CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

V Congreso da CIG
Máis de 600 delegados e delegadas participarán no V Congreso da CIG

Comeza este sábado 20 de xuño, ás 9:30 horas
Máis de 600 delegados e delegadas participarán no V Congreso da CIG, que terá lugar os días 20 e 21 de xuño, en Compostela. Un Congreso que se desenvolverá en sesións plenarias abertas ás delegacións e persoas convidadas e aos medios de comunicación. Os debates, na primeira xornada, xirarán arredor do Informe de Xestión da Executiva e do Relatorio de Organización e Estatutos e na segunda, no decurso da mañá, do Relatorio Base. Á tarde presentaranse as candidaturas e votaranse os cargos e membros dos organismos: Executiva Confederal, Secretaría Xeral, Comisión de Garantías e Comisión Disciplinar.


Un total de 608 delegados e delegadas, 499 elixidos polos afiliados e afiliadas das distintas federacións e comarcas e 109 membros natos, que forman parte do Consello Confederal e a Comisión de Garantías, participarán os días 20 e 21 de xuño no V Congreso da CIG, que se celebra desta volta baixo o lema “O sindicato que avanza canda ti. Sindicalismo nacionalista e de clase”, no Pazo de Congresos, en Compostela.

O Congreso dará comezo ás 9:30 horas do sábado 20 de xuño coa recepción de congresistas e convidados e a entrega de documentación. As sesión quedarán definitivamente reguladas segundo o horario proposto, que ten que ser ratificado polos propios delegados e delegadas na votación do Regulamento Congresual, prevista para as 11:00 horas.


Horario do Congreso

Sábado 20 de xuño


9:30 horas.- Recepción de congresistas e convidados. Entrega de documentación.

10: 30 horas.- Inicio do V Congreso. Benvida a cargo do Secretario de CIG-Santiago.

11:00 horas.- Debate e votación do Regulamento Congresual.

11:15 horas.- Presentación do “Informe de Xestión da Executiva Confederal” a cargo do Secretario Xeral.

11:40 horas.- Debate e votación do Informe.

12:40 horas.- Proposta e elección da Mesa Presidencial do Congreso.

12:45 horas.- Presentación do “Relatorio de Organización e Estatutos”. Inicio do debate.

14:00 horas.- Xantar.

16:00 horas.- Intervencións de delegacións convidadas.

16:30 horas.- Debate do “Relatorio Organización e Estatutos”.

20:00 horas.- Votacións


Domingo 21 de xuño

10:00 horas.- Presentación “Relatorio Base”. Debate e votacións.

11:30 horas.- Acto musical.

12:00 horas.- Delegacións convidadas.

14:00 horas.- Xantar.

16:00 horas.- Presentación candidaturas.

16:30 horas.- Votación de cargos e membros de Organismos: Executiva Confederal, Secretaría Xeral, Comisión de Garantías, Comisión Disciplinar.

18:00 horas.- Resolucións

18:30 horas.- Clausura.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 17-06-2009 18:33
Queres comentar ou preguntar algo?
Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 15-06-2009 21:41
Queres comentar ou preguntar algo?
NON á supresión do Servizo de Integración de Coidados de enfermaría
esta de abaixo é a carta remitida por CIG-Saúde á Conselleira de sanidade contra a supresión do Servizo de Integración de Coidados de enfermaría


Dona Pilar Farjas
Conselleira de Sanidade

Sra. Conselleira:

Dende CIG-Saúde vemos con preocupación a supresión do Servizo de Integración de Coidados, ata de agora na Subdirección Xeral de Procesos Asistenciais.

Consideramos que este Servizo é imprescindible para a aplicación íntegra da coordinación, e integración nos procesos asistenciais así como nos programas e nas actividades da enfermaría e sobre todo cando no novo Servizo de Integración Asistencial non se contempla explicitamente a figura da enfermeira na coordinación dos coidados.

Xá a Lei 16/2003 (promulgada gobernando o PP) define cales son as funcións dos Diplomados Sanitarios, no artigo 7. a) afirma: “Corresponde aos Diplomados Universitarios de Enfermaría a dirección, avaliación e prestación dos coidados de enfermaría orientados a promoción, mantemento e recuperación da saúde, así como a prevención de enfermidades e discapacidades”. ¿Como pode coordinarse esta capacitación sen un posto directivo no organigrama do Servizo Galego de Saúde?

O nomeamento de unha enfermeira para o cargo de Subdirectora Xeral de Desenvolvemento e Seguridade Asistencial é meramente casual xa que ese posto non está ligado a capacitación académica de enfermeira.

O noso sindicato fará todo o posible para que o colectivo profesional máis numeroso da sanidade pública teña a representatividade que se merece dentro da Estrutura Orgánica do Servizo Galego de Saúde, polo ben da sanidade pública, dos usuarios e das competencias profesionais da enfermaría.

Un saúdo.

Compostela,15 de xuño de 2009.

Asdo: Mª Xosé Abuín
Secretaria Nacional de Cig-Saúde
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 15-06-2009 16:43
Queres comentar ou preguntar algo?
cobertura de solicitudes de carreira
Todos aqueles afiliados e afiliadas da área de O Barco que o desexedes podedes acercarvos polo local da sección sindical a cubrir a solicitude de carreira extraordinaria, xa que desta vez tense que facer via fides.
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 15-06-2009 16:36
Queres comentar ou preguntar algo?
Mª Jesús Magadán nova Xerenta do HCV
Fontes ben informadas, comunícannos que a nova Xerenta do HCV será Mª Jesus Magadán Alvarez, que a dia de hoxe traballa na inspección médica, tendo o seu lugar de traballo no propio HCV e é a portavoz do grupo Popular en A Rua.

Parece ser que Magadán tomará posesión da Xerencia mañá, aínda que a media mañá o actual Xerente Roberto Rodríguez descoñecía esta nova e non lle fora comunicado o seu cese polos responsables do SERGAS.

Acábanos de chegar a noticia de que Mª Jesús Magadán será o xoves cando tome posesión da Xerencia e non mañá como tiñamos anunciado neste mesmo post.

Para CIG-Saúde o Barco o que mais urxe neste momento é que o SERGAS nos clarifique que é o que quere facer con esta área de saúde. se deixala como tal ou eliminala como se está oindo dun tempo a esta parte. De ser así non escatimaremos medios en loitar contra esta medida e faremos un chamamento ós concellos, partidos políticos, organizaciois sindicais, a patronal e a toda a poboación da área para que non nos borren dun plumazo o que tanto esforzo e mobilización costou, ter un área propia con Xerencia propia que coñeza de primeira man os problemas da área de saúde e polo tanto sexa sensible a eles e poder negociar directamente cos máximos responsables en compostela para intentar solventar estes problemas.
Comentarios (0) - Categoría: HCV - Publicado o 15-06-2009 12:58
Queres comentar ou preguntar algo?
carreira profesional: publicadas resolucións
Publícanse hoxe as resolucións para solicitar, dentro da Carreira Profesional Extraordinaria:

- o grao III da Carreira Profesional de Persoal de Xestión e Servizos e Sanitario de FP

- o grao IV de determinado Persoal Diplomado Sanitario (III grao para o Persoal Diplomado Sanitario que acadou praza na OPE extraordinaria)

- o grao III de certo persoal do grupo A que desempeñe praza de FEA por presentar título de ciencias da saúde.

Podedes ver as resolucións premendo na ligazón que corresponda.

Lembrade que o prazo remata o 30 de setembro.
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 15-06-2009 10:05
Queres comentar ou preguntar algo?
ninguén!
Dios ke te krew e Quempallou xuntos nesta denuncia:

Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 12-06-2009 19:49
Queres comentar ou preguntar algo?
reunión grupo de traballo da OPE
Non sabemos se é polo escrito anunciando mobilizaciois en caso de non convocar as mesas de OPE e contratación, ou por outra causa, o caso é que vimos de recibir un correo do SERGAS, convocando unha reunión do grupo de traballo de OPE para o 3 de xullo de 2009 ás 12:30h; este de abaixo é o escrito que nos remitiu o SERGAS.

Asunto: Reunión de traballo.
Órgano convocante: Subdirección Xeral de Relacións Laborais, Réxime Xurídico e Recursos e Reclamacións.

Orde do día: Análise das alegacións á proposta de criterios en relación coa oferta de emprego público do ano 2008 para o ingreso en diversas categorías e especialidades do persoal licenciado sanitario do organismo e outros aspectos derivados do proceso selectivo.

Lugar e data de reunión: Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2009 ás 12:30h. na sala 02-03 da Dirección de Recursos Humanos.

Convocados:
• Subdirección Xeral de Xestión e Políticas de Persoal
• Subdirección Xeral de Planificación, Selección e Desenvolvemento Profesional
• Dirección de Asistencia Sanitaria
• Organizacións sindicais: CIG; CC.OO; UXT; CSI-CSIF; CEMSATSE e SAE.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2009

O subdirector xeral de Relacións Laborais,
Réxime Xurídico e Recursos e Reclamacións.


Francisco Javier Pena Corredoira


Organizacións sindicais: CIG, CC.OO, UXT, CSI-CSIF, CEMSATSE e SAE
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 12-06-2009 15:27
Queres comentar ou preguntar algo?
Asina o manifesto básico pola defensa da RTVG.
MANIFESTO BÁSICO POLA DEFENSA DA RTVG.


Contra a censura e a marxinación da música galega.


" Artigo 16 da lei 9/1984 da RTVG: A programación debe de estar inspirada na promoción e difusión da cultura e lingua galega “.

Diante da eliminación da música galega do programa ABERTO POR REFORMAS , e en relación coa deformación e perversion dos seus contidos…

Consideramos que este programa viña sendo…
• Un programa plural, aberto á cidadanía e participativo, como a sociedade na que queremos vivir e, precisamente por iso, um programa onde a música se vivía con vitalidade, intensidade e enerxía.
• Un programa cun forte pulo dinamizador para a música que se está a facer hoxe na nosa lingua, no noso país, como un espello diario no que a xente preocupada pola música de calquer tendencia ollabamos unha realidade socio-cultural que está a transformar a historia da nosa música.
• Un programa, enraizado na radio de todos e todas as galegas, cunha vocación pública fundamental, ofrecendo a música que se está a facer no nosso país como un ben público de interese xeral.
• Un programa que axudaba a tecer os fios da rede socio-cultural da música galega, que nos relaciona ás persoas que facemos a música do século XXI coas persoas que queren gozar, emocionarse e vivir a música do presente.
• Un programa que, durante os seus máis de 900 (¿?¿¿) días de emisión, día a día, fixo que –como recolle o Plan Xeral de Normalización da Língua Galega , aprovado por consenso polos tres partidos políticos maioritarios- o galego estivese vinculado e fose vivido por milleiros de persoas como referente de modernidade, como un motor de normalidade língüística cotiá.
• Un programa que materializaba de forma sobresaliente a natureza e principios da propia CRTVG, no artigo primeiro da súa Lei de Creación: a promoción, difusión e impulso da lingua galega .
• Un programa que, nun contorno social e mediático onde a cultura, a lingua e a música galega son minoritarias, minorizadas e desprezadas por múltiplos agentes sociais e institucionais, se baseaba na posta en valor da nosa cultura, a nosa lingua e a nosa música.
• Un programa absolutamente xeneroso, respectuoso e honesto nas relacións humanas coa xente que está criar, a comunicar, a compartir, a impulsar, a gozar coa música deste país.
• Un programa, ademais, aberto a culturas e músicas de todo o planeta, poñendo a música galega en relación -en pé de igualdade- coa doutras partes do mundo, con especial interese polas músicas irmás da Lusofonía.
...e por iso...
• Entendemos que esta medida de eliminación da música en língua galega supón un paso máis na política de represión, empobrecemento e marxinación que os responsábeis políticos da Xunta de Galiza están a realizar contra a lingua e a cultura dos galegos e galegas.
• Queremos denunciar, como xente preocupada pola nosa música e a nosa cultura, esta agresión dirixida –cunha intención política e simbólica evidente- contra un dos veículos de comunicación do movimento de Rexurdimento Musical que as novas xerazóns do mundo da música estamos a protagonizar, impulsado por unha sociedade que sabe valorar a sua criatividade.
• Queremos posicionarnos e defender de forma decidida, belixerante e irrenunciábel a presenza da música galega na nosa Radio Pública.
• Queremos dirixirnos á xente sensível coa nosa cultura e coa nosa música, para sumarse a esta denuncia, a esta reivindicación lexítima: A MÚSICA GALEGA DE VOLTA Á RÁDIO GALEGA!
• Pedimos que se restableza un programa diario que de conta dos traballos musicais editados en galego e que conte cos seus protagonistas e que a nova programación non elimine contidos culturais propios en todas as súas variantes: música, cine, libros e arte en xeral.

Se apoias este manifesto, cubre este formulario e preme despois en enviar.
Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 12-06-2009 09:45
Queres comentar ou preguntar algo?
sobre a "enquisa" do galego no ensino
Posicionamento conxunto sobre a "enquisa" sobre o galego no ensino que ven de por en marcha a Consellaría de Educación
.

Subscribiron este posicionamento, por orde alfabética: A Mesa pola Normalización Lingüística, Asociación de Directores e Directivos de IES, AS-PG, CC.OO, CIG, Comités, Coordenadora de Equipas de Normalización e Dinamización Lingüística de Ferrolterra, Coordenadora de Equipas de Normalización e Dinamización Lingüística de Compostela, Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, CSI-CSIF, Federación de ANPAs de centros públicos de Ferrolterra, FETE-UXT, Nova Escola Galega e STEG.

As organizacións con presenza no ámbito da educación abaixo asinantes, ante o anuncio da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria de realizar unha consulta nos centros educativos en relación co uso do galego, queren transmitir á comunidade educativa e á sociedade galega no seu conxunto as seguintes cuestións:

1. Esta é unha consulta, deseñada á marxe da comunidade educativa, carente de rigor na metodoloxía de distribución e no procesamento de datos, e sen garantías para a intimidade das persoas e a protección de datos de carácter persoal.

2. O Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade de todas as forzas políticas con representación no Parlamento Galego en 2004 (PP, PSOE e BNG), é un punto de encontro na definición dos obxectivos para o ámbito educativo. O Decreto 124/2007, de 28 de xuño, recolle este acordo do Parlamento Galego dándolle carácter normativo e a súa legalidade foi avalada por varias sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Esta norma pretende garantir unha competencia similar en galego e en castelán.

3. O obxectivo de que ao remate do ensino obrigatorio os nenos e as nenas sexan plenamente competentes nas dúas linguas oficiais non pode conseguirse con menos do 50% das materias impartidas en galego. Coa enquisa que se envía aos centros o mantemento deste equilibrio tan só se garantiría marcando a resposta “en galego” ou “todo en galego”. Esta opción non se refire á totalidade do ensino, senón ás materias que habería que impartir hoxe en galego –o 50%- xa que a enquisa non recolle a opción de que todas as materias, agás as linguas, poidan ser impartidas en galego.


Desde CIG queremos ademáis engadir estes outros dous puntos, de recomendación á hora de cubrir a "enquisa":

4. Por termos en conta as consideracións anteriores, propoñemos marcar a opción “galego” (en Infantil e FP) e “todo en galego” (en Primaria e Secundaria), porque desta maneira estariamos a indicar que queremos en galego as materias que hoxe se deben impartir na nosa lingua, tal e como indica o decreto en vigor. Non significaría, por tanto, que optemos por todo o ensino en galego, pois esta opción non se considera.

5. Igualmente xulgamos preciso transmitir a nais e pais a necesidade de incluíren no apartado de observacións da enquisa peticións semellantes a que expresamos a continuación:
- Desexaría que o ensino fose en galego, unha opción que non recolle esta enquisa.
- Estou a favor da aplicación do decreto actual de promoción e uso do galego no ensino, realizado co consenso da comunidade educativa e que emana do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade no Parlamento Galego.
- Todo o anterior fai que os resultados desta consulta non me parezan lexítimos.
Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 11-06-2009 12:10
Queres comentar ou preguntar algo?
escrito de CIG-Saúde ó SERGAS
Desde a aprobación na Mesa Sectorial da oferta pública de emprego e posteriormente das respectivas convocatorias dos procesos selectivos, a CIG-SAÚDE comprometeu o apoio a este proceso sempre que a Admón. se comprometera a negociar coas organizacións sindicais o desenvolvemento integro do proceso; que vai desde a presentacións da solicitude até a elección de destino.
Na primeira reunión de Mesa Sectorial celebrada tras a toma de posesión do novo goberno, a CIG-SÁUDE no documento que fixemos chegar ao novo equipo da Consellería de Sanidade no que se recollían os temas que se deberían negociar nesta nova etapa, incluíamos como un tema prioritario a negociación do desenvolvemento do proceso selectivo en curso.

Na reunión de Mesa Sectorial celebrada o día 4 de xuño de 2009, a Admón. comprometeuse a incluír a negociación do desenvolvemento do proceso selectivo no calendario de reunións de Mesa Sectorial a celebrar durante o mes de xuño.

Como a data do presente escrito non temos ningunha notificación de cando que se vai a celebrar esta reunión, solicitamos da Dirección de Recursos Humanos que se nos remita a convocatoria desta reunión a celebrar durante o mes de xuño.

De non producirse esta reunión, e ante a incerteza que certas manifestacións realizadas polos responsábeis actuais do Servizo Galego de Saúde están a ocasionar entre o persoal afectado, veriámonos na obriga de realizar medidas de presión.

Reiteramos, que á maior brevidade posíbel se nos remita a convocatoria desta reunión; onde se recolla na orde do día : desenvolvemento do proceso selectivo.
Asemade non podemos esquecer que esta pendente de convocar o grupo de traballo de selección temporal

Atentamente.

Compostela, 10 de xuño de 2009
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 10-06-2009 18:01
Queres comentar ou preguntar algo?
quedamos nesa praza
Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 08-06-2009 19:34
Queres comentar ou preguntar algo?
Farto Remix - Lamatumbá
E aquí está, o novo video de Lamatumbá realizado polos Estudios Casa de Tolos (Gondomar) a partires do tema de Marcos de Paz gañador do I Concurso de Remixs de Lamatumbá.
Farto é un dos temas incluídos no último disco da banda ourensá "Paraugas Universal"

Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 05-06-2009 21:14
Queres comentar ou preguntar algo?
empeza a manipulación na telegaita
Pois sí que tardou o partido popular en practicar vellas artimañas de ocultación e manipulación informativa.

A asociación de xornalistas esixe á TVG que emita o programa 'A caixa negra' sobre vacas tolas.

A decisión de cancelar a emisión do programa é, segundo a FEGAPE, ''propia de tempos que criamos superados''.
Criterios partidarios ilexítimos
Así mesmo, a FEGAPE entende que a confección da programación dos medios públicos é unha responsabilidade dos seus dirixentes, pero subliña que ''en ningún caso é lexítimo que utilicen criterios partidistas para eliminar da programación unha reportaxe sobre un dos episodios máis graves da recente historia de Galicia sen nin sequera velo previamente''.

''Os xornalistas integrados na FEGAPE -engade o comunicado- rexeitamos e rexeitaremos sempre prácticas e decisións propias doutros tempos que criamos xa superados'', e esixen aos responsables da TVG que arbitren as medidas necesarias para a inmediata emisión do citado programa.

Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 05-06-2009 11:35
Queres comentar ou preguntar algo?
MESA SECTORIAL 4 DE XUÑO DE 2009
A orde do día constaba de 4 puntos: Aprobación da acta da sesión anterior; OPE; Presentación da nova estrutura da Dirección de Recursos Humanos e Calendario.

1.- Acta: vanse que enviar alegacións, xa que o texto non recolle a intervención de CIG-Saúde referente á ausencia da Conselleira e ao abandono da reunión da Xerenta e do Secretario.

2.- OPE: Fíxosenos entrega dun documento que é guía técnica, elaborada para os tribunais de facultativos, en principio parece estar ben, pero hai que revisala comparándoa coa guía do 2006 e coa convocatoria. Solicitamos, unha vez mais, a convocatoria dunha reunión para abordar todos os temas de OPE. Dende CIG-Saúde para esta reunión específica queremos que se traten entre outros as nosas propostas:

Galego.
Tribunais resto das categorías: compostos maioritariamente por profesionais do mesmo colectivo.
Guías técnicas. bolsas de preguntas: 3 veces superior ao nº de preguntas. Formulación das preguntas: de fácil comprensión, adaptadas ao nivel do requisito académico, formulación sinxela procurando facilitar a sua comprensión.
A guía técnica recollerá a que categorías se lle puntuará a titulación específica que non se esixe como requisito.
Servizos prestados: CTG. Privadas non concertadas: laboratorios, cociñeiros, hixienistas, odontólogas/os.
Criterios de cesamento e incorporacións
Elección de destino facultativos.
Prazas por centros para ofertar ao persoal de OPE: Non se ofertarán a OPE ningunha praza que previamente non fosen ofertada non concurso de traslados.
Respectando o principio de territorialidade, as prazas ofertadas a OPE serán igual que o nº de aprobados en cada localidade.

Selección temporal de facultativos.
Convocatoria de traslados.100% DAS PRAZAS
Instrucións de cesamentos e incorporación: recollerán o procedemento de elección de destino nos centros.
Vinculacións temporais. Pacto SERGAS, saúde pública.


Reiteramos na reunión que para a CIG-SAÚDE o proceso de negociación de OPE e traslados vai desde a presentación de solicitude até a toma de posesión.

3.- Presentación do novo organigrama (vólvese a chamar Dirección e non División).

O novo organigrama da Dirección de Recursos Humanos do SERGAS estará composto por:
Directora de Recursos humanos: Esperanza Fernández
Planificación, selección e desenvolvemento profesional: Mercedes Castro.
RRLL, réxime xurídico, recursos e reclamacións: Javier Pena.
Xestión e políticas de persoal: Rosario García Villadangos.

4.-Calendario.

Presentóusenos un calendario de reunións de Mesa Sectorial que contén as reunións a celebrar nos meses de xuño e xullo.

Neste calendario recóllese que a reunión de carreira ordinaria celebrarase o dia 25 de xuño. Alegegou o SERGAS que non se podería facer antes posto que até o dia 12 non se incorporaba a Subd. de desenvolvemento profesional e polo tanto non tería sentido ter antes esta reunión.

Solicitamos que se fixera un calendario con todos os temas pendentes, se non se poden abordar nestes meses deberíanse abordar á volta das vacacións. Ademáis de todos os temas que se relacionaron no documento de CIG-Saúde, solicitamos que de inmediato dese abordaran estes temas:
Carreira profesional. Data remate xullo 09
Plan Mellora, MUH, 061.
Comisións de traballo acordo 2008-12
Reformulación específico-traballo de tarde.
Carreira extraordinaria persoal integrado hospital de Ferrol
Decreto de consolidación de grao
Decreto de novas titulacións. Dietética,farmacia, documentación.Creación destas prazas.
Decreto de integración: persoal dos centros de drogodependencia e Lei 17. RPT farmaceuticos.S.P
Persoal MIR: licenciados e diplomados. Prevención de riscos,Cadro de persoal das fundacións e do novo hospital de Lugo....


O calendario presentado pola Admón só recolle:
a.- Carreira Ordinaria. Reunión 25 de xuño.
b.- Comisións de traballo do acordo retributivo 2008-12, agás o específico.
c.- Comisión de seguimento das incidencias carreira extraordinaria.
d.-Consolidación de grao
e.- Plan Mellora de Atención Primaria; esta reunión celebrarase o día 24 de xuño de 2005

Despois de insistir até o aborrecemento, comprometéronse a incluír no calendario as reunións de OPE-traslados e vinculacións temporais.


O próximo martes 8, reunirase o Consello de CIG-Saúde (onde estamos presentes representantes de tódalas zonas); para analizar todos estes temas, e a nosa resposta sindical.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 04-06-2009 19:49
Queres comentar ou preguntar algo?
as opositoras ingresadas por embarazo podrán facer o exame de OPE
esta información foinos remitida polo SERGAS, via email:

No marco das previsións da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes e da Lei orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, a Consellería de Sanidade permitirá ás mulleres embarazadas, ingresadas no mesmo día do exame, facer os distintos exercicios da fase de oposición, derivados do proceso selectivo de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, convocado por diversas resolucións da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 11 de decembro de 2008 (DOG nº 247, do 22 de decembro) e do 18 de febreiro de 2009 (DOG nº 40, do 26 de febreiro).

Por iso, coa única limitación de respectar, en todo caso, a unidade de acto e de tempo de execución fixados no previsible chamamento para a realización do exame do día 27 de xuño de 2009, como garantía de igualdade e de imparcialidade para todos/as os/as aspirantes, o Servizo Galego de Saúde desplazará ao centro sanitario unha delegación do tribunal que permita a execución material da proba a aquelas opositoras xestantes que previamente o xustificaran e solicitaran no fax da Dirección de Recursos Humanos 881 542818, ata ás 14 horas do día 24 de xuño de 2009.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 04-06-2009 16:03
Queres comentar ou preguntar algo?
A música galega, pechada por reformas?
nova extraida de vieiros

Os artistas e grupos salientan a revolución que supuxo o 'Aberto por Reformas' e desconfían dos novos xestores da radio


Soaba Quedamos nesa Praza, de Som do Galpom, a derradeira canción do Aberto por Reformas de Xurxo Souto, e un convite para o futuro, para seguir traballando, seguir loitando pola música galega. O luns 1 de xuño os novos xestores da radio pública de Galiza, a Radio Galega, decidían que Xurxo Souto non continuaría á fronte do programa. Souto finalizou esta última emisión final despedíndose dos oíntes, dando as grazas, e reivindicando a riqueza e o valor da música galega: "chega o momento da despedida. Hai máis de tres anos principiabamos esta aventura. E agora chega o momento de dicir adeus, e dicir grazas (...) Grazas a tantos artistas galegos, a tanto talento. Somos un pobo de artistas. Cando chegamos houbo certas dúbidas. Había quen dicía que non había música galega de abondo para encher unha hora de programación diaria. E a verdade, e dígoo sen ningún pudor, é que botamos por fóra. A aventura continúa. Agora chega o tempo de que veñan outros compañeiros para manter aceso este facho sonoro. Ata logho amigos, tres, dous, un, partíu".

O martes 2 de xuño, ás sete e cinco da tarde, o programa comezou coa mesma sintonía e o mesmo nome, pero un presentador distinto, Xusto López Carril, que pasara fugazmente polo 'Un día por diante' a comezos da pasada lexislatura. Non só era unha voz distinta, senón unha nova filosofía de programa na que a música galega perdía completamente o protagonismo, e o propio espazo, malia manter a mesma forma, ficaba desposuído de identidade e de contido. López Carril abriu a emisión con toda unha declaración de intencións: "Este é un programa musical, de transición entre o magacín e e a información, pero é un programa con selo propio. Sucede que a música é subxectiva, e a nosa aproximación á música é subxectiva, polo tanto cada quen, particularmente, elixe a súa selección natural, que probabelmente vós ou vostedes non compartan, en absoluto, quizais un pouco, quizais algo máis ou algo menos". O novo programa comezaba, pois xustificándose, e anticipando uns cambios que se fixeron evidentes na primeira canción que soou, de Bruce Springsteen.

Foron máis de tres anos nos que o Aberto por Reformas levou, por vez primeira, a música galega de todos os estilos á radio pública, realizou máis de trescentas entrevistas, e deu a coñecer a ducias de novas bandas e de artistas noveis, moitos deles sen ter editado aínda o seu primeiro traballo. Foron tres anos nos que a música galega tivo un escaparate, un espazo de absoluta liberdade para darse a coñecer. Creou un hábito de escoita entre os oíntes e entre os grupos, que comezaron a confiar nos medios para a difusión do seu traballo. O Aberto por Reformas creou por vez primeira un público para a música galega. Desaparece, pois, un espazo fundamental para a difusión da música galega. Un espazo de liberdade que deixa a centos de grupos galegos sen un escenario privilexiado para darse a coñecer. Só queda dicir grazas polo traballo feito nestes anos. E partiu!

Som do Galpom
Som do Galpom foi o derradeiro grupo que soou no programa. Brais, un dos seus compoñentes, di que Aberto por Reformas é "a clave que permite entender o rexurdimento da música en Galiza, e sobre todo da música en galego. Xurxo Souto conseguía transmitir a sensación de que estaba pasando algo importante, e estaba no certo, algo estaba pasando". Para Brais, "a gran asignatura pendente para a música galega é a formación do público, por iso nós tocamos tanto. E nese sentido Aberto foi un faro; grazas ao programa apareceu un novo tipo de consumidor de música: o que compra música galega". E conclúe: "Xurxo facíache crer na música, en que era posíbel, el sínteo así e é capaz de transmitilo".

Ataque Escampe
Para Álex, de Ataque Escampe, é "unha noticia tráxica" e salienta ademais que "Xurxo Souto é unha referencia dunha cidade, A Coruña, que sempre foi vilipendiada. Cando nos putean aos que crecemos alí, podemos ir de humildes dicindo que está aí o Dépor e podemos ir abusóns dicindo que alí creceu Xurxo Souto. Non teño máis que palabras de agradecemento por todo o que fixo pola música galega. Non só se vai un referente á hora de promocionar a música galega, senón tamén unha persoa que defendía a lingua. Téñolle dito que metaforizaba moito e que dicía moitas hipérboles, pero benvidas son as hipérboles cando se trata de defender a lingua".

Fanny & Alexander
Fanny & Alexander mesmo opinan que a desaparición dun dos espazos que máis promocionaba a música do país podería mesmo incorrer na ilegalidade: "A nova orientación de Aberto por Reformas é practicamente ilegal xa que ao eliminar o único programa que promovía a música contemporánea cantada en galego estase conculcando o artigo 16 da Lei 9/1984 da CRTVG onde se di a programación debe estar inspirada pola 'promoción e difusión da cultura e lingua galega, así como pola defensa da identidade da nacionalidade galega".

Machina, Uxía, García (DKTC) e Galegoz
Machina tamén soou no derradeito programa. En opinión de Anxo, un dos seus integrantes, "antes deste programa non existían os grupos galegos na Radio Galega, quitando os de folk, con todo o respecto para eles. Non sei que vai pasar agora, esperabámolo, pero é un mazazo". Para Uxía Senlle, o Aberto por Reformas foi unha "revolución na radio galega, e na radio pública en xeral. Recuperou para a radio, onde non existía, a música galega en todas as súas expresións"; e sobre Xurxo Souto di que se converteu nun "totem para os grupos", sobre todo para as novas formacións, grazas á "enerxía, á radio viva que fixo, totalmente pegada á realidade". Pola súa banda, Marcos Payno (Galegoz) salienta que o programa "promocionou a música como ninguén, nunca censurou nada, e nestes anos o traballo de Xurxo Souto foi fundamental para a difusión da música galega. E seguirá facendo un labor moi importante, estea onde estea". García (Dios ke te Crew), mentres, cre que é "triste" que unha radio pública "se convirta nunha radio de partido" e lamenta que se elimine un programa que "conseguiu que un monte de grupos emerxentes fosen coñecidos.

O Leo
En palabras de O Leo, Aberto por Reformas foi para a música galega "o que a aparición das radiofórmulas significou para a explosión da música pop en todo o planeta hai unhas décadas". "En Galicia chegamos con máis de corenta anos de atraso", di Leo, que salienta que Xurxo Souto estivo "á altura do país". "As contas cadran -di- se non fose polo programa eu non estaría tocando tanto; estaría como antes, coma na prehistoria fraguista, dando tres ou catro concertos ao ano, cunha música galega de capa caída e non só non promocionada senón perseguida", conclúe Leo, que avisa: "O traballo de Xurxo Souto non caeu en terreo ermo; o que sementou esta aí e isto non vai dar marcha atrás". É, pois, tempo de traballar, como canta Deolinda nun tema que tamén soou no derradeiro programa conducido por Xurxo Souto: Agora sim, damos a volta a isto!/ Agora sim, há pernas para andar!/ Agora sim, eu sinto o optimismo!/ Vamos em frente, ninguém nos vai parar!

Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 04-06-2009 08:57
Queres comentar ou preguntar algo?
estranos sucesos nos chamamentos na área de O Barco
Dun tempo a esta parte estásenos acumulando o chollo, posto que se están a producir "acontecementos estranos" nos chamamentos desta área de saúde en moitas categorías, duplicidade nos chamamentos (2 persoas coinciden o mesmo dia no posto de traballo por unha substitución, tendo que marchar unha delas); chamamentos para contratos de curta duración nas listas xerais que se producen con demasiado tempo de antelación, despistes á hora de facer chamamentos descubrindo determinados servizos; sanciois inxustificadas; etc, etc, etc.
A Mesa de Contratación de Ourense, que é a que corresponde á nosa área, viña funcionando dun xeito máis que aceptable ata hai 2 ou 3 meses que empezaron a acontecer estes "estranos sucesos".
Durante este tempo triplicamos o número de reclamaciois que víñamos facendo ata o de agora.
Co fín de intentar arranxar este desaguisado, estamos recollendo tódalas incidencias que nos van chegando e unha vez comprobadas a nosa intención é levalas á Mesa Provincial, para que dende alí lle dean solución a un tema que está a afectar de forma grave a moito persoal de listas.

Polo tanto, se alguén de vós (persoal de listas de contratación da área de O Barco); sufriu ou coñece algún tipo de irregularidade por pare da Mesa nos chamamentos no último trimestre, solicitamos que vos poñades en contacto con nós, para unha vez comprobada tramitar a denuncia na reunión do último martes deste mes de xuño.

IMPORTANTE: a comunicación ten que ser a través do noso teléfono 988 339112; via email: h.obarco@cig-saude.org; ou directamente no noso local no HCV.
Baixo ningún concepto a través do blog, posto que teredes que aportar datos persoais se hai algunha persoa afectada, así como as datas de cando se produciu a suposta irregularidade.
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 03-06-2009 17:34
Queres comentar ou preguntar algo?
Fundación Valdegodos outra volta
A CIG de Valdeorras presenta denuncia ante a Inspección polas coaccións da Fundación Valdegodos a un afiliado da central.

O persoal estuda elaborar un calendario de mobilizacións en todos os centros da empresa.

A CIG de Valdeorras vén de anunciar que presentou denuncia contra a Fundación Valdegodos ante a Inspección de Traballo, por mor dos “atropelos e represión” que están a padecer os traballadores/as deste centro, nomeadamente, desta volta un afiliado da CIG. Así mesmo, sinalaron que a vindeira semana adoptarán unha serie de medidas para denunciar publicamente a situación laboral do persoal, entre as que incluirán un calendario de mobilizacións nos centros da Fundación.

Dende a Unión Local denuncian que non é a primeira vez que a Fundación Valdegodos represalia as/os afiliados da CIG-Valdeorras, desde que a central ten representación nos distintos comités de empresa da Fundación. As coaccións, sinalan dende a CIG-Valdeorras, “véñense dando de distinta forma, desde ameazas verbais até negarlle as/os afiliadas/os os cambios de quendas, cambiarlle a quenda segundo o capricho da dirección do centro, modificarlle a carteleira para prexudicar o máximo posible as/os traballadores que están a reclamar os seus dereitos, como o pago de trienios, horas extras e condicións dignas de traballo, etc.”.
Desta volta, sinalan, as represalias céntranse no compañeiro José Rodríguez Ortega, traballador que “sempre se caracterizou pola súa dispoñibilidade a axudar o resto dos seus compañeiros/as”, estando á fronte de todas as reclamacións e reivindicacións á empresa, ademais de ser un dos impulsores da candidatura da CIG na Fundación Valdegodos.
“A dirección con esta actitude dictatorial pretende conseguir que as traballadoras e traballadores desistan das súas reivindicacións e vingarse de todas/os aquelas/es que están a reclamar os dereitos máis elementais dentro da empresa”, critican dende a CIG de Valdeorras. Non obstante, advirten que, a pesar das coaccións, o persoal manterá a súa loita.
Denuncias e mobilizacións
De feito, xa teñen presentado a correspondente denuncia diante da Inspección de Traballo polo caso do afiliado da CIG e nos próximos días achegarán aos responsábeis da Consellaría “todas as nosas queixas”. Así mesmo, anunciaron que na vindeira semana estudaranse as medidas a adoptar polos traballadores/as, entre as que incluirán un calendario de mobilizacións en todos os centros da Fundación, denunciando “os atropelos e represión da dirección da empresa” contra o persoal que está a reclamar os seus dereitos.
Comentarios (0) - Categoría: fundaciois 3ª idade - Publicado o 03-06-2009 12:18
Queres comentar ou preguntar algo?
Permisos Eleccións Europeas
para ver a normativa do SERGAS para a concesión de permisos en materia electoral para as votaciois europeas do domingo próximo, preme aquí.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 01-06-2009 14:35
Queres comentar ou preguntar algo?
[1] 2
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis