CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

tou de vacacións
Como xa vos anunciaramos, a primeira quincena de agosto estaremos máis ou menos de vacacións, polo que non escribiremos artigos tan frecuentemente, e non contestaremos ás vosas cuestións demasiado rápido, polo que vos pedimos disculpas anticipadas.
Por suposto, se hai algunha novidade importante, aqui estaremos informando puntualmente.

Lembrade o que nos queda pendente:

* O prazo para a presentación de solicitudes para traslados péchase o 31 de agosto.

* En setembro teñen que sair publicadas as listas definitivas e abrirse a fase de concurso de diversas categorías (ATS, auxiliares, celadores, pinches, TEL, TER....).

* Tamén en setembro deberían publicarse os listados de aprobados do exercicio práctico das categorías de auxiliar administrativo e psx.

* Ademáis, e tamén referente á OPE, debería resolverse a fase de concurso das categorías que xa a iniciaron (cociñeiros, lavandeiras, hixienistas, telefonistas, calefactores...).

* E ademáis a volta das vacacións temos a convocatoria para listas de contratación, ábrese o prazo o 10 de setembro e remata o 29.

Pois con todo esto en suspenso, desexámosvos unhas boas vacacións, se sodes dos que vos tocan agora.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 31-07-2007 23:14
Queres comentar ou preguntar algo?
festas do verán
Agora que estamos en plena efervescencia, velaqui tendes unha explicación sobre as festas do verán, para que saibades a qué atervos:



Por certo, Carlos Blanco dí que a festa do Esquecemento é en Celanova, e non é asi, celébrase en Xinzo da Limia, pero enfin, seguro que o Carlos Blanco tamén andaría de festa, e pasan estas cousas...
Comentarios (0) - Categoría: tou q m parto - Publicado o 29-07-2007 13:31
Queres comentar ou preguntar algo?
convocatorias xefaturas e interinidade
Resolución 3/2007, do 18 de maio, da Dirección Xerencia do Hospital Comarcal de Valdeorras, pola que se convoca para a súa provisión, por concurso de méritos, un posto vacante de xefe de grupo de persoal de xestión e servizos.

Resolución 4/2007, do 23 de maio, da Dirección Xerencia do Hospital Comarcal de Valdeorras, pola que se convoca para a súa provisión, por concurso de méritos, un posto vacante de xefe de grupo de persoal de xestión e servizos.

Resolución do 15 de xuño de 2007, da Dirección Xerencia do Hospital Comarcal de Valdeorras, pola que se anuncia convocatoria para vinculación temporal, mediante nomeamento de interinidade, dun facultativo especialista de área de cirurxía xeral e do aparello dixestivo.





Comentarios (0) - Categoría: HCV - Publicado o 27-07-2007 12:56
Queres comentar ou preguntar algo?
mesa sectorial residentes
O martes 24 houbo mesa sectorial sobre o seguimento do acordo de residentes para tratar do pago da atención continuada. Quedara pendente a data de aplicación e o prezo hora para os diplomados.

O cálculo do novo prezo-hora de garda se fixo coa media de todas as comunidades autónomas e ademais se fixa un incremento do 7% para o ano 2008 e outro 7% para o 2009. Para a retribución dos diplomados, calcularon a media do estado salvo Madrid e Andalucía xa que non dispoñían dos datos destas dúas comunidades, ofreceron modificalo se alguén llos enviaba nos próximos días.

A data de aplicación finalmente conseguimos que sexa o 1 de xullo de 2007, que era a data que nas asambleas de residentes estes deron por boa. O Sergas comprometeuse en tramitar xa o acordo, para intentar que os residentes poidan empezar a cobrar en novembro.

Na xuntanza asinaronse dúas actas, unha sobre o prezo de garda e outra sobre as comisións de seguimento do acordo. Con respecto ás comisións de seguimento cada organización sindical aportará un membro titular e un suplente. As funcións destas comisións (dúas por área, unha de primaria e outra de especializada) serán o seguimento do acordo e específicamente temas de número e reparto de gardas, permisos e descansos. Nós intentamos que se engadira outro punto na liña de ?outros problemas laborais dos residentes? pero non conseguimos que se metera polas reticencias dos outros sindicatos, polo que unha asignatura pendente que temos todos é conseguir un achegamento entre as comisións de centro e os residentes, que polo de agora son grandes descoñecidos, para que poidan canalizar os seus problemas laborais ao través delas.


acta do acordo

Acta da creación das Comisións de Residentes

Na páxina da agrupación médica tedes o que aconteceu, mais detalladamente.


Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 27-07-2007 11:43
Queres comentar ou preguntar algo?
OPE: non habrerá novedades ata setembro
postos en contacto co SERGAS, nos comunican que o resto de listas pendentes de sair, non se publicarán ata a lo menos mediados de setembro.
Así que a xente que estades pendentes delas podedes desconectar ata aquela e disfrutar das vacaciois; quén as teña claro ;).

e lembrade que o godello vai mellor que o rioja para a conducción, pero con moderación.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 27-07-2007 11:22
Queres comentar ou preguntar algo?
fase de concurso varias categorias
para ver Resolución que abre a fase de concurso de: Calefactor, Condutor, Lavandeiro, Pasador de Ferro, Hixienista Dental, Telefonista e Terapeuta Ocupacional.
preme aqui
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 27-07-2007 02:15
Queres comentar ou preguntar algo?
vacaciois
na primeira quincena de agosto, iremos acualizando a páxina mais de cando en cando que habitualmente, debido a que moit@s de nós estaremos de vacaciois e o SERGAS, tamén paraliza en boa medida a súa actividade a efectos de negociación colectiva, OPE, etc. de todos xeitos si se producira algunha novedade a publicitarán "@s sofrid@s compañeir@s", que deixaron as súas vacaciois para despois de agosto.
Quedan algunhas listas provisorias por sair como son as de psx e auxiliar administrativo, que en canto salgan as publicitaremos, non estamos certos se poderemos cruzar os datos como fixemos co resto das categorias, de non darnos tempo a facelo agora o faríamos despois do 15 de agosto.
igual nesa primeira quincena tardamos algo mais en contestarvos polo que pedimos disculpas anticipadas si acaso tivésemos que esperar a facelo a algunha das preguntas ata a volta das vacaciois.


Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 24-07-2007 21:02
Queres comentar ou preguntar algo?
listas cruzadas pinches
ó final cumprimos a palabra, ainda que sexa tarde, velaquí tedes as listas cruzadas de pinches de cociña.
lembrade o que puxemos nos outros post, que non son nadiña fiables, somente vai sumada a experiencia do SEGAS das listas de contratación do 2004 e as notas da OPE.

pinches listas cruzadas.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 24-07-2007 20:19
Queres comentar ou preguntar algo?
listas cruzadas de tel
a petición vosa metemos as listas cruzadas da experiencia de contratación de tel coas notas de OPE.
mañá intentaremos cruzar as de pinches de cociña.

repetimos o aviso que fixemos cas listas de celador:

ESTAS LISTAS FORON ELABORADAS POR NÓS POLA CANTIDADE DE XENTE QUE NOLAS PEDIA. NON SOMOS EXPERTOS EN OFIMÁTICA POLO QUE PODEN TER MOITOS ERROS.

SOMENTE ESTÁ POSTA A NOTA DA OPE EN CURSO E A DE EXPERIENCIA DAS LISTAS DE CONTRATACIÓN DO 2004, POLO QUE DOS DERRADEIROS 2 ANOS NON TEMOS DATOS, ASÍ QUE NON SON NIN ORIENTATIVAS.


listas cruzadas de TEL

Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 23-07-2007 14:38
Queres comentar ou preguntar algo?
festival de queixa a tope
Onte estivemos no festival de Queixa, o entorno xa o coñecíamos pero o festival e o ambientillo sorprendéronos gratamente.
os 3 grupos que actuaron non teñen desperdicio, guezos, lamatumbá e ruxe ruxe, estiveron xeniais e crearon un clima de colegueo e marchilla ata altas horas da noite, para o ano que ven voltamos, e ti, por qué non te animas?

deixamos un tubo dun anaco da actuación de lamatumbá.


Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 22-07-2007 15:36
Queres comentar ou preguntar algo?
liberdade de expresión


é curioso as veces que a xente enchese a boca decindo que no estado español hai liberdade de expresión.
onte por un auto da audiencia nacional a policia requisou de kioscos e librerias a revista "el jueves" por atentar contra a Coroa.
O Fiscal Xeral do Estado considera que a portada de 'El Jueves' constituía delito e co secuestro da publicación restaurase a legalidade.
esto pasa no ano 2007, o fical xeral do estado é de "esquerdas".
deixamos na páxina o "corpo do delito".
está claro que estamos en tempos de monarquias e inquisición igual que na idade medieval, non nos extrañaria ver unha pira de lume cas revistas secuestradas.

podedes ver mais detalladamente o asunto na web de 20 minutos.
Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 21-07-2007 15:21
Queres comentar ou preguntar algo?
VI festival Serra de Queixa 2oo7
este sábado celebrarase na serra de queixa o VI festival Serra de Queixa 2oo7, os grupos que veñen (ruxe ruxe, lamatumbá, guezos e autómatas beat) seguro que quentarán o ambiente, o entorno axudará sen dúbida a crear un clima cálido, é unha boa opción para aqueles que non teñades que facer e lles apeteza mover o eskelete ata altas horas da noite.
deixámosvos un tubo de ruxe ruxe, un dos grupos que actuarán.

Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 20-07-2007 18:35
Queres comentar ou preguntar algo?
listas farmacéuticos de atención primaria
postos en contacto cos responsables de contratación de CIG-Saúde a raiz dun comentario de patricia no que dicia que non saian publicadas as listas de farmacéuticos de primaria, en contra do que no seu dia informamos no blog, dínnos que esas listas non se publicarán ata setembro-outubro, posto que aínda se está a negociar o baremo que o SERGAS presentará na primeira semana de setembro, según nos din non debera ofrecer maior problema en aprobalo.
Sentimos non ter informado do restraso das listas desta categoria, pero é que non tíñamos constancia do mesmo.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 20-07-2007 12:00
Queres comentar ou preguntar algo?
Resolución que publica a convocatoria de Selección Temporal de diversas categorías do Sergas.
para ver a Resolución que publica a convocatoria de Selección Temporal de diversas categorías do Sergas, preme aqui

Solicitudes: 20 días naturais que comenzará o día 10 de setembro e rematará o 29 ( ámbolos dous incluídos )

Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 19-07-2007 12:11
Queres comentar ou preguntar algo?
listas cruzadas celador
Poñemos as listas cruzadas de celador a ver se desta vez non hai DEMASIADOS erros.

AVISAMOS:

ESTAS LISTAS FORON ELABORADAS POR NÓS POLA CANTIDADE DE XENTE QUE NOLAS PEDIA. NON SOMOS EXPERTOS EN OFIMÁTICA POLO QUE PODEN TER MOITOS ERROS.

SOMENTE ESTÁ POSTA A NOTA DA OPE EN CURSO E A DE LISTAS DE CONTRATACIÓN DO 2004, POLO QUE DOS DERRADEIROS 2 ANOS NON TEMOS DATOS, ASÍ QUE NON SON NIN ORIENTATIVAS.

OS PUNTOS DE POOL VAN INCLUIDOS NA EXPERIENCIA DE CONTRATACIÓN, NON ESTÁN DESGLOSADOS.

COMPROBADE QUE O EXPOSTO SE CORRESPONDE CO QUE REALMENTE TEDES E AVISÁDENOS SE DETECTADES ALGÚN ERRO, SE OS ERROS NON SON DE BULTO DEIXARÉMOLAS, SE NON ELIMINARÉMOLAS DEFINITIVAMENTE.


listas cruzadas de celador

Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 18-07-2007 13:43
Queres comentar ou preguntar algo?
erros nas listas cruzadas de celador
despois de comprobar as listas grazas ó aviso de Mª Carmen de pontevedra; parece ser que faltaba por meter a puntuacion de contratación das areas de pontevedra e vigo. ó longo da mañá intentaremos subsanar o problema, de momento as retiramos da páxina, perdoade as molestias.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 18-07-2007 01:04
Queres comentar ou preguntar algo?
publicada corrección de erros traslados
Publícase hoxe a corrección de erros da convocatoria de traslados. Podedes consultar a resolución aqui para licenciados sanitarios e aqui para o resto do persoal.

O prazo prorrógase ata o 31 de agosto.
Comentarios (0) - Categoría: traslados - Publicado o 17-07-2007 12:40
Queres comentar ou preguntar algo?
NOVAS AXUDAS CONCILIACIÓN VIDA FAMILIAR E LABORAL
Convocanse axudas á conciliación da vida familiar e laboral para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo.
Resumen:
-Tempo máximo reducción xornada 8 meses
-Afecta as Reduccións entre o 33%, e o, 50% da xornada.
-Importe máximo das axudas co 50% de reducción da xornada: 3000 euros o primer fillo, 3300 o segundo, e 3600 o terceiro..
Pra descargar picade no link que está debaixo, e na páxina que se abre en "clik here to start download"

Mais información no local da CIG.
Comentarios (0) - Categoría: SAÚDE LABORAL - Publicado o 16-07-2007 09:46
Queres comentar ou preguntar algo?
Erros nas listas de Grupo de Xestión Función Administrativa.
Outra vez había erros nunhas das listas publicadas. Esta vez eran as do Grupo de Xestión da Función Administrativa. Avísanos Jose de que a xente de promoción interna estaba mal puntuada. Graciñas Jose. Xa están colgadas as novas listas na páxina do SERGAS, védeas aqui. Como veredes tamén se ampliou o prazo de reclamacións.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 16-07-2007 09:04
Queres comentar ou preguntar algo?
microfundismo
Vede que "fermosas" construccións se nos apresentan por ai...

Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 14-07-2007 10:21
Queres comentar ou preguntar algo?
1 [2] [3]
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0