CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

adeus Juan Canalejo
por fin a Xunta decidiuse a cambiar o nome do Juan Canalejo, pasarase a chamar complexo hospitalario A Coruña.
esta de abaixo é a referencia do onsello da Xunta onde por fin se aprobou o cambio de nome.

O CONSELLO DA XUNTA APROBA A DENOMINACIÓN DO COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO A CORUÑA

O Consello da Xunta aprobou hoxe a nova denominación oficial do Complexo Hospitalario A Coruña e do Hospital A Coruña, en substitución do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo de Oza e o Hospital Juan Canalejo, respectivamente.
A Consellería de Sanidade considera oportuno proceder ao cambio de designación do centro hospitalario recollendo o nome da cidade e coa finalidade de homoxeneizar as denominacións dos complexos hospitalarios. Ao tempo abandónase unha cualificación non ligada aos valores democráticos introducidos pola Constitución española na liña establecida pola Lei de Memoria Histórica pola que se recoñecen e amplían dereitos e se establecen medidas en favor dos que padeceron persecución ou violencia durante a guerra civil e a ditadura, que senta as bases para que os poderes públicos leven a cabo políticas dirixidas ao fomento da memoria democrática.
Este decreto farase efectivo 20 días despois da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
A aprobación desta norma non xera gasto engadido nin require dotacións orzamentarias específicas, por canto as actuacións materiais concretas que requira a aprobación do decreto, se realizará de forma progresiva e con cargo ás dotacións orzamentarios previstas, de tal xeito que os custes que orixinen os cambios se irán asumindo coa reasignación dos créditos orzamentarios ordinarios do Servizo Galego de Saúde.
O Servizo Galego de Saúde entende que o cambio de denominación do centro non vai afectar o seu prestixio, posto que o traballo dos seus profesionais seguirá a ser o mesmo e a estar recoñecido internacionalmente. Incorporar á súa denominación oficial o nome da cidade que o acolle non supón máis que oficializar unha práctica habitual en toda a comunidade científica na que xunto ao nome oficial do centro se nomea a cidade que o acolle. A partir de agora, A Coruña estará oficialmente unida ao seu hospital, como sucede na maioría dos centros sanitarios públicos que teñen o nome da cidade que os acolle.

quén era Juan Canalejo para dar nome durante tantos anos a un hospital?

para documentalo extraemos parte dalgúns textos que podedes ver íntegros páxina web memoria da coruña

Juan Canalejo non (Texto de X.L. Méndez Ferrín en Faro de Vigo de 24-2-06)

.....As fontes históricas falan pouco de Juan Canalejo. Non é estraño posto que elas soen ser parcas, e os historiadores pouco dilixentes, cando se trata de sacar á luz o que foi a Falange en Galicia nos tempos anteriores á sublevación de 1936. Pesia ao que so pensarse, a Falange estivo ben organizada, na Galicia republicana, en todas as capitais e cidades e en vilas, e promoveu desordes numerosos e mesmo ocasionou mortos. Eu coñecín persoas que o relembran disparando contra a sede da CNT da Coruña e fuxindo a refuxiarse no forno do seu pai.

“Juan Canalejo”: un hospital con nombre de terrorista
(Texto de Benjamín Balboa en Rebelión de 29-10-05)

...El hospital provincial de A Coruña lleva el nombre de un pistolero fascista, uno de los principales organizadores durante los años de la República de la estrategia terrorista contra la convivencia democrática y las libertades ciudadanas, que desarrolló en aquellos años la organización conocida como Falange Española. Juan Canalejo es un doloroso recuerdo del terror falangista y de la dialéctica de odio y muerte con la que esta organización, humillada en las urnas por los trabajadores, aniquiló la esperanza democrática de la República........En 1934, Canalejo –antiguo teniente de intendencia del ejército- que se había acogido a la ley Azaña y se había retirado del Ejército cobrando su paga íntegra, se une al grupo y les reorganiza en “Primera Línea”, iniciando así una escalada de acciones violentas y provocaciones de todo tipo. Crueles palizas y vejaciones son la marca del grupo: Canalejo se hace famoso por hacer tragar gasolina a sus víctimas –campesinos, marineros, obreros miembros de los sindicatos- antes de abandonarlas apaleadas......
En junio de 1935 Canalejo lleva a cabo el robo de los archivos de afiliados a Izquierda Republicana de A Coruña. Primo de Rivera visita en marzo de 1935 y anuncia que “la próxima revolución la ganarán sus camisas azules con el fusil en la mano”. Los fusiles robados por los militares golpistas serán entregados a los hombres de Juan Canalejo llegado el momento y con ellos serán asesinados cientos de coruñeses no mucho más tarde.
Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 18-07-2008 10:56
Queres comentar ou preguntar algo?
apologhit
o Apologhit é un concurso que xa vai pola terceira edición, no que se busca a canción do verán. A canción do verán galega, claro.

Xa rematou o prazo para enviar cancións desta edición, e podedes ver, e votar, os participantes nesta ligazón: Apologhit 08.

O grupo ou artista gañador leva como premio poder grabar un video-clip (que despois non poderá exhibir porque non hai un programa de televisión onde os grupos galegos poidan ver os seus videos!).

Este é o video do primeiro gañador de Apologhit, Pulpiño Viascón, coa canción "In the Ocean":



E aqui tendes aos gañadores do ano pasado, Sacha na Horta, cos seus Biocultivos:



A ver o que dá de si esta edición, na que hai máis participantes que nunca. Das edicións anteriores sairon verdadeiros "hits" que de seguro coñecedes.
Comentarios (0) - Categoría: tou q m parto - Publicado o 17-07-2008 13:38
Queres comentar ou preguntar algo?
Axúdenme
noticia sacada de vieiros
Filmado en 2003
"Axúdenme"
Así o pide Omar Khadr, rapaz de 16 anos encerrado en Guantánamo. É o primeiro vídeo que se fai público dun interrogatorio no cárcere ilegal dos EUA.

Era menor de idade e, acusado de guindar unha granada que matou un soldado estadounidense en Afganistán en 2002, Omar Khadr foi levado ao burato de Guantánamo. No vídeo que agora se fai público, o primeiro dun interrogatorio dentro do cárcere ilegal dos EUA en territorio cubano, vese ao rapaz en 2003, cando tiña entre 15 e 16 anos de idade, sometido ás preguntas dos carcereiros mentres chora.

O vídeo dura dez minutos e foi feito público polos avogados do rapaz, que ten a cidadanía canadense. A BBC, que publicou as imaxes este mesmo martes, avanzou que en breve vaise facer pública unha versión máis ampla. Os avogados esperan que coa publicación deste material "esperte a indignación cidadá" e aumente a presión sobre o executivo canadense para que, á súa vez, este país lle esixa aos Estados Unidos que se garantan os dereitos do mozo. Khadr denunciou tamén que anteriormente fora torturado nun centro de detención na base aérea de Bagram, en Afganistán.

Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 16-07-2008 13:06
Queres comentar ou preguntar algo?
revenidas 2008
Esta fin de semana recomendámosvos pasarvos pola vila mariñeira de Vilaxoán, onde se celebra o Revenidas 2008, xornadas lúdico-festivo-gastronómicas que prometen.

Hai entretemento diurno para nenos e adultos e nocturno para sonámbulos, con concertos moi potentes (non hai máis que ver o cartel: son do ghalpon, che sudaka, sonoro maxin, arpioni...).

E, ademáis, a base da festa: as sardiñas estilo revenidas, que só se fan en Vilaxoán, pobo ligado ao mar de toda a vida. As actuacións son totalmente de balde e a comida a bo prezo.

Deixámosvos a ligazón á páxina do evento: www.revenidas.com . Por certo, ai tamén podedes encargar a vosa camiseta coma a da foto (ou tamén na páxina de Caramuxo, onde atoparedes outros deseños ben chulos).

Vémonos ali!
Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 16-07-2008 09:49
Queres comentar ou preguntar algo?
resumo da reunión mantida entre a comisión de centro do hcv e o secretario xeral do sergas
Información sobre a reunión mantida entre a Comisión de Centro do HCV e o Secretario Xeral do SERGAS o día 14 de xullo de 2008.

Desde a Comisión de Centro plantexamos varios temas que nos preocupan, aos que se nos deu resposta, nuns puntos máis satisfactoria que noutros.
O primeiro tema que tratamos foi o da organización do traballo no HCV. A Comisión de Centro amosou a súa preocupación porque considera que os recursos do hospital non están sendo ben aproveitados; en algúns servizos existe unha mala organización que redunda na calidade e cantidade dos servizos que se prestan no HCV, téndose que recurrir en moitas ocasións a facer un gasto extra que podería adicarse ó aumento de plantilla. Desde a Secretaría Xeral do SERGAS, así como desde a División de Asistencia Sanitaria din que dende Santiago estase a traballar na busca de solucióna para mellorar a organización dos Centros do SERGAS para aproveitar mellor os recursos na xornada ordinaria. Tamén lle amosamos a nosa preocupación pola resposta que desde a Xerencia do HCV nos deron cando plantexamos este problema, posto que dixeron que non o detectan, que non lles parece que haxa un mal aproveitamento dos recursos, cando todo o persoal do HCV así o percibe. O Secretario Xeral do SERGAS pediu á Xerencia que manteñan un diálogo fluído coas organizacións sindicais, ao cal nós estamos abertos, pero esperando respostas e resultados, non evasivas.
Outro punto que se abordou foi a necesidade dunha ampliación dun hospital que a cada pouco quédase máis pequeno, tanto en infraestructura material como en recursos humanos. Cayetano Rodríguez comprometeuse á elaboración dun Plan Funcional que aborde as necesidades e carencias desta área con vistas a un futuro, e que dea lugar a un Plan Director acaído. O compromiso do SERGAS é de que en setembro se saque a concurso este Plan Funcional. Á Comisión de Centro parécelle moi importante este compromiso e espera que sexa realizado nos prazos previstos, dada a súa necesidade para este centro.
No tema dos traslados de pacientes desde este centro a outros centros de referencia (moi importante por estar esta área illada e lonxe dos grandes núcleos de poboación), que ata o de agora ven presentando unha situación de carencia de profesionais facultativos que realicen o acompañamento, o SERGAS comprometese a estudialo, pero nada máis, non saben dar unha solución, que esta Comisión de Centro pensa que pasa por reorganizar o servizo de traslados en ambulancia, ampliándoo e implicando a máis profesionais, evitando discriminacións que neste momento se dan.
Por último, tratouse o tema da falta de facultativos especialistas, que evitan traballar neste hospital, creándose vacantes en especialidades tan importantes como a pediatría ou a anestesia. Propúxoselle á Secretaría Xeral que buscasen o xeito de incentivar dalgunha maneira ao persoal que traballe aquí para evitar que se vexa como un destino “gravoso”. Como exemplo falouse de contemplar medidas como a formación e a docencia. Comprometéronse a crear unha comisión que estude este problema e leve vías de solución á mesa sectorial.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 14-07-2008 17:07
Queres comentar ou preguntar algo?
escrito protesta pola xestión das listas ó Secretario Xeral do SERGAS
aproveitando que hoxe estivo o Secretario Xeral do SERGAS Cayetano Rodríguez, @s delegad@s de CIG-Saúde fixémoslle entrega dun escrito denunciando o que está a pasar cos chamamentos fora de listas, este de abaixo é o escrito entregado que tamén remitimos ós medios de comunicación.

DE: CIG-Saúde O Barco
A: Secretario Xeral do SERGAS

Desde CIG-Saúde, por medio do presente escrito, queremos denunciar a situación que están a padecer as persoas anotadas nas listas de contratación do Sergas.

En xuño do 2007 faise unha convocatoria de máis de 30 categorías, entre as máis importantes: Grupos A e B da función administrativa, Fisioterapeutas, Logopedas, Traballadores Sociais, Técnicos sanitarios, Auxiliares Administrativos, persoal de mantemento, PSX, Celadores, Pinches...etc. Esta convocatoria debería de estar xa resolta se o SERGAS tomara cunha seriedade da que carece os asuntos en materia de persoal; a xente tería que estar traballando realizando substitucións en base a unha lista baremada conforme ao Pacto de Contratacións vixente, pero a día de hoxe as listas provisionais están aínda sen publicar e non hai data prevista de publicación.

Se esa situación non era xa dabondo prexudicial para as persoas aspirantes, resulta que agora, no período vacacional, e cando unha lista das categorías reflectidas se esgota, o SERGAS, sen convocar a Mesa Central de Contratacións, sen acudir ás listas de áreas limítrofes e sen facer convocatoria extraordinaria das categorías esgotadas, é dicir, sen facer o que marca o Pacto de Contratacións, decide unilateralmente realizar chamamentos polas listas aínda sen rematar de baremar utilizando unicamente os criterios de expediente académico nas categorías nas que é un apartado do baremo e a idade nas que non hai ese apartado. Todo isto sumado á indefensión das persoas aspirantes, posto que non foron publicadas estas listas polas que se seguen para chamar, supón unha clara vulneración do establecido no Pacto de Contratacións e dos principios que deben rexer na Administración Pública (mérito, igualdade, capacidade e publicidade).

Desde CIG-Saúde esiximos que se convoque con urxencia á Mesa Central de Contratacións para darlle unha solución a este problema e, mentres tanto, se chame aos aspirantes de listas de áreas limítrofes e se usen (en tanto non estean baremados todos os apartados e publicadas as provisionais) as listas en fase de baremación con todos os apartados que xa están valorados (ao parecer todos non sendo o tempo de desemprego), e instamos ao SERGAS a resolver xa a publicación das listas pendentes para que se instaure a normalidade nos diferentes listados.

Un Saúdo

Asdo. CIG-Saúde O Barco.
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 14-07-2008 15:24
Queres comentar ou preguntar algo?
cursos de galego
Publícase hoxe en DOG unha convocatoria extraordinaria para quen queira inscribirse nos cursos de galego para preparación das probas de CELGA. Podedes ver a convocatoria aqui.
Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 14-07-2008 10:18
Queres comentar ou preguntar algo?
comunicado de cultura sí mausoleo non
este de abaixo é o comunicado da plataforma CULTURA SÍ MAUSOLEO NON, que nos chega ó correo.

CONSUMASE A ENTREGA DA CIDADE DA CULTURA AO CAPITAL BANCARIO

A MAIOR INVERSIÓN EN CULTURA DO GOBERNO BIPARTITO VAI SER XESTIONADA BAIXO INTERESES COMERCIAIS E BANCARIOS.

TOURIÑO BALEIRA DE CONTIDO E DE ORZAMENTO Á CONSELLERÍA DE CULTURA, PARA DARLLE TODO O PODER DE INTERVENCIÓN Á BANCA.


O Presidente Touriño co aplauso de Anxela Bugallo ven de efectivizar a fuxida do sector público da xestión da Cidade de Cultura. A inversión de mais de 500 millóns de euros que xa vai derrochada no Gaias, con cartos dos impostos de todos os cidadáns, NON vai estar dirixida e controlada por profesionais e técnicos da xestión cultural. O flamante goberno bipartito que se di de esquerdas e progresista, culmina a obra de Manuel Fraga, nomeando a un xestor bancario para que a privatización da Cidade da Cultura se convirta nun negocio lucrativo para as elites patronais e grandes inversores multinacionais.
Queda santificada a conversión do Gaias nun macro centro comercial da Cultura, donde o consumismo e os souvenirs sexan a norma de actuación e a programación vaia centrarse en eventos de nulo contido cultural e si moito espectaculo mediocre e de baixo perfil. Moi pronto podremos ver pasando pola Cidade da Cultura a Isabel Pantoja, Manolo Escobar ou aos Del Rio coa sua Macarena.

A Plataforma Cidadán Cultura Si, mausoleo Non, temos que rechazar esta deriva ideoloxica do que no seu momento se nos publicitou como goberno de esquerdas para rematar nun apendice bancario que ven de entregar o que é maior parte do orzamento da Consellería de Cultura á xestión privada, con nengunha garantia de promocionar e difundir o feito cultural galego. Dado este paso consideramos que non ten sentido a continuidade de Anxela Bugallo ao fronte dun departamento que perde toda capacidade de xestionar a Cidade da Cultura e que asiste de convidada de pedra á entrega a entidades privadas e de ostentoso afan de lucro, do que supostamente representa mais de mitade do orzamento da Consellería de Cultura, que queda valeira de contido e de orzamento.

Unha vez mais consideramos necesario reclamar a disolución deste proxecto seudocultural que é a Cidade da Cultura e esiximos responsabilidades por tanto despilfarro e inversión públicas que van beneficiar os negocios duns poucos inversores empresariais.

10 de xullo de 2008
O Portavoz de Cultura Si Mausoleo NON
Xan Carlos Ansia
Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 13-07-2008 12:32
Queres comentar ou preguntar algo?
Enciclopedia Galega Universal en liña
Ir Indo vén de abrir a Enciclopedia Galega Universal á rede, como xa fixera co dicionario. Trátase dunha versión ainda en probas, pero de moita utilidade. Por iso mesmo vos recomendamos que a visitedes para consultar calquera cousa, ou simplemente para pasar un rato entretido aprendendo cousas sobre nós mesmos e o noso.
A única pega é que hai que rexistrarse para acceder a todos os contidos, pero paga a pena.

O enderezo velaqui o tendes: http://www.egu.es/
Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 12-07-2008 18:56
Queres comentar ou preguntar algo?
listas esgotadas
chegános un correo do SERGAS confirmando a sua decisión de utilizar os criterios de expediente e idade para as contrataciois nas listas esgotadas, como xa informamos no post anterior, pasamos a pegalo integro:

Bos días:

Seguindo a solución adoptada e transmitida dende esta subdirección xeral para casos concretos de esgotamento de listas de certas categorías, infórmase/recórdase a esa Dirección Provincial que, atendendo ás actuais circunstancias -listas ordinarias baremadas a falta da vida laboral a publicarse moi proximamente- para o caso de esgotarse algunha lista das actualmente vixentes, deberán solicitar a CST unha relación de aspirantes, na categoría de que se trate, das listas pendentes, xa baremadas (agás o desemprego), ordenadas pola puntuación do expediente académico dos aspirantes e por idade, ou no caso das categorías en que este non se valore, só por idade (criterio final de desempate).
A continuación, CST remitiralles un arquivo de excel cun listado de aspirantes, listado que non precisará de criba ningunha pois conterá só so aos inscritos por primeira vez aos que se chamará polo seu número de orde.
Con esta solución provisional, dase a estes aspirantes idéntico tratamento que o que resultaria dunha convocatoria por indispoñibilidade, seguindo un criterio de chamamento ordenado e pautado de conformidade coas regras xerais de selección temporal.
Aproveito a ocasión para informarvos de que estase a poñer todo o pulo posible na axilización da petición de datos que a Tesorería Xeral da Seguridade Social ten que facilitar para pechar a baremación. No día de hoxe informánnos telefónicamente de que (sen prexuizo das autorizacións internas por escrito que os distintos departamentos da Tesourería deben intercambiarse) só resta a xeración da información pola xerencia de informática, que esta a devolva á subdirección peticionaria, e que esta nola envíe por correo ordinario. Non comprometeron datas de remisión pero sí adiantaron que formularían a petición -á xerencia de informática- con carácter de preferente.
Pola nosa banda, mantémonos en permanente contacto co servizo correspondente da subdirección xeral de información e de servizos tecnolóxicos para procesar a información da vida laboral en canto nos chegue.

Francisco Javier Pena Corredoira
Subdirector Xeral de Políticas de Persoal
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 11-07-2008 14:24
Queres comentar ou preguntar algo?
BENVIDO á república bananera do SERGAS
Parece ser que o SERGAS vai seguir facendo os chamamentos nas listas onde non hai persoal, como o ben facendo ata o de agora, é decir, nas categorias que teñen puntos por expediente académico según o Pacto de Contrataciois, utilizarán ese criterio e as que non os teñen utilizarán o da idade.

dende a CIG queremos manifestar o noso mais profundo rexeitamento a esta forma de "seleccionar", posto que nos parece a todas luces inxusta e que vai producir graves lesiois nos lexítimos dereitos de moito persoal, ó non terse en conta nin a OPE, nin os servizos prestados.
tamén denunciamos que a dia de hoxe o SERGAS non teña expostas públicamente as listas das que está tirando.
a executiva de CIG-Saúde está elaborando un comunicado de prensa para denunciar esta situación mais propia dun pais bananero que dunha administración seria.

dende a CIG-Saúde Barco, animamos a tódol@s afectad@s por estes feitos sen precedentes dende que hai listas de contratación, que manifestedes o voso cabreo ó SERGAS, no apartado da sua páxina web contacte con nosco.
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 11-07-2008 12:41
Queres comentar ou preguntar algo?
OS 400 € DE ZAPATERO SON PARA OS PIZARREIROS
chegános esta denuncia de CIG-Valdeorras.

OS 400 € DE ZAPATERO SON PARA OS PIZARREIROS

Parece unha broma, un cachondeo, ou algo absurdo verdade, pois non; é certo.

Algunhas empresas da PIZARRA de Valdeorras estanlle a roubar os/as traballodores/as os cartos do R.D.LEY 2/2008, polo cal dende o mes de xuño a decembro hai que abonar 400€ a todos/as os/as traballadores/as .
Estas empresas que estan a roubar os/as traballadores/as utilizan o chantaxe como a mafia, por iso as victimas non denuncian por medo. Nin faen valer os seus dereitos por que estan amenazados, o chantaxe e as amenazas danse de varias formas, cada FAMILIA utiliza métodos distintos, pero case parecidos.

SI QUERES COBRAR ESTES CARTOS ESQUECETE DOS INCENTIVOS.

SI QUERES COBRAR, BEN PERO A PARTIRES DO MES QUE BEN NON CHE FAREMOS RETENCIONS DO IRPF, E TERAS QUE PAGAR UN MOTON DE DIÑEIRO A FACENDA, TI VERAS.

SI QUERES COBRAR, BEN PERO DE AQUÍ PARA ADIANTE ESQUECETE DA PRIMA QUE CHE ESTAMOS A DAR.

Todo esto baixo a mais estrita legalidade,primeiro os/as traballadores/as firman a nómina donde si se reflexa os descontos do IRPF que marca a lei, pero no cheque ou no banco figuran outras cantidaes, tamen os que teñen horas extras como as horas se pagan en diñeiro negro,xa se quedan con eses cartos directamente.

Si facemos cálculos, veredes a pasta que se embolsan estes pizarreiros, 400€ por barba imaxinade nunha empresa de 100 traballadores/as, bueno para o vindeiro ano cando vexamos os cochazos que se gastan, diremos, hai vai un coche de Zapatero.

Desde a CONFEDERACION INTERSINDICAL DE VALDEORRAS, animamos os/as traballadores/as afetados a denunciar estes feitos. A CIG-VALDEORRAS está a sua disposición para quen o queira facer, tamén unha vez mais pedimoslle a FACENDA que investige mais os PIZARREIROS e non os traballadores/as como e habitual.
Comentarios (0) - Categoría: CIG Valdeorras - Publicado o 11-07-2008 12:10
Queres comentar ou preguntar algo?
Publicada lista provisional de acoplamentos interinos
Publicouse xa a lista provisional de acoplamentos internos para persoal interino, en comisión de servizos, reingresos provisorios e persoal fixo para prazas con reserva.

O prazo para presentar reclamacións rematará o 30 de setembro.

O persoal incorporarase, segundo disponibilidade, ao destino adxudicado (se está vacante) unha vez pase o prazo de incorporación da ope 2006, previsto para outubro.

Podedes ver os listados na intranet do HCV.
Comentarios (0) - Categoría: acoplamentos Internos HCV - Publicado o 10-07-2008 12:46
Queres comentar ou preguntar algo?
convocadas prazas farmacéuticos titulares e médicos inspectores
Convocadas prazas de Farmacéuticos titulares e de Médicos Inspectores. Podedes ver o BOE coa convocatoria aqui para Farmacéuticos e aqui para Médicos Inspectores.
Comentarios (0) - Categoría: outras OPE - Publicado o 10-07-2008 09:54
Queres comentar ou preguntar algo?
celadores: listados definitivos
postos en contacto ca xente de CIG que leva o tema de OPE nos din que a lista definitiva de celadores sairá nas mesmas datas cas de PSX é decir en torno ó 21 de xullo e a elección de destino en setembro.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 09-07-2008 13:09
Queres comentar ou preguntar algo?
Sistema de Contratación cando se esgotan as listas
este de abaixo é o escrito enviado ó SERGAS dende CIG_Saúde a raíz do disparate que están a cometer diversas Direcciois provinciais, cando se esgotan as listas de contratación.

Sistema de Contratación cando se esgotan as listas

Dende CIG-Saúde, e a vista de cómo se están producindo os feitos, pensamos que é necesario que dende o Sergas se tomen unha serie de medidas que clarexen o sistema de contratación no momento en que unha lista se esgote.

Nas distintas Direccións Provinciais se están utilizando sistemas dispares a hora de contratar persoal, baremación por expediente académico, abono de horas extras ao persoal fixo, inem, chamamentos por idade...etc.

Polo tanto consideramos que o Sergas debe de remitir ás Direccións Provinciais un criterio claro de cómo se teñen que realizar ditos chamamentos, e que consistiría, según o xa feito nalgúnha Dirección Provincial e falado con nós, no seguinte:

“cando unha lista se esgote ou haxe previsións de que suceda a Dirección Provincial debe porse en contacto co Sergas, para que este dende o departamento de informática lle facilite un listado baremado ( coa única excepción do desemprego ) da categoría pendente de publicación, e será de ese listado do único que se poderán efectuar os chamamentos”.

Tamén solicitamos que ditos listados nos sexan remitidos ao sindicato para poder efectuar as comprobacións oportunas das contratacións que se realicen, pensamos que esto sería positivo para evitar confusión entre a xente que está pendente de traballar e que as suas listas sufriron una demora importante.

Vigo, 9 de xullo de 2008

Asdo. Xan R. Fernández Cid
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 09-07-2008 12:03
Queres comentar ou preguntar algo?
ambulancias con rodas lisas
a sección sindical de CIG-Saúde Barco, vimos de presentar un escrito ante a Xerencia do HCV, o comité de saúde laboral e a Unidade de Prevención de Riscos Laborais, denunciando o estado en que se atopan as rodas dalgunha ambulancia que presta servizos para o HCV, as fotos foron tomadas esta mañá e nelas veise claramente o lamentable estado das rodas, que supoñen un claro perigo non solo para o persoal senon tamén para os pacientes, polo que pedimos unha inspección de tódalas ambulancias e a corrección por parte da empresa adxudicataria de tódolos problemas que se poideran detectar.

esta non é a primeira vez que denunciamos irregularidades neste servizo básico para a nosa área de saúde que despraza tódolos dias duzias de persoas da sua casa a servizos do HCV e das unidades do HCV ós Centros de referencia como Ourense, polo que deben estar especialmente supervisado.

Comentarios (0) - Categoría: SAÚDE LABORAL - Publicado o 09-07-2008 09:58
Queres comentar ou preguntar algo?
Acordo pola Competitividade 2008-2011
Malia ser a segunda forza sindical en Galiza, a CIG non recibiu nin un borrador

Posición da CIG respecto da sinatura do Acordo pola Competitividade 2008-2011

O 13 de novembro de 2006 o Consello Confederal da CIG acordaba abandonar as mesas de diálogo social para un Acordo Galego polo Emprego. As razóns que daquela levaban á central a deixar estas mesas son as mesmas polas que non participou na sinatura do chamado Acordo pola Competitividade 2008-2011.

Malia non formar parte das Mesas de Diálogo Social para un Acordo Galego polo Emprego, a CIG manifesta que, a pesar de ser a segunda central sindical de Galiza, nin sequera recibiu unha copia do devandito Acordo pola Competitividade para coñecer o seu contido e poder valorar, de vagar, o seu alcance.

Alén diso, e tendo en conta a escasa información da que, a estas alturas, dispón, a CIG salienta o paradoxo que supón que no seo das Mesas para un Acordo Galego polo Emprego se asine un ‘Acordo pola Competitividade’, co que iso implica.

Neste sentido, Consuelo Martínez, secretaria confederal de Organización sinala que “cada vez que falamos de competitividade parece que a única forma de sermos competitivos é contendo ou baixando os salarios, flexibilizando as condicións laborais e as xornadas e aumentando, polo tanto, a explotación directa sobre o traballador”. Fronte a isto lembra que, para a CIG, o que se debería propiciar é “a mellora da produción e da calidade do produto, non que sexa máis barato porque se reducen os custos de produción a custo de rebaixar as condicións laborais”.

A secretaria confederal de Organización subliña tamén que até o de agora, as medidas adoptadas levaban aparelladas partidas destinadas “á subvención directa aos empresarios, pero non partidas destinadas a aplicar medidas para o desenvolvemento de sectores produtivos básicos do noso país, coa importancia que teñen para a economía galega”, e semella que neste caso van seguir o mesmo camiño.

Porén, mentres se subvenciona ao sector empresarial, a mocidade galega máis cualificada segue a emigrar ben por falta de postos de traballo, ben polas condicións laborais que hai en Galiza. “Seguimos estando á cola, cos salarios máis baixos do estado e non se están a adoptar medidas que solucionen esta problemática nin para a clase traballadora galega, nin para os nosos sectores produtivos”.

Xunto a iso, resulta rechamante que este Acordo se presente xusto cando está a piques de rematar a lexislatura, nun gran acto propagandístico, e que se diga que está prevista a súa execución do 2008 ao 2011. Consuelo Martínez lembra que o exercicio de 2008 superou xa o seu ecuador e nos orzamentos previstos para este ano non figuraban partidas destinadas a pór en marcha os plans que o Presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, publicitou no acto oficial de sinatura do Acordo, polo que “este ano non parece que se vaian facer efectivos”. A iso engade que “para que sexa un plan críbel deben consignarse partidas orzamentarias para cada unha desas 300 medidas anunciadas e esas partidas orzamentarias son, precisamente, as grandes ausentes”.

esta noticia ampliada na web avantar
Comentarios (0) - Categoría: CIG Valdeorras - Publicado o 08-07-2008 16:55
Queres comentar ou preguntar algo?
ÚLTIMA HORA: OPE SERGAS
Velaqui a información que nos chega do SERGAS:

CALENDARIO PREVISTO OPE PENDENTES SERGAS


PSX E AUX. ADMINISTRATIVOS

Listados definitivos seguramente en torno ao 21 de xullo, a elección de destino en setembro, e con acto conxunto en Santiago, (nalgún momento barallaron a posibilidade de realizar á elección de destino por solicitudes, pero foi descartado) isto último tamén para os Auxiliares Administrativos.

ATS e AUXILIARES ENFERMARÍA

Listados definitivos na última semana do mes de xullo. Elección de destino igual que as cantegorías anteriores.

MÉDICOS FAMILIA

Estan pendentes de sacar listados provisionais, pero teñen que reunir aos tribunais polo tanto non teñen data concreta pero esperan que na semana do 21 poidan publicar os listados.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 08-07-2008 13:46
Queres comentar ou preguntar algo?
SACYL OPE varias categorias
no bocyl de hoxe saen publicada a convocatoria das seguintes categorias de facultativo

Facultativo Especialista en Pediatría

Facultativo Especialista en Aparato Dixestivo

Facultativo Especialista en Otorrinolaringoloxía
Comentarios (0) - Categoría: OPE Sacyl - Publicado o 07-07-2008 19:18
Queres comentar ou preguntar algo?
[1] 2 [3]
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis