermaría.
e. Normas reguladoras da proba de acceso á formación en especialidades de enfermaría, anual, única e simultánea de carácter estatal (Vía EIR).
f. Oferta de prazas das convocatorias para o acceso á formación de especialidades de Enfermaría.
g. Proxectos de disposicións de carácter xeral relativos a especialidades de Enfermaría, ou que pola súa específica natureza afecten ó ámbito de ditas especialidades.

Consultas frecuentes

¿Podo presentar xa a solicitude para acceder a unha especialidade de enfermaría través da vía excepcional da Disposición Transitoria Segunda? ¿É mellor presenta-la solicitude agora ou convén agardar á aprobación do programa formativo da especialidade que solicito?
Aínda que xa se poden presenta-las solicitudes o certo é que aínda non están definidas as actividades propias da especialidade. Serán os programas formativos da especialidade, en cuia elaboración trabállase actualmente, os que definirán tales actividades.
Por iso, e dado que o solicitante debe acredita-lo exercicio das actividades propias da especialidade que desexa obter, convén que as solicitudes se presnten unha vez que se aproben os programas formativos, porque será entón cando o solicitante poderá achegar un certificado adecuado.
Unha vez aprobados os programas formativos, os interesados disporán de prazo amplio para presenta-la súa solicitude, tal e como se explica no apartado seguinte.
¿Cando finalizará o prazo de presentación de solicitudes para o acceso excepcional da Disposición Transitoria Segunda?
O prazo de presentación de solicitudes para tódalas especialidades, a excepción de Saúde Mental que finalizou o 7 de maio de 2007, se prolongará ata pasados seis meses da publicación no Boletín Oficial do Estado da convocatoria da proba anual (proba de acceso a través do sistema de Residencia - EIR) na que por primeira vez se oferten prazas de formación na especialidade correspondente. Con carácter previo a esta convocatoria, aprobaranse os programas formativos correspondentes.
¿A que organismo hai que dirixi-la solicitude para o acceso excepcional ó título de enfermeiro/a especialista a través da Disposición Transitoria Segunda?
As solicitudes haberán de dirixirse exclusivamente á Secretaría de Estado de Universidades e Investigación do Ministerio de Educación e Ciencia, C/ Serrano nº 150, 28071 Madrid. Por tanto, a presentación dunha mesma solicitude dirixida a varios Ministerios só serve para atrasa-lo proceso xeral.
Cando se producen cambios nos datos persoais dos solicitantes aportados inicialmente (enderezo, teléfono, correo electrónico.....) ¿Debo comunicalo?
Si. Hai que comunicalo por escrito ó Ministerio de Educación e Ciencia, para manter actualizados os datos dos solicitantes e poder contactar con eles cando sexa preciso informarlles sobre asuntos do seu interese.
¿Cantos títulos de enfermeiro especialista se poden obter por unha enfermeira a través da vía excepcional da disposición transitoria segunda?
De acordo coa Disposición Transitoria Segunda do Real Decreto, só se pode obter un título por esta vía.
Comentarios (0) - Categoría: normativa xeral - Publicado o 24-08-2007 23:42
Queres comentar ou preguntar algo?
tarifas dos servizos sanitarios
para ver as tarifas dos servizos sanitarios
prestados nos centros dependentes do
Servizo Galego de Saúde e nas fundacións
públicas sanitarias, preme aquí.

No blog enfergal, tedes mais información sobre este e outros asuntos, recomendamos que o visitedes posto que resulta de gran interese.
Comentarios (0) - Categoría: normativa xeral - Publicado o 24-08-2007 16:14
Queres comentar ou preguntar algo?
publicadas as ordes de integración das fundaciois
ordes de integracion que se publican hoxe no DOG

virxen de xunqueira

salnes

barbanza

INGO

verín

Decreto 91/2007 que regula a estatutarización das Fundacións

Corrección de erros do Decreto 91/2007 de integración no réxime estatutario do persoal laboral das Fundacións.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 24-08-2007 16:04
Queres comentar ou preguntar algo?
Novas sobre OPE e traslados SERGAS
Postos en contacto co SERGAS, as derradeiras noticias que temos dos procesos de OPE-traslados son as seguintes:

AUXILIARES ADMINISTRATIVOS E PSX

Publicación de notas segunda semana de setembro e exame de galego en outubro

RESTO CATEGORÍAS

Publicación das notas definitivas pendentes en setembro e das provisorias do persoal facultativo.

TRASLADOS
Constitución da ?Comisión de Baremación? en outubro

RESOLUCIÓN PROCESO

Isto tendes que tomalo coa prudencia toda xa que podería haber variacións nalgunhas categorías si en Recursos Humanos decidisen ir facendo Resolucións por categorías según fosen rematando, pero o prazo que manexan para a Resolución conxunta da oposición e dos traslados é a primaveira do vindeiro ano.

Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 23-08-2007 14:21
Queres comentar ou preguntar algo?
resoluciois ope de aux enfermeria e psicolog@ á Xunta de Galiza
No Diario Oficial de Galiza (DOG), do Xoves 23 de Agosto de 2007, fanse públicas as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao 1º exercicio do proceso selectivo para o ingreso na categoría 003, do Grupo IV, Auxiliar de clínica/ Auxiliar sanitario, pola quenda de promoción interna e cambio de categoria e acceso libre.
De acordo co disposto na base II.2 da orde de convocatoria, poderáse presentar alegacións con relación ás puntuacións no prazo de 10 días hábiles. Dito prazo remata o 4 de Setembro de 2007.


No Diario Oficial de Galiza (DOG), do Luns 13 de Agosto de 2007, fanse públicas as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao 2º exercicio do proceso selectivo para o ingreso na categoría 006, do Grupo I, Psicóloga/o, pola quenda de acceso libre.

Anulan as preguntas nº 30 e nº 83, pasando a ocupar os seus postos ás nº 51 e 103 de reserva.

Corrixir o modelo de respostas do segundo exercicio en relación a pregunta nº 48 pasando a ser a resposta correcta a c).

Superaron iste 2º exercicio, os/as aspirantes de acceso libre que obtiveron unha puntuación mínima de 5 puntos (acceso libre) e 12,5 (promoción interna) 65 respostas correctas en ámbolos dous casos.

De acordo co disposto nas bases da convocatoria, poderáse presentar alegacións con relación ás puntuacións no prazo de 10 días hábiles. Dito prazo remata o 25 de Agosto de 2007.

información facilitada por CIG-Administración
Comentarios (0) - Categoría: outras OPE - Publicado o 23-08-2007 13:59
Queres comentar ou preguntar algo?
oferta de emprego para enfermeir@s en Madrid
nos remiten esta información dende Vigo, os únicos datos que temos son os abaixo expostos, para saber mais ahi está o teléfono e unha dirección email onde podedes informarvos mais detalladamente.

GRUPO DE HOSPITAIS DE MADRID (3 hospitais)
Necesita DUES para os departamentos de : URXENCIAS DE HOSPITALIZACIÓN, PEDIATRÍA, UCI DE NEO, ONCOLOXÍA PEDIATRICA e ONCOLOXÍA DE ADULTOS.
Ofrecen: Contratos indefinidos, promocións internas, formación continua e quendas fixas. Ademais se axudará a atopar aloxamento.
DUES-TER para o departamento de RADIOLOXÍA. Mañá ? tarde 1822,61? brutos
? Plantas de Hospitalización, Maternidade e Pediatría: Mañá-tarde: 1686,13?, noite: 1904,81?. brutos
? UCI e Oncoloxía de adultos e Neonatos, Quirófano: Mañá-tarde: 1882,61?, noite: 2101,29?. brutos
? Urxencias: Mañá-tarde: 1746,13?, noite: 1964,81?. Brutos
Interesadas/os poñerse en contacto co Hospital axuntando currículo vitae a través do email: rrhh@hospitaldemadrid.com ou ben chamando ó teléfono. 917089908.
Nota: Sería para empezar o 1 de setembro pero se non se puidera nesa data sería para cando se puidera ata completar as prazas.
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 22-08-2007 11:58
Queres comentar ou preguntar algo?
Non nos entenden, non!!
Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
máis sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non os entenden, non.


esta parte do himno galego foi protagonista onte no diario "el Mundo".
así se refrexa o tema na páxina web de vieiros.

Non nos entenden, non"
Seica o himno cualifica de "ignorantes" e "imbéciles" aos que "non comprenden a lingua autonómica". Así o interpreta o diario El Mundo.

Paradoxal interpretación a que fan este luns desde as páxinas do diario madrileño El Mundo sobre o himno galego. Recuperando as declaracións realizadas polo vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, o pasado sábado en Soutelo de Montes, onde chamaba a que os cativos do país poidan "coñecer e cantar" os versos de Pondal, elaboran unha información co título "Quintana quere que os nenos canten o himno galego, que insulta a quen non o entende".

Segundo a particular análise do xornal español, Quintana anima os rapaces a cantar os versos dun himno "no que se cualifica de ignorantes e imbéciles a quen non comprende a lingua autonómica". Avalía El Mundo que o himno galego cualifica de "bos e xenerosos" os que entenden a voz galega pero "arremete contra os que non comprenden esa lingua, aos que non dubida en tildar de ignorantes, fieros y duros, imbéciles y escuros". A reportaxe inclúe unha peculiar tradución do himno ao castelán onde de paso rebautizan ao bardo galego Eduardo Pondal como "Arturo Pondal".


Varias son as páxinas e blogs, que comentan o tema:

bretemas

galicia confidencial
xornal.com
cultura galega
Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 21-08-2007 22:21
Queres comentar ou preguntar algo?
orde de nóminas
engadimos nos accesos directos a orde de nóminas do 2007, nela poderedes ver canto se cobra no SERGAS en tódalas categorias e tódolos conceptos.
tamén está o que cobran no resto da Administración Pública de Galiza.
ahi podedes ver o soldo base, trienios, turnicidade, complementos de festivo, gardas, nocturnidade etc.
Comentarios (0) - Categoría: normativa xeral - Publicado o 21-08-2007 17:42
Queres comentar ou preguntar algo?
15.000 euros para altos cargos (vaia papo)
CIG-Administración enviou un comunicado de prensa ós medios de comunicación, pedindo ó governo galego que derogue a disposición transitoria da Lei Pública de Galiza que establece un sobresoldo de 15.000 euros de por vida para tódolos altos cargos que sexan empregados públicos, presentes, pasados e futuros por inxusta, discriminatoria e improcedente.
@s compañeir@s de CIG-Administración, solicitaron ó Presidente da Xunta que se fagan públicos os nomes das persoas que van a percibir esta "extra" de por vida.
Somente dous altos cargos se opoñen públicamente a este "plus indecente" (Encarna Otero directora xeral de Vivenda e o secretario xeral de Vicepresidencia, Antón Losada) mentres que uns 200 altos cargos do actual governo se mostran partidarios de cobrar, o que van supoñer 30 millóns de euros anuais para os orzamentos públicos galegos.

Hai nada sofrimos unha longa folga pola carreira profesional, onde a cabeza visible da conselleria, sr Paniagua amosou ser un fiel servidor das arcas públicas racaneando un complemento xusto ó persoal e provocando dese xeito un conflicto sin precedentes. Agora veremos que fai él a Conselleira e o resto de altos cargos ante esta propina que lles da este governo de "esquerdas".
Lembremos que ese complemento é igual ó soldo que cobra moito persoal do SERGAS anualmente (grupo E).
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 20-08-2007 11:38
Queres comentar ou preguntar algo?
pirimpimpín
Vai unha de karaoke galego con Malvela e o seu "Pirimpimpín" (nunha versión con rap). Que estamos de festas!


Comentarios (0) - Categoría: tou q m parto - Publicado o 19-08-2007 10:09
Queres comentar ou preguntar algo?
Publicada resolución acoplamentos internos
Publicouse na Intranet a resolución definitiva dos acoplamentos internos de persoal fixo, que como sabedes, levaba varios meses de atraso. Por fin saiu publicado o listado de prazas adxudicadas.
Na mesma resolución especifícase que se fará convocatoria para persoal interino, comisións de servizo e reingresos provisionais no mes de setembro. En canto teñamos datos sobre esa convocatoria, publicaremos un novo artigo.
De momento, podedes consultar a resolución e o listado de prazas adxudicadas na ligazón de abaixo ou na intranet do HCV.
Comentarios (0) - Categoría: acoplamentos Internos HCV - Publicado o 18-08-2007 17:04
Queres comentar ou preguntar algo?
plantilla definitiva medicos de urxencias
hoxe sae publicada na páxina web do SERGAS a plantilla definitiva de médicos de urxencias.
para vela, preme aquí
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 17-08-2007 14:14
Queres comentar ou preguntar algo?
Trienios interinos SERGAS
Este é o Borrador da Orde que vai regular os trienios do persoal estatutario temporal do Sergas, picade no enlace de abaixo para descargar.
Lembrade que somente é un borrador, xa avisaremos no momento e da forma en que podades solicitalos.


por certo que xa aterramos das vacaciois pero polo que vemos @s compañeir@as que quedaron a cargo do blog non se durmiron, en vista do tema casi que nos poderiamos ir outros 15 dias mais sen problema ;-)).
Comentarios (0) - Categoría: normativa xeral - Publicado o 16-08-2007 15:42
Queres comentar ou preguntar algo?
Plantillas definitivas
A efectos meramente informativos hoxe publicanse na páxina web do SERGAS as plantillas definitivas das respostas correctas dos exercicios de licenciados sanitarios celebrados o 30 de xunio, das siguintes categorías/especialidades:
- Cardioloxía
- Ciruxía xeral e aparato dixestivo.
- Dermatoloxía.
- Farmacéuticos de atención primaria
- Inmunoloxía.
- Neuroloxía
- Oncoloxía radioterápica.
- Pediatría e áreas específicas.
- Pediatría de atención primaria.
- Psicoloxía clínica.
- Radiofísica hospitalaria.
- Reumatoloxía

Si dispuxéramos de máis plantillas o largo do mes de agosto iríamolas colgando e vos avisaríamos. En caso contrario xa non saldrán hasta setembro. Igualmente en setembro publicaránse as notas provisionais de todalas categorías/especialidades de licenciados sanitarios.

Os enlaces no link abaixo
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 14-08-2007 10:51
Queres comentar ou preguntar algo?
XUNTA GALIZIA, NOTAS do 2º exercizo da fase de oposición capataz de obra da categoria 067, do grupo III
Resolución da publicación na páxina web da Xunta de Galiza das notas do 2º exercizo da fase de oposición da categoria 067, do grupo III do persoal laboral fixo, Capataz de obra / Capataz de cuadrilla e outros.

Picade no enlace abaixo para descargar o texto.
Comentarios (0) - Categoría: outras OPE - Publicado o 13-08-2007 15:53
Queres comentar ou preguntar algo?
PUBLICANSE ACORDOS DA MESA DE CONTRATACION DOG Nº 154 Xoves, 9 de agosto de 2007
Publicanse os acordos adoptados
pola comisión central de seguimento do
pacto de selección temporal de persoal
estatutario para vinculacións temporais
nas institucións sanitarias do Servizo
Galego de Saúde (Diario Oficial de Galicia
número 104, do 1 de xuño de 2004) na
reunión mantida o 3 de maio de 2007.

Para ver o texto completo do acordo picade no lin de abaixo, e logo na páxina que se abre download
Comentarios (0) - Categoría: normativa xeral - Publicado o 11-08-2007 11:08
Queres comentar ou preguntar algo?
1 [2]
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0