CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

finou Ramom Muntxaraz
no día de onte finou en Compostela o noso compañeiro Ramom Muntxaraz que estivo durante varios anos desenvolvendo a sua profesión de psiquiatra no HCV, onde deixou unha profunda pegada en todos os que o coñecimos, como compañeiro e como médico.

Muntxaraz era desas persoas que nos serve de referencia tanto no seu plano profesional como no humano. Un home de principios que abría a sua consulta ás 8 e media da mañá e a pechaba as 10 da noite, sen cobrar peonadas nin horas extras nin retribución extra ningunha, simplemente pola súa vontade de estar ó servizo do paciente que o reclamaba a calquera hora do día ou da noite.

No seu paso por Valdeorras con moitos dos seus pacientes (mais que pacientes, amigos) montou a agrupación cultural Aluvión, na que seguiu participando despois da sua marcha a Compostela.

Pero Ramom tamén foi un home moi implicado na loita en defensa de Galiza, tanto no terreo sindical como no político, pero diso falaremos noutra ocasión.

Mañá dende a CIG de Valdeorras fretaremos un autobus que sairá ás 9 da mañá da entrada do HCV e parará en A Rua e diante da Subdelegación do Goberno en Ourense ás 10,45 de onde partirá para o tanatorio Apostol de Bertamiráns en Compostela para acompañar o noso compañeiro Ramom Muntxaraz.

Aquela xente que se queira apuntar para ir no autobus pódese poñer en contacto con:
sección sindical de CIG-Saude no HCV 988 339112
local de CIG en O Barco 988 321511
local de CIG en Ourense 988 233134
Comentarios (0) - Categoría: traballadores "ilustres" da área do barco - Publicado o 30-06-2008 12:06
Queres comentar ou preguntar algo?
unha de carrabouxos
Comentarios (0) - Categoría: tou q m parto - Publicado o 28-06-2008 02:18
Queres comentar ou preguntar algo?
borradores creación de novas categorias

Técnico Documentación.

Técnico Dietética.

Técnico Farmacia.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 28-06-2008 00:07
Queres comentar ou preguntar algo?
The best metod to learn galician
ollando o blog madeingaliza, atopamos colgado este tubo cunhos pequenos consellos para aqueles que querendo falar galego non o fan polo medo ó que dirán.



Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 27-06-2008 00:59
Queres comentar ou preguntar algo?
información Mesa Sectorial
Velaqui o resumo da Mesa Sectorial de onte:

DECRETO OPE FACULTATIVOS
O Sergas fai entrega da copia dun borrador de decreto para a vindeira convocatoria dos facultativos, nós plantexámoslle qué pasa coas prazas do 061 e do CTG (xa que o Sergas só inclue prazas das fundacións hospitalarias). En dez días prevén tramitalo. O Sergas explica as modificacións do Decreto sustanciadas fundamentalmente no apartado dos discapacitados que o adapta ao Decreto Lexislativo 1/2008. Aceptan a incorporación das prazas que poida haber no 061 e no CTG. Comentan que as convocatorias, a pesar de que van ir traballando nelas, non poderán saír hasta que se publique a modificación do Decreto 206.
Pasan uns cadros de estimación prazas por hospitais e xerencias de atención primaria.

Respecto da publicación do Decreto das outras categorías informan que contan face-lo antes de fin de ano.

APROBACIÓN PROXECTO ORDE CARREIRA PROFESIONAL PERSOAL DAS FUNDACIÓNS
Aprobase por unanimidade da Mesa, xa estaba acordado na Mesa de Fundacións. A previsión da publicación é para despois do verán.

BORRADORES DECRETOS CREACIÓN NOVAS CATEGORÍAS
O Sergas presenta o borrador de Decreto para a creación das categorías: Técnico Farmacia, Técnico documentación sanitaria e Técnico en dietética e nutrición. Preguntamos que sucede coa creación das categorías de Prevención de riscos. O Sergas comenta que as de prevención de riscos van a ir noutro lote pronto.

BORRADORES DE ORDES DA SEGUNDA INTEGRACIÓN DO PERSOAL DO 061 E DE MEDTEC
Estamos dacordo nesta segunda oferta, pero insistimos en dous problemas fundamentais que arrastra a primeira orde de integración: Cambios de categoría que se realizaron sin que houbera proceso selectivo e a homologación da categoría de Técnico Superior non Sanitario á Técnico Superior non Sanitario en vez de a Técnico Superior da Función Administrativa. O Sergas á nosa primeira cuestión informa de que non van aceptar ningunha homologación de categoría que non veña dada por un proceso selectivo, e respecto da segunda cuestión non están dacordo e o que dín é que a homologación dunha categoría de técnico superior que non esixa ningunha titulación específica será a técnico da función administrativa, pero aqueloutras que para o acceso soliciten algunha titulación concreta irá simplemente a técnico superior non sanitario.

NEGOCIACIÓN NOVO PACTO CONTRATACIÓNS TEMPORAIS
O Sergas plantexa a habilitación dunha comisión de traballo para a negociación do novo pacto de contratacións. Acéptase a creación da comisión e hai que nomear a dous representantes. Vaise celebrar unha próxima reunión en xullo para tratar de ve-lo alcance real da negociación e ver si é posible que haxa pacto novo a finais de setembro. Plantexámoslle ao Sergas que nos ten que facilitar os listados que se están xenerando cos ceses da oposición para futuras contratacións (de xeito específico os de farmacéuticos de saúde pública) polas queixas do colectivo sobre como se están levando as contratacións. Insisten que tódolos cesados xa están incorporados ao listado do ano 2000, según compromiso adquirido e que é agora cando van a empezar a cubrir os contratos de longa duración.

SELECCIÓN TEMPORAL HOSPITAL DEFENSA DE FERROL
A espera de ver por escrito como queda a proposta, CIG-Saúde está dacordo con ela. Insistimos tamén en que o máis pronto posible teñen que realizar a orde de integración deste persoal. O Sergas fai entrega dunha proposta de mantemento das listas que manexa o hospital cunhas determinadas condicións, que logo das alegacións van a redactar de novo e que sustancialmente consistirán en: Esas listas substituirán ao persoal transferido (198 persoas), só poderán estar nunha única lista, non poderán compatibilizar como hasta agora coa lista Sergas, para tódalas categorías con listas vixentes, realizaranse vínculos nominais, non se poderán realizar contratos de longa duración e a vixencia será hasta a elaboración de novas listas. Respecto da Orde de Integración informan que a queren ter para este ano e de que vai ser similar a realizada para o hospital militar de Coruña.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 26-06-2008 10:26
Queres comentar ou preguntar algo?
convocatoria SACYL
No bocyl de onte sae a convocatoria de ope e bolsa de contratación das seguintes categorías:

Hematólogo, Pinche, Electricista, Mecánico, Otorrino, Cirurxía cardiovascular e Cirurxía plástica.

Coma sempre, podedes consultar as bases de cada convocatoria na páxina de Recursos Humanos do Sacyl.
Comentarios (0) - Categoría: OPE Sacyl - Publicado o 26-06-2008 09:15
Queres comentar ou preguntar algo?
borrador da OPE 2008 de facultativos
Borrador de Decreto de oferta da ope de facultativos do 2008

Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 25-06-2008 19:23
Queres comentar ou preguntar algo?
dialecto de aldea
noticia extraida de vieiros

En Madrid din que non entenden o "dialecto" da "aldea"
Unha responsábel de Navantia en Madrid respóndelle ao escrito dun traballador ferrolán: "non sei se llo escribe seu fillo de 2 anos ou se é algún dialecto do que falan vostedes na aldea".

Así lle respondeu unha responsábel do servizo técnico informático de Navantia a un traballador ferrolán, despois de ser preguntada sobre un erro na aplicación informática Nécora:

"Perdone mi torpeza, pero solo entiendo Necora y todavía no sé cuando le sale el error 'Autentificación de usuario fallida' (supongo que es un error ¿no?). El resto de su escrito no se si se lo escribe su hijo de 2 años o es algún dialecto con el que hablan ustedes en su aldea. En cualquier caso, no nos haga perder más tiempo, sobre todo, si realmente tiene algún problema"

O caso aconteceu cando Carlos Outeiro, coordinador da Mesa pola Normalización Lingüística en Ferrol e traballador de Navantia, remitiu un requirimento sobre unha incidencia técnica ao servizo informático, tal e como é habitual na empresa, e o servizo neste caso rebotou a mensaxe á delegación en Madrid sen o seu coñecemento. Desde alí foi onde unha muller do departamento lle respondeu deste xeito. "É un exabrupto e unha aldraxe que vai máis aló do nivel individual, xa que eu non coñecía a esta persoa de nada", explica Outeiro, queixándose ademais de que a dirección de Navantia non respondese até o de agora sobre o acontecido. O suceso produciuse o pasado 7 de maio, e foi posto en coñecemento do comité de empresa unha semana máis tarde. "A día de hoxe, a dirección aínda non contestou, polo que se entende que asume por pasiva o acontecido e que non lles preocupa facer nada para que este tipo de cousas non volvan suceder", sinala Carlos Outeiro.

Acumúlanse os casos de discriminación laboral a galego-falantes
Desde a Mesa consideran que se trata dun exemplo máis de "discriminación por razón lingüística", e advirten da "gravidade" de que acontecese nunha empresa pública. "Vemos outra vez dos obstáculos para que as persoas usen o galego con normalidade no seu ámbito laboral", sinala Carlos Callón, presidente da Mesa. "Lamentablemente, non é posíbel para moitas persoas desenvolver a súa vida con normalidade en galego, tampouco no ámbito laboral", láiase.

Callón chama ademais a atención sobre o paradoxo de que isto coincida co recente manifesto promovido por un grupo de intelectuais en Madrid que denuncian a presunta situación de perigo para o español. "Convidámolos a dárense unha volta por aquí para que vexan como aínda está por ver o primeiro caso de persoa discriminada por falar castelán no traballo", quéixase, "mentres os ataques ao galego se repiten unha e outra vez". O responsábel do colectivo chama a atención sobre o feixe de queixas que, a diferencia desta, permanecen ocultas, xa que aínda sendo postas en coñecemento da Mesa pola Normalización Lingüística, os traballadores que as sofren "prefiren non facelas públicas por medo a represalias nos seus postos laborais actuais ou futuros".

Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 25-06-2008 19:19
Queres comentar ou preguntar algo?
a flor mais grande do mundo (jose saramago)
un relato para nenos e adultos narrado por saramago, Un corto colmado de símbolos e enigmas, destinado a unha infancia que crece nun mundo quebrado polo individualismo, a desesperanza e a falla de ideais.

Comentarios (0) - Categoría: curtas - Publicado o 25-06-2008 00:58
Queres comentar ou preguntar algo?
LISTAS CONTRATACIÓN
Según nos informa o Sergas, segue habendo problemas na baremación das listas de contratación que están pendentes de publicación. Semella que o Sergas tén rematada a baremación pero o problema xurde cando queren engadir o DESEMPREGO, que necesitan comprobar cos certificados de Vida Laboral que son aportados directamente pola Tesorería da Seguridade Social, e son estos que non dan realizado a operación, o Sergas non é capaz de realizar unha previsión a día de hoxe de cando pode haber listas novas.

O que si nos comentan é que naquelas listas que se esgoten no verán as INSTRUCCIÓNS que mandaron ás Direccións Provinciais é de que teñen que solicitarlle a traves do servicio de contratación do Sergas aos informáticos un listado das novas listas baremadas xa coa excepción do desemprego e desas listas será de onde deberán de chamar no caso de que se esgoten as que están vixentes agora mesmo. Polo tanto si nalgunha comarca se esgotan listas non hai que facer convocatorias extraordinarias nin acudir ao inem, senón facerlle esa solicitude ao Sergas para que facilite o listado das novas listas para realizar o chamamento por elas.
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 24-06-2008 14:04
Queres comentar ou preguntar algo?
Director
PROF. XOAN MIGUEL BARROS DIOS
Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública


Datas de celebración
14-18 de xullo de 2008.
Lugar: Casa da Cultura ?Avilés de Taramancos?
Rúa Luís Cadarso s/n ? NOIA (A Coruña)
Entidades colaboradoras:
Concello de Noia, Exma Deputación de A Coruña,
Consejo de Seguridade Nuclear
Matrículas on-line en:
http://www.usc.es/cultura/cveran08.htm

Obxectivos do Curso
1.- Dar a coñecer e revisar o papel da exposición radioactiva mais ubicua e prevalente á que se ve sometida a poboación e que supón o 50% da dose efectiva anual de radioactividade dun humano (1,2 dos 2,4 mSv/ano), e considerada pola Axencia de Investigación sobre o Cancro (IARC) como canceríxeno humano dende 1988.
2.- Esclarecer a importancia desta exposición ambiental nas casas
e edificios de Galiza, considerada zona de alto risco polo Consejo de Seguridad Nuclear e polos estudos da propia Universidade de Santiago de Compostela nos últimos anos.
3. Presentar os últimos dados derivados das investigacións do Grupo de Radon de Galiza (Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública) sobre o radon e o cancro de pulmón e os Mapas Comarcais de radon que nesa altura fiquen rematados.
4.- Dar a coñecer a iniciativa da Organización Mundial da Saúde
(OMS) ?International Radon Project? desenvolvida entre 2005 e 2007 que dará orixe ao Informe Técnico no 2008 sobre políticas e programas de redución de radón e prevención do cancro pulmonar ligado a dita exposición.
5.- Informar aos asistentes ao Curso das normativas e medidas existentes nos países que levan décadas lexislando sobre o tema e as posíbeis adecuacións das normativas españolas e galegas ás recomendacións
das axencias internacionais (Environmental Protection Agency-USA; ICRP; UNSCEAR; etc)
6.- Por último o curso pretende ser un avance dun futuro Curso de especialista da USC dirixido a titulados medios e superiores nas disciplinas implicadas no problema do radon: médicos, biólogos, farmacéuticos, arquitectos, arquitectos técnicos, persoal das diversas administracións (local e autonómica) e técnicos das Consellerías implicadas:
Medio Ambiente, Sanidade, Traballo, Vivenda, Educación, Innovación e Industria, cando menos. E por último, construtores e axentes inmobiliarios e calquera outra persoa relacionada co sector.


Teléfonos de información:
Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública
981-581237 981-594488 Ext-12302
Secretario: Joaquín Peón González
600-942434
Comentarios (0) - Categoría: formación - Publicado o 24-06-2008 13:09
Queres comentar ou preguntar algo?
convocatoria SACYL
Sae hoxe publicada no Bocyl a convocatoria de OPE e Bolsa de contratacións para as categorías de:

Enxeñeiro Superior, Administrativo, TAP, TERadiodiagnóstico, TERadioterapia, Hixienista dental, Técnico Función Administrativa, Xestión Función Administrativa, e Enxeñeiro Técnico Industrial. Faise ademáis unha corrección de erros sobre a convocatoria xa publicada de Matronas.

Tamén podedes ver as resolucións e demáis datos na páxina de recursos humanos do sacyl.
Comentarios (0) - Categoría: OPE Sacyl - Publicado o 24-06-2008 10:40
Queres comentar ou preguntar algo?
concentración
hoxe tivo lugar a terceira concentración de técnicos e auxiliares de enfermeria pola subida de grao.
con esta concentración suspendemos as mobilizaciois ata a volta das vacaciois, onde teremos problablemente que endurecer as medidas a adoptar para conseguir que o SERGAS acepte as xustas reivindicaciois deste persoal.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 23-06-2008 21:22
Queres comentar ou preguntar algo?
curso de formación

hoxe levamos a cabo a 2ª xornada de formación de delegados e delegadas.

Xoan Cons púxonos o dia en materia de nóminas e permisos, para deste xeito poder ofrecer unha mellor atención ó persoal dende a nosa sección sindical.

Sempre é un pracer contar ca presencia de Xoan Cons que é sen dúbida algunha unha das persoas que mellor coñece a normativa do SERGAS.

graciñas Xan polo teu esforzo e dispoñibilidade con esta sección sindical.
Comentarios (0) - Categoría: formación - Publicado o 23-06-2008 21:13
Queres comentar ou preguntar algo?
CURSOS PARA TRABALLADORES/AS EN ACTIVO DA EMPRESA PRIVADA
CURSOS PARA TRABALLADORES/AS EN ACTIVO DA EMPRESA PRIVADA

A CIG-Valdeorras, ten previsto a partires do mes de OUTUBRO a impartición dos seguintes cursos:


INFORMÁTICA DE USUARIO: 55 HORAS, 15 ALUMNOS/AS

INTERNET: 45 HORAS, 15 ALUMNOS/AS

MANIPULADOR DE PRODUCTOS FITOSANITARIOS: 12 HORAS, 15 ALUMNOS/AS

INSTALADOR DE FONTANERIA: 55 HORAS, 15 ALUMNOS/AS

COCIÑA INICIAL: 70 HORAS, 15 ALUMNOS/AS

PREVENCION DE RISCOS LABORAIS: 55 HORAS, 15 ALUMNOS/AS



Para apuntarse a estes cursos pasa polo local da CIG, (frente o concello), ou ben chama por tlfno ao 988321511
Comentarios (0) - Categoría: formación - Publicado o 23-06-2008 13:09
Queres comentar ou preguntar algo?
Ugia Pedreira - Teño Saudade
Comentarios (0) - Categoría: lembranzas - Publicado o 22-06-2008 02:22
Queres comentar ou preguntar algo?
listas ordenadas por puntos libre
subimos 2 arquivos un de ATS-DUE e outro de Auxiliar de enfermaría, do persoal pola quenda de libre, despois de facer contas as prazas que resultan en principio e a falla das impugnaciois para a quenda de libre son as do lado do enlace, picade na categoria para acceder os arquivos:

ATS-DUE: 585

auxiliar de enfermaría: 478

se detectarades algún erro avisadenos, graciñas.
e lembrade que en caso de empate prevalece o que teña a nota mais alta na fase OPE.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 20-06-2008 19:54
Queres comentar ou preguntar algo?
curso de actualización da lexislación sanitaria

hoxe tivemos a primeira parte do curso de actualización sanitaria para delegados e delegadas (é por iso que estivemos tan liados todo o dia). Contamos ca presencia de Hector López De Castro avogado nacional de CIG-Saúde ó que agradecemos o terse desprazado dende Santiago para poñer ó dia en materia de lexislación @s nos@s delegad@s.
o luns faremos a segunda parte do curso, que esta vez estará dirixido polo secretario nacional de CIG-Saúde Xoan Cons Pinto.

deixámosvos un tubo elaborado por Héctor sobre o Estatuto Básico, para que vos tamén podades ilustrarvos.



Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 20-06-2008 18:48
Queres comentar ou preguntar algo?
convocatoria SACYL
Publícase hoxe a convocatoria de SACYL para OPE e Bolsa de Contratación destas categorías:

celadores, fisioterapeutas e logopedas.

Podedes consultar as resolucións aqui.

A páxina de Recursos Humanos do Sacyl tamén dá conta das convocatorias.

Comentarios (0) - Categoría: outras OPE - Publicado o 20-06-2008 12:42
Queres comentar ou preguntar algo?
listas de baremación ordeadas por puntos
Podedes descargar destes enlaces as listas de baremación da ope, das categorías de ats/due e auxiliar de enfermaría, ordeadas por puntuación.

ATS/DUE

auxiliares de enfermaría

Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 20-06-2008 10:18
Queres comentar ou preguntar algo?
1 [2] [3]
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0