CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

aqui están: listas provisionais de baremación ope!
Xa están publicadas as listas provisionais de baremación da ope 2006 das categorías de:

ATS/DUE

Auxiliares de enfermaría.

A partir de mañá tendes un prazo de DEZ DÍAS HÁBILES para reclamar se é que queredes facelo.
Podedes ver a resolución publicada no DOG premendo aqui.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 20-06-2008 10:10
Queres comentar ou preguntar algo?
Mini e Mero
Entrevista a Mini e Mero feita e publicada por avantar
“A `Fuxan´ non se menciona nin nas historias da música porque se nos garda xenreira por dicir o que pensábamos”

Xosé Luís Rivas e Baldomero Iglesias, coñecidos popularmente como Mini e Mero, levan máis de trinta anos difundindo o noso acervo cultural a través da música. Mini e Mero representan a coherencia e a honestidade daquelas persoas que non claudican ante as modas e que non están dispostas a edulcorar a súa mensaxe en función dos tempos. Os dous músicos, mestres de profesión, avalían nas seguintes liñas a súa traxectoria, caracterizada por un compromiso inquebrantábel co país e coa súa xente, desde os seus comezos en “Fuxan os ventos” até “A Quenlla”.

Antón Álvarez: Como foron os vosos comezos na música?

Mini: Nos anos setenta. Éramos un grupo de mozos de aldeas da Terra Cha e do extrarradio de Lugo que estábamos encadrados nas actividades do Frente de Juventudes e que nos reuníamos para cantar en coros. A nosa evolución ideolóxica foi lenta, pausada, mais sempre tivemos os pés na terra. Cando algúns de nós regresamos da mili xa volvemos radicalizados, porque as circunstancias nos levaron a preguntarnos que pasaba na vida, como o feito de facer unha carreira en español e logo darse de conta de que nos contaron unhas películas que non eran certas, ou ter acceso a libros prohibidos ou a descubrir os poetas do exilio. Entón, todo isto conformou en nós un galeguismo que naceu non desde un punto de vista teórico, senón desde un coñecemento práctico. Accedemos á teoría despois de palpar os problemas da xente.

Nós non participamos nas loitas estudantís porque en Lugo daquela non as había. Non corremos diante da policía. En cambio, accedemos ao activismo político desde abaixo. Fuxan os ventos participou no activismo político pero tendo moi claro o campo de actuación: o rural. Porque este é un lugar onde non hai conciencia de clase, nin de idioma, nin de nada. Pretendíamos a través da música popular mobilizar ese sector.

Chega a calar unha fama acerca de nós que non era certa, unha fama de radicais agraristas. Nós eramos un grupo de rapazotes de 20 e 25 anos que estábamos vendo o mundo e buscando a liberdade que non tíñamos. E sobre todo, críamos inxenuamente que se podía facer a revolución.

Antón Álvarez: Entón, cales son as diferenzas máis destacábeis entre vós e outros grupos da época que xermolaban en ambientes universitarios e urbanos?

Mini: Na universidade a análise faise desde un punto de vista teórico e panfletario; nós desde un punto de vista máis real. Non utilizamos música de Bob Dylan, senón xotas, muiñeiras e romances, porque o noso público é do rural. Porque entendemos que non só hai que falar en lingua galega senón tamén na linguaxe musical galega. Hai que conxugar as dúas cousas. Un poema de Cabanillas pódese musicar cunha muiñeira. Entón a xente enténdete e admítete.

Antón Álvarez: Como estaba o panorama musical galego antes da vosa chegada? Cales eran as vosas motivacións?

Mero: Había grupos que se expresaban a través da música pero non tanto por medio da palabra. A palabra era e segue sendo perigosa. Desde o momento que exerces de cantor cerras, inmediatamente, centos de portas. Un grupo musical galego pode cantar en calquera sitio do mundo. Un grupo que cante en galego está limitado non só á xeografía galega, senón tamén a certos puntos da nosa xeografía. Segue a haber capitais e vilas nas que estás mal visto, que te repudian e, até certo punto, te exclúen das súas festas e programacións. Falo de concellos, institucións e caixas de aforros que “son moi dignas e colaboran moito coa cultura galega”. Os mesmos medios de comunicación tamén exercen de censores.

Mini: Se ti teorizas non es perigoso até certo punto. Ora ben, se teorizas exercendo, iso xa é máis fodido. Podo cantar cancións superrevolucionarias nun medio burgués e non pasa nada. Agora, eu colaboro cun determinado grupo de base e xa te convertes en perigoso se pos a palabra. Fuxan os ventos era un grupo cuncha, que se pechaba en si mesmo, para aguantar as hostias e o xabón, porque recibimos proposicións deshonestas, ademais de moitas hostias.

O grupo era sospeitoso de ser de todo: para uns éramos comunistas; para outros falanxistas. Outros dicían que éramos do Opus Dei. Nós tiñamos moi claro que facer: cantar co noso país. Estábamos até os ovos que nos dixesen o que tiñamos que facer.

De nós sospeita até o nacionalismo. Por que? Porque non nos afiliamos, non nos abandeiramos. E por que? Porque se nos afiliábamos perdíamos o campo e tíñamos que axudar a abrir camiño, pero cada un utilizando a súa táctica. Anos despois o nacionalismo recoñecería que o que fixemos estaba ben feito. Nós puidemos ser o grupo da ANPG ou da UPG, porque ideoloxicamente estabamos aí. O que pasa é que queríamos liberdade para poder facer que o país fose normal.

Hai sectores que nos miraban e aínda nos miran con desconfianza, que nos acusaban de “españolistas” e “amarelos”. En cambio, se nos chamaban das Encrobas íamos e, ás veces, deixábamos diñeiro, como para caixas de resistencia de empresas en folga. Pero isto non o sabe nin Deus! Nós íamos tocar a calquera sitio con tal de que nos deixasen a liberdade de cantar o que nos dese a gana. Aínda seguimos así.

A Fuxan non se menciona nin nas historias da música. A nós gárdasenos unha xenreira tremenda, porque demos hostias a destro e sinistro. Nós dicíamos o que pensábamos. E iso é delito. Isto transcendeu a A Quenlla.

Antón Álvarez: A música, por tanto, pode servir como unha ferramenta eficaz para a transformación social, a axitación e a politización?
Mini: A canción e a música son alimento e inxectan forza. Algún antigo preso político chegou a dicirme que el e outros presos se alimentaban coa nosa música cando estaban no cárcere. Por outra banda, nós accedemos á poesía, ao nacionalismo e á cultura galega por medio da canción. Encontrámonos con Manuel María, Celso Emilio ou con Uxío Novoneyra.

Antón Álvarez: Por que destes por rematado o voso ciclo en “Fuxan os ventos”?

Mini: Por todo o anterior. Imos ver, do 74 ao 80 as cousas están bastante claras: había que conseguir a revolución. A partir do 80 entran os partidos políticos, a democracia, a Autonomía e todo isto se confunde. Entón, a política queda para os políticos e nós témonos que dedicar a namorar (risos).

Mero: Hai quen di que daquela (a comezos dos oitenta) as cousas xa se podían conseguir no Parlamento. Pola contra, a nós aquilo serviunos para radicalizarnos nas nosas posturas. Era un trampa ou semellaba selo. E así foi.

A pretensión de Fuxan era volver aos textos de combate, pero modificaron esta inercia. Entón produciuse a ruptura. Fuxan estaba acabado como proxecto pois pretendían que lles cantásemos ás flores.

Mini: Ese era un camiño, pero de artista, para acadar niveis altos de popularidade, de diñeiro, de contratos. Renunciamos a iso. E o país estaba como estaba.

Mero: A partir de entón se empobreceu a palabra. Hai seca de cantores pois só coa música non transgrides nada. Fuxan sae contra a Autonomía, cunha canción chamada Cantiga para unha antroidada. Fuxan estaba tirando do carro coas súas cancións. Nós non estábamos na elite, estábamos en todas as capas sociais. Iso era o perigoso.


Mini:
Tes que saber dicirlle a veciña do lado quen foi Castelao, cal é o problema da terra, a emigración. Por exemplo, a canción Muller non é analítica pero chega ao corazón e nela se recoñece a xente.

Antón Álvarez: Como avaliades a música galega do momento?

Mini: Está o problema da posmodernidade. Todo se rexe por modas, por movementos estéticos e somos conscientes de que a nosa está pasada. Pero a palabra é libre e non pasa de tempo, como os poemas de Pablo Neruda, que están vixentes hoxe e o estarán no século XXIII.

Hoxe a música móvese moito máis pola estética, pola forma, pola aparencia, polo vestido. Nós estamos moi conformes nos sitios onde estamos cantando.

Mero: A teoría das modas e de romper co anterior para crear o caos e provocar a atención non é algo novo. O que non pode facer ninguén é chegar a desfacer e deteriorar a música tradicional en beneficio propio para facer un traballo temporal para vender discos.

A nosa cultura é moi seria e poderosísima e ninguén pode cuspir sobre ela para poder facer un traballo ocasional para sacar beneficios crematísticos. Non é cuestión de mestizar, senón de identificar, recuperar e devolver. As mesturas teñen que ser de maneira espontánea e non forzadas desde fóra.

Mini: O noso é un país sen público, un país de músicos, actores de teatro e cineastas sen público. Por que nas radios de Galiza non se programa música galega? Por que os poetas só saen na televisión de madrugada cando o pobo traballador está durmindo? Por que os xornais non nos falan de cultura? Porque hai intereses. A grande desgraza dos artistas galegos é que somos artistas sen público.


Himno de Galiza cantado por Mini e Mero
Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 19-06-2008 19:12
Queres comentar ou preguntar algo?
confirmado: mañá provisionais DUE e TCAE
Hoxe chamounos moita xente preguntando se era certo o rumor que corría por ai de que mañá saen as listas provisionais de enfermería e auxiliares de enfermería; é si, é certo. Xa nolo confirmara telefónicamente unha enfermeira que chamou ao SERGAS e tamén unha lectora do blog.
Agora temos a confirmación oficial do SERGAS:

Informamos que mañá día 20, vaise proceder a publicación dos listados provisorios da fase de concurso das categorías de ATS/DUE e auxiliar de enfermaría.

En canto saian, aqui informaremos.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 19-06-2008 14:14
Queres comentar ou preguntar algo?
dedución 400 euros irpf
imaxe extraida de "la región"

O Real Decreto-lei 2/2008, do 21 de abril, de medidas de impulso á actividade económica (BOE do 22), estableceu unha nova dedución da cota líquida do IRPF, con efectos dende o 1 de xaneiro de 2008, cuxa contía é de ata 400 euros anuais e que poderá ser aplicada polos contribuíntes que obteñan rendementos do traballo ou de actividades económicas nas condicións previstas na norma.

Con obxecto de que os perceptores de rendementos do traballo e de actividades económicas vexan anticipados os efectos da nova dedución sen ter que agardar a presentación das declaracións do IRPF do exercicio 2008, o Consello de Ministros aprobou o día 23 de maio un Real Decreto no que se establecen os mecanismos para que o importe desta dedución se teña xa en conta para os efectos de determinar o importe das retencións sobre os rendementos do traballo que se lles satisfagan a partir do día 1 de xuño do ano 2008, así como ao calcular a contía dos pagamentos fraccionados que os contribuíntes que realicen actividades económicas deban efectuar polo segundo e sucesivos trimestres do presente ano.

Non se trata de cartos que nos ingresa Facenda, senon dunha menor retención para os contribuíntes , que esixe una regularización do tipo de retención.

En relación coa mencionada dedución e a súa aplicación en 2008 interesa salientar os seguintes aspectos:

Ao terse establecido os seus efectos a partir do día 1 de xaneiro de 2008, a dedución de 400 euros non resulta aplicable na Campaña de Renda 2007.
Só resulta aplicable aos contribuíntes que obteñan rendementos do traballo (incluídos pensionistas) e de actividades económicas nos termos previstos na norma.
Configúrase como unha dedución da cota líquida do IRPF.
A anticipación dos seus efectos económicos a 2008 efectúase mediante a redución das retencións do traballo que soportan os traballadores e pensionistas e dos pagamentos fraccionados a ingresar por actividades económicas, do seguinte xeito:

d.1) Traballadores e pensionistas:
Nómina do mes de xuño de 2008: as retencións reduciranse en 200 euros, como máximo. Por tanto, un traballador que fose soportar unha retención de 750 euros en xuño de 2008, realmente só soportará unha retención de 550 (750-200). Se fose soportar unha retención de 180, realmente non se lle reterá nada.
Nóminas dos meses de xullo a decembro de 2008: diminución do tipo de retención na contía necesaria para completar a redución das retencións de 2008 ata os 400 euros. No primeiro exemplo do guión anterior, o traballador ten 200 euros pendentes (400-200) mentres que no segundo caso ten 220 (400-180).
Os traballadores e pensionistas que non estivesen soportando retencións durante o ano 2008 non poderán ver anticipados os efectos económicos da nova dedución, sen prexuízo da aplicación desta cando presenten a declaración do IRPF correspondente a este ano, nos termos previstos na norma.

Para facilitar a aplicación da medida, a Axencia Tributaria vai desenvolver as seguintes actuacións:

Posta a disposición dos obrigados a reter dun programa de axuda para o cálculo das retencións que poderá ser utilizado a partir de xullo (en xuño a redución de retencións é lineal: 200 euros ou unha cantidade inferior se a retención que se fose practicar antes da entrada en vigor da medida fose inferior a este importe). Este programa estará dispoñible dende primeiros de xuño.
Envío dunha carta informativa aos obrigados a reter explicándolles a novidade normativa e o procedemento a seguir para aplicala.
Contactos cos profesionais tributarios e organizacións empresariais para facilitar a celebración das sesións informativas que se consideren precisas.

d.2) Empresarios e profesionais:
Redución de ata 200 euros no pagamento fraccionado do segundo trimestre de 2008, e de 100 euros nos pagamentos fraccionados de cada un dos dous trimestres seguintes.
A cantidade non reducida nun trimestre por insuficiencia do importe do pagamento fraccionado, poderá reducirse nos pagamentos fraccionados dos trimestres seguintes do mesmo ano.

Máis información neste enlace.
Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 18-06-2008 11:58
Queres comentar ou preguntar algo?
reunión Mesa Sectorial
o próximo 20 de xuño vaise celebrar unha reunión da Mesa Sectorial coa seguinte orde do dia:

1. borrador OPE 2008

2. Aprobación do Decreto da Orde para o acceso á carreira do persoal laboral de entidades adscritas á conselleria de sanidade.

3. Borradores de decretos polo que se crea a categoria de persoal tecnico en farmacia e se configura e se introducen as especialidades de documentacion sanitaria e dietetica e nutricion.

4. Borradores e Ordes polas que se articula o segundo proceso de integraciçon do 061 en MEDTEC.

5. Negociacion do novo Pacto de vinculaciois temporais. Constitucion da comision de traballo.

6. Sistema de seleccion temporal do persoal do Hospital Basico da Defensa (Ferrol)
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 17-06-2008 19:05
Queres comentar ou preguntar algo?
plus altos cargos a CIG expulsada do parlamento
artigo extraido de GZnación

A CIG presenta máis de 19.000 firmas no Parlamento para pedir que se elimine o plus dos altos cargos

Os representantes da CIG foron expulsados do Parlamento por orde da Presidenta cando ían atender aos medios de comunicación para explicar a iniciativa

O secretario xeral da CIG, Xesús Seixo, acompañado polo secretario nacional de CIG-Ensino, Anxo Louzao e polo letrado da CIG, Héctor Ruíz entregaron hoxe no rexistro do Parlamento un total de 19.146 firmas para avalar a presentación dunha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP)coa que eliminar da Lei de Función Pública o plus de altos cargos, que ten un importe máximo de 15.000 euros.

Coa presentación destas firmas cumpren un dos primeiros requisitos para unha iniciativa deste tipo, que aínda terá que ser avaliada polo Parlamento para ver se se inicia ou non a súa tramitación.

En declaracións aos medios de comunicación, Seixo recoñeceu que "non estamos moi esperanzados na resolución final do Parlamento", xa que só o BNG mostrou a súa disposición a cambiar a lei. En todo caso, dixo que se trata de solucionar "unha inxustiza clara" e até unha "discriminación duns funcionarios respecto de outros".

Por iso, asegurou que "a nosa obriga era promover este debate", que é un "clamor na sociedade", dado que os grupos parlamentarios "non quixeron aceptar que se puidera facer por iniciativa deles". Considera que "é o que nos corresponde moralmente" e deixou á "responsabilidade" de cada partido político sumarse ou non a esta iniciativa.

Ademais, Seixo manifestou que o Parlamento "debería aceptar" tramitar esta proposta, aínda que só sexa por "hixiene democrática", ao tratarse dunha iniciativa popular.

Explicou que o texto conta co apoio de máis firmas que as presentadas hoxe, pero están pendentes de ser certificadas, e non quixeron esperar dado que "xa tiñamos dabondo", porque a cifra necesaria para unha iniciativa lexislativa popular son 15.000, e "o máis probábel e que se adiante a disolución do Parlamento a decembro para celebrar as eleccións en marzo".

Impiden á CIG facer declaracións dentro do recinto do Parlamento

Trala entrega das sinaturas e cando o secretario xeral da CIG se dispuña a facer unhas declaracións aos medios para explicar os contidos da ILP, o xefe de seguridade do Parlamento impediuno, aducindo que tiña ordes de prohibir que se fixeran declaracións, nin sequera na porta de entrada do edificio.

“Como é posíbel que veñan os representantes dunha comisión que promove unha Iniciativa Lexislativa Popular -algo tan democrático como iso e que ten o apoio que ten- e que non poidan dentro do Parlamento, onde se supón que reside a soberanía popular, pronunciarse e comentalo cos medios de comunicación?”. Deste xeito valoraba Suso Seixo, secretario xeral da CIG, o impedimento a facer declaracións unha vez entregadas as sinaturas para promover a ILP.

Para o secretario xeral da CIG a situación vivida no recinto parlamentar é “sorprendente e alarmante” ademais dun “retroceso”, especialmente “lamentábel ao vir precisamente dunha mesa na que teñen maioría dúas organizacións políticas de esquerda”. Porén, malia non saber quen tomou a decisión de prohibir facer declaracións nin sequera ás portas do edificio, Seixo lembrou que “a conduta da Presidenta do Parlamento noutros casos semellantes nunca foi moi favorábel a facilitar as cousas. Sobre todo cando se trata de temas de carácter social ou demandas dos cidadáns”.

O BNG lembralle á presidenta que “o Parlamento é a casa de todos, tamén das organizacións nacionalistas”

Nada máis coñecer a nova, o portavoz do grupo parlamentar do BNG, Carlos Aymerich, remitiu un escrito á presidenta da Cámara en protesta polos feitos acontecidos.

Aymerich lembra que esta non é a primeira vez que se viven feitos semellantes e apunta que nesta mesma lexislatura, impedíuselle tamén ao presidente e a membros da Mesa pola Normalización Lingüística atender aos xornalistas no Parlamento impedimento que, “por certo, semella non ser de aplicación a outras asociacións ou persoas”.

O portavoz nacionalista explica no escrito que “alén do tópico, o Parlamento é a casa de todos e todas, tamén das organizacións nacionalistas” e, xa que logo, reclama que feitos deste tipo non se volvan producir.

O BNG entende, tal e como indica Carlos Aymerich, que non existe motivo algún para impedir feitos que “non entorpecen de ningún xeito o funcionamento normal da Cámara”.



a noticia na paxina web da CIG avantar
Comentarios (0) - Categoría: CIG Valdeorras - Publicado o 17-06-2008 18:16
Queres comentar ou preguntar algo?
o/el bilingüismo
imaxe da revista retranca
artigo recollido de la voz de galicia

Un mozo rexeita un emprego ao porlle como condición que non falase en galego

Domina sete idiomas e aspiraba ao posto de recepcionista nun hotel de Vigo

Un mozo vigués rexeitou un emprego de recepcionista no hotel Cidade de Vigo porque o entrevistador que facía a selección non lle deixaba falar en galego cos seus compañeiros de traballo. A queixa chegou a mediados de maio á Mesa pola Normalización Lingüística. O portavoz, Carlos Callón, di que cada ano xorden novas protestas en Galicia pola vulneración dos dereitos lingüísticos no traballo, para o que pide tolerancia cero.
Callón cita que varias empregadas tiveron problemas cos seus xefes por falar galego en tendas que vendían roupa en distintas vilas e cidades de Galicia. Ata a dirección dunha academia chamou a atención ao seu profesor de matemáticas por expresarse en galego. Unha repartidora de pizzas de Santiago foi despedida polo mesmo motivo, así como a oficinista dunha xestoría de Pontevedra que denunciou sufrir acoso no seu posto de traballo por causa do idioma. E varias caixeiras de supermercados e hipermercados foron reprendidas polos encargados como «burricanas» por dirixirse aos seus clientes en galego.
O último caso coñecido é o do vigués Xesús dá Torre Martín. Segundo relatou el mesmo, o pasado 16 de maio presentou o seu currículo para un posto de recepcionista no hotel Cidade de Vigo. Foi seleccionado e convocado a unha entrevista persoal. Ao encargado madrileño impresionoulle que dominase sete idiomas e que traballase en postos similares en Forteventura e Santiago. Pero ao seleccionador causoulle estrañeza que o nome de pila do candidato fose Xesús e que contestase ás súas preguntas en galego. O aspirante declarouse «políglota» e pasou a falar castelán para demostrar que o dominaba á perfección. O entrevistador, segundo o mozo, replicou que «ser galegofalante habitual podía supor un problema porque ao falar podíaseme escapar algunha palabra en galego».
«Conculcaron vos dereitos»
A condición para traballar era que xamais debería falar en galego, polo que o mozo preferiu renunciar ao emprego e seguir no paro. Engadiu que o uso do galego «non é unha cuestión de dogma de fe, pero se conculcaron vos meus dereitos civís». O aspirante domina sete idiomas porque, ademais do inglés e portugués, emigrou a Suíza, onde aprendeu alemán, francés e italiano. A súa nai sabe serbocroata.
Días despois, a Secretaría Lingüística da Xunta enviou unha carta á dirección do hotel e un portavoz da Mesa entrevistouse cos hostaleiros, quen xustificaron a súa decisión en base aos «tópicos e prexuízos que rodean ou galego». Ao parecer, segundo a Mesa, fai uns anos a mesma empresa pediu a unha empregada que traducise ao español un escrito laboral que lles dirixiu en galego. Curiosamente, a copropietaria da empresa é unha viguesa criada no popular barrio do Calvario. A dirección gardou silencio onte sobre o asunto.


artigo extraido de vieiros

Un crego de Vedra pide na folla parroquial que desapareza o galego

"Tamén os meus pais usaron o arado romano e o carro de bois e agora úsase o tractor, o coche e máquinas modernas", comeza o texto.

"Cada ano desaparecen no mundo uns 50 idiomas. Lástima que non desaparezan moitos máis". Afirmacións como esta recóllense nunha folla parroquial de Vedra, colgada no blog Fandiarzúa (vía Chuza!), e redactadas polo párroco local. No escrito, distribuído nas últimas semanas, afírmase sobre a diversidade lingüística que é "unha grande incomodidade que hai que suportar" e avógase pola desaparición do galego.

Entre outros argumentos, o crego afirma que "o galego fálano dous millóns de persoas. O español fálano uns 400 millóns" e que "os que falan o galego entenden igual ou mellor o español". Así mesmo, defende que "o texto dos sinais de tráfico e os nomes das cidades debería ser na mesma lingua en todo o territorio nacional". Concede iso si, que "o galego e o portugués son parecidos", pero mesmo aí atopa un lugar para a crítica, pois -di- iso dificulta a aprendizaxe da lingua portuguesa.

A seguir, o texto critica o nacionalismo galego ("os nacionalistas que padecen de miopía") e defende o español "porque nacionalistas no bo sentido da palabra debemos ser todos (considerando Nación a toda España e non a un remendo soamente"). Finalmente, xustifica a prohibición da lingua galega durante a Ditadura: "nos anos 1940 prohibíannos falar galego no Seminario. Hoxe din que aquelo era unha barbaridade. E eu digo que era un acerto".


Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 17-06-2008 11:31
Queres comentar ou preguntar algo?
18 mil sinaturas contra o plus dos altos cargos
noticia recollida de vieiros

A CIG presentará no Parlamento 18 mil sinaturas contra o plus de altos cargos

Os deputados deberán decidir nas vindeiras semanas se admiten a trámite a Inciativa Lexislativo-Popular.

A iniciativa contra os sobresoldos para ex altos cargos chega este martes ao Parlamento. Dirixentes da Confederación Intersindical Galega acudirán até o Hórreo para entregar 18 mil sinaturas que exixen que se retire a disposición adicional 17 da Lei de Función Pública. O secretario xeral deste sindicato, Suso Seixo, explicoulle a Vieiros que as follas coas sinaturas están a ser comprobadas nas oficinas do censo, un dos requisitos indispensábeis para que as acepte o Parlamento.

Debido a que os meses de xullo e agosto son inhábiles, o Parlamento decidirá á volta do verán se admite a trámite a iniciativa para a súa posterior discusión. O propio Seixo recoñece que ve moi poucas posibilidades de que o Parlamento rectifique a lei que aprobou o ano pasado: “Eu son claramente pesimista neste asunto pero considero que o debate social había que o dar”.

O plus de altos cargos xa lle chega cada mes á nómina de 121 funcionarios


Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 16-06-2008 16:38
Queres comentar ou preguntar algo?
publicación de acordos de atención primaria
Orde do 4 de xuño de 2008 pola que se publican determinados acordos sobre ordenación e provisión de postos de traballo e condicións de traballo e retributivas no ámbito da atención primaria do Servizo Galego de Saúde
Comentarios (0) - Categoría: atencion primaria - Publicado o 16-06-2008 14:36
Queres comentar ou preguntar algo?
criterios de cesamento
os criterios de cesamento no SERGAS están regulados no decreto de provisión do SERGAS.

istos de abaixo son os artigos do decreto que regulan a incorporación do persoal.

Capítulo V

Criterios de incorporación e cesamento


Artigo 37º.-Norma xeral.

As incorporacións de persoal estatutario fixo nas
prazas das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, que se produzan con ocasión dos procesos selectivos e de provisión e calquera outras incorporacións do persoal estatutario fixo que deban producirse por causa regulamentariamente establecida, ordenaranse de conformidade co disposto neste capítulo.

Artigo 38º.-Incorporación en praza vacante.

A incorporación do persoal estatutario fixo rea
lizarase, en primeiro lugar, nas prazas básicas vacantes da respectiva categoría do cadro de persoal da institución sanitaria en que tal incorporación deba realizarse.
A incorporación principiará nas prazas vacantes dotadas orzamentariamente, con independencia da data da súa xeración, que non estean desempeñadas temporalmente por un profesional nin sexan obxecto de reserva consonte a normativa vixente.

Artigo 39º.-Orde de cesamentos.

1.Esgotadas as prazas referidas no artigo anterior, a incorporación realizarase nas prazas vacantes dotadas orzamentariamente, calquera que fose a datada súa xeración, que estean desempeñadas temporal ou provisionalmente, procedendo ao cesamento do persoal de conformidade coa seguinte orde de prelación:

1º Persoal en comisión de servizos en praza vacante: os profesionais en situación de comisión de servizos na institución cesarán por orde crecente de No 145 L Venres, 29 de xullo de 2005 antigüidade -de menor a maior- como persoal estatutario fixo do Sistema Nacional de Saúde.
2º Persoal temporal: será cesado o persoal temporal que desempeñe praza vacante en atención á orde de prelación, de menor a maior puntuación, na listaxe vixente de aspirantes ás vinculacións temporais da respectiva categoría.

3º Prazas desempeñadas por persoal que ocupe praza vacante por mor da promoción profesional temporal: o cesamento artellarase en atención á orde de prelación, de menor a maior puntuación, na listaxe vixente de promoción interna da respectiva categoría.

2.A orde de cesamento, á que se refire o punto anterior, será aplicable entre o persoal que traballe na mesma institución sanitaria.
No caso de incorporacións en prazas dos centros de atención primaria, a orde de prelación no cesamento aplicarase aos profesionais afectados da mesma localidade onde se produzan as incorporacións.

O persoal temporal que non se atope incluído nas listaxes de aspirantes da categoría en que desempeñe praza vacante, considerarase, para estes efectos, que ten asignado cero puntos. No caso de concorrer varios candidatos que non estean incluídos nas devanditas listaxes decidirase por orde crecente de menor a
maior antigüidade na praza desempeñada.
De non existiren listaxes vixentes de aspirantes ás vinculacións temporais da respectiva categoría, o cesamento producirase por orde crecente de menor a maior antigüidade na praza desempeñada.

3.O persoal en situación de reingreso provisional, que non obteña praza no concurso de traslados, cesará, como consecuencia da resolución definitiva do concurso, no desempeño da praza que estea ocupando. Esta praza considerarase vacante para os efectos do previsto no artigo 38.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 16-06-2008 12:10
Queres comentar ou preguntar algo?
DEITADO FRENTE AO MAR
DEITADO FRENTE AO MAR (Celso Emilio Ferreiro)

Lingoa proletaria do meu pobo,
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña;
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao por a garabata xa nan saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abos que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.

Eu fáloa porque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.
Non falo pra os soberbios,
nan falo pra os ruis e poderosos,
nan falo pra os finchados,
nan falo pra os valeiros,
non falo pra os estÚpidos,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que suan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos nuos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de todolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar, ise camiño...


Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 15-06-2008 18:38
Queres comentar ou preguntar algo?
a camposa
Hoxe imos escoitar algo de música. Esta é a versión de Son de Seu dunha muiñeira moi coñecida chamada A Camposa. Esperemos que vos guste, a nós gústanos moito:



E aqui vos deixamos unha outra versión, un chisco máis tradicional:

Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 14-06-2008 09:37
Queres comentar ou preguntar algo?
Máis sobre SACYL
Na páxina web de Recursos Humanos do SACYL xa están colgadas as resolucións das categorías que foron convocadas o día 11.

Para aquela xente que baixara a resolución de ATS/DUE antes das 12:30hs de hoxe, revisade se é a correcta, posto que a que estaba colgada antes desa hora era a de matrona, por un erro no enlace do que nos demos conta ao imprimir a convocatoria. Puxémonos en contacto con Recursos Humanos do SACYL e xa está colgada a resolución correcta.

Aproveitando esa chamada a Recursos Humanos do SACYL, preguntamos polo estado dos recursos de alzada dos que falabamos no artigo anterior, sobre a baremación dos títulos redactados en galego. Parece ser que ainda non os estudiaron (e estamos a 10 días de que remate o prazo de resolución) porque tiñan moitísimos recursos pendentes ainda, pero a raiz da nosa chamada comentáronnos que os van estudiar e se pronunciarán. Cando menos quedaron en chamarnos. Informaremos convenientemente.


Acabamos de recibir esa chamada de Recursos Humanos de SACYL. Asegúrannos que ainda que o prazo remata o 25, pensan contestar a todos os recursos de alzada ao longo do ano. Non se pronuncian sobre o tema do galego, porque os dous recursos que consultaron agora sobre este tema parece ser que a non baremación obedece a outros motivos e non ao da lingua (parece ser que falta algún selo e que algún non está relacionado coa categoría). Esperaremos logo esas respostas.
Comentarios (0) - Categoría: OPE Sacyl - Publicado o 13-06-2008 13:11
Queres comentar ou preguntar algo?
SACYL e Lingua Galega
IMPORTANTE:

Como xa vos informamos, acaba de convocarse unha nova OPE de SACYL e, conxuntamente, convócase a Bolsa de Contratación. A raíz do sucedido coas últimas listas de contratación, en que non baremaron diplomas ou títulos que estiveran redactados en galego e presentaronse moitos recursos de alzada sobre este tema, nesta convocatoria esixen que todas as certificacións de méritos que non estean redactadas en castellano deben ir acompañadas de tradución xurada.
Como saberedes, na outra ocasión, a xente que fixo recurso de alzada tivo que acompañalo da tradución dos títulos, o que supuxo unha odisea, porque a única forma de facela é ir a Santiago á Secretaría de Política Lingüística co título orixinal, unha fotocopia compulsada e a tradución feita, e ali selan a tradución.
Cig-Saúde xa formulou no seu momento un escrito de alegación ao SACYL este respecto, sen resposta.

Polo tanto, ainda que neste prazo inicial desta nova convocatoria só hai que botar a instancia e os méritos se aportarán máis tarde, prevede esta situación e tede preparadas as traducións.

Membros da nosa sección sindical solicitamos unha entrevista coa Secretaria Xeral de Política Lingüística para falar deste tema. Precisamos ir un grupo de xente. Aquel@s que queirades e poidades acudir a Santiago á entrevista (da que ainda non temos data) poñédevos en contacto connosco. Trátase de conseguir, por un lado que non se esixa a tradución (sobre todo tendo en conta que no Bierzo fálase galego) e por outra que nos faciliten o trámite da tradución para non ter que ir a Santiago.
Comentarios (0) - Categoría: OPE Sacyl - Publicado o 13-06-2008 10:48
Queres comentar ou preguntar algo?
preguntas varias
a parte do preguntas que nos deixades aquí, moita xente escríbenos ó correo pedindo aclaraciois a algunhas dúbidas que ten, habitualmente as contestamos por correo, pero hoxe chegounos un email cunha serie de preguntas que polo interese que poden ter, sobre todo para a xente que accede de novo ó SERGAS, imos contestar neste post.

Hola, boas queria facervos varias preguntas, a ver se mas podedes responder ou a lo menos clarificarmo un pouco:

1- Tense previsto convocar un novo concurso de traslados este ano?, cando teremos posibilidade os que entramos este ano pola OPE de participar nun concurso de traslado?


o concurso de traslados convócase (ou polo menos debera) cada 2 anos, o que está en proceso é do ano 2007 polo que ata polo menos o 2009 non haberá un novo concurso de traslados (falamos de SERGAS). Por outra banda, para poder participar nun concurso de traslados no SERGAS é necesario levar un mínimo dun ano incorporado no momento da convocatoria.

2- Unha vez solicitada unha comisión de servizos, canto tardas en saber se cha conceden ou non? E necesario pedola varias veces, ou unha vez solicitada pasas a unha lista de espera mentres non existan vacantes?

Primeiro de nada aclarar que a CIG-Saúde este modelo de Comisiois de Servizo non nos gusta nada por varios motivos, entre eles que os criterios que segue o SERGAS non son nada obxetivos e dan lugar ó amiguismo e á picaresca. Entendemos que a xente que colla praza fora da sua casa quera voltar canto antes mellor, pero ó non ter un baremo clásico como o de concurso de traslados, senon unha serie de preferencias, algunhas delas facilmente manipulables, o non establecer dun xeito claro os propios criterios que siguen etc,, da lugar a un malestar entre o persoal que non pode accerder, ou non se lle concede co que sí.
Outra das cuestiois polas que estamos en desacordo é que nin limita nin establece xiquera un porcentaxe de prazas a dar`por este sistema, deixando o criterio ás Xerencias. Nin o persoal de listas de contratación sabe se vai poder optar ou non a unha vacante de habela, nin o persoal que solicitou a comisión de servizo sabe se lle vai ser concedida ou non.
en definitiva nos estaríamos a favor das comisiois de servizo se se estableceeran criterios baremables obxetivamente como pode ser os do concurso de traslados e ademais se limitaran as prazas a dr por este sistema.
unha vez deixada clara a nosa postura decirche que con unha sola vez que solicites debera valer, pero debido ó noso rexeitamento a forma de dalas, non temos experiencia nos pasos a dar posto que por coherencia sindical indicámoslle ó persoal que se mova el, estén ou non afiliad@s.


3- Cal e a xornada laboral anual dun TER a turno rotatorio simple?, cantos dias de libre disposición temos? Existe algún convenio ou documento onde podamos consultar todas estas dudas de LDs, vacaciósn e turnos?

a xornada laboral do persoal do SERGAS está no acordo de concertación social do ano 2001 e establece que a xornada do persoal que non fai noites é de 1624 horas a realizar realmente; no resto de quendas que sí levan noite, a xornada é en base ó numero de noites que se fan anualmente.
o número de LDs anuais é de 9 e a partir do 6º trienio 2 mais, logo a partires do 8º un LD mais por cada trienio que se cumpra.
o acordo de concertación social e o estatuto basico do empregado público son as principais normas que regulan a xornada, as vacaciois e permisos.
pero estase por negociar co SERGAS un novo documento que refunda toda a normativa aplicable.


4- Se temos que acudir o medico teñenos que dar o día?, e se temos que acompañar o medico a unha persoa que depende de nos podese pedir o día?

sí, e ese tempo computa como traballado.

Bueno sei que son bastantes dubidas, espero que poidades darme un pouco de luz nestes asuntos, grazas...
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 11-06-2008 19:14
Queres comentar ou preguntar algo?
OPE e Bolsa de SACYL
Convocada hoxe nova OPE en SACYL, referente á oferta de emprego dos anos 2006, 2007 e 2008. Tamén se convoca no mesmo acto a Bolsa de Contratacións. Categorías de Auxiliar Administrativo, DUE, Auxiliar de Enfermaría, Matrona e algunhas categorías de Facultativo Especialista de Área.
Podedes ver as distintas resolucións de convocatoria no Bocyl de hoxe.

Poderedes ver as diferentes categorías na páxina do SACYL, premendo neste enlace, ainda que polo momento só está colgada a instancia de solicitude para todas as categorías.

Lembrade que é convocatoria conxunta: OPE e Bolsa de contratación.

O prazo é de 20 días naturais contados a partir de mañá, ou sexa que remata o próximo 1 de xullo.
Comentarios (0) - Categoría: OPE Sacyl - Publicado o 11-06-2008 18:33
Queres comentar ou preguntar algo?
xornada de 65 horas laborais
noticia extraida de vieiros

O goberno español abstívose
Alerta sindical pola beizón da UE á semana laboral de 65 horas O goberno español promete que non adaptará a normativa. O BNG pide que o Parlamento se pronuncie en contra da medida.


"Paso atrás", "agresión", "explotación", "ataque aos dereitos" ou "decisión inédita" son algunhas das primeiras avaliacións que chegan desde as diversas forzas sindicais, coincidindo todas elas en denunciar o erro da decisión tomada esta semana polo consello de ministros de Emprego da Unión Europea.

Os ministros decidiron así que o actual límite de 48 horas para unha semana de traballo poida estenderse até as 65 horas. É un dos ingredientes da futura directiva sobre tempo de traballo que debe aínda pasar a peneira do Parlamento Europeo. Reino Unido, Alemaña ou Italia foron algúns dos máis agresivos defensores deste paso nun debate que levaba varios anos na mesa pero que só agora, e con recentes viraxes á dereita nos gobernos de varios estados, semella ser posíbel que saia adiante. O goberno español, que inicialmente anunciara en público que mantiña unha posición contraria a esta medida, decidiu finalmente absterse na votación. A delegación encabezada polo ministro de Traballo, Celestino Corbacho, escusouse dicindo que será posíbel máis adiante emendar o texto final.

Paso atrás na conquista de dereitos laborais "Galiza ten que fixar unah posición de país en contra desta directiva que supón un paso atrás na loita polos dereitos sociais dos traballadores", explicou este martes Fernando Blanco Parga, voceiro de Emprego do grupo parlamentario do BNG. O Bloque presentará unha iniciativa a prol do posicionamento do Parlamento contra a medida proposta polos ministros de Emprego da UE.

"De seguir adiante na súa tramitación, o texto aprobado sentaría un precedente moi perigoso xa que chega mesmo a recoller a posibilidade de que se superen as 60 ou 65 horas laborais se hai acordo entre os interlocutores sociais e se recolle no convenio", critica Blanco Parga. O deputado nacionalista amosa o rexeitamento do nacionalismo galego perante "medidas regresivas como esta que mesmo inclúe un punto no que se acorda non recoñecer as gardas como tempo de traballo".

Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 11-06-2008 11:54
Queres comentar ou preguntar algo?
carreira profesional 2º grao grupo A
Resolución DOG Grao II persoal grupo A facultativo especialista área
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 11-06-2008 11:35
Queres comentar ou preguntar algo?
carreira: publicada resolución grado III diplomados sanitarios
Publícase hoxe a resolución pola que se pode solicitar a concesión do grao III de carreira profesional de diplomados sanitarios dentro do acceso extraordinario.

O prazo empeza a contar desde o día de mañá e remata o 15 de xullo.

Podedes ver a resolución co baremo aqui.
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 10-06-2008 09:43
Queres comentar ou preguntar algo?
renuncias e novos chamamentos
Publícanse no DOG resolucións polas que se fan novos chamamentos para prazas de OPE de FEAS logo de varias renuncias ás mesmas. Podedes velas pinchando aqui e aqui.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 10-06-2008 09:34
Queres comentar ou preguntar algo?
[1] 2 [3]
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis