CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

CONVOCATORIAS XUNTA GALICIA
auxiliar consolidación

auxiliar

Subalternos

subalternos consolidación

Comentarios (0) - Categoría: outras OPE - Publicado o 07-07-2008 18:58
Queres comentar ou preguntar algo?
la región
Comentarios (0) - Categoría: carrabouxos - Publicado o 07-07-2008 14:34
Queres comentar ou preguntar algo?
apertura de listas automáticas
O pasado día 1 de xullo comezou o prazo para incorporarse á convocatoria automática prevista para a selección temporal nas categorías de médicos de familia, médicos de urxencias hospitalarias, pediatras, matronas, persoal de enfermaría e cociñeiros nas institucións sanitarias do Sergas.

Lembrámosvos que o prazo remata o día 15 de xullo. Podedes conseguir a solicitude nas direccións provinciais do SERGAS ou descargala da páxina do SERGAS.
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 07-07-2008 10:03
Queres comentar ou preguntar algo?
SOS COUREL
Desobedecendo de xeito temerario a lexislación europea e utilizando fondos comunitarios, a Xunta de Galicia está arrasando o Courel con plantacións piñeiros para destruír a Rede Natura 2000 e aumentar o risco de incendio:

Nos montes da Escrita, no Taro Branco, en Froxán, entre as devesas, ....por toda a Serra

- Utilizan maquinaria pesada para destruír os hábitats propios do Courel, destrúen a cuberta vexetal e expoñen o chan a erosión, coa conseguinte acidificación e morte das augas dos ríos.

- Coa ocupación do monte por plantacións masivas de piñeiros, estase a desbotar definitivamente calquera oportunidade para as explotacións gandeiras, apícolas, froiteiras, ...

- Achegan as plantacións de piñeiros a soutos, devesas, prados, cultivos .... co que aumenta o risco de incendiar este espazo protexido.

- Non se respectan e destrúense os elementos arqueolóxicos e históricos: mámoas, castros, covas, paisaxe tradicional, camiños tradicionais...

- Engánasenos aos veciños: cando pedimos castiñeiros, faias, teixos, carballos, careixeiras, freixos, pradairos, ..... dísenos que só están permitidos os pinos.

- Lonxe de habilitar cortalumes con franxas de frondosas e prados de regadío, insístese coa fabricación de “autovías” de terra morta que parcelan toda a Serra, nunha orxía de desfeita paisaxística sen precedentes no Courel.

- Mirando o rumbo do Courel, calquera se pode preguntar para que serve toda a literatura ambiental, de sostibilidade e paisaxística con que se adorna a Propaganda Institucional que nos recorda cada día o ben que vai este País.

- Visto o trato que nos está dando a Xunta, e despois de avisalos reiteradamente, varías asociacións do Courel, estamos preparando unha nova queixa ante a Comisión Europea por incumprimento da normativa comunitaria e por posible fraude aos Fondos da UE.

SOS COUREL: DIFUNDE, ESPALLA!
Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 06-07-2008 13:32
Queres comentar ou preguntar algo?
convocatoria sacyl
Saen hoxe publicadas resolucións que convocan OPE do Sacyl para as categorías de FEAs de:

Medicina de Traballo, Reumatoloxía, Microbioloxía, Psicoloxía, Radiofísica, Medicina nuclear, Admisión e Documentación clínica, Neuroloxía, Urxencias, Nefroloxía, Neumofisioloxía, Neumoloxía, Uroloxía, Oftalmoloxía, Radiodiagnóstico

Tamén se publica resolución que modifica a resolución de convocatoria para Auxiliar Administrativo. E tamén se publica a resolución de aspirantes que superaron o proceso selectivo da categoría de Pediatría e se ofertan as vacantes do proceso de OPE anterior.

Podedes velas todas no bocyl de hoxe, ou na páxina de recursos humanos do sacyl.
Comentarios (0) - Categoría: OPE Sacyl - Publicado o 04-07-2008 11:18
Queres comentar ou preguntar algo?
Xares: o río que nos leva
Velaqui un resumo do documental "Xares: O río que nos leva" de Pedro Prada, onde se narra a historia do asolagamento da Alberguería e o éxodo dos seus habitantes pola construcción do encoro de Prada.



Comentarios (0) - Categoría: lembranzas - Publicado o 03-07-2008 10:41
Queres comentar ou preguntar algo?
Publicada a resolución de grao II da C.P
Tal como se anunciaba, aqui podedes ver a resolución que abre prazo para solicitar o acceso ao grao II de carreira profesional das categorías de xestión e servizos e sanitarias de FP, publicada hoxe.

O prazo finaliza o 30 de setembro.
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 03-07-2008 09:56
Queres comentar ou preguntar algo?
Resolución grao II de persoal non sanitario e sanitario FP
Chéganos hoxe esta información:

A resolución de grao II de carreira profesional das categorías de xestión e servizos e sanitarias de formación profesional publicarase o vindeiro xoves 3 de xullo no DOG. O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 30 de setembro.

Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 01-07-2008 10:56
Queres comentar ou preguntar algo?
[1] [2] 3
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis