CIG-Saúde O Barco

Telf: 988 339112

Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.

BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE

OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

Publicada modificación convocatoria
Publícase hoxe no DOG a resolución que modifica a convocatoria de OPE das categorías que inda non se examinaron.
Como estaba anunciado ábrese prazo para que @s aspirantes que dispoñan do certificado de galego requerido para as súas categorías poidan facelo chegar para quedar exentos de realizar o exame de galego. Este prazo remata o 31 de agosto.
Podedes ver a modificación tal como foi publicada premendo aqui.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 14-07-2009 09:23
Queres comentar ou preguntar algo?
traballador@s de IPISA continuarán a folga indefinida e anuncian un incremento das medidas de presión
A dirección pretendía que que o persoal desconvocase o paro sen garantir o cobro dos atrasos salariais

O venres 10 de xullo os traballadores e as traballadoras de IPISA desenvolvían o quinto día de folga indefinida e anunciaban un endurecemento das medidas de presión, diante da falta de avances na reunión mantida coa dirección da empresa. Os directivos da factoría de A Medua pretendían que o persoal desconvocase o paro anunciando que ían abonar a paga extraordinaria de marzo e parte do salario de abril nuns días, proposta que para a asemblea de traballadores/as resultou cativa e imprecisa, polo que xa avanzaron que non retomaran a actividade na fábrica até que non se faga efectivo o pago de dúas mensualidades.
Ás sete da maña o persoal de IPISA mantiña unha nova concentración nas instalacións de A Medua, de onde trasladou a protesta até as portas do Concello de O Barco. Así mesmo, na asemblea celebrada ao mediodía acordouse endurecer as protestas se a empresa non resolve a actual situación e exixiuse á administración unha maior implicación no conflito.

Dende a Unión Local da CIG de Valdeorras lembran que o superdelegado da Xunta en Ourense aínda non se puxo en contacto coa representación dos traballadores/as, a pesar de terse comprometido a iniciar xestións para sentar aos directivos de IPISA nunha mesa, co obxecto “de arranxar este grave problema”.

“Os traballadores as traballadoras xa están o límite, e estanse a vivir auténticas penurias por esta situación, que se poden agravar nos vindeiros días ou semanas, xa que con catro mensualidades sen cobrar, e un futuro incerto, dentro de un par de meses e cos nenos empezando o colexio, a situación poder insostible”, subliña, o responsábel da CIG de Valdeorras, Adriano Brito.

Chamamento ás autoridades laborais

Dende a CIG de Valdeorras realizouse un chamamento “a quen teña responsabilidades en materia laboral” para que aplique todo o peso da lexislación á empresa, obrigádoa a abonar todas as débedas contraídas co persoal.

Brito tamén solicitou á Subdelegación do Goberno que non tente premer aos traballadores/as para que desistan das súas protestas e reclamacións lexítimas, xa que durante toda a semana de folga non se rexistrou ningunha alteración da orde pública en toda a comarca. Neste senso, destaca que, aínda que os traballadores/as están a manifestarse pacificamente, o pasado xoves os responsábeis da Garda Civil advertiron que unha concentración non comunicada de máis de 20 persoas esta prohibida, e que a partires do venres procederían a identificar a cada unha das persoas participantes, así como a multalas por alteración da orde pública.

“A contestación nosa foi que pensamos que pola beirarrúa pode andar todo o mundo, mentres non ocupemos a rúa, pola beirarrúa poden andar as persoas que queiran. Ou cando hai unha visita de cen ou douscentos turistas por unha cidade ou vila, vai alguén pedirlle os permisos por andar tanta xente en grupo?”, preguntou o responsábel da CIG de Valdeorras.

Reunión sen avances

O pasado venres 10 de xuño a representación do persoal mantivo unha reunión coa dirección de IPISA, na que esta “propuxo” que os traballadores/as comezaran a traballar este luns, xa que o “martes ou mércores” ingresarían a todo o persoal a paga extraordinaria de marzo e unha parte do mes de abril.

Non obstante, a asemblea acordou continuar en folga indefinida até que a empresa abone a paga extraordinaria máis o mes de abril, e “se despois diso fixera algún xesto positivo, a asemblea decidirá no seu momento os pasos a seguir”, apuntou Brito.

Dende a CIG de Valdeorras tamén denunciaron que un dos directivos da louseira tentou incluír na reunión a persoas que non forman parte do Comité, segundo lles argumentou, porque son os traballadores máis antigos da empresa e o persoal “tenlle máis respecto”. Dende o Comité deixouse ben claro que non se aceptaría esta proposta “baixo ningún concepto. A representación é a que hai, e eses máis antigos se queren, que se presenten nas próximas eleccións sindicais”.

Fonte: Avantar.
Comentarios (0) - Categoría: CIG Valdeorras - Publicado o 13-07-2009 12:28
Queres comentar ou preguntar algo?
Escrito Conselleira sobre a área sanitaria
Velaqui o escrito que desde CIG-Saúde se lle acaba de enviar á Conselleira para que convoque a Mesa Sectorial a fin de expoñer o proxecto de unificación de áreas sanitarias, do que existe certo "escurantismo". Pensamos que é tema de Mesa Sectorial e esperamos que sexa convocada para que por fin se informe concretamente do que se pretende facer.

Ante a situación que se está a xerar nas distintas áreas sanitarias motivada polos reiterados posicionamentos que Vde. realiza perante a opinión pública, sobre a creación das áreas de xestión únicas e o que isto conleva, tanto no plano asistencial como laboral. Desde a CIG-SAÚDE solicitamos que antes de tomar ningunha decisión ao respecto se aborde este tema na Mesa Sectorial. Entendemos que este tema é competencia negociadora deste ámbito.

Neste momento as organizacións sindicais non dispoñemos de ningunha información do proxecto en cuestión; é polo que solicitamos que, á maior brevidade posible, se nos convoque á reunión de Mesa Sectorial para abordar este tema.

Agardando a súa resposta.

Un saúdo.

Compostela, 10 de xullo de 2009.

Asdo: Mª Xosé Abuín Alvarez.

Secretaria Nacional da CIG-SAÚDE.

Comentarios (0) - Categoría: somos unha área - Publicado o 10-07-2009 09:32
Queres comentar ou preguntar algo?
plataforma en defensa da sanidade publica
Onte creouse a plataforma en defensa da sanidade pública.

A asemblea convocada pola xunta de persoal acudiron un cento de persoas, entre eles varios alcaldes e representantes de partidos políticos e organizaciois de toda a área.

Ó rematar anotaronse unha trintena de persoas para elaborar os pasos a seguir por parte da plataforma ás que se sumarán media ducia de delegad@s da comisión de centro do HCV, que quedaron autoconvocados a unha reunión o mércores ás 20 horas no salón de actos do Concello de O Barco.

Aparte da de O Barco tamén parece seer que se poden ver afectadas as áreas de Lugo, é decir Burela e Monforte.
Comentarios (0) - Categoría: somos unha área - Publicado o 09-07-2009 14:19
Queres comentar ou preguntar algo?
publicadas listas definitivas de admitidos OPE
Publícase hoxe no DOG a Resolución da División de Recursos Humanos pola que acorda publicar as listaxes definitivas de aspirantes admitidos e excluídos de diversas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde convocado por resolución do 18 de febreiro de 2009 (DOG número 40 de 26 de febreiro).

As listaxes poden consultarse nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade do Servizo Galego de Saúde, centros de Xestión de Atención Primaria e especializada do Servizo Galego de Saúde e na páxina web do Sergas www.sergas.es. Tamén podedes acceder premendo aqui.

Poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado dende mañá (1 mes) ou contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza no prazo de 2 meses contados dende a mesma data.

Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 09-07-2009 09:19
Queres comentar ou preguntar algo?
MESA SECTORIAL CARREIRA ORDIARIA.8-07-09
Como era de esperar a reunión de hoxe foi máis decepcionante que as anteriores. A Admón, por medio da Directora de Recursos Humanos, trasmitiunos que, no contesto actual non poden asumir nin tan sequer o proxecto de carreira ordinaria que no seu día nos presentara o anterior equipo e que rexeitamos por insuficiente.
Como argumento utilizan que o goberno anterior non tiña feita a cuantificación económica. Unha vez que eles realizaron a cuantificación, o custe da implantación do modelo de entronque do anterior goberno ascendería a 12 millóns de euros; cantidade inasumible no contesto actual, e ademais fan continuas referencias ao custe que supón os distintos acordos que están en execución.
A proposta da Admón é deixar a negociación de carreira par o último trimestre do ano, vinculada ao financiamento autonómico.
Na rolda de intervencións das organizacións sindicais manifestamos o seguinte.
CIG-SAÚDE.
A Admón non pode pretender trasladar ás organizacións sindicais o debate do financiamento. A responsabilidade das organizacións sindicais é negociar acordos que melloren as condicións das/os traballadores. A responsabilidade da Admón é buscar o financiamento dos devanditos acordos. Se é cara ou non xa se sabia, pois a carreira non ten cotas, e dicir entraría en carreira todo o persoal que reunira os requisitos esixidos.
Por outra banda, non podemos vincular o acordo de carreira ao financiamento autonómico. O dito financiamento non recolle unha partida específica para sanidade e polo tanto o goberno pódeo destinar a outras “prioridades”. Ademais disto, como se ven recollendo nos medios de comunicación, o financiamento para Galiza será deficitario, xa que non contemplan nin o envellecemento da poboación nin a dispersión. O acordo de carreira só se pode vincular a unha decisión política.

Resto de organizacións sindicais.
solicitaron que lles enviara por escrito os datos que comunicaron na mesa: nº de persoas afectadas, datos da memoria económica , os 12 millóns de custe...
As organizacións sindicais non nos reunimos ao rematar a reunión, cada quen foise polo seu sitio. Apesares disto, parécenos oportuno convocalos a unha reunión para a próxima semana e intentar manter viva a plataforma para retomar as mobilizacións no mes de setembro.
No referente a funcionarios e laborais din que tampouco é asumible, xa que o custe de carreira deste persoal incrementaría o custe dos 12 millóns de euros.

Concurso de traslados do persoal facultativo.

Por parte da subdirección de asistencia sanitaria se nos informa de que manteñen o compromiso de convocar no concurso de traslados o 100% das prazas, só se reservan aquelas
prazas que condicionan a asistencia. A petición realizada polos centros referente ás prazas de alta especialización ascendía a 30 prazas. Unha vez recibidas estas peticións, solicitaron aos centros informes específicos que motivaran a devandita petición.

Como consecuencia disto, sorprendentemente, a Admón propón reservar só 4 prazas, as demais peticións foron rexeitadas.
Prazas de alta especialización que se cubriran como na OPE 2006.
.- 1 praza de Radioloxía intervencionista na Coruña e unha praza de Radioloxía Intervencionista en Ourense.
.- 1 praza de traumatólogo e unha praza de ciruxía plástica reparadora en Santiago. Estas prazas son as de ciruxía da man. Até a creacíon desta unidade, a ciruxía da man estaba concertada con Povisa.
En principio, comentamos que podíamos aceptar isto, alegrabámonos de que a prestación da ciruxía da man se incluíse dentro da rede pública.
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 08-07-2009 19:21
Queres comentar ou preguntar algo?
folga en IPISA
Os traballadores/as de IPISA acordan estender a folga ás empresas do grupo na provincia de Lugo

Os representantes do persoal manterán unha xuntanza co delegado da Xunta en Ourense para exporlles a súa crítica situación

Os traballadores e as traballadoras de IPISA acordaron, durante a asemblea celebrada na mañá do 7 de xullo, incrementar a intensidade das protestas e estender a convocatoria de folga a todas as empresas que o grupo ten na provincia de Lugo. Os máis de cen traballadores/as da louseira secundaron de xeito maioritario a segunda xornada de paro na fábrica de A Medua para exixir á dirección o pagamento das tres nóminas atrasadas e a paga extraordinaria de marzo.

Por volta das nove da mañá o conxunto do persoal de Iberoitaliana de Pizarras tomaba parte na asemblea xeral celebrada coincidindo coa segunda xornada de folga na louseira, convocada por CIG e CCOO. Durante a asemblea acordouse o calendario de accións a desenvolver durante esta semana e decidiuse incrementar a intensidade das protestas entendendo a convocatoria de folga ás demais empresas do Grupo situadas na provincia de Lugo.

A decisión chegaba logo do silenzo mantido pola dirección da louseira e ante a falta de resposta ás medidas de protesta. Así mesmo, dende a CIG de Valdeorras denunciouse que os responsábeis de IPISA recorreron á súa “habitual estratexia” para romper a unidade de acción e facer fracasar a folga: pagar unha parte dos cartos adebedados a un grupo de obreiros/as. Non obstante, nesta ocasión a medida non foi suficiente para frear as protestas.

Mala xestión e problemas entre socios

A través da folga, secundada polos máis de cen traballadores/as da fábrica de A Medua, o persoal de IPISA quere denunciar a difícil situación que atravesan, logo de levar máis de tres meses sen cobrar as nóminas, ás que lle hai que engadir as cantidades da paga extraordinaria de marzo.

Dende a Unión Local da CIG en Valdeorras sinalan que o impagamento dos salarios responde máis a unha cuestión de pésima xestión e problemas entre os distintos socios da empresa, que a unha mala situación económica nas finanzas da compañía.

De feito, os traballadores e traballadoras de IPISA teñen secundado mobilizacións e convocatorias de folga nos últimos meses por mor dos constantes atrasos no pagamento das nóminas, aínda que até o momento non tiñan chegado a unha situación tan complicada.

Reunión co “superdelegado” da Xunta

Durante o transcurso da asemblea, tamén se decidiu levar a cabo unha concentración diante do Concello de O Barco, a partir das sete da mañá do mércores 8 de xullo, e unha nova manifestación polas rúas de Valdeorras.

Posteriormente, ás 17:00 horas, os representantes dos traballadores/as manterán unha entrevista co delegado territorial da Xunta en Ourense, para explicar a situación na que se atopa o cadro de persoal de IPISA e reclamar á administración unha mediación neste conflito, así como que exixa á dirección da empresa que cumpra coas súas obrigas legais.

Manifestación solidaria

A vindeira semana tamén se convocará unha manifestación solidaria na que están chamados a participar todos os traballadores/as do sector, así como toda a cidadanía, para manifestar o seu apoio aos compañeiros e compañeiras de IPISA.
Comentarios (0) - Categoría: CIG Valdeorras - Publicado o 08-07-2009 11:43
Queres comentar ou preguntar algo?
Asemblea HCV sobre a área única
Hoxe levouse a cabo a Asemblea de traballadores e traballadoras do HCV sobre o tema da área única. Tiñamola convocada para as 13:30 hs, pero comezou algo máis tarde porque a Xerente do centro nos convocou a unha reunión previa para falar do tema.

Ante esta chamada, pensabamos que por fin o SERGAS pensara mellor o tema e que nos ían anunciar que finalmente ían deixar a área sanitaria como está, pero o que fixo a Xerente foi confirmarnos que seguen adiante co tema, que están a elaborar un borrador e que ten a firme convicción de que vai servir para mellorar a dotación do centro. Que nos explique como!

Ante a asemblea do persoal a Xunta de Persoal explicou tanto a "información" que nos facilitou a Xerente como as espectativas que se abren ante esta situación e as consecuencias que tería a supresión da área de O Barco. Tamén se aclararon todas as dúbidas que se prantexaron ali, inda que a propia Xunta de Persoal temos moitísimas dúbidas ante a falta de información e as ambigüedades ás que o SERGAS nos ten condentados.

Emprazouse a todo o mundo a que participara mañá na asemblea da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública (Salón de Actos do Edificio Multiusos do Concello do Barco, 20 hs) e comentouse que se realizará un calendario de mobilizacións, que se comunicará convenientemente, para que todo o persoal implicado poida participar activamente na denuncia desta "volta atrás no tempo".
Comentarios (0) - Categoría: somos unha área - Publicado o 07-07-2009 15:08
Queres comentar ou preguntar algo?
borrador cambios convocatoria
Parece ser que o SERGAS ao final recúa nas modificacións que pretendía introducir na convocatoria xunto coa do galego e o borrador finalmente vai quedar asi:

ANEXO III

EXERCICIOS PARA TODAS AS CATEGORÍAS: (excepto grupo técnico da función administrativa, grupo de xestión da función administrativa, ATS/DUE, enfermeiro/a de saúde mental, fisioterapeuta, logopeda, matrón/a, terapeuta ocupacional, grupo administrativo da función administrativa, cociñeiro, grupo auxiliar da función administrativa e persoal de servizos xerais)

1º Exercicio: (eliminatorio)

Consistirá na realización, en unidade de acto, dun único exercicio con dúas partes diferenciadas, nun prazo máximo de 150 minutos:

1.- Contestación por escrito de 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 5 preguntas de reserva, sobre o contido da parte específica do programa.
2. Contestación por escrito de 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 5 preguntas de reserva, de supostos prácticos sobre os temas da parte específica do programa con contido relacionado coas competencias profesionais da categoría.

Este exercicio será valorado de 0 a 50 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do valor do mesmo.

2º Exercicio (obrigatorio e non eliminatorio):

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, sobre o contido da parte común do programa (temas un a oito, ambos inclusive), nun prazo máximo de 15 minutos, de cuxa contestación estarán exentos os/as aspirantes de promoción interna.

Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.

3º Exercicio (obrigatorio e non eliminatorio):

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, mediante o que se evidencie o coñecemento por parte dos/as aspirantes da lingua galega nun prazo máximo de 15 minutos.

Estarán exentos da realización deste exercicio os aspirantes que acrediten posuír os cursos de coñecemento da lingua galega que, para cada categoría, se especifican a continuación ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido na Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, aos que se lles asignarán 5 puntos.

- Enxeñeiro/a técnico/a, traballador/a social, técnico/a especialista en hixiene bucal, técnico/a especialista en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a especialista en laboratorio de diagnóstico clínico, técnico/a especialista en imaxe para o diagnóstico clínico, técnico/a especialista en radioterapia, técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información: Celga 4 ou equivalente (curso de perfeccionamento da lingua galega).

- Albanel, auxiliar de enfermaría, calefactor/a, carpinteiro/a, costureiro/a, electricista, fontaneiro/a, mecánico/a, perruqueiro/a e telefonista: Celga 3 ou equivalente (curso de iniciación da lingua galega).

- Celador/a, lavandeiro/a, pasador/a de ferro e pinche: Celga 2 ou equivalente.

GRUPO TÉCNICO DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA:

1º Exercicio (eliminatorio):

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 60 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 5 preguntas de reserva, sobre o contido da parte común e da parte xeral do programa, nun prazo máximo de 75 minutos.

O número de preguntas relativas á parte común do temario (temas un a oito, ambos inclusive) será de 10, de cuxa contestación estarán exentos os/as aspirantes de promoción interna.

Este exercicio será valorado de 0 a 30 puntos, excepto para os/as aspirantes de promoción interna para os/as que terá unha puntuación de 25 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do valor do mesmo.

2º Exercicio (eliminatorio):

Resolución por escrito de un ou varios supostos prácticos, no tempo máximo de 90 minutos, relacionados coa parte específica do programa.

Para a realización deste exercicio os/as aspirantes poderán utilizar toda clase de textos normativos non comentados que consideren axeitados. Nesta proba valorarase o rigor analítico, a sistemática e a claridade de ideas a prol da elaboración dunha proposta razoada.

Este exercicio será valorado de 0 a 15 puntos.

Todos aqueles exercicios que non acaden a puntuación mínima esixida para superar a proba, serán cualificados directamente como “Non apto”.

3º Exercicio (eliminatorio):

Consistirá en desenvolver por escrito, no prazo máximo de 120 minutos, dous temas, un da parte xeral e outro da parte específica do programa, elixido polo/a aspirante entre dous sorteados ó chou de cada unha das partes do mesmo.

Este exercicio deberá ser lido obrigatoriamente ante el Tribunal polo/a aspirante, apreciándose, fundamentalmente, a capacidade e formación xeral, a claridade de ideas, a precisión e rigor na exposición e a calidade de expresión escrita.

Este exercicio será valorado de 0 a 10 puntos.

Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do valor do mesmo.

Todos aqueles exercicios que non acaden a puntuación mínima esixida para superar a proba, serán cualificados directamente como “Non apto”.

4º Exercicio (obrigatorio e non eliminatorio):

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, mediante o que se evidencie o coñecemento por parte dos/as aspirantes da lingua galega nun prazo máximo de 15 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

Estarán exentos da realización deste exercicio os aspirantes que acrediten posuír o Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido na Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, aos que se lles asignarán 5 puntos.

GRUPO DE XESTIÓN DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA:

1º Exercicio (eliminatorio):

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 60 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 5 preguntas de reserva, sobre o contido do programa, nun prazo máximo de 75 minutos.

O número de preguntas relativas á parte común do temario (temas un a oito, ambos inclusive) será de 10, de cuxa contestación estarán exentos os/as aspirantes de promoción interna.

Este exercicio será valorado de 0 a 30 puntos, excepto para os/as aspirantes de promoción interna para os/as que terá unha puntuación de 25 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do valor do mesmo.

2º Exercicio (eliminatorio):

Resolución por escrito de un ou varios supostos prácticos, no tempo máximo de 90 minutos, relacionados coa parte específica do programa.

Para a realización deste exercicio os/as aspirantes poderán utilizar toda clase de textos normativos non comentados que consideren axeitados. Nesta proba valorarase o rigor analítico, a sistemática e a claridade de ideas a prol da elaboración dunha proposta razoada.

Este exercicio será valorado de 0 a 15 puntos.

Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do valor do mesmo.

Todos aqueles exercicios que non acaden a puntuación mínima esixida para superar a proba, serán cualificados directamente como “Non apto”.

3º Exercicio (eliminatorio):

Consistirá en desenvolver por escrito, no prazo máximo de 120 minutos, dous temas da parte específica do programa, elixido polo/a aspirante entre catro sorteados ó chou entre os temas da parte específica do programa.

Este exercicio deberá ser lido obrigatoriamente ante el Tribunal polo/a aspirante, apreciándose, fundamentalmente, a capacidade e formación xeral, a claridade de ideas, a precisión e rigor na exposición e a calidade de expresión escrita.

Este exercicio será valorado de 0 a 10 puntos.

Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do valor do mesmo.

Todos aqueles exercicios que non acaden a puntuación mínima esixida para superar a proba, serán cualificados directamente como “Non apto”.

4º Exercicio (obrigatorio e non eliminatorio):

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, mediante o que se evidencie o coñecemento por parte dos/as aspirantes da lingua galega nun prazo máximo de 15 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

Estarán exentos da realización deste exercicio os aspirantes que acrediten posuír o Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido na Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, aos que se lles asignarán 5 puntos.

ATS/DUE, ENFERMEIRO/A DE SAÚDE MENTAL, FISIOTERAPEUTA, LOGOPEDA, MATRÓN/A E TERAPEUTA OCUPACIONAL

1º Exercicio: (eliminatorio)

Consistirá na realización, en unidade de acto, dun único exercicio, con tres partes diferenciadas, nun prazo máximo de 150 minutos:

1. Contestación por escrito de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, sobre o contido da parte común a todas as diplomaturas sanitarias do programa (temas nove a dezaoito, ambos inclusive), de cuxa contestación estarán exentos os/as aspirantes de promoción interna que pertenzan a unha categoría de diplomado/a sanitario/a.

2.- Contestación por escrito de 45 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 4 preguntas de reserva, sobre o contido da parte específica do programa.

3. Contestación por escrito de 45 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 4 preguntas de reserva, de supostos prácticos sobre os temas da parte específica do programa con contido relacionado coas competencias profesionais da categoría.

Este exercicio será valorado de 0 a 50 puntos, excepto para os/as aspirantes de promoción interna que pertenzan a unha categoría de diplomado/a sanitario/a para os/as que terá unha puntuación de 45 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do valor do mesmo.

2º Exercicio (obrigatorio e non eliminatorio):

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, sobre o contido da parte común do programa (temas un a oito, ambos inclusive), nun prazo máximo de 15 minutos, de cuxa contestación estarán exentos os/as aspirantes de promoción interna.

Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

3º Exercicio (obrigatorio e non eliminatorio):

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, mediante o que se evidencie o coñecemento por parte dos/as aspirantes da lingua galega nun prazo máximo de 15 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

Estarán exentos da realización deste exercicio os aspirantes que acrediten posuír o Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido na Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, aos que se lles asignarán 5 puntos.

GRUPO ADMINISTRATIVO DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA:

1º Exercicio: (eliminatorio)

Consistirá na realización, en unidade de acto, dun único exercicio, con dúas partes diferenciadas, nun prazo máximo de 150 minutos:

1.- Contestación por escrito de 60 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 5 preguntas de reserva, sobre o contido do programa.

O número de preguntas relativas á parte común do temario (temas un a oito, ambos inclusive) será de 10, de cuxa contestación estarán exentos os/as aspirantes de promoción interna.

2. Contestación por escrito de 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 5 preguntas de reserva, de supostos prácticos sobre os temas da parte específica do programa con contido relacionado coas competencias profesionais da categoría.

Este exercicio será valorado de 0 a 55 puntos, excepto para os/as aspirantes de promoción interna para os/as que terá unha puntuación de 50 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do valor do mesmo.

2º Exercicio (obrigatorio e non eliminatorio):

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, mediante o que se evidencie o coñecemento por parte dos/as aspirantes da lingua galega nun prazo máximo de 15 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

Estarán exentos da realización deste exercicio os aspirantes que acrediten posuír o Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido na Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, aos que se lles asignarán 5 puntos.

COCIÑEIRO

1º Exercicio (eliminatorio):

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 5 preguntas de reserva, sobre o contido da parte específica do programa nun prazo máximo de 75 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 25 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do valor do mesmo.

2º Exercicio (eliminatorio):

Consistirá na realización dunha proba de carácter práctico de cociña para a demostración das aptitudes, destrezas e capacidade profesional en relación coas funcións propias da categoría, co tempo e cos medios que o tribunal estime axeitados.

Este exercicio será valorado de 0 a 25 puntos.

Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do valor do mesmo.

Todos aqueles exercicios que non acaden a puntuación mínima esixida para superar a proba, serán cualificados directamente como “Non apto”.

3º Exercicio (obrigatorio e non eliminatorio):

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, sobre o contido da parte común do programa (temas un a oito, ambos inclusive), nun prazo máximo de 15 minutos, de cuxa contestación estarán exentos os/as aspirantes de promoción interna.

Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

4º Exercicio (obrigatorio e non eliminatorio):

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, mediante o que se evidencie o coñecemento por parte dos/as aspirantes da lingua galega nun prazo máximo de 15 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

Estarán exentos da realización deste exercicio os aspirantes que acrediten posuír o Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido na Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, aos que se lles asignarán 5 puntos.

AUXILIARES DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA E PERSOAL DE SERVICIOS XERAIS:

1º Exercicio (eliminatorio):

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 60 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 5 preguntas de reserva, sobre o contido do programa nun prazo máximo de 75 minutos.

O número de preguntas relativas á parte común do temario (temas un a oito, ambos inclusive) será de 10, de cuxa contestación estarán exentos os/as aspirantes de promoción interna.

Este exercicio será valorado de 0 a 30 puntos, excepto para os/as aspirantes de promoción interna para os/as que terá unha puntuación de 25 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do valor do mesmo.

2º Exercicio (eliminatorio):

Consistirá na realización dunha proba de contido práctico co ordenador a través da que se evidencie o coñecemento polos/as aspirantes da materia informática e da súa aplicación práctica, sobre manexo de paquetes ofimáticos (folla de cálculo e procesador de textos) na versión 2007 de Microsoft Office, no tempo e cos medios que o tribunal estime axeitados.

O tribunal por cuestión de índole organizativa poderá propoñer exercicios distintos de similares características, que serán sorteados ó chou nos correspondentes chamamentos parciais.

Este exercicio será valorado de 0 a 25 puntos.

Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do valor do mesmo.

Todos aqueles exercicios que non acaden a puntuación mínima esixida para superar a proba, serán cualificados directamente como “Non apto”.

3º Exercicio (obrigatorio e non eliminatorio):

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, mediante o que se evidencie o coñecemento por parte dos/as aspirantes da lingua galega nun prazo máximo de 15 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

Estarán exentos da realización deste exercicio os aspirantes que acrediten posuír o Celga 3 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido na Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, aos que se lles asignarán 5 puntos
.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 07-07-2009 14:54
Queres comentar ou preguntar algo?
aclaración CELGA
estannos a entrar moitas preguntas sobre se hai que convalidar ou non a certificación que dan no instituto dos cursos cursados de galego.
Ante tanta pregunta trasladamoslla ó SERGAS, e nos din que NON hai que convalidar nada, ese certificado serve perfectamente, polo tanto podedes presentalo sen problema ningún.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 07-07-2009 10:08
Queres comentar ou preguntar algo?
Información ope
Confirmado que o SERGAS ten reservados os pabellóns de Silleda todas as fins de semana de Outubro e a primeira fin de semana de Novembro, para convocar as probas selectivas das categorías restantes da OPE.

Públicaran no DOG as datas concretas por categorias, tribunais, ... neste mes de xullo.
Ademais, para estas categorias, para as persoas que teñan que presentar o certificado de galego para non ter que facer a proba de coñecemento do idioma, publicarán unha resolución en xullo e o prazo rematará o 31 de agosto (os cursos de galego terán que estar realizados con anterioridade ao último día de presentación da solicitudes de incripción na OPE).

As notas de facultativos que realizaron as probas o día 27 de xuño sairán publicadas, segundo as súas previsións, a finais do presente mes de xullo, coa excepción da nota de galego, que quedará posposta para o mes de setembro, despois de cotexar os certificados de coñecemento do galego aportados, xa que ramata o prazo o día 31 de xullo. A presentación de méritos, no mes de outubro.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 06-07-2009 12:32
Queres comentar ou preguntar algo?
OPE: galego modificación outras categorias (borrador)
Este é o borrador da resolución que modificará a convocatoria da OPE das categorías que inda non se examinaron. Será publicada en breve.

RESOLUCIÓN DO 6 DE XULLO DE 2009, DA XERENCIA DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE POLA QUE SE MODIFICA A RESOLUCIÓN DA SECRETARIA XERAL DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE DO 18 DE FEBREIRO DE 2009 POLA QUE SE CONVOCA CONCURSO-OPOSICIÓN PARA O INGRESO EN DIVERSAS CATEGORÍAS DE PERSOAL ESTATUTARIO.

Por Resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 18 de febreiro de 2009 (DOG nº 40, do 26 de febreiro), convocouse concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario.

Entre os exercicios da fase de oposición que se establecen no Anexo III da devandita resolución, figura un exercicio sobre o contido da parte común do programa (temas un a oito, inclusive), que de conformidade co establecido no artigo 35 do Decreto Lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, se realizaría exclusivamente en lingua galega.

Por outra banda, e respecto ao exercicio de coñecemento da lingua galega, non se contempla a exención da súa realización para os aspirantes que estean en posesión dos cursos de coñecemento da lingua galega.

A Lei 2/2009, do 23 de xuño, de modificación do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo Decreto Lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, modifica a redacción do devandito artigo 35 e na disposición transitoria única establece a aplicación da liberdade de elección de lingua galega e de lingua castelá nos procesos selectivos en curso respecto dos exercicios que aínda non estean realizados.

De conformidade co anterior, e tendo en conta que a realización dos exercicios da fase de oposición para o ingreso nas citadas categorías está prevista a partires do vindeiro mes de outubro, procede adaptar a devandita resolución á nova redacción do artigo 35 do Decreto Lexislativo 1/2008, do 13 de marzo antes citado.

Este centro directivo, en uso da competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio polo que se establece la estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVE

Primeiro.- Modificar a base sétima da Resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 18 de febreiro de 2009 (DOG nº 40, do 26 de febreiro), pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario, que terá a seguinte redacción:

1.- Para o acceso a todas as categorías convocadas, os/as aspirantes da quenda de promoción interna estarán exentos/as de contestar as preguntas sobre o contido da parte común do programa (temas un a oito, ambos inclusive).

2.- Ademais, para o acceso ás categorías do grupo técnico e grupo de xestión da función administrativa, os/as aspirantes que pertenzan a unha categoría da función administrativa do grupo de clasificación inmediatamente inferior ao da categoría á que aspiran, estarán exentos/as de realizar o terceiro exercicio de desenvolvemento de temas.

3.- Ase mesmo os/as aspirantes que pertenzan á categoría do grupo auxiliar da función administrativa e aspiren a acceder á categoría de persoal de servizos xerais así como aqueles/as que pertenzan á categoría de persoal de servizos xerais que aspiren a acceder á categoría do grupo auxiliar da función administrativa, estarán exentos/as de realizar o segundo exercicio de contido práctico co ordenador.

4.- Igualmente, para o acceso a categorías de diplomados/as sanitarios/as (ATS/DUE, enfermeiro/a de saúde mental, fisioterapeuta, logopeda, matrón/a e terapeuta ocupacional), os/as aspirantes que pertenzan a unha categoría de diplomado/a sanitario/a estarán exentos/as de contestar as preguntas relativas aos temas do nove ao dezaoito do programa, ambos inclusive.

5.- Para determinar a orde de prelación entre os/as aspirantes da quenda de promoción interna de todas as categorías convocadas, excepto as de diplomados/as Sanitarios/as, só se terán en conta as puntuacións dos exercicios comúns para todas as quendas de acceso así como a puntuación do correspondente baremo. Para as categorías de Diplomados/as Sanitarios/as só se terán en conta as puntuacións da primeira e terceira parte do primeiro exercicio así como a puntuación do correspondente baremo.

6.- O persoal seleccionado pola quenda de promoción interna terá preferencia para a elección de prazas respecto ao persoal seleccionado polas demais quendas, sen prexuízo do establecido no número sete da Base Oitava, respecto das persoas con discapacidade.

Segundo.- Modificar o anexo III da devandita resolución, que terá a seguinte redacción:

ANEXO III

EXERCICIOS PARA TODAS AS CATEGORÍAS: (excepto grupo técnico da función administrativa, grupo de xestión da función administrativa, ATS/DUE, enfermeiro/a de saúde mental, fisioterapeuta, logopeda, matrón/a, terapeuta ocupacional, cociñeiro, grupo auxiliar da función administrativa e persoal de servizos xerais)

1º Exercicio (eliminatorio):

Consistirá na realización, en unidade de acto, dun único exercicio con dúas partes diferenciadas, nun prazo máximo de 180 minutos:

1.- Contestación por escrito de 60 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, mais 5 preguntas de reserva, sobre o contido do programa, das que as 10 primeiras preguntas serán sobre a parte común do programa (temas un a oito), de cuxa contestación estarán exentos os/as aspirantes de promoción interna.

2. Contestación por escrito de 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, mais 5 preguntas de reserva, de supostos prácticos sobre os temas da parte específica do programa con contido relacionado coas competencias profesionais da categoría.

Este exercicio será valorado de 0 a 55 puntos, excepto para os/as aspirantes de promoción interna para os/as que terá unha puntuación de 50 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do valor do mesmo.

2º Exercicio (obrigatorio e non eliminatorio):

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, mais 2 preguntas de reserva, mediante o que se evidencie o coñecemento por parte dos/as aspirantes da lingua galega nun prazo máximo de 15 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

Estarán exentos da realización deste exercicio os aspirantes que acrediten posuír os cursos de coñecemento da lingua galega que, para cada categoría, se especifican a continuación ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido na Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, aos que se lles asignarán 5 puntos.

- Enxeñeiro/a técnico/a, traballador/a social, técnico/a especialista en hixiene bucal, técnico/a especialista en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a especialista en laboratorio de diagnóstico clínico, técnico/a especialista en imaxe para o diagnóstico clínico, técnico/a especialista en radioterapia, técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información, grupo administrativo da función administrativa e cociñeiro: Celga 4 ou equivalente (curso de perfeccionamento da lingua galega).

- Albanel, auxiliar de enfermaría, calefactor/a, carpinteiro/a, costureiro/a, electricista, fontaneiro/a, mecánico/a, perruqueiro/a e telefonista: Celga 3 ou equivalente (curso de iniciación da lingua galega).

- Celador/a, lavandeiro/a, pasador/a de ferro e pinche: Celga 2 ou equivalente.

GRUPO TÉCNICO DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA:

1º Exercicio (eliminatorio):

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, mais 5 preguntas de reserva, sobre o contido da parte común e da parte xeral do programa, das que as 10 primeiras preguntas serán sobre a parte común do programa (temas un a oito), de cuxa contestación estarán exentos os/as aspirantes de promoción interna, nun prazo máximo de 90 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 25 puntos, excepto para os/as aspirantes de promoción interna para os/as que terá unha puntuación de 20 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do valor do mesmo.

2º Exercicio (eliminatorio):

Resolución por escrito de un ou varios supostos prácticos, no tempo máximo de 120 minutos, relacionados coa parte específica do programa.

Para a realización deste exercicio os/as aspirantes poderán utilizar toda clase de textos normativos non comentados que consideren axeitados. Nesta proba valorarase o rigor analítico, a sistemática e a claridade de ideas a prol da elaboración dunha proposta razoada.

Este exercicio será valorado de 0 a 15 puntos.

Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do valor do mesmo.

Todos aqueles exercicios que non acaden a puntuación mínima esixida para superar a proba, serán cualificados directamente como “Non apto”.

3º Exercicio (eliminatorio):

Consistirá en desenvolver por escrito, no prazo máximo de 180 minutos, dous temas, un da parte xeral e outro da parte específica do programa, elixido polo/a aspirante entre dous sorteados ó chou de cada unha das partes do mesmo.

Este exercicio deberá ser lido obrigatoriamente ante el Tribunal polo/a aspirante, apreciándose, fundamentalmente, a capacidade e formación xeral, a claridade de ideas, a precisión e rigor na exposición e a calidade de expresión escrita.

Este exercicio será valorado de 0 a 15 puntos.

Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do valor do mesmo.

Todos aqueles exercicios que non acaden a puntuación mínima esixida para superar a proba, serán cualificados directamente como “Non apto”.

4º Exercicio (obrigatorio e non eliminatorio):

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, mais 2 preguntas de reserva, mediante o que se evidencie o coñecemento por parte dos/as aspirantes da lingua galega nun prazo máximo de 15 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

Estarán exentos da realización deste exercicio os aspirantes que acrediten posuír o Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido na Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, aos que se lles asignarán 5 puntos.

GRUPO DE XESTIÓN DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA:

1º Exercicio (eliminatorio):

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, mais 5 preguntas de reserva, sobre o contido do programa, das que as 10 primeiras preguntas serán sobre a parte común do programa (temas un a oito), de cuxa contestación estarán exentos os/as aspirantes de promoción interna, nun prazo máximo de 90 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 25 puntos, excepto para os/as aspirantes de promoción interna para os/as que terá unha puntuación de 20 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do valor do mesmo.

2º Exercicio (eliminatorio):

Resolución por escrito de un ou varios supostos prácticos, no tempo máximo de 120 minutos, relacionados coa parte específica do programa.

Para a realización deste exercicio os/as aspirantes poderán utilizar toda clase de textos normativos non comentados que consideren axeitados. Nesta proba valorarase o rigor analítico, a sistemática e a claridade de ideas a prol da elaboración dunha proposta razoada.

Este exercicio será valorado de 0 a 15 puntos.

Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do valor do mesmo.

Todos aqueles exercicios que non acaden a puntuación mínima esixida para superar a proba, serán cualificados directamente como “Non apto”.

3º Exercicio (eliminatorio):

Consistirá en desenvolver por escrito, no prazo máximo de 180 minutos, dous temas da parte específica do programa, elixido polo/a aspirante entre catro sorteados ó chou entre os temas da parte específica do programa.

Este exercicio deberá ser lido obrigatoriamente ante el Tribunal polo/a aspirante, apreciándose, fundamentalmente, a capacidade e formación xeral, a claridade de ideas, a precisión e rigor na exposición e a calidade de expresión escrita.

Este exercicio será valorado de 0 a 15 puntos.

Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do valor do mesmo.

Todos aqueles exercicios que non acaden a puntuación mínima esixida para superar a proba, serán cualificados directamente como “Non apto”.

4º Exercicio (obrigatorio e non eliminatorio):

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, mais 2 preguntas de reserva, mediante o que se evidencie o coñecemento por parte dos/as aspirantes da lingua galega nun prazo máximo de 15 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

Estarán exentos da realización deste exercicio os aspirantes que acrediten posuír o Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido na Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, aos que se lles asignarán 5 puntos.

ATS/DUE, ENFERMEIRO/A DE SAÚDE MENTAL, FISIOTERAPEUTA, LOGOPEDA, MATRÓN/A E TERAPEUTA OCUPACIONAL

1º Exercicio: (eliminatorio)

Consistirá na realización, en unidade de acto, dun único exercicio, con tres partes diferenciadas, nun prazo máximo de 180 minutos:

1.- Contestación por escrito de 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, mais 5 preguntas de reserva, sobre o contido do programa, das que as 10 primeiras preguntas serán sobre a parte común do programa (temas un a oito), de cuxa contestación estarán exentos os/as aspirantes de promoción interna.

2. Contestación por escrito de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, mais 2 preguntas de reserva, sobre o contido da parte común a todas as diplomaturas sanitarias do programa (temas nove a dezaoito, inclusive), de cuxa contestación estarán exentos os/as aspirantes de promoción interna que pertenzan a unha categoría de diplomado/a sanitario/a.

3. Contestación por escrito de 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, mais 5 preguntas de reserva, de supostos prácticos sobre os temas da parte específica do programa con contido relacionado coas competencias profesionais da categoría.

Este exercicio será valorado de 0 a 55 puntos, excepto para os/as aspirantes de promoción interna para os/as que terá unha puntuación de 50 puntos así como para os/as aspirantes de promoción interna que pertenzan a unha categoría de diplomado/a sanitario/a para os/as que terá unha puntuación de 45 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do valor do mesmo.

2º Exercicio (obrigatorio e non eliminatorio):

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, mais 2 preguntas de reserva, mediante o que se evidencie o coñecemento por parte dos/as aspirantes da lingua galega nun prazo máximo de 15 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

Estarán exentos da realización deste exercicio os aspirantes que acrediten posuír o Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido na Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas me Xustiza, do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, aos que se lles asignarán 5 puntos.

COCIÑEIRO

1º Exercicio (eliminatorio):

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 60 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, mais 5 preguntas de reserva, sobre o contido da parte específica do programa, das que as 10 primeiras preguntas serán sobre a parte común do programa (temas un a oito), de cuxa contestación estarán exentos os/as aspirantes de promoción interna, nun prazo máximo de 90 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 30 puntos, excepto para os/as aspirantes de promoción interna para os/as que terá unha puntuación de 25 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do valor do mesmo.

2º Exercicio (eliminatorio):

Consistirá na realización dunha proba de carácter práctico de cociña para a demostración das aptitudes, destrezas e capacidade profesional en relación coas funcións propias da categoría, co tempo e cos medios que o tribunal estime axeitados.

Este exercicio será valorado de 0 a 25 puntos.

Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do valor do mesmo.

Todos aqueles exercicios que non acaden a puntuación mínima esixida para superar a proba, serán cualificados directamente como “Non apto”.

3º Exercicio (obrigatorio e non eliminatorio):

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, mais 2 preguntas de reserva, mediante o que se evidencie o coñecemento por parte dos/as aspirantes da lingua galega nun prazo máximo de 15 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

Estarán exentos da realización deste exercicio os aspirantes que acrediten posuír o Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido na Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, aos que se lles asignarán 5 puntos.

AUXILIARES DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA E PERSOAL DE SERVIZOS XERAIS:

1º Exercicio (eliminatorio):

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 60 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, mais 5 preguntas de reserva, sobre o contido do programa, das que as 10 primeiras preguntas serán sobre a parte común do programa (temas un a oito), de cuxa contestación estarán exentos os/as aspirantes de promoción interna nun prazo máximo de 90 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 30 puntos, excepto para os/as aspirantes de promoción interna para os/as que terá unha puntuación de 25 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do valor do mesmo.

2º Exercicio (eliminatorio):

Consistirá na realización dunha proba de contido práctico co ordenador a través da que se evidencie o coñecemento polos/as aspirantes da materia informática e da súa aplicación práctica, sobre manexo de paquetes ofimáticos (folla de cálculo e procesador de textos) na versión 2007 de Microsoft Office, no tempo e cos medios que o tribunal estime axeitados.

O tribunal por cuestión de índole organizativa poderá propoñer exercicios distintos de similares características, que serán sorteados ó chou nos correspondentes chamamentos parciais.

Este exercicio será valorado de 0 a 25 puntos.

Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do valor do mesmo.

Todos aqueles exercicios que non acaden a puntuación mínima esixida para superar a proba, serán cualificados directamente como “Non apto”.

3º Exercicio (obrigatorio e non eliminatorio):

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, mais 2 preguntas de reserva, mediante o que se evidencie o coñecemento por parte dos/as aspirantes da lingua galega nun prazo máximo de 15 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

Estarán exentos da realización deste exercicio os aspirantes que acrediten posuír o Celga 3 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido na Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, aos que se lles asignarán 5 puntos.

Terceiro.- Abrir o prazo, ata o 31 de agosto de 2009, inclusive, para que os aspirantes admitidos ao proceso selectivo convocado pola Resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 18 de febreiro de 2009 (DOG nº 40, do 26 de febreiro), convocouse concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario presenten, na Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde (Edificio administrativo San Lázaro s/n, 15.703, Santiago de Compostela) copia cotexada do correspondente curso de coñecemento de galego ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística ou a validación correspondente de conformidade co establecido na Orde da Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 16 de xullo de 2007 (D.O.G. nº 146, do 30 de xullo).

A devandita documentación poderá presentarse en calquera dos lugares sinalados no parágrafo 4 da base terceira da Resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 18 de febreiro de 2009.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 06-07-2009 11:54
Queres comentar ou preguntar algo?
SOMOS UNHA ÁREA: asemblea de persoal e da plataforma
Onte a Xunta de persoal da área sanitaria de O Barco deu unha rolda de prensa anunciando asemblea de persoal para iniciar mobilizaciois contra da supresión da área de saúde de O Barco.
a asemblea de persoal será o martes 7 ás 13,30 no salón de actos do HCV.
A convocatoria da plataforma en defesa da sanidade pública será o mércores ás 20 horas no salón de actos do Concello de O Barco, xa temos contactado coa maior parte dos rexidores dos concellos desta área.
Comentarios (0) - Categoría: somos unha área - Publicado o 03-07-2009 13:00
Queres comentar ou preguntar algo?
acreditación coñecemento de galego OPE
No DOG de hoxe publícase resolución que abre prazo para que as persoas das categorías que se examinaron o pasado sábado 27 de xuño que dispoñan dos certificados correspondentes ao Celga 4 ou equivalentes poidan acreditalo a fin de estar exentas do exercicio de galego da OPE. Segundo esta resolución @s "aspirantes que acrediten estar en posesión dos devanditos cursos de coñecemento da lingua galega adxudicaráselles no terceiro exercicio unha puntuación de 5 puntos".

Texto da resolución:

Abrir o prazo, ata o 31 de xullo de 2009, inclusive, para que os aspirantes admitidos ao proceso selectivo convocado polas resolucións da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 11 de decembro de 2008, polas cales se convocou concurso-oposición para o ingreso nas categorías de facultativo especialista de área de diversas especialidades, médico de urxencias hospitalarias, médico de familia de atención primaria, pediatra de atención primaria, farmacéutico de atención primaria, odontólogo de atención primaria e médico coordinador do 061, presenten, na Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde (edificio administrativo San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela), copia cotexada do Celga 4 ou equivalente, debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística, ou a validación correspondente de conformidade co establecido na orde da Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 16 de xullo de 2007 (DOG nº 146, do 30 de xullo).
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 03-07-2009 09:35
Queres comentar ou preguntar algo?
METAL DE PONTEVEDRA: A loita continua
Onte chegaron a Santiago miles de traballadores e traballadoras do Metal da provincia de Pontevedra, despois de percorrer a pe o tramo entre as duas cidades, para reivindicar un convenio xusto.
Levan xa 21 dias de folga, mobilizándose e tendo tropezos cos antidustirbios que non escatiman bolas de goma para defender os intereses da patronal. Dende os principais medios de comunicación estase a dar unha imaxe de delincuentes de quén en realidade son traballadores e traballadoras que loitan con tódolos medios que teñen a súa disposición para defender os seus dereitos.
Chamounos a atención un comentario deixado en vieiros que sintetiza o que realmente realmente significan estes compañeiros e compañeiras para a loita da clase obreira galega, na cal nós, o persoal da sanidade tamén nos sentimos parte.

Que lección están a dar os traballdores do metal a toda esta esquerda "posmoderna", socialdemócrata, "reformuladora" de realidades que proclamaron mortas...
Dixéronnos: a clase obreira morreu!; a loita de clases xa non existe!; os traballadores xa non saben loitar!...
Pero velaí como desbotan tanto tópico, tanta intoxicación, tanto liderado de cartón-pedra que só procura acadar a gran cadeira do poder institucional.
Un exemplo o que nos están a dar os obreiros do metal que non se esquecerá tan doadamente e que abirá sen dúbida novas vías de reflexión na esquerda...
Porque mal que lles pese a algúns, o anticapitalismo non morreu

deixamos tamén o post publicado en vieiros da chegada a Santiago.

Milleiros de traballadores do metal toman Compostela

Logo de 20 días de mobilizacións, os folguistas fan unha demostración de forza nas rúas santiaguesas.

O son dun helicóptero policial anunciaba a chegada da columna de obreiros. Máis de tres milleiros de traballadores do metal entraban en Santiago vixiados por un amplo dispositivo de axentes antidisturbios camiño da sede central da Xunta de Galiza. Os folguistas completaban así o seu segundo día de marcha logo de partir a andar dende Pontevedra e facer noite o luns en Padrón. As consignas a prol dunha negociación do convenio centraban os cánticos dos manifestantes á súa entrada na cidade.

A conselleira de Traballo pídelle ás partes do conflito do metal que "avancen nas negociacións" porque "estamos ao límite"
A conselleira de Benestar Social e Traballo, Beatriz Mato, pediulles este martes a sindicatos e empresarios, coincidindo coa chegada da marcha dos operarios do Metal a Compostela, "que lle confirmen a Galiza que están dispostos" a solucionar o conflito do sector, e expresou a súa "firme esperanza" de que esa solución chegue este semana ou "mesmo hoxe" -por este martes-, na xuntanza prevista entre as partes a partir das 18h00 horas no edificio administrativo da Xunta en Vigo.

En declaracións aos medios, Mato lembrou que sindicatos e patronal lle trasladaron xa a pasada semana a súa "vontade de negociar e de chegar a un acordo". Así mesmo, apuntou que as partes "son conscientes da gravidade da situación" e de que "moitos sectores están a piques de facer crack". Alén disto, a conselleira apelou á responsabilidade de ámbalas dúas partes, e precisou que a Xunta non recibiu resposta dos sindicatos sobre do rexeitamento -que xa manifestaron publicamente- á proposta de incremento salarial realizado polos mediadores. Segundo a titular de Traballo, sindicatos e empresarios manifestáronlle nos últimos contactos que mantivo con eles, a súa "vontade de chegar a acordo", polo que afirmou que confiaba "na palabra desta xente".

"Galiza xa non aguanta máis este conflito"
A conselleira tamén advertiu que "Galiza xa non aguanta máis este conflito" que, na súa opinión, chegou a un punto "que non ten explicación", porque as reivindicacións "prexudican a outros sectores e ao tecido produtivo" do país. "Estamos ao límite", subliñou, e instou ás partes a que "empreguen o escenario" de negociación e diálogo facilitado polos mediadores, que "puxeron na mesa unhas cifras e unha solución", xa que "agora só falta que as partes lle confirmen a Galiza que están dispostas a solucionar o conflito".

deixamosvos tamén un vídeo de como transcurre un dia de folga no metal en Vigo, a fonte é avantar

Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 01-07-2009 17:01
Queres comentar ou preguntar algo?
FUNDACION VALDEGODOS.
Reproducimos a seguinte denuncia de CIG-Valdeorras.

Ante alarmante noticia aparecida nalgún medio de comunicación, en relación coa calidade asistencial dos centros da FUNDACIÓN VALDEGODOS, desde a CONFEDERACION INTERSINDICAL GALEGA DE VALDEORRAS ( CIG-VALDEORRAS ) queremos manifestar o seguinte:

Dende hai xa case dous anos vimos denunciando á Dirección da FUNDACION VALDEGODOS polo incumprimento do convenio colectivo, e tamén pola falta de persoal, coa reiterada advertencia de que dita falta de persoal repercutía negativa e directamente na calidade asistencial.

• En data 25-04-2008 enviamos unha carta a Vicepresidencia, informando de que a falta de persoal podería carrear graves consecuencias aos RESIDENTES.
• Posteriormente, en data 02-06-2008 denunciamos publicamente a situación na que se atopaban os residentes e alertamos as súas familias de que vixiaran de preto esta situación.
• Tamén en 02-06-2009 fixemos unha nova denuncia alertando que a falta de persoal esta a causar graves deficiencias, e unha mala atención as/os RESIDENTES.

Do mesmo xeito, vimos presentando diversas demandas ante o Xulgado do Social por incumprimento do Convenio Colectivo e en reclamación de melloras sociais e económicas para o persoal, tendo, deica o momento, gañadas todas e cada unha das Sentenzas ditadas.

Non ocorre o mesmo coas denuncias postas ante a Administración, responsábel de vixiar e garantir que a asistencia sexa digna. Aquí todas as alertas teñen caído en saco roto, polo que podemos afirmar que o Goberno da Xunta de Galicia, tanto na lexislatura anterior como na actual, son responsábeis da mala atención que se lle está a dar ás persoas que residen nos centros da Fundación Valdegodos.

Desde a CIG – Valdeorras esiximos que a Xunta realice unha investigación en profundidade das condicións nas que están os/as residentes da Fundación e o persoal que traballa nela, EN TODOS OS CENTROS en funcionamento.

Así mesmo, poñémonos a disposición dos familiares que soliciten información e asesoramento.

Reiteramos a nosa reivindicación de CENTROS PÚBLICOS que unicamente dependan da Administración, como garantía de control e de calidade asistencial.

En canto ás Fundacións, compre extremar a inspección e fiscalización pública, non vai ser que apareza outro caso como o recentemente coñecido da condena ao cárcere do cabeza visíbel da Fundación San Rosendo, Benigno Moure.
Comentarios (0) - Categoría: fundaciois 3ª idade - Publicado o 01-07-2009 16:09
Queres comentar ou preguntar algo?
[1] 2
© by Abertal

free web counter

O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.

Estadisticas Gratis