CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

publicacións no DOG, referentes a prazos de FEAS de traslados e ope para incorporación.
Resolución do 2 de xuño de 2008, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, pola que se declara
rematado o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario, se nomean os aspirantes seleccionados como persoal estatutario fixo e se lles adxudica con carácter de destino definitivo a praza correspondente.

Resolución do 29 de maio de 2008, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, pola que se publican os prazos posesorios do concurso de traslados para a provisión de prazas de diversas categorías convocado por Resolución
do 20 de xuño de 2007.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 09-06-2008 13:40
Queres comentar ou preguntar algo?
BASEADO EN FEITOS ... QUE PUIDERON TER ACONTECIDO
do mesmo director de Auga esta curta gañou o Premio Galicia 2006 (mellor curta galega da 34 edición do Certame Audiovisual Liceo-Casino de Vilagarcía de Arousa).

Comentarios (0) - Categoría: curtas - Publicado o 06-06-2008 14:33
Queres comentar ou preguntar algo?
o sonoro maxin no baranda de o barco
mañá sabado ás 11 e media o sonoro maxín estará no pub baranda de o barco, esta banda naceu dunha escisión de lamatumbá e o directo que teñen é impresionante, aconsellamos que non volo perdades se tedes oscasión de velos.
tamén estarán o domingo 8 ás 21:00 na Sala Aturuxo de BUEU.

na páxina web do sonoro maxín tedes moita mais información sobre esta banda liderada por ico.

Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 06-06-2008 14:21
Queres comentar ou preguntar algo?
escrito á Dirección do HCV

Dado que a Dirección do HCV contesta tarde mal ou nunca ós nosos escritos, a patir de agora e ata que non cambien a sua actitude neste senso, aparte de enviarlles os escritos, darémoslle traslado ó blog, para ver se deste xeito conseguimos que axilicen as espostas e información que lles pedimos neles.

este é o escrito que lle enviamos hoxe demandando información a raiz do proceso de OPE traslados e vacaciois.


De: CIG-Saúde Barco
A: Dirección Xerente do HCV


Xosé Manuel Alvarez Fernández, en calidade de delegado da sección sindical de CIG-Saúde, diríxese a vostede para que nos infome dunha serie de asuntos que nos preocupan.

1. Qué criterio seguen as direccións de enfermaría e xestión para incorporar ó persoal procedente de OPE e traslados; quen ten preferencia para elexir servizo e quendas ou son os responsables dos servizos os que distribuen ó persoal ó seu criterio?

2. Como é posible que convocándose 2 prazas a traslado na categoría de TEL e sendo cubertas as 2, apareza unha terceira praza para a OPE co que se lle nega a posibilidade a unha 3ª persoa a virse de traslado ó HCV?

3. De onde saiu a 4ª praza que se crea en laboratorio neste proceso de OPE-traslados, non será acaso a praza que tiñan reservada de TER para cuando se incorporara o 3º radiólogo?,

4. Con respecto as vacacións; tódolos servizos do HCV organizan bloques de vacacións para ofertar ó persoal de listas de contratacións, ou hai algún que está organizando estas de xeito que en vez de distribuir por bloques, vai facer chamamentos parciais mes a mes sen acumular en bloques as vacacións do persoal?

Aproveitamos para lembrarlle que estamos no mes de xuño que según o acordado entre Dirección do HCV e a Comisión de Centro foi o prazo no que a Dirección se comprometeu a ter definida a RPT do Centro, polo que esperamos que non esquezan o seu compromiso.


En O Barco a 5 de xuño de 2008


Comentarios (0) - Categoría: HCV - Publicado o 05-06-2008 13:16
Queres comentar ou preguntar algo?
listas de contratación Cee
O pasado 26 de maio convocáronse novas listas de contratación para o Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, para as categorías de MATRONA, ATS/DUE, TÉCNICO ESPECIALISTA DE LABORATORIO DE ANÁLISIS CLÍNICOS, TÉCNICO ESPECIALISTA EN RADIOLOXÍA E TÉCNICO ESPECIALISTA EN ANATOMÍA PATOLÓXICA.
O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días naturais desde o día seguinte á súa publicación.
Podedes ver a resolución aqui.

Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 04-06-2008 11:15
Queres comentar ou preguntar algo?
listas de contratación pendentes
hoxe conseguimos poñernos en contacto telefónico co SERGAS para preguntarlle polas listas de Contratación pendentes de sair listado provisorio.

dinnos que están á espera que a Seguridade Social en Madrid lles remita o tempo de paro para o seu cómputo, esperan que o fagan pronto pero tampouco se mollan porque non depende deles.
Unha vez as teñan en 2 ou 3 dias as publicarán posto que xa teñen o resto baremado, quedaron en avisarnos cando lle cheguen os datos.
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 04-06-2008 10:53
Queres comentar ou preguntar algo?
tomas de posesión OPE e traslados
como xa anunciamos onte hoxe sae publicado no doga a apertura de prazo para a toma de posesión de determinadas categorias de OPE e traslado:

Resolución do 27 de maio de 2008, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, pola que se declara rematado o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, se nomean os aspirantes seleccionados como persoal estatutario fixo e se lles adxudica con carácter de destino definitivo a praza correspondente.

Resolución do 28 de maio de 2008, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, pola que se publican os prazos posesorios do concurso de traslados para a provisión de prazas de diversas categorías do Servizo Galego de Saúde convocado pola Resolución do 20 de xuño de 2007.





Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 04-06-2008 08:28
Queres comentar ou preguntar algo?
listados de auxiliares de enfermaria e enfermeir@s
infórmannos os compañeiros que levan OPE que as listas das categorias que faltan por sair non se producirá ata despois do 15 de xuño, é toda a información que conseguimos sobre OPE.
estamos intentando pornos en contacto co SERGAS para saber que saben das listas de contratación pendentes, pero ata o de agora non o conseguimos, en canto saibamos algo o publiaremos tamén por mínimo que sexa
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 03-06-2008 14:19
Queres comentar ou preguntar algo?
Novidades ope
Logo de falar co Sergas coméntannos o seguinte:

 Confírmase que o día 4 sae publicada a Resolución para a toma de posesión de tódalas categorías (coa excepción de FEAS) que xa elixiron destino, conxuntamente coa xente de traslados de ditas categorías. Os FEAs pensan sairá o día 9. A partires deses días escomenzan a contar os prazos para toma de posesión: A xente da oposición disporá de 1 mes para incorporarse (sen retribución) e a xente dos traslados deberá realiza-la toma de posesión dentro dos 3 días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e a adxudicada son da mesma área de saúde; no prazo de quince días hábiles se as prazas son de distinta área de saúde dentro do Sergas ou no prazo dun mes se a praza desempeñada corresponde a outro servizo de saúde (retribuidos). Non disporán de ningún prazo os que viñesen ocupando praza no mesmo centro de destino ou localidade, en virtude de comisión de servizos ou reingreso provisional.

 O Sergas tamén confirma que están a punto de rematar coas instruccións que van regular as distintas casuísticas para incorporación e ceses, excedencias ...etc, a este respecto comentar que adiantaron que van conceder todas aquelas excedencias por incompatibilidade da xente que aprobando unha categoría está de interina noutra distinta, e tamén concederan aquelas que aprobando unha categoría estatutaria ten unha interinidade nun réxime distinto (funcionario).
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 03-06-2008 09:06
Queres comentar ou preguntar algo?
Lista definitiva e oferta de prazas de enfermeira no SACYL
o xoves pasado saiu a lista definitiva e a oferta de prazas de enfermeir@s correspondente á OPE 2005 do SACYL.
tedes ata o 18/06/2008 para presentar a documentación e solicitar praza.

para ver a convocatoria na páxina do SACYL, preme aquí.
Comentarios (0) - Categoría: OPE Sacyl - Publicado o 02-06-2008 13:44
Queres comentar ou preguntar algo?
integración voluntaria
Orde que convoca o cuarto proceso de integración voluntaria
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 02-06-2008 13:35
Queres comentar ou preguntar algo?
I Ruta O Barco en bicicleta de montaña
Onte celebrouse a I Ruta O Barco en bicicleta de montaña, 22 kilómetros de ruta que discurriu por diversas pistas dos concellos de O Barco e Vilamartín.

Participaron algo mais de 70 persoas, entre elas un par de membros da sección sindical e o mais cativo dos nosos dibuxantes. ö final levaron 2 trofeos o do mais novo da carreira e ó último da fila, a fin de contas o importante é participar.



Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 01-06-2008 21:16
Queres comentar ou preguntar algo?
Valdegodos represalia ó persoal reivindicativo
Este de abaixo é o comunicado de prensa que fixeron público @s compañeir@s da CIG da Fundación Valdegodos, dende CIG-Saúde Barco solidarízámonos con eles e arrouparemos e nos sumaremos calquera mobilización que convoquen na defensa dos dereitos do persoal e os seus representantes.

Unha vez mais, a Unión Local da Confederación Intersindical Galega (CIG) en Valdeorras vese na obriga de dirixirse á opinión pública para denunciar as agresións da Fundación Valdegodos contra os traballadores e, mais en concreto, contra os delegados de persoal electos nas listas da CIG. Actividades que se iniciaron con posterioridade á celebración das eleccións sindicais no centro de traballo de Viana do Bolo, na que os candidatos da CIG obtiveron a maioría dos votos.
Como desde este sindicato temos feito público, o incumprimento da lexislación laboral e a negativa da dirección da Fundación Valdegodos a negociar un proceso que fixera posible unha solución satisfactoria para as dúas partes, a social e a empresarial, e a elección por parte da empresa dunha escalada de ameazas e presións sobre os seus traballadores, deu lugar a que os servizos xurídicos da CIG teñan xa tramitado diante da xurisdición laboral 35 demandas coa finalidade de que a empresa cumpra o convenio colectivo no referente ao pago de trienios e dos complementos estipulados por traballar en días festivos, así como demandas en materia de horas extras. A estas demandas xa presentadas en firme, haberá que engadir as que na actualidade están pendentes de tramitación.
Temos que denunciar a persecución FEROZ que veñen sofrindo os/as nosos/as delegados/as e os/as tarballadores/as que reclaman os seus dereitos, por parte da dirección da Fundación Valdegodos en Viana do Bolo e na residencia Virgen de Los Milagros en Vilamartin de Valdeorras, estas presións e ameazas víronse incrementadas ao longo desta última semana. A razón é que o próximo xoves, 12 de xuño, terá lugar no Xulgado do Social nº 2 de Ourense, o primeiro de toda a serie de xuízos contra a Fundación Valdegodos. Chamadas a capítulo, por parellas ou individualmente, presións de diversa índole, artimañas de todo tipo e un longo etc, pero esta semana os métodos de represión sindical e contra do persoal intenficouse por parte da empresa, primeiro fixeron un escrito de recollida de sinaturas entre o persoal de Viana arroupando a xestión do seu Xerente Luciano Alvarez López.
Proba da fobia reinante entre os responsables desta Fundación foi a xuntanza que mantivero onte venres dia 30 de xuño, O PATRONTO DA FUNDACION VALDEGODOS cos membros do COMITE DE EMPRESA dos distintos centros de traballo deixando fora a CIG (que é a 2ª forza sindical na Fundación) feito que constitue un claro atentado contra a lei de liberdade sindical polo que os representantes dos outros sindicatos representados están sendo comprices da Xerencia na sua actitude, onde incluso chegan a insinuarlles a posibilidade de “pechar as residencias” para presionar as súas vontades.
Para o noso sindicato, esta actitude é a gota que desborda o vaso e que, polo tanto, traducirase nunha serie de iniciativas dirixidas a manter a defensa dos dereitos dos traballadores e traballadoras e a denunciar a actitude da Fundación Valdegodos :
• Entrevista con responsábeis da Consellería de Vicepresidencia do Goberno Galego, que é o órgano que ten competencias sobre as residencias da terceira idade e que ten que velar porque a calidade asistencial aos residentes sexa a adecuada,.ao que lle exporemos o acontecido ao longo desta última semana e a súa incidencia negativa na calidade do servizo, esta entrevista terá lugar o luns dia 2 de xuño na delegación provincial. Lembremos que xa no pasado 1º de maio fíxose entrega ao Vicepresidente don Anxo Quintana dun dossier no que se describen todos os abusos laborais que sofren os traballadores da mencionada fundación e os efectos negativos sobre a calidade asistencial prestada aos residentes;
• ; Os servizos xurídicos da Confederación Intersindical Galega están a estudar unha demanda penal contra a Fundación Valdegodos por persecución sindical e atentado contra o exercicio de representación dos traballadores
• Iniciaremos de inmediato mobilizacións de diferente índole en apoio dos delegados e delegadas da Fundación Valdegodos que defenden os dereitos dos traballadores contra os desmáns e abusos da patronal, así como dos nosos afiliados e afiliadas na Fundación Valdegodos que faremos extensivo de persistir a situación o resto de delegados e delegadas de toda a CIG ;
• Queremos informar aos residentes nos establecementos da Fundación Valdegodos e ás súas familias que, na defensa dos dereitos dos traballadores e traballadoras, non descartamos a posibilidade de convocar unha folga, que sen dúbida terá efectos negativos na atención prestada neses establecementos. E que da deficiente atención como resultado desta mais que posible folga os únicos responsables serán os membros do Patronato da Fundación Valdegodos que, coa súa deixadez ou pola súa propia conveniencia, permitiron ese continuado incumprimento da legalidade e por non ter tomado no seu tempo cartas no asunto e poñer no seu sitio a aqueles membros da súa organización que mais que intentar resolver os problemas os agudizan con actitudes mais propias de pequenos ditadores e caciques trasnoitados.
Unha vez mais, apelamos á dirección da Fundación Valdegodos e ao seu patronato para que abandonen esta actitude hostil coas persoas que representan aos traballadores, saiban recoñecer e aceptar as súas responsabilidades no incumprimento do convenio colectivo e se senten a negociar cos responsables da CIG.


CIG-Valdeorras


En O Barco 31 de maio de 2008


a noticia en "la Región"

a noticia en "La Voz de Galicia"
Comentarios (0) - Categoría: fundaciois 3ª idade - Publicado o 01-06-2008 21:15
Queres comentar ou preguntar algo?
patrimonio inmaterial galego-portugués
Por segunda vez o patrimonio inmaterial galego-portugués vai presentar a súa candidatura para ser inscrito no lugar que merece, é dicir, na Lista Representativa do Patrimonio Inmaterial Mundial da UNESCO.

Este é o vídeo de apoio que prepararon Guadi Galego e Vozes da Rádio.



Podedes apoiar a candidatura aqui.

E esta é a web de Ponte nas Ondas!, unha iniciativa que une a raparigos e raparigas da Galiza e Portugal por medio das ondas da rádio para apoiar e difundir este patrimonio inmaterial noso que debemos transmitir e salvagardar.
Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 01-06-2008 10:04
Queres comentar ou preguntar algo?
[1] [2] 3
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis