|
|
|
|
somos unha área |
|
A finais dos anos 80, mais de 15.000 persoas botáronse á rua nunha histórica manifestación para reclamar a creación dunha área sanitaria propia.
Mais adiante miles de persoas acudiron a Santiago para que o goberno a aprobara, pero non foi así. Un voto decidiu que a área de saúde non se creara naquel momento, un diputado de Valdeorras do que é mellor nin lembrar o seu nome traicionou ós seus veciños e veciñas, votando en contra da creación desta área de saúde.
Seguiron as protestas e por fin conseguimos que se tivera en conta a reivindicación. Non se solventaron tódolos problemas nin moito menos, pero fumos avanzando dotando de servizos un hospital que naquel intre solo tiña os servizos mais básicos.
Posteriormente a poboación seguise mobilizando para que se nos tivera en conta, as últimas mobilizaciois foron hai 4 anos, pola situación que atravesábamos pola falta de especialistas, a poboación respostou tamén voltando a encher a rua noutra manifestación multitudinaria.
Agora atopámonos outra vez contra a parede ameazados pola conselleira de sanidade que ten insinuado que cecais esta área desapareza para incorporarse na de Ourense. Ante esta situación que suporia a medio prazo a perda de servizos do HCV, a CIG non pode nin vai quedar quieta.
Para mañá temos convocada unha reunión da comisión de centro para intentar argallar dende alí a estratexia a seguir contra o que pode ser a maior agresión contra a poboación desta área de saúde dende que existe. Pensamos que por un lado o persoal debe manifestar o seu rexeitamento a esta mais que posible iniciativa da conselleira de sanidade. E por outra banda débese retomar a Plataforma en Defensa da sanidade pública para que dende ela sexan os cidadans e os seus representantes os que abanderen as iniciativas co fin de facer recapacitar o governo do PP e non inicie trámite algún para finiquitarnos como área. |
|
|
|
cheque infantil |
|
A axuda convocada consiste na provisión e cobertura total ou parcial do custo da praza adxudicada nunha escola infantil 0-3 non sostida con fondos públicos ás persoas solicitantes con nenas/os entre 0 e 3 anos a cargo que desexen acollerse aos beneficios do programa cheque infantil.
As solicitudes coa documentación requirida pola administración presentaranse no departamento territorial da Consellería de Traballo e Benestar da provincia onde teña o seu domicilio a/o solicitante. O prazo para presentar as solicitude será dun mes desde a publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (18 de xuño de 2009. |
|
|
|
novas contias acordo retributivo |
|
ACORDO RETRIBUTIVO 2008/2012 NOVAS CONTÍAS PARA ÁS MODALIDADES NOITES, DOMINGOS E FESTIVOS |
|
|
|
25 anos do traslado dos restos de castelao |
|
Cando a lingua e a cultura galega está a sofrir un ataque sen precedentes pola extrema dereita que nos governa, cúmprense 25 anos do traslado dos restos de Castelao, extraemos o artigo de vieiros.
fonte vieiros
Cando volveu Alfonso Daniel
Este domingo cúmprense 25 anos do traslado dos restos de Castelao a Galiza, para ser soterrado no Panteón dos Galegos Ilustres. Foi un regreso moi agardado, mais non exento de polémica.
Os restos mortais de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao foron repatriados e levados ao Panteón dos Galegos Ilustres, no convento de San Domingos de Bonaval, en Compostela o 28 de xuño de 1984.
Fanse este domingo xusto os 25 anos daquela chegada tan arelada e tan chea de polémica, porque quen formaba parte daquela maquinaria represora que o botara ao exilio, estaba agora reclamándoo como figura propia, un aceno que non sentou ben no nacionalismo galego. Dicir ben é pouco dicir, xa que aquel 28 de xuño a contorna do parque de Bonaval era un fervedoiro. Había milleiros de persoas arrodeando a Igrexa de San Domingos, denunciando que "os que o exiliaran, agora lle fixesen honra". Non había dereito, pensaban, que as autoridades que gobernaban o país, que eran as mesmas que estiveran décadas sentadas á dereita da ditador, dando por boas todas as súas ordes, trouxesen agora os restos do ilustre galeguista, finado moi lonxe da terra (en Bos Aires, o 7 de xaneiro de 1950), facendo coincidir a súa chegada, ademais, co aniversario do plebiscito no que se aprobou o Estatuto que eles mesmos quixeron deitar.
Para darlle aínda máis polémica, aquel día houbera unha moi soada carga da policía española, que bateu contra os manifestantes que berraban, entre outras cousas, "A Castelao non se traizoa" e "Galiza ceive, poder popular!".
"Castelao é a esencia mesma do noso país, da nosa nación"
No mesmo día, saía na prensa galega un artigo de Uxío Novoneyra, que, naquela altura, era o presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, e no que o poeta do Courel sinalaba que os restos de Castelo "poden ser manipulados, coma todo, polo poder, pero el só vén realmente para os que queremos unha Galiza ceive". O artigo enteiro foi lido por Tareixa Navaza, naquela altura xornalista de TVE en Galiza, quen narrou a chegada do féretro con emoción, referíndose ao galeguista coma a persoa "que nos ensinou a todos que Galiza é unha nación". Nestes días ela mesma, xa prexubilada, contaba que o Gobernador Civil quixera parar a transmisión dos feitos, que agora pode verse no YouTube, e que segue estremecendo pola súa forza. Aquelas imaxes e aquela voz queda custáronlle o cargo ao daquela director de Televisión Española en Galiza, Alexandre Cribeiro, xa falecido. Tamén se vira obrigado a dimitir o organizador da cerimonia, Arixel Teixeiro.
Cando, despois da carga, uns uniformados homes erguían o féretro do automóbil no que fora trasladado, e levábano cara o Panteón, os manifestantes deixaron de berrar e comezaron a bater palmas ao seu paso. Daquela, Navaza destacaba os aplausos dicindo que "Castelao está por riba de todas as ideoloxías, porque é a esencia mesma do noso país, da nosa nación".
Honras pomposas despois de empurralo cara o desterro
Cómpre destacar que o desexo de Castelao era que o seu corpo, de morrer no desterro, fora repatriado a Pontevedra, xa que se consideraba pontevedrés "pola miña propia vontade e pola identificación coas terras e xentes de Pontevedra". Porén, xace inda baixo unha grosa lousa de granito detrás da que o quixeron agochar, após o pomposo recoñecemento daquel día de 1984, e que todos os anos, polo Día da Patria, é visitada e honrada con varios ramos de flores, como tamén o é a de Rosalía.
O mesmo día en que chegaron os restos de Castelao, concedéuselle, a título póstumo, a Medalla de Ouro de Galiza e, en decembro dese mesmo ano a Xunta de Fraga creaba a tamén moitas veces polémica Medalla Castelao.
|
|
|
|
maría soliña |
|
a historia de María Soliña, "cantada" por Astarot:
|
|
|
|
presentación da nova xerente do HCV: o SERGAS pretende eliminar a área do Barco |
|
Visitaronnos hoxe a Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, e a Xerenta do SERGAS, Rocío Mosquera, para facer a presentación da nova Xerenta do HCV, Mª Jesús Magadán. Durante o acto, o discurso da Conselleira volveu mencionar esas frases xa pronunciadas hai pouco tempo de "xestión integral", "xerencias únicas", "eliminar cargos intermedios" etc... A Xerenta do SERGAS insistiu sobre o tema tamén.
Unha vez rematado o acto, desde a Comisión de Centro solicitamos falar coa Conselleira e mantivemos unha conversa informal con ela e a Xerenta do SERGAS na que, ademáis de entregarlle un escrito amosando a nosa preocupación, lle preguntamos directamente se era a súa intención eliminar a área de saúde do Barco, creando a área única. Sen dicilo expresamente, abondando en circunloquios e retórica varia, falando novamente de "xestión integral" e melloras nas competencias das direccións dos hospitais, ao final sacamos a conclusión, tanto nós, como moitos dos que forman parte da Comisión de Centro, de que finalmente si é iso o que pretenden: cargarse a área sanitaria do Barco e facer unha área única de toda a provincia, con todos os problemas que, ao noso entender, isto conlevaría.
Asi que, desde aqui, CIG-Saúde O Barco, quere, para empezar, saudar á nova Xerenta do HCV, Mª Jesús Magadán, e desexarlle unha boa xestión á fronte do mesmo, inda que moito nos tememos que non vaia ser asi, non porque non teña intención de facelo, senón porque probablemente perda moitas das atribucións como Xerenta do HCV ademais de capacidade operativa en canto se fusionen as áreas de Ourense e O Barco.
En todo caso, xa anunciamos que CIG-Saúde non permitirá este retroceso na xestión da sanidade na área do Barco e que fará todo o que estea na súa man para evitalo. |
|
|
|
MESA SECTORIAL CARREIRA ORDINARIA. 25-06-09 |
|
INFORMACIÓN REUNIÓN MESA SECTORIAL CARREIRA ORDINARIA. 25-06-09.
A devandita reunión desenvolveuse na tónica do resto de reunións: non prosperamos en nada. Pendente da memoria económica que non fixera o anterior goberno.
Despois da intervención da Admón, e antes de entrar a valorar o documento que se nos remitira para debater hoxe, manifestamos o noso desacordo coa dinámica de negociación da Admón, xa que o documento non recollía as disposicións transitorias. Nas disposicións transitorias do documento presentado póla Admón anterior era onde tiñamos maior discrepancias e non íamos aceptar un documento que empeore as condicións de carreira.
Para entrarmos no debate do documento de hoxe esiximos que a Admón nos puxera data para unha próxima reunión, antes de esta reunión, a Admón remitiranos o documento de carreira completo; incluídas as disposicións transitorias. Dita reunión queda para o día 8 de xullo.
Os temas recollidos neste documento e que son mais regresivos que os que recollía o documento anterior son:
Funcionarios e laborais:
Non ofertan carreira sen integración.
Si se integran poden acceder ao réxime ordinario
Recoñecemento de graos:
I e II serán irreversíbeis.
III e IV reversíbeis
Grao inicial:
So poderá acceder o persoal temporal con vínculo de longa duración. A maioría do persoal eventual queda fora, xa que até acadar un vínculo de longa duración o persoal ten moitos anos de vínculos de curta duración.
No próximo documento que nos envíen, as disposicións transitorias teñen que recoller:
a.- Enlace entre o réxime extraordinario e o réxime ordinario.
b.- Tratamento do persoal da OPE 2006.
c.- Permanencia en cada grao. Esixencia dun mínimo dun ano de permanencia.
Ademais disto temos que seguir insistindo en:
Anexo I: baremo Que con diferentes combinacións de factores avaliables se poida acadar o 100%. No baremo de méritos, na área IV: implicación e compromiso coa organización, suprimiron: ?ter dedicación exclusiva á organización".
Avaliación negativa: Regular o procedemento. Adiencia ao interesado
Promoción interna: Licenciados e diplomados sanitarios.
Para o resto de categorías o documento anterior mantiña a escala do réxime extraordinario. |
|
|
|
novas aclaraciois do SERGAS sobre o exame de galego |
|
estas de abaixo son as novas aclaraciois do SERGAS sobre o exame de galego de facultativos, en canto teñamos información do resto de categorias a publicaremos.
No Diario Oficial de Galicia nº 122, do 24 de xuño, publícase a Lei 2/2009, do 23 de xuño, de modificación do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo.
Como consecuencia do establecido no artigo único e na Disposición Transitoria Única da devandita lei, o Servizo Galego de Saúde debe proceder á modificación das diversas Resolucións da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 11 de decembro de 2008 (D.O.G. nº 247, do 22 de decembro), polas que se convocou concurso-oposición para a categoría de facultativo especialista de área de diversas especialidades, médico de urxencias hospitalarias, médico de familia de atención primaria, pediatra de atención primaria, farmacéutico de atención primaria, odontólogo de atención primaria e médico coordinador do 061, co fin de adecualas ao contido da devandita disposición.
Polo tanto o vindeiro venres, día 26 de xuño, publicarse no Diario Oficial de Galicia unha Resolución da Xerencia do Servizo Galego de Saúde pola que se procede a modificar as devanditas resolucións, e que producirá efectos respecto dos exercicios da fase oposición que se celebrarán o vindeiro sábado, día 27 de xuño.
As modificacións que se levarán a cabo consisten basicamente en garantir a liberdade de elección de lingua galega e de lingua castelán en relación co segundo exercicio da fase de selección que, polo tanto, non será exclusivamente en lingua galega.
Por outra banda, se garantirá que os aspirantes que acrediten posuír o Celga 4, ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia (curso de perfeccionamento de galego, de conformidade co establecido na disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega; D.O.G nº 146, do 30 de xullo), queden exentos da realización do terceiro exercicio de coñecemento da lingua galega.
De conformidade co anterior, os aspirantes que estean en posesión do Celga 4 ou equivalente debidamente homologado (curso de perfeccionamento ou validación correspondente, conforme á Orde do 16 de xullo de 2007 antes citada) poderán abandonar o recinto onde se realicen os exercicios ao finalizar o segundo exercicio, permanecendo no mesmo exclusivamente os aspirantes que teñan que realizar o terceiro exercicio de coñecemento da lingua galega, que será realizado unha vez rematado o segundo exercicio.
Recórdase que o exercicio de coñecemento da lingua galega é obrigatorio para os aspirantes de calquera quenda de acceso (libre, persoas con discapacidade e promoción interna) que non teñan os devanditos cursos de coñecemento da lingua galega, polo que se recomenda que aqueles aspirantes que teñan algunha dúbida sobre a validez dos cursos dos que poidan dispoñer, permanezan no recinto ó finalizar o segundo exercicio e procedan á realización do terceiro.
Nos primeiros días do vindeiro mes de xullo publicarase no Diario Oficial de Galicia unha resolución da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se abrirá un prazo para que os aspirantes que estean exentos da realización do exercicio de coñecemento da lingua galega, aporten a documentación que acredite que están en posesión dos devanditos cursos de coñecemento da lingua galega.
Aos aspirantes que de conformidade co establecido no punto anterior, acrediten estar en posesión do curso de coñecemento da lingua galega Celga 4 ou equivalente (perfeccionamento) ou a validación correspondente, se lles outorgará unha puntuación de 5 puntos no terceiro exercicio.
Os aspirantes que deban realizar o terceiro exercicio por carecer do correspondente curso de coñecemento da lingua galega, serán valorados de 0 a 5 puntos, en función da puntuación acadada no devandito exercicio. |
|
|
|
modificacion convocatorias |
|
o SERGAS mándanos a resolución pola que modifica as resolucións das convocatorias de OPE de facultativo para deste xeito dar carácter legal do exterminio a prazos da nosa lingua. Esta de abaixo é o texto ítegro enviado por eles:
RESOLUCIÓN Do 25 DE XUÑO DE 2009 DA XERENCIA DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE POLA QUE SE MODIFICAN AS RESOLUCIÓNS DA SECRETARÍA XERAL DO SERVIZO GALEDO DE SAÚDE DO 11 DE DECEMBRO DE 2008 POLAS QUE SE CONVOCA CONCURSO-OPOSICIÓN PARA O INGRESO NAS CATEGORIAS DE PERSOAL LICENCIADO SANITARIO DO ORGANISMO.
Por varias resolucións da Secretaria Xeral do Servizo Galego de Saúde do 11 de decembro de 2008 (DOG Nº 247, do 22 de decembro), convocouse concurso-oposición para la categoría de facultativo especialista de área de diversas especialidades, médico de urxencias hospitalarias, médico de familia de atención primaria, pediatra de atención primaria, farmacéutico de atención primaria, odontólogo de atención primaria e médico coordinador do 061.
Entre os exercicios da fase de oposición que se establecen no Anexo III das devanditas resolucións, figura un exercicio sobre o contido da parte común do programa (temas un a oito, inclusive), que de conformidade co establecido no artigo 35 do Decreto Lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, se realizará exclusivamente en lingua galega.
Por outra banda, e respecto ao o exercicio de coñecemento da lingua galega, non se contempla a exención da súa realización para o aspirantes que estean en posesión do Celga 4, ou equivalente debidamente homologado, prevíndose tan só a exención deste exercicio para os aspirantes da quenda de promoción interna.
A Lei 2/2009, do 23 de xuño, de modificación do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, modifica a redacción do devandito artigo 35 e na disposición transitoria única establece a aplicación da liberdade de elección da lingua galega e castelán nos procesos selectivos en curso respecto dos exercicios que aínda non estean realizados.
De conformidade co anterior, e tendo en conta que a realización dos exercicios da fase de oposición para o ingreso nas citadas categorías está previsto para o vindeiro 27 de xuño de 2009, procede adaptar o Anexo III das devanditas resolucións á nova redacción do artigo 35 do Decreto Lexislativo 1/2008, do 13 de marzo.
Este centro directivo, en uso da competencias atribuídas polo Decreto 311 /2009, do 28 de maio, polo que se establece la estrutura orgánica dos servizos centrais do Servizo Galego de Saúde,
RESOLVE:
Primeiro.- Modificar o parágrafo 1 da Base Sétima das resolucións da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 11 de decembro de 2008 (DOG nº 247, de 22 de decembro), polas que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de facultativo especialista de área de diversas especialidades, médico de urxencias hospitalarias, médico de familia de atención primaria, pediatra de atención primaria e odontólogo de atención primaria, que terá a seguinte redacción:
1.- Para o acceso á categoría convocada, os/as aspirantes da quenda de promoción interna estarán exentos de realizar o exercicio sobre o contido da parte común do programa (temas un a oito, ambos inclusive).
Segundo.- Modificar o Anexo III das resolucións da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 11 de decembro de 2008 (DOG nº 247, de 22 de decembro) polas que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de facultativo especialista de área de diversas especialidades, médico de urxencias hospitalarias, médico de familia de atención primaria, pediatra de atención primaria, farmacéutico de atención primaria, odontólogo de atención primaria e médico coordinador do 061, que terá a seguinte redacción:
ANEXO III
1º Exercicio (eliminatorio):
Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 100 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 10 preguntas de reserva, de supostos prácticos sobre o contido da parte específica do programa do Anexo V, e directamente relacionados coa actividade específica dos centros, nun prazo máximo de 180 minutos.
Este exercicio será valorado de 0 a 50 puntos.
As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.
Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do valor do mesmo.
2º Exercicio (obrigatorio non eliminatorio):
Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, sobre o contido da parte común do programa do Anexo V (temas un a oito, inclusive), nun prazo máximo de 15 minutos.
Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.
As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.
3º Exercicio (obrigatorio non eliminatorio):
Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, mediante o cal se evidencie o coñecemento por parte dos aspirantes da lingua galega, nun prazo máximo de 15 minutos.
Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.
As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.
Estarán exentos da realización deste exercicio os aspirantes que acrediten posuír o Celga 4, ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia (curso de perfeccionamento de galego, de conformidade co establecido na disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega), aos que se lles asignarán 5 puntos.
Podedes consultar esta resolución unha vez publicada premendo aqui. |
|
|
|
explicacións SERGAS sobre o galego na OPE |
|
Velaqui o texto que publica o SERGAS na súa páxina web sobre o galego na ope. Para @s que vaiades facer o exame este sábado, supostamente se tendes o certificado de celga4 non tedes que realizar a proba de galego, pero nós recomendamos que a fagades en vista do aviso que o propio SERGAS pon no texto:
A MODIFICACIÓN DA LEI DE FUNCIÓN PÚBLICA DE GALICIA APLICARASE AOS EXÁMENES DA OPE DO SERGAS QUE SE CELEBRARÁN O SÁBADO
-As novidades consisten en garantir a liberdade de elección de lingua no segundo exercicio da fase de selección e en permitir que os aspirantes que acrediten posuír o Celga 4 -ou equivalente debidamente homologado- queden exentos da realización do exercicio de coñecemento do galego
-En xullo publicarase no DOG unha resolución pola que se abrirá o prazo para que os aspirantes exentos da realización deste exercicio acheguen a documentación correspondente
-Recoméndase aos aspirantes que teñan algunha dúbida sobre a validez dos cursos dos que dispoñan que realicen o exercicio de coñecemento do galego
Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2009.- Na edición de hoxe do Diario Oficial de Galicia (DOG) publícase a Lei 2/2009, do 23 de xuño, de modificación do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, que entrará en vigor mañá.
Como consecuencia, o Servizo Galego de Saúde debe proceder á modificación das diversas resolucións da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 11 de decembro de 2008, polas que se convocou concurso-oposición para a categoría de facultativo especialista de área de diversas especialidades, médico de urxencias hospitalarias, médico de familia de atención primaria, pediatra de atención primaria, farmacéutico de atención primaria, odontólogo de atención primaria e médico coordinador do 061, co fin de adecualas ao contido da devandita disposición.
As modificacións consisten basicamente en garantir a liberdade de elección de lingua galega e de lingua castelá en relación co segundo exercicio da fase de selección -que, polo tanto, non será exclusivamente en lingua galega- e en garantir que os aspirantes que acrediten posuír o certificado Celga 4, ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia (curso de perfeccionamento de galego ou validación correspondente) queden exentos da realización do terceiro exercicio, de coñecemento da lingua galega.
Realización do terceiro exercicio
Así, os aspirantes que estean en posesión do Celga 4 ou equivalente poderán abandonar o recinto onde se realizarán os exercicios ao finalizar o segundo exercicio. Nel deberán permanecer exclusivamente os aspirantes que teñan que realizar o terceiro exercicio (de coñecemento da lingua galega), que será realizado unha vez rematado o anterior.
Dende a Consellería de Sanidade quérese destacar que o exercicio de coñecemento da lingua galega é obrigatorio para os aspirantes que non teñan os devanditos certificados, polo que se recomenda que aqueles aspirantes que teñan algunha dúbida sobre a validez dos cursos dos que poidan dispoñer permanezan no recinto ao finalizar o segundo exercicio e procedan á realización do terceiro.
Nos primeiros días do mes de xullo publicarase no DOG unha resolución da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se abrirá un prazo para que os aspirantes que estean exentos da realización do exercicio de coñecemento da lingua galega acheguen a documentación que acredite que están en posesión dos cursos correspondentes.
Un total de 3.773 aspirantes están inscritos para participar nos exames da categoría de persoal facultativo que se celebrarán o próximo sábado, día 27, en Silleda e optar a unha das 1.002 prazas da Oferta Pública de Emprego do Servizo Galego de Saúde. As probas realizaranse no Recinto Feiral de Silleda a partir das 9.30 h.
Como vedes, o SERGAS non tivo ningún problema co DOG nesta ocasión e publicaron inmediatamente. Sabedes que noutras ocasións, diversas resolucións pendentes de publicación teñen tardado moito máis tempo en ser publicadas "por problemas de espazo no DOG". Xa vemos de entre os temas pendentes enriba da mesa negociadora cales son as prioridades para este goberno: carreira profesional ordinaria? ope? listas de contratación?... NON, para este goberno o prioritario é a eliminación da nosa lingua. |
|
|
|
OPE: COÑECEMENTO GALEGO |
|
Coñecemento do idioma galego.
Na reunión de seguimento do Plan Mellora de Atención Primaria o SERGAS trasmítelle ás organizacións sindicais o seguinte:
a.-Mañá ou pasado publicaran no DOG a modificación da convocatoria de OPE, isto tamén será de aplicación ao resto de categorías. Aplicación pura e dura da modificación da Lei de Función Pública.
b.- O exame da parte de lexislación será en bilingüe, a/o opositor elixirá o idioma.
c.- Exame de galego: quedarán exentos de realizar esta proba o persoal que acredite ter os seguintes cursos: CELGA 4 ou curso de perfeccionamento; tamén quedaran exentos o persoal que teña a validación por cursar estudo de galego durante o bacharelato. Ao persoal que acredite esta documentación outorgaránselles os 5 puntos.
d.- O persoal que realice a proba de coñecemento do idioma galego terá a nota resultante da proba. Pero ten unha segunda oportunidade. Se a posteriori acreditan os cursos de galego ou a validación seranlle outorgados os 5 puntos. |
|
|
|
manifesto a prol da música galega |
|
nova extraida de A nosa terra, para vela completa, preme aquí
Os músicos reúnense na Asemblea Aberta
Ao redor do Manifesto básico pola defensa da RTVG, o pasado 13 de xuño constituíuse en Compostela a Asemblea Aberta integrada por músicos profesionais, grupos noveis e representantes de salas e programadores de festivais. Membros de Machina, Esquíos, Ataque Escampe, Sacha na horta, Zënzar, Ruxe Ruxe, Fanny e Alexander e outros moitos uníronse ?contra a censura e a marxinación da música galega?.
A súa principal reivindicación é conseguir que ?a sociedade teña un espazo na radio pública no que escoitar a música que se fai no país?. No seu primeiro encontro, a Asemblea Aberta acordou traballar nun plan de accións reivindicativo, no que se está a barallar a recollida de firmas para poñer en marcha unha Iniciativa Lexislativa Popular e abrir novas vías de expresión a través da internet.
Pola súa banda, os interlocutores da Radio Galega comunicáronlle a A Nosa Terra que tanto o futuro de Aberto por reformas como a programación en xeral ?está en estudo? e que a nova dirección ?non ten unha decisión tomada? ao respecto da política que se vai seguir no referido á música galega.
Crear público, materia pendente en Galiza
Unha das grandes materias pendentes da música en galego, segundo apunta Brais de Esteban, membro de Som do Galpom, é facer público. Existen dúas formas neste sentido: ?tocar ao vivo e ter espazo na radio pública?. Neste último senso, o papel de Aberto por reformas, ao seu ver, foi ?clave?.
?As estadísticas demostran que en Galiza hai máis grupos que no resto das comunidades, por diante mesmo de Cataluña?, comenta Brais de Esteban. No terreo da escena emerxente, só en Nsaio, o programa, agora tamén en suspenso, promovido pola anterior Consellaría de Benestar a través de Xuventude que tiña entre as súas principais finalidades habilitar locais de ensaio, están adscritos máis de 360 grupos noveis. ?Debemos ser ambiciosos e pensar en exportar porque a música aquí cumpre condicións para ser primeira industria?.
Dende o colectivo hip hop Dios ke te crew cualifican o papel do programa como ?unha dose de autoestima, de coñecemento, de dinamización, de difusión e tamén de liberdade sen censuras?. Como radio pública que é ?a Radio Galega non debe excluír a diversidade cultural deste país na programación diaria?.
A Asociación Galega de Fonografistas, AGAFONO, a través de Fasero, responsábel de Zouma Records, mostrou tamén a súa preocupación por que ?se lle quiten espazos a música galega, que sempre tivo moi pouco protagonismo, incluso na última lexislatura? pero mantense á espera de reunirse coa xunta directiva da Radio Galega para poder tomar medidas nun sentido ou noutro.l
|
|
|
|
400 persoas na concentración a prol da lingua |
|
fonte avantar
400 persoas concéntranse diante do Parlamento en contra da modificación da Lei da Función Pública
Para a CIG a medida supón ?un golpe de morte? para o noso idioma
Coincidindo co debate na Cámara galega da modificación do artigo 35 da Lei da Función Pública, máis de 400 persoas participaron na concentración desenvolta diante do Parlamento para rexeitar ?o golpe de morte ao noso idioma? que vai supor a aprobación desta medida. O PP da así un paso adiante na súa obsesión por ?exterminar e desprestixiar? o noso idioma, vulnerando os dereitos de todos os galegos e as galegas, que coa modificación da Lei da Función Pública nin sequera poderán exixir ser atendidos na nosa lingua diante da administración.
Arredor duns 400 delegados e delegadas de CIG, CCOO e UGT, participaron na concentración desenvolta diante do Parlamento Galego esta mañá, para rexeitar o atropelo contra o galego que vai supor a modificación da Lei da Función Pública. A protesta contou coa presenza do Secretario Xeral da CIG, Xesús Seixo, e coa participación de A Mesa pola Normalización Lingüística e varios deputados nacionalistas, que tamén quixeron amosar o seu rexeitamento a esta medida.
A modificación do artigo 35 desta norma pretende a eliminación da obriga de realizar en galego, como mínimo, unha das probas das oposicións, de xeito que se está a furtando aos galegos e galegas o dereito a poder ser atendidos no seu idioma nas administracións públicas. ?É un retroceso preautonómico?, lamentou o secretario da CIG-Ensino, Anxo Louzao, quen asegurou que ?esta é a suma doutras medidas contra o noso idioma. O PP ten unha obsesión co galego e todas as decisións que está a tomar van encamiñadas a exterminar, infravalorar e desprestixiar a nosa lingua?.
Obriga dos gobernos
Dende a CIG lémbrase que a obriga de calquera goberno pasa por valorar os dereitos dos cidadáns e do seu patrimonio, polo que xa se advertiu ao goberno do PP que vai ter enfronte á central, porque ?non estamos dispostos a que se lexisle en contra do noso idioma?. ?As decisión do PP están cargadas dun españolismo a ultranza destinado a pór en tea de xuízo o noso idioma e acabar co noso sinal de identidade máis importante?, lamentou Louzao.
Por esta razón, a central reclama á Xunta de Galiza que asuma políticas de protección e promoción do noso idioma, en lugar de deseñar estratexias cuxo único obxectivo consiste na involución lingüística e na supresión dos escasos avances neste eido acadados nos últimos anos. ?A única preocupación do PP é lexislar en contra do galego?, sentenciou o secretario nacional da CIG-Ensino.
A modificación do artigo 35 é contraria tanto á Lei de Normalización Lingüística como ao Plan Xeral de Normalización, así como ao Estatuto Básico do Empregado Público. A CIG non aceptará ningún paso atrás na normalización lingüística, polo que continuará opóndose frontalmente a calquera medida destinada a tal finalidade.
Recurso contra o Decreto de Educación Infantil
Dentro das medidas que a central vai levar a cabo en contra das políticas de ataque ao galego, a CIG-Ensino vai presentar recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza contra o Decreto de Educación Infantil, publicado no DOG do 23 de xuño.
Tal e como se denunciou na Mesa Sectorial en que se debatía a Orde de avaliación de Educación Infantil, a única modificación introducida polo actual goberno do PP neste Decreto elaborado pola anterior Consellaría de Educación, é precisamente un ataque máis a nosa lingua, pois non recolle o que establece a actual lexislación en vigor, ou sexa o Decreto 124/2007, que si recollía o borrador modificado polo Consello da Xunta.
O borrador do Decreto de Educación Infantil que pasara pola Mesa Sectorial no seu día dicía que: ?Na etapa de Educación infantil o profesorado utilizará na aula a lingua materna predominante entre o alumnado, terá en conta a lingua do contorno e coidará que o alumnado progrese no coñecemento da outra lingua oficial de Galicia. No caso de contornos castelán falantes, a utilización nesta etapa da lingua galega como lingua de comunicación e ensinanza será, como mínimo, igual á da lingua castelá.?
Fronte a isto o Consello da Xunta do actual goberno do PP, en que foi aprobado, modificou este apartado que segundo o publicado hoxe di soamente: ?Na etapa de Educación infantil o profesorado utilizará na aula a lingua materna predominante entre o alumnado, terá en conta a lingua do contorno e coidará que o alumnado adquira de forma oral e escrita o coñecemento da outra lingua oficial de Galicia, dentro dos límites propios desta etapa.?
Infracción do actual Decreto de Normalización
A CIG considera que esta modificación infrinxe o actual Decreto de Normalización Lingüística, que continúa en vixencia e que emana do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega aprobado por unanimidade no Parlamento Galego en setembro de 2004. Esta é unha involución máis das moitas que o novo goberno está a perpetrar contra o noso idioma, cunha urxencia esaxerada, que non practican para pór en marcha medidas que no seu programa electoral figuraban como prioritarias, por exemplo a redución das rateos a 15 alumnos por aula. Ou que supriman as axudas aos programas de inmersión en galego, que cumpren con todos os requisitos establecidos, mentres gastan cantidades moito maiores nunha enquisa ilexítima e amañada para reducir a presenza do noso idioma no ensino
|
|
|
|
concentracion diante do parlamento |
|
Concentración mañá, martes 23 de xuño as 10h diante do Parlamento de Galiza en contra da modificación do artigo 35 da Lei da Función Pública
A CIG volve rexeitar a eliminación de realizar unha ou máis probas en galego
As organizacións sindicais reiteraron unha vez máis a petición á Xunta para que non modifique o artigo 35 da Lei da Función Pública, mantendo deste xeito a obrigatoriedade de realizar unha ou máis probas dos procesos selectivos exclusivamente en lingua galega. Para apoiar esta reivindicación, CIG, UGT e CCOO teñen convocado unha concentración ante o Parlamento de Galiza o vindeiro martes 23 de xuño ás 10h, data na que se debaterá esta modificación na Cámara galega.
|
|
|
|
apertura listas automáticas |
|
Anuncio polo que se procede a dar publicidade á resolución da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde, pola que se anuncian os prazos da convocatoria automática prevista para a selección temporal nas categorías de médicos de familia, médicos de urxencias hospitalarias, pediatras, matronas, persoal de enfermaría (ATS/DUE) e cociñeiros nas institucións sanitarias do Sergas.
A citada convocatoria automática para presentación de solicitudes á selección temporal no SERGAS nas categorías de médicos de familia, pediatras, matronas, persoal de enfermaría e cociñeiros está prevista na norma xeral 6.3.1. do Pacto de selección temporal publicado no Diario Oficial de Galicia nº 104 de 1 de xuño de 2004 e a categoría de médico de urxencias hospitalarias na Resolución da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional de data 26 de abril de 2006 (DOG nº 90 de 11 de maio).
O prazo para achegamento de solicitudes está fixado dende o día 1 ata o día 15 de xullo do 2009, ámbolos dous inclusive.
Os modelos normalizados de solicitude estarán a disposición dos interesados nas Direccións Provinciais do Sergas e na páxina web do Sergas |
|
|
|
suspensión do evento musical ?Made in Galiza? |
|
fran envíanos este link que da conta dun novo pao ós músicos que se expresan na NOSA lingua.
o artigo está na páxina web de komunicando, e podedes velo no seu contexto orixinal premendo aquí.
Os dias 26 e 27 de xuño grazas á Concellaria de Cultura do Concello da Coruña, a música galega por vez primeira ía ter un escaparate privilexiado para poder amosar todo o seu esplendor criativo que está a viver dende os últimos 15 anos. Unhas 14 bandas de diversos estilos e procedéncias ían xuntar-se para um acontecimento histórico dentro da música emerxente galega, um dos sectores culturais mais vivos, mais dinámicos, e tamén, curiosamente menos subvencionada de todas as artes que se traballan no país.
Isto sábeo ben a xente que ten mamado palco, que ten feito troulear por concertos e romerias a moita xente, vendo como os grupos de fóra levaban os cachés grandes, facendo um traballo moitas das veces de menor calidade que a xente da casa. Precisamente, a xente da casa, era quen baixaba os cachés colaborando coas organizacións dos eventos para que estes se puideran realizar.
O panorama está a mudar, e a contrastada calidade das criadoras galegas está a causar expectación, grazas a que nos últimos anos se eliminaran as ?listas negas? e a censura a todo o que se desmarcara das pautas da grande indústria.
Precisamente, a inmensa maioria (e con moito) das subvencións a eventos musicais veñen da parte dos concellos que contratan grupos ?de moda? criados polos mass média estatais, ou orquestras con versión de éxitos do momento. Conste dicer que este tipo de eventos son moi queridos polo público em xeral e responden as suas actuacións com grandes afluencias de xente. Non hai cousa mais respetável, sabémo-lo.
Pero sabemos tamén que a música emerxente galega tamén ten o seu público, cada dia maior, cada vez a xente acode mais aos festivais, seguian o programa de rádio (tristemente eliminado) ?Aberto por Reformas?, e que esta xente TAMÉN TEM DEREITO A UNHA PEQUENA AXUDA DOS RESPONSÁVEIS DA CULTURA DO PAÍS. Lugares como Inglaterra, Irlanda, USA, Cuba, Brasil... entendéron-no moi bem, por iso son primeiras poténcias culturais en música contemporánea, principalmente porque non desprezan o seu.
Ao contrário da administración actual da XUNTA, que eliminou TODAS AS AXUDAS AO EVENTO que ía ser celebrado o mes de Xuño na Coruña. Esto, no meu país, e no de todos tamén, só se lle pode chamar así SECTARISMO E AUTO-ÓDIO.
E que non se preocupen os administradores oficiais da cultura deste país, que NÓS, @s músicos galeg@s, non choramos por unha subvención QUE NUNCA TIVEMOS, e que seguiremos a facer festa, e a facer unha indústria cultural potente sen necesidade da sua axuda, xa que levamos así, alegres, toda a vida. |
|
|
|
NORDÉS |
|
Mariñeiriño da mare
mariñeiriño da mare
debaixo da tua bandeira
non me queiras aghardare...
Eu nacín-e no Berbés
eu nacín-e a Ribeira
traio o balanzo do mare
traio a forza das mareas
Que ben zoupan os motores
como zoa o vendavale
eu veño da fin do mundo
nacida pra navegare
miña nai deume os camiños
e o meu pai deixoume o mare
non tiñan mais que deixarme
niN eu penso máis deixare
retrouso (X2):
indo polo mar adentro
oín cantar unha serea
vallame deus, que ben canta
unha cousa tan pequena
mariñeiro destes mares
asegura ben a vida
os piratas dos despachos
pintan rotas podrecidas
meu avó foi ó Gran Sole
e o meu pai chegou a Angola
eu que son mariñeiriña
hei dar volta á Terra toda
En Hong Kong, en Singapure,
no Pireo, en Hamburgo,
ten que haber sempre un galego
pra botar un aturuxo
Retrouso (X2)...
Nin cadeas, nin fronteiras:
nosa fortuna é o mare
nin fronteiras, nin cancelas:
nacidos pra navegareeee!!!
ADIANTE COA NOSA LINGUA GALEGA
E EN APOIO A XURXO SOUTO
|
|
|
|
publicada data de exame ope facultativ@s |
|
Publicouse onte no DOG a resolución sobre a data e lugar de celebración dos exercicios da OPE 2009 para as categorías de facultativ@s. Podedes vela premendo aqui.
A data e lugar fixados son o sábado día 27 de xuño ás 9:30 hs no recinto feiral de Silleda. |
|
|
|
A LINGUA, A NOSA CULTURA, O NOSO PATRIMONIO |
|
Todas as culturas entenden a lingua como un patrimonio, que hai que protexer e do que sentirse orgulloso. Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.
Porque despois de máis de catro séculos de políticas asimilistas, exercidas con toda riqueza de astucias e violencias, o noso idioma segue vivo. Sodes, pois, uns imperialistas fracasados?.Castelao.
Sempre en Galiza.
CIG‐ Saúde defende que se manteña a convocatoria de OPE nos termos nos que foi aprobada na Mesa Sectorial en decembro de 2008.
O goberno do PP pretende modificar pola vía de urxencia a modificación da Lei de Función Pública Galega, para suprimir das probas selectivas o coñecemento do noso idioma; co argumento de que isto impide que profesionais do resto do territorio do estado español acedan ao emprego no noso pais. Isto é totalmente falso e non se pode seguir enganando e manipulando.
Este é o cronograma da convocatoria de OPE, polo que o persoal que vai participar neste proceso selectivo, de dentro ou de fora de Galiza, xa coñecía os requisitos da convocatoria.
Convocatoria OPE FACULTATIVOS 2008
Decreto de oferta de emprego publicado no DOG do 01-09-2008
Resolución da convocatoria publicado no DOG do 22-12-2008.
Inicio do prazo de presentación de solicitudes 23-12-08
Prazo fin de presentación de solicitudes 31-01-09.
Convocatoria OPE Resto de categorías 2009
Decreto de oferta de emprego publicado no DOG do 13-02-09.
Resolución da convocatoria publicado no DOG do 26-02-09.
Inicio do prazo de presentación de solicitudes 27-02-09.
Prazo fin de presentación de solicitudes 31-03-09.
Ademais disto, é falso que a proba do galego determine a superación do proceso selectivo, xa que o baremo ten a seguinte composición.
BAREMO OPE 100% DA PUNTUACIÓN
Concurso de méritos 40% do proceso selectivo.
Nesta apartado valóranse os servizos prestados nos países da Unión Europea, nos centros públicos e privados. O resto de méritos (publicacións, formación...) son de carácter internacional.
Fase de oposición 60% do proceso selectivo.
90% Exame da parte específica . Os test están feitos integramente en español.
10% coñecemento do galego. Non eliminatorio, só serve para para subir nota .
A política de emprego exercida no SERGAS polo anterior goberno do PP e corrixida no plano de estabilidade do goberno bipartido coa OPE 2006, traducíase nunha permanente fuxida dos nosos profesionais ao pais veciño Portugal, onde todas/os as/os profesionais, galegas/os e do resto do territorio do estado español, teñen que superar unha proba de coñecemento do idioma portugués.
As precarias condicións das contratacións utilizadas nos últimos anos polo goberno do PP traducíanse en:
Para os profesionais: a formalización de sucesivos contratos, sen vacacións, sen cobertura de I.T, Provocando desmotivación, incerteza para os proxectos persoais e a dificultade en conciliar a vida laboral familiar.
Para a Administración sanitaria: a dificultade de captar e reter profesionais nun mercado competitivo; xerando incerteza na continuidade dos servizos.
Estas políticas de emprego son as que non se poden aplicar. O goberno debe garantir unhas boas condicións laborais para garantir, non só que veñan profesionais de fora de Galiza, senón para evitar que fuxan os nosos.
O galego non é unha limitación, é un dereito; as usuarias e usuarios teñen o dereito a usalo na súa relación co Sistema Sanitario Público; a Administración ten a obriga de garantilo. |
|
|
|
OPE Aragón |
|
oferta de diversas categorías no servizo aragonés de saúde, podes acceder ó boletín oficial de aragón dese dia, premendo aquí. |
|
|
|
|
|
|
|
|