CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

o persoal de IPISA marcha sobre Ourense
fonte: avantar

Os traballadores/as de IPISA reclaman en Ourense a intervención da Xunta para pór fin ao conflito laboral

O persoal suma xa cinco mensualidades sen cobrar, incluída a paga extraordinaria de xullo

Camiño de Ourense e en demanda do cobro dos seus salarios, os traballadores e as traballadoras de IPISA retomaron as mobilizacións, logo de tres xornadas de traballo e antes do inicio do período de vacacións. O conxunto do persoal, acompañado por sindicalistas da CIG e CCOO de Valdeorras e Ourense marcharon sobre e capital da provincia para reclamar á Xunta que medie nun conflito laboral que se ven prolongando dende hai case tres anos.

Sobre ás oito da mañá do xoves 30 de xullo, varios os autobuses saían dende a praza do Concello de O Barco con dirección a Ourense, a onde os traballadores e as traballadoras de Iberoitaliana de Pizarras ían levar as protestas para reclamar os atrasos salariais, que neste momento xa suman cinco mensualidades, incluída a paga extraordinaria de xullo.

Seis quilómetros antes de chegar ao destino, os manifestantes abandonaron os autobuses para realizar o último traxecto a pé. Ao chegar á zona de As Lagoas, os traballadores e as traballadoras foron recibidos por delegados e delegadas de CIG e CCOO que se uniron á manifestación, e que previamente mantiveran unha concentración diante da Casa Sindical.

Dende alí, todos e todas marcharon até as portas do edificio da Xunta en Ourense para reclamar á administración unha implicación directa neste conflito que se vén prolongando dende hai case tres anos. Neste senso, a CIG-Valdeorras lamentaron a desidia que está a amosar a administración ante a situación crítica na que se atopan case duascentas familias.

Neste senso, reclamaron ao goberno galego que analice a actual situación no conxunto do sector da lousa, que nos últimos tempos eliminou arredor de mil postos de traballo, e que a concesión de axudas estea ligada ao mantemento do emprego.

Gastos en indemnizacións

Dende a CIG-Valdeorras teñen indicado que a verdadeira intención da dirección de IPISA pasa por ?cansar? ao persoal, promovendo así as baixas voluntarias e desfacerse do persoal indefinido dun xeito barato. De feito, dende hai tres anos o cadro de persoal de IPISA veuse reducindo dende os 262 traballadores/as até os 125 que hai na actualidade.

?Calculamos que entre pagamentos por despido máis gastos de xuízos, IPISA xa gastou máis de un millón de euros?, informaron dende a Unión Local.

Asemblea o 17 de agosto

Os traballadores e as traballadoras tamén acordaron convocar unha asemblea á volta das vacacións, o vindeiro 17 de agosto, para analizar a situación daquela e convocar un novo calendario de protestas, á espera de que a dirección comece a cumprir as súas promesas e a facer fronte ás súas responsabilidades.

Comentarios (0) - Categoría: CIG Valdeorras - Publicado o 31-07-2009 16:41
Queres comentar ou preguntar algo?
puntuacións ope facultativos
Hoxe, a media mañá, serán publicadas na páxina web do SERGAS as puntuacións das categorías que se examinaron o 27 de xuño (licenciados sanitarios). Esta publicación eo a efectos informativos exclusivamente, posto que non inclúe a puntuación do exame de galego. As puntuacións definitivas xunto coas de galego de xeito oficial serán publicadas a principios de setembro, segundo informa o SERGAS.
Xa que logo, con esta publicación, non se abre prazo ningún de reclamacións.

Parece ser que non lles foi posíbel xenerar os listados de puntuación da categoría de FEA de Medicina Intensiva por atoparse o tribunal de vacacións, polo que desta categoría serán publicado o listado directamente en setembro xunto coas notas de galego.

Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 31-07-2009 09:45
Queres comentar ou preguntar algo?
previsión de datas de exercicios ope
Acabamos de recibir este correo do SERGAS coa previsión de datas para os exercicios da OPE. Non é que sexan moi concretos, pero válenos, por unha banda para disipar todos eses rumores de suspensión ou aprazamento dos exercicios, e por outra para que teñades unha idea de por onde van os tiros en canto ás datas.

Bos días: para voso coñecemento comunícase que as datas previsibles para a realización dos exercicios da fase de oposición de diversas categorías do Servizo Galego de Saúde están comprendidas entre o 10 de outubro de 2009 e o 15 de novembro de 2009.

Coma sempre, os exercicios realizaranse en fins de semana.

Polo momento non temos pechada a distribución exacta de categorías por datas e horas, o que se comunicará en canto sexa definitiva, e respectando en calquera caso o prazo e o procedemetno previsto na respectiva convocatoria en canto a publicación das devanditas datas

Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 30-07-2009 15:11
Queres comentar ou preguntar algo?
previsión de prazas para traslados Atención Primaria Ourense
Os nosos compañeiros de Ourense teñen colgado un documento no que figura unha relación de prazas para traslados previos á OPE 2009. Trátase dun documento que facilitou a anterior xerencia, podedes consultalo aqui.
Comentarios (0) - Categoría: traslados - Publicado o 30-07-2009 09:49
Queres comentar ou preguntar algo?
insistencia no cronograma
Unha vez mais hoxe e por enésima vez insistimos que se facilitara o cronograma de OPE ó SERGAS, pois ben, contéstannos que o teñen pendente de pechar e que en canto o teñan nolo remitirán; polo que parece non haberá cambios nas datas previstas (hai que esperar a que envien o esperado cronograma para confirmalo); así que por favor, tede unha pouquiña paciencia e non nos sigades preguntando por él, posto que en canto o teñamos o publicaremos.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 28-07-2009 17:56
Queres comentar ou preguntar algo?
tribunais OPE
Veñen de facerse públicas as composicións dos tribunais da OPE 2008, nas distintas categorías que faltan por examinarse, podedes consultalos premendo aqui.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 27-07-2009 13:49
Queres comentar ou preguntar algo?
o galego molesta
Artigo extraido de Falantes.

Pretenden recortar a presenza do galego na sanidade
Certo sindicato de enfermería, fíxolle chegar ao Valedor do Pobo unha reclamación sobre a edición en galego duns folletos informativos da Consellaría de Sanidade. O sindicato alega que é ?incongruente? ofrecer información de carácter sanitario en galego xa que ?non toda a poboación da Comunidade Autónoma é natural, coñece o idioma cooficial nin ten a obriga legal de coñecelo?.

Merece a pena analizar estes argumentos para tirar á luz os prexuízos que agochan, asumidos incomprensiblemente por Benigno López, Valedor do Pobo (a actuación do Valedor en materia lingüística merecería ser motivo doutro comentario).

É curiosa a orde na que se enumeran os casos daqueles que correrían o risco de non entender o folleto. En primeiro lugar apélase aos habitantes de fóra de Galicia (?poboación non natural?): en materia lingüística, os galegos e galegas, sexamos ?naturais? de Galicia ou nos sintamos galegos polo tempo de permanencia neste país, temos sempre que antepoñer os nosos dereitos aos dun suposto grupo de individuos que non entende a nosa lingua. Galicia debe ser un dos escasísimos lugares do mundo onde se actúa antepoñendo os dereitos das persoas que poidan estar aquí de xeito temporal aos dos propios habitantes ­?independentemente de cal sexa a orixe destes?, xa que só é xustificable que en Galicia unha persoa non coñeza o galego se non vive en Galicia ou se acaba de chegar, porque a lexislación lingüística garante o coñecemento das dúas linguas aos cidadáns. (Ou é que non se está a cumprir a lei? Daquela, cal debería ser a reclamación que lle teriamos que facer chegar ao Valedor do Pobo?)

En segundo lugar, na reclamación alúdese á poboación que non ?coñece o idioma cooficial?. Isto ten que ver co que acabamos de dicir: a Administración galega debe garantirlle á cidadanía o coñecemento das dúas linguas oficiais, comezando polo ensino que di garantir que o alumnado ten que rematar a ensinanza obrigatoria con igual competencia en ambos os dous idiomas. Polo tanto, é moi escasa a poboación galega que descoñeza a lingua propia. De novo, preténdese facer da excepción unha norma. Por outra parte, o uso do adxectivo cooficial para referirse á lingua galega tamén deixa de manifesto cal é o idioma (e polo tanto os falantes) aos que quere protexer o sindicato SATSE. Segundo a lexislación, en Galicia non existe unha lingua oficial que sexa o castelán e unha lingua cooficial que sexa o galego. O galego e o castelán son linguas oficiais en igualdade de condicións.

Por último, afírmase que o folleto non debería estar escrito en galego porque ninguén ten ?a obriga legal de coñecelo?. Dá igual que segundo os estudos sociolingüísticos o 90% das persoas que vaian ler ese folleto posiblemente o entendan, o realmente importante é que non debería estar en galego porque ?eu? non teño a obriga de coñecelo. Este é o argumento definitivo, para que ninguén diga, como acabamos de facer, que non é posible que en Galicia existan cidadáns e cidadás que descoñezan o galego (agás, claro está, casos puntuais como persoas estranxeiras acabadas de chegar).

Aos que escribiron a reclamación (que, por certo, teñen a súa páxina web unicamente en castelán) impórtalles ben pouco se o folleto se entende ou non; o único que lles importa, máis ben lles molesta, é que estea escrito nunha lingua que desprezan e minusvaloran, utilizando ademais como argumento de peso o caso máis claro de discriminación presente na lexislación lingüística: o feito de que sendo galego e castelán idiomas oficiais en Galicia, un sexa de obrigado coñecemento e outro non. Comparte o Valedor do Pobo estes prexuízos lingüísticos?, por como actúa, vese que si.



Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 27-07-2009 13:47
Queres comentar ou preguntar algo?
carta á directora de RR.HH do SERGAS
Pegámosvos aqui, a carta que CIG-Saúde, a través da súa secretaria nacional, Mª Xosé Abuin, ven de enviar á Directora de Recursos Humanos do SERGAS sobre a situación dos Técnicos Superiores en Dietética e Nutrición e en Documentación Clínica e dos Técnicos Auxiliares de Farmacia.


Esperanza Fernández Lago
Directora de RRHH SERGAS.


Transcorridos máis de dous anos desde o inicio da negociación para a creación no ámbito estatutario das categorías de: Técnicos Especialistas en Dietética e Nutrición, Especialista en Documentación Sanitaria e Técnico Auxiliar de Farmacia, a situación é que á data do presente escrito os Decretos da creación destas categorías están sen publicar no DOG.

Somos conscientes de que toda tramitación dun Decreto conleva un proceso administrativo complexo, pero non é menos certo que transcorrido tanto tempo desde a súa aprobación na Mesa Sectorial, os ditos decretos xa tiñan que ser unha realidade.

Na actualidade os Técnicos Superiores, aínda sen publicar o Decreto, poden ser contratados mediante selección temporal, xa que a categoría de Técnico xa está creada e ten un código orzamentario. Isto non sucede coas/os Técnicos Auxiliares de Farmacia, xa que ao ser categoría nova non poden ser contratados até que o seu Decreto estea publicado no DOG. Isto está a acarrear graves prexuízos para este colectivo, xa que a convocatoria de selección temporal de técnicos de farmacia foi publicada o dia 19-07-2007, e as listaxes definitivas foron publicadas o dia 15-12-08.

Por outra banda, a Admón debe tomar as medidas oportunas para dotar de prazas destes colectivos nos centros do SERGAS.

Documentación Sanitaria: O rexistro de datos clínicos nos Sistemas de Información Hospitais (CMBD) dota aos hospitais dunha ferramenta que permite coñecer a actividade asistencial e axuda a analisar e avaliar a utilización dos recursos disponíbeis.

Un sistema de información sanitaria adecuado supón a codificación de todas as áreas asistenciais; así como a xeneralización da codificación facilita datos para outras áreas: RRHH, área tecnolóxica, área de calidade, comparación entre hospitais e servizos... Se a prioridade desta Consellaría é traballar por procesos integrais, isto non será unha realidade se os procesos están sen codificar.

Dietética e Nutrición: As listaxes definitivas de selección temporal desta categoría tamén foron publicadas o dia 15-12-08; na actualidade é case nula a contratación deste persoal, xa que na maioría dos complexos hospitalarios este servizo está externalizado (privatizado). Esiximos da Admón o seguinte:
a.- Desenvolvemento desta categoría en todos os ámbitos para os que os capacita profesionalmente a súa formación.
b.- Que, a medida que se cumpra o período de contrata da empresa privada, estas externalizacións desaparezan. Todos os servizos de hostelaría deben de estar dotados de Dietistas seleccionados mediante as listaxes de vinculacións temporais do SERGAS.

Técnicos en coidados en Farmacia: Debe ser unha prioridade a publicación do Decreto da creación desta categoría. O devandito Decreto xa recolle no seu articulado que prazas deberán ser cubertas por este colectivo; a súa incorporación ao sistema debe ser áxil e sen dificultade algunha.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2009.

Asdo: Mª Xosé Abuín Álvarez. Secretaria Nacional de CIG-SAÚDE.

Comentarios (0) - Categoría: espazo técnico - Publicado o 27-07-2009 10:51
Queres comentar ou preguntar algo?
son de meiga: a garda civil okupa valdeorras
Cecais alguén de vos teña pensado acudir a algún dos concertos de son de meiga que se están a celebrar estes dias en O Barco. Pois ben, advertimos que toda a comarca está okupada pola benemérita, controles de alcolemia, cacheos con moi malas foras a vista de toda a xente, etc etc, son habituais estes dias.

O festival son de meiga que pretendía atraer a miles de persoas a O Barco, polo menos trouxo decenas de pikolos de fora.
parecera que vivamos nun estado policial onde a xente que acude ós concertos é tratada como delincuentes por algúns destes "axentes da orde pública". Pídenche a documentación, que saques todo dos petos, e por riba tocanche os testículos para ver se atopan "sustancias" e todo isto en plena rua e á vista de tod@s.

Como xa onte habia poucos, hoxe parece ser que se vai incrementar o número de efectivos, así que xa sabedes, se tedes pensado pasar este fin de semana por Valdeorras, facédeo sen unha gota de alcohol nin doutras sustancias e co Carné de Identidade nos dentes.
Comentarios (0) - Categoría: varias - Publicado o 24-07-2009 13:48
Queres comentar ou preguntar algo?
son de meiga






Comentarios (0) - Categoría: varias - Publicado o 23-07-2009 01:04
Queres comentar ou preguntar algo?
publicación listaxes definitivas contratación
O vindeiro xoves 23 de xullo terá lugar a publicación nos taboleiros de anuncios das direccións provinciais e centros asistenciais dependentes delas, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde, as listaxes definitivas de aspirantes a vinculacións temporais en diversas categorías sanitarias e de xestión e servizos, tras a resolución dos recursos de reposición, correspondentes á convocatoria do 28 de xuño de 2007 deste mesmo centro directivo (DOG núm. 140, do 19.7.2007).
As categorías obxecto desta publicación son as de:

? Grupo Técnico da Función Administrativa
? Técnico/a Superior
? Técnico/a Superior de Sistemas e Tecnoloxías da Información
? Enxeñeiro/a Superior
? Psicólogo/a Clínica
? Técnico/a Superior en Seguridade no Traballo
? Técnico/a Superior en Ergonomía e Psicosociloxía aplicada
? Técnico/a Superior en Hixiene Industrial
? Logopeda
? Grupo de Xestión da Función Administrativa
? Enxeñeiro/a Técnico/a
? Técnico/a de Xestión de Sistemas e Tecnoloxías da Información
? Técnico Especialista de Sistemas e Tecnoloxías da Información


[Motivos técnicos impediron o peche da operativa da categoría de Enfermeiro/a especialista en Enfermería do Traballo, a cal se executará en vindeiras datas, e do cal se informará oportunamente].
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 22-07-2009 14:43
Queres comentar ou preguntar algo?
escrito á conselleira ante a gripe A
A Secretaria nacional de CIG-Saúde ben de remitir un escrito á conselleira de sanidade que pasamos a publicar:

A: Pilar Farjas Abadía.
Conselleira de Sanidade.


A infección por gripe A(H1N1)v , coa repercusión mediática que ten, e coas posibles consecuencias sanitarias da súa transmisión, é un reto para o Sistema Sanitario no seu conxunto. Conscientes do problema, observamos tamén con preocupación o previsible aumento de demanda, e queremos mostrar a nosa dispoñibilidade a colaborar no que sexa necesario coa Consellaría de Sanidade, tanto para aplicar medidas de prevención de riscos laborais como para reducir o impacto da infección na poboación.
Resulta imprescindible contar cunha planificación seria e con protocolos de actuación e recursos (servizo 061, atención primaria, hospital, redes de transporte), así como dunha política informativa rigorosa e da máxima transparencia, para que a cidadanía e as/os traballadoras/es da sanidade se sintan confiadas/os e tranquilas/os coa atención prestada polo Sistema.
Ademais disto, suxerimos que estuden e programen diversas medidas de prevención de riscos e de organización asistencial como as seguintes:

1. Dotación de mascarillas, luvas e solucións hidroalcólicas suficiente nos centros sanitarios.

2. Organización da recepción de pacientes con sospeita de infección respiratoria nos centros sanitarios, para reducir tanto a transmisión ao persoal do Servizo Galego de Saúde como á poboación que haxa no centro nese momento. Estudar, nese sentido, a posible instalación de medidas físicas de barreira nas instalacións de recepción inicial de pacientes, cando estes chegan ao centro sanitario.

3. Mellorar os circuítos asistenciais, nomeadamente a drenaxe de pacientes xa atendidos, nos servizos de urxencias hospitalarios, así como a dotación de persoal destes servizos.

4. Mellorar a coordinación, as veces deficitaria, entre a F.P. 061 e os niveis asistenciais de Atención Primaria e Atención Especializada. Reforzar a rede de transporte urxente (061) con máis dispositivos así como a coordinación coa rede de transporte social.

5. Reforzar, mediante contratación de persoal eventual, os Centros de Saúde para poder efectuar unha vacinación rápida da poboación, tanto con persoal de enfermaría como con persoal non sanitario.

6. Reforzar, mediante contratación de persoal eventual, os Puntos de Atención Continuada durante o período no que se prevea aumento de demanda asistencial.

7. Poñer en marcha novos dispositivos de atención domiciliaria (con persoal médico e de enfermaría) de ámbito comarcal para reforzar a atención ordinaria de AP e reforzar os servizos de HADO durante este tempo..

Estas son suxestións que precisan un estudo e unha planificación, pero que entendemos que se deben preparar agora. Mantémonos á súa disposición para traballar fronte a esta infección.
Reciba un saúdo.
Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2009
María Xosé Abuín Álvarez.
Secretaria Nacional de CIG-SAÚDE.

Comentarios (0) - Categoría: varias - Publicado o 22-07-2009 13:20
Queres comentar ou preguntar algo?
espazo técnico
Levamos mais dun ano esperando que o SERGAS normalice e regule via DOG a situación das categorias de técnico especialista en dietética, técnicos documentalistas e técnicos de farmacia. A situación de cada un destes grupos é distinta, posto que tanto dietistas como documentalistas poden ser contratados polos centros via listas de contratación se así o solicitan as Xerencias, non pasa así cos técnicos de farmacia que ata que saia o decreto de creación de categoria non poden ser chamados.

O problema d@s dietistas e tamén pasa nalgún centro cos documentalistas, na maior parte das Xerencias é que este servizo está privatizado ( en O Barco por sorte e tamén porque se reclamou no caso da dietista estase a tirar das listas de contratación e non hai subcontrata), dende hai tempo dende CIG-Saúde nos centros onde isto ocurre, estase a comprobar cando rematan estas contratas para presionar as xerencias que tiren de listas de contratación e eliminar deste xeito a xestión privada destes servizos.

Ante esta situación de espera e a actitude de pasotismo do SERGAS decidimos abrir este espazo onde tervos informados e ver de que xeito podémonos organizar para conquerir a publicación rápida dos decretos, e así mesmo poda ser usado por este persoal co fin de autoorganizarse ou manifestar ou transmitir o que se pensa sobre este asunto. Estamos abertos a calquera idea que poda contribuir a arranxar o problema,

Nesta semana dende CIG-Saúde enviarase un escrito instando ó SERGAS a solventar de forma áxil o problema (ó parecer debe andar pola mesa dalgún asesor xurídico polo que nos din). Unha vez sexa enviado o publicaremos no blog.
Comentarios (0) - Categoría: espazo técnico - Publicado o 22-07-2009 11:40
Queres comentar ou preguntar algo?
Brañas Folk - Alalá do cebreiro
"Alalá do Cebreiro" (2009 PAI Música); baixo este titulo xenérico sae a luz o segundo traballo discográfico de Brañas Folk, agrupación liderada por Manuel Brañas desde o ano 2002 e despois da sua andadura coa célebre agrupación "Arco da Vella"; partícipe xunto aos grandes nomes da música galega do que foi o auxe da música folk en Galicia aló polos anos oitenta.

Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 20-07-2009 23:13
Queres comentar ou preguntar algo?
concentracion en contra da supresión da área sanitaria
Hoxe levamos a cabo unha concentración en defensa da nosa área sanitaria, previamente tivemos unha asemblea de persoal onde se detallou o acontecido na reunión de mesa sectorial celebrada onte no punto que mais nos afectaba que era o da ordenación sanitaria, xa explicado no post de mesa sectorial.

Así mesmo a asemblea ratificou as concentraciois que se farán os 2 xoves restantes do mes de xullo ás 13,30 na porta do HCV. debido á importancia do asunto pedimos ó persoal que faga un pequeno esforzo por acudir ás mobilizaciois que se convoquen.
Comentarios (0) - Categoría: somos unha área - Publicado o 17-07-2009 14:39
Queres comentar ou preguntar algo?
información mesa sectorial
MESA SECTORIAL 16-07-09.

Na reunión da Mesa Sectorial abordáronse os seguintes temas:

1.- Borrador de proxecto de integración no réxime estatutario do persoal da Lei 17.Fixeron entrega do borrador de Decreto dando un prazo de 10 días para que as organizacións sindicais lles fixéramos chegar as nosas alegacións. Nesta reunión, despois de darlle unha ollada rápida ao texto, fixemos as seguintes alegacións:
a.- Artigo 7.- Carreira profesional: o texto presentado no recolle que o sistema de acceso á carreira será no réxime extraordinario.
b.- Táboa de homologación: nesta táboa non se recolle o nivel do complemento deste persoal. Nos Decretos de integración publicados anteriormente as táboas de homologación recollían o nivel correspondente. Na actualidade, este persoal ten un nivel inferior cuantificado en 1, 2 ou 3 puntos que o seu correspondente estatutario.
Revisaremos o texto e enviaremos as alegacións correspondentes.

2.- Consolidación de grao licenciadas/os e diplomadas/os sanitarios. Só nos informaron que están elaborando o Decreto e que nolo enviarán no mes de setembro. Como CIG-Saúde manifestamos que queríamos un Decreto de consolidación de grao que recollese a todo o persoal estatutario e que se adaptase ás especificidades do noso persoal. Cando envíen o documento temos que seguir insistindo nisto.

3.- Xestión integrada. Áreas sanitarias.
A Directora de Asistencia Sanitaria fixo unha exposición extensa do que supón este modelo organizativo e da necesidade de desenvolver ferramentas de xestión que permitan a súa implantación.
Unha vez rematada a súa exposición, como CIG-Saúde manifestamos que non estábamos a falar da xestión integrada das áreas, senón que a nosa preocupación era o cambio do mapa sanitario; preocupación que xerou a Administración polas súas manifestacións públicas.
Insistimos en que non íamos aceptar un cambio no mapa sanitario que conleve a desaparición das áreas sanitarias existentes, e no seu dia xa entrariamos no debate da xestión integrada. Manifestamos publicamente que a experiencia de Ferrol contradice claramente o establecido na Lei Xeral de Sanidade, optando por un modelo de integración baseado nunha xestión orientada á atención da enfermidade mediante os recursos de atención especializada, marxinando á atención primaria.
Neste modelo, a participación dos profesionais na xestión concrétase unicamente en temas asistenciais, sen ningún papel no resto de actividades relacionadas coa promoción e prevención. Non está desenvolvida a participación cidadá.
Como conclusión deste tema podemos dicir que o tema está mais verde do que pensabamos e que a Administración comprometeuse a non tomar ningunha iniciativa antes de que as organizacións sindicais fósemos informadas na Mesa Sectorial. O que non acadamos foi o compromiso de que se mantivese o actual mapa sanitario. A Administración insiste en que a Lei de Saúde lles outorga competencia para modificar o mapa sanitario. Grazas pola información, pero xa o sabíamos.

4.- Calendário Mesa Sectorial Agosto.
Solicitamos que se nos entregase o calendario de negociación deste mes, xa que os medios de comunicación recollían a negociación do complemento específico durante o mes de agosto. Asemade, lembrámoslle que non esqueceran que o ámbito de negociación era a M.S. e que xa hai un acordo neste âmbito sobre o devandito complemento.
A Directora de RRHH manifestou que unha cousa eran as reunións que puidera manter con certos colectivos e outra o marco de negociación. Alegrámonos que o teña tan claro.

5.- Contratacións. Non teñen claro en que situación está a baremación das solicitudes. Durante o mes de agosto enviarán un novo calendario de negociación; neste calendario incluirán todo o referente á selección temporal, incluída a negociación do novo pacto.

6.- Temas de Primaria. Central de chamadas.
O SERGAS esta a valorar qué facer coa central de chamadas. Nunha reunión que mantiveron cos xerentes de primaria trasmitíronlles que os centros de saúde tiñan que volver a dar citas. Neste momento a cita para primaria pódese pedir no centro de saúde ou a través da central de chamadas. Solicitamos información máis detallada, e reprochamos que tomen accións deste tipo sen ningunha comunicación ás organizacións sindicais. Reivindicamos o mantemento da central de chamadas con persoal estatutario.

Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 17-07-2009 12:04
Queres comentar ou preguntar algo?
información reunión coa Xerente
Onte tivemos reunión ordinaria coa Xerente. Os puntos que se trataron foron os seguintes:

1. Situación económica do HCV. Segundo a Xerente a situación económica actual é nefasta, posto que unha grande parte do presuposto está xa executado. O luns día 20 ten unha reunión en Santiago de todo o equipo directivo do HCV xunto coa Consellería, onde vai levar unha petición de cartos para rematar o ano. A Comisión de Centro expresou que esta situación de déficit presupostario é histórica, que sempre se produciu porque os orzamentos que se proxectan para o HCV adoitan ser escasos e sempre hai que botar man de financiación a maiores deles. Tamén lle dixemos que esta non pode ser unha excusa que valla para atrancar ou frear todas aquelas melloras necesarias no centro.

2. Plan Funcional HCV. Desde a Comisión de Centro preguntámoslle á Xerente se pensaba continuar co Plan Funcional elaborado e desenvolvelo o máximo posible ou qué pensaba facer con el. A Xerente respostou que acaba de aterrizar e inda non tivera tempo de estudalo en profundidade, que o ía facer e nos contestaría en breve. En todo caso, comentou que ía solicitar unha reunión coa Consellería en setembro para tratar este tema. Asegurou que vai intentar conseguir todas as melloras posibles para o HCV.

3. Consolidación de prazas que están en acumulación de tarefas. Solicitamos que os postos de traballo que están cubertos desde hai tempo por acumulacións de tarefas que se van renovando (técnicos de laboratorio, auxiliares administrativos, celadores...) sexan consolidadas como prazas estruturais. A resposta da Xerente foi que lle gustaría ampliar a plantilla, pero que "a ver que nos din o luns día 20, na reunión coa Consellería" e que "haberá que ver se son necesarias".

4. Reorganización do traballo de celadores de servizos centrais. En vista das grandes cargas de traballo que teñen que soportar algúns dos celadores de servizos centrais (nomeadamente consultas e suministros), solicitamos que se estude a posibilidade de ampliar a plantilla para reforzar estes postos, e, en todo caso, mentres non se faga esta ampliación, que sexan reorganizadas as tarefas para aliviar as cargas de traballo que sobrelevan estes postos. A Xerente comprometeuse a estudalo.

5. Peonadas. Preguntámoslle cal era a situación actual no que se refire á autoconcertación. Parece ser que desde a Xerencia do SERGAS lles deron orde de paralizar as peonadas en canto o presupostado para elas estivera esgotado. Segundo a sra. Magadán, no HCV non só está esgotado, senón que xa se sobrepasou, polo que están paralizadas.
A Comisión de Centro fíxolle chegar á Xerente que, en todo caso, as peonadas non nos parecen o xeito de mellorar as listas de espera, ao que ela respondeu que ela estaba máis por tentar que se cumpran os horarios de xornada ordinaria. A Comisión de Centro alégrase de que asi sexa e apoiará á Xerente para que se cumpran os horarios de xornada ordinaria.

6. Resonancia Magnética Nuclear itinerante. Preguntóuselle se esta nova administración tiña intención de manter a RMN móbil, ao que respostou que preguntará en Santiago.

7. Política de Contratacións. A Xerente anuncia que non vai continuar coa política da anterior xerencia de cubrir con comisións de servizo sempre que haxa comisións solicitadas. Polo que nos comentou a súa intención é cubrir ao 50% con comisión e 50% listas de contratación, alternando. E parece ser que xa deu para atrás unha comisión que xa estaba concedida para contratar pola lista de contratación na categoría de celador.

8. Plan Funcional de Urxencias. Desde o SERGAS enviaron un escrito á Xerencia instándoa a tentar poñer de acordo aos facultativos de urxencias e á comisión de centro. Explicámoslle que non se trata de poñernos de acordo, senón que a redacción do Plan Funcional ten que cumprir a legalidade do Decreto de Urxencias Hospitalarias. Quedamos en enviar as nosas alegacións (que xa foron remitidas no seu día á Xerencia e ao SERGAS) e que as estudiarían.

9. Área Única. A Xerente comenta que non tén moita máis información que na última reunión que mantivo con nós. O que nos informa é dunhas Xornadas que a FEGAS vai organizar no Barco sobre a xestión integrada primaria-especializada, ás que nos invita a participar para que nos informemos. Desde a Comisión de Centro comentámoslle que, dependendo de como se faga, nós non vemos problema na integración dos dous chanzos da asistencia (primaria-especializada), pero si na desaparición da área do Barco, poñendo exemplos concretos dos prexuizos que acarrearía, ao que a Xerente contesta que está de acordo.
Comentarios (0) - Categoría: HCV - Publicado o 17-07-2009 12:01
Queres comentar ou preguntar algo?
carreira profesional, non máis atrasos!!!

CARREIRA PROFESIONAL: NON MÁIS ATRASOS!!!



* CIG-SAÚDE non aceptou na mesa sectorial a proposta da administración de deixar
a negociación de carreira para o último cuatrimestre do ano, e moito menos a de
vincular esta negociación á financiación autonómica.

* A negociación da Carreira Ordinaria é unha decisión política.

* A Administración fai continuas referencias aos acordos sindicais vixentes.@s traballador@s consideramos que o SERGAS non nos está a regalar as retribucións que percibimos: éstas son froito do NOSO TRABALLO.



Na reunión da Mesa Sectorial de Carreira Profesional celebrada o día 8 de xullo, a Administración, por medio da Directora de Recursos Humanos, trasmitiunos que, no contexto actual o SERGAS non pode asumir nin tan sequer o proxecto de carreira ordinaria que no seu día nos presentara o anterior equipo e que rexeitaramos por insuficiente.
Como argumento utilizan que o goberno anterior non tiña feita a cuantificación económica. Unha vez que eles realizaron esta cuantificación, o custe da implantación do modelo de entronque do anterior goberno seica ascendería a 12 millóns de euros, cantidade que consideran inasumible no contexto actual, e ademais fan continuas referencias ao custe que supón os distintos acordos que están en execución.
A proposta da Administración é deixar a negociación de carreira para o último trimestre do ano, vinculada ao financiamento autonómico, algo co que CIG-Saúde non está de acordo.

CIG-SAÚDE di: A Administración non pode pretender trasladar ás organizacións sindicais o debate do financiamento.
A responsabilidade das organizacións sindicais é negociar acordos que melloren as condicións das/os traballadores. A responsabilidade da Administración é buscar o financiamento dos devanditos acordos.
Que sexa cara ou non, xa se sabia, pois a carreira non ten cotas, e dicir, entraría en carreira todo o persoal que reunira os requisitos esixidos.
Por outra banda, non podemos vincular o acordo de carreira ao financiamento autonómico. O dito financiamento non recolle unha partida específica para sanidade e polo tanto o goberno pódeo destinar a outras ?prioridades?. Ademais disto, como se ven recollendo nos medios de comunicación, o financiamento para Galiza será deficitario, xa que non contemplan nin o envellecemento da poboación nin a dispersión. O acordo de carreira só se pode vincular a unha decisión política.
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 16-07-2009 09:36
Queres comentar ou preguntar algo?
manifestación IPISA
Comentarios (0) - Categoría: CIG Valdeorras - Publicado o 14-07-2009 14:23
Queres comentar ou preguntar algo?
modelo de instancia para acompañar aos certificados de galego
Os certificados de galego que entreguedes para a exención do exame de galego na OPE, debedes axuntalos a unha instancia similar ao modelo que vos indicamos:


Nome e apelidos: ................................................
Nª DI......................
Categoría:......................................
Teléfono de contacto:.......................................
Para os efectos da exención do exercicio de coñecemento
da lingua galega da fase de oposición,achego a seguinte documentación:
..........................................................
..........................................................
..........................................................
..........................................................
..........................................................
..........................................................
..........................................................

En .........., o ....de........de 2009.

Asdo.:
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 14-07-2009 14:17
Queres comentar ou preguntar algo?
1 [2]
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0