CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

información Mesa Contrataciois
xa nos foi remitida a información do acordado onte na Mesa de Contratación, hai algún pequeno erro no que publicamos onte pero básicamente non cambia nada:

INFORMACIÓN MESA CENTRAL DE SEGUIMENTO DE VINCULACIÓNS TEMPORAIS CELEBRADA O DÍA 30 DE XULLO DE 2007.

Ao inicio da reunión, e previamente ao debate dos temas que se recollian na orde do día, o Subdirector Xeral de Políticas de Persoal da División de Recursos Humanos, recoñece a crispación existente no persoal inscrito nas listaxes de contratación que están pendentes de publicar; fai un pequeño relatorio do acontecido e sen facer unha mención expresa refírese ao escrito enviado por CIG-Saúde demandando solucións.
A Admón infórmanos que neste intre xa dispoñen dos datos da Tesoureria da Seguridade Social, o que lles permite baremar o tempo do desemprego, exceptuando a 93 aspirantes extracomunitarios.
Na rolda de intervencións nós reafirmámonos no escrito enviado previamente á reunión é propoñemos unha solución ao problema xurdido.
Exiximos da Admón a publicación inmediata das listaxes de vinculacións temporais con ou sen a puntuación por desemprego e que estas se utilicen como listas subsidiarias para ofertar os chamamentos cando se esgoten as listaxes ordinarias.

O compromiso da Admón é publicar as devanditas listaxes, incluindo o desemprego, nun prazo de 10 días. Se no volcaxe de datos do arquivo da tesoureria atopasen algún problema publicarían as listaxes sen o desemprego e utilizaríanse como listaxes subsidiarías das ordinarias. Se a Admón detectase algún problema, comprometeuse a convocar unha nova reunión para buscar solucións.

Desde a CIG-SAÚDE reiteramos que se esta reunión se tivese producido 3 meses antes non estaríamos na situación actual. Reiteramos que isto sirva como aprendizaxe e que a improvisación non pode ser un mérito. Asemade incidimos nas interpretacións fora de pacto que realiza algunha Dirección Provincial.
O resto de organización se aderirón a nosa protesta; a súa maneira

Temos que estar vixiantes de que a Admón cumpra o acordado hoxe nesta Mesa .

Compostela, 30 de xullo de 2008.

noticia en "el correo gallego"
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 31-07-2008 10:17
Queres comentar ou preguntar algo?
listado medicos familia ordeados por puntos
ordenamos as listas provisorias ordeadas por puntos de medicos de familia, se detectarades algún erro, pregamos nolo notifiquedes.

premede aqui para descargar o arquivo. e logo en "Click here to start download"
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 30-07-2008 20:52
Queres comentar ou preguntar algo?
Novas sobre listas de contratación
como xa publicamos, hoxe fumos a Santiago para protestar pola tardanza na publicación de listas e o incumprimento do Pacto de Contrataciois.

ó mesmo tempo que nos concentrábamos unha trintena de delegad@s de CIG-Saúde no exterior do SERGAS, dentro reuníanse os responsables de contratación dos sindicatos cos responsables de recursos humanos do SERGAS, según nos contaron isto foi o que deu de sí a reunión no que respecta a reivindicación das listas provisorias dunha vez por todas e a utilización destas para as contrataciois:

Según parece entrou un alto cargo de RR.HH. que expresou que estaba moi apenado posto que algúns radicais estaban axitando ó persoal no tema de contrataciois (por quén o diría), que estaban traballando duro en tódolos frentes. Pasado este rapapolvos, (creemos que @s nos@s compañeir@s na Mesa lles puxeron os puntos sobre as ies), comentou que xa tiñan as listas, como algún dos que visitades o noso blog xa nolo deu a coñecer onte, pero que habia un problema con algunha xente que non tiñan ben os datos ou que non lles chegaran, mañá en canto nos manden a información oficial do acontecido volo aclararemos e que non poderían ter elaboradas as listas provisorias antes de 10 dias (lembrade que dixeron que en 2 ou 3 dias as terían unha vez lle viñeran os datos do paro), ó final chegamos o acordo seguinte:

en 10 dias (serán polo menos 12 porque coincide a sábado) publicarán as listas provisorias na páxina do SERGAS e nos taboleiros das direcciois provinciais e convocarase para ese mesmo dia á Mesa Central que aprobará de utilizar esas listas como subsidiarias das vixentes.
ó final aprobaron esta proposta que fixemos dende CIG-Saúde co SERGAS a regañadentes e o resto dos sindicatos estando conformes.
mañá se nos chega, daremosvos o resto da información do acontecido cando nos sexa remitida pol@s nosas compañeir@s que estiveron presentes na reunión.
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 30-07-2008 20:22
Queres comentar ou preguntar algo?
pizarra: retraso de cobro de nóminas
Pásannos @s compañeir@s da pizarra un comunicado denunciando o retraso do cobro das nóminas nalgunhas empresas que procedemos a publicar

RETRASOS NOS COBROS DA PIZARRA

Parece que a moitos empresarios estalle vindo que nin pintado a cantinela esta da crise económica e a suposta necesidade de apremar o cinto e moderar as pretensións económicas. Sempre que sexamos os traballadores e traballadoras quen asumamos ese cinto apremado e esa moderación económica - salarial.

No último ano, moitas familias que viven do seu traballo en empresas como IPISA, FERLOSA, CUPIGA, PEBOSA, IPIGA e outras, están a padecer retrasos no cobro das súas nóminas absolutamente desmesurados, acumulando até dous meses sen salario.

Non obstante, salvo excepcións, a produción non diminuíu, o material sae ao mercado coma sempre, e o persoal mantén a mesma ou maior produtividade.

Logo non é un problema estrutural nin unha situación de crise real. Cando menos nas empresas das que estamos a falar.

Tampouco pode ser un problema de solvencia, a teor do ritmo de vida que algúns se gastan e do que, ademais, alardean sen pudor ante os mesmos traballadores aos que non paga o que lle adebeda.

Non se pode consentir, por indecente e inmoral, que un empresario que ten a preto de cen familias sen cobrar tres nóminas, celebra fastosamente, nun coñecido restaurante da comarca, a súa onomástica ante setenta convidados; que a súa dona estree coche xusto no período no que o persoal non percibe o soldo; ou que outros manteñan empresas paralelas noutra actividade e que, a pesares de tamén adebedar varios meses, teñan a desfachatez de pedir a algúns empregados que vaian traballar nas vacacións a estas obras nas que a actividade non se interrompe nin de día nin de noite.

Non debemos consentir que se descapitalicen empresas mentres os seus (i) responsábeis dilapidan o patrimonio que saíu do traballo e suor de moitas persoas de ben.

Non imos caer na trampa de aceptar sen poñer en entredito unha suposta crise que sempre, sempre, temos que pagar os traballadores e traballadoras.

A sociedade ten dereito a saber en qué situación económica e patrimonial quedan certos empresarios que non teñen o mais mínimo tremor de pulso para asinar expedientes de regulación e despedimentos colectivos.

Non imos consentir exemplos como a tan de moda Martinsa Fadesa, que se desfai de centos de empregados cando, despois de especular e de obter beneficios multimillonarios, deixa de gañar. Menos aínda permitiremos que sexa o Estado, mediante o Fondo de Garantía Salarial, o que apande co custe económico dos despedimentos, cando o empresario mantén o seu incontábel peculio.

Reclamaremos investigación por parte de quen teña competencias na materia fiscal e económica e estaremos sempre ao lado dos traballadores e traballadoras, defendendo o emprego e o salario.
Comentarios (0) - Categoría: CIG Valdeorras - Publicado o 30-07-2008 19:42
Queres comentar ou preguntar algo?
publicación listas OPE
Publicadas as puntuacións obtidas polo persoal aspirante das categorías de:

grupo técnico da función administrativa

médicos de familia, relativas a baremación PROVISIONAL da fase de concurso.

Prazo de 10 días hábiles contados dende mañá para reclamacións.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 30-07-2008 19:39
Queres comentar ou preguntar algo?
OPE: definitivas celador e cociñeiro
como xa anunciamos, hoxe sae publicado no DOG aas listas definitivas de celador e cociñeiro, para velas, preme aquí.

para ver o listado definitvo de persoal seleccionado e as listas ordenadas por puntos e alfabeticamente, preme no enlace:

celador

cociñeiro
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 29-07-2008 09:52
Queres comentar ou preguntar algo?
resposta do 061






esta da esquerda é a contestación ó escrito que lle enviamos ó 061 denunciando o estado das rodas dalgunha das suas ambulancias, preguntámonos se os responsables e inspectores do 061 necesitan gafas ou acaso trátase dalgo mais grave.
Apuntar co dia seguinte da denuncia, a esa ambulancia fóronlle cambiadas as rodas.
Comentarios (0) - Categoría: SAÚDE LABORAL - Publicado o 28-07-2008 13:07
Queres comentar ou preguntar algo?
concentración de delegad@s no SERGAS en compostela
o mércores 30 @s delegad@s de CIG-Saúde imos a amosar o noso rexeitamento á política en materia de contratación que está facendo o SERGAS nos derraderos meses, non sólo pola demora en sacar as listas de contratación, senon tamén polo incumprimento de Pacto de Contrataciois en canto a convocatorias extraordinarias se refire.
Somos conscientes que as datas nas que nos atopamos non son as mellores para facer unha protesta, pola cantidade de persoal que está de vacaciois; pero a actitude do SERGAS obríganos a facer un esforzo para amosar o noso rexeitamento, ante un asunto tan grave e intentar que deste xeito o SERGAS tome dunha vez por todas, todo o que se refire á xestión de listas en serio, que actuaciois como esta non volten a producirse no futuro e que se publique dunha vez por todas os listados provisorios das categorias convocadas.

Facemos un chamamento a todo o persoal afectado para que o próximo mércores acompáñenos na protesta que será ás 11 horas diante do SERGAS en Compostela.

este de abaixo é o escrito que enviamos ó SERGAS.

Transcorridos catorce anos (14) desde a publicación do primeiro pacto de vinculacións temporais e a pesares das melloras que éste foi acadando co consenso de todas as partes, parécenos inaudita a situación acaecida neste verán coas vinculacións temporais. Desde CIG-Saúde non pretendemos sinalar culpábeis pero si exixir responsabilidades e que se dean solucións a todos o temas relacionados coas vinculacións temporais.

A pesares de que a convocatoria para persoal non sanitario e sanitario de F.P foi realizada en setembro de 2007, a realidade é que a data do presente escrito as listaxes de esta convocatoria están sen publicar. Non é admisible que cando se realiza unha nova convocatoria a Admón non teña resolto quen vai realizar a baremación, non é de recibo que entre a data de remate da presentación das solicitudes e o inicio do traballo de baremación trascurran máis de seis (6) meses. Solicitamos a inmediata publicación das mesmas.

Non houbo por parte das Direccións Provinciais (organismo responsábel da xestión das listaxes) unha previsión de necesidades de persoal, esgotándose as listaxes en algunhas categorías e non podendo ofertar os vículos ao persoal demandante de emprego por non estar rematada a baremación.

O pacto de vinculacións temporais recolle os mecanismos de novas ofertas en caso de esgotarse unha listaxe, sempre a través de convocatoria publica, anuncio en prensa ou oferta a través do Servizo de Colocación; o que non recolle é o chamamento a familiares ou persoas coñecidas; non estamos no tempo dos fillos dos ferroviario. Rexeitamos o pago de horas extras en substitución da contratación.

Os criterios adoptados polas Direcións Provinciais foron, nalgún caso, ao seu mellor entender sen dar cumprimento ás reiteradas instrución da Mesa Sectorial cabe suliñar os chamamentos ao persoal que se encontra no periodo de descanso dos tres meses.

As organizacións sindicais non fomos convocadas a ningunha reunión para abordar esta situación e a resposta da Admón veu dada polas nosas reiteradas denuncias do que estaba acontecer, sempre a tempo pasado.

Todas estas alteracións no normal funcionamento do pacto de vinculacións temporais e a improvisación continua ante a falla de recursos humanos é o que pon en entredito as actuacións da Admón e de forma compartida ás organizacións sindicais. Non podemos seguir consentido estas actuacións, polo que solicitamos que na reunión que, previsiblemente, está convocada para o próximo mércores día 30 de xullo, se realice unha analise do acontecido e se acade un acordo que poña fin a esta situación.

Agardando a súa resposta .
Un saúdo..
Compostela,28 de xullo de 2008.
Asdo: Mª Xosé Abuín Álvarez.
Executiva CIG-saúde.
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 28-07-2008 12:42
Queres comentar ou preguntar algo?
operación exitosa
Isto pasaría no SERGAS?

Comentarios (0) - Categoría: tou q m parto - Publicado o 27-07-2008 17:43
Queres comentar ou preguntar algo?
Eduardo Galeano
nunha ocasión un cociñeiro reuniu a tódalas aves que cociñaba, patos, faisanes, galiñas, e ós pavos.
o cociñeiro preguntoulles con que salsa querian ser comidas, unha galiña dixo que non querian ser comidas de ningunha forma, ó que respostou o cociñeiro que iso estaba fora da cuestión. Con esta metáfora da vida empeza a charla Eduardo Galeano, no tubo que colgamos abaixo. Paga a pena velo polo interese das cuestiois que expón como venezuela, o banco mundial, o consello de seguridade da ONU etc, todo iso dende o seu punto de vista e con unha retranca moi aguda.



Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 26-07-2008 01:42
Queres comentar ou preguntar algo?




la región
Comentarios (0) - Categoría: carrabouxos - Publicado o 25-07-2008 23:37
Queres comentar ou preguntar algo?
Galiza ano 2098
Este é o interesante trailer dunha curtametraxe de Edu Lavandeira próxima a estrearse:



Do mesmo autor podedes ver esta outra curta, tamén para a reflexión:

Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 25-07-2008 20:27
Queres comentar ou preguntar algo?
traslados SACYL persoal non sanitario
chus avísanos que no Bocyl de hoxe sae a convocatoria de concurso de traslados para persoal non sanitario do Sacyl. Plazo para presentarse: 30 dias naturais dende mañá.
para velo preme aquí.

graciñas chus polo aviso
Comentarios (0) - Categoría: OPE Sacyl - Publicado o 23-07-2008 19:27
Queres comentar ou preguntar algo?
Magín Blanco&burgasbeat
Magín Blanco e Burgas Beat, sacaron no mes de maio un traballo discográfico que leva por título clic.
este de abaixo é o seu primeiro video, a canción "canto de serea".

Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 23-07-2008 13:24
Queres comentar ou preguntar algo?
situación tercermundista en IPISA
esta de abaixo é a denuncia que fan dende CIG Valdeorras á situación tercermundista que están a padecer os traballadores e traballadoras da empresa de pizarra IPISA; non deixedes de ver o vídeo posto que unha imaxe vale mais que mil palabras.



Desde a Confederación Intersindical Galega (CIG) dirixímonos á Dirección da empresa IBEROITALIANA DE PIZARRAS (IPISA) a fin de lle manifestar a nosa preocupación polo estado no que se atopan algunhas instalacións da mesma e pola inseguridade coa que se efectúa o transporte do persoal.

En canto a instalacións estamos a referirnos aos vestiarios do centro de traballo da Medua, en Carballeda de Valdeorras, que non cumpren absolutamente ningún dos requisitos e condicións previstas no RD 486/1997, do 14 de abril, sobre Disposicións Mínimas de Seguridade e Saúde nos Lugares de Traballo.

Así, no apartado 2.2 do Anexo V do citado Real Decreto recóllese literalmente:

Os vestiarios estarán provistos de asentos e de armarios ou taquillas individuais con chave, que terán a capacidade suficiente para gardar a roupa e o calzado. Os armarios ou taquillas para a roupa de traballo e para a de rúa estarán separados cando isto sexa necesario polo estado de contaminación, sucidade ou humidade da roupa de traballo.

Do mesmo xeito, no apartado 2.4 do mesmo Anexo V establécese:

Os lugares de traballo dispoñerán, nas proximidades dos postos de traballo e dos vestiarios, de locais de aseo con espellos, lavabos con auga corrente, quente se é necesario, xabón e toallas individuais ou outro sistema de secado con garantías hixiénicas. Dispoñerán, ademais, de duchas de auga corrente, quente e fría, cando se realicen habitualmente traballos sucios, contaminantes ou que orixinen elevada sudoración. En tales casos, subministraráselles aos traballadores os medios especiais de limpeza que sexan necesarios.

Por último, dicir que tampouco se cumpre a normativa en canto ao que instalacións de primeiros auxilios se refire, por canto carece do material e medios regulados no Anexo VI do RD 486/1997, que di textualmente:

5. Os lugares de traballo de máis de 50 traballadores deberán dispoñer dun local destinado aos primeiros auxilios e outras posibles atencións sanitarias. Tamén deberán dispoñer deste os lugares de traballo de máis de 25 traballadores para os que así o determine a autoridade laboral, tendo en conta a perigosidade da actividade desenvolvida e as posibles dificultades de acceso ao centro de asistencia médica máis próximo.
6. Os locais de primeiros auxilios dispoñerán, como mínimo, dun botiquín, unha padiola e unha fonte de auga potable. Estarán próximos aos postos de traballo e serán de fácil acceso para as padiolas.
7. O material e locais de primeiros auxilios deberán estar claramente sinalizados.

No que a medios de transporte se refire, as condicións nas que se efectúa tampouco son o máis seguras posíbeis. Así atopamos vehículos coas rodas totalmente lisas, sen apenas debuxo algún, e cun mantemento precario, o que representa un perigo engadido para os traballadores e traballadoras que deben viaxar cada día neles.

Algunhas destas deficiencias son tamén comúns a outros centros de traballo, de IBEROITALIANA DE PIZARRAS polo que facemos extensiva a proposta de remodelación.

Dado que está próximo o período vacacional, prantexamos que se leven a cabo, xusto nese tempo, as obras necesarias para adecuar as instalacións á lexislación actual en materia de prevención de riscos laborais, así como de efectuar un mantemento adecuado nos medios de transporte.

Son cambios absolutamente necesarios para garantir a seguridade, a saúde, o decoro e a intimidade do persoal que traballa en IPISA.

Pensamos que é totalmente razoábel e ponderada a proposta que facemos, ademais de construtiva. Nembargante, non por iso podemos transixir por máis tempo, polo que poñemos no seu coñecemento que non dubidaremos en acudir, se fose necesario -por caer en saco roto o recollido neste escrito-, á Inspección de Traballo e Seguridade Social de Ourense, así como á Autoridade de Minas da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.

Agardamos a súa receptividade, e manifestámoslle o noso compromiso de estar á súa disposición para o que fixera falla, dentro das nosas competencias.

O Barco de Valdeorras, a 22 de xullo de 2008.

Adriano Brito Ferreira
Secretario da Unión Local da CIG - Valdeorras
Comentarios (0) - Categoría: CIG Valdeorras - Publicado o 22-07-2008 13:52
Queres comentar ou preguntar algo?
novo cronograma publicacion listas OPE
DATAS PUBLICACIÓN LISTAS

Según nos comentan do Sergas as datas que manexan agora para a publicación en DOG, son as seguintes:

29 xullo: Celadores e Cociñeiros

30 xullo: Grupo A función Administrativa e Médicos Familia

31 xullo: PSX e Auxiliares de enfermaría.

As de Enfermeiras vanse publicar na primeira semana de Agosto ( do 4 ao 8 ) aproximadamente, xa que levan un pequeno retraso en comparación coas demáis categorías

Tomadeas coa prudencia necesaria cando se trata do Sergas.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 22-07-2008 12:57
Queres comentar ou preguntar algo?
VII Xornadas Teatrais en Córgomo
esta fín de semana Córgomo (vilamartín de Valdeorras), celebrará unha edición mais das xornadas teatrais, nesta ocasión ademais de Córgomo organizaranse actividades en Portela e Tremiñá.

PROGRAMA

24 de xullo

10,30 a 13,30 h.: Obradoiro circense de Colectivo Pista Catro (1ª parte)
17,00 a 20,00 h.: Obradoiro circense de Colectivo Pista Catro (2ª parte).
20,30 h: Inauguración exposición homenaxe a Isaac Díaz Pardo.
22,30 h: Pregón de Xosé Cáccamo.
23,00 h: Teatro-circo de Cabaré Pistacatro.

25 de xullo

10,30 h: Excursión pola toponimia a través d Córgomo, Portela y Tremiñá.
11,30 h: Actividades en Portela: Teatro, contos, recitais.
13,30 h: Xantar en Tremiñá.
17,30 h: Actividades en Tremiñá: Teatro, contos, recitais.
23,00 h: Teatro en Córgomo: Furafollas Agrupación Teatral. Música: Pé de Boi.

26 de xullo

10,30 h: Plantada de árbores autóctonas.
18,00 h: Camiponatos de bolos e billarda.
19,30 h: Contos nas covas.
23,00 h: Teatro de Mofa e Befa: 'Cultura para dar e tomar'.
00,30 h: Concierto de A Quenlla.

27 de xullo

19,30 h: Pasarrúas de Festicultores, Furafollas e FDG Teatro de Córgomo.
23,00 h: Homenaxe aos máis vellos.
23,30 h: Teatro de FDG Teatro de Córgomo.


os festicultores
Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 22-07-2008 11:25
Queres comentar ou preguntar algo?
plans de estudo
Plans de estudo. Habilitación profesional.

Orden CIN/2134/2008, de 3 de julio, pola que establecense os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Enfermeiro.

Orden CIN/2135/2008, de 3 de julio, pola que establecense os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de fisioterapeuta.

Orden CIN/2136/2008, de 3 de julio, pola que establecense os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de dentista

Orden CIN/2137/2008, de 3 de julio, pola que establecense os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de farmacéuticos
Comentarios (0) - Categoría: formación - Publicado o 22-07-2008 10:25
Queres comentar ou preguntar algo?
folga na pizarra
damos publicidade a esta noticia que nos chega d@s compañeir@s da pizarra:

Os/as traballadores/as de Iberoitaliana de Pizarras ( IPISA ) faran folga os vindeiros dias 29,30 e 31 de Xullo se a empresa non lles abona os salarios adevedados.

Desde fai dous anos IPISA ben pagando os salarios os/as traballadores/as con retraso, pero na epoca estival agudizase moito mais, a nómina do mes de maio abonaronlla o Xoves dia 31 de Xuño e non a todo o plantel.

O ano pasado por estas datas os/as traballadores/as xa tiverón que moblizarse para cobrar as mensualidades adevedadas, este ano segue a ser o mesmo. O Lúns 14 e o Martes 15 de Xullo, o Comité de Empresa precorreu os distintos centros de traballo para proporlle os/as traballadores/as as medidas que acordaran, as cales foron apoiadas por unha ampla maioria do plantel da empresa.
Comentarios (0) - Categoría: CIG Valdeorras - Publicado o 21-07-2008 20:55
Queres comentar ou preguntar algo?
la región
Comentarios (0) - Categoría: carrabouxos - Publicado o 18-07-2008 11:20
Queres comentar ou preguntar algo?
1 [2] [3]
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0